A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE -...

2
1 ILUSTRADORES VALORES AUTOR Autor María Solar Páxinas 108 páxinas Editorial Galaxia Colección Árbore · serie azul Idade A partir de 10 anos A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE AUTORA DA FICHA: TAMARA MARTÍNEZ VILLAR A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE www.editorialgalaxia.es/autores/ autor.php?id_autor=952 SINOPSE Divertida historia protagonizada por unha mosca que é unha estrela da televisión. Estaba afeita a aparecer nos programas de máxima audiencia amolando aos presenta- dores e a voar polo plató, ata que un día, por un accidente, remata viaxando nun avión e coñecendo outros insectos. MARÍA SOLAR María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora e coordina- dora do programa cultural Zigzag Diario da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xorna- lismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas como Ciencia nosa, En pé de festa, Que boa tarde ou Os directos da Galega, entre outros. É ademáis actriz de dobraxe Como autora, céntrase no público infantil e xuvenil. Ten publicado entre outros O Fillo do Pintamonas, Boa Sorte (Baía, 2008), O tempo do revés (Baía, 2008), As meigas de Lupa (Xerais, 2012) e os libros divulgativos O libro do noso mar (Lea, 1999) e Ecoloxía na aula (Lea, 1998). ANA FRANCISCO E JORGE VÁZQUEZ Jorge Vázquez e Ana Francisco, (Vigo 1983), licenciados en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, forman equipo dende o ano 2005, traballando xuntos coma ilustradores e artistas, realizando diferentes exposicións conxuntas e proxectos de ilustración, combinando esta actividade co seu traballo coma mestres de pintura e informática. Por fin no ano 2010 publican o seu primeiro traballo coa editorial Galaxia, Un soño na bandexa de Mariné Lorenzo Corcoba. Actualmente acaban de ilustrar A ver- dadeira historia da mosca da tele, de María Solar, dentro da colección Árbore da mesma editorial. Respecto por todas as formas de vida. Valoración da laboura dos insectos na cadea de transformación dos residuos orgánicos. A importancia da amizade. O goce coas viaxes e co coñecemento doutras culturas. A solidariedade. EXPRESIÓN ORAL ¿Que sabemos sobre as moscas? Un por un imos dicindo nomes de insectos coñe- cidos tentando facer unha enorme cadea de insectos diferentes. ANTES DE LER O LIBRO www.editorialgalaxia.com

Transcript of A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE -...

Page 1: A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE - Portadaeditorialgalaxia.gal/.../2Averdadeirahistoriadamoscadatele.pdf · dadeira historia da mosca da tele, de María Solar, dentro da colección

1

ILUSTRADORES

VALORES

AUTOR

Autor María SolarPáxinas 108 páxinas Editorial Galaxia Colección Árbore · serie azul Idade A partir de 10 anos

A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

AUTORA DA FICHA: TAMARA MARTÍNEZ VILLAR

A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=952

SINOPSE Divertida historia protagonizada por unha mosca que é unha estrela da televisión. Estaba afeita a aparecer nos programas de máxima audiencia amolando aos presenta-dores e a voar polo plató, ata que un día, por un accidente, remata viaxando nun avión e coñecendo outros insectos.

MARÍA SOLAR

María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora e coordina-dora do programa cultural Zigzag Diario da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xorna-lismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas como Ciencia nosa, En pé de festa, Que boa tarde ou Os directos da Galega, entre outros. É ademáis actriz de dobraxe

Como autora, céntrase no público infantil e xuvenil. Ten publicado entre outros O Fillo do Pintamonas, Boa Sorte (Baía, 2008), O tempo do revés (Baía, 2008), As meigas de Lupa (Xerais, 2012) e os libros divulgativos O libro do noso mar (Lea, 1999) e Ecoloxía na aula (Lea, 1998).

ANA FRANCISCO E JORGE VÁZQUEZ

Jorge Vázquez e Ana Francisco, (Vigo 1983), licenciados en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, forman equipo dende o ano 2005, traballando xuntos coma ilustradores e artistas, realizando diferentes exposicións conxuntas e proxectos de ilustración, combinando esta actividade co seu traballo coma mestres de pintura e informática.

Por fin no ano 2010 publican o seu primeiro traballo coa editorial Galaxia, Un soño na bandexa de Mariné Lorenzo Corcoba. Actualmente acaban de ilustrar A ver-dadeira historia da mosca da tele, de María Solar, dentro da colección Árbore da mesma editorial.

• Respecto por todas as formas de vida.• Valoración da laboura dos insectos na cadea de transformación dos residuos orgánicos.• A importancia da amizade.• O goce coas viaxes e co coñecemento doutras culturas.• A solidariedade.

EXPRESIÓN ORAL• ¿Que sabemos sobre as moscas? Un por un imos dicindo nomes de insectos coñe-

cidos tentando facer unha enorme cadea de insectos diferentes.

ANTES DE LER O LIBRO

www.editorialgalaxia.com

Page 2: A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE - Portadaeditorialgalaxia.gal/.../2Averdadeirahistoriadamoscadatele.pdf · dadeira historia da mosca da tele, de María Solar, dentro da colección

2

AUTORA DA FICHA: TAMARA MARTÍNEZ VILLAR

A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE

DURANTE A LECTURADO LIBRO

AO REMATAR A LECTURADO LIBRO

INVESTIGAMOS• Ditos e refráns sobre as moscas, por exemplo: Mosca morta, cen á porta, Por

San Simón morre a mosca e o moscón, etc.

TRABALLO EN EQUIPO E EXPRESIÓN PLÁSTICA • Buscamos información sobre os diferentes insectos que van aparecendo na

lectura. Podemos realizar un mural que inclúa algún debuxo, fotografías, partes do corpo e as súas características fundamentais.

INTERNET• Buscamos en mapas os diferentes sitios mencionados durante a lectura, fa-

lamos e tentamos averiguar un pouquiño de cada un. Marcámolos no mapamundi da nosa aula.

EXPRESIÓN ORAL / ESCRITA • Cada un escolle un lugar dos traballados anteriormente e inventa unha his-

toria curta imaxinando que realiza unha viaxe alí. Qué época do ano escollerías para ir? Con que irías? Que medio de transporte escollerías? Que visitarías? En que idioma poderías falar?...

INFORMÁMONOS• ¿É a araña un insecto? Coa axuda dos libros da biblioteca escolar e do libro

de Coñecemento do Medio buscamos información para contestar a esta pregunta. Ademáis en grupos realizaremos traballos monográficos sobre os diferentes ani-mais que aparecen no libro ou outros insectos presentes en Galicia dos que nos apeteza saber máis. Podemos compartir o que aprendemos con outras aulas e in-cluso facer pequenas presentacións co ordenador para que as nosas conferencias parezan máis “profesionais”.

DEBATES NA AULA • Que son os residuos biodegradables? A importancia dos insectos na vida do

planeta. • Agricultura ecolóxica. Sabes que son os pesticidas?

PARA REFLEXIONAR• Repara e opina sobre as seguintes frases:”Os insectos axúdannos a eliminar

residuos e producir piensos de forma sostible”, “Na natureza todo se recicla” “A necesidade da hixiene persoal e alimentaria para unha boa saúde”.

www.editorialgalaxia.com

www.blogoteca.com/orefraneiro

www.slideshare.net/wencesleo/insectos-6753901?from=ss_

embed#btnNext

www.slideshare.net/LourdesPereira1/os-

insectos#btnNext

www.slideshare.net/LourdesPereira1/os-insectos-

2#btnNext

http://elhuevodedodo.blogspot.com.es/2012/04/los-insectos-nos-

ayudan-eliminar.html

PÁXINAS WEBQUE PODES VISITAR