A poboación de España e de Galicia

15
A POBOACIÓN DE ESPAÑA E DE GALICIA 2º ESO

Transcript of A poboación de España e de Galicia

Page 1: A poboación de España e de Galicia

A POBOACIÓN DE ESPAÑA

E DE GALICIA

2º ESO

Page 2: A poboación de España e de Galicia

1. A POBOACIÓN ESPAÑOLA E A SÚA DISTRIBUCIÓN

● España ten unha poboación de 46,4 millóns de habitantes (ano 2014) e unha densidade de poboación de 92 hab./km2, unha cifra inferior á media da Unión Europea, 116 hab./km2.

● A poboación española repártese de forma desigual:

– As zonas de maior densidade son a periferia peninsular e as áreas próximas a ela, a Comunidade de Madrid, os arquipélagos balear e canario e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

– As zonas de menor densidade de poboación son as do interior da Península e, sobre todo, as zonas agrícolas de secaño e as áreas de montaña.

● As causas desta distribución irregular da poboación débense ao desigual proceso de desenvolvemento económico, que tivo lugar preferentemente nas zonas litorais e nas cidades, onde se concentraron a maior parte das actividades industriais e dos servizos, sobre todo o turismo.

Page 3: A poboación de España e de Galicia

2. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

● A poboación española evolucionou segundo o modelo de transición demográfica doutros países europeos, aínda que se iniciou máis tarde:

– Réxime demográfico antigo: ata comezos do século XX a natalidade e a mortalidade eran altas (fase de estabilidade demográfica).

– Transición demográfica: no século XX a mortalidade descendeu máis rapidamente que a natalidade e a poboación aumentou considerablemente. Houbo dúas grandes crises demográficas: gripe de 1918 e Guerra civil (1936-1939).

– Réxime demográfico moderno: a partir de 1975 a taxa de natalidade descendeu ata case igualar a taxa de mortalidade. O crecemento vexetativo era moi baixo.

Page 4: A poboación de España e de Galicia

2. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

ANO 2014

Page 5: A poboación de España e de Galicia

2. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

● Na actualidade, a dinámica da poboación española caracterízase por:

– O descenso da natalidade (9,1 ‰). En España, a taxa de fecundidade é de 1,27 fillos por muller. Con todo, a chegada de poboación nova estranxeira provocou un lixeiro aumento da natalidade.

– A taxa de mortalidade é moi baixa (8,3 ‰). As principais causas de morte son: enfermidades do aparello circulatorio, cancro, enfermidades do sistema respiratorio e accidentes de tráfico.

– A esperanza da vida (85,6 anos para as mulleres e 80 anos para os homes), é unha das máis altas do mundo. Isto crea un proceso de avellentamento da poboación e como consecuencia espérase un aumento da mortalidade.

ESPERANZA DE VIDA. FONTE: INE

Page 6: A poboación de España e de Galicia

2. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

FONTE: INE

Page 7: A poboación de España e de Galicia

3. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA

● A principal razón da emigración española no pasado foi económica, causada pola necesidade de atopar traballo e mellorar as condicións de vida.

● Emigración exterior española. Destinos:

– América Latina: emigración masiva na segunda metade do século XIX e primeira metade do XX; diminuíu a partir da crise de 1929. Galicia, Asturias e Canarias foron as rexións que aportaron máis emigrantes.

– Europa Occidental: produciuse entre 1960-1975. Esta emigración procedía de todas as rexións, pero especialmente de Andalucía e Galicia. Os países de destino foron, sobre todo, Alemaña, Suíza e Francia.

Emigrantes andaluces a Bélxica

Page 8: A poboación de España e de Galicia

3. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS EN ESPAÑA

● A emigración interior: foi o éxodo rural dende o campo as cidades e cara as rexións máis desenvolvidas. Intensa entre as décadas dos anos 50 e 70 do século XX.

– Destinos: Barcelona, Madrid, Valencia e Biscaia.

– Orixe: poboación das rexións máis rurais de España: Galicia, Castela, Murcia, Estremadura e Andalucía.

– Consecuencias: avellentamento da poboación nos lugares de orixe, crecemento das cidades nos lugares de destino e proliferación de suburbios ou barrios pobres na periferia das cidades.

● A emigración española actual (século XXI) fórmana persoas novas (25-35 anos), moi cualificadas (fuga de cerebros) e que buscan traballo noutros países, especialmente europeos, ante a falta de emprego causada pola crise económica iniciada en 2008.

Migracións interiores en España

Page 9: A poboación de España e de Galicia

● A partir de 1990, o crecemento económico fixo de España un país receptor de inmigrantes. Actualmente, o 10,5% da poboación española é estranxeira, isto é 4,5 millóns de persoas.

● Actualmente a inmigración minorou debido á crise, moitos inmigrantes regresaron aos seus países de orixe e España presenta un saldo migratorio negativo.

● A composición da inmigración que chega a España clasifícase en tres grandes grupos: inmigración económica e laboral, de países pobres, que chegan a veces de xeito ilegal; inmigración de alto nivel profesional e estudantes; e inmigración residencial, maioritariamente xubilados do norte de Europa que buscan un lugar agradable para vivir.

● A inmigración ten efectos positivos:

– Fixo posible o aumento da poboación.

– As achegas dos inmigrantes á Seguridade Social contribúen ao pago das pensións.

– Permite dispoñer de man de obra barata.

– A diversidade cultural pode ser enriquecedora.

● A chegada dos inmigrantes tamén esperta novas problemáticas: racismo, falta de integración,....

4. A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN ESPAÑA

Page 10: A poboación de España e de Galicia

4. A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN ESPAÑA

Procedencia dos estranxeiros residentes en España

Inmigración ilegal

Protesta contra a fuga de cerebros

Page 11: A poboación de España e de Galicia

5. A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA

● Estrutura demográfica:

– A distribución por idades da poboación española amosa unha estrutura avellentada debido ás baixas taxas de natalidade e á elevada esperanza de vida.

– En canto á distribución por sexos, a poboación española presenta un maior número de mulleres que de homes, sendo a mortalidade destes superior.

● Estrutura económica: é propia dos países desenvolvidos.

– A poboación activa representa máis do 60% da poboación total. No sector primario traballa o 4% da poboación activa; no sector secundario o 20% e no terciario (o máis importante) o 76%.

– As taxas de paro son moi elevadas debido á crise económica que estamos a sufrir (23,7% no ano 2015).

Page 12: A poboación de España e de Galicia

● Galicia ten na actualidade unha poboación de 2.731.406 (INE, ano 2014) e unha densidade media de 92,3 hab/km2. As dúas grandes zonas de poboamento son:

– As zonas máis poboadas sitúanse no litoral: nas Rías Baixas e na Rías Altas.

– As zonas ménos poboadas sitúanse no interior, especialmente nas serras orientais e surorientais.

● Galicia caracterízase por ter un crecemento natural negativo e un avellentamento da súa poboación motivado por dous factores:

– A taxa de natalidade é moi baixa (7,2‰) e o número medio de fillos por muller tamén (1,1). A emigración de máis dun millón de galegos no século XX ten moito que ver neste feito.

– A taxa de mortalidade é unha das máis elevada de España (11‰). Isto explícase polo gran número de persoas maiores de 65 anos que viven en Galicia.

– A esperanza de vida sitúase nos 82,5 anos.

● Ao longo do século XX, Galicia sufriu tres fases importantes de emigración: cara América, cara Europa e cara as cidades máis industrializadas de España.

6. A POBOACIÓN DE GALICIA

Page 13: A poboación de España e de Galicia

6. A POBOACIÓN DE GALICIA

Pirámide de poboación. 2014

Densidade de poboación

Page 14: A poboación de España e de Galicia

6. A POBOACIÓN DE GALICIA

A EMIGRACIÓN GALEGA EN IMAXES

Page 15: A poboación de España e de Galicia

FIN