A península ibérica na antigüidade

2
A PENÍNSULA IBÉRICA NA ANTIGÜIDADE 1. AS ORIXES DA IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA IBÉRICA a) As invasións célticas A comezos do I milenio a C chegaron a P. Ibérica pobos indoeuropeos de cultura céltica que se asentaron na Meseta e no noroeste peninsular. Introduciron o uso do ferro e vivían en poboados chamados castros. b) Os Tartessos O primeiro estado da península foi organizado pola cultura dos Tartessos, pobo instalado en Andalucía occidental e no val do Guadalquivir. Cunha sociedade xerarquizada, a economía baseábase na agricultura, na gandaría e sobre todo na minaría. Comercializaban co cobre e a prata cos pobos do Mediterráneo. c) As colonizacións mediterráneas Entre os ss X e VIII a C chegaron ás costas mediterráneas os fenicios (procedentes do actual Líbano); fundaron colonias (Gadir, Malaca) e introduciron o alfabeto, a moeda, a metalurxia do ferro, o torno de oleiro e a salgadura do peixe. No s VIII a C os gregos estableceron colonias no litoral catalán e levantino (Emporion, Rhode). Difundiron a súa moeda e a escritura e o cultivo da oliveira. Cartago, cidade fenicia do norte de África, adquiriu gran importancia a partir do s VI a C. Durante o seu enfrontamento con Roma na Segunda Guerra Púnica, chegou ata o sur da Península y fundou a colonia de Cartago Nova. 2. OS POBOS PRERROMANOS Cando os romanos chegaron á P. Ibérica, esta estaba habitada polos chamados pobos prerromanos que recibiran influencias celtíberas e dos pobos mediterráneos. Distinguíanse 3 grupos de pobos: iberos, celtíberos e do norte. a) Os iberos Ocupaban a franxa mediterránea e o sur da península. Estaban organizados en cidades- estado independentes, gobernadas por reis; a sociedade estaba xerarquizada; practicaban unha agricultura de tipo mediterráneo; creían nas forzas da natureza e en deuses fenicios e gregos; coñecían a escritura. b) Os Celtíberos Ocupaban o centro e o oeste da península. Organizábanse en tribos dirixidas por caudillos; a economía baséabase na gandaría e nunha agricultura de subsistencia; adoraban elementos da natureza; non coñecían nin a escritura nin a moeda, apenas tiveron contacto con pobos do exterior; c) Os pobos do norte Habitaban o norte peninsular, as zonas montañosas. Eran pobos de orixe céltica comos os galaicos (instalados no territorio galego), os astures, os cántabros e os vascóns. Vivían en castros e eran seminómades; practicaban unha gandaría e unha agricultura moi primitivas. 3. HISPANIA ROMANA a) Conquista romana Os romanos chegaron á P. Ibérica durante as Guerras Púnicas. Durante a Primeira Guerra Púnica os cartaxineses ocuparon o sur e durante a Segunda Guerra Púnica o cartaxinés Aníbal atacou a cidade ibera de Sagunto, aliada dos romanos, polo que Roma acudiu en axuda dos

Transcript of A península ibérica na antigüidade

Page 1: A península ibérica na antigüidade

A PENÍNSULA IBÉRICA NA ANTIGÜIDADE

1. AS ORIXES DA IDADE ANTIGA NA PENÍNSULA IBÉRICA a) As invasións célticasA comezos do I milenio a C chegaron a P. Ibérica pobos indoeuropeos de cultura céltica que se asentaron na Meseta e no noroeste peninsular. Introduciron o uso do ferro e vivían en poboados chamados castros.

b) Os TartessosO primeiro estado da península foi organizado pola cultura dos Tartessos, pobo instalado en Andalucía occidental e no val do Guadalquivir. Cunha sociedade xerarquizada, a economía baseábase na agricultura, na gandaría e sobre todo na minaría. Comercializaban co cobre e a prata cos pobos do Mediterráneo.

c) As colonizacións mediterráneasEntre os ss X e VIII a C chegaron ás costas mediterráneas os fenicios (procedentes do actual Líbano); fundaron colonias (Gadir, Malaca) e introduciron o alfabeto, a moeda, a metalurxia do ferro, o torno de oleiro e a salgadura do peixe.No s VIII a C os gregos estableceron colonias no litoral catalán e levantino (Emporion, Rhode). Difundiron a súa moeda e a escritura e o cultivo da oliveira.Cartago, cidade fenicia do norte de África, adquiriu gran importancia a partir do s VI a C. Durante o seu enfrontamento con Roma na Segunda Guerra Púnica, chegou ata o sur da Península y fundou a colonia de Cartago Nova.

2. OS POBOS PRERROMANOS Cando os romanos chegaron á P. Ibérica, esta estaba habitada polos chamados pobos

prerromanos que recibiran influencias celtíberas e dos pobos mediterráneos. Distinguíanse 3 grupos de pobos: iberos, celtíberos e do norte.

a) Os iberosOcupaban a franxa mediterránea e o sur da península. Estaban organizados en cidades-

estado independentes, gobernadas por reis; a sociedade estaba xerarquizada; practicaban unha agricultura de tipo mediterráneo; creían nas forzas da natureza e en deuses fenicios e gregos; coñecían a escritura.

b) Os CeltíberosOcupaban o centro e o oeste da península. Organizábanse en tribos dirixidas por caudillos; a

economía baséabase na gandaría e nunha agricultura de subsistencia; adoraban elementos da natureza; non coñecían nin a escritura nin a moeda, apenas tiveron contacto con pobos do exterior;

c) Os pobos do norteHabitaban o norte peninsular, as zonas montañosas. Eran pobos de orixe céltica comos os

galaicos (instalados no territorio galego), os astures, os cántabros e os vascóns. Vivían en castros e eran seminómades; practicaban unha gandaría e unha agricultura moi primitivas.

3. HISPANIA ROMANA

a) Conquista romanaOs romanos chegaron á P. Ibérica durante as Guerras Púnicas. Durante a Primeira Guerra

Púnica os cartaxineses ocuparon o sur e durante a Segunda Guerra Púnica o cartaxinés Aníbal atacou a cidade ibera de Sagunto, aliada dos romanos, polo que Roma acudiu en axuda dos

Page 2: A península ibérica na antigüidade

saguntinos.

Fases da conquista romana:1. 218-170 a C: os romanos ocuparon o sur e o leste do territorio peninsular debido a escasa

resistencia ibera2. 154-133 a C: os romanos chegaron ó interior para o cal venceron aos lusitanos (encabezados

por Viriato) e os arevacos (trala resistencia de Numancia); tamén se instalaron nas Baleares3. 29-19 a C: en tempos de Octavio Augusto dominouse ós pobos do norte

b) Organización de HispaniaTrala conquista, o territorio peninsular foi coñecido como Hispania e Roma impuxo a súa

autoridade política, económica e social. O territorio dividiuse en provincias (ver mapa) e cada unha se dividía en demarcacións menores chamadas conventos. Así mesmo produciuse a romanización da península.

c) Actividades económicas agricultura: triloxía mediterránea minaría: prata, mercurio e ouro artesanía: tecidos, utís de ferro e cerámica, elaboración de aceite, viño, salgadura e salsa

garum comercio: había unha rede de calzadas que comunicaba a península entre si e esta con Roma extendeuse tamén a vida urbana con cidades fundadas polos romanos e con cidades

indíxenas sometidas voluntariamente ou polas armas.

4. A FIN DA ANTIGÜIDADE NA PENÍNSULA IBÉRICA

A crise do s III afectou profundamente á Península Ibérica e no ano 409 os suevos, vándalos e alanos, pobos xermánicos, instaláronse en Hispania. Ademais Roma estableceu un pacto cos visigodos: concedeulles terras na Galia a cambio de pacificar Hispania. Expulsaron a vándalos e alanos e estableceron un reino na Galia pero expulsados de alí polos francos, instaláronse na península e estableceron un reino con capital en Toledo.

Ademais na península habitaban: os suevos: formaron un reino no noroeste con capital en Braga (ao que pertenceu a

Gallaecia) hasta que foron sometidos polos visigodos no s VI os cántabros e vascóns: escasasmente romanizados, resistiron ó dominio visigodo os bizantinos: en tempos de Xustiniano instaláronse na Bética e na Cartaxinense. Foron

derrotados polos visigodos e permaneceron nunha zona costeira entre Cartago Nova e Gades, chamada Spania