NUTRICIÓN NUTRICIÓN PEDIÁTRICA HOSPITALARIA Hospitalaria ...
A nutrición
-
Upload
ma-carmen-alvarez-osorio -
Category
Documents
-
view
72 -
download
10
Transcript of A nutrición
Mediante a respiración, tomamos osíxeno e eliminamos dióxido de carbono.
O osíxeno é necesario para as células.
O aparello respiratorio consta das vías respiratorias e dos pulmóns.
Vías respiratorias: son os condutos polos que o aire entra e sae do noso corpo. Pulmóns: son dous órganos esponxosos en que ocorre o intercambio gasoso.
Os movementos respiratorios son:A inspiración: a caixa torácica expándese e fai que os pulmóns tamén se expandan.A expiración: a caixa torácica contráese, polo que os pulmóns se desinchan.
Para expandir e contraer os pulmóns interveñen estes músculos: o diafragma e os músculos intercostais.
A excreción consiste na retirada de substancias de refugo do sangue para expulsalas ao exterior.
A suor é un liquido que aparece sobre a nosa pel cando vai calor ou cando facemos exercicio, co obxectivo de refrescar o noso corpo.A suor fórmase nas glándulas sudoríparas.
Para realizar a función de nutrición hai que transportar numerosas substancias.
O sangue é un dos tecidos do noso corpo e é o único que é líquido. Conten as seguintes células sanguíneas: Glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas.
O corazón é un órgano con paredes musculosas que impulsan o movemento do sangue por todo o corpo.Ten aurículas, ventrículo e válvulas.
É o percorrido que realiza o sangue para pasar polos pulmóns.Ten arterias pulmonares e veas pulmonares.
É o percorrido que realiza o sangue por todo o corpo, excepto pulmóns .Neste percorrido o sangue leva osíxeno a todas as partes do corpo e retira o dióxido de carbono que se produce durante a respiración celular.