A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do...

22
VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA, CULTURA E SOCIEDADE Mestre especialidade en Educación Infantil - Mestre especialidade en Educación Primaria Actividades de Expresión Corporal Rubén Navarro Patón Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal Escola Universitaria de Formación do Profesorado 1 A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

Transcript of A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do...

Page 1: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade

Mes

tre e

spec

ialid

ade

en E

duca

ción

Infa

ntil

- M

estre

esp

ecia

lidad

e en

Edu

caci

ón P

rimar

ia

Actividades de Expresión Corporal

Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal

Escola Universitaria de Formación do Profesorado

1

A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares

9788498

875676

ISBN 978-84-9887-567-6

Page 2: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),
Page 3: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares

1

Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal

Escola Universitaria de Formación do Profesorado

Page 4: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen

consentimento expreso por escrito dos editores.

© Universidade de Santiago de Compostela, 2011

DeseñoUnidixital

EditaVicerreitoría de Extensión Universitaria,

Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela

Servizo de Publicaciónsda Universidade de Santiago de Compostela

ImprimeUnidixital

Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela

Dep. Legal: C 267-2011 ISBN 978-84-9887-567-6

Page 5: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 3

MATERIA: Actividades de Expresión Corporal TITULACIÓNS: Mestre especialidade en Educación Infantil e mestre especialidade en Educación Primaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A expresión corporal

Concepto de expresión corporal Evolución da expresión corporal a través da historia A expresión corporal dentro do currículo educativo

Unidade II. Elementos da expresión corporal O corpo O espazo O tempo A enerxía

Unidade III. Fases de aprendizaxe da expresión corporal Fase de exploración Fase de expresión Fase de creación Fase de comunicación

Unidade IV. Actividades e técnicas de expresión corporal no ámbito educativo

A danza O mimo A dramatización

Page 6: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),
Page 7: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 5

ÍNDICE

Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 8 A metodoloxía ............................................................................................... 9 Os contidos ................................................................................................... 9

1. Concepto de expresión corporal .................................................. 9 2. Evolución da expresión corporal a través da historia ................ 10

2.1. Prehistoria ................................................................. 10 2.2. Civilizacións prehelénicas ........................................ 10 2.3. Grecia ....................................................................... 10 2.4. Roma ........................................................................ 11 2.5. A expresión corporal na Idade Media ....................... 11 2.6. A expresión corporal no renacemento ..................... 11 2.7. A expresión corporal na Reforma, a

Contrarreforma e o Barroco .................................... 11 2.8. A expresión corporal na Ilustración .......................... 11 2.9. A expresión corporal no século XIX ......................... 12 2.10. A expresión corporal no século XX .......................... 12

3. A expresión corporal dentro do currículo educativo ................... 13 3.1. A expresión corporal na Educación Infantil .............. 13 3.2. A expresión corporal na Educación Primaria ........... 15

Actividades propostas ............................................................................... 16 Avaliación da UD ........................................................................................ 16 Bibliografía .................................................................................................. 17

Page 8: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),
Page 9: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 7

PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada «A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares» forma parte da materia optativa «Actividades de expresión corporal» que se imparte no segundo cuadrimestre do segundo curso dentro das titulacións de mestre especialista en Educación Infantil e mestre especialista en Educación Primaria. Nesta materia trátase a expresión corporal dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos (1,5 créditos teóricos e 3 créditos prácticos).

Nesta primeira parte, dáse un enmarque conceptual da expresión corporal e faise unha revisión historia da súa evolución e implicacións para as diferentes civilizacións e épocas obxecto de estudo. Posteriormente vese a implicación curricular que ten a expresión corporal dentro do actual currículo educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, que son a base para poder continuar cos contidos que se traballarán nas seguintes unidades didácticas que compoñen esta materia.

Page 10: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

8 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

OS OBXECTIVOS Obxectivos didácticos Os obxectivos que se pretenden alcanzar nesta unidade didáctica son os seguintes: conceptualizar o termo expresión corporal; coñecer a evolución que sufriu a expresión corporal a través das

diferentes épocas históricas; comprender o papel da expresión corporal dentro do actual sistema

educativo na educación infantil e na educación primaria; recoñecer as características da expresión corporal máis aplicables á

educación. Relación dos obxectivos da unidade didáctica cos obxectivos da materia

Page 11: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 9

OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A metodoloxía empregada será activa e participativa, encamiñada á consecución dunha aprendizaxe máis significativa no alumno. Os procedementos que se van utilizar serán os seguintes: 1. Exposición do profesor ou lección maxistral. Os contidos desta Unidade Didáctica, desenvolveranse en tres sesións expositivas de 50 minutos cada unha. Para isto, empregaranse os medios audiovisuais dispoñibles na aula, de modo que se proxectará unha presentación que sirva de guía á exposición docente para poder conceptualizar o termo de expresión corporal, a súa evolución histórica e sentar as bases teóricas do papel que ten a expresión corporal dentro da Educación Infantil e Primaria atendendo á nova Lei Educativa. 2. Técnicas individuais e grupais participativas: Para o seguimento das devanditas sesións, os alumnos deberán ter lidas as lecturas propostas para cada un dos contidos desta Unidade Didáctica que estarán á súa disposición na plataforma virtual da USC, dentro do apartado exercicios co fin de que, unha vez rematada a mesma, suban á plataforma o seu mapa conceptual sobre o tema coas súas propias ideas-eixe e conceptos que consideren fundamentais. Estes mapas conceptuais serán corrixidos polo docente e serán devoltos aos alumnos coas suxestións sobre as posibles correccións que se van facer. OS CONTIDOS BÁSICOS . 1. Concepto de expresión corporal O termo “Expresión Corporal” é polisémico, polo que admite multitude de interpretacións en función do contexto no que se use e de quen o utilice. Como se observa, este concepto está formado por dúas palabras: un substantivo (“Expresión”) e un cualificativo (“Corporal”), que comentamos a continuación:

“Expresión”: o termo “Expresión” procede do termo latino “expressio, -onis”, que unha das súas acepcións significa efecto de expresar algo sen palabras.

“Corporal”: o termo “corporal” procede do termo latino “corporalis”, que significa pertencente ou relativo ao corpo, especialmente ao humano.

Unindo estes dous termos e, segundo a RAL (2007), defínese a expresión corporal como técnica practicada polo intérprete para expresar circunstancias do seu papel por medio de xestos e movementos, con independencia da palabra.

Page 12: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

10 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

Stokoe (1996) define a expresión corporal como a linguaxe pre-verbal, extra verbal e paralingüístico por medio do cal o ser humano se expresa a través de si mesmo, reunindo no seu propio corpo a mensaxe e a canle, o contido e a forma pois el é corpo e ten corpo. Pola súa banda, Tomás Motos (1990) considera a Expresión Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000), defínea como a disciplina que permite atopar, mediante o estudo e o afondamento do emprego do corpo, unha linguaxe propia. 2. Evolución da Expresión Corporal a través da historia

2.1. A prehistoria

Nos pobos primitivos, as primeiras “actividades físicas” das que se teñen noticias, foron as danzas con carácter tribal e relixioso. Utilizaban este medio de “expresión corporal” imitando acontecementos que se querían salientar. Así, por exemplo, utilizábase para propiciar a caza, imitando aos animais que se pretendía cazar, para xerar boas colleitas ou para a fecundidade. Ademais, no plano relixioso, utilizábase a danza nos sacrificios, para a satisfacción dos deuses; nos actos funerarios, utilizábanse para afastar os espíritos dos mortos, e ante a enfermidade para escorrentar o mal.

2.2. Civilizacións prehelénicas

En culturas como a exipcia, mesopotámica, chinesa ou india, houbo un marcado interese xeral pola danza, a ximnasia, a música e o teatro. Nestas civilizacións, a sociedade estaba dividida nunha clase dirixente e na xente do pobo onde as diferentes actividades de expresión corporal, estaban presentes en ambas as clases; así os primeiros, tiñan ao seu servizo actores e bufóns consumados, expertos bailaríns e músicos e poetas refinados; e os segundos servíanse de acróbatas, xograres, malabaristas, músicos ambulantes, pantomimos e titiriteiros.

2.3. Grecia

Na sociedade grega clásica existía un ideal de educación do corpo, intentando conseguir un equilibrio estable entre a formación intelectual, a física e orgánica. Había dúas cidades cunha perspectiva da actividade física totalmente diferente: Esparta e Atenas. Na primeira, os cidadáns eran educados para a defensa do Estado, polo que había exaltación da forza e a robustez física; e na segunda, valorábanse dimensións do home de índole espiritual, filosófica, musical e artística. Tamén se realizaban outro tipo de actividades físicas e corporais, consideradas de rango inferior por seren propias de campesiños, como a danza, os bailes ou os xogos.

Page 13: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 11

2.4. Roma Debido ao imperialismo dos romanos, o adestramento militar

adquiriu gran importancia, polo que as achegas ao campo da expresión corporal non foron especialmente significativas; ademais, prodúcese unha forte oposición á danza e á música porque facía perigar a seriedade do exército romano.

2.5. A expresión corporal na idade media A idade media, debido ao cristianismo, caracterizouse pola aparición

e monopolio dos valores ético-morais, pasando a actividade física e as actividades relacionadas coa expresión corporal a un segundo plano. Con todo, os xogos populares, as danzas e a música non desapareceron totalmente e utilizáronse como distracción. A expresión corporal era utilizada no teatro, nas festas e entroidos medievais polos bufóns, cómicos, xograres, mimos, músicos ambulantes e titiriteiros.

2.6. A expresión corporal no renacemento O renacemento, é considerado como o período de maior auxe, en

canto a actividades físicas se refire. Aínda que é certo que non se atoparon referencias de forma explícita en relación coa expresión corporal nesta época, pódese considerar este período como o de máximo auxe no eido das actividades físicas desde a antigüidade. Así, por exemplo, no ámbito da Danza, créase un estreito lazo entre a música e o movemento corporal, aparece o baile de máscaras e a pantomima.

2.7. A expresión corporal na reforma, a contrarreforma e o barroco

O século XVII caracterizouse por unha volta ao control ideolóxico

por parte do estado e o clero. Polo que todo o relativo ao corpo e expresión corporal volveu quedar relegado a un plano banal como sucedera na idade media, polo que non se produciu neste eido ningunha contribución significativa. Con todo, no ámbito da danza e o baile, pasaron de ter un carácter meramente de entretemento, a ser considerados como un autentico espectáculo, onde se distinguía aos actores - bailaríns (os que actuaban) e os espectadores (os que só miraban). Como nexo máis próximo á expresión corporal, cabe destacar que naceu o ballet cortesán que incluía danza, música vocal e instrumental, poesía, drama, canción, coreografía, escenografía, vestiarios, etc.

2.8. A Expresión corporal na ilustración Como autores destacados no ámbito educativo, podemos falar de

Rousseau (1712-1778), Basedow (1723-1790), Kant (1724-1804) e

Page 14: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

12 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

Pestalozzi, todos eles cun denominador común, a utilización da danza e a música xunto con outras actividades físicas como nexo coas actividades expresivas.

No ámbito da danza, destaca Jean George Noverre, creador do “ballet de acción” ou “ballet pantomima”.

O teatro rexurdiu, tamén, durante o século XVIII cunha forza irresistible, converténdose os actores e actrices en mestres de bos modais e urbanidade. Con todo, a rama teatral máis destacada foi a chamada “commedia dell´arte”, dirixida cara a un perfil máis popular.

2.9. A expresión corporal no século XIX No século XIX, a Educación Física, adquire un impulso definitivo xa

que se incorpora aos currículos educativos. A pesar de que ocorra isto, o aspecto cualitativo e expresivo da educación física vese eclipsado polos aspectos cuantitativos do movemento como son a condición física e o rendemento motor.

François Delsarte é considerado como o inspirador dunha tendencia artística - rítmica -pedagóxica e cuxa achega á expresión corporal foi a elaboración dunha serie de xestos corporais, relacionando as regras empíricas da pantomima”.

Outro representante destacado foi Pier Enrik Ling, coa súa ximnasia estética, na que ensinaba a expresar unha idea ou sentimento mediante posturas e movementos dados.

O mundo da danza segue evolucionando, perfeccionando e ampliando a súa temática cara á pantomima e o acto mímico.

2.10. A expresión corporal no século XX No ámbito da expresión corporal, aparece o Psicodrama da man do

psicanalista vienés Jacob Levy Moreno, nova técnica que dá un gran valor ao corpo como fonte fundamental da enerxía e a súa forma de manifestarse a través do comportamento. Desta técnica básica desenvolveríanse varias técnicas derivadas que chegarían ata os nosos días.

As escolas ximnásticas sufriron unha diversificación e revolución

nas tendencias, así a Escola Alemá, deu lugar á ximnasia moderna, carácter artístico - rítmico - pedagóxico e a ximnasia escolar natural, de carácter técnico -pedagóxico; a Escola Sueca, que se estendería no Movemento do Norte, diversificouse nunha manifestación técnico - pedagóxica e outra científica; e a Escola Francesa, que daría lugar ao Movemento do Oeste, cunha vertente científica e outra técnica - pedagóxica cuxa manifestación máis significativa sería o Método Natural.

Page 15: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 13

2. A Expresión Corporal dentro do currículo educativo de Infantil e primaria 3.1. A Expresión corporal na Educación Infantil

O Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, establece os ensinos mínimos do segundo ciclo Educación Infantil. Este Real decreto, realizouse en base e a partir da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. (LOE). En devandito decreto, faise referencia ás 3 áreas de coñecemento que se han de impartir ao longo de todo o segundo ciclo de Infantil. Estas son:

Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Coñecemento da contorna.

Linguaxes: Comunicación e representación. Dentro do segundo ciclo da Educación Infantil establécense 7

obxectivos xerais para este Ciclo. Os que teñen relación directa coa Expresión Corporal son:

a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.

b) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.

c) Iniciarse nas habilidades lóxico - matemáticas, na lecto - escritura e no movemento, o xesto e o ritmo.

Dentro de cada área establécense uns obxectivos e bloques de contidos tal e como se pode observar nos seguintes cadros. Seleccionáronse os que teñen unha maior relación coa Expresión Corporal:

Page 16: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

14 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

Page 17: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 15

3.2. A Expresión Corporal na Educación Primaria

O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, establece os ensinos mínimos da Educación Primaria. Este Real decreto realizouse en base e a partir da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (LOE). Neste decreto, faise referencia ás 7 áreas de coñecemento que se han de impartir ao longo de toda a etapa de primaria. Estas son:

Coñecemento do medio natural, social e cultural.

Educación artística.

Educación Física.

Lingua e literatura galega.

Lingua e literatura castelá.

Lingua estranxeira.

Matemáticas. Dentro da Educación Primaria establécense 14 obxectivos xerais de

Etapa. O que ten relación directa coa Educación Física é o seguinte: “Valorar a hixiene e a saúde, aceptar e aprender a coidar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a Educación Física e o Deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.”

Dentro de cada área establécense uns obxectivos e bloques de contidos tal e como se pode observar no seguinte cadro. Seleccionáronse os que teñen unha relación directa coa expresión corporal nesta etapa:

Page 18: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

16 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

ACTIVIDADES PROPOSTAS Para un mellor seguimento destes tres bloques de contidos da unidade didáctica, de carácter eminentemente conceptual, os alumnos deben realizar as seguintes lecturas propostas antes de que se proceda a súa explicación teórica para unha mellor comprensión dos contidos que se exporán na aula. Ademais diso, os alumnos deberán subir á plataforma de ensinanza virtual da USC un mapa conceptual da unidade didáctica onde reflictan as ideas-eixe e conceptos que consideren fundamentais. Que comezarán a facer unha vez rematada a exposición teórica do tema por parte do profesor e completarán fóra da aula.

AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA O proceso de avaliación desta Unidade didáctica será o seguinte: Avaliación Inicial. Ao inicio desta unidade didáctica realizarase unha batería de preguntas na primeira clase, onde cada alumno poderá responder seguindo a quenda de palabra sobre o que entenden por expresión corporal, a súa evolución a través dos grandes períodos da historia e a súa función no marco educativo que nos ocupa (Educación Infantil e Educación Primaria), establecendo así un pequeno debate dentro do grupo - clase.

Concepto de expresión corporal

Explicación teórica do tema. Lectura da Íntroducción pp 8-16. en García, L ; Motos, T. (1990):Expresión corporal. Editorial

Alhambra. Madrid

Evolución da expresión corporal a través da historia

Explicación teórica do tema Lectura del capítulo SIERRA (2003) “Los

lenguajes y los lenguajes de la palabra; Los lenguajes de la actividad física, de la danza y del

teatro” en VVAA. (2003): Los lenguajes de la expresión. Ministerio de Educación, Cultura Y

Deporte. Madrid

A expresión corporal dentro do

currículo educativo

Explicación teórica do tema Lectura do  Real decreto 1513/2006, de 7 de

decembro, polo que se establecen os ensinos mínimos da Educación Primaria.

. Lectura do Real decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen os ensinos

mínimos do segundo ciclo de Educación infantil

Page 19: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares - 17

Avaliación Procesual. Este tipo de avaliación realizarase mediante a participación activa do alumnado resolvendo as actividades de lectura e traballo propostas nesta unidade didáctica para os contidos. Para isto deberanse utilizar os recursos informáticos dispoñibles coma a plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela. Avaliación Final. Unha vez rematada a unidade didáctica, terase en conta a participación nos foros propostos na plataforma virtual e as actividades propostas como as lecturas previas e a entrega dos mapas conceptuais. BIBLIOGRAFÍA

CACHADIÑA, M. P. (2006): Expresión corporal en clase de educación física. Wanceulen Editorial Deportiva. Sevilla

GARCÍA, L; MOTOS, T. (1990): Expresión corporal. Editorial Alhambra. Madrid

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación

LEARRETA, B.; SIERRA, M.A. Y RUANO, K. (2005): Los contenidos de la Expresión Corporal. Ed. Inde. Barcelona.

MOTOS, T. (1983) Iniciación a la Expresión Corporal. Teoría, técnica y práctica. Ed. Humanitas. Barcelona.

MOTOS, T. (2002): Elementos del movimiento expresivo. Apuntes del VII Simposio Internacional de Didáctica de la Educación Física. Escuela de Magisterio de Lugo.

MOTOS, T. Y ARANDA, LEOPOLDO G. (2004). Práctica de la Expresión Corporal (páxs. 182-198). Ed. Ñaque. Ciudad Real.

PADRINI, F. (2001) El lenguaje secreto del cuerpo (págs. 80-83). Ed. De Vecchi. Barcelona.

Real Decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de Educación Infantil.

Real Decreto 1513/2006, de 7 de diciembre, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da Educación Primaria.

SCHINCA, M. (1983): Psicomotricidad, ritmo y expresión corporal. Editorial Escuela Española. Madrid.

SHINCA, M. (2002) Expresión Corporal. Técnica y Expresión del Movimiento. Ed. Praxis. Barcelona

SIERRA ZAMORANO, M.A. (2005): Los Contenidos de expresión corporal. Inde. Barcelona.

STOKOE, P.; HARF, R. (1996): La expresión corporal en el jardín de infantes. Paidós, Barcelona

Page 20: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

18 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares

VVAA (2003): Los lenguajes de la expresión. Ministerio de Educación Cultura y deporte. Madrid

VVAA (2007): Diccionario enciclopédico Larousse. Citas de recursos en internet • SIERRA ZAMORANO, MIGUEL ÁNGEL. Apuntes da asignatura de expresión corporal, http://mefuc.wordpress.com/apuntes/expresion-corporal/ (Consultada o 27 de decembro de 2010)

Page 21: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),
Page 22: A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e ... · Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000),

Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade

Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade

Mes

tre e

spec

ialid

ade

en E

duca

ción

Infa

ntil

- M

estre

esp

ecia

lidad

e en

Edu

caci

ón P

rimar

ia

Actividades de Expresión Corporal

Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal

Escola Universitaria de Formación do Profesorado

1

A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e

implicacións curriculares

9788498

875676

ISBN 978-84-9887-567-6