A cidade medieval

28
Os cambios na Baixa Idade Media (Temas 3-4-5) -Melloras na agricultura e aumento da poboación ( s XII--XIV) -Desenvolvemento económico e renacer das cidades e do comercio -Aparición da burguesía rica que gobernou as cidades -Os reis , co apoio dos burgueses, aumentarán o seu poder sobre os nobres -Aparece o estilo gótico, ligado á riqueza das cidades -No século XIV fame ,guerras, e peste causan unha crise xeralizada

description

A cidade medieval e a vida nas cidades

Transcript of A cidade medieval

Page 1: A cidade medieval

Os cambios na Baixa Idade Media (Temas 3-4-5)

-Melloras na agricultura e aumento da poboación ( s XII--XIV)

-Desenvolvemento económico e renacer das cidades e do comercio

-Aparición da burguesía rica que gobernou as cidades

-Os reis , co apoio dos burgueses, aumentarán o seu poder sobre os nobres

-Aparece o estilo gótico, ligado á riqueza das cidades

-No século XIV fame ,guerras, e peste causan unha crise xeralizada

Page 2: A cidade medieval

Innovacións técnicas na agricultura

• Novos métodos de cultivo: rotación trienal

• Utilización de abono animal (esterco)

• Arado normando (con rodas) en sustitución do arado romano

Page 3: A cidade medieval

Desenvolvemento das cidades

As novas técnicas posibilitaron a aparición de excedentes agrícolas que podían venderse no mercado.Os campesiños vendían nas feiras e mercados das cidades os excedentes e compraban productos aos artesáns (ferreiros, tecedores, xastres, alfareiros, alfaiates etc.

Así as cidades puideron abastecerse de alimentos. A mellor alimentación fixo que aumentara a poboación e estimulou a emigración ás cidades.

Page 4: A cidade medieval

A cidade medieval-1

• As cidades estaban rodeadas de murallas.

• As rúas eran estreitas, suxas e carecían de alcantarillado.

• Nelas acumulábanse os desperdicios e ratas e animais domésticos corrían.

• Eran frecuentes os incendios e as epidemias.

Page 5: A cidade medieval

A cidade medieval-2• As familias máis ricas

constituían o patriciado urbano e controlaban o concello.

• Os xudeos vicían da artesanía e profesións liberais : médicos, secretarios, banqueiros…estaban obrigados a vivir en barrios separados, as xuderías ou alfamas e a miudo eran víctimas de ataques e abusos dos seus veciños.

• Nas épocas de crise eran as acusados de ser os causantes e sufriron exilio e persecucións (progroms)

http://www.youtube.com/watch?v=0l3TnxKs_C8&feature=related

Page 6: A cidade medieval

Cidade medieval -3

• Os habitantes da ciudade eran os burgueses (homes e mulleres libres, que non dependían dun señor feudal), pero entre eles había grandes diferencias de riqueza.

• Os burgueses investiron parte das súas ganancias en construir edificios impoñentes: pazos, concellos, catedrais…para que a súa cidade fora a máis nomeada

Page 7: A cidade medieval

Artesáns e gremios

• A cidade produce obxetos manufacturados: tecidos, ferramentas, cerámica, xoias…

• Este traballo realizanno artesans en pequenos obradoiros, a fronte dos que está un mestre, xunto ao que traballan oficiais e aprendices.

• Os artesáns agrúpanse en gremios para defender os

seus intereses e vixiar a calidade dos productos e os prezos.

• Os gremios establecen tamén as normas e exámes polos que un pode ascender a oficial e un oficial a mestre.

• Os artesáns que fan un mesmo produto ocupan unha mesma rúa, que recibe o nome da actividades ( ex rúa de cordelería, praterías, tonelerías…)

Page 8: A cidade medieval

Os gremios- O gremio ofrece

protección e seguridade, pero regula todos os aspectos da vida laboral.

- Os aprendices comezan moi novos ( 7 anos) comezan facendo labores de servizo e non cobran, traballan só pola comida e aprendizaxe

- Os oficiais xa dominan o traballo e cobran un pequeño salario

- Para ser mestre había que realizar unha “obra mestra” diante da dirección do gremio. Só os mestres podían abrir obradoiros.

Page 9: A cidade medieval

• O comercio a longa distancia efectuouse sobre todo por rutas marítimas.

• A primera en desenvolverse unía os portos da Coroa de Aragón (Barcelona, Valencia)e os italianos (Venecia e Xénova) co Mediterráneo oriental en mans musulmáns (Exipto e Siria).

• A ela sumouse a do Atlántico, entre os portos casteláns do Cantábrico (Santander, Bilbao) e Lisboa, e as cidades do mar do Norte e do Báltico.(Hansa) Os casteláns vendían sobre todo la e os franceses viño. A cambio compraban teas, ferro, peles, trigo, madera, ámbar...

• A nao supuxo un avance no transporte

As grandes rutas comerciais

Page 10: A cidade medieval

Rutas principais e grandes centros industriais e comerciais

• Ruta do Mediterráneo oriental ( mercadorías da Ruta da Seda• Ruta do Atlántico coas cidades do mar do Norte e do Báltico.(Hansa)

teas, ferro, peles, trigo, madera, ámbar...• Dous grandes centros industriais e comerciais: Países Baixos ( Bruxas,

Gantes, Ypres… especializados na manufactura e comercio de teas, panos, tapices…

• Norte de Italia ( Venecia, Florencia, Milán, Xénova…) Comercio de mercadorías de luxo, sedas, especies…

Page 11: A cidade medieval

Coroa de Aragón:Produtos intercambiados

• No Mediterráneo Oriental a Coroa de Aragón (cataláns e valenciáns ) e os italianos compraban os produtos da RUTA DA SEDA: sedas, especias (pimenta, canela, clavo…), perfumes… e vendían tecidos, armas e ferramentas.

• A Coroa de Aragón para facilitar as actividasdes dos comerciantes crea unha rede de Consulados do mar por todo o Mediterráneo( especie de embaixadas e centros de comercio ) que se compoñen de varios edificios: lonxa ( centro de contratacións), almacéns, hospedería…

Page 12: A cidade medieval

Coroa de Castela:Produtos intercambiados

• Ruta do Atlántico, entre os portos casteláns do Cantábrico (Santander, Bilbao) e Lisboa, e as cidades do mar do Norte e do Báltico.(Hansa) Os casteláns vendían sobre todo la aos Paise Baixos. A cambio compraban teas.

• Outros produtos do comercio do norte eran ferro, peles, trigo, madera, ámbar...

• Cara o Mediterráneo buscaban as mercadorías de luxo da Ruta da Seda

Page 13: A cidade medieval

O afianzamento do poder real

• Na alta Idade Media o rei apenas era un máis entre os nobres (primus inter pares).

• Coa coroación deCarlomagno, o poder do rei virá de Deus. Unha serie de cambios, como a coroa hereditaria, o establecemento das Cortes reais e consideración de “Rei pola graza de Deus” Irán incrementando a súa autoridades. Desde o século XII, os reis apoiaronse nos burgueses das cidades para someter aos señores.

• A cambio do seu apoio, os reis concedían ás cidades privilexios que lles permitían gobernarse sin a intromisión dos señores feudais.

• Ademáis daban garantías e protección aos mercaderes.

• Desde o século XII, os reis convocan Cortes ou Parlamentos, donde solicitan ás cidades axudas financieiras (pago de impostos) e en compensación promulgan leis que as favorecian.

Page 14: A cidade medieval

A Guerra dos Cen Anos• É un conflicto que se

encadra nos desexos dos reis por afianzar o seu poder e crear fronteiras precisas.

• Enfrontou a Inglaterra e Francia entre 1337 e 1453

• A orixe é o problema sucesoria da monarquía francesa e as pretensións do rei inglés ao trono.

• Os ingleses ocuparon moito tempo territorio francés, pero ao final finalizou coa coroación de Carlos VII de Francia

• Figura salientable foi Xohana de Arco, defensora da causa de Carlos e deixada morrer por este

Page 15: A cidade medieval

Arte e cultura no gótico

Page 16: A cidade medieval

O gótico, unha arte urbana• O desenvolvimento das

cidades fixo que nelas se construiran novas edificacións: palacios, lonxas, concellos…A burguesía , que gobernaba as cidades quixo facer delas o escaparate da importancia comercial e económica das mesmas, para así atraer máis riqueza.

• Especialmente nos dous grandes centros económicos medievais: norte de Italia Venecia, Florencia, Xénova…(1) e Paises Baixos Bruxas, Gante, Ypres…(2) multiplicáronse as construccións civís en estilo gótico.

2

1

Page 17: A cidade medieval

NOVIDADES NA ARQUITECTURA GÓTICA-1

• Pináculos: Serven como adorno, para dar sensación de altura, e asentar os estribos

• Arbotantes: Descargan o peso sobre os estribos e permiten elevar o edificio

• Boveda de crucería: Reparte mellor o peso en tramos.

• Arco apuntado ou oxival: Descarga mellor o peso sobre a columna

• Piar fasciculado:cada nérvio da bóveda descansa sobre unha columniña

Page 18: A cidade medieval

NOVIDADES NA ARQUITECTURA GÓTICA-2

• Outros elementos característicos da arquitectura gótica son: as agullas, frechas, e gabletes que aumentarán a sensación de altura

• as vidreras que ocuparán os muros

• Os rosetóns, que iluminarán a nave centras e a do transepto

• As bóvedas de terceletes e estrelas, froito da evolución da bóveda de crucería,po multiplicación dos nevios

• No aspecto decorativo aparecerán as gárgolas, que tamén poden servir de desaugues do tellado e multiplicarase a decoración xeométrica e vexetal

• As plantas son de cruz latina

Agullas

gablete

vidreiras

Bóveda de estrela

rosetón

Planta de

cruz latina

Decoración xeométrica

Page 19: A cidade medieval

As Catedrais

• As construcción máis salientable foron as catedrais. Na súa construcción participaban todos os habitantes da ciudade, xa fora con aportacións económicas, xa co seu propio traballo.

Page 20: A cidade medieval

A escultura gótica• Nun principio continúaos criterios

románicos: ten temática relixiosa e destínase á decoración das igrexias

• Pero enseguida o desenvolvemento da burguesía rica urbana deu lugar á creación de obras non relixiosas destinadas a compradores laicos. Con isto a escultura independizase da aquitectura e fanse de “vulto redondo”

• As obras buscan o realismo: As persoaxes teñen proporcións máis reais, os seus rostros reflicten sentimentos, As arrugas da roupa son máis naturais.

• Os nomes dos artistas comenzan a ser coñecidos: Giovanni Pisano, Gil de Siloé

Page 21: A cidade medieval

TEMAS DA ESCULTURAO Xuizo Final vai perdendo presencia debido ao cambio de mentalidade da Igrexa: agora non quere amosar o Inferno, senón o CeoAs Gárgolas: Son esculturas decorativas (símbolo do Demo)ou funcionais ( serven de desaugue dos tellados)presentes nas catedrais.A virxe e o neno: A Virxe está de pé. É delicada e ten o ventre lixeiramente avultado. Existe relación Virxe –Neno, que sorrín, fanse agarimos…O Neno adoita mirar cara a súa nai.Nobres e burgueses ricos queren ser inmortalizados. Buscan a FAMA e permanecer na memoria. Faranse sartegos como o de Fernán Pérez de Andrade ou o do Doncel de Sigüenza

Page 22: A cidade medieval

A escultura gótica galega: Betanzos

Igrexa de San Francisco

Page 23: A cidade medieval

A pintura gótica• Mentras que no románico a pintura

realizarase sobre os muros das igrexias, no gótico soese pintar sobre madeira, pra crear táboas e retablos.

• As personaxes perden rixidez e frontalidade e volvense máis expresivos e realistas.

• Sigue predominando a temática relixiosa, pero aparecen retratos de homes e mulleres da época. Aparece o retrato de particulares (burgueses, nobres) e os doantes piden aparecer na obra.

• Aparece o intento de perspectiva, con fondos arquitectónicos e a paisaxe e natureza.

• Queren captar a luz , as sombras e o volume

Page 24: A cidade medieval

A cultura urbana• Desde o século XII

desenvolvense nas ciudades as escolas episcopais e as escolas urbanas

• Pouco despois aparecen as universidades. Nelas enseñanse o trivium (gramática, retórica e dialéctica) e o quadrivium (aritmética, música, geometría e astronomía). Tamén se enseñan mediciña, dereito, filosofía e teoloxía.(Na imaxe fachada da universidade de Salamanca)

• Aparecen novas órdenes relixiosas os seus membros viven en conventos dentro da cidade. Chamouselles mendicantes, porque vivían da caridade. As principais foron os dominicos e os franciscanos

Page 25: A cidade medieval

A crise da Baixa Idade Media (Séculos XIV e XV)

Page 26: A cidade medieval

Fame, guerra, peste• Desde o século XIV,

malas colleitas, relacionadas con un enfriamento do clima.

• Guerras frecuentes, con destrucción de colleitas e aumento do bandolerismo.

• Desde 1347 epidemias de peste negra. Os seus efectos foron mui graves, pois afectou a unha poboación xa debilitada pola mala alimentación.

Page 27: A cidade medieval

Revoltas campesiñas

• O descenso da poboación fixo que muitas terras quedaran sin cultivar, o que perxudicou aos señores.

• Estes reaccionaron aumentando as rentas que cobraban os seus campesiños e intentando impedirlles abandonar as suas terras.

• O empeoramento das súas condicións de vida fixo que muitos campesiños se sublevaran contra os señores.

Page 28: A cidade medieval

Revoltas urbanas• A mortalidade foi mui elevada

nas cidades.

• Os grupos máis empobrecidos esixiron melloras salariais e participación no goberno das cidades.

• As revoltas foron mui numerosas (Gante, Florencia, París, Barcelona, etc.). En moitas ocasións desembocaron en matanzas de xudíos(progroms).