a cidade dos barrios

42

description

plataforma de estudio e reflexión da cidade

Transcript of a cidade dos barrios

Page 1: a cidade dos barrios
Page 2: a cidade dos barrios

ISBN: Depósito Legal:

EditaDelegación da CoruñaColexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Presidente: Manuel de la IglesiaSecretario: Pedro TaboadaTesoureiro: Jorge Salgado

CoordinaciónEstudio MMASA [www.mmasa.net]Luciano G. Alfaya + Patricia Muñiz

Desenvolvemento da InvestigaciónLuciano G. Alfaya, Patricia MuñizRamón Fernández, Paula Monedero

Equipo de Traballo[arquitectura] Roberto Pardo, Enrique Gómez, Lucía Buceta, Verónica Miguez, María López, Silvia Candía, Juan Carlos Mancho, César Escudero, Iago Carro[socioloxía] Camilo Fernández (coord), Aurora Abelairas, Antía Ricoy, Raquel Payo e Paula Duarte[enxeñería] Gael Sánchez (coord), Efren Sánchez, Belén Lombardía, Irene Rabanal, Francisco Javier Tsao, Juan Ignacio Varela [xeografía] Ángel G. Lens (coord), Irene Laranga[fotografía] Luis M. Santalla, Paula Monedero[maquetación] Jorge Pérez

Equipo de AsesoramentoJose Miguel Iribas [socioloxía]Carlos Ferrás [xeografía humana]Jose Maria Ezquiaga [urbanismo]Carmén Lamela [socioloxía]Santiago Lago [economía]Juan Freire [urbanismo]

ApoianDeputación da CoruñaServizo de Asistencia Técnica a Concellos.

Concello da CoruñaConcellalía de Urbanismo e InfraestruturasConcellalía de Servizos SociaisConcellalía de Rehabilitación Urbana e VivendaConcellalía de Igualdade e Participación

Fundación Caixa Galicia

Obradoiros ParticipativosColectivo Ergosfera [www.ergosfera.org]Cristina Canto, Iago Carro, Jorge Lamas, Borja Díaz, Ricardo Leonardo, Pablo Golpe, Lara Lamas, Tono Mejuto, Francesca Tiri, + Linda Casares, Lino Lamas, Carlos Ors e Toni e Xiao Varela (Montealto), + Daniel Castro (Matogrande)

Desescribir [www.desescribir.com]Lucía Buceta, Alejandro Fernández, Macario Iglesias, Alberto Fortes, Felipe Riola, José Manuel Sánchez, Xiao Varela

Pescadería20 [www.pescaderia20.blogspot.com]René Freire, Borja Vilas, Roi Ribeira,Sara Roca, Coqué, Nacho Sánchez,Nacho Hortas, César Losada,Adolfo Agra, Concepción García

Grupo DoDó [www.grupododo.edicypages.com/gl]Juan Carlos Mancho, Carolina Jack, Maria López, Ramón Fernández, Roman Corbato, Silvia Candiá, Miguel Ángel Fernández

Difusión e Info-point na ETSACColectivo Flu.or [fluor.edicypages.com]Alejandro Fernández, Gutier de la Torre,Luis M. Santalla, Yago Liste, Tomás González

Páxina webEstudio Caravana [www.estudiocaravana.com]Javier Garrido

A Cidade dos Barrios é unha Plataforma de Investigación e Reflexión sobre a cidade da Coruña que pretende afondar no micro-urbanismo e nos desexos dos cidadáns para a configuración do espazo público e a forma urbana. Estivo impulsada pola Delegación de Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e contou co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Coruña e a Fundación Caixa Galicia.

Está publicación é o rexistro das múltiples accións e investigacións sobre a cidade da Coruña. Ademais dos datos aqui recollidos -resultados das enquisas, analisis dos barrios, reflexións urbanas e obradoiros participativos en distintos puntos da cidade- celebráronse seis conferencias -Andrés Jaque, Katrin Golda-Pontgraz, Losdeldesierto, Alvaro Domingues, Jose Miguel Iribas e Jose Maria Ezquiaga- que amplificaron o debate formulado.

Toda a documentación desta publicación asi como os datos base acadados poden atoparse -e (re)utlizarse- na web www.acidadedosbarrios.org.

O proxecto desenvólvese baixo licenza Creative Commons 3 que permite o seu uso e manipulación sempre que non sexa con fins comerciais.

Page 3: a cidade dos barrios
Page 4: a cidade dos barrios

PRESENTACIÓNS

ÍNDICE

A cidade dos barriosManuel de la Iglesia Pérez

Unha mirada complementaria sobre A CoruñaLuciano G. Alfaya + Patricia Muñiz

Metodoloxía e participación cidadáCamilo Fernández González

A experiencia do espazo.Sistemas de Información Xeográfica e planeamentoGael Sánchez Rivas

Coñecer a cidade dende as rúas: cidade real vs. cidade oficial.Juan Freire Botana

Xeografía da percepción nos barrios da Coruña.Interpretando a cidade construída.Angel G. Lens, Carlos Ferrás

Unha perspectiva urbana desde o comercio e o uso dos espazosSantiago Lago

BarrioJuan Creus

006

008

016

020

022

028

032

034

Page 5: a cidade dos barrios

A PERCEPCIÓN DA CIDADE

OITO ESTRATEXIAS DE REFLEXIÓN

Lugares de bordoMesoiro - Feáns • Elviña • Birloque - San Cristovo - Someso - Martinete • A Zapateira • Novo Mesoiro»Obradoiro: Hortas na cidade dos barrios

Espazos de relaciónMonelos • Barrio das Flores • Polígono de Elviña • Matogrande»Obradoiro: Urbanismo con básicos de xardín

Construción do pluralSta. Margarida - Falperra • Os Mallos - Sardiñeira • Sagrada Familia - Vioño»Obradoiro: Inserción de espazos de convivencia

Estratexias de densidadeCidade Xardín - Paseo das Pontes • Agra do Orzán • Ventorrillo • Cances - Penamoa»Obradoiro: Agra, límites na densidade

A PERCEPCIÓN DOS BARRIOS

BibliografíaAgradecementos

462

466

037

058

409

Xeitos de visibilizaciónRiazor • Labañou • As Roseiras • San Pedro de Visma • O Portiño»Obradoiro: A cidade dos barrios no Campanario

Oportunidades de sociabilizaciónAtochas • Montealto • Durmideiras • Zalaeta»Obradoiro: O xenérico e máis aló

Procesos de centralidadeCidade Vella • Peixería • Ensanche»Obradoiro: Pescadería, un barrio oculto no centro

Posibilidades da paisaxeCatro Camiños • Gaiteira - A Cubela • Os Castros • Castrillón • Oza - As Xubias • Eirís - A Madosa • Pasaxe - Monte Mero • Santa Xema - Palavea»Obradoiro: Entre o movemento

234

265

282

305

322

341

358

393

064

095

112

139

156

177

195

217

Page 6: a cidade dos barrios

006Prólogo

A historia urbana escríbese en torno a momentos pun-tuais nos que se formulan novos obxetivos estratéxicos para adecuar a cidade as novas necesidades dos seus habitantes. Isto deriva na realización de proxectos urbanos que requiren a complicidade da clase política e empresarial, da opinión pública e dos arquitectos e urbanistas en xeneral.

Serán precisamente estes profesionais os encargados de materializar e dar condición urbana a todas as partes, compoñentes e elementos da cidade, desde os novos barrios na periferia ata a ubicación do mobi-liario nun paseo, a rehabilitación dun conxunto de edificios, ou a urbanización dunha esquina estratéxi-ca. Un edificio ou unha rúa poden ser antiurbanos si se perciben bacíos de urbanidade e de sentido de cidade.

Sen embargo, a trama das cidades actuais é a menudo un soporte sobre o que se dispoñen fragmentos de cousas agrupadas de forma fortuíta e sen coherencia, cuxa identidade baséase precisamente na materiali-zación das diferenzas que se concretan nunha serie de lugares urbanos informais, periféricos e inconexos, producidos por un sistema económico insaciable, que as veces escapa ao noso control e comprensión cuanto máis se alexa da lóxica da cidade tradicional.

Debemos entender que a forza e o interese da cidade moderna xa non radica na búsquela dunha beleza “enlatada” senón na complexidade do su funciona-mento, na diversidade dos seus elementos, na estética do seu desorde. En pouco tempo pasamos de pensar o urbanismo como una foto fixa puramente formal a xestionar a cidade a partir dos seus propios conflitos

Ao mesmo tempo entramos nunha nova etapa na que a crises económica impón medidas de austeridade que, á diferenza de décadas anteriores, serán permanentes e converteranse na nosa forma de vida. Este novo escenario obríganos a pensar e construír unha cidade que mitigue os efectos da crises a través de políticas urbanas máis sociais, distributivas e estabilizadoras onde o colectivo prime sobre o individual._

Hoxe en día, nunha urbe como A Coruña corremos o risco de construír dúas cidades nunha. A cidade “oficial” anónima, chea de edificios emblemáticos e grandes centros comerciais e a cidade de barrio, a das rúas, esquinas e pequenos lugares que aínda conservan ese sentido de pertenza colectiva.

Esta situación pon en evidencia as demandas case imposibles que as veces se fan do urbanismo e a arquitectura, limitándoas a ser convidados de pedra

A Cidade dos BarriosManuel de la Iglesia PérezArquitecto Presidente da Delegación do COAG da Coruña

Page 7: a cidade dos barrios

007

en intervencións de carácter exclusivamente formal e mercantil e apartándoas da tutela daqueles tecidos e sistemas urbanos complexos onde o sentido de urbanidade aínda permanece.

No Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pensamos que facer cidade é moito máis que ordenar rúas e edificios. Sabemos que a emoción da boa arquitectura urbana xurde de escenificar a enerxía da diversidade e que o bo urbanismo é froito de entender e fomentar a cultura da cidade e non defenderse de ela.

Por iso, desde a Delegación da Coruña do COAG im-pulsamos o programa de acción urbana “A Cidade dos Barrios” que é unha toma de contacto coas leis que estruturan os barrios da nosa cidade e que empezan, a nivel perceptivo, por tocar, percorrer e ver o lugar, percibir a súa materialidade para, logo, acceder a todo o demais. Pretendemos que a arquitectura urbana escape do fachadismo e da banalidade de ser un simple obxecto, buscando sempre a referencia a unha experiencia e a un contexto e que sexa socialmente significativa.

O obxetivo principal desta investigación urbana xira en torno os espazos públicos da cidade que actúan como atractores de actividade, sobre todo para a xente xoven, e que xa pouco teñen que ver cos “centros” e prazas tradicionais que os plans xerais propoñían. Os novos puntos de encontro xorden de descubrimentos aleatorios de esquinas, bordes, espazos residuais

bacíos. Estes lugares convértense en novos espazos temporais de encontro, improvisados en función de circunstancias coxunturais, asociadas a factores imposibles de prever polo planificador.

Sabemos que facer cidade é facer que o cidadán a sinta como propia e o mesmo tempo que comparta algo colectivo do que il tamén forma parte. Por iso as accións urbanas da Cidade dos Barrios están estrutu-radas en torno a participación cidadán, o cal deriva nunha cidade multifacética, adecuada máis o uso e menos a norma.

Todo cidadán leva no seu inconsciente unha cidade ideal, un collage de fragmentos de rúas, edificios e prazas vividos na infancia ou visitados ao longo da sua vida en algunha viaxe real ou imaxinaria.

A Cidade dos Barrios propón recuperar esta memoria colectiva de barrio con intervencións urbanas estratéxicas que permitan ao cidadán reapropiarse do espazo público a través de accións que sexan capaces de potenciar o tecido da cidade existente e de reestruturar o contexto inmediato.

Pensamos que todo isto é aínda posible naqueles lugares onde as veces basta unha acción mínima para desencadear o potencial urbano latente buscando o equilibrio adecuado entre o construído e os lugares onde as persoas se encontran e se mesturan unhas coas outras.

A cidade dos barrios

Page 8: a cidade dos barrios

008Unha mirada complementaria sobre A Coruña

Nos últimos anos o número de publicacións referidas o estudo das cidades desde un posicionamento combi-nado entre a arquitectura, a socioloxía, a xeografía, a antropoloxía e, tal vez, a psicoloxía veñen sucedéndose en progresivo aumento. Son, na maioría dos casos, es-forzos por descompoñer a cidade en partes, tratando de atopar no miúdo elementos de comprensión suficientes para desenvolver estratexias urbanísticas adecuadas.

O inicio do estudo Habitares (1), preámbulo deste proxecto A Cidade dos Barrios, reformulábase sobre esas mesmas bases, pero asumindo de partida a implícita continxencia dos resultados acadados. Continxencia, ou case aleatoriedade que, entendiamos, non restaba valor aos mesmos, xa que eran conse-cuencia directa da observación e, polo tanto, reais, cando menos desde un punto de vista ou un momento concreto. O obxectivo final permitíanos establecer un método para aproximarnos ás relacións existentes entre as “partes” que definen as urbes contemporá-neas, entendendo que é aí, nesas conexións e non nos “estratos” en si mesmos, onde se atopan os rasgos máis definidores do que coñecemos como “cidade”.

Partindo desa base é necesario incidir na importancia da consideración das accións dos cidadáns para construir a forma urbana enfatizando os estudos sobre o terreo e os hábitos de uso nas cidades. Os feitos

dinámicos, o movemento real e virtual, as conexións que se establecen no cotiá, superan claramente a imaxe iconográfica da cidade estática, publicitada a cotío como representación final e desexable do “moderno”.

Estas accións de convivencia necesitan uns determi-nados lugares para poder ser desenvolvidas e, aínda que habitualmente asociamos estes co espazo público, estase a producir unha traslación das actividades cara a outros lugares que, cando menos, convén definir como espazos colectivos ante a ocasional indefinición da propiedade dos mesmos.

O terceiro pilar desta definición inicial van ser os obxectos existentes avaliados desde a súa pertenza tanto programada como espontánea ao lugar. Estas primeiras consideracións permitíronnos abordar a descrición dunha serie de elementos urbanos que poderían ser considerados na planificación das cidades e realizar unha chamada de atención sobre a pequena escala e a importancia das micro-relacións na construción das mesmas.

Como diciamos, sobre esas premisas comezamos a desenvolver a plataforma de reflexión e difusión “A Cidade dos Barrios” como unha reflexión global sobre o xeito de facer urbanismo, centrando a análise na escala concreta dunha cidade media, A Coruña,

O planeamento debería [...] asumir o punto de vista das demandas plurais dos cidadáns, abandoando a idea de que o urbanismo é soamente unha mesa de negociación entre propietarios, administradores públicos e profesionais, co obxetivo básico de repartir eficientemente os valores do solo.

José María EzquiagaEl Futuro de las ciudades

(1) AlfAyA et al. Habitares. Ed. Andar Quatro. 2009.

Unha mirada complementaria sobre A CoruñaLuciano G. Alfaya + Patricia Muñiz . Estudio MmasaArquitectos. Coordinadores da plataforma A Cidade dos Barrios.

Page 9: a cidade dos barrios

009

límites das 8 zonas de estudo

A cidade dos barrios

LUGARES DE BORDO

ESPAZOS DE RELACIÓN

CONSTRUCIÓN DA PLURALIDADE

ESTRATEXIAS DE DENSIDADE

XEITOS DEVISIBILIZACIÓN

OPORTUNIDADESDE SOCIABILIZACIÓN

PROCESOS DECENTRALIDADE

POSIBILIDADES DA PAISAXE

Page 10: a cidade dos barrios

010Unha mirada complementaria sobre A Coruña

(2) BusQuEts, Joan. PGOM’09. Ed. Concello da Coruña 2009.

Datos Obradoiros

Análise

Gráficos

Mapas

Información completa

Análise cidade

Análise barriosGráficos

SIX

Base de datos

Datos

Preguntas

Datos descritivosDelimitación

Análise

Análise

Obxectivos

Acción

Mostra Enquisas Codificación

Planeamento

Temáticas

Reunións

Representación

Conferencia

web

Publ

icac

ión.

Aná

lise

urba

na d

a ci

dade

e b

arrio

s

Mapas

coa confianza de que poida ser válida en situacións semellantes. Este documento rexistra unha secuencia de reflexións sobre as distintas áreas de estudo -que detallamos máis adiante- e describe resumidamente as accións levadas a cabo en cada unha desas áreas por parte dos colectivos de arquitectos que participaron na primeira fase da iniciativa.

Trátase ademais dun traballo que xurdiu en paralelo á redacción do planeamento urbanístico na cidade (2) e en varias ocasións este aparecerá no fondo dalgunhas cuestións. Con todo, este estudo non ten a capacidade de afondar en problemas singulares ou de gran complexidade legal das que se mencionan no Plan Xeral ou tratar de validar/refutar as propostas realiza-das. Preferimos centrarnos en desenvolver un traballo con validez xeral focalizando o interese nas situacións máis febles, na nosa opinión, da cadea da planificación urbanística e confiar que estes sexan considerados nos múltiples proxectos urbanísticos que será necesario desenvolver na Coruña e outras cidades semellantes, sexa cal sexa o planeamento.

Procesos de traballo

Para o coñecemento das situacións urbanas sobre as que se centra este libro partimos esencialmente

de dous xeitos de observación. O primeiro, realizado sobre o terreo, recorre a fotografía do “existente” co fin de establecer unha descrición de situacións esporádicas para as que a miúdo os planificadores non temos unha resposta axeitada e sobre as que reflexiona Juan Freire na súa contribución a este do-cumento. O segundo será o estatístico, que por unha banda permitirá coñecer as opinións dos cidadáns, e por outra, servirá para trasladar eses datos a planos xeorreferenciados que explicitarán algunhas das cues-tións máis salientables, tanto a nivel de cidade, como unha comparativa entre os barrios. Os posteriores textos de Camilo Fernández e Gael Sánchez abordarán este proceso con máis detalle.

Coa pretensión de reflexionar e argumentar estas cuestións, decidimos dividir a cidade en oito áreas que agrupan poboacións de ao redor de 20.000 habitantes e que, polo xeral, están compostas por tres ou catro barrios. Esta división zonal é un xeito de aproxima-ción “xeográfico”, pero van ser as temáticas as que verdadeiramente estruturarán esta investigación. Sobre elas tentaremos manter unha ollada ampla, capaz de visionar todas as controversias que é posible articular, ao tempo que nos achegamos ao cotiá para resolver a pequena escala a través de micro-propostas para situacións puntuais.

Page 11: a cidade dos barrios

011

Equipamentos2893.33 m²/hab

Zonas verdes249 Ha10.02 m²/hab

Densidade64.35 hab/Ha

Superficie3.860 Ha

Poboación248.412 hab

0 an

os

9%%

+85

45

1-. Documentación e toma de datos-delimitación das áreas de estudo

-recollida de información [IGE, INE, PXOM, Concello...]-Análise obxectivo [equipamentos, zonas verdes, infraestruturas...]

-Planos e gráficos iniciais

Documentación toma de datos

delimitacióndatos obxectivos

PXOM, datosPlanos

Enquisas

PreguntasMostra

EntrevistasCodificación

Análise e representación

AnáliseTemáticasObxectivo

Representación

Procesamentoda información

SIXMapas

Base de datosGráficos

Obradoirosparticipativos

AnáliseReuniónsAccións

Conferencia

Resultado

ArtigosWeb

Publicación

As temáticas que marcarán cada unha das fases son as seguintes: Lugares de bordo, na que se avaliarán os procesos de transformación dos límites da cidade edificada e estará centrado nas zonas de Feáns, Mesoiro, Birloque, Elviña e A Zapateira. Espazos de relación, onde imos describir as distintas opcións de desenvolvemento dos espazos intersticiais na cidade considerando o área de Matogrande, Monelos e Barrio das Flores. Construción da pluralidade, aproximán-dose ás situacións de conveniencia múltiple, neste caso partindo de situacións existentes nos Mallos e a Sagrada Familia. Estratexias de densidade foi o tema formulado sobre o contorno da Agra do Orzán, reflexionando sobre as contribucións e problemáticas da alta densidade urbana. Xeitos de visibilización afondou nas distintas repercusións mediáticas das partes da cidade, tomando como base a zona de Riazor, Visma e As Roseiras. Na zona de Montealto traballamos sobre as Estratexias de Sociabilización, avaliando os presentes e futuros xeitos de comuni-cación entre os veciños. Procesos de centralidade foi densenvolvido na área da Pescadería e o Ensanche, reflexionando sobre o significado da cidade central na actualidade. Por último, Posibilidades da paisaxe, apoiouse na zona do borde marítimo da ría, nos barrios de Os Castros e As Xubias, para recuperar o interese polo territorio.

Primeiras consideracións

Mihály Csíkszentmihályi, no seu traballo Fluír (3), describe a frustración dos individuos na procura de metas imposibles e a insatisfacción cando se acadan pretensións doadas. Establecer os obxectivos, aos que cada quen, un individuo ou unha cidade, pode aspirar con esforzo, pero con posibilidades de éxito, revélase esencial para a planificación a medio e longo prazo.

Nun momento no que as cidades pretenden aspirar a competir en todo o que aparece nos medios de comuni-cación, a intención do estudo é definir unha serie de parámetros que deberían ser considerados para a ideación da cidade contemporánea, e que moitas veces, pola súa escala miúda, son desprezados nun permanen-te afán de plans estratéxicos e grandes decisións.

É certo e válido que a maioría das cidades reclaman unha serie de intervencións de carácter estratéxico que as posicionen no mercado económico global mediante unha escolma de proxectos puntuais que teñan transcendencia máis aló da mesma (en ocasións no contorno metropolitano, outras no rexional ou no global) e un incremento das infraestruturas como soporte do desenvolvemento da cidade. Pero estes elementos configuran soamente unha primeira fase,

(3) CsíkszEntMiHályi, Mihály. fluir. una psicología de la felicidad. Ed. De bolsillo. 2008.

A cidade dos barrios

Page 12: a cidade dos barrios

012Unha mirada complementaria sobre A Coruña

seu lugar, pensar cidades que destaquen pola calidade e a singularidade de cada territorio, tanto en si mesmas como nas relacións coas outras nunha maior escala. Durante moitas décadas A Coruña sufriu proce-sos urbanísticos irreversibles e os tempos de bonanza económica non facilitaron que houbese unha actitude suficientemente crítica. Hoxe, que a conciencia por mellorar os contornos urbanos está máis estendida, temos unha excelente oportunidade para aproveitar os valores positivos da cidade, en especial da paisaxe, e desenvolver unha transformación urbana de enver-gadura capaz de apoiarse nas novas infraestruturas e, sobre todo, non dubidar na necesidade de recuperar a relación co mar e de intervir no construído mediante distintos niveis de acupuntura urbana (5), que moitas veces non serán doados de explicar nin aceptar.

Contribucións teóricas

Como todo traballo de investigación, recorremos a varias fontes teóricas xa existentes para contribuir a argumentación das temáticas formuladas. Convén comezar coas advertencias(advertencias) descritas, entre outros, por Edgar Morin (6) ao previrnos do que perdiamos ao tentar reducir “as cousas” como partes autónomas. O seu pensamento complexo vai nunha das ferramentas seminais que acompañará

ou anel, do planeamento das cidades. Cuestións vitais na maioría dos casos, pero incapaces de garantir por si mesmas un bo resultado pola excesiva dependencia dos xestores -políticos, empresarios e técnicos- que as desenvolverán durante o seu período de aplicación.

Hai unha segunda fase de actuación que se aproxima máis ás persoas, que ten que ver coa relación entre as cousas, cos sucesos non programados. Neses elemen-tos atopamos os verdadeiros feitos diferenciais das cidades pola súa capacidade para transformar desde a pequena escala, e polo tanto, desde a percepción dos usuarios, as intencións estratéxicas coas que se planifica a cidade. Durante o estudo, veremos como no pasado os espazos de transición, os lugares de ocio gratuíto ou simplemente os tempos de pausa no uso do pequeno comercio configuraban algúns dos xermes principais das relacións na cidade, e no seu percurso atopábase unha parte notable do espazo de convi-vencia da cidade. Hoxe estes espazos son “recreados” nos centros comerciais, alterando por completo as relacións de proximidade e cotidianeidade, deshuma-nizando algunhas partes da cidade.

Entendemos que o único camiño posible é fuxir das cidades xenéricas (4) e esquecerse das estratexias aglutinadoras que pretenden non perder nada para, no

(4) kOOlHAs, Rem. La ciudad genérica. Ed. GG. 2006.

(5) sOlà-MORAlEs, ignasi. territorios. Ed. GG. 2002.

(6) MORin, Edgar. introducción al pensamiento complejo. Ed. Gedisa.

No barrio

Nout

rapa

rteda

cidad

e

62%

30%

8%

3-. Procesamento da información-creación bases de datos

-gráficos das respostas-introducción datos en SIX

-planos das respostas

2-. Enquisas-Formulación do cuestionario

-cálculo da mostra-realización entrevistas

-codificación das respostas

Documentación toma de datos

delimitacióndatos obxectivos

PXOM, datosPlanos

Enquisas

PreguntasMostra

EntrevistasCodificación

Análise e representación

AnáliseTemáticasObxectivo

Representación

¿Quen debe tomar as decisións?

¿Onde prefire vivir?

entre todos

cidadáns

técnicos

políticos

Fóra

da

cida

de

Procesamentoda información

SIXMapas

Base de datosGráficos

Obradoirosparticipativos

AnáliseReuniónsAccións

Conferencia

Resultado

ArtigosWeb

Publicación

Page 13: a cidade dos barrios

013

no libro Everyday Urbanism (10), de John Chase e Margaret Crawford, no que se fai unha análise do urbanismo non regrado, separado entre a ollada crítica da cidade e as pequenas propostas dos arquitectos.

A nosa formulación asume esa estrutura analítica inicial, pero decide completala cunha parte activa que leva a cabo algunhas das accións que consideramos necesarias axudando, ademais, a estimular o debate. Neste caso, como dixemos, as accións ou experimentos foron levados a cabo por un grupo de arquitectos co apoio dos voluntarios e veciños que estimaron oportuno participar. Ademais das aportacións destes autores, e na mesma liña, recorreremos con frecuencia aos estudos de Michel De Certeau (11), Wiliam H. Whyte (12) ou Manuel Delgado (13).

Algúns apuntes de futuro

Existen moitas fontes onde poder mirar e moitas metodoloxías para a planificación urbana, pero a diario o urbanismo parece non mirar a ningunha delas e evolucionar cara a secuencias de regulacións legais que exemplifican o retroceso do papel dos arquitectos-urbanistas na planificación da cidade. Durante anos a idea da concepción das urbes como espazo de convivencia foi desprazada até ocupar o seu lugar

o noso estudo, facilitando e inducindo a transición dunhas ideas a outras. Tamén será esencial a liña de traballo proposta por Joan Busquets (7) dentro da súa descrición das posibilidades do Proxecto Urbanístico que denomina proxecto minimalista ou manobras tácticas. Desde ese punto, afonda nos proxectos que se resolven cun baixo custe e cunha maior comprensión e intermediación por parte dos cidadáns. Son actuacións, segundo describe, que poden ser planificadas a medio prazo e que posúen un importante ratio de éxito ao conquerir resultados positivos desde as primeiras accións. Isto relacionase directamente cos estudos de Jan Gehl (8) e os seus esforzos por devolver as cidades ás personas mediante estratexias de intervención a diferentes escalas. O último dos puntos salientables na nosa formulación é a consideración da imposibi-lidade dunha planificación finita. Neste aspecto, a contribución de Zytmunt Bauman (9) sobre as vidas líquidas e a dificultade de predecir o devir do urbano -consecuencia dos futuros incertos dos seus propios ocupantes- reforza a exposición doutros autores e resultaranos esencial cando describamos moitos dos espazos intersticiais da cidade.

Complementariamente, e de xeito xenérico, este traba-llo de reflexión afondará nos múltiples traballos sobre o cotiá. Nesta liña foron trascendentais as ideas expostas

(7) BusQuEts, Joan. Cities: X lines. Approaches to City And Open territory Design, Ed. Actar. 2008.

(8) GEHl, Jan. Cities for People. Ed. island Press. 2010.

(9) zyGMunt Bauman. Vida líquida. Ed. Paidos. 2006.

(10) CHAsE, John et al. Everyday urbanism. Ed. Monacelli. 1999.

(11) CERtEAu, Michel de. the Practice Of Everyday life. Ed. uni-versity of California Press. 2002.

(12) WHytE, William H. the social life Of small urban space. Ed. Project for Public spaces. 2001.

(13) DElGADO, Manuel. Memoria y lugar. Valencia. Ediciones Generales de la Construcción. 2001

4-.Análise e representación-análise pormenorizado dos barrios

-selección de temas de estudo por barrios-investigación

-representación

Documentación toma de datos

delimitacióndatos obxectivos

PXOM, datosPlanos

Enquisas

PreguntasMostra

EntrevistasCodificación

Análise e representación

AnáliseTemáticasObxectivo

Representación

Procesamentoda información

SIXMapas

Base de datosGráficos

Obradoirosparticipativos

AnáliseReuniónsAccións

Conferencia

Resultado

ArtigosWeb

Publicación

Obra necesaria no barrio

Media da cidadeSan Vicente e CastroMesoiro e FeánsNovo Mesoiro

70%

62%

22%

33%

25%

Obra innecesaria no barrio

A cidade dos barrios

Page 14: a cidade dos barrios

014Unha mirada complementaria sobre A Coruña

unha serie de estratexias económicas que, impulsadas polas “conviccións” dos políticos e as “propostas” dos empresarios, foron presentadas baixo a peneira da “conveniencia” colectiva.

Un mal xeral nas cidades é a utilización de eslóganes por parte dos responsables da planificación das cidades segundo as demandas da sociedade, sen establecer un filtro a medio-longo prazo que valide as propostas. Así foi posible, segundo o momento, ter unha confianza plena no desenvolvemento do edificado, nas concesións á industria, na importancia do turismo, nas “etiquetas” de “sostible” ou “verde”..., mentres na actualidade se-mella que o interese está centrado nas clases creativas (14) e na cidade para as persoas, o que pode abrir unha porta de optimismo cara ao futuro.

Tamén se comeza a atisbar un consenso sobre a impo-sibilidade de conquerir cidades dunha cualidade acep-table mentres o urbanismo sexa utilizado como arma política e manipulado constantemente nos límites da legalidade, case sempre no beneficio dos mesmos poderes económicos. O esforzo dos planificadores para mitigar certos abusos, e dos políticos por regularizar actuacións ilegais, acaba por establecer desequilibrios que non son comprendidos por ninguén e converten en utopía a explicación razoada do crecemento urbano. Para asegurar unha maior protección das cidades e dos seus usuarios, nos últimos anos as diferentes leis de aplicación sobre o urbanismo tentaron elaborar novas ferramentas de control en base a números “obxecti-vos”, aínda que de xeito persistente outras alteracións legais facíanas incluso máis vulnerables que no caso

anterior, até que ao final xa ficaban completamente esnaquizadas as ideas ao ter que asumir por imposi-ción política -da cor que sexa- acordos previos moi afastados das intencións do planeamento.

Como diciamos, na maioría dos casos, as cidades, cos seus políticos ao fronte, tentan aspirar a todo, e os adxectivos do planeamento aparecen segundo conveña. Proxectos urbanos envoltos en estratexias de márketing que a miúdo esquecen os espazos inters-ticiais e que moi dificilmente poden ter o apoio dos cidadáns, dada a súa complexidade durante o proceso de consolidación, e que son descubertos como “feitos finais” no momento que se fan públicos, e que polo tanto alcanzan a escala de proximidade.

Resumindo, con esta iniciativa pretendemos salientar a importancia dos espazos esquecidos da cidade e enxalzar os seus valores na sociabilización dos resi-dentes. Confiamos en estimular no futuro unha maior participación por parte dos cidadáns durante o proceso de creación/reutilización da cidade, aínda que para iso, dada a actual complexidade legal, tal vez unha das primeiras decisións que deberiamos tomar os técnicos é formular un urbanismo que cree os escenarios axeita-dos e que permita aos usuarios certas modificacións ou adaptacións, evolucionando dos proxectos urbanos contemplativos cara aos participativos. Escoitando -e documentando- os desexos dos cidadáns, contri-buiremos a aproximarnos cara aos espazos que éstes recoñezan como propios , posto que, segundo a opinión dos cidadáns, o mellor que teñen todos os barrios da cidade son as persoas que viven nel.

(14) flORiDA, Richard. the Rise Of Creative Class. Ed. Basic Books. 2003.

Page 15: a cidade dos barrios

015

no gráfico aparecen as máximas distancias percorridas camiñando segundo as enquisas realizadas. A información xeo-referénciase e trasládase a este tipo de planos que reflicten o funcionamento da cidade da Coruña.

A cidade dos barrios

Page 16: a cidade dos barrios

016Metodoloxía e participación cidadá

A elaboración do traballo de campo correspondente á realización das enquisas que axudaron a recoller parte da información plasmada nestes textos e gráficos, ven precedida de “esmerados equilibrios” entre os recursos materiais e humanos dispoñibles e a conformación dun modelo metodolóxico eficiente e xustificable que permitira abordar con certas garantías a opinión dos veciños e veciñas, principalmente a través de dous modelos diferentes de ferramentas.

Por una lado (e a modo de ficha técnica), debemos sinalar que o universo sobre o que se traballou foi o da poboación de ambos sexos – de 15 e máis anos-, residentes en 51 barrios identificados e delimitados, e que agrupados en 36 áreas, suman un total aproxima-do de 220.000 habitantes, baseándonos en cifras dos Padróns de Habitantes dos anos 2008 e 2009. Deste xeito realizóuse unha enquisa de case 400 entrevistas para o total da cidade, e que foron realizadas a pé de rúa en dous espazos diferentes de tempo: a dirixida aos barrios escollidos nunha primeira fase entre os meses de setembro e decembro do 2009, e a correspondente aos barrios dunha segunda fase2 entre febreiro e xullo do 2010. O procedemento de mostraxe que se aplicou foi o dun modelo non probabilístico por cotas de idade e sexo. Baixo o suposto de mostraxe aleatorio simple, o erro mostral sería do ± 3%, cun nivel de confianza do 95% e p=q .

Posteriormente, realizouse unha segunda recollida de información de forma independente en cada barrio, a través dunha sondaxe con cuestionarios, metodoloxi-camente menos ríxida que a enquisa, recollendose a opinión de perto de 1586 residentes; acadando unha media de perto de 44 entrevistas por área de traballo.

Así mesmo, toda a información cuantitativa provínte das enquisas mírase reforzada por una morea de importantes dados cualitativos xerados a través da observación participante dos enquisadores/investiga-dores e de todo o recollido nos diferentes obradoiros e xuntanzas realizados polos colectivos Ergosfera, Desescribir, Pescadería 20 e Grupo DoDó nos barrios de Monte Alto, Matogrande, Portiño, Feáns Pescadería, Agra do Orzán, Os Mallos e As Xubias, e que grazas á colaboración e boa disposición dos seus veciños, xera-ron unha valiosa información que axudou a contrastar e completar todo o rexistrado coas enquisas.

En relación ao tratamento da información obtida, hai que subliñar que o manexo da enquisa e doutras ferramentas metodolóxicas aquí usadas, non poden substituir a elaboración dun censo ou mecanismo semellante que permita obter o 100% das opinións, e se ao mesmo tempo engadimos factores propios do comportamento humano como a impredecibilidade e outros aspectos como a influencia do azar, temos

Metodoloxía e participación cidadáCamilo Fernández GonzálezSociólogo. Técnico Superior en Urbanismo pola E.G.A.P.

Page 17: a cidade dos barrios

017

como resultado a necesidade de manexar os resultados obtidos con cautela e precaución, xa que non se trata dunha información abocada a ser tratada como ríxidas aseveracións incuestionables, senon máis ben como uns indicadores válidos que nos permiten apuntar certas tendencias e opinións da cidadanía. De igual xeito, cumpre tamén remarcar que este traballo non pretende revelarse como un sesudo exercicio científico ou académico, senon máis ben como unha modesta contribución ao estudo da realidade urbana da Coruña, a través dun proceso aberto e non ortodoxo de aprendizaxe, observación e reflexión.

Dentro dos obxectivos sinalados no xerme inicial do proxecto, residía a idea de indagar tanto en deter-minadas pautas e hábitos da veciñanza destas áreas (tipos e modos de desprazamentos, en que lugares mercan…), como nos seus gustos e inquedanzas (onde se sínten a gusto, onde se sínten incómodos…), sen esquecer, tampouco, tentar profundizar nas súas necesidades e demandas desde un punto de vista primordialmente residencial.

Nesta líña, é máis aló dos múltiples conceptos teóricos sobre os variados tipos de necesidades manexados por diferentes autores desde as Ciencias Sociais (econo-mía, socioloxía e psicoloxía, fundamentalmente), que poden ir desde as necesidades individuais, colectivas, primarias, secundarias, etc. atopamos un nexo de unión entre elas da man das necesidades manifes-tadas, xa identificadas por tanto, e das latentes ou ocultas. Con ísto quérese pór énfase en como moitas veces xurden conflictos á hora de tentar paliar ou xestionar ambos tipos carencias ou demandas.

A miúdo, as actuacións sinaladas para a súa satisfac-ción polos técnicos ou expertos non adoitan coincidir coas propostas por amplos sectores da cidadanía; un caso habitual pode ser o dilema resultante de ter que escoller entre prazas de aparcamento ou beirarúas máis anchas. De igual xeito, noutras ocasións acontece que necesidades concretas -no vieiro da calidade de vida moitas delas- consideradas “latentes” polos técnicos e a piques de agromar, nunca aparecen ou acaban saíndo á superficie pero cun formato non agardado: solicitude de máis e maiores superficies comerciais, pouca disposición a tolerar recortes ao transito rodado…

Algún desencontro e algunha ausencia de sintonía entre uns e outros tiveron tamén lugar no tempo e nos espazos nos que se coceu este estudo… cousas que pasan cando “os expertos” saímos dos nosos esquemas e cuadrículas metodolóxicas e teóricas e lle pregunta-mos ou abordamos directamente á xente polo que se laian, o que queren, cobizan…

Así pois, parece que estamos falando de algo do que sempre queda ben falar e que se considera políti-camente correcto, pero que paradoxalmente un bo número de aqueles que máis abusan do seu uso e que avogan polo súa estandarización, autoridades adminis-trativas -por exemplo-, temen e recortan sutilmente cando poden, incluso cando están en disposición de controlar todo o seu proceso e xestión: a participación cidadá.

Este concepto é algo que debe tomarse con cautela e matices, xa que a miúdo, non todas as partes

A cidade dos barrios

Page 18: a cidade dos barrios

018Metodoloxía e participación cidadá

implicadas nos procesos de toma de decisión, bási-camente grupos de presión por un lado: asociacións veciñais, sindicatos, plataformas autoxestionarias, grupos ecoloxistas… e autoridades por outro: políti-cos, técnicos e funcionarios da administración, por exemplo, manexan ou entenden por participación cousas ben diferentes.

Se as veces para un determinado órgano de poder ou de toma de decisións, un proceso electoral ou consultivo -desde un punto de vista máis clásico-, xa constitúe un proceso de participación suficiente, ou asumen a realización de enquisas aos seus electores/cidadáns para comprobar ou contrastar a “toma de temperatura” sobre un feito o circunstancia concreta, como un exercicio extraordinario de horizontalismo e apertura á sociedade – omitiremos a facilidade de trastocar e manipular preguntas e respostas por parte de quen as formula e avalía-; para moitos colectivos sociais polo contrario os mínimos que deben rexir calquer proceso minimamente participativo son, entre outros, a transparencia e o seguimento dos procesos, algo que dista moito das consultas fugaces e unidirec-cionais (de arriba a abaixo) formuladas desde as élites.

Ao abeiro desta perspectiva resulta obvio que o termo participación da lugar a múltiples interpretacións e usos demagóxicos, xa que mentres para os máis

compracentes exercer o dereito a voto, participar en mobilizacións ou opinar en foros de debate xa é par-ticipar, para outros máis críticos, únicamente aqueles mecanismos de negociación, activismo ou debate –por citar algúns casos-, onde se garanta un espazo propositivo e “non pasivo” na toma de decisións, e se fale do compromiso que deben ter os gobernantes ou representantes a hora de asumir uns mínimos vinculantes -tamén por citar algún exemplos-, serían procesos dignos de tal calificación.

Así pois, os dirixentes das diferentes administracións, pero sobre todo daquelas a quen se lles atribúe un contacto máis directo cos seus veciños-electores (estamos pensando nos concellos), lonxe de tomar a vontade de participación como unha ameaza, deberían asumila con naturalidade e respecto, sendo o que é: unha mostra de madurez e compromiso social.

Cando non é así, defenden prácticamente por igual tanto a súa presencia como a dos propios técnicos nos procesos de toma de decisións. Porén, onde semella que se establece unha maior sintonía entre as distintas áreas, é a hora de outorgarlle a menor das confianzas á clase política.

No análise dos dados por grupos de barrios ou fases, temos a primeira vista dous bloques, por un lado a

entre todosentre todos

cidadáns

técnicos

políticos

+65

mullereshomes

Quen cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?

cidadáns

técnicos

políticos

55-64

45-54

35-44

25-34

15-24

entre todos

homes

mulleres

cidadáns

técnicos

políticos

¿Quen cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?

entre todos

entre todos

homes

mulleres

cidadáns

técnicos

políticos

+65

mullereshomes

Quen cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?

Quen cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?

cidadáns

técnicos

políticos

55-64

45-54

35-44

25-34

15-24

Page 19: a cidade dos barrios

019

Fase 1.1., que se presenta como a “máis conservadora”, desde a óptica máis horizontalista ou participativa, xa que prefiren delegar preferentemente a toma de de-cisión aos técnicos ou expertos, ao mesmo tempo que lle ceden aos políticos a cifra máis alta de confianza cun 10%; fronte a esta “visión un tanto tecnocrática”, sitúanse o resto das zonas 1.2., 1.3. e 1.4., destacando entre todas elas a fase 1.3. (Montealto e Adormideras) como aquela que reclama unha maior presencia e peso dos cidadáns na toma de decisións.

De gran interese resulta tamén, profundizar un pouco máis no concepto de participación en base á idade das persoas entrevistadas; nesta líña á pregunta de “quen debe de tomar as decisión”, seguía outra -a que tan só respostaban as persoas que tíñan contestado “entre todos/as”-, na que se lles preguntaba “cal debería de ser a decisión determinante”.

Nesta líña, o que revelan os dados é que a medida que aumenta a idade dos individuos, a súa permisividade a hora de cederlle protagonismo a figuras propias da Administración (técnicos e políticos) aumenta, ao mesmo tempo que en consonancia diminúe o papel que lle tocaría representar á cidadanía. No polo oposto sitúanse as persoas máis novas (menores de 35 anos), e de mediana idade (entre 45 e 54 anos); encarnando pois, os actores máis proclives a reservar un espazo propio para a opinión cidadá. Atopamos tamén un chamativo repunte vencellado ao acto de delegar a toma de decisións aos políticos, entre a franxa de idade comprendida entre os 25 e 35 anos. Este segmento da poboación, representa unha fenda no “contínuum de opinión”, que a priori cabería agardar máis favorable a outorgarlle unha maior visibilidade á cidadanía, falamos da poboación menos avellentada, e xa formada e instruída en democracia, o que implicaría unha experiencia vital marcada por valores menos xerarquizados e patriarcais que os dos nosos maiores.

Nembargantes, e asumindo esta hipótese de traballo – carecemos de dados relativos aos valores e posiciona-mento ideolóxico dos residentes, e cumpre ser cautos á hora de seguir por este vieiro-, cabe sorprenderse máis polo pouco protagonismo que os membros do grupo de idade comprendido entre os 25 e 35 anos lle conceden aos cidadáns como suxetos responsables e capacitados para xestionar asuntos que lles afectan, que polo alto grao de participación ao que aspiran os veciños con idades que van desde os 45 aos 54 anos, xa que moitos/as deles, a miúdo son individuos que se “foguearon” na eclosión dos movementos sociais xurdidos na Transición Democrática (ecoloxismo, femi-nismo, antimilitarismo…), uns colectivos que viñeron a sumarse aos localizados grupos de presión sindicais do momento, e a potenciar os fortes movementos veciñais que concentraban en boa parte un gran número de variadas reivindicacións, e que co paso do tempo foron deixando semente en forma de asociacionismo, debate e concienciación social, elementos sen os que a participación cidadá non é viable.

Os dirixentes das diferentes Administracións, pero sobre todo daquelas a quen se lles atribúe un contacto máis directo cos seus veciños-electores (estamos pensando nos concellos), deberían tomar a vontade de participación como unha mostra de madurez e com-promiso social. Non hai que esquecer que ao abeiro dos resultados da media total correspondente á Fase 1, recollida na táboa arriba sinalada e relativa a “quen debe tomar as decisións”, a suma das porcentaxes que atinxen aos técnicos e entre todos/as acada o 75% do total, e dicir: 3 de cada 4 residentes nesta área da Coruña amosanse partidarios de xestionar ou ben conxuntamente parte dos asuntos que lles afectan, ou ben delegando parte da responsabilidade a que a priori máis coñecementos posúen: os técnicos e técnicas. Esta visión plural, e porque non dicilo tamén, ecléctica da toma de decisións, debería ser tomada como unha fortaleza en sí mesma e non como unha ameaza.

A cidade dos barrios

Page 20: a cidade dos barrios

020A experiencia do espazo. SIX e planeamento

Tódalas relacións sociais teñen lugar nun espazo material e simbólico, cheo de movemento e troco, tensión e conflito. Distingue Soja unha trialéctica neste: un primeiro espazo físico, forma e proceso; un segundo espazo simbólico, o imaxinario urbano; e un terceiro espazo, o vivido, o lugar da experiencia individual e colectiva. Tradicionalmente, a aproxima-ción ao espazo urbano realizouse mesturando as súas compoñentes físicas e simbólicas, co que o vivido e experimentado permanece fóra de toda consideración. Así, unha parte esencial da cidade, a que engloba as relacións e vivencias do cidadán, é esquecida e negada. Isto sucedeu pola complexidade que presenta este terceiro espazo, xa que todo cidadán posúe un “mapa físico e mental” subxectivo, coas súas filias e fobias, do espazo urbano no que habita e relaciónase. Unha cartografía imaxinaria propia, alén da forma física, na que o cidadán representa as súas percepcións, os seus sentimentos e as súas vivencias. Se cartografar o espazo vivido e relacional dun só cidadán é de gran complexidade, realizalo para parte ou toda unha cidade convértese nunha tarefa dunha dificultade que aumenta exponencialmente. Polo tanto, construír, re-presentar, analizar e xestionar esta cartografía propia, do conxunto dos cidadáns, esixe empregar ferramentas informáticas de gran potencia, como os Sistemas de Información Xeográfica (GIS), que permitan tratar a inxente cantidade de datos espaciais xerados.

(…) tódalas relacións sociais, xa sexan relativas á clase, á familia, á comunidade, ao mercado ou ao poder estatal, permanecen abstractas e infundadas ata non ser expresamente espacializadas, é dicir, convertidas en relacións espaciais materiais e simbólicas. Por outra parte, o devandito proceso de materialización e contextualización real e imaxinario non é un asunto sinxelo que só require ser cartografado casualmente en xeografías especificas e fixas, senón que se atopa cheo de movemento e troco, tensión e conflito, política e ideoloxía, paixóns e desexos e, (...), cheo dos “enigmas do mundo e da nosa existencia”.

Edward W. soja.Postmetrópolis. Estudos Críticos sobre as Cidades e as Rexións.

O eixo central de “A Cidade dos Barrios” é o espazo vivido e experimentado polos cidadáns da Coruña, procurando caracterizar non só a súa globalidade senón que tamén as diferenzas e as relacións exis-tentes entre os barrios que conforman a cidade. Esta tarefa implicaba a elaboración dunha Base de Datos Espaciais (BDE) para o manexo, a representación e a visualización da información xeográfica mediante GIS. Os referentes máis inmediatos de BDE eran de dúas clases, as experiencias baseadas en obxectos e atributos xeográficos do espazo e as baseadas nas percepcións do espazo polos cidadáns. A EIEL da Deputación da Coruña e as bases cartográficas e ca-tastrais empregadas no Planeamento Urbanístico son exemplos próximos da primeira clase. A experiencia preliminar de Habitares, onde se recollía a percepción cidadá na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, era o exemplo máis próximo da segunda clase. En calquera caso, tratábase de ir alén, concibindo unha BDE que recollera o espazo vivido e experimentado e manifes-tara as relacións existentes na cidade, un aspecto no que a cartografía tradicional amosa grandes limita-cións. Na creación da BDE, dúas decisións amósanse como claves: cales serán os datos xeográficos e as súas relacións (o modelo de datos) e o tipo de xeometría destes. Ámbalas dúas cuestións están intimamente relacionadas e optouse por crear un modelo de datos vectorial, empregando xeometrías de punto, liña, para

A experiencia do espazo. Sistemas de Información Xeográfica e PlaneamentoGael Sánchez RivasEnxeñeiro de Camiños, Canles e Portos. Máster en urbanismo pola UDC

Page 21: a cidade dos barrios

021

as relacións, e superficie, para as zonas da cidade consideradas nas respostas dos cidadáns. Desta forma, creáronse nove categorías ou capas nas que se recollían os datos provintes das enquisas realizadas. Dúas destas categorías, domicilios e datos, de tipo puntual, refírense directamente a datos asociados á persoa da entrevista. O resto de categorías: como-didade, compras, desinterese, lugar, recomendados, distancias e teléfonos refírense aos espazos percibidos e relacionais dos cidadáns. A partires destas capas de información xeográfica, pódense elaborar mapas e visualizacións que descobran o funcionamento da cidade, coas súas relacións e percepcións. Tarefa na que poderá participar todo aquel interesado na cidade, xa que esta BDE será accesible publicamente, o que permitirá unha certa retroalimentación e a posibilida-de de manifestar novos puntos de vista no proceso de construción da cidade.

Esta BDE pode complementar a información urbanís-tica do proceso de Planeamento, afondando máis no coñecemento da cidade, especialmente nun aspecto pouco tratado pola cartografía tradicional. A relación entre a cartografía e o Planeamento é moi estreita, sendo a produción de planos, mapas, esquemas e ico-nografías o máis importante medio de comunicación do Planeamento cara á visualización e ilustración da complexidade das demandas espaciais das diferentes

partes do territorio. Os GIS, como instrumentos de visualización e produción cartográfica, xogan, polo tanto, un importante papel, xa que a imaxe ten un potente rol no proceso comunicativo do Planeamento. Ademais, fronte á cartografía tradicional, que puxo énfase no uso público de baixa interactividade, os GIS permiten un uso privado de alta interactividade mediante servizos públicos a través de Internet. Isto significou a democratización da produción de mapas e un incremento substancial na súa elaboración e diseminación, o que redunda no coñecemento e na información pública do Planeamento. Así, a partici-pación pública deixa de ser un asunto basicamente enfocado ao coñecemento do Planeamento entre as distintas esferas da Administración e convertese nun verdadeiro, polo menos en teoría, proceso participativo e informado de construción colectiva da cidade. E en elo, os GIS convirtense en ferramentas indispensables no proceso de construción do consenso e a toma de decisións do Planeamento, axudando aos urbanistas a entender as necesidades e demandas espaciais da cidade e informando eficientemente á cidadanía para que colabore e participe de forma construtiva. E isto, humildemente, é o papel ao que aspira a BDE de “A Cidade dos Barrios”.

A cidade dos barrios

Page 22: a cidade dos barrios

022Coñecer a cidade desde as rúas: cidade real vs. cidade oficial

Estas dúas citas, aínda que nacen da estratexia militar, refírense a dúas necesidades esenciais que xorden cando tratamos de obter coñecemento significativo sobre as realidades urbanas: 1) obter coñecemento espacial seguindo a estratexia dun “antropólogo de pé descalzo” cunha visión transdisciplinar, e 2) investigar participando nos procesos, aprender desde a acción. Estas son as dúas hipóteses que expoño neste texto e que, na miña opinión aborda o proxecto A Cidade

dos Barrios, innovando de modo radical respecto das prácticas habituais do plan urbanístico e a xestión das cidades. A pesar de que a masa crítica de prácticas espaciais participativas (3) e interdisciplinares crece, o seu impacto no urbanismo oficial segue sendo extraordinariamente escaso marcando unha brecha crecente entre cidadáns por unha banda, de políticos, e profesionais, por outra.

Coñecer a cidade desde as rúas: cidade real vs. cidade oficialJuan Freire BotanaUniversidade da Coruña e Escuela de Negocios EOI

(1) Entrevista en Archinect (2007):http://archinect.com/features/article.php?id=93919_0_23_0_C

(2) kiCullEn, David (2007). Religion and insurgency. smaill Wars Journal. http://smallwarsjournal.com/blog/2007/05/print/religion-and-insurgency/

(3) MiEssEn, M. & BAsAR s. (eds.) (2009). ¿Alguien dijo participar? un atlas de prácticas espaciales. Ed. dpr-barcelona.

“…a maior afirmación inspiradora que lin cuestionando a miña función como arquitecto, as habilidades que temos aprendido ao representarnos como deseñadores tan profesionais. Esta cita inspiradora veu desde o sitio menos esperado: o primeiro informe ao congreso de EE.UU. polo Xeral Petraeus, o xeneral de EE.UU. do xefe en cargo, naqueles días, da estratexia de guerra en Irak. Neste informe, Petraeus suxería ao congreso que após a experiencia en Irak, o soldado de EE.UU. contemporáneo tería que transformarse... O soldado contemporáneo, polo contrario, tería que comprometer a proximidade crítica de barrios, transformándose nun antropólogo, un traballador social e versado en moitas linguas! Agora, aínda que isto pode soar abrumador, pensei, se o soldado contemporáneo está a mudar, ¿por que non podemos nós como arquitectos? ¿Necesitamos apropiarnos dos procedementos de outros? Non devindo necesariamente en antropólogos ou traballadores sociais… Mais pedindo prestado os seus procedementos co fin de manexar de forma diferente as observacións críticas constructivas procurando estratexias espaciais alternativas… Na miña mente, isto é o significado máis fundamental de inter-disciplina: non só para compartir os nosos puntos de vista desde a inviolabilidade das nosas especializacións, a través da mesa de rolda de discusión, como adoitamos a facer, mais de feito contaminando o un ao outro cos procedementos alternativos do un ao outro”

teddy Cruz (1)

“En definitiva, ningún caderno de notas alivia un profesional da súa obrigación persoal de estudar, interiorizar e interpretar o físico, humano, informativo e ideolóxico no que o conflicto ten lugar. Conflicto etnográfico é clave; para pedir prestado un termo literario, non hai ningún substituto para unha “lectura profunda” do ambiente. Mais é unha lectura que non reside en ningún libro, mais ao redor de ti; no terreo, as persoas, as súas institucións sociais e culturais, o xeito no que actúan e pensan. Tes que ser un observador participante”

David kicullen (2)

Page 23: a cidade dos barrios

023

Datos extraídos das enquisas realizadas no barrio de Montealto durante o estudo A Cidade dos Barrios a proposta de Juan freire.

A cidade dos barrios

Page 24: a cidade dos barrios

024Coñecer a cidade desde as rúas: cidade real vs. cidade oficial

1-. Información para o plan e a xestión urbana convencionais

O plan urbano, e boa parte da xestión das cidades, tal como se desenvolve na actualidade, responde a un modelo escasamente participativo (“top-down”) e está monopolizado e controlado por profesionais disci-plinares e por políticos e xestores (4). Pero ademais destas limitacións nos mecanismos de participación, os procesos de planificación contan con importantes limitacións en canto ao tipo de información sobre a que se desenvolven e que representa modelos simples da cidade, caracterizados por:

- Unidades espaciais (“barrios”, “distritos” ...) que son autorreferenciais (defínense a priori ou de modo arbitrario, pero convértense na realidade a xestionar) e non responden á dinámica social.

- Utilizan tipoloxías “media” asignadas ás unidades espaciais e/ou a categorías demográficas básicas obviando a elevada diversidade das sociedades urbanas contemporáneas.

- Tómanse como realidades o que non son máis que hipóteses que foron definidas a priori e están dotadas dunha intencionalidade política (por exemplo asumir que a calidade de vida ou o orgullo de pertenza segue un gradiente decreciente desde o centro cara á periferia).

Para representar estes modelos simplistas utilízanse datos estatísticos oficiais. Como exemplo, as obser-vacións sobre fluxos (de enorme importancia para entender a mobilidade e poder realizar estimacións sobre os usos do espazo) están baseadas en métodos demasiado brutáns na súa resolución espacial e tempo-ral (uns poucos sensores de tráfico con datos puntuais, estatísticas de transporte público que achegan só datos agregados por día ou mes ...). Pero, o que é aínda máis importante, a información sobre a cidade informal está ausente case totalmente do mesmo xeito que non se adoita dispor de datos sobre o papel da tecnoloxía e os usos cotiáns do espazo urbano polos cidadáns.

Este enfoque é cada vez máis inxustificable nestes momentos cos desenvolvementos tecnolóxicos existentes ou nos sistemas de monitorización ubícuos (por exemplo, sistemas de sensores como Pachube (5) ou a posibilidade de mapear fluxos a partir de trazas de dispositivos GPS ou bluetooth).

A información descrita anteriormente, con todas as súas limitacións, é útil dentro dun esquema de plan e xestión centrado no plan arquitectónico e de infraestruturas, e baseado na toma de decisións centralizada que incor-pora só mecanismos de participación cidadá “irreais” (burocratizados e limitados case sempre ao irrelevante).

Dado que o sistema non necesita, aparentemente, máis e mellor información, as propias institucións

(4) HAll, Peter (2009). Geography and planning: a new version og an old history. new Geographies 1:146-154http://www.gsd.harvard.edu/newgeographies

(5) http://www.pachube.com/

Page 25: a cidade dos barrios

025

de goberno adoitan esquecer a necesidade de xerar sistemas de información máis ricos, detallados e accesibles. Deste xeito, provócase un bucle perverso: a ausencia destes sistemas impide cambios na xestión, ou polo menos serve de escusa.

2. Realidades urbanas non observadas

A crecente distancia entre a xestión oficial das cidades e a vida dos cidadáns non fai máis que reflectir a existencia dunha realidade urbana, vital e dinámica, que pasa inadvertida (6). Un contexto que se caracteriza por:

- As escalas espaciais e temporais relevantes para o cidadán son moito máis diversas que os datos oficiais. Así, no caso das escalas espaciais os cidadáns habitan en micro-espazos pero ao tempo as grandes escalas grandes (metropolitanas, rexionais) son tamén moi relevantes. Mentres a planificación móvese habi-tualmente na meso-escala, o cidadán transita por un rango máis amplo e vese afectado especialmente polo micro e o macro.

- Os usos individuais e colectivos do espazo urbano (público e privado); as razóns e motivacións e os valores que as persoas asignan aos espazos.

- Redes sociais (principalmente informais) que con-forman a dinámica urbana. Estes procesos informais inclúen o espazo de relación e negociación do prol-

común e diversas institucións cidadás (desde equipos deportivos ata centros auto-xestionados). Estas redes sociais son cada vez máis, grazas á tecnoloxía dixital, capaces de xerar procesos emerxentes de innovación social que moitas veces desafían as paradigmas oficiais do plan.

- Identidades e subxectividades individuais e colecti-vas. A cidade é unha agregación de elementos urbanos e culturais que xogan un papel simbólico esencial e que teñen pouco que ver coa visión monumental ou estética dos espazos públicos.

- Sobre a cidade desenvólvese unha pel dixital (7), consecuencia das prácticas cotiás e da cultura dixital da cidadanía que forman xa parte esencial da cultura e usos urbanos.

3. Alternativas metodolóxicas e, finalmente, alternativas sociais e políticas

O urbanismo traballa sobre a cidade, e na cidade configura, ou debería configurar, un ámbito inter-disciplinar que combine investigación (observación) e acción (participación). Como alternativa e comple-mento á planificación convencional e os seus métodos de observación e sistemas de información podemos identificar tres enfoques, complementarios entre si. A aproximación esencial debería estar baseada nos mé-todos das ciencias sociais (cualitativos e cuantitativos).

(6) fREiRE, J. (2009). urbanismo emergente: ciudad, tecnología e innovación social. En: Paisajes Domésticos / Domestic landascapes. Ed. Ministerio de Vivienda, España

(7) fREiRE, J. (2009). Cultura digital en la ciudad contemporánea: nuevas identidades, nuevos espacios públicos. Pp. 155-165.En: Piensa Madrid / think Madrid. Ed. la Casa Encendida. Coordinación: Ariadna Cantís & Andrés Jaque, 459 pp

A cidade dos barrios

Page 26: a cidade dos barrios

026Coñecer a cidade desde as rúas: cidade real vs. cidade oficial

Ademais, nestes momentos, e como comentabamos antes, a tecnoloxía dixital ofrece novas posibilidades baseadas nas redes de sensores (de presenza, activi-dade e mobilidade) e a minería de trazas dixitais da actividade cidadá (8). Estes métodos de investigación teñen sentido se se acompañan dunha estratexia para a participación baseada nos debates públicos e na intervención colaborativa na realidade urbana. A observación constitúese deste xeito nunha das bases para a identificación das preguntas relevantes, e o deseño de procesos participativos de debate e inter-vención urbana, que á súa vez son procesos experi-mentais cuns resultados que ampliarán o coñecemento da cidade.

Entre os métodos cualitativos atopámonos coa observación etnográfica, as narrativas do espazo, os métodos visuais, os mapas colaborativos... A aproxi-mación etnográfica permite transformar a práctica cotiá nunha ferramenta de observación directa da realidade nas escalas relevantes. A súa formalización permite a construción de narrativas do espazo urbano polos propios cidadáns. Deste xeito convértese nunha ferramenta de investigación, pero tamén de apropia-ción de información e espazos e de apoderamento.

Os métodos sociais cuantitativos, como diversos tipos de enquisas, son relevantes se se enfocan nos proble-mas e escalas relevantes (e afástanse da “realidade”

oficial). Deste xeito tan importante como os propios métodos específicos é a coordinación de metodo-loxías. Así, as etnografías e narrativas permiten a identificación / definición de tipoloxías e categorías (de cidadáns, redes e organizacións; de usos; de espazos) e a identificación e formulación explícita de problemas e conflictos. As enquisas cuantitativas son útiles para a validación de tipoloxías, categorías e problemas, e para a cuantificación e estimación das escalas relevantes.

A Cidade dos Barrios está centrada no uso de métodos de investigación social, e aínda que en realidade as aproximacións etnográficas non foron formalizadas, dalgún modo os seus resultados están implícitos no coñecemento previo do equipo de traballo, con ampla experiencia persoal e profesional na cidade.

Existen numerosos métodos específicos para a xestión e análise da información procedente da investigación social e espacial. Non está nos obxectivos deste texto dar unha visión ampla destas metodoloxías, algo que o propio proxecto A Cidade dos Barrios explora e irá comunicando coa súa práctica. Aínda así, podemos citar como ferramentas e métodos que deben xogar un papel relevante. Entre outros, atopámonos coas cartografías e análises espaciais mediante sistemas de información xeográfica, análise multivariantes, visualizacións, ...

(8) un bo exemplo da utilidade da minería de trazas dixitais en: GiRARDin, f., CAlABREsE, f., DAl fiORE, f., RAtti, C., and BlAt, J. (2008). Digital footprinting: uncovering tourists with user-generated content. iEEE Pervasive Computing, 7(4):36–43.

Page 27: a cidade dos barrios

027

4. A Cidade dos Barrios: perspectivas dun proceso de investigación e participación en marcha

Este proxecto pódese definir como un proceso imperfecto, e de aí procede o seu principal valor: a súa capacidade para introducirse no tecido urbano e adaptar os seus métodos, hipóteses e obxectivos ao coñecemento que emerxe da interacción cos cidadáns. Por tanto, é un primeiro paso dunha aproximación alternativa á realidade da cidade da Coruña. Neste senso, podemos consideralo unha innovación radical respecto da forma habitual de entender e facer a cidade, e pode dar lugar a unha “caixa de ferramentas” xenérica para a investigación e intervención urbanas.

Puxéronse en marcha os métodos comentados antes. Entre outros, o proxecto céntrase na realización de enquisas “espacialmente explícitas” (nun dobre sentido: recóllese a diversidade espacial dos habitantes da cidade e unha parte das preguntas céntranse nos usos e identidades espaciais) que recollen preguntas dun amplo panel de persoas con experiencias profe-sionais e persoais co urbanismo e coa propia cidade da Coruña. Esta ampla base de datos foi sometida a diversas análises estatísticas e espaciais mediante SIX e xerarán visualizacións sobre a realidade urbana. Simultaneamente, o proxecto desenvolveu obradoiros para provocar participación cidadá activa que des-emboque en prototipos de accións que se convertan

en propostas urbanísticas e fortalezan a capacidade colectiva de intervención na realidade urbana dos cidadáns.

Os resultados mostran o potencial da estratexia e poden resultar mesmo sorprendentes para a “realida-de” oficial (aínda que en moitos casos obvios se se vive a cidade):

- Os patróns de conexión espacial mediante telefonía revelan grandes diferenzas espaciais no tipo de redes persoais e profesionais;

- O sentido de pertenza e calidade de vida desafían o paradigma centro-periferia (ou parecen corroborar a tendencia á conversión do centro nun parque temático que se identifica pouco cos cidadáns);

- Defínese unha estrutura espacial identificando os límites entre “barrios” tal como os perciben os cidadáns. A cidade aparece como un sistema dinámico baseado en fluxos de persoas e información, máis que como unha realidade estática;

- O propio éxito diferencial dos obradoiros (con niveis de participación moi variables) é un reflexo da necesi-dade dun coñecemento previo local e tanto os éxitos como os fracasos achégannos coñecemento relevante para entender a dinámica social da cidade.

A cidade dos barrios

Page 28: a cidade dos barrios

028Xeografía da percepción nos barrios da Coruña. Interpretando a cidade construída

A cidade é un produto social construído no tempo e no espazo, polo que a percepción individual e colectiva dos cidadáns é dinámica e cambiante. O feito de recompilar datos referidos á percepción dos veciños da Coruña nos seus respectivos barrios nun momento determinado do tempo presente, vén corroborar o valor sentimental de pertenza a un ambiente urbano determinado. Os datos apuntan á existencia de contradicións persoais entre o sentido de pertenza e a percepción da calidade residencial e/ou ambiental. Temos problemas en todos os barrios, pero como se perciben individualmente depende das propias circunstancias socioeconómicas, culturais, políticas, etc. de cada persoa. E quizais, todas elas teñan razón. Entramos, pois, no espazo vivido como sinónimo de espazo percibido.

A xeografía da percepción é unha valiosa ferramenta para o deseño de políticas de ordenación e planifi-cación urbana. Permítenos distinguir o “bo e o malo” da cidade, os seus defectos estruturais e as súas carencias sociais, e o que é moi interesante, distin-guindo entre unidades espaciais con identidade propia como son os “barrios”. Utilizar o concepto de periferia fronte ao centro urbano tamén é valioso para pro-mover políticas de complementariedade entre ambos. Onde comeza a cidade, onde o centro e onde acaba a periferia, son preguntas que podemos interpretar a

partir da xeografía da percepción. Sería interesante identificar fitos, sendas, nodos, etc. na cidade a partir da percepción dos seus veciños; permitiríanos afrontar a ordenación do tráfico, a intervención no emprazamento estratéxico do mobiliario urbano, ou os esforzos en mantemento ambiental e arquitectó-nico dos edificios e prazas emblemáticas da cidade. É unha tarefa pendente afrontar o traballo colaborativo de arquitectos e xeógrafos para chegar a un diálogo interdisciplinar construtivo e creativo ao servizo da calidade de vida dos cidadáns.

Se queremos construír unha cidade como un autén-tico organismo vivo en constante desenvolvemento debemos proceder a superar a visión meramente mecánica. A cidade require coidados e atencións que van máis aló da visión estritamente arquitectónica ou da enxeñaría. E a iso soamente chegaremos atenden-do á percepción e ao sentimento que o espazo urbano construído produce no cidadán. Este foi o exercicio que tratamos de levar a cabo cunha enquisa nos barrios da cidade da Coruña, e que agora estamos en disposición de mostrar os seus resultados.

A nivel xeral, en todos os barrios da cidade da Coruña destacan os compoñentes sociais e de ambiente como factores positivos e de gusto. Ambos representan case a metade das opinións favorables totais, chegando

Xeografía da Percepción nos Barrios da Coruña. Interpretando a cidade construídaÁngel G. Lens, Carlos FerrásXeógrafos. Universidade de Santiago de Compostela

Page 29: a cidade dos barrios

029 A cidade dos barrios

a alcanzar máis dun 75% en determinados barrios como Feáns, Elviña ou Santa Xema-Palavea. Estes comparten certas características tales como a súa orixe como aldea, a evolución até converterse en pequenos pobos e a posterior configuración como barrios periféricos da cidade debido ao crecemento desta, adquirindo así un carácter máis urbanita e residencial pero conservando aínda a súa marcada orixe periférica e rural. Derivado disto pódese observar unha forte cohesión como barrios, condicionada sen ningunha dúbida polo tempo de residencia dos seus actuais habitantes, o cal exerce un efecto positivo respecto ao apego ao lugar e a creación dunha base social sólida. Por outra banda, estes mesmos compo-ñentes destacan como factores que menos gustan en barrios como Pescadería-Orzán, o que deriva funda-mentalmente do ruído e a gran actividade nocturna que rexistra, Cances-Penamoa, no cal debe terse en conta o posible grao de conflitividade e degradación social, pero tamén certos estigmas e opinións como condicionantes dos resultados, e O Ventorrillo, cuxos resultados están influenciados pola proximidade a Penamoa e a súa configuración como zona de paso cara a este barrio.

A estrutura dos barrios é outro dos factores relativa-mente constantes e que fan clara referencia negativa e de menor gusto nas opinións da maior parte dos

barrios estudados. Posúe unha particular importancia en zonas relativamente periféricas e de certo carácter rural, tales como Santa Xema-Palavea, Visma ou Feáns. Isto mesmo pode observarse tamén en barrios máis céntricos como no caso de Agra do Orzán onde a falta de planificación xerou en moitas ocasións unha excesiva masificación construtiva así como rúas e beirarrúas insuficientes e estreitas. A valoración positiva e maior gusto deste factor é en xeral moi reducida destacando só nos Rosales, Novo Mesoiro e outros barrios de nova construción.

As posibles relacións e contrastes entre o centro e a periferia da cidade é algo que se observa de forma clara en canto aos servizos e equipamentos. Así, son as opinións dos residentes en zonas céntricas como Catro Camiños ou Pescadería-Orzán as que fan referencia maioritaria a estes factores como aspectos máis positivos dos seus barrios. Mentres que os que residen en zonas e barrios máis periféricos como Zapateira, Adormideras, Novo Mesoiro, Pasaxe Monte Mero ou Santa Xema Palavea, apuntan aos servizos e equipamentos como de maior importancia negativa e que menos lles gusta do seu barrio, probablemente vinculado á carencia ou ineficacia destes.

En canto aos lugares de estancia e a súa valoración positiva, esta atópase en gran medida supeditada

Page 30: a cidade dos barrios

030Xeografía da percepción nos barrios da Coruña. Interpretando a cidade construída

Page 31: a cidade dos barrios

031 A cidade dos barrios

á presenza nos barrios de zonas verdes, así como espazos naturais, abertos, menos construídos e de maior planificación. Destacan desta forma barrios como Santa Margarita, Eirís-A Madosa ou Cidade Xardín-Pontes polas súas privilexiadas zonas verdes, Zalaeta pola proximidade ao mar, ou Polígono Elviña como lugar planificado e en certo equilibrio en canto a parques, prazas e zonas verdes. O Ensanche é, por outra banda, o barrio peor considerado, onde unha gran parte dos seus cidadáns opinan que é o que menos lle gusta do seu barrio.

Respecto das infraestruturas, podemos observar unha dobre tendencia que nos faría diferenciar unha vez máis os distintos procesos que se dan nos barrios centrais e nos que non o son. Así se comproba como en barrios periféricos como A Zapateira existe unha valoración negativa centrada nas malas comunica-cións e vías de acceso ao centro da cidade, mentres que en zonas centrais como Catro Camiños son os factores relacionados co tráfico, o estacionamento e o automóbil en xeral os que reflicten un maior descon-tento nos seus habitantes.

Por último, os factores de localización reflicten en xeral un alto grao de satisfacción en barrios céntricos como Pescadería-Orzán e Ensanche, todo o contrario que os máis periféricos Novo Mesoiro, Os Castros ou Castrillón, onde se rexistran valoracións moi negati-vas. Noutros casos como As Xubias-Oza, é o seu valor natural e paisaxístico o que condiciona o alto grao de satisfacción cos factores de localización.

En suma, na cidade da Coruña asistimos a un diálogo centro-periferia percibido polos veciños dos seus dis-tintos barrios. Todos mostran sentimento de pertenza pero todos, tamén, perciben, diferenzas, problemas e virtudes. Ao final, móstrase a cidade como unha construción social con sentimentos atopados.

Page 32: a cidade dos barrios

032Unha perspectiva urbana desde o comercio e o uso dos espazos

Moitas reflexións sobre urbanismo como espazo de soporte das actividades económicas e comerciais están desenfocadas. Por dous motivos fundamentais. Primeiro, porque non adoita existir correspondencia entre a cidade real e administrativa (o municipio central). Segundo, porque o tamaño da cidade é crucial para determinar a súa estrutura comercial.

No que atinxe ao primeiro aspecto, só por casualidade e nun mundo estacionario podería seguir sendo útil un mapa de concellos actual deseñado no século XIX. Ao longo do día moitos coruñeses cruzan, sen ser moi conscientes delo, as fronteiras municipais para ir traba-llar, ir de compras, ou disfrutar do seu tempo libre. Polo tanto, esta perspectiva supramunicipal forzada polo crecemento demográfico e económico require enfoques administrativos diferentes, máis ambiciosos. Pensar en termos de área metropolitana é cada día máis necesario para deseñar o futuro económico da Coruña.

No terro comercial, ¿qué é o que reflicten os datos da enquisa? En conxunto, tendas e supermercados de proximidade (62%) dominan claramente a grandes superficies (38%) como lugares de abstecemento para os coruñeses. Sen embargo, estas porcentaxes son moi variables por barrios. As grandes superficies son escollidas como referencia comercial habitual só polo 16% dos residentes en Zalaeta, mais polo 84% dos

residentes en Santa Gema-Palavea. Desbotando que os coruñeses dun e doutro barrio teñan preferencias tan distintas, unha posible resposta a esta disparidade atópase na combinación de distancia e densidade comercial. As persoas que viven en barrios periféricos adoitan ter máis perto as grandes superficies e vivir en zoas de menor densidade do pequeno comercio. E o contrario ocorre para as persoas que viven no centro. E eiquí voltamos a idea da importancia do tamaño das cidades: canto máis grande sexa a cidade, maior será a porcentaxe de xente que para a ssúas compras gravita en torno as grandes superficies, porque maior será a porcentaxe de xente que vive en barrios periféricos. A Coruña é aínda unha cidade de tamaño pequeño-mediano e por iso o comercio do centro segue sendo unha opción posible para unha porcentaxe elevada de coruñeses.

En todo caso, é verdade que desde unha perspectiva dinámica as grandes superficies tenden a gañar cota de mercado a costa do comercio do centro. Ante elo, caben dúas posturas. A primeira é a do laissez-faire. Que o xogo do mercado, as decisións dos consumido-res e a habilidade de cada comercio decida o futuro. Se os consumidores prefiren comprar en grandes superficies onde aparcan gratis o seu coche e pasan a tarde sen mollarse; se as tendas tradicionais non saben adaptarse, qué se lle vai a facer.

Unha perspectiva urbana desde o comercio e o uso dos espazosSantiago LagoEconomista. Universidade de Vigo

Page 33: a cidade dos barrios

033 A cidade dos barrios

grandes superficies repítense por todas as partes e o tren de alta velocidade elimina barreiras.

Por suposto, o anterior non significa vetar a instala-ción de grandes superficies; algo que sería imposible ou dudosamente legal. Do que se trata é de afortalar o comercio do centro, utilizando como palanca o tecido asociativo existente e as competencias locais e autonómicas dispoñibles, á vez que se é prudente á hora de tomar decisións sobre a ubicación de novas superficies ou os horarios comerciais.

A segunda opción é asumir que o comercio do centro das cidades ten un valor que vai máis aló do interese do comerciante, que supón un activo para as nosas cidades e que nunha fase na que todos nos preocupa-mos pola planificación estratéxica a escala local é un sinsentido abandonalo á súa sorte. Eu me decanto por esta posición. O comercio no centro das cidades aporta alegría (“ilumina as rúas”) e dinamismo; é o que pode ofrecer orixinalidade e coñecemento especializado fronte á estandarización e o non lugar das grandes superficies e as cadeas comerciais; e pode decantar a visita turística a unha cidade ou a outra, cando as

prazarehabilitada

prazarehabilitada

prazarehabilitada

espazobaleiro

espazo rehabilitado

sen uso

paso libre

paso libre

PERCORRIDOSC. cocheP. peónB. bici

MOBILIARIO0. nada1. árbores2. bancos + árbores

ARREDORESH. hostalaríaC. comercio variadoL. local pechadoX. solar - edific. abandonadoV. vivenda - garaxe

ESPAZOSP. pasoE. estancia

PRAZA DACORMELANA

RÚA

R/PERILLANA

PRAZA DE PASTORIZA

PRAZA DE VISTA

RÚA

PRAZA DO AFRICANO

P+E P+EPP PPP

E

21

0

2 22

0

P+B P+BP+BP PP

C+P+B

HCLXV

C

V

CL

V

CL

H

LXV

L

V

L

V

r ú a O r z á n e a r r e d o r e s

Page 34: a cidade dos barrios

034Barrio

O barrio é unha xeografía da cidade. Ademais dun conxunto habitado e organizado é unha paisaxe que observas, recorres e sintes a diario. Cando preguntas a os seus transeúntes estás investigando e comprenden-do un ambiente que comparas co que ti vives. Trátase dun concepto antropolóxico relacionado coa idea de grupo que serve como referencia para os individuos, o primeiro espazo no que un proxecta a súa imaxe cara o exterior. Non é tanto a extensión da túa casa (o íntimo), como o marco no que te amosas e conectas coa realidade. Si a cidade é a celebración do lugar e a súa apropiación, o barrio é a súa disposición, forma e medida. Non nos transmite a idea mesma de cidade, a súa fundación ou orixe, senón o modo de habitala. É un exemplo de como se vive. O monumento cívico por excelencia.

ARQUITECTURA. O barrio constrúese con materiais tan diferentes como a conversación, o saúdo, a apertura e peche dos seus comercios, a plantación de árbores, o trazado das zanxas ocultas ou as congrega-ciones de traballadores, alumnos, ferigreses, transeún-tes… A súa arquitectura soporta a transformación e o cambio constante, mantendo á vez a idea de conxunto mediante a expresión formal da súa estrutura. O barrio é un escenario de formas en movemento ao que a arquitectura aporta un marco espacial estable que, sin embargo, vai ser interpretado no tempo. Iso facemos

os que o habitamos, influidos polo que sucede no seu interior, noutros barrios, ou polo devir da cultura global. Unha arquitectura que poderá encaixar ou non con eses cambios e ante a que nos manifestamos e actuamos sabendo que non sempre chegaremos a construir todo aquelo que nos gustaría habitar en cada momento. Porque o barrio xa está construido, estruturado e consolidado como espacio e, na maioría dos casos, non podemos intervir nel con mecanismos externos que pretendan un escenario diferente. A transformación total da cidade non sempre é posible e quen xestiona e fai arquitectura debería estar atento a isto. O habitar, aínda un dos nosos principais instintos, tende a reconverter o espazo, non tanto mediante a súa nova creación, senón mediante a ocupación de redutos de tempo (os nosos momentos na marxe do cotiá) e a sacralización de espazos non definidos, como os baleiros, fronteiras, umbrais… convertidos en arquitecturas ocupadas máis alá da súa función e ambientes cuxa propia indefinición atrae novas formas de relación. Trátase dun proceso cíclico, inherente á historia dos barrios ao que hai que prestar moita aten-ción, sobre todo nos seus matices e calidades. Desde as que pode ter un pequeno anaco de pavimento onde sempre da o sol, unha greta pública entre edificios onde se contempla a historia da cidade, ata un moble ou incluso un edificio capaz de promover o encontro e ser unha nova referencia espacial. A arquitectura

BarrioJuan CreusArquitecto. Universidade da Coruña

Page 35: a cidade dos barrios

035 A cidade dos barrios

dun barrio e o seu grupo humano teñen constituido no tempo un sistema habitado de relacións que, detrás dunha aparencia inmutable, esconde aínda moitos campos para a acción e a vida aos que, en certo modo, haberá que descubrir e dar saída.

PLANIFICACIÓN. Fronte deste proceso espontáneo de adaptación, a disciplina da planificación ten que asumir que o barrio non admite a promesa dun tempo que un día vai ser diferente. O barrio demanda acción e obra social, mecanismos directos que actualicen e revisen os cambios que se están producindo. A acción supón o rexistro físico dun comportamento e dun estado de ánimo. A súa durabilidade vai depender da necesidade, algo que poderá ser tan estable como a definición dun espazo de reunión, ou tan efímero como a súa convocatoria. Por suposto, a acción forma parte dunha planificación sen tempo, escala ou dimensión, onde todos estes parámetros son revisados no momento da realización e a súa medida e profundidade dependerá da influencia que teña cotiá. Unha pintada pode chegar a converterse nunha línea de pensamento e, sen embargo, a apertura dun recinto conmemorativo non ser máis que un monumento invisible. Por iso no barrio resulta imprescindible tocar a materia coa que está feito, coñecer a textura dos seus planos e superficies, descubrir as súas esquinas e, por suposto, saber facer preguntas. Si a planificación

consiste en dar resposta a preguntas correctas, nun barrio, a maioría, saen do seu propio contexto material e humano, cando mais, nun tempo que lle esixe se poña ao servicio do cotiá.

O urbanismo ten estado demasiado tempo ensimis-mado nas súas propias teorías, apoiado nunha cultura disciplinar baseada en modelos e formas aprendidas de proxectar e xestionar, convirtindo nun proceso de construción demasiado complexo o que en realidade é unha manifestación máis, en moitos casos espon-tánea, directa e literal, da nosa sociedade e os seus principios básicos. A cidade debería deixar de ser tan importante en sí mesma. A miúdo a sobrevaloramos

Page 36: a cidade dos barrios

036Barrio

e sobredimensionamos anque saibamos que, ante todo, existe unha idea xenérica, universal, moito máis interesante que cualquera disección precisa cargada de tipoloxías, urbanización e pactos.

Esta forma de aproximarse á realidade, sexa a dunha cidade ou a dun coitelo, desde o seu funcionamiento máis elemental, supón investigar con intensidade as maneiras de sentila e percibila. A arquitectura é tamén unha arte que aplica a técnica directamente aos sentidos e cando a claridade (idea) do obxecto (espazo) incide directamente no benestar (confort), prodúcese con maior facilidade a aceptación individual, apare-cendo un sentimiento unánime de recoñecemento e identificación.

LÍMITE E VALOR. Un barrio é unha praza forte da cidade. Quen destrúe un barrio destrúe a cidade mesma. Un barrio arrasado pola guerra representa a destrucción dunha cidade enteira. No Oriente Medio a construción ou destrucción dun barrio representa a construción e destrucción dun país. Os barrios limitan a comunidade e a identidade, por iso a importancia de entender tamén os seus bordes e portas. Unha das controversias sociais máis importantes dunha cidade é o medo dos habitantes a perder a súa identidade e polo tanto a súa posición frente a outros que loitan por facerse un sitio nun lugar diferente do que proceden. Renunciar a espazos difíciles de controlar, perigosos, expostos… ten provocado que os descam-pados, non-lugares, esquinas ou recintos á marxe dos fluxos do cotiá se teñan convertido en lugares emblemáticos para a creación, experimentación e a esperanza. Asumimos que estes espazos en tránsito poden mesmo chegar a absorber estas diferenzas abrindo un amplo campo para o novo mais, ao mesmo tempo, con elo admitimos a renuncia expresa a afrontar os problemas e investigar sobre a idea de barrio en toda a súa profundidade e interés. Limitar

un barrio debería ser só un plantexamento xenérico que signifique, nada máis e nada menos, non diluír nin esquecer os seus problemas internos.

MECANISMOS. 1.- Ter en conta o significado da forma e a súa implicación no espazo. Parece que temos esquecido que a racionalidade en arquitectura estructúrase con valores de xeometría (construción) e abstracción (intención, historia, comunicación). Nese camiño están as propostas que utilizan regras básicas de trazado amosando o que debe ser estable. Tamén, as que tratan a descrición como un camiño indepen-dente que aporta información non codificada para achegarse ao que se desvela nos procesos, ao que foi e pode ser alterado. 2.- Comprobar e analizar a súa implicación social, a pertenencia a un sistema orga-nizado no que constantemente se están a relacionar movemento social e espazo. Entender a importancia do habitante que é quen realmente sintetiza acción e lugar, estudiando as formas de percepción que teñen producido adaptacións diferentes fronte dos cambios e comparando aquelas que derivaron en comporta-mentos máis habituais (próximas á institución) coas máis instintivas (reactivas e creativas). 3.- Coñecer a posición dos sucesos respecto do tempo e o lugar no que traballamos pois o concepto de lugar podería estar multiplicado por intervencións sucesivas e mesmo algunhas das realidades pertencer a outras épocas. Comprender os momentos no que aparecen, mostrar a transformación da cidade na súa historia para acoutar a necesidade (duración, rapidez) dunha acción.

En definitiva, precisamos coñecer os baleiros e silencios mais, sen dúbida, poderemos atopar na propia dinámica dos barrios argumentos e ideas para poder propor encontros e, na súa estrutura habitada, elementos físicos onde a acción (obra) permitirá a súa renovación e mellora.

Page 37: a cidade dos barrios

BIBLIOGRAFÍA

Page 38: a cidade dos barrios

Bibliografía Específica

aLFaya, Luciano G. y MuÑIz, Patricia. Habitares, los lugares de los ciudadanos. Ed. Andar Quatro. 2009. ISBN 978-84-936924-1-4

BuSQuetS, Joan. PGoM Coruña, Masterplan. Ed. Concello da Coruña. ISBN 978-84-613-1966-4

BuSQuetS, Joan. a Coruña, a nova cidade marítima do porto. Ed. Concello da Coruña. ISBN: 84-611-0319-XPrecedo

CreuS, Juan. estrategias de movimiento y cambio en la ciudad actual. Director: Manuel Gallego Jorreto. Universidade da Coruña. Departamento de Urbanismo y Proyectos Arquitectónicos. 2009.

DaLDa, Juan Luis, DoCaMPo, Manuel G., HarGuInDey, Javier G. Cidade Difusa en Galicia. Ed. Xunta de Galicia. 2005. ISBN 84-453-4180-4

GonzÁLez-CeBrÍan teLLo, Xosé. La ciudad a través de su plano. Ed. Concello da Coruña. 1984. ISBN: 84-500-9990-5

MartInez Suarez X.L., FernanDez MuÑoz J., VItorIa ManGaDo V., LaGaSaBaSter J.L., FaLInI P. Xornadas de rehabilitación. os cascos históricos a debate. Ed. Concello da Coruña, Concellaría de Rehabilitación urbana e vivenda. 2009. ISBN: 978-84-95600-73-8

PreCeDo LeDo, andrés. La Coruña, Metrópoli regional. Serie Economía e Territorio. Ed. Fundación Caixagalicia. 1990. Deposito Legal C-1.238-90

Bibliografía Xeral

aSCHer, François. Los nuevos principios del urbanismo. Alianza Ed. 2007. ISBN 978-84-206-4198-0

BauMan, zygmunt. tiempos Líquidos. Vivir en una época de incertidumbre. Ensayo Tusquets Editores. 2007. ISBN 978-84-8383-029-1.

BenJaMIn, Walter. el libro de los Pasajes. Ed. Akal. 2007. ISBN 978-84-460-1901-5.

BentLey, Ian. Power, People and urban Design. Ed. Routledge. 1998. ISBN 978-0415128247

BoHIGaS, oriol. Contra la incontinencia urbana. reconsideración moral de la arquitectura y la ciudad. Editorial Electa. 2005. ISBN 978-84-8156-367-2

BorDen, Ian, Kerr, Joe y renDeLL, Jane. the unknown City. Ed. The MIT Press. 2002. ISBN 026202471-3

BorJa, Jordi y MuXI, zaida. el espacio público. Ciudad y Ciudadanía. Ed. Electa. 2003. ISBN 978-84-8156-343-6

BoSSeLMann, Peter. urban transformation. understanding City Design and Form. Ed. Island Press. 2008. ISBN 978-1597264815

BuSQuetS, Joan. Cities x Lines. Ed. Actar. 2008. ISBN 9788884472946

CarMona, Mathew et al. Public places, urban spaces. the dimensions of urban design. Ed. Architectural Press. 2003. (7ªed.) ISBN 978-0-7506-3632-2

Page 39: a cidade dos barrios

Carta, Maurizo. Creative City. Ed. Actar. 2008. ISBN 978-8895623030

CaSteLLS, Manuel, GIDDenS, anthony y tourIne, alain. teorías de una nueva Sociedad. Ed. Fundación M. Botín. 2002. D.L. M-3.343-2002

Certeau, Michel de. the Pratice of everyday. Ed. California Press. 1988. ISBN 978-0-520-23699-8

CHaSe, John, CraWForD, Margaret y KaLInSKI, John. everyday urbanism. Ed. The Monacelli Press. 1999. ISBN 1-885254-81-4

CortÉS, Jose Miguel. Políticas del espacio, arquitectura, género y control social. Editorial IAAC. 2006. ISBN 84-609-9110-5

DeLeuze, Gilles y GuattarI, Felix. Mil Mesetas. Capitalismo y esquizofrenia. Ed. Pretextos. ISBN 978-84-8508-195-0

DeLGaDo, Manuel. Memoria y lugar. Ed. Ediciones generales de la construcción. 2001. ISBN 978-84-932087-2-8

DoMInGueS, alvaro. a rua da estrada. Ed. Daphne editora. 2010. ISBN 978-989-8217-06-6

ezQuIaGa DoMInGuez, Jose Maria. Horizontes post-metropolitanos. reflexiones sobre una nueva cultura del territorio. en el futuro de las ciudades. Ed. Caja Murcia. 2008. D.L. MU-2747-2008

FernanDez GÜeLL, Jose Miguel. Planificación estrategia de ciudades. Ed. Reverte. 2006. ISBN 84-291-2110-2

FouCauLt, Michel. the other Spaces. Ed. Routletge. 2008. ISBN 978-0-415-42288-8

GeHL, Jan. Cities for people. Ed. Island Press. 2010. ISBN 978-1-59726-573-7

GeHL, Jan y GeMzoe, Lars. nuevos espacios urbanos. Ed. Gustavo Gili. 2002. ISBN 84-252-1910-8

HaBerMaS, Jürgen. Historia y critica de la opinión pública. Ed. Gustavo Gilli. 2009. ISBN 978-84-252-2015-9

HayDn, Florian y teMeL, robert. temporary urban Spaces. Ed. Birkhauser. 2006. ISBN 978-3-7643-7460-0

Page 40: a cidade dos barrios

HoLL, Steven. urbanism. Working with doubts. Ed. Princeton Architectural Press. 2009. ISBN. 978-1-56898-679-1

InnerarIty, Daniel. el nuevo espacio público. Ed. Espasa Calpe. 2006. ISBN 84-670-2088-1

JaCoBS, Jane. Death and life of great american cities. Ed.Vintage. 1992. ISBN 978-0679741954

KooLHaSS, rem. La Ciudad Genérica. Ed. Gustavo Gili. 2006. ISBN 84-252-2052-1

LeFeBVre, Henri. the Production of Space. Ed. Blackwell. 2009. ISBN 978-0-6311-8177-4

Lerner, Jaime. acupuntura urbana. Ed. Actar. 2005. ISBN 84-609-6450-7

LynCH, Kevin. La imagen de la ciudad. Ed. Gustavo GiIli. 2006. ISBN 978-84-252-1748-7

MIeSSen, Markus y BaSar, Shumon. ¿alguien dijo participar?. Ed. dpr-barcelona. 2009. ISBN 978-84-613-0827-9

MorIn, edgar. Introducción al pensamiento complejo. Ed. Gedisa. ISBN 978-84-7432-518-8

PortaS, nuno . arquitectura(s). teoria e Desenho. Investigaçao e Projecto. FAUP Publicaçoes. 2005. ISBN 972-9483-71-X

Pozueta, Julio. La ciudad Paseable. Ed. Ministerio de Fomento. 2009. ISBN 978-84-7790-509-7

raMIrez KurI, P. y aGuILar M.a. Pensar y habitar la ciudad. afetividad, Memoria y Significado en el espacio urbano Contemporáneo. Ed. Anthopros. 2006.

roWe, Colin y Koetter, Fred. Collage City. Ed. MIT Press. 1983. ISBN 978-0-262-18086-3

Sennet, richard. Carne y Piedra. Alianza. 2007. ISBN 978-84-206-9489-4

SoLa-MoraLeS, Ignasi .territorios. Ed. Gustavo Gili. 2002. ISBN 84-252-1864-0

SoLa-MoraLeS, Manuel. De cosas urbanas. Ed. Gustavo Gili. 2008 ISBN 978-84-2522-260-3

VV.aa. Post-it city. Ciudades ocasionales. Ed. CCCB. 2008. ISBN 978-84-9803-275-8

WHyte, William H. the social life of small urban spaces. Ed. Project for public spaces. 1980. ISBN 0-970-6324-1-X

zarDInI, Mirko. Sense of the city. an alternate approach to urbanism. Ed. Lars Müller. 2005. ISBN 978-3037780602

Page 41: a cidade dos barrios

AGRADECEMENTOS

Page 42: a cidade dos barrios

Para o desenvolvemento da Plataforma A Cidade dos Barrios -entre Setembro de 2009 e Novembro de 2010- foi imprescindible contar co apoio de moitas persoas e institucións que mediante o seu tempo, consellos o dedicación axudaron a realizar esta investigación.

A nivel colectivo queremos agradecer as Asociacións de Veciños: A.V. Os Rexumeiros de Elviña e Castro, A.V. Feáns “O Freixo”, A.V. A Granxa, A.V. da Zapateira, A.V. As Revoltas A Zapateira, A.V. do Birloque, Os Anxos e San Cristóbal das Viñas, A.V. Xunqueiras de Mesoiro e Vio, A.V. Novo Mesoiro, A.V. Barrio das Flores, A.V. de Monelos - Fonte das Pajaritas, Federación de Asociacións Veciñais “Salvador de Madariaga”, A.V. Matogrande Novo Centro, A.V. Os Mallos, Sagrada Familia, Estación, A.V. e Comerciantes Paternidade Área Sagrada Familia, A. de Propietarios Lugar de Vioño, A.V. Santa Margarita “O Parque”, A.V. Agra do Orzán, A.V. do Ventorrillo, A.V. Praza de San Pablo, Paseo das Pontes e Cidade Xardín, A.V. Veciñal de Bens, A.V. Nostián, A.V. Peruleiro “Os Mariñeiros”, A.V. Loureiro San Pedro de Visma, A.V. Campanario O Portiño, A.V. Riazor – Estadio, A.V. O Novo Barrio Los Rosales, A.V. Francisco Rodríguez Otero, A.V. Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules, A.V. María Pita e Cidade Vella, A.V. La Marina - Zona Centro, A.V. Ensenada do Orzán, A.V. O Ensanche, A.V. Eusebio da Guarda - Zona Juan Flórez, A.V. Distrito Uno, A.V. Oza, A Gaiteira, Os Castros, A.V. San Diego - Os Castros, A.V. Porto da Pasaxe - As Xubias, A.V. A Barcarola Cuatro Caminos, A.V. Castrillón Urbanización Soto

IAR, A.V. de Eirís “Uxío Carré”, A.V. O Cruceiro, Oza e Urbanización Soto e A.V. Os Nosos Lares, Palavea.

Tamén a S.R.D.C. Tempo Novo, Coliseum A Coruña, Expocoruña, Espacio Coruña, Os Belés, Ecodesarrollo Gaia, www.mallos.es, Clube Deportivo O Portiño, Oficina de Turismo A Coruña, Departamento Urbanismo Concello A Coruña, Hotel Eurostars, Clube do Mar San Amaro, Alimentación Antonio, Frutería Fran, Froitería Toiran, Alimentación Moncho, SAITE, Comercios da praza de Lugo, Inmobiliaria Rias Altas, Hangar Inmobiliaria, Asociacion Palavea Bravú e a Confraría de Pescadores

A nivel persoal os Pescadores Porto San Pedro de Visma, a Sara, Teresa, Alba e Dani, a Martin Moreda, a Nicanor (propolis) a Mª Carmen Fernández, José Luís Castro e Manuel Lugrís, a Samuel López e Alberto Vega, a Manolo Docampo, Martín Fernández e Felipe Peña.

En especial as nosas familias, parellas e amigos pola paciencia e comprensión durante o forte traballo desenvolvido nos últimos quinces meses.

Por ultimo, agradecer a todas aquelas persoas que amablemente dedicaron o seu tempo para responder as preguntas do estudo e a todos aqueles que de un xeito ou outro participaron nas actividades que desenvolveu a Plataforma A Cidade dos Barrios durante este tempo.