Tema 3.- A cidade medieval. - edu.xunta.gal ESO tema... · urbano uso do ferro A expansión...

32
Tema 3.- A cidade medieval.

Transcript of Tema 3.- A cidade medieval. - edu.xunta.gal ESO tema... · urbano uso do ferro A expansión...

Tema 3.- A cidade medieval.

perfeccionamento

dos muíños

+

O renacemento

urbano

A expansión

agraria

O crecemento

demográfico

aumento do espazo cultivado:

os campesiños…

progreso das técnicas agrarias

mellora dos utensilios agrícolas

repoboaron terras abandonadas

talaron bosques

desecaron zonas pantanosas

gañaron terras ao mar

roturaron as novas terras

difusión da rotación trienal

uso do esterco animal como fertilizante

xeneralización do

uso do ferro

arado normando con

folla e rodas de ferro

ferraduras dos cabalos

muíños de auga

muíños de vento

aumento da produción:

máis produtos

aumento da produtividade:

maior rendemento

mellor alimentación

máis resistencia ás enfermidades

aumento constante da poboación

1.- A recuperación da vida urbana.

Os novos instrumentos agrícolas

arado normando

muíño de vento muíño de auga

As cidades medievais

.

As cidades medievais

localización

próxima ás principais vías de comunicación, como as antigas calzadas romanas

xunto a un castelo, ou unha abadía...

nun territorio con abundantes recursos naturais: terras fértiles, augas, bosques, canteiras, minas...

elementos

de defensa

murallas que rodeaban a cidade e se ían ampliando conforme crecía a cidade

estas murallas tiñan torres e fosos para poder defender a cidade

presentaban varias portas de acceso que proviñan de diferentes camiños.

plano moi irregular, froito dun crecemento desordenado e sen planificar

espazo central a gran praza: era moi ampla, e nela realizábanse os mercados e representábanse as obras dos

comediantes

edificios máis

importantes

a catedral, centro relixioso e símbolo por excelencia da cidade medieval

a casa do concello, onde residía o goberno da cidade

o mercado e a lonxa

os pazos da nobreza, dos grandes mercadores, dos mestres artesáns... e mesmo dos monarcas

os talleres dos artesáns, que eran ao mesmo tempo vivenda, obradoiro e tenda

outros edificios

característicos

diseminados por distintas zonas: pazos señoriais, conventos, hospedarías, hospitais, igrexas...

nas aforas da cidade, extramuros, había diversas vivendas campesiñas, o muíño, un mosteiro...

a meirande parte do espazo ocupábano as vivendas con patios e hortas

barrios

as casas agrupábanse por barrios, que reunían a poboación en función de:

a súa procedencia: barrio dos francos, dos xenoveses, dos...

a súa relixión: xudaría, mouraría

da súa actividade artesanal (gremios)

rúas

estreitas, sucias, escasamente empedradas, sen beirarrúas

a maioría non tiña rede de sumidoiros, polo que a hixiene era moi escasa ou nula

a proliferación das pulgas e das ratas favorecía a difusión de enfermidades (cólera, tifo, peste...)

as casas estaban moi próximas e eran maioritariamente de madeira ⟹ os incendios eran frecuentes e

propagábanse rapidamente

2.- As actividades urbanas: artesanía e comercio.

2.1.- Artesáns e gremios

2.2.- O comercio europeo entre os séculos XIII e XV

trata de comercio europeo entre os séculos XIII e XV

que espazo

representa?

practicamente toda Europa, norte de África, oeste de Asia, e os mares Mediterráneo, Negro, do Norte,

Báltico e o Océano Atlántico

que elementos

utiliza?

as circunferencias vermellas presentan os principais centros industriais e comerciais

as liñas vermellas indican as rutas terrestres

as liñas verdes representan as rutas marítimas mediterráneas e atlánticas

as liñas azuis reflicten as rutas marítimas da Hansa

as indican as rutas de Oriente e as rutas africanas frechas moradas

os puntos verdes indican as principais cidades con feira

os puntos negros, outras cidades importantes

centros industriais

e comerciais

o norte de Italia, con cidades importantes como Milán, Xénova, Pisa, Florencia e Venecia

Flandes, con cidades como Amberes, Gante, Bruxes e Ipres

rutas terrestres

poñían en contacto as rutas mediterráneas coas atlánticas e as de A Hansa; é dicir, o norte de Europa

(área do mar Báltico e o mar do Norte) co sur de Europa (área do mar Mediterráneo)

unha ruta saía de Hamburgo, pasaba por Nuremberg e Augsburgo e chegaba ata Venecia

outra ruta saía de Gante, pasaba por Lión e chegaba polo Leste ata Milán e polo Oeste ata Barcelona

unha ruta que comunicaba as dúas anteriores, desde Gante a Nuremberg a través de Frankfurt

rutas m

arít

imas

ruta

mediterránea

: Venecia, Xénova, Marsella, Barcelona, Valencia... comerciaban co Imperio Bizantino (Constantinopla),

cos portos de Oriente Próximo (Antioquía, Alexandría) e co norte de África

importaban: produtos de luxo (tapices, seda, especias, perfumes...), procedentes do leste de Asia

(Extremo Oriente / ouro e escravos, procedentes do Norte de África

exportaban: tecidos, armas e ferramentas

ruta atlántica

: prolongaba a rede mediterránea a través de portos como Sevilla, Lisboa, Santander, Bilbao e

Bordeaux

comerciaban con la, ferro e viño, ademais dos produtos mencionados anteriormente

a Hansa

poderosa agrupación de comerciantes do mar do Norte e do mar Báltico que monopolizou o comercio

da Europa setentrional. Os centros principais eran as cidades de Bruxas, Hamburgo e Lübeck

A Hansa comerciaba con madeira, trigo, ámbar, peles e liño

3.- A sociedade urbana.

Os habitantes das cidades: a burguesía

alta burguesía ou

patriciado urbano

grandes comerciantes, banqueiros e dirixentes dos gremios

monopolizaban o goberno da cidade

pequena burguesía mestres artesáns e pequenos comerciantes

señores laicos

ou eclesiásticos

estableceron a súa residencia na cidade e construíron

palacios, conventos e igrexas

xente humilde: clases

populares urbanas

oficiais e aprendices dos gremios

criados, xentes sen oficio e marxinados (mendigos)

minorías relixiosas:

os xudeus

vivían en barrios separados: as alxamas ou xudarías

moitos eran artesáns, comerciantes, prestamistas ou médicos

Evolución do goberno das cidades:

comuna ou asemblea de todos os veciños

consello formado por maxistrados (conselleiros) dirixidos por un alcalde ou

burgomestre. Eran elixidos polos cidadáns

goberno monopolizado polas familias máis ricas da cidade (patriciado urbano)

3.3.- A cultura urbana.

4.- O afianzamento das monarquías.

4.2.- As Cortes ou Parlamentos. Órgano de goberno de carácter consultivo formado por representantes dos tres estamentos sociais (nobreza, clero e

burguesía). Eran convocadas e presididas polo rei, para tratar diferentes asuntos sobre o goberno dos seus territorios (leis,

impostos, xustiza...). Xurdiron a partir de finais do século XII (1188 en León).

Os reinos de Europa occidental a mediados do século XV

5.- A crise da Baixa Idade Media (séculos XIV e XV).

a

5.1.- Causas da crise baixomedieval.

Crise agraria:

clima desfavorable + cultivo de terras de baixa calidade ⇒ sucesión de malas colleitas ⇒ escaseza de trigo ⇒ fame.

Frecuentes guerras entre señores feudais ⇒ destrucións e saqueos + bandoleirismo [bandidos, salteadores de camiños].

Impacto da Peste Negra sobre unha poboación subalimentada ⇒ elevada mortalidade.

5.2.- Consecuencias da crise baixomedieval.

Demográficas:

Descenso da poboación europea: de 75 millóns (1300) a 45 millóns (1400).

Económicas:

Diminución da produción agraria

Descenso da demanda de produtos artesanais

Redución dos intercambios comerciais

Sociais:

Conflitos no campo: as revoltas campesiñas.

Conflitos na cidade: revoltas urbanas + asaltos a xudarías (pogroms).

Relixiosas:

Incremento do pesimismo vital

Radicalización da relixiosidade popular: fanatismo relixioso (os flaxelantes)

Factores das revoltas campesiñas na Baixa Idade Media (séculos XIV e XV)

Consecuencias da crise da Baixa Idade Media nas cidades

a planta arcos bóvedas altura muros portadas

Románico

sobre todo

planta de

cruz latina

arco de

medio

punto

bóveda de

canón

xeralmente

reducida

grosos, austeros, con poucas

ventás, estreitas e longas,

reforzados con contrafortes

arquivoltas decoradas con

estatuas, tímpano e portada

alintelada dividida por parteluz

Gótico

arco

apuntado

ou oxival

bóveda de

cruzaría ou

oxival

elévase a

altura do

edificio

máis lixeiros, decorados, grandes

ventás cubertas con vidreiras de

cores. No exterior arcobotantes e

contrafortes

ídem +rosetón rematado por

un gablete

Caracteres da escultura románica Caracteres da escultura gótica

Gran dependencia respecto ás formas arquitectónicas en que

se atopan

Progresiva independencia do marco arquitectónico: retablos,

sepulcros, imaxes exentas

Figuras hieráticas, carentes de realismo Figuras que tenden ao realismo

Trazos simples, con gran forza expresiva Trazos máis elaborados, maior expresividade e detallismo

Figuras estáticas e planas Os personaxes presentan maior movemento (xestos) e volume

(vestimenta)

Figuras illadas ou asociadas formando escenas As figuras forman escenas máis complexas e elaboradas

Pintura románica Pintura gótica

As representacións non presentan volume nin profundidade As representacións teñen volume e profundidade (perspectiva)

Predominan as figuras illadas

As figuras están asociadas en grupos, e xunto cos edificios e as

paisaxes forman escenas

A disposición das figuras é frontal e carecen de movemento As figuras dispóñense de moitas formas e teñen máis movemento

Os personaxes teñen gran forza expresiva Maior expresividade a través dos xestos e dos rostros

Figuras planas, sen estudo anatómico Estudo anatómico dos personaxes

Escasas representacións da vida cotiá Descrición realista e detallada da vida cotiá

Uso dunha cor uniforme, sen gamas ou degradados Gama máis ampla de cores, e xogos de luz e sombra