25 Xuñ 2010 - Nº 15

24
Motor Xevi Pons gaña o 43º Rali de Ourense páx. 12-13 Número: 15 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 25 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de xullo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA especial en páx.2-11 Quen levantará a copa dos campións? I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala - O Torneo dos campións disputarase entre o 30 de xuño e o 3 de xullo no pavillón dos Remedios Tai chi de verán no Posío e en Oira páx. 20

description

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA especial en páx.2-11 Tai chi de verán no Posío e en Oira BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de xullo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 páx. 12-13 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 20 Número: 15 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 25 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Transcript of 25 Xuñ 2010 - Nº 15

Page 1: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

MotorXevi Pons gaña o 43º Rali de Ourense páx. 12-13

Número: 15 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 25 de xuño de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de xullo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA especial en páx.2-11

Quen levantará

a copa dos campións?

I Trofeo Barrios Deportivo de

fútbol sala - O Torneo dos campións disputarase entre

o 30 de xuño e o 3 de xullo no pavillón dos Remedios

Tai chi de verán no Posío e en Oira páx. 20

Page 2: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

2 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

4 Os días 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo daranse cita no pavillón municipal de Ourense os equipos máis regulares desta tempada en todas as ligas do fútbol sala ourensán xunto co gañador da Copa Deputación e un equipo invitado.

Os oito trofeos (un para cada equipo participante do torneo) do I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala están expostos na segunda planta do Centro Comercial Ponte Vella. /P. LODEIRO

R. Torres

Xa está todo listo para que os vindeiros 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo teña lugar no pavillón municipal de deportes de Ourense a pri-meira edición do Trofeo de fútbol sala Barrios Deporti-vo no que se premiará aos campións das distintas ligas de Ourense.

Á cita acudirán os cam-pión da Copa Diputación, Sobrado F.S.; de Provin-cial, Feás; de Primeira Di-visión de Ourense, Lasider DyC; de Segunda Divisón de Ourense, Mc Donald´s; de Primeira División de O

Carballiño, Fisaude; de Se-gunda División de O Carba-lliño, Bar 2 Tempos e o de Celanova, Outomuro F.S., a estes engadirase o único equipo ourensán que milita en autonómica, o Muebles Andrade, para completar os oito equipos que xogarán este primeiro Trofeos Ba-rrios Deportivo.

A priori, non hai un favo-rito claro, se ben é certo que pola categoría na que xoga, o Muebles Andrade poida que parta cunha mínima vantaxe, pero a un partido todo pode ocorrer.

O formato deste torneo é de tres fases: cuartos, se-

mifinais e terceiro e cuarto posto e a gran final, sendo os cuartos os días 30 de xuño e 1 de xullo, ás 19.30 e ás 21 horas os dous días; o 2 de xullo xogarase as se-mifinais no mesmo horario que os cuartos (ás 19.30 e ás 21 horas), e o sábado, 3 de xullo disputaranse o ter-ceiro e cuarto posto ás 16 horas e a gran final ás 18 horas no que se coñecerá ao gañador desta primeiro edición do trofeo. Todos os partidos serán na cancha central de Os Remedios e disputaranse a tempo para-

O trofeo levará ao pavillón dos Remedios un gran espectáculo.

I Trofeo Barrios Deportivo

de fútbol sala, o torneo dos campións

[SIGUE NA PÁX. SEGUINTE]

Page 3: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

3

4 Os días 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo daranse cita no pavillón municipal de Ourense os equipos máis regulares desta tempada en todas as ligas do fútbol sala ourensán xunto co gañador da Copa Deputación e un equipo invitado.

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Os oito trofeos (un para cada equipo participante do torneo) do I Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala están expostos na segunda planta do Centro Comercial Ponte Vella. /P. LODEIRO

do como nas ligas Provin-cial e Autonómica.

O mércores, 30 de xuño disputaranse as dúas pri-meiras eliminatorias de cuartos de final. Ás 19.30 horas, darán o pistoletazo de saída deste torneo os conxuntos do Muebles An-drade e o Sobrado, ou o que é o mesmo, o equipo invita-do de Autonómica contra o campión de Copa, Sobrado F.S. que gañou a Copa De-putación de Ourense ante o Rocholl/Karlaska (3-2 o resultado na final de Corte-gada) e quedou en segunda posición na Primeira Divi-sión a un punto do campión de Primeira de Ourense o

Lasider DyC. Este encontro podería ser unha final anti-cipada; o que está asegura-do é o espectáculo e pesar de que Muebles Andrade xoga en dous categorías por enriba do Sobrado, este vén de gañar a Copa Deputa-ción polo que chega a este trofeo nun moi bo estado de forma.

Despois deste encontro o turno será para as escadras de Lasider DyC e o Bar 2 Tempos (21.00 horas), os campións de Primeira Di-visión Ourense e Segun-da División de Carballiño respectivamente. Quizáis

o Lasider DyC parta con vantaxe pola categoría su-perior na que xogou este ano pero os carballineses veñen de facer unha máis que meritoria tempada, na que a maiores do título li-gueiro conseguiron facerse coa Copa Carballiño.

O xoves, 1 de xullo, xo-garanse as outras dúas eli-minatorias de cuartos de final. A primeira delas, ás 19.30 horas, Mc Donald´s e Fisaude loitarán por un pos-to nas semifinais; os cam-pións da Segunda División de Ourense, Mc Donald´s, terán un duro rival nos

campións da Primeira de Carballiño; os primeiros tan só cederon un empate en toda a liga mentres que os segundos perderon os dous únicos partidos da tempada nas tres primeiras xornadas, a partir de aí, todo vitorias menos un empate polo que esta eliminatoria está moi aberta.

Logo deste partido, pe-charanse os cuartos co en-contro entre o Outomuro, campión de Celanova, e o Feás, campión de Provin-cial; neste encontro o Feás parte con vantaxe e está, a priori, chamado a ser un

dos semifinalistas pero o Outomuro non lle porá as cousas sinxelas na cancha central dos Remedios.

O venres, 2 de xullo, ás 19.30 e ás 21 horas dispu-taranse as semifinais, nelas veranse as caras, na pri-meira semifinal o vencedor do Muebles Andrade - So-brado, contra o gañador do Mc Donald´s - Fisaude; e a segunda semifinal dispu-tarán os vencedores do La-sider DyC - Bar 2 Tempos contra o que venza no par-tido de cuartos que enfronta aos equipos do Outumuro e Feás.

O sábado, 3 de xullo, ás 16 horas xogarase a final de consolación para o terceiro e cuarto posto. Ás 18 horas do mesmo sábado, 3 de xu-llo será o turno da gran final e, unha hora e media máis tarde coñecerase ao primei-ro vencedor do I Trofeo Ba-rrios Deportivo - O torneo

No torneo participan os campións da seis ligas de fútbol sala que se disputan en Ourense, o gañador da Copa Deputación e un equipo invitado de Autonómica

Os partidos serán a tempo parado como en Provincial e Autonómica

A gran final xogarase ás 18 horas, o sábado, 3 de xullo, na cancha central dos RemediosCo Trofeo Barrios Deportivo péchase a tempada 2009-2010

dos campións.Os oito equipos partici-

pantes levarán un trofeo por participar no torneo ademais de algún agasallo.

Ao finalizar o torneo en-tregaranse, aparte dos tro-feos do devandito Barrios Deportivo, as copas aos campións das distintas li-gas celebradas na provincia de Ourense, acto co que se porá o punto e final á tem-pada 2009-2010.

Sorte a todos os partici-pantes e que gañe o mellor!

Tempada 2010-2011Para a tempada 2010-2011

estase barallando a posibili-dade de recuperar a Superco-pa de Ourense que, de reto-mar a competición este ano enfrontaría ao campión de Provincial (Feás F.S.) contra o campión da Copa Deputa-ción (Sobrado F.S.). O parti-do sería a finais de agosto e tería unha novidade.O trofeo Barrios Deportivo determinará quen é o campión de campións da tempada.

Os mellores da provincia fronte a fronte.

I Trofeo Barrios Deportivo

de fútbol sala, o torneo dos campións

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR]

Page 4: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

� BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

4 Plantilla do Sobrado F.S.Aitor Feijoó Varela-PorteiroFrancisco J. Selas Valoira-PorteiroDiego Canal Velo-PecheSantiago Fdez Gª (Xoguete)-PecheIgor Álvarez Naveiro-PecheAlexander Sueiro Rogel-AlaVíctor Prieto Valdes (Capitán)-AlaYago González Dos Santos-AlaJosé Miguel Gómez Rodríguez-AlaDani Dos Santos Forneiro-PivoteCristián Rodriguez Varela-PivoteSantiago Atrio González-PivoteDelegada-Olaia Iglesias ÁlvarezAdestrador-Héctor Martínez Alonso

SObRADO F.S.

A levantar a segunda copa do ano4 Sobrado F.S. chega ao Torneo BD como campión da Copa.Redacción

O Sobrado F.S. bota a an-dar na tempada 2002/2003 na Terceira División de Ourense e conseguindo o ascenso a Segunda, para ao ano seguinte ascender a Pri-meira. Logo de tres anos na primeira, acadan o ascenso a provincial facendo un bo papel no ano do seu debut para na seguinte campaña descender de novo á pri-meira debido ao cambio de ciclo do conxunto.

Na volta a primeira, este ano, crease unha nova di-

rectiva presidida por Puri-ficación Varela López, e, coa axuda de Ramón Fei-jóo construiuse unha nova plantilla onde só repetían cinco xogadores e un que regresaba, abandonando a plantilla Víctor e Abel que-dando corta a principios de liga. A filosofía para formar o grupo era coller a xente do pobo para crear unha grande familia, cousa que se reflectiu no xogo. A liga comenzouna: Aitor, Javi, Iago “Xoguete”, Iaguito, Víctor Prieto, Santi, Dani Santos, Miguel, Cristian,

Abel e Victor, e posterior-mente estes dous últimos xogadores tiveron que deixalo. Ao principio lles foi difícil adaptarse e fixe-ron unha primeira volta moi irregular. Na segunda volta incorpóranse Alex, Canal e Igor, que se integraron rapi-damente no equipo comple-tando deste xeito unha moi boa segunda volta, acadan-do a segunda posición a tan só un punto do líder e alzar-se coa Copa Deputación. No vestiario do Sobrado respírase un bo ambiente e nas gradas os seus afeccio-

nados, que aínda que non son numerosos pero sí rui-dosos, lévanos en volandas en cada partido.

O mércores, 30 de xuño ás 19.30 horas, o Sobrado F.S. disputará o seu par-tido de cuartos do Trofeo Barrios Deportivo contra o Muebles Andrade, no que podería ser unha final anti-cipada.

Sobrado F.S. rematou segundo na 1ª de Ourense

O Sobrado F.S. foi o campión da Copa Deputación e queren repetir no I Trofeo Barrios Deportivo.

Page 5: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

5I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Con tan só cinco anos de historia o Fisaude xogará na tempada 2010-2011 na Liga Provincial.A media de idade dos xogadores é de 25 anos polo que lles queda corda para rato

FISAuDE

O campión de Primeira de O Carballiño con gañas de divertirse neste trofeo4 Aínda que ten un difícil emparellamente en cuartos tenta-rán chegar o máis lonxe posible.Redacción

O equipo de fútbol sala, Fisaude, formouse fai exac-tamente cinco tempadas. Fisaude é un equipo de amigos o que supuxo desde un principio contar con pa-trocinios familiares; como na actualidade, que a direc-tiva está formada por xoga-dores, amigos e familiares. Os xogadores empezaron cunha idade media de 21 anos aproximadamente e na primeira tempada con-seguiron o ascenso á pri-meira local. No segundo ano, o conxunto continuou coa mesma plantilla e aca-baron na terceira posición.

A terceira tempada lles foi un pouco máis dura con-seguindo a quinta praza na Primeira División de O Carballiño; o ano pasado ocuparon a terceipa posi-ción. E este ano, o equipo Fisaude, plantexouse gañar a liga e dar o salto á Liga Provincial. O cadro carba-llinés empezou mal a cam-paña perdendo dous dos tres primeiros encontros de liga (as únicas derrotas en toda a liga regular), pero despois deste comenzo un tanto du-bitativo empezaron a gañar os partidos, cedendo tan só un empate ante o segundo clasificado ata final de tem-pada e lograron o ansiado

campionato de Primeira División de O Carballiño. A liga non lles foi tan fácil como aparentemente din os resultados, xa que na pri-meira volta a rematarían na segunda posición. Este ano foi un equipo moi regular despois das tres primeiras xornadas, con 96 goles a favor e 32 en contra sendo o segundo equipo menos goleado; seis xogadores da plantilla marcaron máis de 10 goles nesta tempada.

Hoxe por hoxe o equipo ten unha media de idade de 25 anos polo que teñen moitos anos por diante para facer grandes cousas no fútbol sala provincial.

Ademais deste éxito, Fi-saude conseguiu alzarse coa vitoria no maratón de Castrelo de Miño do ano pasado e unhas semifinais no maratón de Lalín de fai tres anos.

Este equipo de amigos, nos cinco anos de existencia non adestraron nin unha soa vez, e despois de cinco anos de historia do equipo, este ano consigue o campionato na Primeira División de O Carballiño e xogará o ano próximo en Provincial.

O Fisaude enfrontarase ao Mc Donald´s nos cuartos de final do Trofeo Barrios De-portivo, o xoves 1 de xullo, ás 19.30 horas nos pavillón

Municipal de Ourense. O equipo carballinés vén

ao trofeo Barrios Depor-tivo con toda a ilusión do mundo e con gañas de di-vertirse e facer un bo papel

sabendo que o seu rival nos cuartos de final conta con grandes xogadores que marcan a diferenza como Juan Estévez e Julio Cas-tro, entre outros.

4 Plantilla do Fisaude F.S.Portero - Fernando PazCierre - Alberto RodríguezCierre - Luis BlancoAla - Israel BarrosaAla - Manuel CaíñaAla - Rubén GonzálezUniversal - Fran CaíñaUniversal - Bruno NóvoaPivot - Samuel VázquezPivot - Yago Revilla

De esquerda a dereita: Israel, Fernando, Manuel Caíña, Bruno, Alberto, samuel. abaixo, Noela (delegada)Yago Revilla, Sara, Fran Caíña.

Page 6: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

6 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

O Bar 2 Tempos gañou esta tempada a liga de Segunda División e a Copa de Carballiño e tentará o triplete co Trofeo Barrios Deportivo.

Redacción

O equipo Bar Dous Tem-pos, segundo estatutos, antigo Peña Molete, é un conxunto con case 20 anos de historia na liga local de Carballiño, e nos últimos anos tivo distintos nomes comerciais con pequenos cambios ano tras ano na súa plantilla. O Peña Molete mantivose na maior parte da sua historia na Primei-ra Division de Carballiño, pasando algún ano pola segunda. Ceñíndonos aos últimos tempos, tras varias

campañas en primeira, e tralo descenso a segunda da pasada tempada, este ano logra recuperar a categoria gañando a Liga e tamén a Copa Carballiño.

Co patrocinio de Bar Dous Tempos empezou a súa andadura esta tempada, o bloque do equipo conser-vouse do ano pasado (Pro-motora Corneira F.S), con catro novas incorporacións que axudaron a subir o ni-vel do equipo. Empeza o ano cunha derrota no pri-meiro partido de Liga, que xunto con outra derrota na

cuarta xornada, foron as únicas ata cumprir o obxec-tivo de gañar a liga na pe-núltima xornada ao vencer nese encontro ao segundo clasificado. Finalmente e coa clasificación xa resolta deixa escapar os últimos tres puntos da tempada nun partido intrascendente.

Tras o campionato e o as-censo, disputa a Copa Car-balliño, competición na que logra vencer ao segundo clasificado de primeira en semifinais, e tamén o cam-pión de primeira na final xogada en Cea.

Logo da consecución do “doblete” inicia a Copa Diputación, tras superar a primeira ronda, cae elimi-nado ante o Sprinter F.S en Celanova.

Con esta andadura na tempada 2009-2010 o equi-po queda máis que satisfei-to cos resultados acadados, xa que se trata dun grupo de amigos que ante todo busca pasar un bo rato e disfrutar do futbol sala.

De cara á tempada 2010/2011 o equipo segui-rá cos mesmos xogadores e intentará facer un bo pa-

4 Plantilla do Bar 2 TemposJavier - (Porteiro)Cristobal - (PecheIvan - (Peche)Javi - (Peche)Jorge - (Peche)Rafa - (Ala)Alberto - (Ala)Diego - (Ala)Ruben - (Ala)Simón - (Ala)Sobrado - (Pivote)Vicente - (Pivote)Javi Alvarez - (Pivote)Obenza - (Pivote)

bAR 2 temPOS

O equipo carballinés loitarán polo triplete esta tempada4 Gañou a Segunda División e a Copa de Carballiño.

este ano gañou a Copa Carballi-ño e a 2ª local de O Carballiño

pel en primeira, pero antes tentará levarse o I Trofeo Barrios Deportivo no que loitará cos outros campións das ligas ourensás.

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Page 7: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

Plantilla do Lasider DyC..Arriba: Pacheco (míster), Damián, Pablo, Mochi, Luchi, Escudero, Juan e Manoliño (delegado).Abajo: Víctor, Fran (presi), Alex, David, Atanes e Raúl.

Redacción

O equipo de fútbol sala Lasider fundouse o 13 de agosto do 2002, empezan-do a xogar na categoría 2ª local de Ourense dende o ano 2002 ata o 2006, que foi cando lograría o ascenso a 1ª local.

Na tempada 2008/09 co-seguiron o sucampionato quedando de segundo na clasificación final da liga de 1ª local de Ourense, un segundo posto empatando a puntos co terceiro cla-

sificado. Pero, por causa dunha sanción sufrida no transcurso da liga e despois de gañar todos os partidos, da segunda volta e co “gol average” a favor, baixáron-lles á terceira posición non puidendo desta maneira, as-cender a Liga Provincial de Ourense nese ano. Na tem-porada 2009/2010 pasouse a chamar Lasider - DyC.

Co fin de mellorar esta tempada con respecto ás anteriores, ficharon a no-vos xogadores como foron Luchi e Chapis que cos

xogadores de tempadas an-teriores deronlle outro aire ao equipo, logrando ser campions e o ascenso a liga provincial de Ourense, non sen ter que sufrir ata o ulti-mo partido debido á igual-dade cos seus predecesores na clasificación.

Na Copa Diputación che-garon ata cuartos de final quedando fora por �-2 con-tra o Rocholl Perruqueiros (finalista contra o Sobrado) nun bo partido por ambos equipos.

Agora queda o campiona-

to de campións no que es-peran dar todo o que teñen nesta recta final de campa-ña. Despois disto prepara-rán a súa incursión na Liga Provincial para poder facer un digno papel o curso vin-deiro e manter a categoría nova para eles.

LASiDeR DyC

Os campións de 1ª División de Ourense loitarán polo I Trofeo BD4 Xogarán en cuartos contra o campión de 2ª de Carballiño.

4 Plantilla do Lasider DyCPorteiro - AtanesPorteiro - ChapisPeche - MonchoPeche - DaniPeche - DamiánPeche - FranAleiro dereito - PabloAleiro dereito - JuanAleiro dereito - DavidAleiro esquerda - EscuderoAleiro esqerda - RaúlPivote - LuchiPivote - AlexPivote - ToroDelegado 1º - ManoliñoDelegado 2º - RokoDelegado 3º - CasillasAdestrador - Pacheco

O Lasider DyC xogará por primeira vez en Provincial o ano que ven

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Page 8: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

8 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010 I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

mC DONALD´S OuReNSe

A seguir a racha da liga4 Só cederon un empate na Segunda División de Ourense.

De esquerda a dereita arriba: Claudio, Luis, Marcos Bóveda, José Fernández, Omar Seco. Abaixo: Jhony, Marcos Moure, Julio Vila, Juan Estéves, Marcos Vázquez. /RAMSÉS

Redacción

O equipo Mc Donald´s Ourense formouse nesta tempada 2009-2010, xo-gando na Segunda División Local. Xa nas primeiras xornadas deixaron boa con-ta de que ían a polo campio-nato e o ascenso á Primeira División de Ourense. E así foi, conseguiron o campio-nato ligueiro cedendo tan só un empate, con goleadas á maioría dos seus contrin-cantes (228 goles a favor e

59 en contra).O equipo xurdiu polas

gañas de xuntarse un grupo de amigos a facer deporte e rememorar os anos nos que coincidiron en varias categorías do C.D. Ouren-se e así poder coincidir os fins de semana. Os demais membros do equipo son amigos.

Para o club, a tempada foi un éxito rotundo tras pasearse pola Segunda Di-visión ante os seus contrin-cantes que nada puideron

facer cedendo tan só un empate en 26 xornadas.

Durante todo o ano non contaron con adestrador debido á boa xestión do vestiario, xogando toda a plantilla. Para a seguinte tempada son conscientes que deben mellorar nalgúns aspectos polo que terán cambios significativos con respecto a esta campaña, tanto en nivel colectivo como no interno.

Mc Donald´s Ourense vai ao Torneo Barrios Depor-

tivo con gañas de facelo o mellor posible. O seu en-frontamento nos cuartos de final será contra o Fisaude, campión da Primeira Di-visión de O Carballiño, o xoves, 1 de xullo, ás 19.30 horas nos Remedios.

4 Plantilla do Mc Donald´s- Claudio Feijóo (Porteiro)- Marcos Bóveda (Peche)- Juan Fernández (Peche)- Luis Silva (Peche)- José Fernández (Peche)- Marcos Vázquez (Peche)- Jhony (Ala)- Juan Estévez (Ala)- Vicente Conde (Ala)- Marcos Moure (Ala)- Omar Seco (Pivote)- David López (Pivote)- Julio Vila (Pivote)- Pablo Freijido (Delegado)

mc Donald´s perdeu en oitavos da Copa o único partido da tempada

Page 9: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

9I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

OutOmuRO

Con gañas de levarse a casa o I Trofeo Barrios Deportivo4 Xunto con campión de 2ª de Carballiño pode facer triplete esta tempada.Redacción

O Outumuro F.S. é xunto co gañador da 2ª División de Carballiño, o único equi-po que pode facer triplete esta campaña se se fai co I trofeo Barrios Deportivo, empresa nada fácil tendo enconta o nivel de todos os competidores. Para iso terá que superar ao primeiro es-collo en cuartos de final que o enfronta ao Feás F.S. equi-po campión da Liga Provin-cial. O duelo será o xoves, 1 de xullo, ás 21 horas no

pavillón dos Remedios.O Outomuro F.S. nace da

idea duns amigos de prac-ticar este deporte e ao non haber un equipo no que xogar crearon eles o Outo-muro.

O equipo tal e como se coñece hoxe en día naceu no verán de 2005 na casa dun dos membros da ac-tual directiva, o nome que figura nos estatutos e que realmente é o valido é: Aso-ciación Cultural Deportiva Outumuro Xove, e despois ao longo dos anos tiveron

distintos nomes comerciais, por temas de publicidade, e este ano quedou o nome do pobo, Outumuro, que lles deu sorte porque este ano gañaron a liga e a Copa de Celanova.

Nesta ultima liga, prov-intes da 3ª local de Ouren-se, despois dunha tempada nefasta que casi os leva a deixar o fútbol sala e tras catro tempadas, lograron o obxectivo, non sen antes resolver moitos problemas entre eles o máis destacado, o económico. O equipo re-

matou en primeira posición con seis puntos de vantaxe sobre o seu máximo per-seguidor, o C.D. Acebedo, segundo na táboa clasifica-toria.

esta era a primeira tempada en Celanova proveñentes da liga de Ourense

4 Plantilla Outumuro F.S.Bernardo Seara Seara - (Porteiro)Guillermo “guille” - (Peche)Alberto Mosquera - (Peche)Diego Calviño Rodriguez - (Peche)Hector - (Ala)Alfonso “Alfonsito” - (ala)Juan José Vilacha Fernández - (Ala)Luis Calvo Lopez - (pivot)Emilio Cid Vilachá - (pivot)Adestradores - Manuel Feijóo e Fidel SousaDelegados - Emilo A. e Manolo SousaDirectiva:Luis Calvo López (Presidente)José Antonio Vázquez (Secretario)Juan José Vilachá (Tesoureiro)Bernardo Seara Seara (Vocal)

O Outomuro F.S. é un dos dous equiipos que xogan o torneo que de gañalo faría triplete esta tempada.

Page 10: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

10 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

4 Plantilla do Feás F.S.Toño - (Porteiro)Kova - (Peche)Pablo - (Ala – Peche)Marcos Muradás - (Ala – Peche)Aurelio - (Peche)Jorge Otero - (Ala)Beto - (Ala)Oscar Alonso - (Pivote)Oscar - (Ala)Mindo - (Peche)Oscar Dabarca - (Pivote)Rubén - (Porteiro)Mellado - (Pivote)Santi - (Porteiro)Juan Soto - Adestrador

FeáS F.S.

Brillante tempada do Feas F.S. na Liga Provincial de Ourense4 Serán un dos favoritos no i trofeo barrios Deportivo.Redacción

O Feás F.S. (antigo Cafe-tería Karisma) é un clásico do fútbol sala da comarca do Carballiño. Fundado por xente da parroquia de Feás (concello de Boborás) em-pezou a súa andadura como equipo federado na liga local do Carballiño, liga que gañou unha tempada, a 2002/2003 e grazas ao cal tiveron a oportunidade de xogar na Liga Provincial á tempada seguinte. Foi o primeiro grande éxito do

clube ó que se engadíu a Copa Diputación consegui-da na temporada 2006/200� e finalmente co título de liga na categoría princin-cial ourensá conseguido nesta temporada. Este ano, o Féas F.S. comenzaba con gañas de facer algo gran-de na categoría principal ourensá trala cuarta praza na tempada anterior. Para iso ficharon a Kova (proce-dente de Carballiño F.S.), a Marcos Muradás e a Oscar Alonso, tres xogadores que lle ían dar un plus de cali-

dade o equipo. Comenzaba a tempada sen adaptarse na primeira parte da liga pero despois dese inicio dubita-tivo e xa adaptados, pouco a pouco foron gañando partidos ata que sepuxeron líderes á metade de tempa-da posto que non perderían no resto da liga. A tempada foi moi regular para o Feás o que fixo que os persegui-dores non puideran dar caza ao equipo, sobre todo nunha segunda volta moi boa onde lle gañaron aos rivais máis directos facendo posibles-

celebrar o título a falta de catro partidos para rematar a tempada.

O Feás xoga os cuartos de final do Trofeo Barrios Deportivo o xoves, 1 de xullo, ás 21 horas contra o Outomuro.

Desde a metade da tempada permaneceu no primeiro posto da liga Provincial

O Feás proclamouse campión da liga Provincial de Ourense.

Page 11: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

11

muebLeS ANDRADe

O equipo invitado de Autonómica é un dos favoritos4 É o único que non conseguiu ningún título este ano pero é o que xoga en categoría superior.

Arriba de esquerda a dereita: Ruiz (adestrador), Oscar (Delegado), Roberto, Brais, Pamín, Juan Manuel Andrade (presidente) e Rubén.José, J.C. Ferro, Toño, Gil, Pepe Luis, Fernando e Julián.

Redacción

O Muebles Andrade F.S. (antigo Hermanos Barros F.S.) formouse a princi-pios dos anos 90 militando varios anos na categoría provincial sendo campión no ano 199�. Nos seguin-tes anos seguiu militando na liga provincial, ata que, na tempada 2002/2003 dá o salto a Liga Autonómi-ca sur, descendendo na 2005/2006 de novo a pro-vincial. Ao ano seguinte, 2006/200� o equipo volve ser campión provincial para

voltar á Liga Autonómica. Nas dúas primeira tempa-das no seu retorno á auto-nómica o equipo queda nun meritorio sexto posto.

No verán de 2009, o equipo deixa de ser Her-manos Barros F.S. e pasa a chamarse Muebles Andrade F.S. que é o nome que ten a día de hoxe debido ao cam-bio de patricinador.

Nesta tempada, o Mue-bles Andrade fixo unha es-cepcional primeira volta, ocupando a terceira praza máis da metade da liga e o máis importante, codeán-

dose cos equipos puntei-ros do campionato. Pero no último tercio de liga, o equipo ourensán tivo un baxión anímico ao que acompañaron os malos re-sultados e non deron estado á altura do que se esperaba e na posición clasificatoria que desexaban, polo que se encadeou unha racha de de-rrotas dolorosas e moi abul-tadas que o levaron a acadar a novena posición do grupo sur da Liga Autonómica.

Con este primeiro torneo Barrios Deportivo, o equi-po espera facer un bo papel,

é un dos favoritos, e resar-cirse dun final de tempada pouco axeitado en relación coa calidade do equipo.

O Muebles Andrade F.S. xogará os cuartos de final contra o campión de copa, o Sobrado F.S., o mércores, 30 de xuño, ás 19.30 horas no pavillón dos Remedios.

4 Plantilla Muebles Andrade F.S. Roberto Manso Carnero (Porteiro)Rubén Fernández Álvarez (Porteiro)Rubén Garrido Pereira (Porteiro)Diego Pérez Rodríguez (Ala)José M. Vázquez Guedella (Pivote)Julián Valiñas Rodríguez (Ala)José Luis Martínez Fernández (Ala)Luis Pampín López (Peche)Juan Carlos Ferro (Peche)Francisco Javier Gil (Pivote)Brais Losada Vázquez (Ala)Fernando Blanco González (Pivote)Juan Antonio Alfaro (Pivote)Ramón Ruíz Nieto (Entrenador)Oscar Fernández Fernández (Delegado)

O muebles Andrade quere resarcirse da mala segunda volta da tempada no i trofeo barrios Deportivo

O equipo cambiou de nome, muebles Andrade, o verán pasado

I TROFEO BARRIOS DEPORTIVO

Page 12: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

12 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

especial MuNDIAL

O Rali de Ourense para Xevi Pons4 Vallejo e Hevia o acompañaron no podio.

Xevi Pons fotografiado no tramo espectáculo do primeiro día do Rali de Ourense onde quedou segundo nesta especial e primeiro no rali. /RAMSÉS

Alberto Hevia é primeiro na campionato de España grazas ao terceiro posto acadado en Ourense. /RAMSÉS

Page 13: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

13MuNDIAL especial

Clasificación final do Rally OurensePosto Piloto/Copiloto Tempo1.- Xevi Pons/Alex Haro (Ford Fiesta

S2000-Nupel), 2:23:05.�2.- Sergio Vallejo/Diego Vallejo (Peu-

geot 20� S2000), a 8.�3.- Alberto Hevia/Alberto Iglesias

(Skoda Fabia S2000), a 1:18.3�.- Enrique García/Pablo Marcos

(Subaru Impreza WRX Sti), a 2:5�.65.- Pedro Burgo/Marcos Burgo (Mit-

subishi Lancer Evo X), a 3:01.�

Clasificación provisional do Cam-pionato de España de Ralis

Posto Piloto/Copiloto Puntos1.- Alberto Hevia/Alberto Iglesias

(Skoda Fabia S2000), 13� pt.2.- Joan Vinyes/Jordi Mercader (Su-

zuki Swift S1600), 120,5 pt.3.- Sergio Vallejo/Diego Vallejo (Peu-

geot 20� S2000), 115,5 pt�.- Miguel Fuster/Ignacio Aviñón

(Porsche 911 GT3), 11�,55.- Pedro Burgo/Marcos Burgo (Mit-

subishi Lancer Evo X), 98

Xevi Pons fotografiado no tramo espectáculo do primeiro día do Rali de Ourense onde quedou segundo nesta especial e primeiro no rali. /RAMSÉS

Vallejo rematou en segunda posición. /RAMSÉS

Page 14: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

1� BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

Apoiemos aos equipos femininos4 Os únicos equipos que deron alegrías a Ourense esta tempada foron os equipos femininos do Xacobeo Deporte Galego en hoquei herba e o Cidade As Burgas en fútbol sala, ademais do Apóstol Ourense tamén de hoquei herba pero en categoría masculina.R. Torres

Facendo un repaso de como lles foi esta tempa-da aos equipos de elite da nosa cidade, podemos per-catarnos de que as maiores alegrías as deron os equipos femininos aínda que tamén houbo algún traspés sonoro nalgún conxunto. Pola con-tra nos equipos masculinos foron contados os momen-tos para reter na retina dos seareiros. Ponte Ourense, Cidade As Burgas e Xaco-beo Deporte Galego fixeron unha moi boa campaña, algunhas con ascensos in-cluídos.

En baloncesto, o equipo estandarte da cidade, Club Ourense Baloncesto, des-pois de subir nos despachos a tempada pasada á Liga LEB Ouro, este ano tivo un comenzo de liga titubean-te con cambio de adestra-dor incluído. Paco García colleu a batuta do grupo e empezou a remontar na clasificación de tal maneira

que parecía que ían xogar o play off polo ascenso a ACB, pero o conxunto di-rixido polo vallisoletán foi-se diluíndo pouco a pouco e tivo que pedir a hora no final de tempada. Dos últi-mos dez partidos tan só su-mou unha vitoria, agónica, ante o Leite Río Breogán no Paco Paz, os outros nove partido os perderon. As re-presentantes femininas do baloncesto de Liga Femini-na 2, Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense tiveron sorte dispar; as primeiras descenderon de categoría e as segundas tras un inicio nefasto de campaña (nove derrotas consecutivas) revi-raron a tendencia e salvaron a categoría semanas antes da última xornada.

Fútbol En fútbol, C.D. Ouren-

se volvía quedarse apea-do da Segunda Divisón B ante o Constancia de Inca, na primeira ronda da fase de ascenso, polo que terá

que loitar un ano máis na Terceira. A outro que tam-pouco lle marcharon as cousas ben foi ao equipo xuvenil do Paebllón Ouren-se de División de Honra, que descendeu de categoría a Nacional.

No fútbol sala ourensán, ante a ausencia dun equipo de renome na nosa cidade (o Ourense desapareceu), foron os equipos femini-nos os que deron a talla e tanto Ponte como Cidade fixeron un papel máis que digno nesta campaña. Pon-te Ourense estivo máis que discreta na competición do-méstica, a décima posición foi a que acadou ao final e permanecerá un ano máis na División de Honra, pero, foi o encargado de organizar a fase final da Copa de Espa-ña onde estarían os oito me-llores equipos do panorama nacional. Ademais da boa organización do evento ta-mén fixeron un bo papel no parquet e as de Isidro Grela chegaron ata as semifinais

caendo derrotadas ante as que serías as campionas, o Móstoles. O outro equipo punteiro do sala feminino na nosa cidade, o Pabellón Cidade As Burgas, ascen-deron a División de Honra despois de quedar segundas na liga e gañar a elimina-toria de ascenso ao Tecuni Bilbo, vencendo nos dous encontros. O ano que vén, pontinas e pabellonistas es-tarán na elite do fútbol sala feminino representando a Ourense.

O hoquei foi a disciplina deportiva que maiores éxi-tos tivo este ano para a pro-vincia. En División de Hon-ra B, o Caldaria Barrocás, despois dunha dura tempa-da conseguiu permanecer un ano máis na segunda categoría do hoquei nacio-nal cun equipo moi xoven. No Club Apóstol, a alegría foi dobre este ano, xa que os dous equipos sénior tan-to en categoría masculina como na feminina puxeron a guinda a este ano subin-do de categoría. As do Xa-cobeo Deporte Galego tras quedar segundas o ano que vén xogarán na División de Honra. O equipo masculino foi o dominador do grupo tres da Primeira División nacional e nas dúas fases de ascenso non deu opcións aos seus rivais gañando to-dos os partidos, polo que na vindeira tempada xogará na División de Honra B xunto co Caldaria Barrocás.

O Club Voleibol Ourense Feminino tamén ascendeu a Primeira División despois de disputar unha liga na que tan só cedeu dos sets en 16

partidos e vencer todos os encontros da fase de ascen-so que se celebrou en terras ourensás.

AfecciónNon estaría mal que as

bancadas da central dos Remedios (Pabellón Ba-loncesto, Ponte Ourense e Cidade de As Burgas), o campo de Mariñamansa (Xacobeo Deporte Galego) e o pacito (Club Voleibol Ourense) estiveran cheas de afeccionados a próxima tempada animando a estes equipos que loitan cada fin de semana como o que máis para levar o nome de Ourense o máis alto posible e, coas dificultades que ten

ser un deporte minoritario e sobre todo feminino. Máis de un levaríase unha sor-presa da calidades destas xogadoras.

máis dun levaríase unha sorpresa pola calidade das xogadoras que militan en equipos ourensáns que representan a nosa cidade e provincia

O Cidade de As Burgas ascendeu a División de Honra do fútbol sala. /RAMSÉS

O Xacobeo Deporte Galego celebra o ascenso. /RAMSÉS

O Club Voleibol Ourense outro equipo feminino que as-cendeu esta tempada. /RAMSÉS

Page 15: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

15FÚTBOL SALA

R. Torres

O pavillón municipal de Cortegada acolleu a pasada fin de semana as semifinais e finais da Copa Deputación nas categorías xuvenil e sé-nior masculino e feminina.

En sénior feminino o Ci-dade de As Burgas gañou a Copa Deputación tras de-rrotar nas semifinais ao Ci-dade de Ourense (3-1) e na final ao Verín por un con-tundente 10 - 1 facendo va-ler a diferenza de categoría. No partido, as de Manolo Codeso dominaron todas as facetas e xa ao descanso ían cun claro 6-1 a favor. Con este título pechan unha magnífica tempada na que ademais da Copa ascende-ron á División de honra do fútbol sala feminino.

En xuvenil masculino o Cidade de Ourense levouse o trofeo ás vitrinas do club Ponte Ourense.

A última final que se dis-putou en Cortegada enfron-taban ao Sobrado e o Ro-choll-Karlaska para dirimir ao vencedor da 2�ª Copa Deputación en categoría sénior masculina. O parti-do estivo moi igualado en todo momento chegando ao descanso con empate a un no electrónico. Na reanuda-ción, as alternacias nas oca-sións sucedíanse en ámba-las dúas porterías ata que o Rocholl veía porta e adian-tábase no marcador. Os de Sobrado, lonxe de amila-narse colleron as rendas do encontro e tiveron as oca-sións máis claras con algún contragolpe que non fructi-ficaba do Rocholl, ata que

chegaron as táboas cun gol a tiro cruzado. Tralo empa-te os dous conxunto seguiro indo a polo partido e, a falta de dous minutos, de novo o Sobrado marcaba, poñendo o 3-2 definitivo e case que sen tempo de reacción para o equipo rival.

Logo desta final entre-gáronse os trofeos aos tres gañadores da Copa Deputa-ción de fútbol sala.

Movemento no Ponte Ourense

Tralo final de tempada, no que o equipo de Isidro Gre-la rematou na décima posi-ción, tócalle mover ficha á directiva, quen xa se puxo a traballar de cara á próxima tempada. Os primeiros mo-vementos non se fixeron es-perar e non renovan ao téc-nico do conxunto pontino. Quen tampouco seguirán na disciplina pontina, case que con toda probabilidade, son as xogadoras Yenis e Silvia, ás que seguramente xa se lles estarán buscando re-cambio. Con estas baixas o club quere manter a maioría do bloque desta campaña que as levou á décima posi-ción na liga e ás semifinais da Copa de España.

Cortegada acolleu as finais da 27ª Copa Deputación de fútbol sala4 Nas categorías de xuvenil e sénior masculino e feminino.

O Cidade de Ourense, campión xuvenil./RAMSÉS.

As campionas sénior feminino, Cidade das Burgas. /RAMSÉS.

O campión sénior masculino, Sobrado. /RAMSÉS.

O pavillón de Cortegada acolleu as finais da Copa Deputación cun gran éxito de organización e público

Recta final das Festas de OurenseRedacción

A Xira Galega de Kár-ting é unha das propostas novidosas do programa das Festas de Ourense. O circuito estará instalado ata o domingo 2� no par-que Barbaña, en horario de mañá e tarde. A acti-vidade está dirixida tanto a rapaces como adultos, que disputarán mangas de cinco minutos das que sairá gañador o piloto coa volta máis rápida. Trátase dun circuito moi técnico, divertido e sen perigosi-dade, segundo os organi-zadores.

Ademais, ata o domingo disputaranse en Oiras va-rias competicións de volei praia, como o Campionato Galego (venres e sábado) e o Torneo 3x3 de afeccio-ados (o domingo). Será en horario de tarde o venres, durante todo o día o sába-do, e novamente de tarde o domingo.

Por outra banda, o sá-bado 26 celébrase o cam-pionato de futbolín ás 12 horas nos xardíns do Padre Feijoo, e o torneo de chave do Corpus por equipos, na Alameda, a partir das 16 horas. Desde esa mesma hora dispútase un maratón de fútbol sala no pavillón dos Remedios que conti-nuará na xornada do do-mingo. O 2� haberá torneo de chave de seleccións, a partir das 10 horas.

O circuito de kárting está instalado na explanada do parque Barbaña./ RAMSÉS

Page 16: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

16 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

Tres títulos autonómicos para o Ourense Volei praia4 Nas categorías sub-15 feminino, sub-17 masculino e os de categorías inferiores.Redacción

Trala desputa das tres probas do Campionato Galego de Volei Praia nas localidades de Ézaro, Sada e Boiro, o Ourense Volei praia regresou con 3 títulos autonómicos.

Por terceiro ano conse-cutivo, leváronse o título na categoría sub-15, pero nesta ocasión en catego-ría feminina con Gladys, Ivette, Eva e Uxía, que se amosaron intratables con tres victorias en cadan-súas probas.

Na categoría sub-1� mas-culina, o equipo formado por Álex, Félix e Julián acadou o título tralo segun-do posto acadado na derra-deira proba do campionato, e despois de ter gañado ta-mén a proba de Sada e aca-dar un terceiro posto na de Dumbría.

E o terceiro título acada-do este ano, é o de Cam-pión Galego de Categorías Inferiores. Grazas o esforzo de tódolos compoñentes da sección masculina que aca-daron 9�6 puntos nas tres probas e conseguiron supe-

Aboados aos bos resultados4 Os alevíns do CN Pabellón fixeron un gran campionato Galego de Verán celebrado en Ri-beira.Redacción

Os pabellonistas alevíns tiveron unha grande actua-ción no Campionato Gale-go de verán celebrado en Ribeira, no que colleitaron 12 medallas, cinco mellores marcas provinciais e case-pleno nas persoais, rema-tando na terceira posición da clsificación feminino e no quinto posto na total conxunta. O campionato tivo lugar na piscina muni-cipal de A Fieteira no mu-nicipio coruñés de Ribeira, dándose cita 169 nadadores de 23 clubs galegos.

Os ourensáns derono todo na piscina despois de xornadas de adestramento e unha boa posta a punto, ob-tiveron moi bos resultados nos seus cronos.

Das medallas, tres fo-

ron de ouro (Paula Blanco en 100 e 200 costas e Ana Obaya en 200 estilos); catro pratas (Martín Rodríguez en 200 costas, Paula Blan-co nos �00 estilos, Andrea Bello en 100 bolboreta e o relevo �x100 estilos femi-nino); e cinco bronces (re-levo �x100 e �x200 libres feminino, Ana Obaya en

Álex , Félix e Julián campións galegos sub-17.

4 Laura Pimentel primeira júnior en Augas Abertas

De excepcional pódese calificar a actuactión da nada-dora ourensá do CN Pabellón, Laura Pimentel na XIII edición do Campionato de España de Augas Abertas ce-lebrado no Canal Olímpico de Castelldefels.

Laura proclamouse campiona de España na categoría júnior cun tempo de 1:0�.��.00 a máis de medio minuto da segunda clasificada. Con esta actuación, a ourensá certificou o seu billete para os Campionatos de Europa representando a España.

100 libres e 100 bolbore-ta e (Martín Rodríguez en 200 libres).

O equipo alevín do CN Pabellón que se desprazou ata Ribeira.

Laura Pimentel. /ARQUIVO

rar “in extremis” aos sub-campións, o Cabo de Cruz.

Tamén habería que des-tacar o terceiro posto na clasificación feminina no Campionato de Categorías inferiores, o que confirma aos ourensáns coma o me-llor equipo de base de Ga-licia.

Para rematar, dicir que Álex, Félix e Julián están convocados coa selección galega de Volei Praia para preparar o Campionato de España sub-1� que se dis-putará na localidade astu-riana de LLanes.

matrícula gratis en GolfiñosRedacción

O ximnasio Golfiños de A Valenzá oferta durante os meses de xullo e agos-to matrícula gratis para os

novos aboados nos cursos de natación.

Impártense en quendas de mañá e tarde e hai gru-pos específicos de adultos, nenos a partir de tres anos e proxenitores cos seus be-bés.

Outras actividades Ademais, neste ximnasio

de A Valenzá contanc con sala de musculación e acti-vidades como aquaerobic, pilates, wingtsun, bailes latinos ou aerotonic. Entre as súas instalacións dispón tamén de solarium e baños de vapor.

[Infórmate das tarifas e hora-rios de Golfinos no teléfono

988 22 �3 9�]

Page 17: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

1�

Á carreira por toda a provincia!!!

R. Torres

Nesta época sucédense as carreiras na provincia de Ourense. Unha vez remata-da a de Xinzo de Limio o turno é agora para a noctur-na de Celanova e a de mon-taña de Barbadás.

Xinzo de LimiaA Asociación Limiactiva

organizou a sexta edición da carreira nocturna de Xinzo de Limia e, como cada ano cun gran éxito organizativo e de participantes. Máis de 300 atletas chegaron á meta superando os rexistros de anos anteriores o que fai que se vaia asentando esta nocturna no calendario dos populares e atletas tanto galego como portugueses (vese a moitos correndo de amarelo e vermello que son as cores du club do país ve-ciño).

En categoría absoluta os vencedores foron Rubén Diz, primeiro, Alejandro Cid, segundo e Ernesto Larrea, terceiro de homes e Silvia Teijeiro, Filomena Cid e María Dolores Villar, primeira, segunda e terceira respectivamente en mulle-res. A Asociación Limiac-tiva está a facer as cousas ben nos últimos anos no que ao atletismo se refire coa organización das ca-rreiras dos 10 quilómetros homologados, en xaneiro, a de Sandiás que tivo a súa primeira edición fai poucas datas e a propia nocturna, ademais de ter unha escola de atletismo.

Nocturna de CelanovaOutra carreira que conta

cun gran éxito é a que or-ganiza o Club de atletismo Pato Blanco, a nocturna de Celanova que, este ano

chega a súa sétima edición e conta con preto de 600 inscritos entre todas as ca-tegorías.

A carreira celébrase o sá-bado 26 de xuño. A proba ten un percorrido de � km que transcurre polas ruas de Celanova. A carreira estará dividida en varias catego-rias. Os pitufos correrán a partir das 21.00 horas cun percorrido de �0 metros a continuación correrán os benxamíns e infantís unha distancia de 500 metros e os xuveniles correrán unha distancia de 1�00 metros. A

partir das 22.30 terá lugar a proba absoluta cun per-corrido de � quilómetros, o circuíto é rápido e esixente que transcurre polas rúas máis importantes da vila, tendo a saida e a chegada na praza Maior de Celano-va en fronte ao Mosterio de San Rosendo.

Finalizada a proba habe-rá trofeos para os tres pri-meiros de cada categoría e unha medalla para tódolos participantes nas probas de cativos. Tamé, ao rematar a proba todos os que a fina-licen levarán unha camise-

Cada día hai máis probas deste tipo no calendario e xente que participa nas carreiras populares

Xinzo tivo máis de 300 participantes e Celanova conta con case 600 inscritos entre todas as categorías

Participantes da edición do 2009 da carreira popular de Celanova. /C. Pato Blanco

ATLETISMO

4 tralo éxito da de Xinzo tur-no para as de Celanova e o tangaraño.

ta técnica como recordo e daráselle un pequeno “ca-tering” aos corredores na mesmo praza Maior para rematar a festa.

A proba estará controla-da pola federación de atle-tismo e cronometrada por championchipnorte sendo gratuita a sua inscripción. Esperase nesta edición rom-per o teito de participación sendo o referente galego nas probas nocturnas q se celebran en Galicia e norte de España.

TangarañoA Asociación O Tanga-

raño xunto coa Asociación

de veciños organizan o do-mingo 2� de xuño, a IV Ca-rreira do Tangaraño, Parada - Barbadás. Ás 10 horas, co-menzarán a correr os máis cativos unha distancia de 50 metros. Cinco minutos máis tarde os benxamíns

correrán sobre unha dis-tancia de 200 metros. Os xuvenís darán comezo a súa carreira ás 10.15 horas e terán que percorrer 2.000 metros. E ás 10.30 horas, a categoría absoluta se porá a subir o Tangaraño facendo unha distancia desde a saí-da ata a chegada de 10.800 metros.

Membros da A. Limiactiva de Xinzo. /A. Limiactiva

Nenos na nocturna de Xinzo. /A. Limactiva

Page 18: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

18 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

Integrantes dos equipos alevín e infantil de kung-fu do ximnasio Fitness Forma, co seu adestrador, Alfonso López, e os trofeos acadados na fase galega da competición./P.LODEIRO.

kuNG-Fu

O equipo do Fitness Forma prepara o Campionato de España absoluto4 O ximnasio ourensá acudirá á cita do 11 de xullo en Vigo con 12 rapaces das categorías alevín e infantil.

Os integrantes do equipo de kung-fu, durante os entrenamentos./P.LODEIRO.

Paula Lodeiro

Tralo éxito da súa par-ticipación no Campionato Galego de Kung-fu, os inte-grantes do equipo alevín e infantil desta disciplina do ximnasio ourensán Fitness Forma afrontan con ilusión a próxima cita: o Campio-nato de España absoluto, que se celebrará en Vigo o 11 de xullo.

A representación ouren-sá está formada por 12 ra-paces e rapazas de entre � e 1� anos que conforman equipos de entre catro e seis membros. Terán que demostrar as súas habilida-des nesta disciplina en tres probasd: combinación de equipo; tao (forma) e com-bate estudiado.

Na fase autonómica cele-

brada en Porriño, clasifica-toria para este campionato nacional, os rapaces do Fit-ness Forma, entrenados por Alfonso López (entrenador e árbitro nacional de kung-fu, 5º Dan) obtiveron dous títulos de campión e un de subcampión.

Coa cita viguesa péchase a tempada de competicións. O ano próximo hai posi-bilidades de que Ourense acolla a fase interprovincial desta modalidade.

Éxito para os adultosO ximnasio Fitness for-

ma tamén colleita éxitos en categoría absoluta. Así, a pasada fin de semana o seu equipo (catro integrantes) quedaba campión no Cam-pionato Galego celebrado en Tui.

Dous dos integrantes do equipo sénior do Fitness Forma, composto por Iago Dacosta, Jonathan do Nascimento, Hilder Gómez e Óscar García. /P.LODEIRO.

Page 19: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

19PuBLICIDADE

Page 20: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

20 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

Tai chi de verán no Xardín do Posío4 De luns a venres no Xardín do Posío ás oito da mañá.Redacción

Este verán regresan ao Xardín do Posío as clases de tai chi. Tras 26 anos impartíndose ininterrom-pidamente, nesta ocasión será un curso especial con abanico. Darase de luns a venres ás oito da mañá desde o luns 28 ata o venres 16 de xullo, para continuar na praia fluvial de Oira do 19 ao 30 do mesmo mes, en horario de tarde, de 20 a 21 horas.

Ao curso pode asistir calqueira persoa que o desexe sen importar idade ou sexo e non se precisa inscrición.

A dirección do cur-so corre a cargo de José Gago, quen recomenda acudir con roupa frouxa e cómoda para facer mellor os exercicios.

Nos primeros días co-mezarase realizando uns exercicios básicos de control da respiración, da postura correcta das cade-ras e a columna vertebral, brazos, etc., para eliminar as tensións das costas xe-neradas normalmente por unha posición incorrecta nos nosos movementos habituais.

Despois duns días de preparación chegará o tur-no dos exercicios con aba-nico, que requiren unha

maior concentración e co-ordinación.

A forma de tai chi con abanico realizase tamén de forma lenta e suave, pero ten alguns movementos nos que o abanico ábrese ou péchase cun movemento rápido, con cambios de rit-mo que lle dan unha grande elegancia e vistosidade.

É unha serie moi entre-tida, bonita e relaxante, na que seguro que todos os participantes divertiranse moito aprendéndoa.

O curso estará dirixido por José Gago coa colaboración de tres profesores que esta-rán guiando aos asistentes, todos titulados polo Depar-tamento de Wushu da Fede-ración Galega de Judo.

O curso será de tai chi con abanico.

Redacción

Os días 26 e 2� de xuño, o Clinic Deputación de Ourense baixo o título “Rumbo á Euroliga” con-tará coa presenza de Xavi Pascual, adestrador do Regal FC Barcelona que, ao longo de seis conferen-cias presentará as claves e pormenores da constru-ción do ataque e defensa do actual FC Barcelona, que o levou a consegui-la Euroliga na presente temporada cun xogo de equipo dinámico, vistoso, de ritmo elevado e espec-tacular.

O Clinic de Baloncesto Deputación de Ourense contará na súa 22ª edi-ción coa presenza de Xavi Pascual, actual adestrador campión de Euroliga co Regal FC Barcelona. Os próximos 26 e 2� de xuño de 2010, baixo o título de “Rumbo á Euroliga”, Xavi Pascual presentará ó longo de 6 conferencias as bases que definiron o estilo de xogo do equipo, recoñeci-do polo seu xogo dinámi-co, vistoso, de ritmo ele-vado e espectacular.

Os adestradores asisten-tes poderán aproximarse e coñecer de cerca a filoso-

fía, ideas e identidade como adestrador de Xavi Pascual, que contará co apoio en pis-ta de Iñigo Zorzano, mem-bro do seu staff técnico.

Como complemento ó clinic, os días 2, 3 e � de xullo terá lugar a II Escola de Adestradores de Mini-basket, que amplía o seu formato e que contará coa presenza de catro expe-rimentados adestradores orientados á idade de ini-ciación no baloncesto.

Como novidade, ambas citas terán recoñecemento como horas prácticas para os cursos de adestrador de

nivel 1 e 2 no 2009-2010 desenvolvidos polas fede-racións de Galicia, Cas-tela e León, Cantabria e Asturias.

Xavi PascualNa actual tempora-

da, Xavi Pascual levou o Regal FC Barcelona á conquista do seu segundo título de Euroliga. Nes-ta mesma temporada, o equipo gañou a Supercopa ACB e a Copa do Rei en Bilbao, ademais do sub-campionato da Liga ACB.

[+ info:www.clinicourense.com]

CLiNiC De bALONCeStO

O campión de Europa, en Ourense4 O adestrador do FC barcelona de balon-cesto, Xavi Pascual, impartirá un clinic os días 26 e 27 de xullo.

Xavi Pascual.

bermello segue de presidenteRedacción

O empresario Jorge Ber-mello continuará como presidente Club Ourense Baloncesto unha tempada máis, despois de que na asamblea extraordinaria deste mes de xuño o rati-ficaran no cargo máis do 50% do accionarado. A asamblea foi tensa e, unha vez máis o presidente do club instaba ao Concello a formar parte do Consello de Administración ou que venderan as súas accións aos propios directivos do club. Na asamblea, repre-sentando ao Concello es-taba o xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mos-quera quen explicaba que tiñan que usar os cartos en máis cousas que o COB, como por exemplo, en in-fraestructuras para que a xente practique deporte. Trala asamblea, Berme-llo continuará no cargo a pesar de que ameazou varias veces con irse se non recibe máis apoio do Concello.

Resposta do ConcelleiroÁ pregunta sobre a súa

opinión da asamblea do Club Ourense Balonces-to, Fernando Varela foi contundente, “estamos sofrindo acoso e derribo por parte da directiva do COB. Nós xa dixemos que vamos dar a subvención de 15�.000 euros”, explicou.

Page 21: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

21PuBLICIDADE

Page 22: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

22 BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

POLIDEPORTIVO

A vida é unha viaxe no que non deixamos de aprender, coñecer e gozar de cousas novas, mellorar a saúde física e mental, a calidade de vida, a autoes-tima, a autonomía per-soal. Por iso, unha vida activa e de relación social son a clave para mellorar a nosa vida e enchela de ilusión e alegría.

A todos os mozos maio-res para que atopen neste sinxelo manual as claves e o carreiro da animación, da alegría, do dinamismo, da felicidade e que experimen-ten que aínda teñen tempo para xogar, amar e recupe-rar as ganas, a ilusión e a importancia de vivir.

Ás veces, unha sinxe-la información pode ser o camiño adecuado e ideal para previr ou su-perar eses momentos de desdicha das nosas vidas tales como a tensión, a ansiedade, a depresión, a degradación da autoesti-ma, a insatisfacción, etc. Dicía Milton: “A mente está no seu propio lugar e pode facer por si mesma un paraíso do inferno ou un inferno do paraíso”

“A terra non pode ser produtiva se non se culti-va”.

O lecer e a recreación O lecer e a recreación, nas persoas maiores han de entenderse como algo

4O RiNCÓN DO meStRe

Calidade de vida para os xoves maiores

que vai contribuír a un des-envolvemento da vida máis saudable e a manter a auto-nomía persoal.

Numerosos investiga-cións mostraron que a ter-ceira idade non ten porque ser unha fase da vida no que predomine unha dete-rioración das facultades físicas e intelectuais, posto que se as persoas mostran a necesaria motivación e a intención de manter un estado de vida activo e pro-dutivo, e propícianselle as condicións para desenvol-verse nun retorno rico e estimulante.

É tempo de gozar facen-do o que non se puido, non se quixo ou non se soubo facer antes de alcanzar a madurez. É tempo de estu-dar, de colaborar coa so-ciedade e de desenvolver a creatividade. José Sarama-go, premio Nobel de lite-ratura en 1998, comezou a escribir na súa xubilación, pero como el hai outros ar-tistas que alcanzaron o seu máximo esplendor creativo a idades avanzadas.

Unha vida ben levada, consiste en vivir ben e go-zar do tempo libre. Despois da xubilación quedan moi-tos anos por gozar con ac-tividades distintas. Un gran número de homes e mulle-res entre os 55-60 e 80 anos acoden diariamente ás Uni-versidades da Experiencia ou Aulas de maiores. Cen-

Redacción

O Club Hoquei Barrocás finaliza dunha forma bri-llante a tempada 2009/2010 nas súas categorías base. O equipo xuvenil mascu-lino proclamouse campión galego nas modalidades de herba e sala, permitín-dolle xogar os Campiona-tos de España, quedando 5º clasificado en ambos os dous, “demostrando que en Ourense tamén se sabe tra-ballar coa canteira a pesar da carencia de instalacións e a cegueira da administra-ción en apoiar aqueles que queremos e desexamos tra-ballar coa xuventude”, va-loran desde a directiva do club.

O equipo cadete mascu-

lino tamén se proclamou campión galego de herba e xoga o Sector Nacional, celebrado en Ourense, or-ganizado polo Club Hoquei Barrocás. Os equipos infan-til de sala e alevín de herba, remataron a Liga Galega en 2º lugar e o equipo benxa-mín de herba foi campión galego, gañando todos os partidos por goleada.

Xogadores seleccionadosA nivel individual, as se-

leccións sub-18 e sub-16 Galega estaban representa-das na maior parte por xo-gadores do C.H. Barrocás. Resaltar a participación do xogador xuvenil Antón Pa-rente coa Selección sub-18 Española, que representou a España no Catro Nacións,

Brillante tempada para o Club de Hoquei Barrocás4 en categorías base.

xogando á final contra Ho-landa. Referente aos dous equipos sénior, o de 1ª Di-visión Masculino realizou unha grande segunda vol-ta e rematou a liga tercei-ro. O equipo de División de Honra “B” clasificouse en sétimo lugar despois dunha primeira volta un pouco irregular.

O club planifica xa a próxima tempada, “pen-sando sempre en xogar con xogadores da nosa cidade e dar oportunida-des aos xuvenís de ultimo ano”.

tros de ensino como as Uni-versidades de Granada, a de Salamanca ou a do País Vasco dispoñen dunha ofer-ta pensada para os máis maiores, cunha rebaixa do 50% nas matrículas e un proxecto curricular adap-tado aos seus intereses, nos que o traballo en grupo, conferencias, debates co-bra máis importancia que os manuais e os exames.

Na maioría dos casos o título obtido ao finalizar os estudos non posúe ningún valor académico ou labo-ral, posto que os obxecti-vos destes cursos son ben distintos: a curiosidade por saber, a relación entre alumnos novos e maduros. O nivel académico desta xente maior que se matri-cula carece de importancia, e así o perfil dos alumnos é heteroxéneo: amas de casa e traballadores da cons-trución comparten pupitre con doutores ou mestres de escola. Segundo datos universitarios, o 8% destes alumnos non contan con ningún tipo de formación e o 5% cursou unha licen-ciatura ou doutoramento. A gran vantaxe destas aulas é que a experiencia vital dos seus asistentes, o seu senti-do práctico e participativo posibilitan o intercambio de inquietudes, coñecemen-tos, etc Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e entrena-

dor nacional de fútbolIntegrantes da categoría base do Club Hoquei Barrocás.

Quedaron campións en xuvenís, cadetes e benxamín

Page 23: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 3200� Ourense. Tel: 988 239 63�. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº15 - Ano: II - 25 de xuño 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 63�.

A PREGuNTA DO MES

Que prefires, praia ou piscina?

Ana Reyes:“Entre semana vou ás

piscinas de Monterrei porque están moi ben e por proximidade. Al-gún fin de semana vou a praia”.

Ángela Seara:“Con este calor onde

mellor estou é na miña casa ao fresco. Non acostumo a ir a praia”.

Jorge Vázquez:“Por sorte teño unha

piscina na casa. Non me gustan as condi-cións nas que están as piscinas en Ourense e as termas non son unha piscina como moita xente pensa”.

Isidro e Juán:“Gústannos as piscinas

de Monterrei e os fins de semana ímos a praia”.

Jorge e Yago:“Ímos a casa dun ami-

go a bañarnos ou ao río Miño á altura da ponte Romana. Temos ido as piscinas do Parque Tec-nolóxico e Monterrei. A Oira non ímos tanto porque hai moita xente e roubos”.

Ilda Fernández:“Polo traballo non

podo ir a piscina e apro-veito o fin de semana para ir a praia”.

Aurora Iglesias:“Vou a Oira porque

vivo en Mende e chego pronto. Ademais se vas cun neno e ao pouco tes que irte compensa por-que é gratis. Están ben e hai moitos nenos para que xoguen entre eles”.

Fran García:“Vou 15 días a praia

seguidos de vacacións porque antes non podo. De vez en cando vou á piscina do sogro que está moi ben se vas cos nenos pequenos”.

Page 24: 25 Xuñ 2010 - Nº 15

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO25 de xuño de 2010