15.Galicia na Hispania Romana

21
15.Galicia na Hispania Romana

description

15.Galicia na Hispania Romana. 1.Conquista Romana 1.1.Guerras Púnicas. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of 15.Galicia na Hispania Romana

Page 1: 15.Galicia na Hispania Romana

15.Galicia na Hispania Romana

Page 2: 15.Galicia na Hispania Romana

1.Conquista Romana1.1.Guerras Púnicas

As guerras Púnicas (Carthago contra Roma), marcan o inicio da ocupación romana na Península Ibérica. O cartaxinés Amilcar Barca funde Carthago Nova, e máis tarde seu fillo Aníbal dominou Sagunto.Ante esto Roma decidiu conquistar a Península Ibérica e no ano 218 a.C. na cidade de Emporion, desembarcaron os exércitos romanos dos irmáns Escipión: Inicio da conquista romana da Península Ibérica.

Page 3: 15.Galicia na Hispania Romana

1.2. As conquistas (218 a 19 a.C.) 1ª fase:(218 a 201 a.C.) guerras para dominar a costa mediterránea.

A conquista de Carthago Nova e de Gades, levaron o control do Sur e do Leste.

2ª fase:(201 a 154 a.C.): conquista do Sistema Ibérico e da Meseta oriental.

3ª fase: guerras contra lusitanos, arevacos e vaceos (zona occidental). No 139 a.C., o caudillo lusitano Viriato, é asesinado polos seus pro- pios oficiais que pactan con Roma. Tamén toman Numancia.

4ª fase: gran resistencia nas guerras contra galai- cos, cántabros e ástures. Galicia conquistada no 137 a.C. sendo Augusto o emperador. Sometidos to- dos os pobos finaliza a con- quista e comeza o proceso de Romanización.

Page 4: 15.Galicia na Hispania Romana

2.Hispania, un territorio do imperio romano 2.1.División en provincias

Os romanos para administrar as terras conquistadas dividiron Hispania en provincias, e cada unha tiña un gobernador ó frente.

Augusto, dividiuna en 3 provincias: Baetica, Lusitania e Tarraconensis. Ó final do Imperio as provincias eran 6: Gallaecia, Lusitania, Baetica, Carthaginensis, Tarraconensis e Balearica.

Page 5: 15.Galicia na Hispania Romana

2.2. Actividade económica

Produción agrícola: medrou moito polos avances técnicos. As terras eran traballadas por colonos e indíxenas, e tamén escravos nos latifundios. Os cultivos máis importantes: trigo, aceite, vide.

Actividade artesanal: existían pequenos obradoiros e grandes factorías. Fabricaban armas, tecidos, cerámica, salgaduras.

Minería: obtiñan metais preciosos, e tamén cobre, ferro e metais. Nas minas traballaban os escravos.

Page 6: 15.Galicia na Hispania Romana

2.3.Produción Se destina ó consumo local e tamén

se exportaba ó resto do imperio, me- diante transporte marítimo é unha

rede de calzadas.

2.4.Calzadas romanasAs calzadas romanas unían as cidades de Hispania entre si e tamén co resto do Imperio. As máis importantes:

Vía Augusta:percorre a costa mediterránea e chega a Roma.

Vía de Prata: atraviesa a península unindo Mérida e Astorga.

Calzada romana

Page 7: 15.Galicia na Hispania Romana

3. Gallaecia unha provincia romana3.1.Organización do territorio

O territorio ocupado polos galaicos foi chamado Gallaecia polo romanos. Debido á gran resistencia instalaron campamentos permanenters onde nace- ron cidades como: Lugo, Braga e Astorga. A divi- diron en tres conventos: Lucensis, Asturicensis e Bracarensis.

Page 8: 15.Galicia na Hispania Romana

3.2.Explotación de riquezas

Os romanos impuxeron tasa aos galaicos, que tamén estaban obrigados a ser soldados no exército. Os recursos mineiros de Gallaecia eran o principal interese de Roma (prata e ouro). As poboacións situáronse en chairas e en baías (Brigantium). Gallaecia tivo a influencia romana e moitos castros convertéronse en explotacións agrícolas e pesqueiras. Construiron calzadas e obras públicas.

Page 9: 15.Galicia na Hispania Romana

Descubre: A vida cotiá

As familias ricas en casas individuais (domus),que tiñan un vestíbulo que accedía a un patio interior e ao redor distintas dependenzas

As familias humildes en casas colectivas de varios andares(insu-las).

Onde vivían Como y que comían

Comían en una sala “Triclinium”, coas mans e deitados en cadeiras.No almorzo comían pan, dátiles, queixo,etc.No xantar carne fría e viño.Na cea era unha verdadeira festa, porque comían entrantes, asados, sobremesa e viño.

A familia

Vivían baixo a autoridade do pai que tiñan a Patria Potestas sobre os fillos e escravos (incluso sobre a morte).As mulleres sempre dependían dun home (do seu pai o do seu marido).

Ocio

Acudían ó circo, anfiteatro, teatro e ás termas.

Vestimenta

Os cidadáns levaban unha toga viril. Os mozos unha toga pretexta. As mulleres vestían unha estola á cintura cuberta cunha palla. Todos usaban sandalias.

Page 10: 15.Galicia na Hispania Romana

4. O legado Roma4.1. A Romanización

A integración romana supuxo a adopción de elementos culturais propios desa civilización, isto denomínase romanización.O dereito romano unificou xuridicamente todos os habitantes. Os hispanos adquiriron a cidadanía romana no ano 212 d.C. A relixión romana foise impoñendo, ó igual que o latín, que converteuse na lingua habitual.

Ademais, as familias máis ricas enviaban os seus fillos a Roma para ampliar a súa formación e iniciar unha carrera política. Moitos ascenderon a grandes cargos como: Traxano, Adriano e Teodosio.

Page 11: 15.Galicia na Hispania Romana

Hispania e a romanización

A romanización de Hispania variou dunhas rexións a outras. As grandes figuras hispanorromanas procedían da Baetica e pertencían á clase senatorial ( é o caso da familia cordobesa dos Séneca que aportou ao filósofo Séneca e ao poeta Lucano).

A romanización supuxo a adopción de moitos elementos da cultura romana e de moitos elementos que perviviron ata os nosos días. Fundamentalmente:

1-O latín

2- O dereito romano

3- A relixión cristiana

4- Obras públicas e artes plásticas

Page 12: 15.Galicia na Hispania Romana

O USO DO LATIN O triunfo do latín supuxo a

desaparición das linguas indíxenas, das que só subsitiú o vasco. O latín, que era a lingua oficial serviú de vehículo da expresión das creacións dos intelectuais e ademáis constituí o substrato dos idiomas: castelán, galego, catalán.

O latín foi lingua de comunicación e tamén lingua de cultura.

Houbo varios personaxes oriundos de Hispania: emperadores (Traxano,Adriano e Teodosio), filósofo (Séneca), poeta (Lucano), etc

Page 13: 15.Galicia na Hispania Romana

O DEREITO ROMANO

O dereito romano constituíu o instrumento que simboliza as relacións de tipo público entre os habitantes e o Estado. O dereito romano aínda hoxe e a base do ordenamento xurídico.

Page 14: 15.Galicia na Hispania Romana

A RELIXIÓN CRISTIANA

Durante os primeiros séculos respetouse o culto dos indíxenas de Hispania que adoraban os elementos da natureza. Co tempo o Cristianismo convertiuse na única relixión oficial do Imperio, e a Igrexa foise organizando: creando provincias, diócesis e mosteiros. A nova relixión impregnou a cultura romana tanto nas creacións artísticas, literarias e incluso na forma de interpretar a historia ( Deus era a orixe de todo).

Page 15: 15.Galicia na Hispania Romana

OBRAS PÚBLICAS E ARTES PLASTICAS O desenvolvemento urbano propiciou o das obras públicas. A densa rede de

Calzadas fixo posible a comunicación entre cidades e contribuiu ó desenvolvemento da romanización. Por exemplo: Ponte de Alcántara en Cáceres, Acueducto de Segovia, Arco de Traxano, Arco de Medinaceli. Tamén edificios destinados ó ocio tales como Teatros, Anfiteatros, circos en Mérida e Sagunto.

Nas artes plásticas, sobre todo a pintura foi utilizada como expresión de ostentación e de riqueza nas clases nobres : o mosaico decoraba muros e chans en atrios e en dependencias das casas con esceas da mitoloxía e da vida cotiá.

Page 16: 15.Galicia na Hispania Romana

4.2.Patrimonios artísticos en Hispania

O proceso de romanización baseouse fundamentalmente nas cidades, que convertéronse en núcleos difusores da cultura e das formas de vida romanas.En España conservanse magníficos exemplos de: teatros, anfiteatros, circos, termas, murallas, pontes e acuedutos.

Ademais, obras de arte conmemora-

tivas como, arcos de triun- fo, templos e monumento

funerarios.

En escultura retratos, estatuas e relevos. Os mosaicos e pinturas adornaban as

vivendas e as vilas rurais.

Teatro romano en Emerita

Augusta (Mérida)

Acueduto de Segovia

Page 17: 15.Galicia na Hispania Romana

5.O legado romano en Terras Galegas

Galicia foi un dos últimos territorios da península en someterse ó

dominio romano. Salienta sobre todo a cidade de Lugo.

5.1.Lugo (Lucus Augusti) Agora en Lugo, podemos atopar:

A muralla, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.Ten un perímetro de 2150m e 85 torres.

O templo,dedicado a Mitra, atópase baixo a muralla.

As termas, integradas hoxe nun moderno balneario, conservan o apodyterium.

As domus, posúen algúns mosaicos de gran calidade.

Extramuros atópanse o anfiteatro e a palestra nun estado deficiente.

Tamén debese citar a ponte romana na calzada que unía con Braga.

Muralla de Lugo

Page 18: 15.Galicia na Hispania Romana

5.2.Torre de Hércules (en Brigantium)

A Torre de Hércules, construída no século II. E o único faro romano na Península e o máis antigo do mundo en funcionamento.

As escavacións en 1991 confirmaron a existencia pobos romanos en Coruña.

Foi declarada Patrimo- nio da Humanidade po- la UNESCO en 2009.

Page 19: 15.Galicia na Hispania Romana

5.3.Outros monumentos

Outros monumentos como: O único alfar de Galicia en Panxón. As escavacións en Vigo de actividades comerciais. Numerosas vilas rurais de Cambre, Noville e Riocaldo.

Varias pontes, como a ponte do Freixo en Ourense.

Unha das pontes de Freixo.Escavacións en Vigo

Page 20: 15.Galicia na Hispania Romana

Bibliografía:

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Novo Cabo Fisterra. Editorial Vicens Vives.

Enciclopedia del estudiante. Historia de España e Historia de Arte. Editorial Santillana.

Imaxes recopiladas de varias páxinas web como: www.artehistoria.com, www.viajarporextremadura.com, www.meridaeterna.com, www.arteguias.com, es.wikipedia.org.

Page 21: 15.Galicia na Hispania Romana

Feito por:

Fernando Blanco Gómez 1º D

Fernando Blanco Gómez 1º D