01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... ·...

4

Transcript of 01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... ·...

Page 1: 01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... · etc., mesmo a cuestión relixiosa: o grupo Logos a prol da galeguiza-ción da liturxia

01 1 Carta do Editor G211_01 1 – Carta do Editor 08/11/16 14:52 Página 4

Page 2: 01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... · etc., mesmo a cuestión relixiosa: o grupo Logos a prol da galeguiza-ción da liturxia

C A R T A D O E D I T O R

O galeguismo na modernidade

V Í C T O R F. F R E I X A N E S

Aconmemoración do centenario das Irmadades da Fala, inicia-tiva que, como o lector sabe, xorde na cidade da Coruña en1916, da man do escritor e xornalista Antón Villar Ponte

(1881-1936) a prol da dignidade e uso do idioma, vén protagoni-zando unha parte importante da actividade cultural e institucionalgalega nos últimos meses e, en gran medida, vén poñer ao día, ase-made, discursos e interpretacións que teñen moito que ver non sóco galeguismo, senón tamén coa propia modernidade histórica deGalicia nos primeiros anos do pasado século.

Como dixemos moitas veces, a reivindicación da lingua, talcomo a formulan a partir da devandita data as Irmandades, queaxiña se espallan polas grandes cidades e vilas do país (e mesmo naGalicia exterior), é moito máis ca unha cuestión idiomática, inclu-so diría que bastante máis ca unha cuestión identitaria, aínda que acompoñente identitaria (Galicia como nación) sexa unha compo-ñente fundamental. O discurso das Irmandades debe enxergarse nomarco dun proceso de cambios profundos na sociedade do seutempo, non só en Galicia, senón alén de nós, na contorna españo-la, europea e americana sobre todo. O mundo estaba mudandomoito máis á présa do que a xente imaxinaba, mesmo os máis avi-sados e informados.

Non era un movemento de masas. Os movementos de masasapuntaban noutras direccións naquel momento. Tratábase dunmovemento de elites, persoeiros cualificados, instalados na especia-lización e no prestixio, que recollían a tradición do discurso dainfluencia social a través do estudo e do coñecemento (a vella tradi-ción dos Ilustrados), mais que eran conscientes de que os temposestaban a mudar e que cumpría, xa que logo, unha nova análise eun novo posicionamento perante as tales mudanzas, entre outras aaparición de novos grupos sociais (o proletariado urbano, as reivin-dicacións agrarias) que estaban chamados a desenvolver un impor-tante papel na dinámica do novo século.

O presente número de GRIAL pretende unha achega máis a esetempo histórico, que na nosa opinión comeza en 1916, data da fun-dación da primeira Irmandade na Coruña, e chega ata 1936, candoo levantamento dos militares contra a Segunda República e a con-seguinte Guerra Civil estragan iniciativas, liñas de traballo en mar-cha, procesos de maduración e esperanzas. Dalgún xeito, partedeste discurso continúa en América, en Buenos Aires sobre todo, daman dos exiliados, mais xa con distintas formulacións e en circuns-tancias moi diferentes. Tal é o marco histórico en que nos situamos.

En 1916, A Nosa Terra, que viña sendo

voceiro de Solidaridad Gallega, pasa a ser a

cabeceira de referencia das Irmandades.

Page 3: 01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... · etc., mesmo a cuestión relixiosa: o grupo Logos a prol da galeguiza-ción da liturxia

Como sucede con outras experiencias semellantes, só dende a dis-tancia, dende a perspectiva do tempo transcorrido, podemos valo-rar as achegas ou pegadas que grupos, estratexias e discursos destascaracterísticas deixan nos cambios sociais ou, cando menos, namemoria histórica das colectividades. A influencia das Irmandadesda Fala, agrupacións de carácter selectivo, que apenas lograronpegada política, dende as primeiras asembleas “irmandiñas” ata aconstitución do Partido Galeguista (1931) e as súas discusións tác-ticas e estratéxicas (Fronte Popular), é moi notable. Dificilmentepodemos entender a contemporaneidade política e cultural da Gali-cia dos nosos días sen considerar a súa significación.

A lingua era un símbolo, unha maneira de entender o país, cer-tamente distinta do discurso das xeracións anteriores. Os Ilustrados(Martín Sarmiento) reivindican o idioma, mais como un obxectode estudo, unha realidade social que cómpre atender na medida enque é o código de expresión (representación do mundo) dun uni-verso asoballado, escondido, maltratado ou apenas valorado polodiscurso dominante. O Rexurdimento afírmase nesa perspectiva eincorpora o uso (e o prestixio) literario a través do seu cultivo, prin-cipalmente na poesía (Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduar-do Pondal) e parcialmente na prosa e no xornalismo (ValentínLamas Carvajal), coincidindo co primeiro movemento masivo dunsector social fundamental para a comprensión da identidade dopaís: a reivindicación dos agrarios. Manuel Murguía reivindica alingua e a identidade histórica de Galicia dende o castelán. Haberáque agardar o discurso dos Xogos Florais de Tui (1891) para oírexpresarse en galego o futuro presidente da Academia, daquelaaínda non constituída.

As Irmandades propoñen un paso cara adiante na consideracióne na práctica do idioma. Un paso adiante cualitativo e cuantitativo.A lingua como espazo simbólico e como vehículo hexemónico nacomunicación para unha comprensión nova do país. Por primeiravez, o idioma galego aspira a ser a referencia primeira en toda a acti-vidade social: na expresión poética e na prosa de cada día, na cáte-dra universitaria, no mitin político, nas publicacións periódicas,mesmo considerando por primeira vez a súa presenza na comunica-ción de masas, ou polo menos na procura dunha certa dimensiónmasiva e popular que antes non existía. Non deixa de ser significa-tivo que esteamos diante dun fenómeno urbano (de elites urbanas,comprometidas co futuro do país). No capítulo correspondente ácomunicación intento profundar algo máis nesta dimensión e nassúas experiencias: as coleccións “Lar” e “Céltiga”, por exemplo, xer-molos da grande experiencia que significou a editorial Nós, emesmo noutros ámbitos como a radiodifusión, as primeiras expe-riencias audiovisuais, o teatro popular, o xornalismo, o deseño, ocartelismo, a plástica…

Esa nova maneira de entender Galicia concrétase en instituciónstan relevantes como a creación do Seminario de Estudos Galegos en1923, a Misión Biolóxica de Galicia a partir de 1921, novas olladasdende a ciencia e o coñecemento, dende a organización da empre-sa a unha nova visión da ciencia dende parámetros de noso, sendependencias alleas. Lembremos a coñecida frase de Vicente Riscocando reclamaba reducir “urxentemente” a distancia con Nova Yorke, en xeral, co mundo exterior, para unha dimensión máis universalda realidade galega, que se afirma como “célula de universalidade”.Os persoeiros máis significativos do galeguismo acoden a Europa(Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco) como unha nova manei-ra de entender o mundo e, asemade, a realidade do propio país. En

Page 4: 01 1 – Carta do Editor - Editorial Galaxiaeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/12/... · etc., mesmo a cuestión relixiosa: o grupo Logos a prol da galeguiza-ción da liturxia

política, a constitución do Partido Galguista en 1931 e o Estatutode Autonomía, plebiscitado en 1936 no marco da Segunda Repu-blica, forman parte dese mesmo discurso.

A conmemoración deste centenario deu pé a considerar e valo-rar esta achega fundamental, que marca a aparición do novo gale-guismo (o nacionalismo), con referentes simbólicos importantes,como o caso de Irlanda, e con ámbitos de reflexión e estudo que vanmoito máis aló do estritamente filolóxico e entran no campo dapolítica, a economía, as novas tecnoloxías da comunicación, a arte,etc., mesmo a cuestión relixiosa: o grupo Logos a prol da galeguiza-ción da liturxia (1931). Unha acción plural e pluridisciplinar quedeu resultados certamente valiosos, a moitos dos cales facemos refe-rencia nas páxinas deste número da nosa revista.

Tal é o enfoque que quixemos dar a estas páxinas, que non teñencarácter exhaustivo, mais que consideran esta etapa como un tempofundamental na afirmación cultural, social e política da Galicia queentra na modernidade. A achega dos emigrantes, que volven connovas ideas, é outro aspecto importante que se debe considerar:granxas de experimentación agrícola, iniciativas educativas, finan-ciamento de empresas xornalísticas… Non foi un fenómeno demasas, certamente, mais a súa pegada, a súa concepción dunhaGalicia nova, deixou unha marca profunda no discurso do país,mesmo máis alá do galeguismo, discurso do que nos sentimos her-deiros e, en moitos aspectos, continuadores. Malia as reviravoltas eas frustracións da historia, a lección dos devanceiros segue viva �

A Real Academia Galega celebrou o centenario das Irmandades da Fala cunha exposiciónitinerante, “Saúde e terra, irmán(s)!”, polas principais cidades de Galicia.

Fotografía: Arquivo RAG

Antón Villar Ponte