updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO territorio municipal abarca a conca do río...

19
LOBEIRA Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Lobeira está enclavado na marxe dereita do río Limia, ó oeste da provincia de Ourense, na Comarca Natural da Baixa Limia. Limita ó norte cos Concellos de Verea e Bande, ó este co Bande, ó Sur con Muíños e Lobios e polo oeste, con Lobios, Entrimo e Portugal. Ten unha extensión aproximada duns 70 km² e sitúase a 699 m sobre o nivel do mar, aínda que alcanza na Serra do Leboreiro os 1334 m de altura, sendo esta serra un dos lugares máis significativos deste Concello. Formado por oito parroquias nas que se distribúen 26 pobos. San Bartolomeu de A Fraga: A Fraga. San Vicente de Lobeira: Facós, Meás, As Quintás, Santa Baia, A Vila (Lobeira). Santa Cristina de Montelongo: Nogueira, Souto, Vilariño. Santa Eufemia de Parada: Parada do Monte, Taboazas. San Martiño de Grou: Cabaleiros. Santa Cruz de Grou: Carreiras, As Conchas, Ermille, Gaiás, Santa Cruz, Tedós. San Xes de Vilariño: Baldemir, A Canle, Sabariz, Senderiz, Torneiros, Vilariño. San Trocado de Santa Comba: Chaos, Fradalvite. Para chegar a Lobeira: Desde Ourense, tomar a OU-1212 dirección Celanova – Bande, e o pasar o pobo tómase o primeiro cruce a man dereita que leva directamente a Lobeira. Encóntrase a 49 km da capital de Provincia.

Transcript of updlimiaverin.files.wordpress.com file · Web viewO territorio municipal abarca a conca do río...

LOBEIRAUnhas pinceladas do Concello.

O Concello de Lobeira está enclavado na marxe dereita do río Limia, ó oeste da provincia de Ourense, na Comarca Natural da Baixa Limia. Limita ó norte cos Concellos de Verea e Bande, ó este co Bande, ó Sur con Muíños e Lobios e polo oeste, con Lobios, Entrimo e Portugal.

Ten unha extensión aproximada duns 70 km² e sitúase a 699 m sobre o nivel do mar, aínda que alcanza na Serra do Leboreiro os 1334 m de altura, sendo esta serra un dos lugares máis significativos deste Concello.

Formado por oito parroquias nas que se distribúen 26 pobos.

San Bartolomeu de A Fraga: A Fraga. San Vicente de Lobeira: Facós, Meás, As Quintás, Santa Baia, A Vila

(Lobeira). Santa Cristina de Montelongo: Nogueira, Souto, Vilariño. Santa Eufemia de Parada: Parada do Monte, Taboazas. San Martiño de Grou: Cabaleiros. Santa Cruz de Grou: Carreiras, As Conchas, Ermille, Gaiás, Santa Cruz,

Tedós. San Xes de Vilariño: Baldemir, A Canle, Sabariz, Senderiz, Torneiros,

Vilariño. San Trocado de Santa Comba: Chaos, Fradalvite.

Para chegar a Lobeira: Desde Ourense, tomar a OU-1212 dirección Celanova – Bande, e o pasar o pobo tómase o primeiro cruce a man dereita que leva directamente a Lobeira. Encóntrase a 49 km da capital de Provincia.

O territorio municipal abarca a conca do río Grou ou Aveleda, colector dunha serie de cursos de auga, nacidos na serra do Leboreiro, e que desemboca no río Limia, que ademais recibe o aporte de numerosos arroios. Principais ríos que bañan o municipio son: o Grou (no que desembocan a súa vez o río Fragoso e río Boca), el da Montaña e o río Cadós.

A súa economía fundaméntase na agricultura e gandería. As súas producións máis notables son o millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gandería sobre todo vacún e lañar. Destaca o aproveitamento das ladeiras empinadas onde se realizaron numerosas parcelas en forma de bancadas (principalmente en Grou) facendo da agricultura todo un arte e sacrificio.

Unha mirada atrás.

Desde tempos remotos, no paleolítico, os seres humanos deixaron a súa pegada nas terras de Lobeira. O arqueólogo de Bande (Celso Rguez Cao), atopou algúns materiais na zona de “A Veiga”, nun paraxe case sempre cuberto polas augas do embalse das Conchas.

Do neolítico aparecen mámoas ou dolmens que salpican o releve de Lobeira. Merece importancia a inmensa necrópole nas inmediacións de A Fraga, que se estende polos montes de Bangueses-Verea, penetrando en

territorio portugués (Rodeiro-Castro Leboreiro). Os estudosos sorpréndense polo seu elevadísimo número e polos estraños aliñamentos que conforman, a veces só

visibles desde o aire.

O profesor Eguileta Franco fixo unha interpretación e reconstrución do que foi a vida cotiá fai 5000 anos. Resalta o significado dos megalitos como fitos fronteirizos das diversas etnias que poboaban a zona (feito moi importante nunha civilización totalmente dependente da agricultura de autoconsumo e caza e recolección de froitos silvestres). Tamén destácase o sentido de sacralidade que impregnaba todo o mundo megalítico, sen separacións entre o laboral, lúdico, profano, sagrado e transcendente.

Consérvase moi pouco dos megalitos, redúcense apenas a uns anacos de cerámica e puntas de frecha conservados no Museo Arqueolóxico de Ourense. Aínda pódense contemplar as tres estacións de arte rupestre na Serra do Leboreiro; tanto en Penafranqueira, como Peñafiel ou Pena das sete cruces nas que son visibles as formas cruciformes inscritas en círculos.

Algunhas fontes medievais confirman, que cando don Afonso ía ser proclamado rei, viuse obrigado a fuxir da Corte a causa das intrigas na súa contra e a favor do seu medio irmán don Sancho. Don Afonso buscou refuxio en Castro Leboreiro, onde o seu tío Don Sancho, rei de Portugal, o esperaba. Cando Afonso estaba en Lobeira, recibiu a visita de dous cabaleiros, que partindo desde Benavente e con fugaz escala en Allariz, notificáronlle que a conxura na súa contra, había fracasado, proclamándolle Rei de León e Galicia. O xoven monarca nunca esquecería a acollida que lle prestaron en Lobeira e por iso, en agradecemento, moitos anos máis tarde, regaloulles o “foro” á poboación.

Nas invasións célticas, pódese afirmar cas montañas de Entrimo e Lobeira foron residencia dos Oestrimnios e dos Saefes (os seus antagonistas, adoradores de serpentes que acabarían por expulsar aqueles do seu territorio). “Segundo os maiores do Concello, non se esqueceron de certas lendas sobre homes encantados con forma de serpente que vivían no alto da Serra do Leboreiro”. Actualmente prefírese a denominación “cultura castrexa”; deste período consérvanse abundantes vestixios: seis castros (A Coroa e A Xulleira en Santa Cristina, O Castro en A Fraga, Coto da Vila en Lobeira, Castelo en San Xés e Castelo de San Adrao en Cabaleiros), e posibles asentamentos castrexos, situados na cumio do monte de O Viso en Lobeira e en O Veloso, entre Lobeira e Parada do Monte.

A idea de municipio foi tomando forza, no século XIII. Aínda cos reis irán confirmando sucesivamente o dominio de Celanova sobre as riquezas do Leboreiro, Alfonso IX de León reserva para si, o dominio de moitos municipios, un deles Lobeira. Tamén dise que concedeuse “foro” a Lobeira en 1228 (localidade menos poboada que conseguiu foro.

A parte correspondente á xurisdición de Lobeira, redactouse na “Casa Grande dos Lamas” de Santabaia, na parroquia de Lobeira.

Non só as escaramuzas fronteirizas acadan a Lobeira, tamén as loitas dinásticas pola coroa de Castela dividen á provincia de Ourense en dous bandos. Debido a que o castelo de Araúxo en Lobios e ó de Santa Cruz en Lobeira, mantivéronse fieis á Pedro I “O Cruel”, Entrimo e Lobeira foron doados por Enrique II a Don Xoán Rguez de Biedma, representante da casa vencedora, mediante documento real do 15 de xaneiro de 1368, sendo este feito, o embrión do futuro Condado de Monterrei.

As guerras irmandiñas tamén asolan Lobeira, consecuencia é a destrución do Castelo de Santa Cruz no século XV. O XVI supón para Lobeira unha das etapas máis desgraciadas ó longo da historia, existe prohibición de comerciar co pais veciño, requisas de colleitas, invasións do exército portugués,… obrigan ós loberienses a invocar privilexios que lles habían sido concedidos por Afonso IX. Entón, a cambio de soster en Lobeira o cuartel xeral das tropas españolas, o rei Felipe III, confirma o antigo “Foro” e no 1608,

concédelles (a Lobeira) unha exención total de pago de tributos á coroa. Todo elo, non foi suficiente, despois de “moitos ir e vir”, en 1711 a situación fíxose tan insostible que Lobeira resístese o pago do último imposto esixido pola guerra, polo que o alcalde e un escriban son encarcerados.

A mediados do XVIII, Olga Gallego Domínguez, sinala que tan só cinco territorios ourensáns tiñan o rango de xurisdición Real o Realengo: Ourense, O Bolo, Viana, Entrimo e Lobeira. A comezos do XIX ten lugar a invasión napoleónica, e a Baixa Limia foi, quizás, o único enclave galego que quedou libre de invasores. Lobeira foi destino seguro para refuxiados de toda España, que fuxindo da invasión napoleónica, constituíron alí, a “Suprema Xunta de Lobeira”, a cal formou un rexemento de elite de 2100 homes que tiveron unha destacadísima actuación na expulsión dos franceses de solo español. O chamado Rexemento de Voluntarios de Lobeira, foi condecorado varias veces e tivo gran importancia nas guerras de Independencia das colonias de América.“Lobeira ocupou a capitalidade do reino de Galicia durante uns días no 1809, xa que foi o único enclave de Galicia que permaneceu libre da ocupación francesa.”

Outro feito moi importante en 1836, foi a fusión dos antigos municipios de Lobeira, San Xes e Grou. A importancia de Lobeira quedaría plasmada en moitas obras históricas e referencias de historiadores.

Non se pode deixar de sinalar, o feito de que estas terras sufriron un auténtico despoboamento pola emigración que comeza a metade do século XX e continúa hoxe en día.

Actualmente, atópanse vestixios arqueolóxicos na Serra do Leboreiro; mámoas como as do Monte das Motas (Foto dereita), a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado (foto esquerda), entre outras. Concéntrase unha das maiores concentracións de monumentos megalíticos da zona peninsular. Relaciónanse estes monumentos co antigo trazado de camiños, quedando aínda vestixios do trazado de algún deses camiños ó longo desta serra.

Estes camiños cobraron importancia na Idade Media, sendo unha referencia no tráfico comercial entre Galicia e norte de Portugal. Algúns son: “Camiño da divisoria norte”, “Camiño Leboreiro-As Conchas”, “Camiño Leboreiro-Galez” e o “Camiño do borde orientan da penechaira de Leboreiro”.

Onde perderse:

Xoias Naturais.

A situación do municipio no sector sudoccidental da Serra do Leboreiro e a existencia de numerosos cursos de auga, fan desta zona un lugar de interese paisaxístico e un entorno favorable para a pesca fluvial.

Serra do Leboreiro a 1334m de altura. As altitudes máis relevantes son: Codesal, Cabeza de Meda, Monrisca de Arriba, Baralba, Taboazas e Vilariño. Nesta serra existe unha das maiores concentración de monumentos funerarios megalíticos de Galiza. Neste municipio destacan os petróglifos de Pena Franqueira (a veira do río Grou, onde aparecen cruces inscritas en círculo), Penafiel (Sabariz) e Pena das Sete Cruces (San Xés, Valdemir) e Pena Redonda (límite con Verea) dignos de ser visitados. Pódese desfrutar da continua presenza de vacas e cabalos salvaxes.

Monte das Motas: a uns 5 km de Bande, deixando a nacional 540 e un recodo da antiga estrada, encóntrase o área de As Motas, que recibe o seu nome do Monte das Motas, zona amesetada que alberga un conxunto de mámoas, moi deteriorada, pero no que se

conservan algunhas das pedras fincadas verticalmente, así como as horizontais que as cubrían, baixo o túmulo de pedras pequenas e terra. Outro conxunto, sitúase ó norte de Fraga, próximo á fronteira, de maiores dimensións co anterior e apréciase nunha das mámoas, un corredor.

Monte O Viso: a pouco máis dun km de Lobeira, sitúase o Monte do Viso, un macizo dependente da serra do

Leboreiro, á cal únese no Alto das Motas. Desde alí, pódese ver o val del Limia, o do Avedela e a serra do Xurés. Neste entorno,

aséntase a Capela da nosa señora do Viso, a 852 km de altitude e que cóntase que está sobre a acrópole dun castro, polo que se trataría dunha cristianización de cultos antigos.

Monte Comunal de Santa Eufemia de Parada: Situado na estrada Parada do Monte – A Fraga. Para chegar ó monumento que foi a casa dun labrego rico (Segundo Xoaquín Lorenzo, hoxe non é máis que unha pedra, pero antigamente, vivía un labrego moi rico), hai que coller unha rodeira a man dereita, xusto en fronte da que sa para Pena Franqueira. A 200 m da estrada e nun lugar moi fermoso e solitario, atópase a pedra, que aínda conserva o que parece ser os asentos das trabes de madeira que formarían o teito da vivenda.

Os principais ríos que bañan o termo municipal son: Grou (no que desembocan o río Fragoso (foto) e o río Boca), el da Montaña e río Cadós, que nacen na serra do Leboreiro, aínda que discorren na súa maioría polo territorio de Entrimo e Bande, respectivamente. Tamén o Encoro das Conchas, cubre terras deste municipio, ofrecendo cantos de gran beleza.

Parque natural serra do Xurés: Lobeira tamén pertence a este fermoso entorno, do cal fálase nun capítulo aparte chamado Serra do Xurés.

Tamén é salientable a Poza da Travesa en Senderiz, bonito lugar para descansar e darse un baño nos días de máis calor.

Como rotas de sendeirismo na comarca da Baixa Limia, a Rota Máquina do Tempo, discorre por parte do territorio de Lobeira; despois de desfrutar do paisaxe do encoro das Conchas, pásase pola “Ermida do Viso” e visítanse os monumentos megalíticos do Monte das Motas, excavados por F.López Cuevillas en 1923. Logo a rota segue cara Lobios.

Riqueza histórica e cultural

A parte dos megalitos, mámoas,… anteriormente descritos, no espazo de xoias naturais, Lobeira conta coa cultura castrexa Pódense ver seis castros (A Coroa e A Xulleira en Santa Cristina, O Castro en A Fraga, Coto da Vila en Lobeira (onde hoxe levántase A Vila e presenta terrazas graduadas, restos de fosos e es o máis claro expoñente de existencia do hábitat castrexo), Castelo en San Xés e Castelo de San Adrao en Cabaleiros), e posibles asentamentos castrexos, situados na cumio do monte de O Viso en Lobeira (con cerámica e restos de fundición, e que tamén servirá de base para unha ermida) e en O Veloso, entre Lobeira e Parada do Monte.

Outro resto da época, foi Ponte Pedriña (orixe romano e hoxe sepultado baixo as augas do encoro das Conchas), situado entre Parada de Ventosa e Grou. Aquí enlazaba o Camiño de Santa Cruz, desde as Conchas ata o Castro do Monte do Viso (onde apareceu un miliario romano).

A Fraga: é unha pequena aldea da Serra do Leboreiro, a cal conserva unha arquitectura clásica da zona. Os seus camiños, casas e hórreos dará unha imaxe da Galicia rural que non se debe descoñecer. Aínda quedan vestixios do pasado máis

inmediato, como os teitos de palla dos tellados (foto

esquerda) ou no centro do pobo, unha auténtica xoia de hórreo. Pódense encontrar algunhas casas con primeiro andar, ás que se soben por escaleiras exteriores, quedando o baixo para a facenda. A lareira atópase no piso sobre unha louse grande de pedra que apoia en dúas das trabes do piso. O tabique de madeira divida a vivenda en dúas dependencias, unha para cociña e comedor, e outra para os dormitorios. Ten tellado de colmo a dúas augas e unha pequena fiestra na parte posterior. A casa da foto foi fotografada no 1933 e publicouse por primeira vez na obra de Xoaquín Lorenzo en Alemania en1943. A parte superior da casa, aínda conserva a forma ovoidal orixinal, adaptándose á parte inferior, conservada intacta.

Pódese seguir o camiño visitando fornos (Fraga), hórreos, muíños, e algunhas fontes tradicionais (Valdemir, Vilariño,…) nos pobos.

Os hórreos son moi destacados en toda a Baixa Limia, é a construción máis significativa de Galicia, cunha función moi determinada, por un lado para la ventilación e secado do millo e pola outra, a defensa do grao contra os roedores. Construción sinxela cun corpo de planta rectangular, sostido por pes, cepas o celeiros e un tellado de dúas augas, xeralmente. Situados en zonas comunais, nas eiras, ben orientados para facilitar a ventilación. Hai tres tipos de construción, de madeira, mixtos e pedra. Común a todos eles é, que os pes son de pedra. A estrutura sole ser de madeira e nos mixtos combinan pedra e madeira. Todo de pedra é máis difícil de atopar, pero nesta comarca hai algúns, un deles moi destacado é o da Fraga(foto dereita), de gran beleza. Tamén en Sabariz, A Vila, Santa Baia,…

As festas tamén son outro atractivo

cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

FESTASAs festas e romarías dos pobos que forman o Concello de Lobeira, están

repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Festas populares: o En Lobeira, Romaría do viso o 29 de maio.o En Lobeira, San Vicente o 7 de xuño.o En Sabariz, San Xoán o 24 de xuño.o En Torneiros, San Pedro o 29 de xuño.o Nas Conchas, celebración popular o último fin de semana de xullo.o En Senderiz, As Neves o primeiro domingo de agosto.o En Vilariño, San Lourenzo o 10 de Agosto.o Na Fraga e Ermille, San Bartolomeu o 24 de Agosto.o En Canle, San Xes o 25 de Agosto.o En Parada do Monte, festas do 28 de Agosto.o En Senderiz, O Carme no último fin de semana de agosto.o No Viso, Ntra sra do Viso o 8 de setembro.

Feiras: Lobeira contaba cunha das mellores feiras da comarca: feira de Cabaleiros. Unha das feiras de referencia en canto a que neste pobo confluían xentes de tódolos pobos do redor. Podíase encontrar calquera produto que se demandara, pero sobre todo era unha referencia gandeira, as xentes acercábanse alí para mercar ou vender o gando. Hoxe só é parte da historia máis recente, o mesmo que aconteceu con outras feiras como a de Portaxe en Lobios ou Porqueirós en Muíños. O inimigo principal destas feiras, foi a emigración, aínda que tamén outros factores como industrialización e mellora das comunicacións.

Romaría da Nosa Sra. do Viso: é o fin de semana do Domingo de Pentecostes (“Viso Grande”) e o 8 de setembro é o “Viso pequeno”. Importante

romaría e lugar de peregrinación de tódolos habitantes da Comarca da Limia e do Norte de Portugal. A imaxe está gardada todo o ano na igrexa de San Vicente, polo que a procesión sae desde esta igrexa, ata o Santuario situado no Monte do Viso. Despois da misa, cómese nas inmediacións do santuario e hai actuacións musicais, resaltando as gaitas.

Festas de Santa Eufemia: en Parada do Monte. Son unha das festas máis importantes da comarca, nas que desfilaron as mellores orquestras de Galicia e moi bos artistas. Algúns destes anos calculouse a asistencia nunhas

15000 persoas. Foi unha santa que obrou moitos prodixios e que algúns trataron de “maxia”, polo que a mataron cravándolle unha espada no corazón.

Tesouros arquitectónicos .

Dentro deste apartado, Lobeira conta con importantes monumentos que visitar compaxinando historia, relixión, paisaxe,…

Pódense visitar igrexas e capelas en case tódolos pobos que integran o Concello, pero son salientables:

Santuario de O Viso: igrexa barroca de XIV al XVIII, a 852 m de altitude e construída sobre un asentamento castrexo. Nas caras sur e este poden verse elementos románicos de algunha construción primitiva. O santuario é un dos poucos expoñentes do románico tardío na comarca. A fábrica presenta planta rectangular e ábsida con capela e sancristía pegadas. No seu interior arco de medio punto sobre columnas pegadas, con capiteis de motivos vexetais e imposta decorando o arco triunfal. A base da fiestra, prolóngase ó exterior con repisa, transformándose en fornacina. A sancristía constrúese no 1717, como indica unha inscrición; é de dúas plantas, con fiestra ata o interior, servindo de tribuna ó clero.

A portada do muro sur é románica e con arco de medio punto, e grandes doelas con bolas no intradorso. Nunha das xambas, mostra a inscrición “Era MCCCCL”, correspondendo ós anos 1300 e 1309, no que debeu de construírse o santuario. A fachada actual sufriu unha reedificación no 1741, labrándose unha porta alintelada, conforme a moda barroca, resaltada con orelleiras; e fornacina coa imaxe pétrea da Nosa Señora, coroada polos anxos. A máis pequena das campás do santuario, data de 1860 e ten gravada a frase “mírame e déixame”.

O retablo é do século XVIII, e a imaxe da Virxe do finais do XIX (é das de vestir, só ten talladas a cara e as mans).

Igrexa de Santa Cristina de Montelongo: constrúese no 1732; o máis característico é que se confire maior dimensión ó presbiterio que á nave. A fachada presenta sinxela portada alintelada. Remata con cornixa, de liñas rotas nos extremos e recta no centro, servindo de base á espadana, dun corpo e remate afrontado. No muro do evanxeo, escudo coas armas dos Feijóo e Sotelos. No seu interior destaca una Piedade do século XVII.

Igrexa de San Cristina de Parada do Monte: Planta rectangular, na que un arco de medio punto serve de paso entre a nave e a cabeceira. A fachada está enmarcada por pilastras nos extremos, interrompidas antes de acadar a cornixa. Os ángulos están moldurados e no centro, unha fornacina con forma de vieira recolle a imaxe pétrea de Santa Eufemia. Os retablos, do barroco tardío, son unha boa mostra da notoriedade da igrexa na comarca.

Igrexa de Santa Cruz: igrexa dunha soa nave con cuberta de madeira. Destaca a súa fachada, delimitada por pilastras nos extremos e decorada con molduras apoiadas en ángulos, e a espadana adquire certo desenrolo con corpo de campás, prolongada nos laterais con arco sobre piares. No seu interior, destacan as imaxes de San Benito, a Piedade, San Xosé, San Sebastián, San

Roque e San Antonio.

Igrexa de San Bartolomeu de Fraga: constitúe un modesto exemplar arquitectónico dunha soa nave, cuberta de madeira en forma de artesa e con arco de triunfo sobre pilastras de acceso ó presbiterio, ó que se pega a sacristía. Ós pes, ábrese a portada,

Igrexa de San Mariño en Cabaleiros: de arquitectura sinxela, o acceso realízase mediante un arco de medio punto de grandes doelas. A espadana adquire monumentalidade, con corpo de dobres arcos, decoración abolutada nos extremos e escaleiras de acceso ó campanario. O interior non reviste especial interese, destacando as figuras de San Martiño, San Pedro e Pablo, O Salvador e a Virxe Milagrosa.

Igrexa de San Vicente da Vila (Lobeira): Igrexa barroca abovedada, con imaxinería do mesmo estilo. Dunha soa nave cuberta con bóveda de canón. O acceso ó presbiterio, realízase a través dun arco triunfal de medio punto. A fachada principal resólvese cunha portada alintelada e espadana de dous corpos. Nun dos laterais, aparece unha entrada realizada con arco de medio punto. No seu interior, o seu retablo maior organízase en dúas alturas e ático, ambos con tres rúas para fornelas separadas por columnas corintias.

Igrexa de San Xés: e unha mostra destacada da arquitectura comarcal. (Finais do XVII, principios XVIII). A construción pertence ó barroco tardío, quedando constancia da data de construción de 1781. O presbiterio destaca polas súas dimensións respecto á nave, cuberta con bóveda de canón. A cabeceira do templo, complétase cunha capela cuberta con bóveda de arestas e torre, a cal, decórase nos extremos das súas caras con dobres pilastras, sendo o corpo

superior máis reducido en tamaño e desacorde en proporcións, xa que ademais, carece de remate. A fachada culmina no frontispicio con brasón e anagrama mariano. Sobre el, nunha fornela enmarcada, encóntrase a imaxe pétrea de San Xés. Xa no seu interior, o retablo maior sobresae pola súa grandiosidade, con dos corpos distribuídos en cinco rúas mediante columnas salomónicas e ático.

Igrexa de Santa Eufemia de Parada: templo do século XVIII. Importantes tallas como a de Santa Eufemia, popular do século XVII e salientable releve do Nacemento.

Capela de Quintas: pequena capela consagrada a San Lourenzo, desenvolvendo un pórtico con vertentes a tres augas, sustentado por columnas. A construción data de 1728. No seu interior, o altar de columnas corintias e ornamentación de rocalla sobre fuste, acolle na fornela central, trilobulada, a imaxe do santo titular, e a ambos lados, a de San Roque e San Francisco. No ático, imaxes góticas do Salvador e a Virxe co neno.

Capela do Rosario en Vilariño: unha soa nave con cuberta de madeira, presenta un pórtico ante a fachada, sustentando no fronte por catro columnas. No interior preside o altar, a Virxe do Rosario, flanqueada por San Pedro e San Roque; no ático, San Antonio.

Capela de San Bieito: (San Vicente de Lobeira). Festa na que segundo o refrán popular, o santo acapara atribucións de casamenteiro. Celébranse dous romarías nesta capela, a máis importante é o 11 de xullo.

Outras igrexas o capelas son: Igrexa de Nogueira, Capela de Ermille de San Bartolomeu, Capela de Facós, Torneiros de San Paulo, Vilariño de San Lourenzo, Gaias de San Miguel, Tedós da Virxe das Neves, en Sabariz de San Xoán, en Senderiz de Santa Lucía e Nosa sra das Neves, practicamente todas do estilo popular na súa construción. (Nas fotos: Facós, Ermille, Vilariño, Torneiros)

Tamén son múltiples os cruceiros que se poden encontrar nos cruces de camiños, nas inmediacións de igrexas ou nas prazas dos pobos, neste municipio pódense salientar, entre outros (santa cruz):

o Cruceiro da Vila en Lobeira: con base, fuste e cruz na que aparece na cara principal, a imaxe do Crucificado e no anverso, unha inmaculada sobre nubes e anxos.

o Cruceiro de O Viso: o máis destacable sitúase o lado da ermida do Viso, consta dun pedestal sobre o que se eleva a columna de fuste liso e capitel, sobre a que se asenta a cruz. Realizada en pedra, e con unha talla bastante ruda, a cal, representa nunha das súas caras, a imaxe do Crucificado, mentres que na outra aparece a Virxe co Cristo no regazo. Actualmente está fora do seu emprazamento orixinal.

En canto a Petos de ánimas se refire, neste Concello hai en:

o Peto de Vila: a estrutura réxese por liñas rectas que sinalan a severidade da construción, composto dun corpo definido xeometricamente a base de perpiaños ben galgados, no que no seu fronte disponse unha fornela sobre repisa de cuarto bocel. O corpo principal e o pórtico que ante el se proxecta, cobren con tellado de dobre vertente, configurando un proporcionado conxunto; o pórtico aparece lixeiramente rebaixado en altura e apoia en piares cuadrangulares coas arestas en chafrán, sobre pedestais.

o Peto de ánimas en A Canle: realizado con aparello disposto a soga e tizón, de imperfecto acabado lateral. Presenta fornela de medio punto, sinalada por ancha moldura plana e decorada con pequenas volutas, sobre repisa de cuarto bocel. Sobre a fornela, figura un perpiaño ornamentado con dúas rosetas incisas de trazo esquemático. Remata o monumento unha cornixa moldurada en caveto. Fronte ó peto, hai unha mesa, colocada posteriormente, para o descanso dos féretros no seu paso á igrexa.

o Peto de Parada do Monte: presenta fornela de medio punto quebrada na liña de imposta e sinalada por unha moldura plana ó exterior, a cal, prolóngase en forma de cruz. A fornela descansa sobre repisa e aparece protexida no extremo superior por unha sinxela cornixa.

o Peto de ánimas de Senderiz: de 1790, compón a estrutura, unha fornela de medio punto cinguida no extradorso por unha faixa plana con motivo decorativo. Completa o monumento unha repisa, acusándose a ausencia da cruz que constituía o remate. O peto en forma de pequeno nicho, aparece situado fora do monumento, nun perpiaño do muro da casa, debéndose dita ubicación, á altura na que está colocado o peto do ánimas. Está enmarcado por molduras de sinuoso deseño, aparece un medio releve de pedra cunha interesante representación das ánimas, destaca a cabeza dun clérigo tocado con bonete e gorgueira, recibindo un especial tratamento no seu tamaño e na acentuación satírica de marcada obesidade nos seus rasgos fisionómicos. Completan a escena, tres pequena ánimas simetricamente dispostas, con idénticos rasgos de carácter realista, figurando na zona superior a silueta do Crucificado.

Tamén e salientable que no lugar de Cabaleiros, existiu un antigo convento de monxes benedictinos, que posteriormente se integran no de Celanova como priorado.

Tamén a Casa dos Morgado, en Vilariño; ou algunha casas reitorais o casas blasonadas como: en Quintas (casa blasonada con capela, do 1747), en Santa Baia hai importante casa reitoral con capela e casa grande blasonada. Ademais de algún que outro pazo, como o situado na Vila (foto).

Un alto no camiñoAloxamentos:

o Casa Rural ”Chaus” : o lado da estrada nacional 540 que vai de Orense a Portugal, despois de Porto Quintela, a 2 km de este pobo está a casa. Ten

dúas habitación con camas dobles, un sofá cama no salón, outro nun salón independente da casa, con cheminea de leña, cociña e un baño. Hai

lavadora, terraza con barbacoa, finca con árbores froiteiros, e totalmente equipada. Admite animais. Tlf.: 988 448140.

Para comer:

Restaurante “Alero” : restaurante de un garfo, situado no pobo de As Quintas, e con capacidade para 45 persoas. Cociña caseira con especialidade en callos en carne de potro. Aparcamento. Tlf.. 988 458549.