Titorial: Como publicar entradas nun blog de Blogger

Post on 20-Jun-2015

322 views 2 download

Transcript of Titorial: Como publicar entradas nun blog de Blogger

Titorial para publicar nun blog con blogger

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

Para empezar… Como accedo ao meu blog outro día ou noutro ordenador?

1ª opción: tecleo no navegador a dirección de www.blogger.com e nesta ventá inicial, tecleo o meu correo electrónico e o meu contrasinal

Fai c

lic aq

2ª opción: Tecleo o enderezo do meu blog na barra de navegación de internet (no meu caso blogccss.blogspot.com) e doulle ao botón acceder, onde te preguntará o teu correo e contrasinal…

Este é o teu “escritorio”. Podes acceder a el sempre que queiras facendo clic aquí

Desde aquí podes modificar os datos persoais que queiras compartir en internet.

Desde aquí podes crear as túas novas entradas.

Fai clic aquí

Aquí ponse o titular da túa entrada

Aquí escríbese a entrada, os contidos

Aquí póñense palabras polas que clasificar as nosas entradas. Non tes porqué cubrilo inda que máis adiante nos pode axudar a que podamos organizar mellor as nosas entradas.

Política, 3eso

Política, 3eso

Podemos acompañar o noso texto cunha imaxe

Fai c

lic aq

Podemos subir unha imaxe desde o noso ordenador ou podemos poñer unha imaxe que estea xa en internet.

Imos facer isto segundo.

Fai clic aquí

Pega aquí o enderezo da imaxe seleccionada

Se non sabes seleccionar o enderezo dunha imaxe,

explícocho a continuación

Primeiro busca a imaxe que queiras poñer en internet.

Pega aquí o enderezo da imaxe seleccionada

Se non sabes seleccionar o enderezo dunha imaxe,

explícocho a continuación

Adianto eleccións

Busca en Google imaxes, unha sobre o tema da túa entrada.Selecciónaa.

Doulle co botón dereito do rato e selecciono “copiar a ruta da imaxe”

UN AVISO!Cando publiques a imaxe (ou un texto) que non sexa teus, debes indicar cal é a súa fonte. Non só porque é o correcto, senón tamén porque se queremos que o alumnado aprenda a respectar a propiedade allea, debemos dar exemplo. Non podemos criticarlles o seu “copia/pega” se nós facemos o mesmo.

Cando apareza a imaxe,

selecciónaa e fai clic aquí

Pego aquí o enderezo (ben co botón dereito do rato ou ben coa combinación de teclas CTRL+V)

Doulle co botón dereito do rato e selecciono copiar a ruta da imaxe

Política, 3eso

Aparece a imaxe. Selecciónaa cun click

Aparece un menú onde podemos seleccionar o tamaño da imaxe e a súa colocación e xustificación (esquerda, centro, dereita). Ademais podes arrastrala ao lugar do texto que queiras.

Indica a fonte da imaxe

Agora tes tres opcións:1.- Vista previa para ver como che queda, pero non se publica en internet.2.- Gardala como borrador e seguir outro día (tampouco queda publicada)3.- Publicar a entrada (podes modificala tamén nun futuro).

Así nos queda!!!

Outra cousa útil é poñer enlaces a páxinas web que nos interesen. É o que se coñece co nome de hipervínculos ou en inglés links.

3.- Fai clic aquí

Para que non apareza todo o enlace escrito (que pode ser eterno), fai o seguinte:1.- Busca a páxina web que nos interesa e copiamos o

seu enderezo web (co botón dereito do rato ou coa combinación de teclas CTRL+C)

2.- Selecciona o texto que vai facer de hipervínculo.

Pega o enderezo web aquí (usando o botón dereito do rato ou coa combinación de teclas CTRL+V)

http://www.elpais.com/articulo/opinion/urnas/fin/elpepuopi/20110730elpepiopi_1/Tes

Observa como cambia a cor e aparece a información do enlace.

Así nos queda!!!

Observa que ten unha cor distinta indicativo de que é un hipervínculo a unha páxina web.

Queda unha cousiña por dicir: lembra que o blog é unha ferramenta web 2.0 porque, entre outras cousas, nos permite relacionarnos cos autores. No caso dos blogs faise a través dos comentarios.

Fai clic aquí.

POSIBLE USO DOS COMENTARIOS: Pode usarse como ferramenta avaliadora

Escribe aquí o teu comentario

Se estás dentro do sistema de blogger, aparecerache xa:

“Comentar como” e o nome que puxeches no teu rexistro, no meu caso Miguel

Entón xa podes publicar o teu comentario

Se non estás dentro do sistema de blogger, podes comentar igualmente en calquera blog. Neste caso aparecerache a opción de seleccionar un perfil

No noso caso seleccionamos “Conta de Google”.Sairanos a xanela de inicio de blogger e introducimos o correo electrónico e o contrasinal que usamos cando nos rexistramos (lembra que blogger é un servizo de Google).

Se queres publicar un comentario nun blog que non é teu (do alumnado, por exemplo) sairache o sistema de captchas para detectar que o comentario é feito por un humano e non por unha máquina.

Para publicar no teu blog outros recursos que existen na rede web 2.0… terás que ler o seguinte titorial:

“Como incrustar HTML nun blog”.

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

FIN

Titorial para publicar nun blog con blogger