-TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

98
1 APRENDEMOS APRENDEMOS APRENDEMOS APRENDEMOS INFORM INFORM INFORM INFORMÁTICA ÁTICA ÁTICA ÁTICA PFAC USO DAS TICs NO CENTRO CURSO 11-12 CEIP IRMÁNS VILLAR OURENSE Coordinadora: Luz Mª Vázquez Caride

description

 

Transcript of -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

Page 1: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

1

APRENDEMOS APRENDEMOS APRENDEMOS APRENDEMOS

INFORMINFORMINFORMINFORMÁTICAÁTICAÁTICAÁTICA

PFAC – USO DAS TICs NO CENTRO – CURSO 11-12 CEIP IRMÁNS VILLAR – OURENSE Coordinadora: Luz Mª Vázquez Caride

Page 2: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

2

Page 3: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

3

CON UN POUCO DE ESFORZO…

TODOS PODEMOS!!!

Page 4: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

4

SUPERAR AS DIFICULTADES!

Page 5: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

5

VERÁS QUE FÁCIL É !!!

Page 6: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

6

ÍNDICE I - TOMA DE CONTACTO……………………………. 7 II - BREVE HISTORIA DO DESENVOLVEMENTO DO ORDENADOR …………………………………. 9 III - AS PARTES DUN ORDENADOR…………………. 12 IV - ARRANQUE DO ORDENADOR…………………... 15 V - O ESCRITORIO……………………………………… 18 VI - APAGADO DO ORDENADOR……………………. 23 VII - O RATO …………………………………………… 26 VIII - O TECLADO……………………………………… 30 IX - ARQUIVOS E CARPETAS………………………. 36 X - EXPLORADOR DE WINDOWS…………………… 43 XI - BÚSQUEDA DE CARPETAS E ARQUIVOS…….. 56 XII - ACCESORIOS DE WINDOWS…………………… 58

XIII - ALMACENAMENTO DE DATOS………………. 60

XIV - INTERNET………………………………………… 63 XV - RECORDATORIO DE CONCEPTOS BÁSICOS… 85 XVI - VIDEO – TITORIAIS………………………………. 95 XVII- BIBLIOGRAFÍA……………………………………. 97

Page 7: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

7

I - TOMA DE CONTACTO

Un ordenador é como unha caixa de ferramentas; podémolo abrir e ir usando a ferramenta que máis nos conveña segundo a tarefa que vaiamos realizar: facer unha operación matemática, escribir unha carta, debuxar... Para todo iso poderiamos utilizar, por exemplo, unha calculadora, un bolígrafo ou unha caixa de pinturas pero, que vantaxes nos supón utilizar o ordenador para levar a cabo tarefas como estas?: 1ª.- Os ordenadores son moito máis rápidos e precisos. 2ª.- Permítennos facer cambios no que fixemos sen necesidade de ter que empezalo de novo. 3ª.- Ademais, os ordenadores teñen unha gran memoria e permiten gardar gran cantidade de información e traballos para poder velos ou modificalos máis adiante. Resumindo, un ordenador é unha potente máquina coa que se poden facer multitude de actividades: escribir, debuxar, escoitar música, xogar, acceder a Internet, etc.

Page 8: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

8

Para poder funcionar, o ordenador necesita diversas aplicacións ou programas. Toda a información que se manexa nun ordenador pódese arquivar ou pódese transmitir a outros ordenadores.

Page 9: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

9

II - BREVE HISTORIA DO DESENVOLVEMENTO DO ORDENADOR Dise que o antecesor do ordenador foi o ábaco.

Despois do ábaco fixéronse múltiples intentos ata lograr o ordenador como hoxe o coñecemos.

Page 10: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

10

● John Napier (1550-1617): un matemático inventou un dispositivo consistente nuns escarvadentes con números imprimidos que mediante un enxeñoso e complicado mecanismo lle permitía realizar operacións de multiplicación e división. ● Blaise Pascal (1.623-1.662), filósofo francés, en 1642 presentou unha máquina que sumaba e restaba. ● (1646-1716) en 1672 a súa máquina, ademais de sumar e restar, multiplicaba, dividia e calculaba a raíz cadrada. ● Joseph Jacquard (1.752-1.834) utilizou un mecanismo de tarxetas perforadas para controlar o debuxo formado polos fíos das teas confeccionadas por unha máquina de tecer. ●Charles Babbage, matemático e inventor inglés, en 1822 deseñou a súa máquina que foi utilizada con éxito para o cálculo de táboas de navegación e outros traballos. ● Herman Hollerith, inventou un sistema de rexistro de datos do censo de Estados Unidos en 1880, a súa máquina funcionaba con tarxetas perforadas nas que mediante buratos se representaba o sexo, a idade, a raza etc. En 1924, fusionou a súa compañía con outras dúas para formar a Internacional ● Bussines Machines hoxe mundialmente coñecida como IBM. Nos anos seguintes, traballouse intensamente tratando de crear unha máquina que permitise a realización de cálculos automáticos e a gran velocidade. ● O 9 de Abril de 1943, John Mauchly e Lieutenant Herman Goidstine recibiron aprobación para adiantar un proxecto de construción do primeiro ordenador chamado ENIAC. Nun test de proba en febreiro de 1946 ENIAC resolveu en 2 horas un problema de física nuclear que previamente tería requirido 100 anos de traballo dun home. O que caracterizaba o ENIAC como aos ordenadores modernos non era simplemente a súa velocidade de cálculo senón o feito de que combinando operacións permitía realizar tarefas que antes eran imposibles. ● En 1946 o matemático húngaro John Von Neumann propuxo unha versión modificada do Eniac á que lle chamou Edvac.

Page 11: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

11

● En 1953 IBM fabricou o seu primeiro ordenador para aplicacións científicas o 701 e seguidamente 702 e o 705, este último foi un sistema revolucionario. Con esta produción e mediante unha axeitada estratexia comercial IBM tomo a dianteira nas vendas de tecnoloxía en todo o mundo. A partir desta época seguíronse fabricando e comercializando ordenadores cada vez máis sofisticados, evolucionando ata converterse no que é hoxe en día. NOTA: Para completar a información pódese acceder ao seguinte video- titorial de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: VIDEO DA HISTORIA DO COMPUTADOR: http://www.youtube.com/watch?v=tilojHAoihA&feature=related

Page 12: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

12

III - AS PARTES DUN ORDENADOR O ordenador consta principalmente de dúas partes: o "Hardware" e o "Software". O primeiro concepto refírese ao conxunto de elementos internos dun ordenador e o segundo, ao conxunto de programas que existen nel.

► HARDWARE: O Hardware dun ordenador, son os compoñentes físicos que o conforman. Noutras palabras, é todo aquilo que se pode tocar: o monitor, o teclado, o rato (mouse), a impresora, os cables, conexións, etc. Tipos de hardware: Xeralmente existen dous tipos de hardware: 1. Básico: É o dispositivo necesario para iniciar o funcionamento do

Page 13: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

13

ordenador. 2. Complementario: realiza funcións específicas ou máis complicadas. Dependendo da función que realiza o hardware este clasifícase en: 1. Periféricos de entrada 2. Periféricos de saída 3. Periféricos de entrada/saída 4. Unidade central de procesamento. 5. Memoria. 1.- Periféricos de entrada Permiten que o usuario se poida comunicar co ordenador, mediante dispositivos que axudan ao ingreso de información dende o exterior. Como son teclado, rato (mouse), escáner, micrófono, etc. 2.- Periféricos de saída Mostran ao usuario o resultado das operacións realizadas polo ordenador. Neste grupo podemos encontrar: monitor, impresora, altofalantes, etc. 3.- Periféricos de entrada/saída Estes dispositivos poden realizar o ingreso e a saída de información. Por exemplo: modem, Discos duros, disquetes, Memorias, etc. 4.- Unidade Central de Procesamento A unidade central de procesamento (CPU), é o procesador, cerebro do ordenador, a cal realiza todos os cálculos e toma de decisións. 5.- Memoria RAM RAM son as siglas de “random access memory” ou memoria de acceso aleatorio, que é un tipo de memoria que permite almacenar e/ou extraer información (Lectura/Escritura).

Page 14: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

14

► SOFTWARE: É o soporte lóxico e inmaterial que permite que o ordenador poda desempeñar tarefas intelixentes, dirixindo aos componentes físicos ( o hardware) con instrucións e datos a través de diferentes tipos de programas. Son os programas de aplicación e os sistemas operativos que segundo a función que realizan poden ser:

- Software de Sistema: conxunto de programas que sirven para iteractuar co sistema, facilitando control sobre o hardware e dar soporte a outros programas. - Software de Aplicación: Programas diseñados para facilitar aos usuarios a realización de tareas específicas como: aplicacións ofimáticas ( texto, follas de cálculo, presentacións…); ou outros programas especializados ( medicina, educación, edición música, etc..) - Software de Programación: conxunto de ferramentas que permiten ao informático escribir programas usando diferentesd alternativa e linguaxes de programación. Inlúe: compiladores, intérpretes, ensambaladores, enlazadores, editores de texto, depuradores….

NOTA: Para completar a información pódese acceder ao seguinte video- titorial de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: HARDWARE E SOFTWARE: http://www.youtube.com/watch?v=Mv9463LXyCE&feature=fvwrel

Page 15: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

15

IV - ARRANQUE DO ORDENADOR Para por en marcha o ordenador temos que ter en conta que, se o noso ordenador ten cargado o sistema operativo, só nos queda pulsar sobre o botón de arranque, o cal terá unha forma ou outra, pero estará sempre na parte frontal e terá algún símbolo ou lenda que o identifique, como "Power", ou algo similar. Unha vez pulsado o devandito botón, empeza a chegar a corrente ao ordenador e este realiza unha serie de comprobacións a través da Bios (comproba os discos duros que ten o PC, a memoria Ram dispoñible, etc.) e a continuación pasa o mando ao sistema operativo (na maioría dos casos será Windows). Todo isto presentarase a través de diversas pantallas e verase que a carga de todo o sistema operativo leva un tempo, depende moito da cantidade de datos e programas que o ordenador teña cargado. Neste momento deberemos tamén acender o monitor ou pantalla, o cal ten tamén un botón na súa parte frontal que ao pulsalo fai que lle chegue corrente e se acenda. Se se trata de Windows XP a primeira pantalla que aparecerá será unha de benvida na que poden existir varios usuarios creados, como se ve a continuación.

Page 16: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

16

Unha vez aquí, pícase unha vez co botón esquerdo do rato., e veremos que o sistema carga a configuración e ao final lévanos á pantalla de traballo, que se chama ESCRITORIO, e que máis ou menos se parecerá a estas: NOTA: o rato dispón normalmente de 2 botóns, un á esquerda e outro á dereita, e ademais os máis modernos teñen unha “rodiña” no medio dos dous botóns.

Poden aparecer diversas opcións de pantalla de Escritorio, pero sempre rematará nunha delas ao acender o ordenador. No Escritorio, na parte de abaixo, hai unha barra que pode cambiar de aspecto dun ordenador a outro ,segundo as configuracións. Pero o importante é que sempre haberá á esquerda un botón que se chama "Inicio", e á dereita outro no que aparece a hora e outros elementos.

Page 17: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

17

► O BOTÓN “INICIO”:

O menú do botón inicio é o centro de control de Windows XP. A maioría das aplicacións teñen aquí un incono para acceder fácilmente a elas. Este menú ten dúas columnas e diferentes zonas:

1. A columna esquerda ten o acceso a Internet e ao correo electrónico na parte superior.

2. Na parte inferior hai unha lista das aplicaciones utilizadas recientemente.

3. Abaixo de todo ten o acceso a todos os programas. 4. La columna dereita mostra “Mis documentos, Mi música, MipC, Mis

sitios de red”, etc. 5. Baixo as columnas temos os botons cerrar sesión e apagar o

equipo.

NOTA: Para completar a información pódese acceder ao seguinte video- titorial de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: GUIA BÁSICA DO USO DA COMPUTADORA http://www.youtube.com/watch?v=nzmXyrVX2Zo&feature=related

Page 18: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

18

V - O ESCRITORIO O escritorio é a pantalla que se ve despois de iniciar a sesión en Windows. É unha das características máis importantes do equipo. O escritorio pode conter accesos directos aos programas, documentos, carpetas e, mesmo, ás impresoras que utilice con máis frecuencia.

De forma predeterminada, o escritorio contén as características seguintes: ■ Os meus documentos Esta carpeta é a situación de almacenamento predeterminada de documentos, gráficos e outros arquivos, incluídas as páxinas Web gardadas.

Page 19: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

19

Os meus documentos contén a carpeta As miñas imaxes, que pode utilizar para almacenar imaxes descargadas do escáner ou a cámara dixital. Tamén contén outras como: Os meus videos, Os meus sons ,Descargas, etc… ■ O meu PC Esta carpeta úsase para ver rapidamente o contido de discos duros, disquetes, unidade de CD-ROM e unidades de rede asignadas. Dende O meu PC tamén se pode abrir o Panel de control, no que se poden configurar moitos valores do equipo. ■ Os meus sitios de rede Esta carpeta é para buscar recursos compartidos na rede á que está conectado o equipo. Tamén se poden crear accesos directos a servidores de rede, Web... ■ Papeleira de reciclaxe A Papeleira de reciclaxe almacena os arquivos, as carpetas, os gráficos e as páxinas Web eliminados. Estes elementos permanecen na Papeleira de reciclaxe ata que se baleira. Se se desexa recuperar un elemento que se eliminara, pódese facer dende a Papeleira de reciclaxe. ■ Internet Explorer Mediante unha conexión a Internet e Microsoft Internet Explorer pódese acceder a diferentes páxinas.

Page 20: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

20

■ Barra de tarefas Un dos elementos máis importantes do Escritorio é a Barra de Tarefas. Mediante esta podemos acceder aos Programas instados no PC, así como crear accesos rápidos dentro dela para ter unha execución máis áxil das aplicacións utilizadas con máis fecuencia. A barra de tarefas aparece na parte inferior da pantalla. Cando se abre un programa, aparecerá un botón para o devandito programa na barra de tarefas. Hai que facer clic nos botóns de programa para cambiar rapidamente dun programa a outro. A Barra de Tarefas pódese dividir en tres seccións principais: 1ª. - O Botón Inicio: que se pode utilizar para iniciar rapidamente un programa, buscar un arquivo, ter acceso á axuda ou apagar o equipo. 2ª.- A parte central da Barra de Tarefas: onde se mostran os botóns dos programas que se están a utilizar e onde se poden agregar ou quitar Barras de Ferramentas, como a de Inicio Rápido que lle dá acceso aos programas máis utilizados.

Page 21: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

21

3ª.- A área dereita da Barra de Tarefas: aquí encóntrase o reloxo do sistema e os íconos das aplicacións que se cargan cando inicia Windows.

■ Traballar co Escritorio Na área de traballo do Escritorio pode haber calquera tipo de elementos. Mesmo se pode modificar, agregar ou eliminar os devanditos elementos. Todo o contido dentro do Escritorio é modificable, salvo por tres elementos que son creados cando Windows é instalado por primeira vez, e que baixo ningunha circunstancia deben ser modificados. Estes son: - O meu PC - Os meus Documentos - A Papeleira de Reciclaxe ■ Para crear un acceso directo Un acceso directo é unha forma rápida de iniciar un programa, ou de abrir un arquivo ou unha carpeta, sen ter que buscar a súa situación permanente no disco duro ou na unidade de disco. Os accesos directos son especialmente útiles para programas, arquivos e carpetas que se utilicen con frecuencia. Como só son unha referencia ao arquivo orixinal, a súa eliminación non causa ningunha alteración ao elemento ao que está a facer referencia. Procedemento para crealo: 1.- No escritorio, faise dobre clic en O meu PC. 2.- Facemos clic no elemento, como un arquivo, programa, carpeta, impresora ou equipo, para o que desexe crear o acceso directo. 3.- Se o elemento está situado nunha unidade, hai que facer dobre clic nela

Page 22: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

22

e despois buscar o elemento. 4. -No menú Archivo, faaise clic en Crear acceso directo 5.- Por último, arrastrar a icona de acceso directo ata o escritorio.

Tamén se pode arrastrar o elemento ao escritorio co botón dereito do rato e, a continuación, facer clic na opción Crear iconas de acceso directo aquí, que aparece no menú contextual. Outra forma de crear un acceso directo no Escritorio ou dentro da carpeta que desexe, é facendo clic, co botón dereito do rato, nunha área onde non haxa ningún elemento (xa sexa no Escritorio ou dentro dunha carpeta) e do menú contextual seleccionar a opción Novo. Unha vez seleccionada a devandita opción, aparece un submenú do que se debe seleccionar a opción Acceso Directo. Neste momento aparece un asistente que nos guiará a través de todo o proceso de creación do acceso directo. Unha vez creado o acceso directo, pódese arrastrar para situalo na barra de inicio rápido que se encontra na parte central da barra de tarefas.

Page 23: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

23

VI – APAGADO DO ORDENADOR

O primeiro que debemos saber é que NUNCA se deberá apagar o ordenador volvendo pulsar sobre o botón que apretamos cando o acendemos, xa que, aínda que desta forma o ordenador tamén se apaga, existe o risco de que algo saia mal e a próxima vez que queiramos traballar de algún tipo de erro.

Iso débese a que o ordenador, igual que vimos cando se acendía, tamén necesita realizar unha serie de comprobacións (pechar programas abertos, gardar configuración persoal, etc.) antes de apagarse.

Hai veces (pero en moi contadas ocasións) en que o ordenador se "colga" (é dicir non responde para nada ao rato nin ao teclado) e é preciso, "por causas de forza maior", apagalo mediante o botón mencionado (é o que se chama no argot "dar botonazo").

Page 24: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

24

Veremos a forma correcta en que deberemos realizar esta tarefa:

Debemos ter en conta que estamos a falar da barra inferior do Escritorio.

1º.- Movemos a frecha do rato ata colocala enriba do botón “Inicio” e pulsamos unha vez co botón esquerdo do rato, para que saia o menú que vemos abaixo.

2º.- Agora volvemos mover a frecha ata colocarnos sobre a última liña que pon " Apagar equipo... " e volvemos picar unha vez con botón esquerdo sobre ela.

Page 25: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

25

Hai que recordar que, segundo a versión do sistema operativo Windows que teña o ordenador, a aparencia desta barra inferior podería ser diferente á que se mostra nas imaxes, polo tanto, esa barra podería aparecer con distinto aspecto, pero o funcionamento será idéntico ao explicado.

3º.- Teremos que picar agora, novamente co botón esquerdo, sobre o botón “Apagar " e isto fará que realmente comece o proceso de apagamento do ordenador, coas comprobacións oportunas, sen que teñamos que facer nada, ata que ao final notemos como o PC deixa de funcionar. Feito o anterior, apagamos a pantalla oprimindo o correspondente o botón frontal desta. Deste xeito o equipo apágase de forma correcta.

A ser posible, sempre se debería seguir esta norma para proceder a apagar o noso equipo de forma correcta e evitar así que poidesen presentarse algúns problemas cando volvésemos acendelo máis adiante. Puntalmente, xorden ocasións en que non nos quedará máis remedio que apagar mediante o botón de encendido xa que o noso equipo non responde á secuencia que explicamos. Neste caso, apagarase oprimindo o botón de encendido. NOTA: Pode acontecer tamén (moi raras veces) que o noso ordenador non se apague de ningunha forma. Neste caso a solución é desenchufar a toma de corrente e volver conectala.

Page 26: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

26

VII – O RATO (MOUSE)

O segredo para manexar o rato correctamente está na postura seguinte: "Deberá apoiarse a man sobre a mesa pero só na parte máis próxima ao pulso, mentres que cos dedos polgar polo lado esquerdo e anular e maimiño polo dereito o suxeitamos suavemente por ambos os dous lados do rato. Así conseguimos telo suxeito, pero ao mesmo tempo permítenos movelo en todas as direccións sen ter que mover a palma que temos apoiada. Deste xeito, quédannos libres dous dedos, o índice para poder pulsar o botón esquerdo do rato, e o medio para pulsar o botón dereito,"

Esta é a forma de collelo, pois un erro moi frecuente é abranguelo coa man enteira e para calquera desprazamento, mover rato e man a un tempo. Deste xeito é moi difícil á hora de colocar a frecha (chamada "punteiro do

Page 27: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

27

rato") nun sitio e logo pulsar o botón xa que se moverá o rato e pulsaremos onde non queriamos. É moi importante practicar, para coller dominio cos movementos do rato e sobre todo para apuntar con facilidade onde se queira picar. O rato ten a seguinte forma:

NOTA: o rato dispón normalmente de 2 botóns, un á esquerda e outro á dereita, e ademais, os máis modernos, teñen unha “rodiña “no medio dos dous botóns. O punteiro do rato ten forma dunha flechiña que, ás veces, cando se coloca en certos sitios, cambia á forma dunha man. A única finalidade deste punteiro é colocalo sobre calquera elemento que queiramos abrir, pechar, ou marcar, e unha vez sobre el, facer que mediante un ou dous clics se efectúe a acción.

Page 28: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

28

O rato é un "elemento de entrada" do ordenador e vai conectado mediante un cable a unha toma especial situada na parte posterior do ordenador, así que se un día comprobásemos que deixa de funcionar, a primeira medida a tomar sería comprobar seguindo o devandito cable que a conexión é correcta, pois podería acontecer que se tivese soltado ou se tería afrouxado. Dicir tamén que hai ratos que non teñen cable, "ratos inarámicos", e as accións, realizámolas con el, a través de raios infravermellos, aínda que o funcionamento é o mesmo. Co punteiro do rato adoitan realizarse 3 accións: 1.- Unha delas é facer click co botón esquerdo, unha ou dúas veces (cando son 2 veces hai que facer o click-click á présa para que tome as dúas accións), 2.- Outra é facer click unha soa vez co botón dereito. 3.- A terceira é arrastrar un obxecto.

Explicamos as funcións con máis detalle: 1.- Co botón esquerdo non hai normas para saber se hai que facer un só click ou dous, o que si temos claro é que se usa para realizar accións como: abrir unha carpeta, pechar unha ventá, facer que se mostre unha foto, etc…. Como norma teremos que ver se o que queremos facer sae cun só clic ou pola contra precisamos 2 clics. Isto vaise collendo co tempo e a práctica. 2.- Co botón dereito, adóitase pulsar para que nos aparezan varias opcións para elixir. Por ejemplo, se estando no Escritorio, colocamos a frecha do

Page 29: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

29

rato en calquera parte sobre o centro e pulsamos o botón dereito veremos que aparece isto:

3.- Para mover unha ventá ou outra cousa que teñamos na pantalla adóitase picar sobre a barra azul superior e SEN SOLTAR O BOTON ESQUERDO móvese o rato. Veremos así, como arrastramos o obxecto e non se soltará ata que nós deixemos de pulsar o botón esquerdo.

O manexo do rato é moi importante posto que todas as accións que realicemos no ordenador consíguense con él (aínda que se pode substituír por combinacións de teclas, pero é moi complicado).

Page 30: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

30

VIII – O TECLADO

O teclado é moi importante, xa que é o medio co que introducimos datos ao PC. Consta dun gran número de teclas. E é un elemento de entrada de datos ao noso equipo, xa que a través del, poderemos introducir TODO no noso ordenador Os teclados, aínda que se presenten modelos moi variados, vistosos e ergonómicos, ata existen xa sen cable (os chamados "inalámbricos"), sempre terán, no tocante ás teclas, unha apariencia similar ao que presentan as fotos.

Page 31: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

31

O teclado está dividido en tres partes diferenciadas: 1ª.- Unha, á esquerda, que é o chamado Teclado Alfanumérico que é o que máis teclas ten; 2ª.- Á dereita o Teclado Numérico que se parece a unha calculadora. 3ª.- Outro grupo de teclas no centro. ► O TECLADO ALFANUMÉRICO: Componse de todas as letras do alfabeto (como si dunha máquina de escribir se tratara) e outras que veremos a continuación:

“Esc" que se atopa na parte superior esquerda do teclado, e serve para salir dalguns programas (ou algún xogo).

“Tabulación”, que aparece tamén á esquerda e algo máis abaixo; serve para realizar "saltos do cursor", por exemplo cando traballamos nun programa de textos como Word, son sempre saltos cara adiante no parágrafo,

“Bloq Mayus", atópase debaixo da anterior. Como o seu nome indica serve para que, ao pulsarla, todo o que se escriba a partir dise momento saia en maiúsculas. Para volver a escribir en minúsculas, vólvese

Page 32: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

32

a pulsar. Sábese cando está activada porque á dereita do teclado encéndese unha luceciña verde.

“Maiúsculas” ou “Shift” que serve para que ao pulsala e sen soltala escribamos unha ou varias letras, coa outra man, en maiúsculas. No momento en que a soltamos todo aparecerá en minúsculas outra vez. É unha das teclas duplicadas por comodidade, por eso está tamén á dereita deste bloque alfanumérico .

“Alt" é outra das que están duplicadas (na parte dereita suele vir como "AltGr") e sirve para realizar determinadas accións en combinación con outras teclas, pero solo en determinados casos.

“Tecla Control" que tamén está duplicada. Úsase en determinados casos e é moi útil. Exemplo: Copiar-pegar: pulsando esta tecla e sen soltala pulsar a tecla C, así aparecerá copiado un texto que se teñaseleccionado. Posteriormente púlsase esta tecla e sen soltala, ao pulsar a tecla V, o texto copiado, quedará pegado.

“Barra espaciadora", é a máis grande do teclado. Distínguese fácilmente na parte inferior. Ao igual que nunha máquina de escribir, sirve para dar un espacio a fin de separar unha palabra doutra; evidentemente, cada vez que se pulse avanzarase un espacio, as veces que se precise.

Page 33: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

33

“Enter" ou tamén chamada "Return"; distínguese fácilmente porque é tamén bastante grande e está sempre na mesma posición á dereita e centrada no teclado alfanumérico. Serve para executar algo, por exemplo para dar un salto a seguinte línea nun texto. Ás veces aparece únicamente coa flecha que se ve, sin a lenda "Enter", pero distínguese fácilmente pola súa forma. Tamén serve para completar unha tarefa, cando indiquen "pulsa Enter".

“Retroceso" que está sempre enriba da que acabamos de ver, e serve para borrar a letra que está á esquerda do cursor, ou varias seguidas, se a mantemos pulsada sin soltala. ► TECLAS DE FUNCIÓN:

Van da F 1 hasta a F 12 e úsanse en determinados programas, cando este as pida explícitamente. ► TECLADO NUMÉRICO: Está á dereita do teclado e componse dunha serie de teclas cos números do 1 ao 0 e tamén teclas para as operacións básicas ( suma (+), resta (-), multiplicación (*) e división ( / ). Ademáis de "Intro", "Supr" e a superior esquerda que é "Bloq Num". Úsase normalmente para ingresar números, pero sempre que esté activada a tecla de " Bloq Num "; cando sí esté activada estará encendida unha luceciña verde enriba da tecla.

Page 34: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

34

► TECLAS CENTRAIS: Neste conxunto de teclas centrais son de destacar as 4 que teñen unha flecha indicando as 4 direccións que serven para subir, baixar, ir á esquerda ou á dereita nun escrito.

►TECLAS DE DESPRAZAMENTO: As teclas de exploración ou desprazamento de documentos son as seis teclas situadas sobre as teclas do cursor. Delas, catro fan funcións de desprazamento rápido: - Inicio, permítenos desprazarnos ao inicio dunha línea. - Fin, permítenos desprazarnos ao final dunha línea. - Re Pág, permítenos desprazarnos na pantalla seguinte, vendo na primera línea a que antes estaba na última. - Av Pág, permítenos desprazarnos na pantalla anterior, vendo na última línea a que antes estaba na primeira da pantalla. - Insertar (Insert), pulsándoa cámbiase alternativamente do modo de edición de “Inserción” ao de “sobreescribir”. No primeiro modo, ao escribir, o texto novo fai un hoco entre o antiguo sen borralo. No de “sobreescribir”, ao escribir, vaise borrando o antiguo. - Suprimir (Supr) chamada tecla Suprimir e que serve para suprimir a letra que está á dereita do cursor e si a mantemos oprimida sin soltala irá borrando rápidamente todas as letras á sua dereita hasta que a soltemos. É parecida á tecla "Retroceso" coa diferenza de que unha borra o que hai á súa dereita e a outra o que hai á súa esquerda. ►OUTRAS FUNCIÓNS: ● Os acentos: Cando queremos escribir algunha palabra que leva acento ou til, debemos pulsar primeiro a tecla da til, (situada á dereita da tecla ñ) e despois a tecla da vogal que leva a til.

Page 35: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

35

● Os signos de puntuación: Os signos de puntuación son: o punto, a coma, o punto e coma e os dous puntos. Os dous primeiros escríbense como se foran letras Minúsculas, mentres que os dous segundos escríbense mantendo pulsada a tecla Maiúsculas mentres pulsamos a tecla do signo correspondente. Estes signos de puntuación escríbense sempre inmediatamente detrás da palabra, non deixando espazo entre a palabra e o signo. O espazo deixase detrás do signo. Outros signos de puntuación son: abrir e pechar interrogación, abrir e pechar admiración, abrir e pechar parénteses, guión e guión baixo. NOTA: Nas teclas que teñen dous signos, os da parte de arriba escríbense pulsando a techa das mayúsculas. Os de abaixo normalmente. Hai teclas que teñen tres signos, neste caso hai que pulsar ctrl + alt para que apareza ese terceiro signo ou símbolo. NOTA: Para completar a información pódese acceder aos seguintes video- titorias de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: VIDEO DE COÑECEMENTO DO TECLADO: http://www.youtube.com/watch?v=_SghSIS0_8U&feature=related ☻▬ VIDEO TITORIAL: USO DO TECLADO: http://www.youtube.com/watch?v=JujiCe7CCtc&feature=related

Page 36: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

36

IX - ARQUIVOS E CARPETAS:

► ARQUIVOS:

Os arquivos son conxuntos de información que poden referirse a textos, imaxes, vídeos, etc. Os diferentes tipos distínguense pola icona que os representa, e a extensión que os define.

Exemplos de iconas:

Unha extensión consta de tres palabras que van separadas do nome do arquivo por medio dun punto. Exemplo:

- Documento.doc - Documento.pdf - Documento.xls - Documento.mbd - ...

A icona dun arquivo mostra o programa ao que está asociado, isto é,

aquel co cal se abrirá cando fagamos dobre clic sobre el.

● Creación de arquivos: Para crear o arquivo debemos colocarnos no lugar onde queiramos

que esta se sitúe (Escritorio, carpeta...). Para crealo deben seguirse os seguintes pasos:

Page 37: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

37

1. Facer clic no botón dereito do rato. 2. Facer clic en Novo. 3. Seleccionar o tipo de arquivo que se desexe crear. 4. Escribir o nome que queiramos poñer ao arquivo.

No 3º paso, aparecerá unha lista de posibles arquivos segundo as aplicacións que se teñan instaladas no ordenador.

● Organización dos arquivos

A distribución dos arquivos nunha carpeta pode adaptarse ás nosas necesidades. Podemos organizalos en función de: nome, tamaño, tipo ou modificado.

Para iso, en calquera punto dentro da carpeta facemos clic no botón dereito e eliximos a opción que máis nos conveña.

Page 38: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

38

Ademais, tamén podemos escoller a forma en que se verán as

iconas da carpeta. As diferentes posibilidades son:

- Tira de imaxes: Só dispoñible en carpetas que conteñan fotos. - Vista en miniatura: Como a anterior, pero sen mostrar a imaxe en Grande. - Mosaicos: Mostra as iconas a tamaño grande. - Iconas: Mostra as iconas no seu tamaño real. - Lista: Mostra as iconas nun tamaño moi pequeno. - Detalles: Igual que antes, pero mostrando información detallada sobre cada arquivo.

Para iso faremos clic no

botón dereito > Ver.

Page 39: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

39

● Seleccionar arquivos:

Os arquivos ou carpetas selecciónanse cando se desexa realizar algunha tarefa sobre eles, por exemplo, copiar, mover ou borrar. Para seleccionar un arquivo ou carpeta, abonda con facer clic sobre el. Para seleccionar todos os arquivos dunha carpeta pódese premer Ctrl+E, ou tamén facer clic en Edición e logo en Seleccionar todo. Para seleccionar varios arquivos, pódese ir marcando un a un facendo clic sobre eles mentres se mantén premida a tecla Ctrl.

Para efectos de seleccionar, copiar, mover, eliminar e cambiar nome, os arquivos e as carpetas teñen o mesmo manexo.

● Copiar e mover arquivos:

Debemos distinguir entre copiar e mover. Dise que se copia un arquivo ou unha carpeta, cando tendo un

arquivo X nunha carpeta C1 faise un duplicado exactamente igual do arquivo X na carpeta C2, é dicir, despois de efectuar o proceso de copia teranse dous arquivos iguais, naturalmente en diferente situación, xa que non é posible manter dous arquivos co mesmo nome na mesma carpeta.

Cando se move un arquivo, non hai ningunha reprodución de

información, simplemente o arquivo pasa da carpeta C1 a C2. Só se poden mover arquivos entre carpetas que estean no mesmo disco. Cando o arquivo pasa dun disco a outro, non se move senón que se copia, é dicir mantense o arquivo orixinal e se fai unha copia no outro disco.

Para copiar un ou varios arquivos, debemos seguir os seguintes

pasos:

1. Seleccionar o ou os arquivos a copiar. 2. Facer clic en Edición. 3. Facer clic en Copiar. 4. Abrir a carpeta na cal desexa facer a copia (destino). 5. Facer clic en Edición. 6. Facer clic en Pegar.

Page 40: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

40

Outra opción sería: 1. Seleccionar o ou os arquivos a copiar. 2. Facer clic co botón dereito do rato sobre a selección. 3. No menú seleccionar Copiar. 4. Facer clic co botón dereito sobre a carpeta destino. 5. No menú seleccionar Pegar.

● Cambiar o nome a un arquivo: Para cambiar o nome a un arquivo,

facemos clic sobre o arquivo co botón dereito do rato, no menú seleccionamos a opción Cambiar nome e logo escribimos o novo nome do arquivo.

Page 41: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

41

► CARPETAS:

As carpetas son os directorios onde organizamos os nosos arquivos e programas. Estas poden conter outras subcarpetas á súa vez, as cales conforman unha ruta.

Exemplo: C:WINDOWS/Fonts: - onde C: indica o disco no que se encontra (o que se coñece como

directorio raíz) - WINDOWS é a primeira carpeta - e Fonts é a subcarpeta na que nos encontramos.

● Crear carpetas:

Para crear novas carpetas, simplemente dende a localización onde queiramos creala facemos clic no botón dereito do rato > Novo > Carpeta

● Personalización da carpeta:

Podemos editar o aspecto das carpetas, algo que pode ser moi

interesante para distinguir unhas doutras.

Page 42: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

42

Para isto, dentro da carpeta, faremos clic no botón dereito, eliximos Propiedades e dentro destas seleccionamos Personalizar.

NOTA: Para completar a información pódese acceder aos seguintes video- titorias de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: FICHEROS, CARPETAS, USUARIOS, EXPLORADOR…. http://www.youtube.com/watch?v=vSR2awmmSac&feature=relmfu

Page 43: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

43

X - EXPLORADOR DE WINDOWS

O Explorador de windows é o administrador de archivos oficial do sistema operativo Microsoft Windows. O Explorador é unha ferramenta indispensable nun Sistema Operativo, xa que con ela podemos organizar e controlar os arquivos e carpetas dos distintos sistemas de almacenamento A través del podemos, por exemplo, ver, eliminar, copiar ou mover arquivos e carpetas. ● Formas de iniciar o Explorador de Windows: A forma máis rápida de arrancar o Explorador é mediante a icona da barra de tarefas ou do escritorio. 1ª.- Se non está creada esa icona tamén se pode abrir o Explorador así: • Pulsar o botón Inicio. • Seleccionar Todos os programas. • Seleccionar Accesorios. • Seleccionar o Explorador de Windows.

Page 44: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

44

2ª.- Tamén se pode arrancar o Explorador dende o botón Inicio seleccionando Mis documentos, Mis imaxes ou Mi PC, a diferenza é que nestes casos situarénomos directamente nestas carpetas. 3ª.- Ou tamén seguindo os seguintes pasos: - Picar en Inicio. - Seleccionar Executar e na ventana que se abre escribir “explorer”. - Pulsar Enter.

● Seccións do explorador:

O explorador consta principalmente de dúas seccións:

1ª.- Na parte esquerda aparece a árbore de directorios, é dicir, a lista de unidades e carpetas que temos. Só aparecen unidades e carpetas, non arquivos.

Page 45: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

45

Se queremos ver o que contén unha carpeta pomos o punteiro sobre ela e picamos unha vez e así, móstranos o seu contido. 2ª.- Na dereita encontramos a outra sección, esta mostrará o contido da carpeta que temos aberta na sección da esquerda. Esta sección mostra as carpetas e os arquivos. Segundo o tipo de vista que teñamos activado veremos distinto tipo de información sobre os arquivos: nome, tamaño, tipo e data de modificación de cada arquivo, por exemplo, se temos activada a vista Detalles

Page 46: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

46

● Manexo de arquivos e carpetas Windows permite xestionar carpetas e arquivos dende diferentes utilidades, pero as máis utilizadas son “Mi PC” e o Explorador de Windows.

Page 47: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

47

Unha carpeta pode conter varias carpetas e cada unha destas á súa vez poden conter outras, así créase unha estrutura de carpetas que ten a finalidade de organizar mellor a información. Pode suceder que no momento de explorar o disco non se vexan todas as carpetas porque a estrutura non está despregada. Cando á esquerda das unidades de disco hai un signo +, indica que a devandita carpeta contén outras subcarpetas e se se pica nel permítenos amosalas Para ver que carpetas están dentro dun disco, ou dunha carpeta, só hai que facer clic sobre o signo + que está á esquerda desta. Isto non sirve para abrir a carpeta, só para que se vexan as subcarpetas. Ao despregar a estrutura, o signo + cambiase polo signo -, o que indica que esa estrutura ou o que tamén se chama árbore está expandida. Para recollela procedemos á inversa. Formas de ver a información: Hai varias maneiras de ver a información dos discos e carpetas, entre elas: - Ver como Páxina Web. - Lista e Detalles.

Page 48: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

48

Para establecer un tipo de visualización picamos na opción Ver na Barra de menú e eleximos a opción que nos interese. Así cambiará o contido da ventá, en función da devandita elección. A orde en que se mostran os arquivos pode facilitar a súa localización. Para cambiar esa orde, a opción “Organizar iconos”, permítenos ordenar tendo en conta ou nome, tipo, tamaño ou data.

● Botóns

É moi importante coñecer os BOTÓNS da parte superior dereita:

Na ventá do Explorador (e en calquera ventá de Windows ou doutro programa que traballe con Windows) sempre aparecerán na parte superior dereita os 3 botóns:

1º- O primeiro deles: É o chamado " botón Minimizar " e serve para que se se está a traballar nunha ventá, e se se quere quitala da pantalla, pero sen que o programa se peche, pícase no devandito botón e o programa vaise á barra inferior do Escritorio, deste xeito:

Na barra da imaxe hai, neste momento, 3 programas "minimizados", é dicir, non están pechados e en calquera momento, se se coloca a frecha do rato sobre un deles e se fai un clic co botón esquerdo, inmediatamente se volve abrir.

2º- O segundo dos botóns: chámase de " Maximizar " e ten 2 formas, unha na que aparece como se ve na imaxe e que indica que a ventá

Page 49: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

49

está no seu menor tamaño, e o outro: que nos indicará que a devandita ventá está no maior tamaño, é dicir, ocupando toda a pantalla.

3º- O botón x cerra a ventá.

● Movementos das ventás e cambio de tamaño:

Podemos mover as ventás dun lado a outro e cambialas de tamaño. Para eso teremos que buscar que apareca a dobre frecha.

Para iso debemos achegar a frecha do rato cara a unha liña exterior da ventá ata que se converta en dobre frecha.

Será xusto neste momento cando hai que pulsar o botón esquerdo do rato e sen soltalo mover o rato á esquerda ou á dereita, comprobando como se "alonga" ou se "estreita" a ventá. Cando teña o tamaño que se desexa, sóltase o botón esquerdo e quedará nese sitio o lado que se moveu.

Isto mesmo pódese facer por arriba ou por abaixo as veces que se queira.

Exemplos de ventás modificadas:

Page 50: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

50

Tamén se pode realizar o cambio no tamaño dunha ventá dunha soa vez e de forma proporcionada, ou sexa que a ventá se agrande ou empequeñeza proporcionadamente, sen ter que facelo pola esquerda, logo dereita, etc...

A forma é pasar suavemente a frecha do rato, pero esta vez, por calquera dos 4 vértices da devandita ventá, buscando que aparece a dobre frecha.

Page 51: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

51

Neste caso, dende o vértice superior dereito, tendo a dobre frecha negra activada, co botón esquerdo e sen soltar, arrastramos ata chegar ao tamaño desexado.

Outra posibilidade é cambiar, non o tamaño da ventá, senón o espazo existente entre as partes da ventá.

Colócase a frecha do rato (o punteiro) sobre a barra e no momento que pasa a ser unha dobre frecha, móvese á esquerda ou á dereita (sempre sen soltar o botón esquerdo do rato ) ata que se consiga o espazo que se queira, momento en que se solta botón esquerdo.

Exemplo de modificación do espazo dentro das ventás:

Page 52: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

52

Esto realízase así porque, cando traballamos con Windows, ás veces é necesario ter abertos, na mesma pantalla do ordenador, dous ou tres programas para facer cambios simultáneos, por exemplo se se necesita ter abertos 2 Exploradores, desta forma:

O modo de facelo consiste en abrir o Explorador, cambiarlle manualmente o tamaño e desprazalo á esquerda; logo abrir outra vez o Explorador, volver a cambiarlle o tamaño ata que non monte sobre o anterior, e finalmente deplazalo á dereita, como se ve na imaxe anterior.

Para desprazar as ventás dun lugar a outro procedemos do seguinte xeito:

Page 53: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

53

Móvese a frecha do rato ata que estea xusto enriba da zona azul superior da ventá do Explorador ( de calquera ventá) e nese momento, prememos o botón esquerdo do rato e sen soltalo, movemos o rato, de xeito que vemos como toda a ventá se despraza dun lugar a outro mentres non soltemos o botón. Hai que ter en conta que: 1º- Neste caso a frecha non se vonverte en dobre. 2º- Esta operación de mover a ventá non funciona se está aberta ao máximo o que é lóxico, xa que se está a ocupar todo o monitor .

● Barra de menús

En calquera ventá de Windows temos a barra do título que mostra o nome da carpeta na que nos encontramos..

A barra de menús contén os menús que nos permitirán acceder a todas as operacións que se poden realizar sobre un arquivo ou carpeta.

Ao picar en cada menú abriranse as opcións que o compoñen.

A barra estándar contén botóns para as operacións máis utilizadas, desta forma axilízanos as operacións.

Se non está visible esta barra seleccionase do menú Ver, a opción Barra de Ferramentas, a continuación selecciona a opción Estándar.

Page 54: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

54

O botón permitiran ir á última páxina que teñamos visto. O botón de ao lado, cando esta activo, permite ir una páxina cara adiante.

O botón Arriba permitirá subir de nivel, isto é, situarnos na carpeta que contén a carpeta actual.

O botón de Búsqueda móstranos unha ventá na que podemos buscar o arquivo que nós lle digamos.

O botón Carpetas fai que na parte esquerda da ventá se vexa a estrutura das carpetas ou bién unha zona coas tarefas máis frecuentes segundo o arquivo que teñamos seleccionado, nesta zona podemos encontrar, entre outros, os seguintes botóns:

- O botón permite copiar a outra carpeta arquivos ou outra carpeta.

- O botón permite mover carpetas ou arquivos o otro lugar.

-Co botón podremos eliminar unha/s carpeta/s ou arquivo/s.

Desfacer. Para poder desfacer o último cambio que fixésemos na estrutura de directorios temos no menu Edición, a opción Deshacer.

O resultado que obtemos ao copiar ou ao mover é similar xa que cos dous teremos o arquivo ou carpeta no lugar que nós deseabamos, pero cunha diferenza xa que ao mover, a carpeta ou arquivo orixinal desaparece mentres que ao copiar manteremos o arquivo ou carpeta orixinal. Mover un elemento consiste en cortalo e pegalo noutro sitio.

O último botón permítenos cambiar as vistas das carpetas (vista detalle, vista iconas grandes...)

Page 55: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

55

A barra de Direccións é moi coñecida en Internet porque é nela onde aparece a dirección da páxina web que estamos a visualizar. No explorador de Windows o funcionamento é o mesmo pero mostrado o nome da carpeta na que nos encontramos.

Picando na frecha negra aparecerá a estrutura cos discos do noso ordenador.

Se escribimos un nome na barra de direccións e pulsamos a frecha verde Windows buscará ese nome en Internet.

A barra de Estado mostra información adicional sobre os elementos que temos seleccionados. Esta barra é opcional, para activala hai que ir ao menú Ver, e picar en Barra de estado.

Se se selecciona un único obxecto e se trata dun arquivo mostrará información sobre que tipo de arquivo é, no caso de tratarse dunha unidade ou unha carpeta mostrará o número de obxectos (carpetas ou arquivos) que contén e o espazo libre que queda na unidade na cal nos encontramos.

NOTA: Para completar a información pódese acceder aos seguintes video- titoriais de Youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: O EXPLORADOR DE WINDOWS http://www.youtube.com/watch?v=psrnHVxuTjg&feature=related ☻▬ VIDEO TITORIAL: O EXPLORADOR DE WINDOWS XP http://www.youtube.com/watch?v=H1N83EpKL4E&feature=fvwrel

Page 56: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

56

XI - BÚSQUEDA DE CARPETAS E ARQUIVOS ● A opción Buscar: Nalgunhas situacións verémonos na necesidade de buscar ficheiros ou carpetas no noso ordenador sen saber exactamente onde os temos situados; para iso temos a opción de Buscar.

Así, iremos á columna da dereita do menú INICIO, onde aparecen distintas iconas, eliximos “Buscar”.

Entre as opcións de: - Arquivos ou carpetas…

- En Internet… - …

Eliximos: -Arquivos ou carpetas… e aparecerá a ventá:

Page 57: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

57

Esta ventá bríndanos distintas opcións:

- Imaxes, música, ou vídeo. - Documentos (…). - Todos os arquivos e carpetas. - Equipos e persoas. - …

Se non temos claro que tipo de arquivo buscamos, eliximos “Todos os arquivos e carpetas” e cubrimos os criterios que nos solicita e que coñezamos. Unha vez que o cubrimos, facemos clic en “Búsqueda” e xa está listo, comezará a procura dos documentos que respondan aos criterios marcados e a continuación nos mostrará os documentos atopados. Facendo dobre clic neles poderemos abrilos.

NOTA: Para completar a información pódese acceder ao seguinte video- titorial de Aula Clic: ☻▬ VIDEO TITORIAL: BÚSQUEDA DE ARQUIVOS: http://www.aulaclic.es/winxp/secuencias/buscar.htm

Page 58: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

58

XII - ACCESORIOS DE WINDOWS Trátase dunha serie de programas que Windows ten sempre no seu sistema e que aínda que son sinxelos son útiles para realizar algunha tarefa. Podémolos encontrar picando no botón "Inicio", no menú eliximos "Programas" (só colocarnos sobre el) e sae un novo menú , onde se nos colocamos sobre "Accesorios" aparecen varias opcións que elegiremos en función das nosas necesidades.

Podemos citar: - "Caderno de notas": serve para que poidamos escribir algo nel e ao final mediante a opción "Arquivo" e "Gardar como... " poderemos crear un ficheiro de texto ao que daremos un nome e a carpeta onde o gardaremos.

Page 59: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

59

- "Calculadora": que nos pode servir para efectuar algunhas operacións matemáticas, se picamos sobre ela, aparecerá:

- "Paint": que é un programa para debuxo (círculos, cadrados, de estilo libre, etc) e ademais pódense capturar imaxes mediante Copiar e Pegar (copiando unha imaxe doutro sitio e pegándoa), imaxes que despois se poden recortar, etc.

Finalmente, se fixemos a ruta: "Inicio-Programas-Accesorios" pero non queremos arrancar ningún dos programas, pódese saír dos diversos menús despregados picando con botón esquerdo en calquera parte fóra dos devanditos menús.

Page 60: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

60

XIII - ALMACENAMENTO DE DATOS

Para o almacenamento de datos, hoxe en día, o chamado disquette, desapareceu e xa non o usa ninguén, incluso os novos ordenadores xa non traen a clásica disqueteira que tanto se usou hai poucos anos.

Os medios dos que dispoñemos hoxe para almacenar datos aumentan enormemente as capacidades.

► CD –DVD:

Trátase dun disco cunha cara preparada para que un aparato electrónico chamado "lector/gravador de CD's", poda gravar datos e lelos.

A capacidade aumentou considerablemente respecto aos disquettes, xa que estes CD's poden almacenar ata 700 MB.

Os ordenadores contan cun lector/gravador que se abre cun botón, de xeito que permite que insiramos o CD ou DVD, volver a pechar e proceder á súa lectura.

Page 61: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

61

Mentres o CD estea dentro do lector, pódese traballar dende o “Explorador” creando nel carpetas, gravando datos, etc... Tamén se pode oír música, ver fotos ...

►DISCO DURO EXTERNO: O disco duro externo naceu para satisfacer unha necesidade demandada polos usuarios. Trátase da posibilidade de dispoñer dun espazo de almacenamento externo que permita levar doadamente os datos dun lugar a outro.

O seu manexo non ten dificultade, conta con un cable que se conecta a un dos portos USB do equipo e en canto está conectado ao equipo, este, automaticamente, o recoñece e queda listo para traballar con el.

Unha vez recoñecido, será unha unidade máis para o noso ordenador, que se chamará por exemplo “M:” Actualmente pode ter 500 GB ou máis.

Aquí pódese gravar, borrar, volver gravar, todo canto se desexe ou precise.

Unha vez rematado o seu uso, desconectase do equipo e lévase con todos os datos que conteña, sen que quede rastro no ordenador.

Antes de desconectar o cable convén sempre “expulsar” o dispositivo dende a icona correspondente ou picando co botón dereito do rato na opción “expulsar”.

Page 62: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

62

► O PENDRIVE OU MEMORIA USB.

Outra grande utilidade que é moi usada por todos é o chamado pendrive, que se parece a un chaveiro.

Normalmente ten unha protección que abrimos cun simple xiro para que quede libre o conector USB que deberemos introducir en calquera dos portos USB do noso ordenador.

Ao igual co disco duro externo, o pendrive tamén será recoñecido automaticamente polo equipo, e asignaralle unha letra de unidade (" L: "Por exemplo). Dende o momento que está conectado ao ordenador pódese gravar en nel canto se queira, sempre co límite da súa capacidade. Esta varia moito e pode ser de 2 GB, 4GB, 8 GB, 16 GB e mesmo de 32 GB. O precio está en función da súa capacidade. Son comodísimos, debido ao seu pequeno tamaño que permite levalo a calquera sitio, introducilo en calquera ordenador (sempre que dispoña dun porto USB) e usalo cando se precise.

Page 63: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

63

XIV - INTERNET

► QUE É INTERNET? Poderiamos dicir que é o que permite consultar páxinas web e usar o correo electrónico, algo novo, moderno e que parece que vai cambiar a nosa forma de vivir; pero detrás de Internet hai moito máis Internet é unha enorme rede que interconecta ordenadores situados en calquera parte do mundo, permitindo compartir información entre calquera ordenador conectado a esta rede.

Page 64: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

64

Unha das principais características de Internet é a enorme cantidade de información que contén e que na maioría dos casos é accesible de forma libre e gratuíta. O principal inconveniente é poder encontrar rapidamente o que se busca. Será posible enviar en cuestión de segundos mensaxes ou calquera información a calquera parte do mundo por moi afastada que se encontre e acceder aos contidos de millóns de webs repartidas por todo o mundo, onde encontraremos calquera información que nos interese. O principal inconveniente é poder encontrar rapidamente o que se busca. Os ordenadores pódense comunicar porque están unidos a través de conexións e grazas a que utilizan unha linguaxe ou protocolo común, o TCP/IP A chamada "rede de redes" (Internet) non só consta de páxinas web e o correo electrónico; ademais existen foros, chats, navegadores, buscadores, ferramentas de creación/deseño de webs, blogs, multimedia a través de Internet, etc…

Page 65: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

65

► COMO SE TRANSMITE A INFORMACIÓN NA REDE? O proceso é bastante complexo, pero explicado de xeito abreviado sería: - Existen dous protocolos aceptados universalmente chamados TCP/IP TCP: Protocolo de Control da Transmisión IP: Protocolo de Internet - A súa misión é a de dividir a información que enviamos, en pequenos "paquetes" que se envían ao destino axeitado, onde son "unidos" de novo para que a información ao completo sexa vista e usada polo receptor. - Para que se poida garantir que os paquetes cheguen ao seu destino correctamente, existen os routeres que xogan un papel moi importante en Internet. - Estes entrarán en funcionamento sempre que se envían datos dunha rede a outra diferente.

Segundo o esquema que podemos ver na imaxe, un usuario conéctase á rede (a través dun modem ou un router, xa sexa por liña telefónica, cable, satélite, etc...).

Page 66: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

66

A partir deste momento o protocolo TCP/IP entra en xogo. Grazas a él existe comunicación co Provedor de servizos de Internet (ISP) dando a coñecer a dirección física concreta do PC. Utilizando TCP/IP, o ISP asigna unha dirección IP ao PC e nese momento prodúcese o acceso á rede. ► A CONEXIÓN A INTERNET Fai non tantos anos, a conexión a Internet realizábase mediante un modem. Contratábase un servizo chamado "tarifa plana" que permitía a conexión durante determinadas horas ao día, cobrando a compañía un plus se se usaba fóra destas horas...

Actualmente, cos enormes recursos que ofrecen os sitios web en forma de gráficos, multimedia, etc..., o uso do sistema anterior é totalmente obsoleto e sería inviable. É por iso que se implantaron os chamados "servizos con conexión de banda ancha", que fai referencia a unha conexión de alta velocidade aos servizos de Internet. Así ademais dunha maior velocidade, pódese dispoñer da utilidade do uso do teléfono separadamente. Pódese estar a recibir unha chamada telefónica e navegar ao mesmo tempo en Internet, sen que haxa interferencia ningunha en ambos os dous servizos...

Page 67: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

67

Existen varios modos de conexión de banda ancha, aínda que actualmente as máis difundidas son a de ADSL e a máis moderna ADSL2+. Ambas as dúas usando unha conexión por IP que se contrata dependendo da velocidade e non do tempo de conexión (que é permanente, as 24 horas do día estaremos conectados a Internet). A conexión nestes servizos de banda ancha realízase mediante modem ADSL ou router ADSL. Estase a impoñer a conexión a través de router.

Outra función importante que xestionarán os routeres de xeito eficaz, será a instalación no noso fogar dunha rede local de dous ou máis ordenadores que poderán compartir o uso de Internet e mesmo outros recursos como unha impresora por exemplo.

Page 68: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

68

Ultimamente é frecuente dispoñer dun router apto para crear unha rede inarámica (wi-fi) mediante a cal poderemos acceder aos recursos dun ordenador (o principal) dende outros que accederán a eles sen necesidade de conexión física mediante cableado. Tan só haberá que realizar unhas sinxelas configuracións en ambos os dous equipos para poder montar no noso fogar unha rede wi-fi.

► CARACTERÍSTICAS QUE DEFINEN A INTERNET 1ª.-Universal. Internet está practicamente por todo o mundo. Dende calquera país podemos ver información xerada nos demais países, enviar correo, transferir arquivos, comprar, etc.

Page 69: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

69

Esta universalidade formula algúns problemas legais, xa que o que é legal nun país pode non o ser noutros. Non existe unha lei universal que obrigue a todos os países.

2ª.-Doada de usar. Non é necesario saber informática para usar Internet. Nuns minutos, calquera usuario con pouca experiencia aprende a identificar os enlaces.

Page 70: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

70

Calquera persoa pode ser capaz de navegar por un sitio web. Esta facilidade de uso fai que Internet sexa adecuada para ensinar a calquera tipo de persoas dende nenos a persoas maiores, e se poidan facer tarefas moi diversas dende xogar ata aprender. 3ª.-Variada. En Internet pódese encontrar case de todo. Por suposto que tamén hai moitas cousas inútiles, pero pouco a pouco irá quedando só o bo. Tamén hai que dicir que entre esta variedade hai cousas pouco recomendables polo que os pais deben estar atentos cos seus fillos. Existen formas de limitar o acceso a certos tipos de páxinas. 4ª.- Económica. Se se pensa o que custaría ir a varias bibliotecas e revisar varios libros, ou visitar varias tendas para buscar un produto e se compara co que custa facer o mesmo en Internet o aforro de tempo e diñeiro é impresionante. Crear unha tenda en Internet á que teñen acceso millóns de persoas pode ser máis rendible que abrir unha tenda no barrio que só visitarán unhas poucas persoas. Aínda que estas tendas tamén teñen outras vantaxes. 5ª.-Útil. Dispoñer de moita información e servizos rapidamente accesibles é, sen dúbida, algo útil. Destacaremos a formación a distancia como unha das cousas máis útiles que ten Internet. Xa é posible gozar de cursos interactivos con profesor on-line que resultan tanto ou máis eficaces que desprazarse a un centro de formación, e moito máis barato.

6ª.-Libre. O espírito de deixar circular a información libremente é unha das razóns que permitiu o crecemento espectacular de Internet.

Page 71: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

71

Calquera pode colocar en Internet información sen censura previa (agás nalgúns países como Irán ou China), isto permite expresar libremente opinións, e decidir libremente que uso damos a Internet.

Esto é algo importante que permite que as persoas se sintan máis libres e teñan máis capacidade de reacción fronte aos poderes establecidos. Pero tamén facilita o uso negativo da rede, por exemplo mediante a propagación de material ilegal. 7ª.-Anónima. Podemos dicir que ocultar a identidade, tanto para ler coma para escribir, é bastante sinxelo en Internet. 8ª.-Autorregulada. Quen decide como funciona Internet? Algo que ten tanto poder coma Internet e que manexa tanto diñeiro non ten un dono persoal. Non hai ningunha persoa ou país que mande en Internet. Neste sentido podemos dicir que Internet se autorregula ou autoxestiona. A maioría das regras que permiten que Internet funcione saíron da propia Internet.

Page 72: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

72

9ª.- Un pouco caótica O feito de que entre todos construamos Internet, sen unha supervisión estrita, pode dar a impresión de ser un pequeno caos xa que ninguén asegura que todo funciona ben. Son os propios usuarios os que alertan dos malos funcionamentos ou deixan que as páxinas que non son o suficientemente competentes queden no esquecemento. 10ª.- Segura. En Internet existen os suficientes mecanismos de seguridade como para que sexa posible navegar sen riscos. Ao igual que na vida real, debemos actuar con cautela.

Para evitar que algún contido de Internet poida afectar ao noso ordenador (por exemplo, con virus) debemos ter instalado un antivirus e descargar o material, sempre que sexa posible, dende páxinas de confianza. 11ª.- Crecemento vertixinoso. Internet é un fenómeno que está a cambiar a forma en que as persoas se

Page 73: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

73

comunican e fan negocios. Entra de cheo nas nosas vidas, porque o que hoxe en día non sabe espremer Internet, deixa pasar moitas oportunidades.

► BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN

En Internet pódese encontrar practicamente de todo, xa que hai millóns de páxinas con información de todo tipo.

Page 74: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

74

Os buscadores son os que nos axudan a encontrar o que precisamos. Se aprendemos a usalos correctamente evitaranos moitas perdas de tempo. A maioría dos buscadores funcionan como motores de busca; a partir dunha ou varias palabras clave buscan nas súas bases de datos que conteñen referencias a practicamente todas as páxinas de Internet. Desta clase son os buscadores Google, Yahoo….

● Consulta de Servizos Públicos: Practicamente todos os estamentos públicos facilitan información e servizos a través de Internet. Dende as webs dos estados, pasando polos diferentes ministerios, os gobernos das comunidades autónomas, concellos, etc. ● Acceso a Bases de Datos: Pódese acceder a multitude de bases de datos de diferentes temas. Por ejemplo: bibliotecas, universidades, museos, etc… NOTA: Podemos completar a información visualizando o seguinte vídeo Aula Clic:

☻▬ VIDEO TITORIAL: PRIMERA VISITA A INTERNET

http://www.aulaclic.es/internet/secuencias/p01_primera_visita_yt.htm

Page 75: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

75

► INTERNET PERMITE COMUNICARSE ● POR CORREO ELECTRÓNICO: O correo electrónico ou email é un servizo moi utilizado de Internet. E ten moitas similitudes co correo tradicional.

Unha mensaxe é enviada polo remitente ao destinatario. A persoa que envía ou remitente debe coñecer a dirección do destinatario. A mensaxe chega a unha caixa de correo onde permanece ata que o destinatario a abre e le o correo. Posteriormente pode eliminalo, gardalo ou contestalo. O email permite enviar adxunto a unha mensaxe calquera tipo de arquivo, como son, imaxes, video e mesmo arquivos executables entre dúas contas de correo. A principal vantaxe respecto ao correo tradicional é a súa rapidez, en poucos segundos un correo pode chegar á outra punta do mundo. E ademáis dende o ordenador facémolo todo e non temos que buscar sobres, selos, nin saír para botar a carta ao correo. Características: As direccións de correo teñen a seguinte forma: [email protected]ón Exemplo: [email protected].

Page 76: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

76

O nome pode elixilo o usuario ao crear a conta ou asignalo o provedor combinando letras do nome e apelidos do usuario. A principal característica dunha dirección de correo é que debe ser única para cada un, non pode haber dúas direccións de correo iguais. Podemos crear contas en sitios web que as ofrecen gratuitamente como gmail, hotmail, hispavista, yahoo, etc… O SPAM (CORREO BASURA) Arredor desta grande utilidade que é o correo electrónico xurdiron xentes sen escrúpulos que trataron de usalo no seu beneficio e de forma ilícita.

O sistema consiste en obter listas direccións de correo a través de empresas que se dedican a recompilalas e vendelas, e posteriormente, enviar mensaxes ás veces promovendo algún produto, outras propoñendo "negocios" enganosos, noutras aproveitarse da boa fé do destinatario e estafarlle cantidades de diñeiro e mesmo virus informáticos. Este tipo de mensaxes reciben o nome de SPAM e converteuse no maior problema e perigo desta utilidade.

Page 77: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

77

Nos últimos tempos conseguíuse frenar bastante o spam, debido a que todos os sistemas foron incorporando filtros que detectan nunha gran porcentaxe este tipo de correo e o eliminan. Convén ser coidadoso e saber a quen deixamos a nosa dirección de correo. É recomendable empregar varias direccións e ter unha coa que rexistrarnos en calquera páxina e á que non nos importe recibir demasiado spam. ● POR MENSAXERÍA INSTANTÁNEA Este tipo de comunicación experimentou un aumento importante xa que posúe algunhas virtudes das que o correo carece. A mensaxería instantánea ten a característica de que cando nos conectamos a Internet un servidor toma nota e avisará se algún dos usuarios dunha lista, que nós demos, quere comunicarse connosco ou está conectado e podémoslle escribir. Nese momento podemos decidir escribir un correo ou establecer unha conversación. Os programas de mensaxería instantánea como Microsoft Windows Live Messenger permiten ver ao instante os correos que nos chegan. Para utilizar este servizo hai que instalar un programa gratuíto no ordenador dende o que o utilicemos. ● POR CHAT Mediante o Chat podemos manter unha conversación con outras persoas en tempo real a través de Internet. Mentres que no correo hai que esperar un tempo para ver a contestación, no chat a resposta é instantánea. Pódese falar en modalidade pública, onde todos len as mensaxes dos demais, ou en privado onde só dúas persoas poden ver a súa conversación. Existen multitude de sitios que ofrecen chats gratuítos. Para entrar nun chat hai que dar un alcume ou "nick" que será o nome co que nos coñecerán os demais.

Page 78: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

78

Convén non dar o noso verdadeiro nome, así como ser prudentes cos datos persoais que damos na conversación. A diferenza entre o chat e a mensaxería instantánea é que no primeiro podemos encontrarnos con todo tipo de persoas, mentres que nos programas de mensaxería só podemos falar cos nosos contactos. ● SKYPE Trátase dun programa que está a ter moito éxito xa que permite falar e verse a través do ordenador dende calquera parte do mundo, con todos os que teñen instalado o programa. É gratuito. ● VIDEOCONFERENCIA A videoconferencia permite establecer unha comunicación a través de Internet utilizando imaxes de vídeo que son en tempo real. Necesítase dispoñer dun ordenador con cámara de vídeo para poder enviar imaxes, así como un micrófono. Para recibir son son necesarios uns altofalantes e para recibir o vídeo só se necesita un monitor convencional.

Page 79: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

79

● COMPARTIR INFORMACIÓN Internet é un medio idóneo para compartir información, xa ben sexa en forma de discusións, preguntas/respostas ou simplemente para facer partícipe a todo o mundo do que sabemos. Así temos: grupos de discusión, foros…. Tamén se pode:

- Publicar información: blogs , presentaciónes….. - Xogar na rede - Facer compras - Buscar traballo - Recibir formación

► OS NAVEGADORES Para conectarse a Internet precísanse varios elementos. Hai algúns elementos que varían segundo o tipo de conexión que elixamos e outros que son comúns. En xeral, necesitaremos un terminal, unha conexión, un modem, un provedor de acceso a Internet e un navegador. A comunicación entre o noso ordenador e Internet necesita transportarse a través dalgún medio físico. A forma máis básica é a través da liña telefónica, a máis utilizada en España é o ADSL e o cable, pero tamén pode ser a través doutros medios inarámicos.

Page 80: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

80

Modem: O modem é o elemento que permite establecer a conexión entre o noso PC e a liña telefónica ou liña de transmisión. Por último necesitaremos, un navegador, é decir, un programa que sexa capaz de ler a información que hai nos servidores de Internet, que normalmente está escrita na linguaxe HTML, e presentala en pantalla formatada e que tamén recolla a información que introduce o usuario e enviala ao servidor.

Estes programas reciben o nome de navegadores e o máis coñecido é Internet Explorer de Microsoft, que vén preinstalado en Windows o que fai que sexa o máis usado, a pesar de existir navegadores máis seguros e rápidos como Firefox, Opera,Chrome ou Safari. Todos son gratuítos e pódense descargar de Internet. É recomendable ter sempre unha versión actualizada. NOTA: Para completar a información podemos consultar o seguite vídeo de Aula Clic: ☻▬ VIDEO TITORIAL: OS NAVEGADORES http://www.aulaclic.es/internet/secuencias/t03_navegadores.htm

Page 81: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

81

► ELEMENTOS A TER EN CONTA AO NAVERGAR EN INTERNET ● AS PESTANAS: As pestanas dos navegadores permiten abrir máis dunha páxina web na mesma ventá.

Seleccionando unha ou outra podemos ir alternándoas Para facilitar a indentificación do contido de cada unha delas, cada pestana indica o título e o logo da páxina web que mostra. Tamén é posible abrir unha pestana nova en branco e a continuación introducir a dirección desexada. Farémolo facendo clic no pequeno recadro que queda xusto á dereita da última pestana. Ou ben coas teclas CTRL+T.

Ás veces, se se abren moitas pestanas e non caben todas na ventá, N, aparecerán uns botóns en forma triangular nos extremos dereito e esquerdo para ir desprazándonos entre elas.

Page 82: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

82

● BOTÓNS ATRÁS E ADIANTE:

O botón atrás permite volver á última páxina visitada. Cada vez que se pulsa este botón vólvese un paso máis atrás Co botón adiante pódese avanzar o que antes retrocedeu. ● A BARRA DE DIRECCIÓNS: A barra de direccións contén a dirección URL da páxina actual.

Trátase dunha barra editable, é dicir, podemos escribir nela. Para cambiar dunha páxina á outra, hai que borrar a dirección actual, escribir outra e pulsar a tecla Intro ou facer clic no botón con forma de frecha que aparecerá á dereita ao escribir.

A barra de direccións contén dous botóns máis: Deter e Actualizar.

Page 83: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

83

Deter: detén a carga da páxina O proceso de cargar unha páxina pode durar dende unhas décimas de segundo a varios minutos, segundo a velocidade da conexión e a cantidade de información a transmitir. Se queremos deter o proceso facemos clic no botón Deter. Se xa se cargara parte da páxina, veremos a páxina incompleta.

Actualizar: volve cargar a páxina actual. É conveniente actualizar nos seguintes casos: 1º.- Se a páxina foi modificada dende que accedemos por primeira vez, poderemos ver as modificacións. Así asegurámonos de ter a última versión. Isto é útil para páxinas que cambian frecuentemente de contido. 2º.- Ás veces durante o proceso de carga dunha páxina prodúcese un erro, ou a páxina non remata nunca de cargarse. 3º.- Se se pulsa o botón deter por erro. 4º.- En ocasións, ben por unha sobrecarga da rede ou dos servidores, o noso navegador non consegue cargar a páxina buscada e devólvenos un erro parecido a "Páxina non encontrada". ● BUSCA: Esta icona converte a barra de direccións nunha caixa de busca. Isto quere dicir que poderemos introducir calquera palabra sobre a que

Page 84: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

84

necesitemos información e o resultado non será mostrar unha páxina en concreto, senón unha lista de posibles páxinas relacionadas que nos propoñerá un buscador.

Page 85: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

85

XV - RECORDATORIO DE CONCEPTOS BÁSICOS E para rematar, debemos recordar algúns términos/conceptos básicos e habituais: - Software: Forma de designar a todo aquelo do ordenador que non existe de forma física e tanxible, é dicir os programas que temos instalados nel.

- Hardware: Este termino designa todo aquelo que ten forma material. Trátase do ordenador en sí, ademáis dos esus componentes. - Periféricos: Todos aqeiles compoñentes externos ao propio ordenador, y que se conectan a el: monitor, rato, teclado, impresora, etc. - Sistema operativo: Conxunto de programas encargados do funcionamento do ordenador. O máis coñecido é Windows, ainda que existen alternativas como Linux o Mac OS. - Disco duro: Compoñente do ordenador onde está instalado o sistema operativo todoslos programas. - Procesador: Núcleo central do ordenador, onde se realizan todos os cálculos.

Page 86: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

86

- Memoria central (Memoria RAM): Onde se garda a información de todos os programas que estemos utilizando nun momento e bórrase ao apagalo. Cantos máis programas, máis se satura e máis lento vai o ordenador. - Executar: Facer funcionar un programa. - Ventá: Es el área visual de los programas. - Icono: Pequena imaxe que representa un programa, documento, arquivo, etc.

- Carpeta: Son directorios que conteñn arquivos ou outras subcarpetas.

Page 87: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

87

- Clickar: Seleccionar co rato algún elemento.

- Doble clic: significa que o botón do rato se presiona dúas veces rápidamente. - Punteiro: Representación do rato na pantalla.

- Cursor: Elemento que representa a parte do texto onde nos atopamos. - Ruta: Dirección completa na que se atoqu un archivo, incluindo todas as carpetas dentro das que se atopa.

Page 88: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

88

- Maximizar: cando se abre unha ventá e esta só ocupa unha parte da pantalla, se se quere que ocupe a toda a pantalla temos que facer clic sobre o botón que se atopa na parte superior dereita da ventá. A este proceso chámaselle maximizar. - Minimizar: consiste en ocultar a ventá, xeralmente faise cuando se precisaxdespejar a pantalla ou cando se deixa de utilizar a ventá temporalmente. Faise clic sobre o botón correspondiente, á dereita da ventá. Así, a ventá deixa de estar visible, pero consérvase con toda a súa información, e o nome da ventá ou do documento aparece na Barra de Tareas.

Page 89: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

89

-“Colgarse” o ordenador: Quere decir que non responde para nada ao rato nin ao teclado, entón é preciso "por causas de forza maior" apagalo mediante o botón de encendido. - Rede wi-fi: sistema de acceso a Internet sen necesidade de ter conexión física mediante cableado. - Adxunto: calquera tipo de arquivo, como son, imaxes, vídeo e mesmo arquivos executables que se poden enviar entre dúas contas de correo. - SPAM: É un tipo de correo non solicitado, publicitario e enganoso. - Acceso directo: é unha forma rápida de iniciar un programa ou de abrir un arquivo ou unha carpeta sen ter que buscar a súa situación permanente no disco duro. - UNIDADES EN INFORMÁTICA: También resultará útil coñecer as unidades en informática: – Bit: É a unidade básica de información dixital. – Byte: En informática, empléase como unidade básica o byte. Sendo: 1 byte = 8 bits – Kilobyte (KB): 1024 bytes – Megabyte (MB): 1024 KB - Gigabyte (GB): 1024 MB Nótese que cando se fala de múltiplos de byte úsase B mayúscula (KB, MB, etc), mentras que para múltiplos de bit empléase b minúscula (Kb, Mb, etc.). Éste é un erro ocasional que convén aclarar.

Page 90: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

90

- COMO COPIAR ARQUIVOS

Para copiar un ou varios arquivos seguiremos os siguientes pasos:

Page 91: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

91

1. Seleccionar os arquivos a copiar 2. Facer clic en Edición 3. Facer clic en Copiar 4. Abrir a carpeta na que se desexa facer a copia (destino) 5. Facer clic en Edición 6. Facer clic en Pegar Podemos facer o mesmo co seguinte procedemento: 1. Seleccionar os aquivos a copiar 2. Facer clic co botón dereito do rato sobre a selección 3. Do menú contextual seleccionar Copiar 4. Facer clic co botón dereito sobre a carpeta destino 5. Do menú contextual seleccionar Pegar - COMO CAMBIAR O NOME A UN ARQUIVO Para cambiar o nome a un arquivo hai que facer clic sobre o arquivo co botón dereito do rato. Do menú contextual seleccionamos a opción Cambiar nome e despois escribimos o novo nome do arquivo. Cando cambiemos o nombre do arquivo é necesario ter en conta que os arquivos teñen nome e extensión. Esta última consta de tres caracteres e non debe ser cambiada, xa que se se cambia a extensión dun arquivo, éste non será recoñecido polo programa que o pode editar.

Page 92: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

92

O procedemento para cambiar nome a unha carpeta é igual, sin embargo as carpetas non teñen extensión, por tanto no hay ningún problema con elas.

- BORRAR ARQUIVOS E CARPETAS Se queremos borrar arquivos ou carpetas hai que asegurarse de que xa non se necesita a información que imos eliminar. Para borrar un arquivo ou carpeta, seleccionamos o arquivo ou carpeta e presionamos a tecla Delete ou Supr.

Tamén se puede facer clic co botón dereio sobre o arquivo e logo seleccionar Eliminar. Posteriormente haberá unha solicitude de confirmación sobre si se desexa eliminar o arquivo ou non e haberá que seleccionar o botón Si. - CREAR CARPETAS OU DOCUMENTOS Para crear unha nova carpeta é necesario ter en conta que ésta crearase dentro de la carpeta e a unidade de disco quese teña aberta nese momento. Por exemplo se estamos en Mis documentos crearase aí. Para crear unha carpeta seguiremos os seguintes pasos:

Page 93: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

93

1. Abrir a carpeta na que se pretende almacenar a nova carpeta. 2. Facer clic en Arquivo, na Barra de Menú. 3. Seleccionar a opción Novo.

4. Seleccionar a opción Carpeta. 5. Escribir o nome da carpeta que se acaba de crear.

Tamén se poden crear no Escritorio. Neste caso púlsase o botón dereito do rato e despleganse varias opcións. Eleximos a opción de Novo e posteriormente Carpeta. No caso de crear un documento o procedemento é parecido, coa excepción de que hai que elexir o tipo de documento que queremos, xeralmente eleximos a opción de Documento de Word, pero pode ser Presentación, etc…

Page 94: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

94

NOTA: Para completar a información podemos consultar o seguite vídeo de youtube: ☻▬ VIDEO TITORIAL: CONCEPTOS BÁSICOS DE WINDOWS http://www.youtube.com/watch?v=nCCWfxKIOJw&feature=related

Page 95: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

95

XVI – VIDEO TITORIAIS:

1º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: VIDEO DA HISTORIA DO COMPUTADOR: http://www.youtube.com/watch?v=tilojHAoihA&feature=related 2º.- ☻▬ VIDEO TITORIAL:HARDWARE E SOFTWARE: http://www.youtube.com/watch?v=Mv9463LXyCE&feature=fvwrel

3º.- ☻▬ VIDEO TITORIAL: GUIA BÁSICA DO USO DA COMPUTADORA http://www.youtube.com/watch?v=nzmXyrVX2Zo&feature=related

4º.- ☻▬ VIDEO TITORIAL: VIDEO DE COÑECEMENTO DO TECLADO: http://www.youtube.com/watch?v=_SghSIS0_8U&feature=related 5º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: USO DO TECLADO: http://www.youtube.com/watch?v=JujiCe7CCtc&feature=related

Page 96: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

96

6º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: FICHEROS, CARPETAS, USUARIOS, EXPLORADOR…. http://www.youtube.com/watch?v=vSR2awmmSac&feature=relmfu 7º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: O EXPLORADOR DE WINDOWS http://www.youtube.com/watch?v=psrnHVxuTjg&feature=related 8º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: O EXPLORADOR DE WINDOWS XP http://www.youtube.com/watch?v=H1N83EpKL4E&feature=fvwrel

9º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: BÚSQUEDA DE ARQUIVOS: http://www.aulaclic.es/winxp/secuencias/buscar.htm 10º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: PRIMERA VISITA A INTERNET

http://www.aulaclic.es/internet/secuencias/p01_primera_visita_yt.htm 11º.-☻▬ VIDEO TITORIAL: OS NAVEGADORES http://www.aulaclic.es/internet/secuencias/t03_navegadores.htm

12º.- ☻▬ VIDEO TITORIAL: CONCEPTOS BÁSICOS DE WINDOWS http://www.youtube.com/watch?v=nCCWfxKIOJw&feature=related

Page 97: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

97

XVII – BIBLIOGRAFÍA NOTA: O presente titorial ten carácter educativo e sen ánimo de lucro. Elaborouse consultando diverso material, ao que se fai referencia a continuación e as imaxes descargáronse da rede sen intención de causar perxuicio.

● Anivar Chaves Torres. Curso de informática básica http://www.monografias.com/trabajos11/curinfa/curinfa.shtml

● Andrés Gallego Torres. Aula de Informática.

http://www.chochitopelao.com/descargas/aula_informatica.pdf

● Deseoaprender.com (2005-2011) Aprende informática como en primero. http://www.deseoaprender.com/PagInfBasica.htm

● “Principiosbásicos de Informática y Hardware”. Autor: Ernesto Rodríguez . www.areatecnología.com http://www.areatecnologia.com/TUTORIALES/INFORMATICA%20BASICA.htm

● Cursos para compartir lo que sabes http://www.mailxmail.com/cursos-informatica ● Cursos de AULA CLIC http://www.aulaclic.es/index.htm ● Enlaces a videos de aula clic. ● Videotitoriais de YOUTUBE. ● Imaxes tomadas de Google ● Imaxes tomadas do banco de imaxes do CNICE http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/ ● Wikipedia.

Page 98: -TITORIAL APRENDEMOS INFORMÁTICA-

98