Titorial croma key con Cantasia

15
Yolanda Castro López

Transcript of Titorial croma key con Cantasia

Yolanda Castro López

I.- DEFINICIÓN.

Segundo o dicionario do British

Kinematograph, Croma ( Chroma ) é o

compoñente do sinal de vídeo que leva a

información da cor. Por extensión, o grao

ou nivel de saturación da cor.

Croma key significa, literalmente, chave

de cor. Así, pois, un croma key ou chave

de cor consiste en extraer unha cor da

imaxe e substituír a área que ocupaba por

outra imaxe, coa axuda dun equipo

especializado e un editor de video. Isto

faise habitualmente rodando o personaxe

cun fondo verde croma ou en ocasións

azul croma.

Por que ten que ser en concreto a cor

verde ou azul?. A resposta é que estas

dúas cores son as cores máis afastadas

ao ton da nosa pel. A pel ten un alto

compoñente de vermello/magenta, algo

de verde e moi pouco de azul e é por

isto polo que se utilizan ditas cores. Se

ben a cor máis usada para o fondo era o

azul, o verde impúxose ao ser o sensor

da cámara mais sensible a el e tamén

porque a roupa azul é moito máis

común que a verde.

Hai que ter en conta certos aspectos á hora de

traballar cun croma como son:

• A cor do vestiario, o pelo, os obxectos que

aparezan en escena... Ningún elemento da

escena debe ser da mesma cor do fondo (pois

sería eliminado da imaxe), e en vestiario,

peiteado, etc. débense evitar os bordes pouco

definidos, xa que será mais difícil axustar o

croma.

• Tamén hai que ter en conta se se grava en

localizacións exteriores ou en interiores, ou se

son de día ou de noite.

II.- A ILUMINACIÓN DO CROMA. Como se ten que iluminar? Podemos ter o croma en moitas formas; unha tea, unha parede pintada, cartolina de cor, cromas pregables.. etc. É importante que a superficie non teña ningunha engurra. Se imos usar unha tea, podemos axudarnos con pinzas para mantela estirada. A iluminación ten que ser uniforme porque desta forma a tarefa de postprodución será máis doada e a ser posible difusa. Para ter unha boa iluminación temos que iluminar por separado o fondo croma e o personaxe a gravar. O ideal é contar con dous focos paralelos colocados a media altura (45º) e se se pode, un cenital que complemente a iluminación dende arriba. Os focos que colocamos a media altura paralelos, teñen que quedar por detrás do suxeito para non proxectar sombras del sobre o fondo.

O suxeito deberá estar situado a unha distancia de 2 metros como mínimo do croma para non proxectar sombra, e variará segundo o aberto ou pechado que estea o plano.

O suxeito ten que ter iluminación, que a ser

posible, non interfira na iluminación do fondo,

polo que colocaremos outros dous focos

paralelos a maior distancia respecto do fondo,

e por diante do suxeito enfocándoo. Por

último, a colocación da cámara debe facer

posible que o encadre recolla a nosa escena

completa e o fondo verde uniforme á vez.

Para que o efecto sexa completo e se eviten reflexos e

brillos, a luz coa que se iluminan tanto a acción como o

fondo, debe ser branca e, a poder ser, producida con

tubos fluorescentes de alta frecuencia que eviten o

pestanexo (flicker) que se produce se se filma a distintas

velocidades ou con variacións do obturador.

A razón pola que se prefire o uso de fluorescentes en

lugar de lámpadas de tungsteno é que estas desprenden

pequenas emisións de tons ocres que interfiren no

proceso.

En canto á configuración de cámara: recoméndase

usar a sensibilidade de cámara mais baixa para que

a imaxe teña menos ruído e así o croma funcione

mellor.

III.-COMO SE FAI? 1. Como dixemos antes, é moi importante iluminar o fondo e o personaxe por

separado.

O fondo ten que iluminarse o máis plano e liso posible. Sen sombras e con fontes de luz difusa (que non produzan sombras definidas). Se se usa tea de croma é moi importante que non teña engurras.

2. Rodarase a escena sempre tendo moi en conta o tamaño do plano, ángulo... 3. Despois, utilizando un ordenador cun software especializado, eliminaremos o croma e integraremos a imaxe ou vídeo que queramos inserir.

Hai distintos editores de video cos que se pode facer Croma como poden ser:

• Camtasia Studio • Pinnacle Studio • Adobe Premier • iMovie ’09 • Adobe After Effects • Sony Vegas Pro...

4.- Como facer o croma con Camtasia Studio Creamos un proxecto novo e importamos o contido; neste exemplo importamos o clip de video co croma de fondo e unha imaxe ou vídeo para substituír o fondo.

No noso timeline colocamos a imaxe que vai substituír o fondo na parte de abaixo e sobre ela o clip co fondo verde. Agora toca aplicarlle o efecto croma seguindo a seguinte secuencia de comandos: Tools visual properties remove a color

O resultado será este.

RECURSOS PARA AS NOSAS MONTAXES CON CROMA

https://www.youtube.com/watch?v=AEmtc6RhvfI

https://www.youtube.com/watch?v=GtqyuKFn--8

https://www.youtube.com/watch?v=46zhIz1JqZc

https://www.youtube.com/watch?v=tu5p5-CQJ5o

En internet podemos atopar recursos para realizar as nosas montaxes, como poden ser fondos, imaxes, vídeos, distintos efectos…. Só tedes que facer unha busca e atoparedes infinidade deles para descargar e utilizar no voso vídeo.

Más de 300.000 fotos gratis, vectores e ilustraciones: http://pixabay.com/

http://www.publicdomainpictures.net/

http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

http://commons.wikimedia.org/wiki/Main_Page

http://www.everystockphoto.com/

http://www.sitebuilderreport.com/stock-up

https://www.flickr.com/commons/

http://www.publicdomainfiles.com/

http://www.picdrome.com/page/gallery

http://www.4freephotos.com/

http://skitterphoto.com/

http://www.thefamousartists.com/

http://www.getty.edu/art/

https://500px.com/creativecommons

PÁXINAS WEB CON LICENCIA PARA DESCARGAR IMAXES DE DOMINIO PÚBLICO

http://foter.com/

http://www.freeimages.com/

http://stockphotos.io/

http://www.stockvault.net/

http://photopin.com/

http://www.dreamstime.com/free-photos

http://openphoto.net/

http://www.freemediagoo.com/

http://www.pics4learning.com/

http://www.freephotosbank.com/

http://pixelperfectdigital.com/galleries

http://education.nationalgeographic.com/education/?ar_a=1

http://www.imageafter.com/

E se tedes algunha dúbida, non deixedes de

facer as vosas consultas nos seguintes

enderezos:

[email protected]. ou [email protected]

Se a consulta é en vivo e en directo ten o sobrecusto dun café.

Moitas grazas