Post on 09-Mar-2016
description
o'OBRADOIRO de fotografía dixital creativa
Por Víctor BarroFOTOSconLETRA 2013
“Gente comprometida con lo que hace”
www.fotosconletra.comfotosconletra.blogspot.com
Descrición:
“O Obradoiro” fotográfico é un espacio formativo, pero sobre todo creativo que ten como obxectivo espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nos, de mobilizar a túa creatividade e mellorar as túas imaxes. Pretende ser un espacio para a práctica, no que “re-aprender a mirar” con ollo fotográfico a cidade na que vives, as paisaxes que visitas, as persoas que te rodean. “O Obradoiro” fotográfico é unha proposta de aprendizaxe que quere perdurar no tempo máis alá do propio obradoiro para así poder mellorar desde a autoformación e a autoaprendizaxe.
Se es principiante, a túa cámara será a ferramenta que te abrirá a porta para ver o mundo doutro xeito. Se tes certa experiencia, este obradoiro será un reto creativo e de enriquecemento. Todo o que precisas é unha cámara dixital e entusiasmo para mellorar e crecer como fotógrafa-o.
Propóñote:
- Espertar a túa creatividade e paixón pola fotografía como técnica artística de expresión de mensaxes.- Dar a coñecer e ensinar a utilizar con fluidez conceptos e ferramentas que te permitan crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro.
Temario...
MÓDULO 1 Conceptos básicos de luz e composición
• Coñecendonos e coñecendo a nosa cámara.• O básico, que nos move ?• Velocidade de obturación, profundidade de campo, sensibilidade
e balance de brancos.• A composición: Aprender a mirar antes de premer o obturador.
Trucos para mellorar as nosas composicións.• Luz e uso do flash.
MÓDULO 2Retrato
• A mellor luz.• Partes clave do retrato. • Encuadre, ángulo e regra dos tercios.• Profundidade de campo (“Bokeh”).• Retratos que transmiten sentimentos.• Fotografías con temporizador (uso do trípode) e autoretratos• Obxetos e elementos de atracción (“Props”).
MÓDULO 3Fotografía urbana
• Investigando a luz na cidade.• Habitantes: Fotografiando xente (Roubados e autorizados).• Aprender a mirar: Captar a esencia da cidade, detalles urbanos
que fan a diferencia.• Fotografíar arquitectura: Encuadre e ángulo.• Planificación• Tempo de exposición: Fotografía urbana noctura.• Iniciación ao lightpainting.
MÓDULO 4Composicións (Still-life – Naturalezas mortas)
• Luz artificial, luz natural e difuminada.• Equilibrio. A idea de encher a fotografía.• Encadre, ángulo e enfoque.• Regra dos tercios.• Profundidade. Pensar en varios planos.• Distancia: Estamos suficientemente cerca?• Crear mensaxes.• Kit do bo “compositor”: Fondos, texturas e refrectores.
MÓDULO 5Profundizando
• Programas de edición fotográfica e retoque. • Modificacións básicas das nosas fotografías.• Marcas de auga.• Crear panorámicas, collage, HDR.• RAW vs JPG.• Dereitos de autor.• Pagar polas nosas fotos e sacarlles partido.• Redes sociais.
Ao final do obradoiros as persoas participantes pod erán:
− Re-aprender a mirar o que lles rodea con ollo fotográfico, dotando as fotografías de mellor calidade técnica, pero sobre todo, dotalas de “maxia”.
− Identificar a luz, momento, encadre, enfoque e ángulo axeitados, así como elementos da composición para sacar mellores instantaneas.
− Coñecerán as bases da edición fotográfica, para poder perfeccionar as fotografías despois de premer o obturador.
− Estarán familiarizados cos conceptos básicos de fotografía e terán un bo dominio da sua cámara, sexa cal sexa. (reflex, híbrida ou compacta)
− Ter un espació “on-line” de discusión con outros afecionados da fotografía.
Condicións:
Cada asistente deberá aportar a súa propia cámara. Sen importar o modelo.Non son precisos coñecementos previos de fotografía.
Grupos reducidos entre 8 e 15 persoas.Duración: 15h presenciais e 15 on-line repartidas en 5 ou 3 sesións de 3 ou 5 horas cada unha. So unha sesión por semana.
Contacto e inscrición: victor.barro@fotosconletra.com
Máis información, fotografías e comentarios de pers oas que fixeron o'OBRADOIRO en: WEB :: http://www.fotosconletra.com/web/formacion.php BLOG :: http://fotosconletra.blogspot.com/p/oobradoiro.html