Taller de fotografía digital creativa

3
o'OBRADOIRO de fotografía dixital creativa Por Víctor Barro FOTOSconLETRA 2013 “Gente comprometida con lo que hace” www.fotosconletra.com fotosconletra.blogspot.com Descrición: “O Obradoiro” fotográfico é un espacio formativo, pero sobre todo creativo que ten como obxectivo espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nos, de mobilizar a túa creatividade e mellorar as túas imaxes. Pretende ser un espacio para a práctica, no que “re-aprender a mirar” con ollo fotográfico a cidade na que vives, as paisaxes que visitas, as persoas que te rodean. “O Obradoiro” fotográfico é unha proposta de aprendizaxe que quere perdurar no tempo máis alá do propio obradoiro para así poder mellorar desde a autoformación e a autoaprendizaxe. Se es principiante, a túa cámara será a ferramenta que te abrirá a porta para ver o mundo doutro xeito. Se tes certa experiencia, este obradoiro será un reto creativo e de enriquecemento. Todo o que precisas é unha cámara dixital e entusiasmo para mellorar e crecer como fotógrafa-o. Propóñote: - Espertar a túa creatividade e paixón pola fotografía como técnica artística de expresión de mensaxes. - Dar a coñecer e ensinar a utilizar con fluidez conceptos e ferramentas que te permitan crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe. - Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro.

description

 

Transcript of Taller de fotografía digital creativa

Page 1: Taller de fotografía digital creativa

o'OBRADOIRO de fotografía dixital creativa

Por Víctor BarroFOTOSconLETRA 2013

“Gente comprometida con lo que hace”

www.fotosconletra.comfotosconletra.blogspot.com

Descrición:

“O Obradoiro” fotográfico é un espacio formativo, pero sobre todo creativo que ten como obxectivo espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nos, de mobilizar a túa creatividade e mellorar as túas imaxes. Pretende ser un espacio para a práctica, no que “re-aprender a mirar” con ollo fotográfico a cidade na que vives, as paisaxes que visitas, as persoas que te rodean. “O Obradoiro” fotográfico é unha proposta de aprendizaxe que quere perdurar no tempo máis alá do propio obradoiro para así poder mellorar desde a autoformación e a autoaprendizaxe.

Se es principiante, a túa cámara será a ferramenta que te abrirá a porta para ver o mundo doutro xeito. Se tes certa experiencia, este obradoiro será un reto creativo e de enriquecemento. Todo o que precisas é unha cámara dixital e entusiasmo para mellorar e crecer como fotógrafa-o.

Propóñote:

- Espertar a túa creatividade e paixón pola fotografía como técnica artística de expresión de mensaxes.- Dar a coñecer e ensinar a utilizar con fluidez conceptos e ferramentas que te permitan crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro.

Page 2: Taller de fotografía digital creativa

Temario...

MÓDULO 1 Conceptos básicos de luz e composición

• Coñecendonos e coñecendo a nosa cámara.• O básico, que nos move ?• Velocidade de obturación, profundidade de campo, sensibilidade

e balance de brancos.• A composición: Aprender a mirar antes de premer o obturador.

Trucos para mellorar as nosas composicións.• Luz e uso do flash.

MÓDULO 2Retrato

• A mellor luz.• Partes clave do retrato. • Encuadre, ángulo e regra dos tercios.• Profundidade de campo (“Bokeh”).• Retratos que transmiten sentimentos.• Fotografías con temporizador (uso do trípode) e autoretratos• Obxetos e elementos de atracción (“Props”).

MÓDULO 3Fotografía urbana

• Investigando a luz na cidade.• Habitantes: Fotografiando xente (Roubados e autorizados).• Aprender a mirar: Captar a esencia da cidade, detalles urbanos

que fan a diferencia.• Fotografíar arquitectura: Encuadre e ángulo.• Planificación• Tempo de exposición: Fotografía urbana noctura.• Iniciación ao lightpainting.

MÓDULO 4Composicións (Still-life – Naturalezas mortas)

• Luz artificial, luz natural e difuminada.• Equilibrio. A idea de encher a fotografía.• Encadre, ángulo e enfoque.• Regra dos tercios.• Profundidade. Pensar en varios planos.• Distancia: Estamos suficientemente cerca?• Crear mensaxes.• Kit do bo “compositor”: Fondos, texturas e refrectores.

Page 3: Taller de fotografía digital creativa

MÓDULO 5Profundizando

• Programas de edición fotográfica e retoque. • Modificacións básicas das nosas fotografías.• Marcas de auga.• Crear panorámicas, collage, HDR.• RAW vs JPG.• Dereitos de autor.• Pagar polas nosas fotos e sacarlles partido.• Redes sociais.

Ao final do obradoiros as persoas participantes pod erán:

− Re-aprender a mirar o que lles rodea con ollo fotográfico, dotando as fotografías de mellor calidade técnica, pero sobre todo, dotalas de “maxia”.

− Identificar a luz, momento, encadre, enfoque e ángulo axeitados, así como elementos da composición para sacar mellores instantaneas.

− Coñecerán as bases da edición fotográfica, para poder perfeccionar as fotografías despois de premer o obturador.

− Estarán familiarizados cos conceptos básicos de fotografía e terán un bo dominio da sua cámara, sexa cal sexa. (reflex, híbrida ou compacta)

− Ter un espació “on-line” de discusión con outros afecionados da fotografía.

Condicións:

Cada asistente deberá aportar a súa propia cámara. Sen importar o modelo.Non son precisos coñecementos previos de fotografía.

Grupos reducidos entre 8 e 15 persoas.Duración: 15h presenciais e 15 on-line repartidas en 5 ou 3 sesións de 3 ou 5 horas cada unha. So unha sesión por semana.

Contacto e inscrición: [email protected]

Máis información, fotografías e comentarios de pers oas que fixeron o'OBRADOIRO en: WEB :: http://www.fotosconletra.com/web/formacion.php BLOG :: http://fotosconletra.blogspot.com/p/oobradoiro.html