Publicación san paio de narla galego

Post on 06-Aug-2015

162 views 7 download

Transcript of Publicación san paio de narla galego

GALEGO

MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

HISTORIA DO EDIFICIO Na Idade de Ferro, Castronela, aldea da parroquia de Xiá, xa serviu de asentamento humano.

A construción primitiva da Torre de Xiá seguramente data do século XII ou XIII, malia que os primeiros documentos que fan referencia datan do século XIV. Un século máis tarde, a Revolta dos Irmandiños provocou grandes estragos na torre, pois en do-cumentos do séc. XVI Vasco das Seixas encomenda traballos de reconstrución da Torre.

A finais do século XIX, os Campomanes véndena á familia No-vo, que a súa vez véndea a un novo propietario que pretendía demolela para reutilizar a pedra. Afortunadamente, a Deputa-ción, grazas á xestión e intercesión de Don Manuel Vázquez Seixas, evita esa demolición ao adquirir a Fortaleza que pasa a propiedade provincial en setembro do ano 1939.

No edificio, composto por tres corpos e unha capela exterior, aprecianse elementos constructivos pertencentes a diferentes épocas que abarcan do século XVI ao XIX, malia que reapro-veitando materiais medievais.

PLANTA BAIXA 1. PATIO

Ao redor do mesmo dispoñense diferentes coleccións vence-lladas con oficios tradicionais tales como a agricultura, a cestaría ou os zoqueiros, alguhas destas tipoloxías artesanais figuran con recreacións alusivas a cada oficio.

2. CORTE DAS CABALARÍAS Este espazo poderiase denominar “ sala do transporte”, pois é aquí onde se instalaron varias pezas vencelladas con esta actividade, como poden ser dúas cadeiras de man (unha de-las doada por Don Juan López Suárez, procedente do Pazo de Rivas de Sober), ou cadeiras de montar a cabalo españo-las e sudamericanas.

3. ADEGA Ao través de pezas tan curiosas coma os “pelellos” amosán-se os elementos propios desta dependencia, que se atopa co-municada co salón ao través dun cuarto anexo a esta habita-ción principal.

PLANTA ALTA 4. COCIÑA

Nela atopánse tres elementos da construcción primitiva: a lareira, o forno e o servizo hixiénico.

Ademais de diverso mobiliario típico da cociña galega coma un banco, un alzadeiro (estrutura de ferro da que penduran, as tixolas, as culleres..) e un cunqueiro (para colocar as cun-cas), instalaronse en vitrinas pequenas coleccións de choco-lateiras, ferros de pasar á roupa, pezas de olaría e cerámica galega…

5. SALÓN O elemento arquitectónico que domina a estancia é a gran xanela angular con asentos. Tamén son dignos de salientar, a cheminea con decoración renacentista, así coma un fermoso armario de sancristanía, probablemente datado no século XVII.

No espazo central dispuxeronse diversas vitrinas que conte-ñen pezas dignas de ser mencionadas, tal é o caso dun osten-torio do século XVIII ou dúas imaxes relixiosas, unha da In-maculada e outra de dúas ánimas do purgatorio, ou unha caixa de santeiro do século XVII coa representación da Virxe das Ermidas. Tamén hai aquí mostras da ourivaría po-pular galega ou do traballo do acibeche (pedra protectora in-timamente vencellada a nosa cultura).

6. CUARTO DO TEAR Descoñecemos a utilidade primitiva desta dependencia, pero ao tratarse dun lugar de tránsito entre a adega e o salón, ve-mos moi probable que fose un espazo ocupado polo persoal de servizo, razón pola cal se instalou alí unha sala que alber-ga e da cobixo aos útiles relacionados co traballo da lá e o liño, tales como cardas, restrelos, devanadoiras, rocas ou fu-sos.

7. ANDAR

Saíndo do salón pódense contemplar diferentes coleccións de diversas pezas pertencentes ás artes industriais como os obxetos de iluminación e morteiros.

8. ESCRITORIO Acolle esta sala diversos utensilios vencellados coa escri-banía: tinteiros de hasta ou salvadeiras, así coma un armario barroco.

9. DORMITORIO Recreación dunha habitación de descanso tal e como estaría amoblada xa en época medieval, isto é: unha cama aos pés da que descansa un arcón para gardar a roupa, un lavabo, unha cadeira de brazos Don Pedro (servizo hixiénico), así como roupas para vestir e engalanar o leito.

10. PRIMEIRO ANDAR DA TORRE Nel dispuxose a sección adicada ás armas blancas presidida por unha impresionante armadura de guerreiro samurai, pro-bablemente do século XVII. Son dignos de mencionar os Krises (dagas con folla serpenteada), os machetes, ou un gran número de espadas e espadíns. Ao través dunha trapela, pódese contemplar o primitivo calabozo ou cela cega da for-taleza na que se conserva unha enorme cadea con grillóns.

TORRE E CAPELA

11. SEGUNDO ANDAR DA TORRE

Tamén o comezo desta sala vése dominada pola forza dunha armadura. Neste caso trátase dunha peza formada por cota de malla e placas de hasta. Hai, ademais do dito anteriormente, un interesante conxunto de armas de fogo: revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, escopetas, fusís, cañóns, etc.

12. TERCEIRO ANDAR DA TORRE

O elemento máis salientable desta dependencia é a chemi-nea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI. Decorada a base de motivos zoomorfos e fito-morfos. Tamén neste último piso pódese contemplar unha peza barroca de exquisita factura como é a cama con decora-ción de tema militar a base de taraceas (tipo de incrustación na que se empregan pezas cortadas de distintos materiais que se van encaixando nun soporte ata realizar o deseño de-corativo)

13. CAPELA Fóra do edificio, e ao finalizar a rampa de acceso á torre, atópase esta pequena edificación de planta cadrangular construída no século XVIII. Posúe un retablo do século XIX con diversas imaxes popu-lares entre as que sobresae a de San Paio, un antigo confe-sionario e diversas pezas de arte sacra.

HORARIO DE VISITA

♦ Do 1 de abril ao 30 de setembro: - De martes a venres: de 11 a 14 e 17 a 20 horas. - Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 e de 17 a 20

horas. - Luns: pechado. ♦ Do 1 de outubro ao 31 de marzo. - De martes a venres: de 11 a 14 e de 16 a 18 horas. - Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 e de 16 a 18

horas. - Luns: pechado.

ATÓPANOS NA WEB http://museosanpaio.blogspot.com/http://www.facebook.com/museodesanpaio @sanpaiodenarla