Paio, alvar e a ponte da paz con texto

36
Paio, Alvar e a Ponte da Paz CEIP Bormoio- Agualada Curso 2012/13

Transcript of Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Page 1: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Paio, Alvar e a Ponte da Paz

CEIP Bormoio- Agualada

Curso 2012/13

Page 2: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

O meu nome é Aldara Durán de Lanzós e podo

dicirvos que descendo da liñaxe de Alonso de Lanzós.

Hoxeendía igual nada significa, pero teño o orgullo de

dicir que corre polas miñas veas sangue dos bravos

homes e mulleres que loitaron na revolta Irmandiña

para defender os intereses do+ seu pobo contra a

opresión señorial dos nobres laicos, donos dos castelos

e fortalezas, así como das terras nas que traballaron os

meus antepasados.

Page 3: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 4: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Hoxe vouvos contar a historia que o meu avó me

contaba cando só era unha nena, e que, á súa vez, el

escoitara da súa avoa. Era unha época que me é moi allea

pero que hoxe, aos 11 anos, recoñezo nos libros de historia.

Page 5: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 6: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Hai moitos, pero moitos anos; alá polo século XIII- XIV;

a maior parte da poboación era rural e vivía nos campos. Os

campesiños traballaban e vivían nas terras propiedade dos

señores feudais, nobres que na súa maior parte viñan de

Castela e que xestionaban, ao seu antollo. Estas terras,

chamadas feudos, eran outorgadas por un rei a uns nobres a

cambio de fidelidade, ou como recompensa ou pago por

servizos.

A vida dos campesiños estaba chea de penurias, tiñan

a obriga de traballar para os seus señores producindo

alimentos suficientes para as súas familias e cumprir co seu

señor. Con dicirvos que, de acordo as leis medievais, os

campesiños non eran nin donos de sí mesmos!. Todos os

vasalos dependían dun señor a quen estaban vencellados por

un xuramento e a quen debían gardar fidelidade a cambio de

protección e alimento.

Page 7: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 8: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Había dous feudos enfrontados polo dominio sobre un único

territorio, aquí, na marxe do mesmo río no que me baño cada

verán cando vou visitar ao meu avó. É un ancho e caudaloso

río; unha zona cunha preciosa paisaxe, con pequenos

outeiros e amplos pastos, rodeados de árbores froiteiras e,

ao fondo, as rochosas montañas onde a branca e fría neve

cubre os cumios no máis cru do inverno.

Page 9: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 10: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

O rei Alvar

gobernaba con man de ferro

todos os territorios da marxe

esquerda do ancho río; eran

épocas de boas colleitas e

celebracións para os nobres

que dedicaban o seu tempo

ao arte da cetraría. Cada vez

mais avarentos, espremían

aos seus servos ata deixalos

sen forzas e sen alimento,

propiciando así unha revolta

popular que acabou con

moito sangue pero esa,

amiguiños e amiguiñas, xa é

outra historia que, tal vez,

vos conte outro día.

Page 11: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Nas terras do nobre Paio, situadas na marxe dereita do

río, os cultivos eran máis escasos pero había unha grande

cantidade de árbores froiteiros e grandes pastos para o gando

polo que, os nobres que vivían no castelo, sempre tiñan un bo

anaco de carne para encher o bandullo. Tiñan sona as súas

fastosas festas e o ruído dos seus falcóns podía escoitarse

incluso ao outro lado do río.

Estes dous feudos facía moito tempo que non tiñan

contacto e vivían nun continuo enfrontamento, non se coñecían

máis que de outearse dunha marxe do río á outra, pero, á súa

vez, especulaban sobre as actividades dos seus veciños e

veciñas e desconfiaban dos seus actos.

Page 12: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 13: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Cando no reinado de Alvar había un mal ano de colleitas

e non se obtiñan os beneficios esperados, á culpa era dalgún

conxuro ou maleficio que os envexosos da outra marxe do río

lles botaban. Se os animais do feudo de Paio enfermaban, era

porque os habitantes da marxe esquerda envelenaban as

augas do río onde abeberaban ao gando. Todo isto, non facía

máis que fornecer un odio e confrontación de dous pobos que

non tiñan máis que un sentimento de desconfianza e receo o

un do outro, falando de esconxuros e escuros segredos que

agochar.

Ninguén sabe moi ben porqué, pero non había valente que

ousara cruzar nunha barca á outra beira do río, xa que non

sabía o que lle podería acontecer!.

Page 14: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 15: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Así ían pasando os anos, os campesiños estaban cada

vez máis cansos e non facían máis que desexar e envexar todo

aquilo que vían á outra beira do río.

Un inverno, as inclemencias do tempo castigaron

duramente os campos; as neves chegaron moi tarde e as

xeadas murcharon plantas e árbores. O rei Alvar e os seus

vasalos puxéronse moi contentos ao ver coma, ao raiar o día,

os pasteiros dos veciños aparecían xeados mentres as súas

colleitas estaban a bo recado no celeiro.

Page 16: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 17: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Na primavera a climatoloxía non mellorou, non parou de

chover, virou o vento e as colleitas empezaron a verse

prexudicadas. Non obstante, na outra beira do río, a herba

comezou a medrar fortalecida e regresou o gando ás pradarías.

Don Paio e os habitantes do castelo miraban cara á beira do

río, onde non se vía medrar nin o millo, nin outros cereais e

botaban un sorriso observando as súas vacas, cabras e ovellas

ben alimentadas.

Page 18: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 19: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Nese momento, o rei Alvar, observando a fame e

penurias que estaba a pasar o seu pobo, tomou a decisión de

enviar un emisario a través do río para coñecer os segredos

do feudo daquel nobre que chegara de Castela e do que

pouco máis sabía. Ía ser un difícil labor e requiriría, pensou,

dos máis bravos cabaleiros do seu reinado.

Page 20: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 21: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Á mañá seguinte, partiron nunha barca os fidalgos

Estevo e Martiño de Laza para levar a cabo, no nome do rei

Alvar, unha negociación coa veciñanza. Cando estaban na

metade do camiño, observaron como os campesiños e

gandeiros empezaban a acercarse á beira do río, armados

con paus e varas e, nese mesmo intre, puxeron rumbo á

casa, remando cunha velocidade ata o momento descoñecida

na súa clase social.

A súa falta de valor deu lugar a famosas cantigas de

escarnio por parte dos máis afamados trobadores do lugar,

que divertían ao rei Alvar, á raíña Mencía e aos seus vasalos

en todas as festas da colleita.

Page 22: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 23: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 24: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

O rei Alvar, que non era coñecido precisamente

pola súa sabedoría nin temperanza, pensou que o mellor

sería atacar o pobo e chamou aos cabaleiros mellor

preparados pensando en formar un escuadrón e

declararlle á guerra ao nobre Paio, co fin de conseguir as

súas terras, que, pensou, podería unir a través dunha

ponte. Ese sería o seu legado, e sería recoñecido polo seu

valor na batalla e pola grandeza dos seus dominios.

Page 25: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 26: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

A raíña Mencía, que estaba a escoitar pacientemente a

conversa, fíxolles notar a crueza e destrución que trae

consigo unha loita desa magnitude, e, ante a dificultade

de establecer un contacto amigable, propuxo utilizar os

falcóns para facerlles chegar unha nota aos seus veciños

e, en lugar de loitar, poder aproveitar o saber dos

habitantes das terras de Don Paio. O rei Alvar riu ante a

proposta da súa muller, pero, pasados uns días de fame e

enfermidade, non considerou tan desatinada a ocorrencia.

Page 27: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 28: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Unha mañá os campesiños do feudo de Don Paio non

podían crer o que vían os seus ollos, un falcón cunha

nota enganchada nunha pata, que os miraba cos seus

ollos fríos. Con algo de medo, Branca achegouse e, cun

movemento rápido, arrincou a nota como quen arrinca as

plumas da galiña antes de botala ao lume. Levaron a

nota a Don Paio, xa que ningún deles comprendía as

grafías. Don Paio leu con calma a nota, recordou o cru

inverno que diminuíu a súa poboación e, rapidamente,

tomou unha pluma para dar resposta ao rei Alvar.

Page 29: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 30: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Pasados os días, e despois de varios intercambios

de notas, ambas partes decidiron construír unha ponte

para comunicar ambos pobos e poder facer intercambios

de froitas por cereais, de sementes por carne de

cordeiro,... Sería o principio de anos de paz e

prosperidade. Á ponte sumouse a construción dun muíño

de auga e doutros mecanismos que facilitaron a vida dos

habitantes dos dous pobos, que, co paso do tempo e baixo

o reinado de Flaín, pasaron a ser un único reino, máis forte

e poderoso do que Alvar e Paio puideron imaxinar.

Page 31: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 32: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 33: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 34: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Por todo iso, o día 30 de xaneiro celebramos unha

gran feira medieval para conmemorar o día en que o

noso pobo e os seus veciños xuntaron as súa forzas,

converténdose nun único e próspero pobo, coa

construción da Ponte da Paz, símbolo do

entendemento e unión das persoas.

Page 35: Paio, alvar e a ponte da paz con texto
Page 36: Paio, alvar e a ponte da paz con texto

Non hai camiños para a paz,

a paz é o camiño. (Gandhi)

30 de xaneiro de 2013. Día da Paz e da Non Violencia