Práctica laboratorio

Post on 16-Apr-2017

53 views 0 download

Transcript of Práctica laboratorio

Materiais :

Microscopio

Mechero de alcohol.

Vidro de reloxo.

Pinzas.

Frasco lavador

Portaobxectos

Cubreobxectos

Palillo.

Azul de metileno

Pipeta pasteur

Procedemento

Vamos a intentar ver no microscopio células da

mucosa bucal. A continuación, explicarémosvos os

pasos que seguimos para levar a cabo esta

práctica:

1. Co extremo dun palillo raspámonos suavemente

a parte interior do noso carrillo (parte interior da

meixela).

2. Despois depositamos estas células nun

portaobxectos xa mollado restregando o palillo

polo porta obxectos, e quentámolo (utilizando o

mechero de alcohol) un pouco ata que a auga se

evapore(utilizando unha pinza se é preciso).

3 Engadimos unhas 2 ou 3 gotas de azul de

metileno e deixamos repousar un pouco.

Seguidamente lavamos o portaobxectos con

coidado ata que quede totalmente transparente.

4. Sen deixar que se seque colocaremos un

cubreobxectos encima e xa podemos observar as

nosas células bucais no microscopio.

Introdución: A tinguidura de células serve para aumentar o contraste da célula e as súas estruturas do medio que as rodea, por medio de colorantes como o azul de metileno. Obxectivo:

Intentaremos tinguir con azul de metileno as células da parte interior da meixela para observar algunhas estruturas importantes da célula , seguindo os pasos que se prestan a continuación.

Resultados a esperar: O que esperamos ver no microscopio:

Finalmente conseguimos ver as células mortas do interior de noso carrillo e distinguimos moitas das súas partes.

Células bucales a microscópio.

PRÁCTICA LABORATORIO

(21 DE FEBREIRO 2017)

TINGUIDURA DE CÉLULAS

Uxía Pérez García Eloy Mato Rial Daniel Pose Rodríguez Paula Lema Dourado