ExpresióNs Latinas 3º Trimestre

Post on 14-Jun-2015

2.434 views 6 download

description

Lista comentada de expresións latinas correspondentes ó 3º trimestre

Transcript of ExpresióNs Latinas 3º Trimestre

Significado literal en latín e uso actual:

“En branco ”

[Estado mental]

Significado literal en latín e uso actual:

“No último momento ”

Significado literal en latín e uso

actual:

“En flagrante delito”, “No momenro de

cometer un delito”

Significado literal en latín e

uso actual:

“No sitio mesmo”, “No

lugar”

Significado literal en latín:

“No mesmo feito”

Uso actual:

“Inmediatamente”

Significado literal en latín:

“Erro de lingua”

Uso actual:

Empregámola se nos referimos a un erro cometido ao falarmos. É moito máis cotiá na forma

abreviada “lapsus”. Para as equivocacións na escrita existe a expresión “lapsus calami” (“erro

de pluma”)

Significado literal en latín:

“Mar grande”

Uso actual:

Conxunto confuso e desordeado. Escrito todo xunto considérase sustantivo e leva til: “maremágnum”

Significado literal en latín e uso actual:

“A gusto”, “Como se queira”

Adóitase empregar en partituras

musicais, para indicar que unha pasaxe se pode

interpretar ao gusto de cadaquén. Tamén

ten un uso máis xeral.

Significado literal en latín e uso actual:

“Lanzáronse os dados”, isto é, “A sorte está botada”

Pronunciouna Xulio César ó cruzar co seu exército o río

Rubicón, no norte de Italia, o 13 de xaneiro do 49 a.C.; isto enfrontábao ao Senado, que, ao enviar un exército contra el, desencadeou unha guerra

civil. Ven equivalendo ao noso “Que sexa o que Deus queira”

Significado literal en latín e uso actual:

“Antes do mediodía / Despois do mediodía”

Moi empregadas nas súas abreviaturas para a expresión das horas.

¡Ollo! Moita xente pensa que son de orixe inglesa.

Significado literal en latín

“Sen día”

Uso actual

Emprégase cando se fala dun aprazamento (dun xuízo, por exemplo) sen que se fixe

unha data concreta para reanudalo.

Significado literal en latín:

“Máis alá”

Uso actual:

É típico de nomes de vehículos ou axencias de

transporte e viaxes. Mais tamén tén unha

historia curiosa…

PLVS VLTRA é un lema que aparece no escudo español abrazando as columnas laterais, que simbolizan o

estreito de Xibraltar (segundo a mitoloxía grecorromana, “columnas de Hércules”): fíxate na

base mariña dos dous piares. Antigamente, o que se lía era NON PLVS VLTRA, lenda que aludía á

inexistencia de terra alén do Atlántico. O descubrimento de Colón, por conta do reino de

Castela, do continente americano, fixo necesaria unha leve rectificación para adecuar o escudo á nova

realidade xeográfica

Significado literal en latín e

uso actual:

“Condición sen a cal non”

Con este aforismo

aludimos a unha condición

indispensable para que algo se

cumpra

Significado literal en latín:

“Cuxa (presencia abonda)”Uso actual:

Trátase do número mínimo de participantes nunha reunión necesario para que esta se

poda celebrar e sexa quen de tomar acordos válidos. É

cotián fixalo na metade máis un do total

Significado literal en latín:

“Estado no que”

Uso actual:

“Estado de cousas”. Moi

empregada en contextos de

política e estudios de

Historia, p. ex.

Significado literal en latín

“Sobrou”

Uso actual

Nun balance económico, expresión para designar as ganancias

Significado literal en latín e uso

actual:

“Que sigas ben”, “Adeus”

É o imperativo do verbo latino valeo

(“estar ben de saúde”), cuxo

significado se fixo máis xeral: “estar

ben”. En latín empregábase como

fórmula de despedida

Significado literal en latín:

“Voz do pobo”

Uso actual:

A expresión completa era Vox populi, vox Dei: “A voz do pobo (é) a voz de Deus”. Pretende que nos rumores sempre hai verdade. Hai

refráns galegos en casteláns equivalentes: “Cando o galo

cacarexa, algo pasa na eira”; “Cuando el río suena,

agua lleva”

Significado literal en latín

“Por causa de honra”

Uso actual

Doutor honoris causa é un título honorífico que as Universidades adoitan conceder a persoas

destacadas en calquera ámbito das actividades humanas

Significado literal en latín

“Con louvanza”

Uso actual

Apto cum laude é a calificación que se adoita

outorgar a unha tese doutoral

Significado literal en latín:

“Por igual”

Uso actual:

Indica un empate na concesión dun premio deportivo

ou doutro tipo

Significado literal en latín:

“Por cabezas”

Uso actual:

Obsérvase en balances

económicos, en expresión como

“renda per capita”, “PIB per capita” e outras do mesmo estilo

Significado literal en latín e uso actual:

“Ao revés”, “En orde inversa”

Empregada nunha enumeración de

dous membros para indicar a orde

contraria á que se expresou nun

primeiro momento. Escríbese unido:

viceversa

Significado literal en latín

“Descanso”

Uso actual

Na liturxia cristiá, misa funeral

Significado literal en latín

“Para a cidade (Roma) e para o

mundo”

Uso actual

Bendición impartida polo Papa desde o Vaticano o 25

de decembro e o Domingo de Pascua