DOCUMENTACIÓN · Movemento obreiro. Proxección de Carrilanos. Presentación a cargo de Rafael...

Post on 25-Jun-2020

6 views 0 download

Transcript of DOCUMENTACIÓN · Movemento obreiro. Proxección de Carrilanos. Presentación a cargo de Rafael...

1nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

XXIII ASEMBLEA ANUALCOMPOSTELA, 24 DE FEBREIRO DO 2007

DOCUMENTACIÓN

novaescolagalega

2nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

DATA: 18 de xaneiro de 2006HORA DE INICIO: 12.30HORA DE REMATE: 14:05LUGAR: MUPEGA – Santiago

ASISTENTES

1. Alfonso Cheda Pita2. Alicia López Pardo3. Antón Costa Rico4. Arturo Iglesias Fernández5. Carmela Iglesias Pérez6. Cecilio Castro González7. Emilio González Legaspi8. Esther Vázquez Otero9. Fernando Vidal Meijón10. Francisco Veiga García11. José Pérez Móndelo12. Josefa Lago Vázquez13. Lois Ferradás Blanco14. Mª Carmen Cons Pintos15. Mª Carmen Díaz Simón16. Mª Cristina Baamonde García17. Mª Encarnación Peiteado Blanco18. Mª Helena Zapico Barbeito19. Mª Mercedes Vázquez Vázquez20. Marga Graña Bermúdez21. Mariló Candedo Gunturiz22. Montserrat Castro Rodríguez23. Pepe Álvarez Castro25. Sabela Díaz Regueiro26. Secundino García Mera27. Sonia López Soto28. Suso Rodríguez Rodríguez29. Teresa Davila Figueroa30. Xerardo Feijoo Rapela31. Xesús Fortes Gómez32. Xoán Xosé Lourenzo Lourido33. Xoanca Albarellos Codesido34. Xosé Lastra Muruais35. Xosé Manuel Cid Fernández36. Xosé Manuel Malheiro37. Xosé Ramos Rodríguez38. Xulio Gutiérrez Roger

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta da XXI Asemblea.

2. Memoria das actividades desenvolvidas durante o ano2005.

3. Memoria económica do ano 2005.

4. Proposta de orzamento para o 2006.

5. Programa de actuación para o ano 2006. (Presentaciónpáxina Web)

6. Renovación parcial do Secretariado.

7. Rogos e preguntas.

ACORDOS

1. Aprobouse por unanimidade a acta correspondente áXXI Asemblea Anual.

2. Fíxose un repaso das actividades realizadas no ano2005. Ademais das distintas actividades de formación,durante todo o ano mantivéronse numerosas xuntanzascon conselleiros/as e directores/as xerais do anterior e dopresente goberno, con dirixentes da Deputación e de variosconcellos galegos, con representantes de entidadesfinanceiras..., para levar a cabo diversas iniciativas.

3. Presentouse o balance económico correspondente óano 2005, que foi aprobado por unanimidade.

4. Aprobouse por unanimidade o orzamento para o ano2006. O presuposto de gastos ascende a 30.000 eurosque se corresponde cos ingresos agardados. A distribucióndas partidas aparecen recollidas na memoria anual quese espuxo na asemblea e que se achega a esta acta. Obalance ten un saldo positivo e falouse da necesidade debuscar novas fontes de ingresos para aumentar asposibilidades de financiamento das novas iniciativas quese están deseñando para o futuro. Presentáronse tresliñas de actuación para fornecer a economía do MRP: a)Considerouse necesario negociar con entidades privadasa petición de colaboración económica no financiamentodas actividades. b) Aumentar o número de membros daasociación. c) Abrir novas vías de financiamento a travésdunha mellor planificación das actividades a realizar.

ACTA DA XXII ASEMBLEA ANUAL

3nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

5. O plan de actividades propostas para o ano2006 foi aprobado por unanimidade. Unha dasprincipais iniciativas previstas é a nova páxinaweb que foi presentada polo seu deseñador. Apretensión é que a páxina web se convertanunha das principais canles de comunicacióne de dinamización dos/as asociados/as, de talxeito que se incentive a súa participación.

6. A Asemblea, dado que non se presentaronpersoas voluntarias, autoriza ó Secretariadopara que nas vindeiras datas poida incorporarnovas persoas para suplir a aquelas que,pertencendo na actualidade ó Secretariado,non teñen unha participación no seudesenvolvemento cotián.

7. Tras escoitar as testemuñas de Sabela eAlicia sobre a problemática actual que estáocorrendo ó redor da Escola de Pantín e danosa compañeira Sabela, acordouse que seremitise ó Secretariado un informe sobre osantecedentes que desencadearon a situaciónactual e as iniciativas que elas propoñen quese deben desenvolver. Unha vez recibido odocumento, o Secretariado analizarao eadoptará as medidas que se considerenoportunas.

8. Rogos e preguntas

Varios/as socios/as propuxeron un aumento de4 euros na cota anual, cuestión que se deixoucomo proposta para a vindeira asemblea, dadoque nesta non estaba prevista.

Nesta asemblea fíxose sentir a voz de moitos/as asociados/as que falaron do lamentableestado do ensino secundario en moitoscentros, no que respecta sobre todo ásaturación de contidos, metodoloxíasinapropiadas... que están repercutindonegativamente sobre o alumnado. Nestesentido, falouse da necesidade de seguiraumentando a nosa presenza real nos centros,desenvolvendo propostas orientadas áformación do profesorado e facendo chegar anosa voz de denuncia destas situacións.

Pechouse a sesión ás 14.05.

4nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

5nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

6nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

7nova

escolagalega

DOCUMENTACIÓN

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

8nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

XXIII ASEMBLEA ANUALCOMPOSTELA, 24 DE FEBREIRO DO 2007

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

novaescolagalega

9nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

CURSO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO DE ENSINO SECUNDARIO SOBRE HISTORIACONTEMPORÁNEA DE ESPAÑA E CINE DOCUMENTAL.Santiago de Compostela, xaneiro-febreiro de 2006Nova Escola Galega coordinou, xunto coa asociación Sine Nómine, este curso de formación deprofesorado de ensino secundario, nomeadamente de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais, ealumnado universitario.

Esta actividade organizouse co obxecto de sensibilizar ós asis-tentes sobre a posibilidade do uso do cine como material detraballo na aula, dotar ó profesorado de materiais concretosrelacionados co currículo da asignatura de Historia de España,actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestióndende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectosdo currículo da asignatura, ademais de propiciar o encontro entreo profesorado de secundaria e as persoas que traballan nomundo da realización de documentais.

Tivo unha duración de 30 horas e levouse a cabo no salón degrao da Facultade de Ciencias Políticas da USC, celebrándoseos días 19 e 26 de xaneiro, e 2, 9 e 16 de febreiro de 2006 coseguinte programa:

19 de xaneiro: 1. Franquismo e represión. Proxección da pe-lícula Las fosas del silencio. Presentación a cargo de JavierOrtiz, arqueólogo da Asociación para a Recuperación da Me-moria Histórica, e Conferencia ditada por María Xesús Souto,profesora da USC.

26 de xaneiro: 2. Movemento obreiro. Proxección deCarrilanos. Presentación a cargo de Rafael Cid, realizador dodocumental, e conferencia ditada por Antonio Míguez, profesorda USC.

2 de febreiro: 3. Oposición antifranquista. Proxección de SantaLiberdade. Presentación realizada por Margarita Ledo, direc-tora do filme e profesora da USC. Contouse co testemuño de Manuel Amor Deus, ex-preso nofranquismo.

9 de febreiro: 4. Tempos de wolfram, tempos de fame. Primeiro franquismo e economía.Proxección de O tempo do wolfram, presentada por Antonio Caeiro, director do documental,seguido da conferencia pronunciada por Xan Carmona, profesor da USC.

16 de febreiro: 5. A muller. Proxección de Muerte en el Valle. Presentación a cargo de SantíaMacías, arqueólogo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, seguido dunhamesa redonda presidida por Mercedes González, profesora de Ensino Secundario, coa presenzade dúas mulleres vítimas do franquismo.

O curso ofertouse cunha matrícula inicial de 50 participantes, chegando a contar coa asistenciade 75 profesores/as, fundamentalmente de Santiago e arredores, mais tamén, en menor número,doutros puntos de Galicia.

10nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

OS MAIORES NA ESCOLA. PROPOSTA DE ACCIÓN EDUCATIVA INTERXERACIONAL NOCONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.Santiago de Compostela, xaneiro-febreiro de 2006Entre os meses de xaneiro e febreiro do pasado ano desenvolveuse no Concello de Santiagounha proposta educativa dirixida a enriquecer e fortalecer os vínculos interxeracionais entre oscidadáns/ás composteláns/ás, especialmente entre os máis cativos/as e as persoas maiores dacidade, tomando como marco de encontro as escolas do barrio de Conxo. A posta en práctica dasiniciativas -que durante ese primeiro ano tiveron un carácter experimental-, requiriu da implicaciónda comunidade escolar de dous centros educativos: o CEIP Cardeal Quiroga Palacios e o IESEduardo Pondal. Deste xeito, para pór en marcha o proxecto contouse co apoio das ANPA e osequipos directivos de cada centro, así coma co traballo de colaboración e a inestimable axudadun grupo de alumnas e alumnos das Aulas de Terceira Idade de Santiago, co fin de achegar acomunidade veciñal ós procesos formativos dos nenos e nenas, mozos e mozas da cidade.

Entre os obxectivos xerais da proposta, poderiamos mencionar os seguintes:

- Fomentar as relacións interxeracionais como medio para a superación dos estereotipos e aconsecución dunha maior integración e participación social do maior no seo da súa cidade.

- Facilitar o intercambio de experiencias entre cativos/as e maiores, potenciando a revalorizaciónmutua e o enriquecemento bidireccional, estimulando vías de recuperación do patrimonio cultural,histórico, lingüístico e tradicional galego.

A iniciativa concretouse no desenvolvemento de tres actividades ou obradoiros fundamentais:

Revivindo os xogos popularesTomando como eixe os centros escolares mencionados, desenvolvéronse unhas xornadas dirixidasa dar vida ó amplo catálogo e patrimonio lúdico popular e tradicional galego, aproveitando o saberdos maiores, quen lles transmitiron a súa experiencia e lembranzas ós cativos/as, practicandoconxuntamente os xogos e descubrindo as súas virtualidades educativas. Para pór en marchaesta iniciativa contouse co apoio e asesoramento da Rede Galega do Xogo Tradicional Brinquedia,a través da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.

Contacontos na escolaCon esta proposta pretendíase que os maiores do Concello se erixisen en auténticos contadoresde contos e se constituísen en estímulo difusor da oralidade tradicional na narración de historias.A través do desenvolvemento dunha serie de obradoiros protagonizados por cativos/as de Prima-ria e maiores das Aulas da Terceira Idade de Santiago, tívose a oportunidade de recuperar unanaco da memoria colectiva, lembrando, transmitindo e dándolles nova vida ás lendas, cantigas econtos populares e tradicionais galegos.

Os maiores no cineCiclo de cinefórums na escola en torno á realidade social dos nosos maiores, á súa situación epapel na sociedade actual e á visión que da vellez se ofrece nos medios de comunicación social;todo iso por medio da análise do filme arxentino El hijo de la novia. O traballo levouse a cabodurante dúas sesións con dous grupos de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal.

Durante o presente ano 2007 pretendemos dar continuidade e maior pulo a un novo proxectointerxeracional, no que retomaremos actividades xa desenvolvidas, combinándoas con outrasiniciativas educativas coas que tentar acadar os obxectivos formulados.

11nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

12nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

XX ENCONTRO GALEGO-PORTUGÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ.A EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO: APRENDER A SOLIDARIEDADE.Hotel Torre de Núñez - Lugo, 28-30 de abril de 2006Celebrouse en Lugo unha nova edición dosEncontros Galego-Portugueses de educado-res/as pola paz organizados, como vén sendohabitual nestes últimos anos, pola AsociaciónGalego-Portuguesa de Educación para a Paz(AGAPPAZ), Educadores/as pola Paz-NovaEscola Galega, Dto. de Pedagoxía e Didáctica daUniversidade da Coruña e Movimento dos Educa-dores pela Paz de Portugal (MEP).

Nesta edición, celebrada nas vésperas do día in-ternacional da clase traballadora, o motivo centraldo Encontro foi a Educación para o desenvolve-mento: aprender a solidariedade. Esta propostade reflexión pretendeu desvelar as tremendassituacións de desigualdade nas nosas sociedadese no planeta que habitamos, así como as posibili-dades, reais e atinxibles, de desenvolvemento daspersoas e dos pobos, e tamén co resto do mundonatural, necesariamente prexudicados por estemodelo de desenvolvemento.

Cun apretado programa, que incluíu dúas confe-rencias-coloquio a cargo dos profesores Jurjo To-rres, quen abordou o tema Educación para odesenvolvemento: aprender os dereitos huma-nos e a solidariedade nas nosas escolas, e Carlos Taibo, sobre A globalización e osmovementos alternativos, así como unha mesa redonda arredor do tema Uma educação parao desenvolvimento e o meio ambiente, os Encontros reservaron parte do seu tempo para apráctica nos obradoiros, coñecer experiencias, libros e materiais, xogar cooperativamente, bailardanzas do mundo... E, especialmente, para o reencontro e a ocasión de revisar proxectos com-partidos, ilusións, problemas e dificultades na construción dun mundo máis pacífico e xusto.

Cumpríndose nesta ocasión os vinte anos de Encontros Galego-Portugueses de Educadorase Educadores pola Paz (XX Encontro Galego e XIII Galego-Portugués), os organizadoresquixeron expresar o seu recoñecemento ao profesor Xesús Jares pola súa traxectoria de vinte ecinco anos de compromiso coa defensa dos dereitos humanos e da paz, no transcurso dunha ceaá que seguiu a tradicional Festa da Paz.

Os Encontros, que reuniron a máis de duascentas persoas, outorgaron tamén protagonismo áasemblea da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ) e, na súaproxección externa, á celebración dunha Concentración pola PAZ e solta da pomba na PrazaMaior da cidade, con chamamento previo á cidadanía de Lugo.

13nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

14nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

II XORNADAS A ESCOLA ¿PUNTO DE ENCONTRO ENTRE O PROFESORADO EEDUCADORES/AS SOCIAIS?Facultade de C. Educación - Santiago, 4-6 de xullo do 2006Por segundo ano consecutivo celebráronse as Xornadas A Escola, pun-to de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais?. Naprimeira convocatoria, cuestionábase a necesidade dun traballo de cola-boración entre ambos profesionais, na procura dunha intervención edu-cativa máis adaptada ás demandas dunha sociedade cada vez máiscomplexa. Naquel debate xurdiron cuestións sobre as que pareceu pre-ciso afondar e analizar dende distintas perspectivas.

Nestas segundas xornadas o interese das organizacións convocantesfoi abrir espazos de debate multidisciplinares, co fin de artellar un discur-so coherente que avale e sustente un modelo de integración deprofesionais para responder ás novas necesidades dunha escola quecada vez ten máis responsabilidades. Contouse para iso coa opinión dedistintos profesionais da educación de recoñecida relevancia nos seusrespectivos ámbitos de actuación (formación inicial e investigación, orien-tación educativa, programas de educación non formal…). Houboobradoiros dedicados ao coñecemento de experiencias concretas e acti-vidades que desenvolven os/as profesionais da educación social nasaulas galegas e de fóra de Galicia. Púxose de manifesto tamén a pers-pectiva da acción e da reflexión política.

O desenvolvemento destas actividades facilitou a reflexión e o debate, do que se tiraron intere-santes conclusións, destacando algunhas prioridades:

- Compre redefinir o modelo de escola que precisa a sociedade actual, a través dun debate abertoe participativo, que combine a perspectiva social e profesional. Este exercicio de clarificaciónaportará sentido e permitirá articular a colaboración entre os distintos profesionais da educación(profesorado,orientadores/as, educadores/as sociais…).

- A sociedade, tanto a través da cidadanía como das institucións, debe avanzar no seu compromi-so coa escola, tendendo pontes coas potencialidades educativas das propias institucións sociais.

- Existen distintas alternativas para integrar o traballo dos profesionais da educación social naescola, sendo necesario afondar nas súas posibilidades e limitacións á luz das experiencias prác-ticas que se coñecen. O seu labor enténdese necesario para afrontar retos sociais e educativosque se relacionan coa mellora da convivencia, da atención á diversidade, da prevención dosproblemas de exclusión social, da configuración educativa do tempo de lecer, da potenciación daeducación en valores, da mellora dos vínculos entre a escola e o contexto sociocomunitario.

- No contexto galego cómpre irmos avanzando nas direccións debuxadas, sendo prioritarias unhaserie de apostas, que desde Nova Escola Galega, en colaboración co Colexio de EducadoresSociais, e as tres Universidades galegas, tentaremos promover:

- Dar a coñecer as experiencias de traballo colaborativo entre escola e educadores/as sociais queexisten na actualidade.

- Impulsar o estudo das alternativas para a incorporación dos educadores e educadoras sociaisao marco escolar.

15nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

16nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

I SIMPOSIO INTERNACIONAL: O PATRIMONIO MEGALÍTICO DA COSTA DA MORTE NOSEU CONTEXTO ATLÁNTICO.Pazo da Cultura - Carballo, 7-9 de xullo do 2006

Nesta actividade formativa, organizada polo Seminario de Estudos Comarcais, colaborou taménNova Escola Galega. Dirixida fundamentalmente ao profesorado de ensino secundario, congregoua moitos asistentes no Pazo da Cultura de Carballo, co triple obxectivo de :

- Profundizar no concepto de megalitismo como fenómeno cultural prehistórico.

- Dar a coñecer a ampla e variada riqueza megalítica da zona e a súa potencialidade para adinamización do turismo cultural.

- Axudar e empurrar na instalación do Parque do Megalitismo e o seu Centro de Interpretación(Xunta de Galicia).

Para o seu desenvolvemento deseñouse un programa no que se combinaron distinto tipo deactividades. No capítulo das conferencias-coloquio, contouse con relatores de recoñecido prestixioque abordaron distintos aspectos deste fenómeno en Galicia, e en particular na Costa da Morte,e noutros contextos (Bretaña, País Vasco, Cantabria e Portugal).

Realizouse unha excursión arqueolóxica, tras a senda de Georg e Vera Leisner, visitando osprincipias monumentos megalíticos da Costa da Morte: Dombate, Pedra Cuberta, Casa dos Mouros,Monte Carneo, Arca da Piosa, Parxubeira e Casota de Freán.

A modo de conclusión desenvolveuse unha mesa redonda final na que participaron investigado-res, responsables políticos e técnicos relacionados cos ámbitos do Patrimonio e do Turismo, naque se puxo de manifesto o valor das antas como recurso turístico comarcal.

Como actividades paralelas ou complementarias destacaron:

a) Exposición dos mapas do proxecto arqueológico que dirixiu o profesor Rodríguez Casal sobreo megalitismo da Costa da Morte.

b) Proxección de animacións espaciais en 3D das antas máis significativas.

17nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

IV XORNADAS CIENCIA E TERRITORIO. A ARQUEOLOXÍA.Biblioteca Municipal - Melide, 11-13 de setembro de 2006A partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Cien-cias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudocentradas na comarca da Terra de Melide. A convocatoria nacía coa pretensión de serexemplificadora a respecto de como os educadores e educadoras podemos aproveitar os recur-sos didácticos que nos ofrece o medio, sexa cal sexa o punto de Galicia no que desenvolvamos onoso traballo. As tres primeiras edicións das Xornadas "Ciencia e Territorio" estiveron centra-das na Xeoloxía, na Xeomorfoloxía e na Botánica, respectivamente.

Unha pretendida orde lóxica na presentación dos dife-rentes ámbitos de estudo da comarca, aconsellou na pre-sente edición dar un salto desde aqueles aspectos máisdirectamente relacionados co medio natural, aaqueloutros onde a pegada do ser humano é evidente.Esta toma de decisións veu dada tamén polo feito deque a Terra de Melide é unha das comarcas galegas máise mellor estudadas desde a perspectiva arqueolóxica,en diferentes momentos, con diferentes épocas históri-cas como obxectivo de análise, e mesmo polas diferen-tes escolas de investigadores/as representadas nestasIV Xornadas.

Igual que nas edicións anteriores, esta actividadeformativa contemplou unha metodoloxía dual. Por unhaparte, a fundamentación teórica, concretada en confe-rencias impartidas por cada un dos relatores/as. Por outra,o traballo de campo, centrado durante un dos días -dexeito extraordinario- no Castro de Viladonga, e en dife-rentes puntos da Terra de Melide nos outros dous: Pe-nas da Camposa e do Pé, o Forno dos Mouros, oxacemento de Requeán, o Castro de Lobos, o CastroPedro e o Castro da Graña, ou o xacemento da Torredos Mouros.

No desenvolvemento das IV Xornadas "Ciencia e Te-rritorio" estiveron representadas polo menos tres escolasdiferentes de arqueólogos, nas persoas dos investiga-dores Felipe Arias Vila (actual Director Xeral de Patrimo-nio), Fernando Acuña Castroviejo (Catedrático da USC)e Felipe Criado Boado (Coordinador Científico-Técnicoda Área de Humanidades e Ciencias Sociais do CSIC).

Asistiron un total de 47 profesores e profesoras dun totalde 51 matriculados -o traballo de campo, eixo das Xornadas, impediu que fosen admitidas máispersoas-. A maior parte dos participantes foron profesionais do ensino secundario público, doámbito das Ciencias Sociais. Porén, tamén participaron algúns profesores e profesoras de Cien-cias Naturais, así como algúns profesionais doutras disciplinas. Os e as asistentes procedíanpracticamente de toda Galicia.

18nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

19nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

I ENCONTRO DE DEBATE: MEDIO RURAL GALEGO, A NECESIDADE DUNHA RESPOSTAEDUCATIVA.Museo Pedagóxico de Galicia -Compostela, 27-28 de outubro do 2006O I Encontro de Debate sobre a educación no medio rural celebrouse o 27 e 28 de outubro, nasede do Museo Pedagóxico de Galicia. O Encontro tentou por primeira vez reunir nun mesmo forode debate a profesorado das escolas unitarias, dos colexios e dos institutos, coa finalidade deabordar a problemática da educación no medio rural desde unha perspectiva global. O obxectivoque pretendeu conseguir a actividade foi, xustamente, ofrecer posibles vías de solución ámarxinación educativa que -aínda nos nosos días- padece o alumnado do medio rural.

Durante o primeiro día o profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, o antropólogode Palas de Rei Xerardo Pereiro Pérez, intentou situar os asistentes no contexto dos nosos días,ofrecendo unha conferencia sobre o momento ac-tual que vive o medio rural. A continuación, o profe-sor Santiago Prado Conde, da Universidade Autó-noma de Barcelona, presentou as principaisconclusións da súa Tese de Doutoramento realiza-da sobre os resultados académicos dun institutogalego, onde demostrou que os alumnos/as naci-dos no medio rural teñen menos posibilidades deacadar o éxito escolar.

Na segunda xornada, representantes de ata noveorganizacións sindicais e colectivos con presenzano medio rural, membros da Mesa de Educaciónno Rural, expuxeron a súa visión sobre a realidadeactual do mundo rural galego desde a óptica educa-tiva, e as súas propostas de cada o futuro.

Tivo lugar tamén nesta segunda xornada a presen-tación dun total de seis comunicacións sobre dife-rentes facetas da educación no medio rural, desdea Asociación Galega de Cooperativas Agrarias,ata Televinte TV de Chantada, pasando polaUniversidade Rural Galega.

Durante esta mesma xornada desenvolveuse unha mesa redonda coa presenza de Carme Adán,Secretaria Xeral da Igualdade dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Flo-res Calvete, Director Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Conselleríade Medio Rural, e José Manuel Mouriz Cabalo, Subdirector Xeral de Centros da Consellaría deEducación.

O Encontro completouse coa presentación do libro A educación no rural en Galiza, elaboradopola Mesa de Educación no Rural, na que participa Nova Escola Galega.

Asistiron preto de corenta persoas, a maior parte profesionais do ensino público, de diferentesniveis educativos e mesmo de diferentes disciplinas académicas. Os asistentes procedíanpracticamente de toda Galicia.

20nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

21nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

EXPOSICIÓN E XORNADAS: ACTIVIDADES E RECURSOS EDUCATIVOS DOS MUSEOSDE GALICIA.Museo do Pobo Galego - Compostela, novembro 2006Co obxecto de crear un espazo de experiencias e intercambio entre os diferentes profesionaisque están relacionados dun xeito ou doutro coa pedagoxía museística, e provocar así un encontrointerdisciplinar entre distintos colectivos que traballan arredor do labor educativo dos museos,desenvolveuse no Museo do Pobo Galego ao longo do mes de novembro esta dobre actividadeExposición e Xornadas: actividades e recursos educativos dos museos de Galicia.

Para abordar esta temática deseñouse un ambicioso programaque combinou distintas actividades. Houbo conferencias a cargode especialistas do mundo da educación e dos museos, como osprofesores Joán Santacana Mestre, que abordou a utilidade di-dáctica dos museos, e Miguel Vázquez Freire, quen ofreceu unhavisión de como os programas educativos dos museos e centros dearte son acollidos por parte do profesorado; ou, entre outros JoséManuel Castaño, do Servizo Educativo do Museo Provincial dePontevedra, que fixo referencia á cuestión das novas tecnoloxíasao servizo da educación nos museos.

Desenvolvéronse distintas experiencias/obradoiros, algunhas delascentradas en propostas educativas desde a perspectiva da aten-ción á diversidade, como a presentada por un equipo do CRESSantiago Apóstol de Pontevedra (ONCE), que analizou a adapta-ción educativa dos museos e exposicións para traballar condiscapacitados visuais, ou a intervención de Manuel de Lario, daConfederación Galega de Minusválidos (COGAMI) aportando asúa visión sobre as necesidades educativas especiais e a educa-ción nos museos.

Tanto a través da exposición como dalgunhas intervencións ouobradoiros déronse a coñecer proxectos e materiais educativoselaborados por diversos museos galegos.

Abordáronse tamén outras temáticas de interese, como os retosde futuro dos museos de Galicia ou o papel dos educadores/as noámbito museístico.

As visitas guiadas pola exposición e itinerarios polo patrimonio histórico-artístico da cidade deCompostela completaron o programa previsto.

Esta actividade, que supuxo un reto organizativo de moi difícil abordaxe de non contar co decididoapoio da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e coa colaboración dos museosgalegos, concluíu cun notable éxito, tanto no que se refire á participación nas Xornadas como aonúmero de visitas realizadas á Exposición. Agárdase, ademais, que a Exposición sexa levada aoutros lugares de Galicia nos próximos meses e que estas xornadas teñan continuidade en futu-ras edicións.

22nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

23nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

CICLO DE CONFERENCIAS: A GALIZA DE MANUEL LUÍS ACUÑA NO ANO DA MEMORIAHISTÓRICA.A Pobra de Trives, 15-18 de novembro 2006O ciclo de conferencias A Galiza de Manuel Luís Acuña no ano da Me-moria Histórica integrouse no marco do III Congreso sobre M. Luís Acu-ña, co obxectivo de ofertar ao profesorado da comarca Trivesa, un espazopara a reflexión sobre unha xeración de mestres comprometidos coa reno-vación pedagóxica e a galeguización educativa, como foi a xeración demestres da República, en particular os integrantes da ATEO.

Entre os días 15 e 18 de novembro, organizouse o Ciclo, facéndoo coincidircoas actividades da tarde, e empezando un día antes para facer unha aproxi-mación ao perfil de Luís Acuña, en aspectos xa tratados nos dous primeirosCongresos, relativos ao plano educativo, literario e histórico. Como dirixenteda ATEO, como escritor renovador e como militante galeguista, Acuña teno perfil de mestre renovador, tanto no plano ideolóxico como en aspectoscurriculares. A loita pola escola activa, máis respectuosa coa infancia, agaleguización lingüística e cultural son preocupacións permanentes domestre-poeta. Deste perfil falaron na tarde do mércores os profesores XoséM. Cid, Xoán C. Dominguez Alberte e Raúl Soutelo.

Nestas cuestións afondouse o xoves 16, na presentación de relatorios dos propios congresistassobre cuestións educativas e sociopolíticas do escenario republicano. De seguido tivo lugar undebate dos "proxectos educativos galeguistas da Segunda República", tema introducido nunhamesa redonda na que interviñeron: Sabela Rivas, Isaac A. Estravís e Xosé Manuel Cid. Osgaleguistas Ánxel Casal, Ben-Cho-Shey, Vicente Risco ou o propio Acuña centraron as reflexións.

O segundo día contou tamén cun espazo entrañable para un recitado de poemas de Fírgoas,polos alumnos do IES de Trives e da Universidade, diante do busto de Acuña que hai ao carón doConcello. Nese momento xa se incorporou Ramón Luís Acuña, o fillo, que participou ata o final.

A visita ás exposicións sobre "Ensino na II República" (Fundación 10 de marzo) e especialmen-te á exposición máis contextualizada na realidade do ensino galego "Manuel Luis Acuña e o seutempo", permitiu conectar coa memoria histórica da educación e da represión. Presentouse olibro Memoria da escola (Xerais), coordinado por M. Suárez Pazos, X. M. Cid e Carmen Benso.

O venres e o sábado destináronse a afondar na memoria histórica, con intervencións de AntónCosta, Anxo Porto e Marcos Valcárcel, con presentación de máis relatorios. A presentación dolibro O ano da memoria na escola, sobre unha experiencia no instituto de Caldas, coordinadapor X. C. Dominguez Alberte e Raúl Soutelo, puxo fin á xornada do venres.

Na mañá do sábado foi posible escoitar a voz de Acuña, nunha entrevista dos anos sesenta naradio, recuperada e comentada por Ramón Nicolás. Alonso Montero afondaría no "silencio interiorda Galicia de posguerra" e a experiencia de Ponte nas Ondas serviu de ponte entre aquelaxeración republicana e os que loitamos colectivamente por renovar o ensino neste novo século.

A participación superou os 100 congresistas, especialmente nas sesións de tarde en que seincorporaban ao ciclo de conferencias os profesores que non podían estar pola mañá. Estaexperiencia de apoio de Nova Escola Galega ao Congreso Manuel Luís Acuña podeincrementarse na seguinte edición, propondo a incorporación como entidade organizadora.

24nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

II CICLO DE CINE E HISTORIA: A HISTORIA QUE VIVIMOS.Facultade de C. Políticas - Compostela, xaneiro-febreiro do 2007Nos meses de xaneiro e febreiro de 2006, Nova Escola Galegae a Asociación Cultural Sine Nómine, organizaron un curso deformación do profesorado sobre Cine documental e Historiade España. Dado o éxito da experiencia, as dúas asociaciónsrealizaron este mesmo ano unha nova convocatoria.

O II Ciclo de Cine e Historia: A historia que vivimos, estárealizándose no momento de redactar esta memoria, apoiadonunha estrutura fixa en todas as sesións que contempla aproxección dunha película sobre o tema en cuestión -unha cues-tión, como o propio título do Ciclo indica, de máxima actualidade,desde o conflito de Oriente Medio ata as condicións laboraisdos nosos días-, a presenza dun conferenciante que disertasobre o tema do día e, finalmente, o coloquio entre os e asasistentes.

Na organización do curso colaboran o Departamento de Edu-cación do Concello de Santiago, a Consellería de Educaciónda Xunta de Galicia, o Departamento de Historia Contemporá-nea da Facultade de Historia da USC, a Fundación 10 de Mar-zo e a Fundación Araguaney.

O número de asistentes supera mesmo os da primeira edición-debe terse en conta, ademais, que no ano 2006 non se cobraba ningunha clase de dereitos dematrícula-, superando o centenar de persoas e obrigando á organización a cambiar o local previs-to inicialmente para non ter que rexeitar solicitudes de matrícula.

A Asociación Cultural Sine Nómine é un colectivo formado fundamentalmente por profesores eprofesoras do ámbito das Ciencias Sociais do ensino secundario e universitario, e con el NovaEscola Galega mantén relación estreita desde tempo atrás. O Ciclo forma parte dun proxectoglobal de colaboración entre as dúas entidades, que se formaliza a través dun convenio que seagarda desenvolver plenamente nos próximos anos.

25nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

GRUPO CAMBELA

Xa sabedes que Cambela é o grupo de traballo que procede daquel coñecido históricamente enNova Escola Galega como Seminario de educación infantil e primaria. Os nosos destinosprofesionais fóronnos arredando da etapa de infantil (que non do seu espírito) e levándonos acentrarnos máis no ensino obrigatorio.

O tema no que seguimos, un ano máis, é o da Acción titorial. Buscamos identificar o tipo deintervencións que nos axuden a favorecer o desenvolvemento de personalidades harmónicas nogrupo de iguais. E deseñar aquelas condicións mínimas que lle permitan ao alumnado e a nósaprender.

Neste curso 2006/07, contaremos co asesoramento dunha psicóloga de Santiago, Isabel L. Arias.Para iso, engadirémoslle dúas horas de traballo pola mañá ao sábado (mensual) que nos reuni-mos.

Ademais, contamos con seguir asistindo ás reunións do secretariado co fin de manternos vincula-das á vida da asociación, e con participar (botando unha man cando se poida) nas actividadesque dende NEG se organicen.

26nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

GRUPO PROXECTOTERRA

O Grupo de traballo Proxectoterra naceu para dar resposta ós compromisos adquiridos polaAsociación a partir da sinatura do convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)para a extensión deste proxecto, xa iniciado na secundaria, ós niveis de infantil e primaria.

En concreto NEG comprometese a colaborar cos responsables do Proxectoterra na elaboracióne oferta dun conxunto de instrumentos didácticos destinados ás etapas citadas, e integralosneste proxecto, co obxectivo de introducir o alumnado galego no mundo da arquitectura, a súaordenación integrada no territorio e o seu impacto na calidade de vida da poboación. Comprométeseigualmente na organización dos cursos de formación do profesorado que permitan a súa presen-tación e difusión no mundo educativo.

Este grupo de traballo, de configuración recente enecesariamente aberto a novas incorporacións, estáinicialmente formado por asociados e asociadas in-teresados na temática e que, nalgúns casos, partici-paron na elaboración, a iniciativa do Secretariado,do proxecto "Educación e territorio: Paisaxe, ar-quitectura, natureza: educar para preservar".

Os compañeiros e compañeiras Carmela Cons,Montse Castro, Xan Lourenzo, Xosé Manuel Malheiro,Mariló Candedo, Xosé Luis González, AraceliSerantes, Xosé Lastra, Suso Rodríguez, HelenaZapico e outras persoas convidadas por NEG, sonos que comezaron este traballo, co obxectivo de que se faga extensivo a outros asociados easociadas e ó conxunto da asociación, naquelas tarefas que precisen desa colaboración.

Neste comezo do traballo este grupo está inmerso, xunto con responsables do Proxectoterra eoutros ensinantes, na posta en marcha dun proceso de revisión das achegas dos materiaisdidácticos existentes en torno a esta temática, e na reflexión previa á toma de decisións sobre ascaracterísticas dos recursos e das actividades didácticas, e a súa relación co currículo destasetapas.

Conscientes de que as temáticas relacionadas cos obxectivos do Proxectoterra veñen sendotraballadas por moitos compañeiros e compañeiras nos seus centros e aulas, con materiais valio-sos creados en relación co seu propio entorno, un dos obxectivos que pretende este grupo éincorporar esas achegas para contextualizar o máis posible as accións no territorio.

Unha vez que os materiais estean elaborados farase necesario poñer a proba as súas caracterís-ticas, facendo un seguimento experimental das súas posibilidades e limitacións. Nesa fase doproxecto precisarase contar co capital pedagóxico da asociación a fin de contrastar, en diferentesrealidades, distintos aspectos dos recursos elaborados.

En definitiva, máis alá das achegas concretas deste grupode traballo, preténdese que a Asociación, no seu conxunto,se identifique cos obxectivos e finalidades deste proxecto,estreitamente relacionadas co modelo de escola que vimosdefendendo.

27nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

28nova

escolagalega

ACTIVIDADES E GRUPOS 2006

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

GRUPO VIEIROS DA ESCOLA

O grupo de traballo Vieiros da escola constituíse a comezos do ano 2006, co obxecto de darllecontinuidade á publicación electrónica do mesmo nome, logo do convite dos responsables doxornal dixital Vieiros para que Nova Escola Galega se fixese cargo desta sección.

Aínda que non se trata dun grupo pechado, desde o seu comezo estivo integrado por: XoancaAlbarellos, Juan José Bueno, Mariló Candedo, Patricia Digón e Xesús Rodríguez.

O seu traballo consiste basicamente en coordinar a saída das sucesivas entregas desta publica-ción, planificando os temas que poidan ter interese en función da súa actualidade social e/ouescolar, buscando persoas ou colectivos que se encarguen da súa realización e facendo oseguimento ata que aparece xa colgado na páxina de Vieiros.

Desde o primeiro Vieiros da escola, cunha inauguración de luxo -ao escoller como tema de saídae cun tratamento crítico a celebración do 17 de maio, en liña coas preocupacións centrais daasociación-, sucedéronse xa diversas propostas arredor de moi distintas temáticas: ¿Que sereide maior?, Os lentes, Os cogomelos, O Samaín, Nannerl Mozart e outras compositoras, Atelerrealidade, Os valores Disney, A memoria do 36, O Nadal nas diferentes culturas, Ocomercio xusto... Contamos para esta exhaustiva produción co esforzo xeneroso e atento demoitos e moitas colaboradores e colaboradoras.

O Vieiros da escola é un proxecto aberto que pretende ofrecer ideas e recursos para o traballona escola, nos distintos niveis educativos e nas diferentes áreas do currículo, partindo das posibi-lidades que nos ofrece a rede. Para que sexa sostible no tempo precisa da colaboración de moitaspersoas que teñan un certo dominio e interese nalgunha temática e que sexan capaces de adap-tarse a un formato tan sinxelo, á vez que dinámico, pensando en que os aspectos propostospoidan ser traballados na aula.

Proba do interese que suscita son os comentarios que ás veces atopamos navegando a través darede, e a demanda para participar en cursos de formación do profesorado. Neste sentidointerviñemos presentando este recurso nun curso organizado polo CEFORE de Pontevedra nomes de outubro e noutra actividade organizada polo CEFORE de Santiago neste mes de febreiro.

Con certa perspectiva de futuro este grupo de traballo pretende:

- aumentar o número de colaboradores/as.- ampliar e diversificar as temáticas abordadas- coñecer a utilidade real deste recurso e as valoracións que fai o profesorado, educadores/as…de cara a mellorar os aspectos que sexan necesarios.- promover reflexións e debates sobre as temáticas abordadas, ou sobre o propio recurso…- dispoñer dun foro debidamente coordinado ou dunha páxina de discusión para operativizar osobxectivos anteriores.

Este grupo de traballo fai un chamamento á colaboración dos asociados e asociadas de NEG,entendendo que o Vieiros da escola abre múltiples posibilidades. A través da nosa web, esta-mos a disposición de todas e todos para calquera suxestión.

29nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

XXIII ASEMBLEA ANUALCOMPOSTELA, 24 DE FEBREIRO DO 2007

ACTIVIDADES 2007

novaescolagalega

30nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS NO CONCELLO DE SANTIAGO DECOMPOSTELA.Santiago de Compostela, ó longo do 2007Proposta de acción educativa interxeracional, en colaboración co Departa-mento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela,continuidade da comezada no ano 2005 e que continuou no 2006.

Neste ano 2007 preténdese incrementar significativamente o número decentros implicados, así coma a tipoloxía, complexidade e dimensións dasactividades globais formuladas, que xirarán arredor de temáticas como: osmaiores no cine, "o antes e o agora" xunta os nosos devanceiros, os oficiose o mundo laboral, os xogos populares e os contos na escola. As finalida-des destas accións son:

- Fomentar as relacións interxeracionais como medio para a superación dosestereotipos e a consecución dunha maior integración e participación socialdo maior no seo da súa cidade.- Facilitar o intercambio de experiencias entre cativos e maiores, potencian-do a revalorización e enriquecimento mutuos e estimulando vías de recupe-ración do patrimonio cultural, histórico, lingüístico e tradicional galego.

Para o seu desenvolvemento promoverase un traballo de colaboración coasANPA e cos equipos directivos de cada centro, así coma cos integrantesdos diversos centros socioculturais do concello e cos maiores da cidade(das asociacións veciñais, as familias, os grupos de chave, as Aulas daTerceira Idade, os clubes de xubilados...), a fin de achegar a comunidadeveciñal aos procesos formativos d@s nen@s e moz@s de Compostela.

A SEMANA DAS PERSOAS EMIGRANTES: DA GALICIA EMIGRANTEÁ ACOLLIDA DE INMIGRANTES.Caldas de Reis, abril-maio de 2007Primeira edición dedicada á República Arxentina. Co-organizadas co Concellode Caldas de Reis e a Universidade de Vigo.

Pendente de ultimar o deseño do seu programa definitivo, esta actividadepretende abordar distintos aspectos do fenómeno migratorio. Partindo dunhavisión xeral da emigración galega contemporánea a América e a Europa,haberá catro eixes que vertebrarán as charlas e obradoiros:

- As características máis salientables da emigración galega á Arxentina(asociacionismo, pautas de inserción sociolaboral, formas de vida...).- A muller nos procesos migratorios contemporáneos.- As persoas inmigrantes e retornadas na Galicia actual (principias retos deintegración social, políticas sociais, programas educativos…)- A memoria e as imaxes da emigración galega (no cinema, a literatura…)

Un amplo abano de actividades complementarias de carácter musical,exposicións, visitas guiadas e cinema completará esta ambiciosa proposta.

31nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

I XORNADA DA ORALIDADE PARA EDUCADORES/AS: O SUCEDIDO.Casa da Cultura, Arca-O Pino (A Coruña), 7 de xullo de 2007.Nesta primeira edición, o Certame de Narración Oral de O Pino estarádedicado a lembrar unha das fórmulas orais máis características da nosatradición: o sucedido ou sucedo.

O Pino é un enclave de extraordinaria importancia dentro do Camiño deSantiago e a relación entre estas dúas tradicións, Camiño e narración oral,é algo máis que evidente. As características deste tipo de relato que, entreoutras, abre a posibilidade de titular esta edición como Sucedidos noCamiño, fano especialmente apto para inaugurar esta traxectoria que nacecon vocación de reinventarse todos os anos polas mesmas datas. Esteproxecto, sen dúbida singular, tenta conseguir os seguintes obxectivos:

- Contribuír á xeración de espazos que faciliten gozar das narracións orais.- Recuperar e recrear formas tradicionais da narración oral: o sucedido.- Facilitar a reflexión teórica e práctica sobre a arte de contar historias.- Ofrecer un espazo para o intercambio de relatos relacionadas co Camiñode Santiago.- Favorecer a vertebración e dinamización social e cultural do concello doPino.- Estimular o desenvolvemento doutros eventos no concello arredor da na-rración oral.

As actividades previstas serán, entre outras: obradoiro de oralidade, obradoirode ilustración, conferencias, certame de contacontos.

XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLAPAZ: A CONSTRUCCIÓN DA PAZ DESDE A PERSPECTIVA DEXÉNERO.Chaves (Portugal), 4-6 de maio do 2007Organizado pola Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz(AGAPPAZ), Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega, o Departamen-to de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña e o Movimento dosEducadores pela Paz de Portugal (MEP).

Seguindo o formato xa consolidado en anteriores edicións o tema de debateserá A construcción da paz desde a perspectiva de xénero. Nesta oca-sión serán anfitrións os compañeiros e compañeiras de Portugal.

32nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

V XORNADAS DE CIENCIA E TERRITORIO: A AUGA.Melide, xullo ou setembro do 2007Dirixidas ao profesorado de Secundaria dos ámbitos das Ciencias Naturaise das Ciencias Sociais.

A súa finalidade é analizar, dende unha perspectiva didáctica, as posibilida-des educativas que ofrece o medio natural e o patrimonio da terra de Melide,coa pretensión de resultar exemplificadoras a respecto de como os educa-dores e educadoras podemos aproveitar os recursos didácticos que nosofrece o medio, sexa cal sexa o punto de Galicia no que desenvolvamos onoso traballo.

Combinarase a fundamentación teórica por medio de conferencias erelatorios coa experimentación a través do traballo de campo.

Nesta edición centraranse no estudo e o aproveitamento didáctico da auga,temática que está previsto continuar en vindeiras edicións.

IV XORNADAS SOBRE MATERIAIS CURRICULARES: EXPERIENCIASE RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES PARA O PROFESORADO.Santiago de Compostela, xullo do 2007Estas Xornadas pretenden dar a coñecer aquelas experiencias e materiaisdidácticos elaborados por distintos colectivos de profesores e profesorasdos distintos niveis educativos, ou de educadores/as, que poden ser deinterese para a comunidade educativa.

Como espazo de encontro e de intercambio de experiencias tenta ser unhaoportunidade para dar a coñecer as iniciativas e recursos deseñados polosdistintos grupos de NEG nos últimos anos, así como por outras persoas ecolectivos que, desde unha perspectiva innovadora, deseñan e desenvolvenalternativas didácticas de distinto alcance.

Como avance de programa que está aínda en fase de preparación indícansealgunhas das experiencias que se pretenden dar a coñecer:

- Grupo Cambela.- Filosofía para nenos e nenas.- Unha semana sen libros de texto.- Proxecto de elaboración de materiais didácticos para a iniciación álectoescritura para nenos e nenas con NEE.- Presentación dos traballos que obtiveron premios nas convocatorias dosPremios Educacompostela.- Recursos educativos contextualizados nos concellos.- Grupo Proxectoterra.- Grupo Vieiros da escola.

33nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

II ENCONTRO DE DEBATE: O MEDIO RURAL GALEGO. ANECESIDADE DUNHA RESPOSTA EDUCATIVA.Chantada (Lugo), outubro do 2007.Nesta segunda edición preténdense abordar algunhas temáticas que nonforon analizadas na primeira convocatoria, como é a cuestión da formacióndo profesorado ou a presentación para o debate de proxectos de escolarural desenvolvidos noutros lugares.

En liña coas conclusións aprobadas no I Encontro de Debate, revisarasea actualidade das accións do goberno galego sobre o medio rural, seránpresentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións com-prometidos coa defensa da educación no rural, e dedicarase un espazopara a presentación de experiencias educativas e/ou estudos e investigaciónssobre distintos aspectos relacionados coa educación no medio rural.

Destinatarios/as: profesorado dos distintos niveis educativos e outrosprofesionais da educación, así como outros membros das comunidadeseducativas.

VII ESCOLA DE VERÁN DE NEG EN FERROLTERRA E ORTEGAL.A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA A DEBATE.Fene, setembro do 2007A finalidade desta actividade é someter a reflexión, debate e, no seu caso,achegas alternativas, o estado da normalización lingüística nos distintosniveis do ensino e noutros ámbitos tamén educativos. Máis en concretopreténdese:

- Analizar a situación actual do proceso de normalización lingüística en ter-mos de oportunidades e ameazas para o seu desenvolvemento, á luz dasnovas regulamentacións (DCB, novo decreto para o ensino...)

- Coñecer as liñas da acción política do goberno galego para a normaliza-ción lingüística nos seus diversos ámbitos, nomeadamente no educativo.

- Posibilitar un espazo de encontro entre colectivos e axentes educativos noque debater liñas de acción normalizadora no ámbito da educación.

- Facilitar a presentación de experiencias e/ou recursos educativos de clarosentido normalizador.

Destinatarios/as: profesorado dos distintos niveis educativos e outrosprofesionais da educación, así como membros das comunidades educati-vas en xeral.

34nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

ENCONTRO SOBRE A EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Facultade de C. de Educación, Santiago, Novembro do 2007Dada a incidencia que ten na opinión pública a perspectiva mediática, asfinalidades desta actividade centránse en:

- Posibilitar un encontro entre educadores/as e profesionais do periodismopara analizar o tratamento de certas temáticas educativas nos medios decomunicación.

- Achegarlles aos profesionais do periodismo determinadas claves desdeas que resulta factible abordar temas educativos de gran trascendencia so-cial indo máis alá dos tópicos ou dun tratamento simplificador das realida-des analizadas.

- Colaborar na optimización do potencial educativo dos medios de comuni-cación e facer deles un instrumento "aliado" da escola fronte a determina-dos temas que deben ser obxecto prioritario de reflexión e compromiso dacidadanía.

As temáticas a abordar por parte de recoñecidos especialistas en educa-ción e xornalismo serán aquelas que, por distintos motivos, focalizan a aten-ción dos medios e, á súa vez, requiren un maior compromiso dos distintosaxentes sociais.

Destinatarios/as: profesionais dos medios de comunicación e educadores/as, membros das comunidades educativas en xeral.

XORNADAS SOBRE A EDUCACIÓN SECUNDARIA A DEBATE

Facultade de C. de Educación, Santiago, Novembro do 2007A finalidade destas xornadas é someter a debate os principais problemasque afectan ao ensino secundario, tentando ofrecer reflexións alternativassobre os mesmos.

Preténdese con esta actividade promover un espazo de encontro para quetanto os profesionais da educación como outros membros da comunidadeeducativa poidan reflexionar e debater sobre a problemática específica queafecta na actualidade a esta etapa educativa, tendo en conta as últimasregulamentacións.

Destinatarios/as: profesorado dos distintos niveis educativos e outrosprofesionais da educación, así como outros membros da comunidade edu-cativa.

35nova

escolagalega

ACTIVIDADES 2007

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

EXPOSICIÓN DE RECURSOS E ACTIVIDADES FORMATIVAS SOBREO APROVEITAMENTO EDUCATIVO DOS MUSEOS.Novembro do 2007. Itinerante por diversos Museos (pendente de deseñofinal)

Esta actividade dálle continuidade á realizada no mes de novembro do 2006no Museo do Pobo Galego baixo o título Actividades e recursos educativosdos museos de Galicia.

Preténdese poñer de relevo o potencial pedagóxico dos museos, achegandoa súa realidade educativa a un maior número de destinatarios/as.

Para iso darase a coñecer, a través dunha exposición, os programaseducativos que desenvolven diversos museos (incluímos neste termo taménas coleccións visitables), dirixidos a diferentes públicos. Con ese fin exhibirasea través de paneis explicativos (combinando imaxes, texto, gráficos...) esobre outros soportes, como monitores onde se proxecten vídeos, unhamostra da oferta educativa que levan a cabo os museos participantes,acompañados polos materiais educativos nos que se apoian as diversasactividades didácticas, así como aqueles materiais que xorden comoconsecuencia da participación dunha ampla tipoloxía de públicos.

Esta actvidade, que terá carácter itinerante, está pendente de planificar asecuencia das datas en que cada Museo se faga cargo da mesma.Complementarase cunha programación de visitas guiadas, actividade dirixidaaos centros educativos e adaptada aos diferentes niveis de ensino, para dara coñecer a exposición a docentes e alumnado.

Destinatarios/as: docentes dos distintos niveis educativos, profesionais dosmuseos, estudantes de ciencias da educación e de museoloxía, familias,estudantes dos distintos niveis educativos...

OUTRAS ACTIVIDADES:Como continuidade da liña de traballo que temos en relación aos maioresformaremos parte activa como organización colaboradora nas seguintesactividades:

- III XORNADAS INTERXERACIONAIS NO RURAL (XERMADE-LUGO).- I ENCONTRO GALEGO SOBRE O ALZHEIMER E OUTRASDEMENCIAS (LUGO, MES DE MAIO)

36nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

XXIII ASEMBLEA ANUALCOMPOSTELA, 24 DE FEBREIRO DO 2007

SECRETARIADO

novaescolagalega

37nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

Orzamento Execución Diferenza

INGRESOS 30.500,00 73.702,32 43.202,32

GASTOS 30.500,00 53.700,58 23.200,58

RESULTADO 0,00 20.001,74 20.001,74

Orzamento Ingreso Diferenza

Cotas 10.500,00 9.396,00 -1.104,00

Subvención Consellería Educación 06 3.500,00 2.333,77 -1.166,23

Subvención Deputación A Coruña 2005 4.000,00 4.993,69 993,69

Subvención Concello de Santiago 2.000,00

Outras subvencións 6.000,00

Actividades 12.500,00 56.977,32 44.477,32

Xuros bancarios 1,54 1,54

TOTAL INGRESOS 30.500,00 73.702,32 43.202,32

Orzamento Gasto Diferenza

Gastos de persoal 4.500,00 4.242,38 -257,63

Gasto corrente 6.000,00 8.502,80 2.502,80

Publicacións 3.000,00 1.833,16 -1.166,85

Actividades e grupos de traballo 10.500,00 37.242,08 26.742,08

Relacións externas 1.500,00 0,00 -1.500,00

Secretariado 2.500,00 0,00 -2.500,00

Investimentos 2.200,00 1.666,78 -533,22

Gastos financeiros 300,00 213,39 -86,61

TOTAL GASTOS 30.500,00 53.700,58 23.200,58

CERRE ORZAMENTARIO DO EXERCICIO 2006

GASTOS

INGRESOS

38nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

Actas "Materiais curriculares" 5.800,00Pendentes Museos 15.347,30

21.147,30

Subvención Xunta 06 2.013,982.013,98

Resultado da conciliación -19.133,32

Conta Caixa Galicia 30.345,19Caixa local -4,45

Remanente tesouraría 2006 30.340,74

Remanente tesouraría 2006 30.340,74Resultado conciliación -19.133,32

Diferenza tesouraría 11.207,42

11.207,42

CONCILIACIÓNACREDORES

ARQUEO (a 31/12/06)

Remanentes a incorporar no orzamento do 2007

RESULTADO DE TESOURARÍA

CERRAMENTO CONTABLE 2006

DEBEDORES

Período 2003-2004 6.972,55Período 2004-2005 4.512,69 -2.459,86 Exercicio 2006 11.207,42 6.694,73

EVOLUCIÓN TESOURARÍA

EVOLUCIÓN DE TESOURARÍA

6.972,55

4.512,69

11.207,42

0

2.000

4.000

6.000

8.000

10.000

12.000

Exercicios 2003-04, 2004-05 e 2006

Euro

s

Tesourarías

39nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

INGRESOS 47.144,82

GASTOS 47.144,82

RESULTADO 0,00

Remanente orzamentario 2006 11.139,82

Cotas 10.500,00

Axudas Consellaría Educación 4.500,00

Axudas Deputación A Coruña 5.000,00

Actividades 16.000,00

Intereses bancarios 5,00

TOTAL INGRESOS 47.144,82

Gastos de persoal 12.000,00

Gasto corrente 10.789,82

Publicacións 6.000,00

Actividades e grupos de traballo 12.000,00

Investimentos 6.000,00

Gastos financeiros 355,00

TOTAL GASTOS 47.144,82

ORZAMENTO 2007

INGRESOS

GASTOS

40nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

OBXECTIVOS XERAIS DO SECRETARIADO PARA O 20071. Fomentar o debate interno sobre distintos aspectos da política e realidadeeducativa.

2. Ampliar e consolidar as relacións con outras institucións.

3. Realizar campañas para a ampliación da base asociativa e dos suscritoresá RGE.

4. Crear e fomentar espazos de participación entre os/as asociados/as.

5. Dixitalizar os documentos antigos e publicacións de NEG para publicarna páxina web.

6. Difundir e dar a coñecer as publicacións de NEG.

7. Facer chegar as opinións do MRP aos/ás asociados/as, aos centros edu-cativos e a todos aqueles lugares e institucións ás que lles poida interesar anosa opinión.

Ingresos Gastos

Período 2003-2004 22.928,30 17.091,79Período 2004-2005 28.424,38 30.678,38Exercicio 2006 43.202,32 23.200,58Exercicio 2007 47.212,42 47.212,42

EVOLUCIÓN ORZAMENTARIA

EVOLUCIÓN ORZAMENTARIA

22.928,30

28.424,38

43.202,3247.212,42

17.091,79

30.678,38

23.200,58

47.212,42

0

5.000

10.000

15.000

20.000

25.000

30.000

35.000

40.000

45.000

50.000

Exercicios 2003-04, 2004-05, 2006 e previsión 2007

Euro

s IngresosGastos

41nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

A seguir recóllense sinteticamente algúns aspectos do traballo levado acabo no ano 2006, así como algunhas propostas e liñas de traballo decara ao 2007.

1. ACTIVIDADES

Unha boa parte do traballo do Secretariado estivo centrado en seguirmellorando a xestión das actividades que realiza a asociación, no tocanteás subvencións, xustificacións e homologacións, así como na procura derecursos económicos para poder levalas a cabo.

Continuáronse as entrevistas e contactos con diferentes entidades pú-blicas e privadas co fin de procurar medios e colaboracións, ou propoñerproxectos conxuntos. Cunha perspectiva de certa distancia, as xestións rea-lizadas viñeron dando resultados satisfactorios para a asociación.

PROXECTOTERRA

Asinamos un convenio co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) paracontribuírmos no desenvolvemento do Proxectoterra para infantil e prima-ria.

EDUCACIÓN SOCIAL E ESCOLA

Seguimos a cooperación co CESG (Colexio de Educadores/as Sociaisde Galicia) para a organización de xornadas e publicacións dascorrespondentes actas, ademais de para levarmos iniciativas conxuntas áConsellaría de Educación.

DATA INSTANCIA07/03/06 COAG - REY PICHEL - PROXECTOTERRA14/03/06 DIRECTOR XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE27/03/06 CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN27/03/06 SECRETARIO XERAL DA COPTOP03/04/06 COAG - PROXECTOTERRA18/05/06 CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN - ESCOLA DE PANTÍN05/07/06 DTORA. XERAL INNOVACIÓN - CESG06/10/06 CONSELLARÍA DE VIVENDA - LOCAL06/10/06 CONCELLEIRA EDUCACIÓN SANTIAGO - ENCONTRO ESTATAL22/01/07 DEPUTACIÓN DA CORUÑA - CELESTINO POZAS

ENTREVISTAS REALIZADAS

42nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

CONVENIO CON PATRIMONIO

Asinamos, así mesmo, un convenio coa Dirección Xeral de Patrimonioda Xunta de Galicia, para a colaboración na organización da actividade dosMuseos.

PUNTO GAL

Asinamos a adhesión de NEG á iniciativa Punto Gal, para a consecucióndo dominio galego .gal, e participamos na asemblea constituínte o pasado10 de xuño.

CONVENIO CON SINE NÓMINE

Formalizamos un convenio coa asociación Sine Nómine, paracolaborarmos na organización de actividades, inicialmente de cine.

ANO DA MEMORIA

Participamos activamente en varias actividades relacionadas co Ano daMemoria histórica. Comezamos co propio acto da pasada asemblea econtinuamos coa Escola fusilada, Xornadas sobre educación, cultura e re-pública, A Galiza de Manuel Luís Acuña no Ano da memoria histórica e onúmero 13 de Vieiros da escola sobre a memoria do 36, entre outros.

MANIFESTOS E SINATURAS

Asinamos varios manifestos, entre eles o Manifesto do día das Letrasgalegas.

Asinamos igualmente o Acordo interinstitucional sobre o Plan Integralde Mellora da Convivencia Escolar en Galicia.

43nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

PREMIOS EDUCACOMPOSTELA

Coorganizamos a IV edición dos premios Educacompostela de recur-sos educativos en prol da innovación, a calidade educativa e a renovaciónpedagóxica.

Os Premios Educacompostela son o resultado dunha colaboración moiasentada xa no tempo entre Nova Escola Galega e o Departamento de Edu-cación do Concello de Santiago.

O traballo SonCine®, do IES de Porto do Son, dirixido por David Iglesias,foi o gañador da edición deste ano dos premios. O segundo premio foi paraO millo, realizado polos alumnos e alumnas de cuarto de Primaria, taménde Porto do Son, baixo a dirección de María Xesús Mágoa Rei. O terceirodos traballos premiados é o titulado Convivencia e interculturalidade nonoso centro, do IES “Antón Fraguas” de Santiago. Recibiu unha menciónespecial o traballo A boca e os dentes, do Colexio “Andaina” de Culleredo.

Xa está convocado o V Premio. Os materiais didácticos poderán estardirixidos aos diferentes niveis do ensino e poderá tratar sobre aqueles te-mas que o profesorado considere oportuno abordar no desenvolvementodo currículo nos seus centros educativos, ben sexa en Educación Infantil,Primaria ou Secundaria. Así mesmo tamén se poderán presentar materiaiselaborados e destinados para o contexto non formal e informal.

As Bases da convocatoria e mais a Guia están colgadas na nosa web.

2. ORGANIZACIÓN

2.1. INFRAESTRUTURAS.No tocante ás infraestruturas procuráronse, con diferente nivel de éxito, osseguintes fins:

- Continuar xestións para a consecución dun local para a asociación, quepermita a atención aos asociados e asociadas, e abra a posibilidade dealmacenamento axeitado, de servizos coma a biblioteca, así como depodermos realizar xuntanzas dun certo número de persoas en condiciónsapropiadas.

- Dotarnos de equipamento audiovisual (proxector...), que solicitamos através das subvencións convocadas pola Deputación da Coruña.

- Termos unha maior capacidade de atención ao local e ao xa elevadotraballo derivado da vida asociativa, ampliando o contrato da persoa que oatende.

2.2. FUNCIONAMENTO.- O Secretariado nacional veuse reunindo ordinariamente unha vez aomes (agás nos meses de xuño, xullo, agosto, outubro e novembro, que, porunhas ou outras razóns, non houbo xunta), cunha participación aceptable,como se pode comprobar nestes gráficos.

44nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

ASISTENCIAS Ó SECRETARIADO

86% 86%

57%

71%

43%

100%

57,14%

100% 100%

43%

71%

57%

43%

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

Membros

Porc

enta

xes

ASISTENCIA ÁS SESIÓNS

0123456789

1011121314

1 2 3 4 5 6 7Sesións

Asis

tent

es

Lastra Muruais, Xosé PresidenteÁlvarez Castro, Pepe VicepresidenteCastro Rodríguez, Montse SecretariaLópez Soto, Sonia TesoureiraCandedo Gunturiz, Mariló ActividadesCid Fernández, Xosé ManuelLorenzo Lourido, XoánMalheiro Gutiérrez, Xosé M. ComunicaciónPose Blanco, Ana MªRamos Rodríguez, Xosé Relacións externasRodríguez Rodríguez, XesúsVázquez Otero, Esther Grupos de traballoVeiga García, Paco Infraestruturas

SECRETARIADO

mar-06 abr-06 maio-06 set-06 dec-06 xan-07 feb-07

8 8 7 10 13 8 10Os meses de xuño, xullo, agosto, outubro e novembro non houbo xuntas.

Número de asistentes por sesión

45nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

- Tocante á distribución de funcións e responsabilidades, que xa forainformada na pasada asemblea, entre as persoas que constitúen o secreta-riado, viñéronse desenvolvendo tamén con diferente nivel de implicación,dependendo das posibilidades de tempo que cada membro lle pode dedi-car á asociación.

- Na xestión económica, cómpre indicar que as necesidades da asocia-ción van medrando, na mesma medida en que tamén medran os campos efrontes de actuación que, na actualidade representan un volume que empezaa facerse difícil de abranguer. Os recursos económicos procedentes dos/asasociados/as representan agora unha pequena parte da actividade econó-mica da asociación. Porén, cómpre levar a cabo un obxectivo que duranteeste ano non se abordou: unha campaña de afiliación que poida ampliar anosa base asociativa.

Elaborouse un protocolo, que figura na parte final desta mesma memoria,para homoxeneizar o funcionamento de grupos e actividades, co fin desabermos todos e todas as pautas a seguir ,e evitarmos así descoordinaciónse carencias que pexan notablemente a nosa xestión nestes ámbitos.

3. RELACIÓNS EXTERNAS

As nosas representacións e participacións nalgunhas mesas e plata-formas seguiu sendo obxecto de debate no ámbito do secretariado. Haberáque decidir sobre se, dada a experiencia de falta de funcionamento oufuncionamento viciado dalgunhas destas plataformas, é conveniente ou nonque nós sigamos formando parte delas.

COORDINADORA ESTATAL DE MRPSeguimos coa nosa participación na Mesa estatal de MRP. Represénta-nos Pepe Álvarez, temos unha presenza e voz con-siderada e estamos unicamente como NEG. Duranteo ano 2006 a mesa estatal continuou coa súa habi-tual actividade de elaboración de documentos so-bre os distintos avatares da actualidade educativa.Tamén participou en diferentes plataformas a nivelestatal. Mantivéronse reunións coas novas autori-dades educativas do MEC para formularlles novossistemas de relación de cara á realización de acti-vidades. Organizouse un miniencontro sobre o cu-rrículo básico, no que se elaborou un documento.Por outra banda, celebrouse o XXII encontro es-tatal en Santiago, cun éxito de organizaciónrecoñecido unanimemente. A partir deste últimotomouse o acordo de abrir un Foro sobre cidadaníae de pór en marcha unha mesa sobre o tema den-tro da confederación. A representación de NEGparticipou activamente en todas as actividades.

46nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Hoxe inactiva. Plataforma complexa pola presenza de múltiples e variadasforzas que dan un funcionamento lento e pouco efectivo. É importante a exis-tencia desta Plataforma non só polo que significa en si, tamén por ser oúnico punto de encontro das forzas progresistas en educación dende todosos sectores (pais e nais, ensinantes, alumnado...), sen esquecer que fomosnós os seus impulsores e mantedores hai máis de catorce anos...Represéntannos Suso Rodríguez e Montse Castro.

PLATAFORMA POLO ENSINO EN GALEGO

Participamos das súas iniciativas, pero realmente existe un control de ini-ciativas e funcionamento que nos é alleo. Represéntanos Tere Ferreiro.

CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

Ten agora unha actividade moito maior que na etapa anterior. Neste mesmoano informáronse Decretos sobre observatorio da convivencia escolar, or-ganización da formación continuada do profesorado, elección de directoresescolares, e sobre escolarización e matriculación, moi polémico por sentir-se afectados especialmente os centros privados concertados. Informousetamén o Plan Integral da convivencia escolar, emitiuse un informe sobre com-petencias básicas, fixéronse xornadas sobre convivencia, competenciasbásicas e memoria histórica e estase nun proceso de actos polo país (12cidades e vilas) para dar a coñercer os Consellos e animar á participacióndos diversos sectores. Represéntanos Pepe Ramos; a representación éteoricamente da coordinadora de MRP e non de NEG, pero existe un acordonon escrito de que NEG, ASPG e a Federación de MRP (Escola Viva, SPGPe Escola de verán de Corcubión) teñan un representante.

OUTROS CONSELLOS ESCOLARES

A Coruña. Reúnese unha ou dúas veces ao ano cunha difusión e debateescasísimo. NEG como tal non está representada, tampouco outros MRP;suponse que utilizaron o eufemismo de nomear a Pepe Ramos como "ex-perto en educación" para ter esa presenza, sen entrar en liortas de qué MRPestaba representado.

Ferrol. Temos un acordo tácito coa ASPG de alternarnos na representa-ción; neste momento está unha persoa deles. Só unha reunión neste curso.Pódese considerar desaparecido durante a etapa deste goberno munici-pal.

Narón. Recentemente constituído. Represéntanos Xoán Lorenzo.

FIMEMO noso representante é Antón Costa.

MESAS DA COORDINADORA ESTATAL DE MRP.Infantil. Represéntanos o Grupo de traballo de Infantil e Primaria, con sedeen Santiago.

,

47nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

Primaria. Represéntanos o Grupo de traballo de Infantil e Primaria.

Secundaria. Represéntanos o Grupo de traballo de Secundaria, con sedena Coruña.

Rural. Represéntanos Alicia López Pardo.

OUTRAS REPRESENTACIÓNS

Asociación Española de Investigación para la Paz (AIPAZ)

Represéntanos Suso Jares.

Brinquedia, Rede do Xogo TradicionalSomos membros de pleno dereito e represéntanos Paco Veiga.

Foro sobre a Cidade da CulturaRepreséntanos Malheiro.

Nova Escola Galega participou, entre os meses de maio e outubro, no Foroda Cidade da Cultura. Dito Foro, convocado pola Consellaría de Cultura eDeporte, estivo organizado por mesas temáticas para definir os futuros usosde dous dos edificios do Monte Gaiás, no complexo (aínda) denominado a"Cidade da Cultura". Nova Escola Galega, xunto con outras asociaciónsdo mundo do ensino, as letras e da cultura en xeral, participou na mesa sec-torial da lingua galega.

Cada unha das mesas temáticas estivo refe-rida a un dos colectores culturais que sonobxecto de debate, a Casa Mundo e o Es-cenario Obradoiro, e o obxectivo dostraballos foi analizar as potencialidades e ovalor engadido de cada un dos edificios e ela-borar unha proposta de definición de usos.

Comisión de convivenciaConsellería de Educación. Represéntanos Suso Jares.

Grupo de traballo para a elaboración da nova proposta educativa parao 1º ciclo de InfantilRepreséntannos Alicia López Pardo e María Castro.

X Encontros de Normalización LingüísticaConsello da Cultura Galega. Representounos Paco Veiga.

A escola fusiladaRepreséntanos Antón Costa.

48nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

4. COMUNICACIÓN

4.1. REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

Consolidación da renovación do proxecto editorial de comunicaciónpedagóxica que a revista significa.

Son tres os números que xa levan saído dende que se iniciou a nova xeirada RGE e está o cuarto no prelo. Dende a última asemblea saíron dousnúmeros. O nº 35 sobre os museos, que tivounha ampla acollida e supuxo un percorridopolos diferentes tipos de museos máissalientables de Galicia, coa colaboracióndo persoal dos mesmos, contribuíndo cosseus artigos unhas veces os técnicos eneducación, noutras os mesmos directores.Froito desa colaboración elaborouse unhaexposición sobre os museos de Galicia etiveron lugar unhas xornadas das que se daconta noutro lugar desta memoria.

O nº 36 dedicouse á familia e nel analízanseos desaxustes que se produciron na rela-ción entre o eido educativo e familiar debi-do aos cambios acaecidos durante as últi-mas décadas.

Debemos lembrar que todos os números,á parte do tema que comentamos, levanunha serie de seccións fixas, como son o editorial, as experiencias, o esta-do da lingua, estudos/informes, literatura e cine infantil e xuvenil en galego,comentario de libros e outros materiais, panoraula, Historia e Socioloxía da

49nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

educación, diario cultural, humor e cartas ao Director. Como vedes moitosdeles posibilitan a colaboración libre e polo tanto están abertos á vosa par-ticipación, polo que vos animamos dende aquí a que fagades oír á vosa voze contedes as vosas experiencias.

Os seguintes números, nos quexa se está traballando, terán,xunto coas seccións habituais, ostemas centrais seguintes: nº 37:Patrimonio lúdico galego (estadoda cuestión, proceso de recupe-ración dos xogos e deportestradicionais, o patrimonio lúdiconos tempos de lecer damocidade...).

O Nº 38: As tecnoloxías da infor-mación e da comunicación e aeducación (contextualización e di-fusión de ferramentas para o fo-mento do emprego do galegoentre a mocidade). E nº 39: Aorientación (desde a perspectivaescolar, laboral..., e desde a ópti-ca da familia e da xuventude).

Segue sendo fundamental que difundamos a revista e fagamos subscritores/as. E para redactala, lembrade outra vez: ¡queremos contar con vós!.

4.2 . BOLETÍN INTERNO

Este ano publicamos o número 54.

Co desenvolvemento da web que estamosfacendo paso a paso, a intención é a de que os/as asociados/as poidan ter acceso a un boletíninterno electrónico, o máis posto ao día posible.

4.3. NEG OPINA

Durante o ano que abrangue esta memoria nonse realizou tiraxe ningunha desta publicación.Porén, o secretariado concorda na gran validezdesta proposta de relación co profesorado e oscentros para darmos a coñecer puntualmente asnosas posicións ou achegas diante da problemá-tica educativa.

En consecuencia, será un obxectivo do novo secretariado o manter unhadinámica viva neste eido.

50nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

4.4. VIEIROS DA ESCOLA

Comenzouse en maio do 2006 co número 5 e andamos polo 16. Co gallo departiciparmos neste proxecto constituímos un grupo de traballo. Na partecorrespondente á Memoria de actividades do 2006 pode obterse máis infor-mación sobre esta publicación de Vieiros xestionada por NEG.

4.5. OUTRAS PUBLICACIÓNS

- A escola, ¿punto de encontro entre oprofesorado e educadores/as sociais?Castro Rodríguez,M., Malheiro Gutiérrez, X.M.e Rodríguez Rodríguez, X. (coord.) NEG/CESG(2006).

Este libro recolle as diferentes achegas eprincipais conclusións derivadas das I Xornadasdo mesmo nome organizadas por NEG e osDptos. de Didáctica e Organización Escolar eTeoría e Historia da Educación da USC, e coamoi estimable colaboración do Colexio de Edu-cadores Sociais de Galicia.

A publicación das conferencias, mesas redondas e conclusións dos gruposde traballo dálle continuidade ao debate tocante á posibilidade de integrarnos centros escolares os profesionais da Educación Social.

Neste sentido os documentos reflicten a situación real na que nos atopamos,as visións en positivo que se poden prever neste proceso de traballo decolaboración, mais tamén as dúbidas e incertidumes sobre as inercias dapropia organización escolar para acoller a novos profesionais; dan contatamén de experiencias concretas. Estes artigos son, en definitiva, o resulta-do dun debate amplo e plural, no que participaron distintos sectores dacomunidade educativa (profesorado, orientadores/as, pais e nais, educado-res/as sociais...) e que continúa aberto a novas formulacións.

51nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

- A elaboración e adaptación dos materiaiscurriculares.Rodríguez Rodríguez, X. (coord.) Nova EscolaGalega/Concello de Santiago (2007).Esta publicación, coordinada polo compañeiro deNEG Suso Rodríguez, recolle as contribuciónsque se realizaron no II Congreso de MateriaisCurriculares. Hai polo tanto, contribucións de ca-rácter máis teórico -sobre os criterios para a valo-ración e o deseño de materiais ou sobre a súaadaptación como estratexia para a innovación edu-cativa e atención da diversidade-, reflexións deri-vadas do debate arredor da controversia ¿Elabo-ración de materiais propios ou libros de texto? epresentacións de experiencias e materiais elaborados, nalgúns casos, porpersoas ou grupos vinculados a NEG, tanto referidos ao ámbito escolar comoa contextos educativos non formais.O Concello de Santiago, pioneiro de tantas iniciativas a prol da innovacióneducativa, é, unha vez máis, quen apostou por darlle saída a esta publica-ción de interese para o profesorado e a comunidade educativa.

- As tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC): Retos paraa educación do futuro.Cid Fernández, X. M. e Rodríguez Rodríguez, X.(coord.) Nova Escola Galega (2007).Esta publicación é o froito do intenso traballo de re-flexión e análise que durante os días 6, 7 e 8 desetembro de 2005 tivo lugar na Casa de Cultura doConcello de Silleda, con motivo da celebración do ICongreso Ibérico A Fenda Dixital . As TIC: retosda educación para o futuro, organizado por NovaEscola Galega, as Universidades da Coruña, Santia-go, Vigo e Tras-Os-Montes, e o Concello de Silleda,no que participaron distintos profesionais do mundodo ensino nas distintas actividades organizadas: con-ferencias, mesas, experiencias e comunicacións.O propósito fundamental dos organizadores desteCongreso foi o de provocar un debate ao redor dasTecnoloxías da Información e a Comunicación, tendo como principal fíocondutor a problemática da Fenda Dixital. Neste sentido, tal e como se reflictenos distintos apartados do libro, contouse coas perspectivas de análise eos profesionais do rural, do urbano, do formal, do non formal, a opinión doscentros de ensino, o mundo universitario..., sendo moi enriquecedor o inter-cambio entre profesionais de Galicia e Portugal.

- NEG coordina un número de Aula de Innovación Educativa sobre Edu-cación Social e Escola, de próxima publicación.

52nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

PROTOCOLO DE ACTIVIDADES

Co obxecto de garantir a viabilidade das iniciativas que se presenten e deoptimizar a xestión dos recursos materiais e humanos dos que se dispón naASOCIACIÓN, cando un membro de NEG ou un grupo de asociados/as pre-tenda levar adiante unha actividade deberá seguir o seguinte protocolo,que toma en consideración as Ordes da Consellería que regulan:

- a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades deformación permanente do profesorado (DOG 10-9-2001).

- a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividadesde formación realizadas por MRP (DOG 8-3-2005).

1º. Deberá propoñerlle ó Secretariado a realización da actividade. A propostadeberá indicar:

- a persoa ou persoas responsables.

- os datos previstos no ANEXO II (Descrición do proxecto).

- os datos previstos no ANEXO IV (Modelo de orzamento), que se debencalcular considerando de xeito literal as indicacións que figuran no ANEXOIII, todos eles da orde relativa ás axudas económicas.

2º. Unha vez aprobada a actividade e aténdose ó previsto na orde daConsellería pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificacióne rexistro (DOG 10-9-2001), os/as responsables da actividade tramitarán asúa homologación, como máximo, un mes antes da súa realización eseguindo o modelo normalizado que figura como ANEXO I desa orde.

3º. Durante o desenvolvemento da actividade as persoas responsables damesma recollerán todos os datos relativos a:

- O informe final que debe presentarse para conseguir a homologación defi-nitiva da actividade, seguindo estritamente o indicado no artigo 14 dadevandita orde e empregando os modelos normalizados previstos no seuANEXO II.

- Xustificación de gastos realizados, tendo en conta, de maneira literal, oprevisto nos ANEXOS II, VII e VIII da correspondente orde, relativa as axudaseconómicas.

4º. Unha vez rematada a actividade e no prazo de 20 días, as persoas res-ponsables da mesma entregarán no local da Asociación a documentaciónrelacionada, coa memoria económica e o informe final ou memoria de ho-mologación, para proceder a súa revisión se fose necesario. A entrega destadocumentación na Consellaría é responsabilidade do Secretariado, napersoa que se determine. Non se recoñecerá, xa que logo, ningunha obriganin xestión realizada por persoa non autorizada para actuar no nome deNova Escola Galega.

Co obxecto de facilitar a xestión dos/as responsables das actividades, es-tán colgadas na web da asociación as Ordes da consellaría cos

53nova

escolagalega

SECRETARIADO

XXIII ASEMBLEA ANUAL - 24 DE FEBREIRO DO 2007

correspondentes anexos que se deben cumprimentar. A fin de evitar errosdebe seguirse literalmente o que se pide en cada apartado e prestarllesatención ás indicacións que figuran de maneira destacada, advertindo so-bre posibles interpretacións dos datos que se solicitan.

Este protocolo variará na medida en que as convocatorias oficiais poidanter algunha modificación.

A persoa responsable de actividades no Secretariado nacional será semprea referencia para todas estas cuestións, en colaboración coa Tesouraría nosaspectos económicos.

O desenvolvemento de actividades é unha das pólas máis salientables daasociación, pero non é a única. Por tal motivo, resulta imprescindible que asanteditas actividades contemplen nos seus correspondentes orzamentos osgastos que ocasionan á propia asociación en xestión ou docencia, no seucaso, co fin de que poidan contribuír á propia economía da asociación noseu conxunto.

O secretariado avaliará os orzamentos propostos polo/a responsable decada actividade e propoñerá os cambios pertinentes, se fose necesario.Igualmente, a Tesouraría recibirá as contas orzamentarias e a contabilidadebancaria, de ser o caso, da actividade que se trate. Cando se remate unhaactividade que se estea xestionando por unha conta distinta da central deNEG, aboarase o remanente nesta última. As liquidacións anuais das contasdeberán achegarse por parte dos responsables á tesouraría da asociación.

As axudas conseguidas de entidades, institucións, organismos... ao ampa-ro dunha solicitude individualizada introduciranse no orzamentocorrespondente á esa actividade.

Cando se trate de axudas conseguidas ao abeiro de convocatorias xerais(Consellaría, Deputación...), incorporaranse ao orzamento xeral da asocia-ción, servindo para cubrir aqueles posibles déficits que poidan presentaralgunhas actividades, sempre que tivesen os seus orzamentos propios apro-bados polo secretariado.

PROTOCOLO DE GRUPOS DE NEGOs grupos establecidos ou que puntualmente se formen no seo de NEGdeberán aterse aos criterios fixados polo secretariado para o seufuncionamento.

Cando un grupo de NEG desexe levar adiante algunha actividade con outrosgrupos ou organizacións alleas, o Secretariado establecerá un convenio noque se recollan as achegas e obrigas que debe asumir cada parte.

Unicamente se contemplan estas dúas posibilidades para o funcionamentodos grupos.