bosques primarios

Post on 10-Jul-2015

287 views 2 download

Transcript of bosques primarios

OS PULMÓNS DO NOSO PLANETA

SON SUPERFICIES CONTINUAS DE BOSQUE ORIXINAL INTACTO, E GARANTIZAN A SUPERVIVENCIA DE POBLACIÓNS E COMUNIDADES DE SERES VIVOS

En ningún outro ecosistema terrestre hai tantos tipos distintos de animais e plantas como nos últimos Bosques Primarios. Albergan unhas dúas terceiras partes das especies terrestres de plantas e animais que hai no mundo, moitas delas aíndadescoñecidas.Ademáis, esta biodiversidade foise adaptando perfectamente ás suás condicións ambientais aolongo de miles de anos. Trátase dun fascinante entramado de vida que fai inestimable o valor destes bosques.

Os Bosques Primarios contribúen en gran medida á estabilidade do clima. Por un lado, absorben grandes cantidades de CO2 (dióxido de carbono). Aotalalos, o CO2 volve á atmosfera e potencia o chamado efecto invernadoiro. Polo outro lado, o CO2 tamén se fixa no chan e se o bosque desaparece, volverá á atmosfera a profundizar e agravar ese quecemento global.

A economía hídrica vaise desequilibrar por completo se os Bosques Primarios se esgotan. O bosque tropical amazónico, por exemplo, é case un ciclo hídrico en sí mesmo: evapórase unha enorme cantidade de auga que intervén na formación das nubes, proporcionando chuvia aomesmo bosque. Se se destrúe o bosque, entre outrascousas, taméndisminúe o nivel freático que mantén as raíces e, como consecuencia, as árbores e outras plantas morren.