Post on 08-Jan-2017
ACTIVIDADES SOLIDARIAS
Desde o CPI “Conde de Fenosa” queremos amosar o noso agradecemento a todo o alumnado,
pais, nais e profesores/as pola participación e colaboración na carreira “Quilómetros de
Solidariedade”, na cal recadamos 1.030 € que foron ingresados na conta de Save The Children. A nosa aportación irá destinada aos programas de desenvolvemento e emerxencia
que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis
empobrecidos.
Grazas tamén pola vosa solidariedade na Operación Quilo de Nadal, na cal recollimos preto de
500 quilos de alimentos que foron donados a Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.