A poboación

Post on 11-Jul-2015

1.269 views 1 download

Transcript of A poboación

ANÁLISE DA POBOACIÓN

1. Análise dinámica: é aquela que se realiza ao longo do tempo.

Exemplos : crecemento, distribución..

2. Análise estática: é aquela que se realiza nun momento determinado.

Exemplos: estrutura de idade, migración, problemas de xénero....

1.ANÁLISE DINÁMICA DA POBOACIÓN. CRECEMENTO E DISTRIBUCIÓN.

Actualmente existen 7 millóns de persoas no noso planeta. En 100 anos dobrouse a poboación mundial Hoxe en día, a taxa de crecemento é dun 1'33 % A zona do planeta que presenta un maior crecemento é

África en contraste con Europa que é a que sofre un menor crecemento.

• Taxa de crecemento:Poboación ano n – Poboación ano n-1 x100 Poboación ano n-1

DISTRIBUCIÓN E CRECEMENTO MUNDIAL DA POBOACIÓN.

DISTRIBUCIÓN E CRECEMENTO MUNDIAL DA POBOACIÓN.

FACTORES QUE DETERMINAN O DESIGUAL ASENTAMENTO DA POBOACIÓN

Factores físicos: Recursos naturais disponibles (auga, mar, río, minerais, terra fértil….)

Factores históricos: Prodúcense desprazamentos da poboación por conflictos bélicos, enfermidades, colonización de novos espazos, etc.

Movementos migratorios: Son unha resposta dos pobos a problemas sociais ou políticos como a fame, as guerras, o desemprego, as persecucións…

CAUSAS DO CRECEMENTO DESIGUAL

Descenso da taxa de mortalidade (maior nos países industrializados). Esto débese a melloría nas condicións alimenticias, médicas, sanitarias, hixiénicas…

Alongamento da esperanza de vida (> países desenvolvidos). Nos países desenvolvidos, a esperanza de vida duplica a que se ten nos países menos desenvolvidos como os africanos.

Natalidade elevada (>países menos desenvolvidos)

TAXAS

• Taxa de natalidade = nº nacementos x1000(%o)

Pb. Total

• Taxa de mortalidade = nº mortes x1000(%o)

Pb. Total

• Taxa de fecundidade = nº nacidos en razón as mulleres de entre 15-49 anos

cifra mínima 2’1(taxa de recuperación poboacional)

Se a taxa de fecundidade é menor de 2’1 decrece a poboación

Se a taxa de fecundidade é maior de 2’1 crece a poboación FACTORES QUE INFLÚEN NO DESCENSO DA FECUNDIDADE

FACTORES QUE INFLÚEN NO DESCENSO DA FECUNDIDADE

Descenso social e económico

Incorporación da muller no mundo laboral

Educación

Mellora nas condicións de vida

THOMAS MALTHUS

Segundo Thomas Malthus, economista clásico…

• O crecemento da poboación é infinitamente maior que o poder da terra ou do solo para producir alimentos

• A poboación crece en progresión xeométrica(2,4,8,…) mentres que os alimentos crecen en progresión aritmética(2,4,6,…)

• O crecemento da poboación débese aos hábitos reprodutivos incontrolados das capas sociais inferiores

Marx acúsabao de antiproletario por defender que as clases inferiores eran as causantes da súa propia miseria e incapaces de aplicar a razón, a procreación.

Diapositiva 10

THOMAS MALTHUS KARL MARX

INFORME MEADOWS

Este informe indica que a cantidade de residuos xerados para a industria, a contaminación e a sobreexplotación levan á humanidade ó desastre. Por iso, é necesario poñer uns límites ao crecemento e reducir o consumo.

Chega a acadar posicións neomalthusianas moi radicais e nel maniféstanse dúas liñas de pensamento:

3. Aqueles que premen aos países menos desenvolvidos para que adopten unha política antinatalista

4. Aqueles que centran a súa atención na distribución da riqueza entre os diferentes países

2.ANÁLISE ESTÁTICA DA POBOACIÓN.

No que se refire a estrutura de idade os países de menor desenvolvemento son máis xóvenes que os de maior desenvolvemento. Aínda así tanto uns coma outros teñen que facer fronte a unha serie de problemas. Para axudar a combater tales problemas, a ONU proponlle tamén unhas medidas que poden adoptar para erradicar eses problemas ou minorizalos o máximo posible.

Logo da ONU.

PAÍSES MENOS DESENVOLVIDOS.

Problemas:

a) Existen demasiados aspirantes para os postos de traballo

b) Analfabetismo

c) Baixo nivel de saúde

d) Carencia de vivenda

e) Migracións

Solucións:

IX. Investir na mellora do nivel sanitario, na educación…

X. Creación de empresas intensivas en man de obra para xerar postos de traballo

XI. Concesión de microcréditos

Diapositiva 14

a) Postos de traballo

b) Analfabetismo

c) Mal nivel de saúde

d) Vivendas e) Migracións

PAÍSES DESENVOLVIDOS

Problemas:

a) Descenso da poboación activa

b) Sistema de seguridade social moi custoso

d) Existencia de poucos cotizantes (traballadores en activo) e moitos pensionistas polo que isto da lugar a unha situación de pasible quebra do sistema de seguridade social.

Solucións:

VII. Privatización ou aseguración do sistema de seguridade social

VIII. Ampliación dos servizos sanitarios para poder atender a toda a poboación

Diapositiva 16

a) Descenso poboación activa

b) Seguridade social custosa

c) Poucos cotizantes e moitos pensionistas

MIGRACIÓNS

1. Tipos de migracións

2. Causas que motivan as migracións

3. Ocupación e desenvolvemento

1.Tipos de migracións:

• Migracións por causas económicas: búsqueda de solucións ante a falta de oportunidades para alcanzar unhas condicións de vida satisfactorias

• Migracións ambientais: débense a que as condicións ambientais xa non permiten continuar nos lugares de orixe como,por exemplo, a deforestación ou a contaminación.

• Migracións políticas ou de refuxiados: son a consecuencia de conflictos e buscan a paz e a liberdade

2.CAUSAS QUE MOTIVAN AS MIGRACIÓNS

– Búsqueda dunha vida mellor

– Disparidade de ingresos entre distintas rexións

– Políticas laborais emigratorias dos diferentes países

– Conflictos políticos

– Degradación do medio ambiente

– Éxodo de profesionais (`` fuga de cerebros ´´)

– Falta de oportunidades laborais

3.OCUPACIÓN E DESENVOLVEMENTO

Nos países menos desenvolvidos predominan as actividades do sector primario como a agricultura, a pesca ou a gandería

Nos países máis desenvolvidos as principais actividades que se realizan son as que entran no campo dos sectores secundario e terciario sobre todo.

Existe unha relación entre o desenvolvemento e a ocupación e nos nosos tempos da lugar á tercialización da economía por exemplo en Galicia.