Post on 24-May-2015
description
A PINTURA ESPAÑOLADO RENACEMENTO
DOMÉNIKOS THEOTOKÓPOULOS
(Creta 1541 – Toledo, 1614) O GRECO
Creta dependía naquela época de Venecia
En 1560 o pintor transládase a esta cidade, atraído pola
fama de Tiziano e Tintoretto
A PINTURA MANIERISTA: CARACTERÍSTICAS XERAIS
• Arbitrariedade no uso da cor:
– Prefírense as cores frías (verdes, azuis, grises)
– Gustan os contrastes fortes e acendidos
• As proporcións altéranse segundo a vontade do pintor, na busca de novos valores expresivos
• As figuras alónganse e estilízanse, adoptando siluetas filiformes
– Canon anatómico alóngase (por riba de 1/10)
– Sen perderen a humanidade, agora máis profunda pola expresión dos sentimentos
• Predominan as composicións complexas, con figuras que adoptan posicións serpentinas e dislocadas, que potencian o desequilibrio e a inestabilidade. Gustan dos escorzos de grande intensidade
• Las figuras aparecen constrinxidas por marcos estreitos, espazos pechados e angustioso, que acentúan a sensación de ansiedade
• Prefírense os fondos negros que permiten resaltar as figuras, valorando os efectos lumínicos, como un claro anticipo do tenebrismo barroco
A ollada do GRECOOS XÉNEROS
A EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA DO GRECO (1541-1614)
Os comezos
Primeiras obras en España
madureza
Últimas obras
1566-1576
1576-1580
1581-1605
A dormición da Virxe antes de 1567
Témpera e ouro sobre madeira, 61,4 x 45 cm
Catedral da Dormición da Virxe, Ermoupolis, Syros
O GRECO, Un pintor de formación bizantina
(até 1567)
A tradición da ICONA RELIXIOSA marca a súa formación inicial.Características:- Rixidez propia da plástica bizantina, - Carácter abstracto das formas, que non son tomadas do natural- Cromatismo sen intervención da luz
Bautismo de Cristo1568
Témpera sobre madeira, 24 x 18 cm
Galleria Estense, Módena
Trasládase Venecia, onde aprenderá a “cor” dos mestres venecianos (1567-1570)Tiziano, Veronés e Tintoretto inflúen na utilización dun cromatismo cálido, mórbido e acendidoGusto polos escorzos atrevidos, as grandes composicións divididas en estanzas, os choques brutais de cor e o nerviosismo ondulante do debuxoInfluencias de Tintoretto, que incorpora ao seu estilo
A purificación do templo1571-76
Óleo sobre lenzo
117 x 150 cm Institute of
Arts, Minneapolis
(EEUU)
A estadía en Roma (1570-1575) permitiulle coñecer a obra de Rafael e de Miguel Anxo, aproximándoo ao poderoso estudo da anatomía humana e á terribilitá miguelanxiana
A purificación do templo (o mesmo tema 25 anos despois) c. 1600 Óleo sobre lenzo 106 x 130 cm - National Gallery, Londres
A Anunciación (Roma, c.1576)
O soprón(Roma, 1570-1572)
O GRECO INSTÁLASE EN ESPAÑA: PRIMEIROS TRABALLOS
O Expolio1577-79
Óleo sobre lenzo, 285 x 173 cm
Sancristía da Catedral de Toledo
A falta de oportunidades en Italia, induciu ao Greco a se instalar en España, coa intención de traballar
en Madrid ao servizo da CortePasaran dez anos dende a súa saída de Creta e o pintor xa se formara na estética manierista
A túnica de Xesús, vermella como o sangue, é o símbolo do calvario de Cristo, ao descender acompañado pola multitude que o insulta e escarneceÁ esquerda as tres Marías, coa Virxe no centro. Á dereita o personaxe de verde está a piques de quitarlle a túnica a Cristo, de aí o nome de “O Expolio” Cristo, no centro dunha composición de forma romboidal, co rostro mirando o ceoO vermello da túnica destaca poderosamente sobre a multitude de figuras, nun espazo angustioso e desequilibrado, fortemente expresivo e dramático
A Trindade(Procede do altar maior da igrexa de San Domingos o Bo, de Toledo; remataba o ático do retablo e foi o encargo que lle
trouxo a Toledo)1577
Óleo sobre lenzo, 300 x 179 cmMuseo do Prado, Madrid
A obra amosa unha clara influencia das formas de Miguel Anxo (Piedade
Rondanini) e do cromatismo veneciano
A posición serpentinata de Cristo é un claro trazo manierista, nun conxunto onde predominan as liñas crebadas, en zigzag, así como a sensación de Horror Vacui, que será xa unha dos seus sinais de identidade. As cores
ácidas e incandescentes impregnan a mística atmosfera desta obra
O martirio de San Mauricio e a lexión Tebana
1580-81Óleo sobre lenzo,
448 x 301 cmMosteiro de San Lourenzo, O
Escorial
Pintada para o rei Filipe II, coa intención de se establecer en Madrid coma pintor da Corte, non gustou ao monarca, polo que o pintor se trasladará a Toledo, onde fixará o seu
obradoiro e a súa residencia até a súa morte 1614
Tema:Nesta obra nárrase o martirio dun xeneral romano que se negou, xunto a súa lexión, a participar na adoración dos deuses pagáns con toda a súa lexión
Elementos claves da composición:• Os oficiais do primeiro termo• A lexión nun plano intermedio, disposta a ser decapitada• O ámbito celestial, o mundo do alén, onde se sitúan os anxos coas palmas do martirio en axitados escorzosCómpre estar atentos ao tratamento estilizado das figuras é a serenidade dos rostros e actitudes, expresión da espiritualidade visionaria e mística do pinto e do momento representadoA gama de cores frías e o tratamento do tema non foi apreciado polo rei, o que lle impedirá converterse en pintor da corte
O Greco retratista
Retrato de Xulio Clovio (Roma, 1571-1572)
A dama do armiño (1577-1578)
Retrato de home coa man no peito
1583-85Óleo sobre lenzo, 81 x 66 cm
Museo do Prado, Madrid
O cabaleiro pertence á Orde de Santiago e chámase Xoán de Silva, Marqués de Montemayor
Os seus retratos reflicten a austeridade e sobriedade da España da Contrarreforma, imbuídos dunha profunda espiritualidade e severidade cromáticaSon dun gran realismo e profundidade psicolóxicaA luz concéntrase en dous puntos: o rostro e a man, o que subliña a intensa relixiosidade do personaxe
Retrato de cabaleiro1580-85
Óleo sobre lenzo, 66 x 55 cmMuseo do Prado, Madrid
Sobre un fondo negro destácase o rostro, que nos
mira dun xeito intenso e expresivo
Sobre o pescozo, a golilla branca, típica da moda da
época, e a vestimenta negra, típica da nobreza española, que cobre a figura de medio corpo
Retrato do doutor Rodrigo de la
Fuente (O Médico)
1588-89Óleo sobre lenzo
93 x 84 cmMuseo do Prado, Madrid
Os seus retratos amósanos homes
severos, de aspecto osudo e fibroso,
encarnacións da nobreza castelá, de rostros pálidos e mórbidos
Son figuras estáticas e ríxidas, case hieráticas
Frei Hortensio Félix Paravicino
c. 1609 Óleo sobre lenzo, 112 x 86 cmMuseum of Fine Arts, Boston
(EEUU)
"Creta déulle a vida e os pinceis, / Toledo mellor patria onde comeza / a lograr coa morte eternidades“ (versos
dedicados ao pintor, escritos por este frade)
Retrato de cardealc. 1600
Óleo sobre lenzo, 171 x 108 cm
Metropolitan Museum of Art, New York
A calidade cromática da súa paleta loce, con gran esplendor, na púrpura espellada
do cardealO debuxo vai desaparecendo para dar
paso á cor, en grandes pinceladas cada vez máis soltas
Antonio de Covarrubias (c. 1600)
O Cardeal Tavera (1608-1614)
O enterro do Señor de Orgaz
1586-88 Óleo sobre lenzo,
480 x 360 cmSanto Tomé, Toledo
Esta obra constitúe, sen dúbida ningunha, a obra mestra do
retratoO enterro do Señor de Orgaz
convértese nunha escusa para retratar aos personaxes máis importantes do Toledo de la
épocaContén, ademais, todos os elementos propios do seu
estilo:o nivel terreal e celestial, o
cromatismo acendido e contrastado, a angustia e a
confusión espacial, as figuras alongadas, así como a intensa
espiritualidade
No nivel terreal, de composición horizontal, os santos Estevo e Agostiño enterran o Señor, mentres que os homes importantes de Toledo contemplan a escenaO Señor de Orgaz aparece representado por medio dun profundo escorzo e vestido cunha armadura
No nivel celestial agardan para recoller a alma do Señor, transportada polo anxo, Cristo, San Xoán, a Virxe María, Noé, Moisés, San Pedro e os Apóstolos
O fillo do Greco, Xurxo Manuel, sinálanos no centro da escena, retratado coa mesma severidade cós adultos que asisten ao enterro
Obsérvense os expresivos rostros de sentimento espiritual de moitos dos cabaleiros retratados, a pel cerúlea do rostro e a extraordinaria calidade do detalla na casulla de Santo Agostiño
O GRECO, UN PINTOR RELIXIOSO
Cristo cargando a cruz1580
Óleo sobre lenzo, 105 x 79 cm
Metropolitan Museum of Art, New York
As obras de carácter religioso son, cos retratos,
as máis abundantes da súa produción pictórica
A clientela estaba formada, polo xeral, por cregos,
aristócratas ou burgueses, desexosos de decorar as súas capelas e igrexas
A Anunciación1595-1600
Óleo sobre lenzo, 91 x 66,5 cm
Museum of Fine Arts, Budapest(Hungría)
A Sagrada Familiac. 1585
Óleo sobre lenzo, 106 x 87,5 cm
The Hispanic Society of America, New York
A Sagrada Familia con María Magdalena1595-1600
Óleo sobre lenzo, 132 x 100 cm
Museum of Art, Cleveland(EEUU)
A adoración dos pastores
1596-1600Óleo sobre lenzo,
11 x 47 cmGalleria Nazionale d'Arte
Antica, Roma
A Anunciación1597-1600
Óleo sobre lienzo, 114 x 67 cmMuseo Thyssen-Bornemisza, Madrid
A forma vertical do lenzo vén dada pola disposición da composición en dous niveis (o terreal e o celestial)Adoitan organizarse por medio da figura dalgún anxo ou, coma neste
caso, do Espírito Santo
O Bautismo de Cristo1596-1600
Óleo sobre lenzo350 x 144 cm
Museo do Prado, Madrid
O bautismo de Cristo1608-28
Óleo sobre lenzo, 330 x 211 cm
Hospital Tavera, Toledo
A Crucifixión1596-1600
Óleo sobre lenzo, 312 x 169 cm
Museo do Prado, Madrid
A Crucifixión(1596-1600)
A Resurrección de Cristo1596-1600
Óleo sobre lenzo, 275 x 127 cmMuseo do Prado, Madrid
Pentecostés1596-1600
Óleo sobre lenzo, 275 x 127 cm
Museo do Prado, Madrid
A Virxe da Inmaculada Concepción1608-13
Óleo sobre lenzo, 348 x 174,5 cmMuseo de Santa Cruz, Toledo
A adoración dos pastoresc. 1614
Óleo sobre lenzo, 319 x 180 cmMuseo do Prado, Madrid
Os efectos lumínicos anticipan xa algunhas das chaves do tenebrismo
barrocoO xogo de luces e contraluces,
ademais das múltiples perspectivas nun mesmo cadro, aumentan a
espiritualidade da escena
San Martiño e o mendigo1597-99
Óleo sobre lenzo, 193 x 103 cmNational Gallery of Art, Washington (EEUU)
Pintura do altar da Capela de San Xosé, Toledo
(1597-1599)
As pinturas de santos e mártires ocupan unha parte importante
da súa produción
San Francisco orando1580
Óleo sobre lenzo, 116 x 102 cm
Joslyn Art Museum, Omaha(EEUU)
Santo André e San Francisco1595
Óleo sobre lenzo, 167 x 113 cmMuseo do Prado, Madrid
As bágoas de San Pedro (c. 1605)
O apóstolo Santo André1610-14
Óleo sobre lenzo, 97 x 77 cm
Museo do Greco, Toledo
Apostolados: da Serie de Cristo e os Apóstolos
(1610-14)
O apóstolo San Pedro1610-14
Óleo sobre lenzo, 97 x 77 cm
Museo do Greco, Toledo
AS ÚLTIMAS OBRAS
Oración no horto(c. 1608)
A Visitación (1610-1613)
Unha vista de Toledo1597-99
Óleo sobre lenzo, 121,3 x 108,6 cm
Metropolitan Museum of Art, New York
As paisaxes que pinta de Toledo remítennos a un mundo onírico
de atmosferas agobiantes e
dramáticas, que serán moi valoradas polos pintores simbolistas
do s. XIX
Vista e plano de Toledoc. 1610
Óleo sobre lenzo, 132 x 228 cmMuseo do Greco, Toledo
Sobre o fondo paisaxístico de Toledo nárrasenos o episodio do sacerdote troiano Laoconte, coa aparición onírica do cabalo de Troia transmutado nun cabalo real que cabalga cara á cidade de Toledo, escurecida por un ceo de treboadaOs nús filiformes, o frío cromatismo, o dinamismo compositivo da escena e a palidez dos corpos subliñan a desazón e o drama do momento
Laoconte1610
Óleo sobre lenzo,142 x 193 cm
National Gallery of Art, Washington (EEUU)
A apertura do quinto selo:
a visión de San Xoán da resurrección dos
mortos1608-14
Óleo sobre lenzo, 222,3 x 193 cm
Metropolitan Museum of Art, New York.
A estraña modernidade desta
pintura, unha das súas últimas obras, sitúanos
ao pintor na liña dos grandes e
inclasificables xenios da pintura