A Gran Guerra (1914-1918)

Post on 10-Jul-2015

410 views 7 download

Transcript of A Gran Guerra (1914-1918)

A GRAN GUERRA1914-1918

OS FACTORES EXPLICATIVOS:A Europa da paz armada (1890-1914)

● Dende 1890, a tensión entre as grandes potencias europeas non deixou de agravarse por diversas razóns.

● Aínda que se mantivo a paz entre elas ata 1914, todas semellaban prepararse para a guerra (paz armada).

As rivalidades económicas

● A raíz da 2ª Revolución Industrial, o auxe das novas potencias industriais (EE.UU., Alemaña) cuestionaba a vella hexemonía británica.

● A competencia na procura de mercados e áreas de influxo económico enrareceu as relacións entre as grandes potencias.

● A industria pesada e, dentro dela, as empresas armamentísticas acrecentaron o seu papel económico e político.

Os cambios na política exterior alemana: a Weltpolitik

● O novo kaiser alemán Guillerme II (1890-1918) pretendeu convertir a Alemania en potencia mundial. Para isto cumpría:➢ Construír dunha gran

forza naval que rivalizase coa británica.

➢ Procurar a ampliación do imperio colonial alemán.

● Estas pretensións provocaron os receos das restantes potencias, sobre todo do Reino Unido. O novo capitán (Guillerme II) despide

ao vello temonel (Bismarck). Caricatura de 1890

A exaltación nacionalista.

● A exaltación dos discursos nacionalistas expansionistas (revanchismo francés, panxermanismo, paneslavismo, irredentismo italiano) contribuiu a incrementar a desconfianza e a agresividade entre as potencias europeas.

● As tendencias centrífugas das minorías nacionais nos imperios ruso e austro-húngaro acrecentáronse.

● O nacionalismo iugoslavo, alentado dende Serbia, convertiuse nunha grave ameaza para o Imperio austro-húngaro.

Cartel propagandistico francés reivindicando Alsacia e Lorena.

A composición étnico-cultural

do Imperio austro-

húngaro en 1914

As crises prebélicas

A comezos do século XX, unha serie de conflitos puxeron de manifesto a confrontación de intereses entre as grandes potencias, sobre todo en dúas áreas:● Marrocos, onde Alemaña,

pretendeu impoñerse a Francia e Gran Bretaña (crises de 1905 e 1911).

● Os Balcáns, onde o debilitamento do Imperio otomano alentou as pretensións dos Imperios austro-húngaro e ruso e dos pequenos Estados balcánicos (Serbia, Grecia, Bulgaria, Romanía e Montenegro) provocando a crise de Bosnia (1908) e as guerras bálcánicas (1912, 1913)

Guillerme II en

Tánxer (1905)

Cambios territoriais nos Balcáns 1911-14)

A carreira de armamentos

● A tensión entre as grandes potencias promoveu o crecemento dos armamentos navais e terrestres, un incremento dos efectivos, a posta a punto dos plans de guerra e, polo tanto, un aumento do gasto militar.

● A competición armamentística agravou a tensión internacional.

O acoirazado británico Dreadnought

Movementos de forzas previstos nos plans Schlieffen (alemán) e XVII (francés)

A formación de dous bloques de potencias enfrontados

● A Tripla Alianza, asinada en 1882 por Alemaña, Austria-Hungría e Italia e renovada posteriormente.

● O Triplo Acordo, suscrito por Francia, Rusia e Gran Bretaña en 1907.

Caricatura alemana sobre o Triplo Acordo

O motivo ocasional: o asasinato de Saraxevo.

● 28 de xuño: o herdeiro do trono austro-húngaro, o arquiduque Francisco-Fernando e a súa muller son asasinados en Saraxevo por Gavrilo Prinzip, un estudante serbo-bosnio membro da organización nacionalista Man Negra, con vínculos co exército e o servizo secreto serbio.

● 28 de xullo: ultimato de Austria-Hungría a Serbia. Resposta negativa do goberno serbio.

● 30 de xullo: Austria-Hungría declara a guerra a Serbia. Rusia decreta a mobilización xeral.

● 1 de agosto: Alemaña declara a guerra a Rusia para apoiar a Austria. Francia decreta a mobilización seral.

● 3 de agosto: Alemaña declara a guerra a Francia.

● 4 de agosto: as tropas alemanas invaden a neutral Bélxica. Gran Bretaña declara a guerra a Alemaña.

O arquiduque Francisco Fernando

Gavrilo Prinzip e os seus camaradas

A GRAN GUERRA:as dimensións do conflito

Duración e evolución:A guerra de movementos (1914)

● Segundo as previsións do Plan Schlieffen, os exércitos alemáns atacan Francia a través de Bélxica e avanzan cara París.

● A reacción francesa permite deter o ataque xermano sobre o río Marne (milagre do Marne, setembro de 1914).

● A ofensiva rusa sobre Prusia oriental foi detida polas tropas alemanas.

● Os austrohúngaros fracasan en Serbia e retroceden fronte aos rusos.

Duración e evolución:a guerra de posicións (1915-1917)

● Dende finais de 1914, as frontes de combate (nomedamente a occidental) quedan estabilizadas.

● As tropas buscan protección cavando trincheiras, artelladas nun sistema cada vez máis complexo: aramiados, niños de ametralladoras, fortificacións, bunkers…

● As tácticas de combate adaptáronse á nova realidade: bombardeos sistemáticos de artillería, ataques frontais de infantería…

● Resultado: avances moi limitados a costa de enormes perdas (Batallas de Verdún, Somme, Caporetto).

● Novos países incorpóranse ao conflito tanto do bando aliado (Italia, Romanía, Grecia) como do das potencias centrais (Imperio otomano, Bulgaria)

Duración e evolución:1917, o ano decisivo

● As penalidades da guerra provocan unha crise interna en moitos dos países belixerantes: protestas, folgas, motíns militares...

● Revolucións rusas. Os goberno bolxevique, formado en outubro de 1917, asina un armisticio (decembro) e logo a paz con Alemaña (Tratado de Brest-Litovsk, marzo de 1918).

● Os incidentes derivados da extensión da guerra submariña alemana aos buques de países neutrais, provocarán a entrada de EE.UU. na guerra (abril de 1917).

Soldados bolxeviques asaltando o Pazo de Inverno

Nenas francesas ollan a chegada das tropasnorteamericanas

Duración e evolución:a fin da guerra (1918)

● Tras o fracaso das ofensivas alemanas de comezos de 1918, teñen lugar contraofensivas aliadas en tódolas frontes de combate (Francia, Italia, Balcáns e Oriente Medio).

● Crise interna do Imperio austrohúngaro.

● Peticións sucesivas de armisticio polas potencias centrais: Imperio otomano, Bulgaria, Austria-Hungría..

● Situación prerrevolucionaria en Alemaña.

● Abdicación do kaiser Guillerme II (8-XI-1918) e sinatura do armisticio na fronte occidental (Compiègne, 11-XI-1918). Fin das hostilidades.

Ofensiva británica na fronte occidental

Armisticio de Compiègne

A extensión xeográfica

● Guerra europea

● Guerra mundial

Armas e tácticas

● A Gran Guerra significou a aplicación de numerosos avances armamentísticos derivados da 2ª revolución industrial.

● Empregáronse novas armas (ametralladora, gases tóxicos, tanque, avión, submariño), outras cobraron nova importancia (artillería pesada, granadas de man) e outras perderon todo valor (caballería).

● Cambios tácticos: fin da clásica guerra de movementos e triunfo da guerra de posicións.

● Incompetencia dos mandos militares para manexar as posibilidades do novo armamento e rachar coa moral guerra de trincheiras.

Unha guerra total

● A duración e intensidade do conflito esixiron a mobilización de tódolos recursos materiais e humanos dos países belixerantes.

● Medrou o intervencionismo estatal: reconversión da produción industrial para uso bélico, organización dos transportes, racionamento dos produtos básicos...

● Aumentaron espectacularmente o gasto, o endebedamento público, a inflación...

● Para debilitar a a resistencia do inimigo recorreuse á sabotaxe, os bombardeos, o bloqueo naval (aliados sobre as potencias centrais), a guerra submariña (Alemaña sobre Gran Bretaña e Francia)…

● A propaganda procurou mobilizar e comprementer á retagarda co esforzo de guerra.

A ORGANIZACIÓN DA PAZ

A Conferencia de París (1919-1920)

● Asistiron delegacións dos 32 países vencedores.

● Os catro grandes tomaron as decisións fundamentais:– V.E.Orlando (Italia).– Ll. George (Gran Bretaña).– G. Clemenceau (Francia).– W. Wilson (EE.UU.)

● Os Estados derrotados foron completamente marxinados das negociacións e os seus delegados sometidos, sobre todo no caso dos alemáns, a un tratamento humillante.

● Fronte ás conciliadoras propostas de Wilson (os 14 puntos) impuxéronse as duras demandas dos aliados europeos, sobre todo as de Francia.

Os tratados de paz

Na Conferencia de París asináronse cinco Tratados de paz, un por cada un dos Estados derrotados:● Versalles (1920), con

Alemaña.● Saint-Germain (1920),● Trianon (1921), con

Hungría.● Neuilly (1920), con

Bulgaria.● Sèvres (1921), co

Imperio otomano.

O Tratado de Versalles (1920)● Cláusula moral: declárase a

responsabilidade alemana na guerra.● Cláusulas económicas: impóñeselle o

pago dunhas fortes reparacións de guerra.

● Cláusulas políticas:– Pacto da Sociedade de Nacións.– Prohibición da unión con Austria.

● Cláusulas militares:– Redución do exército (100.000 homes)

e o seu armamento, entrega da mariña de guerra, supresión da aviación.

– Ocupación e desmilitarización de Renania.

● Clausulas territoriais:– Perda das colonias.– Entrega de territorios a Francia (Alsacia

e Lorena), Bélxica (Eupen e Malmedy), Polonia (Posnania, o corredor de Dantzig), Dinamarca (parte de Schleswig).

AS CONSECUENCIAS DO CONFLITO

Consecuencias demográficas

● Máis de 9 millóns de mortos causados directamente polo enfrontamento armado.

● Un número de mortos moi superior foi provocado polas penalidades e enfermidades derivadas do conflito. Sigularmente importante foi a a gripe española de 1918 (20.000.000 mortos).

● Uns 6 millóns de eivados.

Consecuencias económicas.

● Destrucións materiais (vivendas, fábricas, minas, infraestruturas), especialmente graves nas zonas de batalla (E de Francia, N. De Italia, Balcáns, Polonia...)

● Déficit, endebedamento público e inflación.

● Débedas entre os aliados e reparacións de guerra impostas aos vencidos.

● Europa perde peso económico a nivel mundial en prol de EE.UU., convertida na primeira potencia económica mundial, Xapón e outros.

Consecuencias sociais

● Incremento das desigualdades sociais entre a minoría beneficiada pola guerra (industriais, banqueiros, terratenentes...) e unha maioría empobrecida pola inflación (campesiños, obreiros, clases medias...)

● Agudización da conflitividade social que se traduce nunha situación prerrevolucionaria nalgúns países (Alemaña, Austria, Hungría, Italia...)

● Incorporación das mulleres ao mercado de traballo facilitada pola mobilización dos varóns.

Revolta espartaquista en Alemaña

Muller ferroviaria en Gran Bretaña

Consecuencias territoriais

● Tranformación radical do mapa político europeo:– Desaparición e/ou

desintegración dos vellos Imperios derrotados (Alemaña, Rusia, Austria-Hungría, Turquía)

– Redefinición das fronteiras entre os Estados por causa dos tratados de paz.

– Fundación de novos Estados: Finlandia, Lituania, Letonia, Estonia, Polonia, Austria, Hungría, Checoslovaquia, Iugoslavia.

● Reparto das colonias ultramariñas alemanas e os dominios otomanos entre os vencedores baixo a fórmula de mandatos da Sociedade de Nacións.

Consecuencias políticas

● Avance efémero da democracia política en Europa.– Instauración de réximes

republicanos.– Ampliación dos dereitos civís

e políticos e recoñecemento de novos dereitos sociais.

– Xeralización do sufraxio universal. Recoñecemento do voto feminino en numerosos países.

● Crecemento dos partidos obreiros, campesiños e católicos. Xurdimento de novos forzas políticas: comunistas, ultranacionalistas (protofascistas).

● Aparición dun modelo político, social e económico alternativo ao liberalismo: o socialismo soviético (Rusia)

A Sociedade de Nacións

● Proposta de W. Wilson (14 puntos).● Pacto da Sociedade de Nacións,

incluido nos tratados de paz.● Organización supranacional que

pretende:– Garantir a paz e a seguridade

colectivas.– Fomentar a cooperación internacional.– Vixiar o cumprimento dos tratados de

paz.– Promover a resolución dos conflitos

por medio da arbitraxe evitando recorrer á guerra.

● Estrutura institucional: – Asemblea, órgano deliberatorio

formado por tódolos Estados membros.

– Consello, órgano decisorio, integrado polas potencias vencedoras.

– Outros: Corte Internacional de Xustiza, Org. Internacional do Traballo...

● Problemas:– A desición de E.UU. De non

ingresar.– A marxinación dos vencidos.– As diverxencias entre os

vencedores, sobre todo entre Francia e Reino Unido.

ALGÚNS PERSONAXES

Bando aliado

H.Poincaré G.Clemenceau Xeneral Foch Xeneral Petain Víctor Manuel III B.Mussolini

Lord Asquith D.Ll.George Xeneral D.Haig W.Wilson Nicolas II

Bando central

Guillerme II Mariscal Hindenburg

Abdul Hamid II Xeneral M.Kemal

Hitler e os seuscompañeros de unidade

Francisco Xosé II