A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano

Post on 26-May-2015

739 views 6 download

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características do coñecido coma estilo herreriano, que tanta pegada tivo na arquitectura do último terzo do s. XVI na Coroa de Castela

Transcript of A arquitectura no baixo Renacemento en España: o estilo Herreriano

O BAIXO RENACEMENTO EN ESPAÑAO ESTILO HERRERIANO (último terzo do s. XVI)

1563-1586Xoán Bautista de Toledo e

Xoán de Herrera Mosteiro, Palacio e

Mausoleo de Filipe II

Xóan de Herrera

PLANTA DO MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DO ESCORIAL

A planta do mosteiro: un gran rectángulo (207m. x 61m.) do que sobresae a zona destinada aos apousentos reaisO seu deseño representa a “grella” na que foi martirizado San LourenzoO edificio sería ao mesmo tempo igrexa, mosteiro e mausoleo

O mosteiro segundo un gravado do s. XVII

A simétrica nudeza do alzado concorda coa harmonía xeométrica da plantaÉ unha obra de grandes proporcións, cadrada, cunha torre en cada ángulo, de 55 m. de altura cada unhaA harmónica proporción entre a superficie e a altura, entre as liñas verticais e horizontais, é absoluta

Vista xeral

A súa construción iniciouse en 1563, para conmemorar a vitoria española na batalla de San Quintín. Concluíuse 20 anos máis tardeEsta obra ou o seu autor, Xoán de Herrera, dan nome a un estilo, Escurialense ou HerrerianoEstá moi influído pola pureza de formas e a sobriedade decorativa das obras de Bramante e de Miguel Anxo

detalles do alzado

“Un inexorable cuadrilátero de pedra”A fachada é un colosal muro de granito espido, sen máis ornamentación que unhas sinxelas xanelaArredor do edificio existe unha ampla explanada que permite a súa contemplación, acentuando a súa solidez e monumental austeridade

Vista xeral da fachada e do lateral norte

O conxunto, símbolo do Estado Universal de Filipe II, “o Imperio onde non se puña o sol”, acusa frialdade e un desmesurado racionalismo

A severidade decorativa do mosteiro inaugura o estilo herreriano, ligado ao espírito da Contrarreforma católica, encarnado na austera figura do monarca

Detalles do alzado

As torres cóbrense con chapiteis de lousa, típicos na arquitectura da época

Zona central da fachada, de acceso ao Patio dos Reis

A fachada principal

A austeridade só se suaviza na entrada

principal, onde 8 columnas dóricas encostadas

sosteñen un pequeno corpo central, algo máis alto, no que se sitúa a estatua de

San Lourenzo, rematándose este cun

frontón clásico

O Patio dos Reis: pórtico da Basílica e as dúas torres que flanquean

a fachada

Patio dos Reis e fachada da Basílica

Vista frontal da fachada da Igrexa no

Patio dos Reis

Utilízase a orde dórica pola súa simplicidade, claridade e xeometría Renuncia a todo ornamento vexetal ou animal, tan só as figuras que representan aos reis de Xudá As proporcións dos elementos contrutivos son a base da beleza desta fachada

Detalle da parte inferior da fachada da igrexa, onde se aprecia a robustez e simplicidade das columnas de orde dóricaHerrera vai máis alá que Miguel Anxo ou Bramante na súa austeridade e fría racionalidade xeométrica

Detalles do Patio dos Reis

A decoración do edificio é moi escasaRedúcese a motivos xeométricos puros, como a esfera, a pirámide ou o cubo, que aparece nos vans e nos pináculos

Cúpula da igrexa do mosteiro, onde é notoria a influencia do templete de San Pietro in Montorio de Bramante

Basílica do Escorial. interior

Vista do interior da basílicae da súa cúpula

Proxectada entre 1585 e 1590, Herrera aplica o estilo clasicista inaugurado por el, de grande severidade ornamental, aínda que sen renunciar á monumental grandiosidade, de influencia romana, típica da súa concepción arquitectónica

Catedral de Valladolid (Xoán de Herrera)

Construción ideal da catedral de Valladolid

PlantaA Catedral de Nosa Señora da Asunción é un

amplo edificio de tres naves e tres ábsidasO interior articúlase por medio de xigantescos

arcos de medio punto que se apoian sobre fortes piares cadrados con pilastras encostadas, que

levan capiteis compostos (estilo romano)

Interior da catedral de Valladolid

• Estas construcións de Herrera son clasicistas, ao romano antigo, aínda que con trazos manieristas. Baséanse nos principios do arquitecto romano Vitruvio. A súa severidade e monumentalidade pretenden evocar a suposta grandeza da España dos Austrias (especialmente do reinado de Filipe II, onde se viviu como nunca o espírito “da cruz e da espada”)

• Durante os s. XVII-XIX, continuáronse os traballos, mais non se respectou completamente o plan de Herrera. Así, Churriguera creou un corpo superior da fachada en claro estilo barroco

• A Catedral de Valladolid inspirou ou influiu na arquitectura das catedrais de México e Lima

En síntese:

O estilo herreriano está moi influído pola pureza de formas e a sobriedade decorativa das obras de Donato Bramante e Miguel Anxo

• As estruturas arquitectónicas , de gran solidez e monumentalidade, xa son totalmente clásicas

• Carencia absoluta de decoración, agás a ornamentación que presten os propios elementos construtivos

• A beleza do edificio baséase na sólida monumentalidade do conxunto e na correcta utilización dos principios e ordes clásicas, cunha marcada preferencia polos máis sobrios (dórico, toscano, etc.).

• Este ideal conceptual e construtivo relaciónase coa austera paisaxe castelá onde se asenta a obra, así como co ambiente espiritual para o que foi concebido, sumido tamén da austeridade da vida monástica

• Neste estilo, a graza do Plateresco é substituída pola sobriedade da lóxica arquitectónica, chegando a acadar un sentido abstracto, puramente intelectual, da proporción e da medida, que dan ao edificio un carácter simbólico