10 Anos de Prestige

Post on 30-Jun-2015

222 views 5 download

description

Breve resumo dp

Transcript of 10 Anos de Prestige

10 ANOS DE PRESTIGE

IES DE MELIDE (A CORUÑA)2002-2012

13 de novembro de 2002

0 petroleiro grego Prestige ten un accidente fronte á costa da Morte, que o obriga a rescatar case toda a tripulación.

19 de novembro de 2002

Despois de sete días caracterizados pola inoperancia tanto do goberno autonómico (Manuel Fraga) como do central (José Mª Aznar), o barco parte en dous e afunde a 130 millas da Costa da Morte

Subdelegado do Goberno (A Coruña): ¿El barco va muy lejos?Fomento: Huy, ya está, Madre de Dios, estará a treinta y tantas millas.Subdelegado: ¿Treinta y tantas?Fomento: No, como siga así, este llega a Groenlandia.Subdelegado: Bueno, pues que llegue allá.Fomento: Sí, joder.Subdelegado: Vale, muy bien.

CATÁSTROFE ECOLÓXICA

O Prestige verte ao mar entre 10.500 e 21.000 toneladas de fuel nos primeiros días.

CATÁSTROFE ECOLÓXICA

Prohíbese a pesca, medio de vida de 7000 familias, en todo o litoral galego, non levantándose a restrición total até outubro de 2013.

O vertido total estimouse nunhas 63.000 toneladas.

MÁIS MAREAS NEGRAS

Galicia xa sufrira outras mareas negras nos últimos 30 anos do s. XX: os desatres do Polycommander, Ercowit, Urquiola, Andros Patria, Casón, Mar Exeo... que non só verteran cru nas nosas costas, senón tamén produtos químicos altamente contaminantes.

REACCIÓN CIDADÁ

1ª manifestación, decembro de 2002

REACCIÓN CIDADÁ

Xorde a plataforma NUNCA MÁIS que representa o sentir xeneralizado de galegas e galegos de indignación ante a actuación das administracións e canaliza a loita para paliar os efectos do desastre.

MAREA BRANCA

Contra a marea negra xorde a marea branca de voluntarios que limparon as nosas praias entre novembro de 2002 e xullo de 2003.

Acudiron arredor de 300.000 voluntarios, vidos de toda Europa.

CENSURA

Co ánimo de minimizar o desastre, imponse a censura informativa nos medios de comunicación públicos, prohibíndose aos funcionarios que declarasen nos medios.

...a indignación dos traballadores de RTVE polo tratamento informativo e a selección de contidos dos informativos de TVE e RNE, cuxa manifestación máis escandalosa se produciu nos últimos días, cando os informativos da Televisión e Radio Públicas negaron, ocultaron e minimizaron os danos causados polo afundimento do Prestige e as gravísimas repercusións que as sucesivas mareas negras que chegaron ata as costas galegas e do litoral cantábrico, van representar para Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. […] Sentimos a necesidade de pedirvos publicamente perdón, por se o emitido por TVE e RNE engadiu máis dor á vosa dor.

Comité de Traballadores de TVE, RNE e RTVE, comunicado do 13-12-2002

(Nunca Máis. A voz da cidadanía, px. 20.)

O MUNDO DA ARTE

Os artistas crean, ademais, a Plataforma contra a Burla Negra, que colabora estreitamente con Nunca Máis.

O MUNDO DAS ARTES E CULTURA

Artistas, intelectuais e representantes da cultura comprométense coa causa de NUNCA MÁIS

O MUNDO DA CULTURA

Algúns dos froitos do compromiso de intelectuais e artistas.

(Livraria Torga, Ourense, decembro de 2003)

O MUNDO DO ENSINO

A educación tamén se compromete con NUNCA MÁIS, creándose o colectivo Area Negra que consegue mobilizar 45.000 estudantes e 3000 profesores, que forman unha cadea humana de 40 km na Costa da Morte, entre Laxe e Muxía, o 22 de xaneiro de 2003.

- Ese mesmo día miles de estudantes na Coruña e distintos puntos da provincia de Ourense tamén enlazan outros lugares e berran "NUNCA MÁIS!!"

CADEA HUMANA

- Do IES de Melide parten seis autocares cara Camelle, o lugar que nos foi asignado pola organización.

- En moitos centros non puido participar máis alumnado por falta de autobuses

- A propia Consellería de Educación recoñeceu unha participación próxima ao 30 % do alumnado

CENSURA

Ante as dimensións da protesta e do compromiso dos centros educativos con Nunca Máis, en marzo de 2013 a Consellería de Educación manda unha circular aos directores na que se insta a retirar dos taboleiros e outras instalacións do centro calquera material publicitario ou propagandístico que expresase xuízos ou opinións sobre ámbitos que lle eran "alleos".

Taboleiros do IES de Melide, xaneiro 2003

CORREDORES DO IES DE MELIDE

"Hilitos de plastilina", realizado polo alumnado de plástica do IES de Melide, inspirado na famosa declaración de Mariano Rajoy, daquela vicepresidente e portavoz do goberno do Presidente Aznar.

“Salen unos pequeños hilitos, hay cuatro en concreto, los que se han visto, cuatro regueros, me dicen, regueros solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical"

5 Decembro de 2002

SEGUEN AS MANIFESTACIÓNS

Hai manifestacións multitudinaras en todas as vilas galegas, en Madrid, Bruselas...

ESPALLANDO NUNCA MÁIS

Alumnos/as do IES de Melide no Covent GardenLondres marzo de 2003

ESPALLANDO NUNCA MÁIS

Alumnos/as do IES de Melide en Atenas, marzo de 2003.Ao berro de NUNCA MÁIS uniuse o de NON Á GUERRA!,

en contra da invasión de Iraq por EEUU e os seus aliados (España entre eles)

ESPALLANDO NUNCA MÁIS

Alumnos/as do IES de Melide en Valenciaabril de 2003

ESPALLANDO NUNCA MÁIS

Alumnos/as do IES de Melide en Méridaabril de 2003

PARTE DA NOSA HISTORIA

Ademais do maior desastre ecolóxico da nosa historia, o Prestige supuxo unha das máis fortes mobilizacións cidadás do pobo galego, que foi quen de paliar parte dos seus efectos catastróficos causados pola incompetencia das administracións.

FACENDO MEMORIA

IES de MelideNovembro 2012