O PRESTIGE

20
3º CICLO E.P 10 ANOS DESPOIS QUE QUEDA DO PRESTIGE? CONTIDOS E ti que sabes do Prestige? 2 Os feitos. Diario dunha ca- tástrofe. 3-11 Consecuencias 12-16 A noticia na casa 17 Outras mareas negras 18.19 Conclusións 20 CURSO 2012/2013 CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA A MAREA NEGRA

description

UNIDADE DIDÁCTICA PARA TRABALLAR NO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA http://enredatres.blogspot.com.es

Transcript of O PRESTIGE

Page 1: O PRESTIGE

3º CICLO E.P

10 ANOS DESPOIS QUE QUEDA DO PRESTIGE?

CONTIDOS

• E ti que sabes do Prestige? 2

• Os feitos. Diario dunha ca-

tástrofe.

3-11

• Consecuencias 12-16

• A noticia na casa 17

• Outras mareas negras 18.19

• Conclusións 20

CURSO 2012/2013

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA A MAREA NEGRA

Page 2: O PRESTIGE

Nestes días iníciase o xuízo aos responsables da marea negra do Prestige, na que tan so se xulgará a catro persoas como responsables do ocorrido xa hai dez anos. Hai moito diñeiro en xogo e entre os acusados están o capitán do barco e un alto cargo do goberno de España cando tiveron lugar os feitos. Que sabes ti de todo aquilo?. E das mareas negras?.

1. E TI QUE SABES DO PRESTIGE?

CUESTIÓNS

• Para comezar, sabes que é o petróleo e para que sirve?.Explícao brevemente.

• Como se transporta o petróleo dende os seus depósitos ata onde é refinado?

• Coñeces algunha refinería de petróleo en Galicia?

• Que cousas empregas ti cada día que son froito da transformación do petróleo?

• Sabes por que tivo lugar o naufraxio do Prestige? Foi un accidente ou foi consecuencia dunha cadea de errores?

Páxina 2

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 3: O PRESTIGE

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

O Prestige envía unha chamada de socorro as 15,15 da tarde debido a un temporal que asola a costa galega. Pola noite está a 50 Quilómetros de Fisterra e perdera xa 6000 T de fuel.

O Prestige ten unha vía de auga pola que comeza a escaparse o fuel, era un barco monocasco e con máis de 26 anos de antigüidade.

2. OS FEITOS. DIARIO DUNHA CATÁSTROFE

13 NOVEMBRO 2012

Páxina 3

Page 4: O PRESTIGE

O “Prestige” aparece a 4 millas de Muxía. Ás 13 horas os remolcadores conseguen enganchalo e tentan levalo lonxe da costa.

• 14 NOVEMBRO 2002

Na costa aparecen as primeiras aves manchadas de fuel.

Estes remolcadores so conseguen afastalo da costa a metade do que se tiña previsto e o barco presenta unha fenda de 40 metros no casco,polo que se aconsella apagar os motores.

O capitán do barco, Apóstolos Mangouras, é detido e acusado de desobediencia e delito ecolóxico.

Páxina 4

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 5: O PRESTIGE

A marea negra chega a terra e contamina 190 Km de costa entre Fisterra e Muros.

• 16 NOVEMBRO 2002

Páxina 5

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 6: O PRESTIGE

Rompe o terceiro tanque do “Prestige” . Na costa comezan as tarefas de limpeza.

O barco parte polo medio e afunde a 260 Km das Illas Coes. Perdeu 11 toneladas de fuel e leva máis de 66.000 no seu interior.

Páxina 6

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

17 DE NOVEMBRO DO 2002

19 NOVEMBRO 2002

Page 7: O PRESTIGE

A marea negra xa afecta a 300 Km da costa.

O fuel segue entrando na costa dende Corrubedo ata A Coruña (600 Km afectados xa pola marea negra). O mal tempo dificulta os traballos de limpeza

Despois de sete días de aloucada singradura, aconteceu o que todo mundo esperaba : O Prestige pártese en dous e afúndese no leito oceánico a máis de 3500 metros de profundidade. O temporal provocara un burato mortal nun barco que non pasara ningunha revisión dende 1999.

Páxina 7

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

20 DE NOVEMBRO DO 2002

21 AO 26 DE NOVEMBRO DO 2002

Page 8: O PRESTIGE

Prohíbese pescar en 555 Km

O fuel afecta os f o n d o s d o Cantábrico. A gran mancha de fuel achégase cada vez máis a costa.

Páxina 8

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

27 DE NOVEMBRO DO 2002

28,29 e 30 DE NOVEMBRO DO 2002

3 DE DECEMBRO DO 2002

A gran mancha negra ameaza as Rías Baixas ata a Illa de Ons, está xa moi preto de Cíes e Baiona.

Máis de 1000 embarcacións e 5000 mariñeiros loitaban contra a marea negra nesta zona.

Page 9: O PRESTIGE

Máis de 7000 persoas participan na loita contra o fuel. Entre os barcos e o traballo dos voluntarios recolléronse máis de 12350 toneladas de fuel.

A MAREA BRANCA chega a Galicia: Milleiros de persoas de todas as partes do mundo chegan para axudarnos a limpar as nosas costas.

A solidariedade gaña a batalla ao chapapote .

4 DE DECEMBRO DO 2002

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Páxina 9

Page 10: O PRESTIGE

Páxina 10

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 11: O PRESTIGE

O fuel arrasa Cíes, Ons, Sálvora. Xa afecta a toda a costa dende Baiona a Ortigueira.

A gran mancha avanza polo Cantábrico cara Francia.

A marea negra afecta a mási de 200 Km de Costas francesas

6 DE DECEMBRO DE 2002

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

• 26 ao 31 DE DECEMBRO DO 2002

• 1 ao 3 DE XANEIRO DO 2003 As costas francesas reciben as primeiras manchas de fuel.

• 5 ao 3 DE XANEIRO DO 2003

Páxina 11

Page 12: O PRESTIGE

Non fai falta ser un experto en medio ambiente para saber que unha marea negra causa graves estragos no medio ambiente. As manchas de petróleo nas praias, as aves tinguidas de negro e a indignación da xente afectada polo vertedura amosan a “cara escura” deste desastre medioambiental.

Os danos que se producen neste tipo catástrofes medioambientais dependen non so do tipo de hidrocarburo que se verte, senón tamén do lugar e as condicións nas que se produce o accidente. No caso do “Prestige”, as malas condicións, ademais da cantidade de fuel derramado, fan que se converta na marea negra que máis Quilómetros de costa contaminou.

Páxina 12

3. CONSECUENCIAS

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 13: O PRESTIGE

Só nos primeiros seis meses posteriores á catástrofe, en España, Francia e Portugal recolléranse unhas 23.000 aves petroleadas, unha expedición científica descubriu fuel do “Prestige” a tan so 1000 metros de profundidade na Ría de Ferrol, a metade da superficie rochosa das Illas Cíes e Ons seguía cuberta de fuel, os pescadores do Cantábrico queixábanse da escaseza de capturas...

O Instituto Español de Oceanografía denunciou que se perdera toda unha xeración de peixes, moluscos e crustáceos... a causa da vertedura de cru. O fuel depositado no fondo como unha capa de asfalto impide que se desenvolvan especies vexetais e animais.

As sucesivas mareas negras do Prestige provocaron a corto prazo mortaldades masivas de moitos organismos mariños, por exemplo, a de 115.000 e 300.000 aves.

Cando se produce a vertedura, o hidrocarburo forma unha mancha negra, unha lámina que flota sobre a auga. Esta lámina impide que penetre a luz do sol e que se realice a fotosínteses. Isto causa que os microorganismos se vexan afectados e con eles toda a cadea alimenticia.

Páxina 13

⇒ CONSECUENCIAS ECOLÓXICAS

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 14: O PRESTIGE

As secuelas da falta de protección durante as tarefas de limpeza foron nalgúns casos importantes.

As autoridades non consideraron axeitadamente desde o primeiro momento os efectos potenciais da exposición máis ou menos prolongada o fuel durante as operacións de limpeza.

Páxina 14

⇒ CONSECUENCIAS NA SAÚDE

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Un estudo da Universidade de A Coruña revelou a existencia de alteracións xenéticas e hormonais. Outro estudo dun equipo de investigadores de varios hospitais realizado entre mariñeiros e pescadores detectou problemas respiratorios (tose crónica, dificultades para respirar pola noite....) dous anos despois da vertedura.

Estas realizáronse, en moitos casos, sen adoptar medidas de protección eficaces, o que non so provocou afeccións de f o r m a i n m e d i a t a( irritacións, dermatite…).

Page 15: O PRESTIGE

As perdas económicas asociadas as verteduras de petróleo ao medio mariño son descomunais. Toda unha poboación costeira veuse afectada en maior ou menor medida.

Nos pobos costeiros a pesca xoga un papel importante na economía do lugar. Ao producirse unha vertedura de hidrocarburos os bancos de pesca vense afectados. Pero tamén os animais que viven nas rochas e superficies (percebes, mexillóns, marisco en xeral...).

A transformación dos fermosos paisaxes en negros lugares manchados de hidrocarburos, fan que o turismo se resinta e as actividades que dependan do mesmo sufran grandes perdas económicas.

Páxina 15

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

⇒ CONSECUENCIAS ECONÓMICAS

Page 16: O PRESTIGE

Páxina 16

⇒ CONSECUENCIAS SOCIAIS

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

O desastre do “Prestige” espertou toda unha conciencia medioambiental sobre a seguridade marítima no transporte de certas mercadorías altamente contaminantes e os riscos medioambientais crecentes que implican o seu transporte e sobre a gravidade dos problemas que isto ocasiona.

Galicia vive o 1 de Decembro do 2002 unha manifestación histórica en Santiago, onde máis de 150.000 persoas claman contra a marea negra e piden que “NUNCA MÁIS” volva acontecer algo semellante en ningunha costa do mundo . Madrid vivirá meses despois unha manifestación semellante na que participaran persoas chegadas de moitas cidades e vilas de toda España.

Pedíanse tres cousas: medidas preventivas que minimicen o risco de accidentes deste tipo, un dispositivo que permita loitar cun mínimo de eficacia contra estes problemas, e por último, compensacións para os afectados.

Page 17: O PRESTIGE

* Que recordan especialmente da “Marea Negra” do “Prestige”? Que sentimentos espertou?

* Lembran algunha anécdota relacionado co tema?

* Participaron na limpeza das costas? Se foi así, que foi o que máis lle impresionou?

* Cal é a súa opinión do que realmente pasou?

4. A NOTICIA NA TÚA CASA

Páxina 17

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

Page 18: O PRESTIGE

Imos a continuación a realizar un pequeno resumo sobre outras mareas negras que sufriu Galicia, sobre todo nestes últimos trinta anos.

5. OUTRAS MAREAS NEGRAS

Páxina 18

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

ERKOWIT

DATA: 3 1/10/1973

LUGAR: A CORUÑA

PAVILLÓN: SUDÁN

PRODUTO TRANSPORTADO:

INSECTICIDA ALTAMENTE TÓXICO

URQUIOLA

DATA: 12/05/1976

LUGAR: A CORUÑA

PAVILLÓN: ESPAÑOL

PRODUTO TRANSPORTADO: CRU

CANTIDADE VERQUIDA: 100.000 T

POLYCOMMANDER

DATA: 05/05/1970

LUGAR: RÍA DE VIGO

PAVILLÓN: NORUEGO

PRODUTO TRANSPORTADO: CRU

CANTIDADE TRANSPORTADA:

49.414 T

CANTIDADE VERQUIDA: 20.000T

RESUMO DO DESASTRE

O buque Polycommander chocou contra unhas rochas e incendiouse a altura das Illas Cíes,morrendo 23 tripulantes e vertendo ó mar 20.000 toneladas de cru. A columna de fumo orixinou unha chuvia ácida en toda a zona de Vigo. As zonas máis afectadas foron Baiona e Panxón.

RESUMO DO DESASTRE

O 21 de Outubro de 1973, o cargueiro Erkowit choca a altura do Cabo Vilán contra outro cargueiro alemán, o Dortmund. O cargueiro é transportado a Bastiagueiro, onde os 2000 bidóns de pesticidas que transportaba carrexaron un forte impacto na Ría de A Coruña.

RESUMO DO DESASTRE

O buque cisterna Urquiola, que chegaba o porto da

Coruña, choca contra un obxecto e comeza a derramar

cru. Ante o perigo de explosión, abandona o porto todo o

persoal e o barco choca contra un saliente nun intento

de afastar o buque da costa, producíndose unha

explosión, cun gran incendio no que arden 513.000 barrís

de petróleo. Dous días despois produciuse unha segunda

explosión e o litoral queda inundado por unha marea

negra que se estende polas rías de Betanzos, Ferrol e

Ares. Preto de 215 Km de litoral quedaron afectados.

Page 19: O PRESTIGE

Páxina 19

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA

ANDROS PATRIA

DATA: 31/12/1978

LUGAR: CABO FISTERRA

PAVILLÓN: GREGO

PRODUTO TRANSPORTADO: CRU

CANTIDADE TRANSPORTADA:

208.000 T

CANTIDADE VERQUIDA:

RESUMO DO DESASTRE

O petroleiro Andros sufre unha fenda de 21 metros por un golpe de mar debido a un temporal e 47.000 T de Cru son vertidas nas costas galegas.

CASON

DATA: 04/12/1987

LUGAR: CABO FISTERRA

PAVILLÓN: PANAMÁ

PRODUTO TRANSPORTADO: PRO-DUTOS QUÍMICOS INFLAMA-BLES E CORROSIVOS

RESUMO DO DESASTRE

O Caso embarrancou na costa de Fisterra en Decembro de 1987. O cargamento consistía en 1.100 Tm de produtos químicos. Aparte de algúns bidóns recollidos flotando no mar ou varados na area das praias, o barco permaneceu enteiro e co resto da carga a bordo. As operacións de recuperación do cargamento duraron un total de 4 meses.

Page 20: O PRESTIGE

As augas galegas acollen unha da maiores autoestradas mundiais de petroleiros cuns medios de seguridade propios dunha corredoira. A marea negra do “Prestige” amosou os déficits de infraestruturas que padecía e dez anos despois , aínda sigue padecendo Galicia.

Por iso, aquela “marea negra” que tinxiu de negro a costa dende as Rías Baixas ata o sur de Francia, que encheu centenares de páxinas de xornais e espazos na radio e na televisión, que tivo tantas consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas non debe ser esquecida sen máis.

Hoxe , unha década despois, aínda se inicia o xuízo para saber que persoas foron as responsables do sucedido. Pero están os verdadeiros culpables sentados no estrado?

Ademais, cambiou algo a nosa relación cos derivados do petróleo? Por exemplo, tomamos máis os transportes públicos para aforrar gasolina?

Deste traxedia puido saír unha Galicia máis forte, máis preparada, máis poboada, máis aberta. Realmente é así?.

Castelao dicía que “os galegos non protestan, emigran”. Realmente, pensas que aínda sigue sendo así?

7. CONCLUSIÓNS

Páxina 20

CRÓNICA DUNHA CATÁSTROFE EN GALICIA