INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA SATURNINO MONTOJO PLAN DE CONVIVENCIA CURSO 2017-2018 2018-2019
2
1-Marco legal Lexislación europea Lexislación estatal Lexislación autonómica 2-Contextualización Situación Instalacións Entorno socieconómico Recursos Humanos Oferta educativa 3-Diagnóstico Comisión de convivencia Informe de convivencia 4-Obxectivos 5-Liñas e medidas de actuación 6-Normas de convivencia. 7-Conductas contrarias á convivencia 8-Medidas de difusión do Plan de Convivencia. 9-Seguemento e avaliación do Plan. 10-Recursos Complementarios.
3
1. MARCO LEGAL
A preocupación social pola conflitividade nas aulas e a necesidade de xestionar
de maneira pacífica os conflitos reflíctese cada vez máis na lexislación europea, estatal
e autonómica.
1.1 - LEXISLACIÓN EUROPEA
O informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre Educación para o Século
XXI, presidida por Jaques Delors determina como piares da educación: aprender a
coñecer, aprender a facer, aprender a ser e aprender a convivir.
Pola súa banda, xa no ano 2010, a Carta de Recomendación do Comité de
Ministros do Consello de Europa aos estados membros, apunta como obxectivo principal
da política educativa unha educación para a cidadanía democrática. Suxírese unha
resolución de conflitos non violenta, baseada no respecto dos dereitos individuais e
rexeitando todas as formas de discriminación e violencia, en particular, a intimidación e
o acoso.
1.2 - LEXISLACIÓN ESTATAL
A Lei 27/2005, do 30 de novembro, de fomento da educación e a cultura da
paz, menciona no artigo 2: "O Goberno promoverá a inclusión, como contido curricular,
de iniciativas de educación para a paz a escala local e nacional." e "O Goberno
promoverá a formación especializada de homes e mulleres en técnicas de resolución de
conflitos, negación e mediación".
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), tamén segundo a
redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da
calidade educativa, recolle a competencia social e cidadá, promovendo a resolución
pacífica dos conflitos e fomentando a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal,
familiar e social. Ademais, "proponse o exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos
principios democráticos de convivencia e a prevención de conflitos e a resolución
pacífica destes" como un dos fins do sistema educativo, e para a súa consecución faise
extensivo a todos os niveis educativos e a todos os membros da comunidade escolar.
Ademais, un dos obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria (artigo 23.d) é
"fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas
4
súas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo,
os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos".
1.3 - LEXISLACIÓN AUTONÓMICA
A Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade
educativa pretende crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan acadar e
manter un clima de convivencia de calidade e que, simultaneamente, dignifiquen a
profesión docente. Recolle nos artigos 19 e 20, os programas de habilidades sociais,
as aulas de convivencia inclusivas e os procedementos conciliados de resolución de
conflitos. Esta lei desenvólvese no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que recolle no
Capítulo I a esixencia aos centros educativos de elaborar un plan de convivencia coas
súas propias normas de organización e funcionamento, que irá incluído na
Programación Xeral Anual. No Capítulo II clasifícanse as condutas contrarias á
convivencia e establécense as medidas correctoras, que sempre terán un carácter
educativo e recuperador. É ao longo dos artigos 12 ao 17 deste mesmo decreto onde se
recollen os aspectos referidos aos obxectivos, estutura, actuacións, medidas e
programas favorecedores da convivencia e o proceso de seguimento, avaliación,
mellora e difusión do plan de convivencia que cada centro debe ter en conta na súa
elaboración.
O Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á
diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de
Galicia, no artigo 6.4 do marco de actuacións destinadas a adecuar a resposta
educativa á diversidade recomenda "desenvolver medidas e actuacións de tipo
curricular, relacional e organizativo para promover a convivencia, a non discriminación e
o respecto polas diferenzas".
O presente plan de convivencia non se entende como unha tarefa burocrática,
senón que supón a oportunidade de reflexionar conxuntamente sobre un dos principais
obxectivos do sistema educativo: ensinar a convivir e a ser persoa. Para a súa
redacción téñense en conta as peculiaridades e necesidades do centro, contando cunha
grande participación, xa que unha boa convivencia é unha responsabilidade compartida
por todos os membros da comunidade educativa.
5
2. CONTEXTUALIZACIÓN
2.1.- SITUACIÓN
O IES Saturnino Montojo atópase na cidade de Ferrol, no Barrio de Esteiro, no
que case poderiamos considerar o centro da zona urbanizada do Concello, moi
equidistante dos demais barrios ( Ferrol Vello, Magdalena, Ensanches, S. Xoán, Bertón,
Caranza), populosa e dinámica. Está comunicado co centro que ten adscrito, o "CEIP
Isaac Peral" por un dos seus patios e sitúase entre o estaleiro de Izar-Ferrol e o Cuartel
de Dolores, moi preto do Campus Universitario de Esteiro (Universidade da Coruña).
2.2.- INSTALACIÓNS
O instituto conta cun total de 23 aulas, a
maioría situadas no segundo andar do centro, e
con condicións de luminosidade, espazo e
temperatura adecuadas. Catro destas aulas
están destinadas para desdobres de materias
optativas.
Situación do instituto na Cidade
6
7
Para o uso do alumnado dispónse de:
Aula de Plástica.
Taller de Tecnoloxía.
Aula de Informática da E.S.O.
Aula técnica do Ciclo Formativo.
Aula insonorizada do Ciclo Formativo
Aula de Novas Tecnoloxías que dispón de encerado dixital.
Ximnasio.
Aula de Música.
Laboratorios (de Física, Ciencias, Idiomas, Fotografía).
Salón de actos.
Biblioteca.
Servizo de reprografía.
Cafetería.
Aseos.
8
Hai dous patios de recreo, un destinado ao alumnado do 1º ciclo da E.S.O. e
outro para o resto. Ambos patios contan cun pequeno espazo cuberto.
Para o uso do profesorado e outros membros da comunidade escolar hai:
18 departamentos didácticos.
Sala de ordenadores.
Despachos de dirección, xefatura de estudos e secretaría.
Sala de xuntas.
Sala de profesores/as.
Sala de atención a nais e pais.
Departamento de orientación.
Oficinas de administración.
Conserxaría.
Todos os medios materiais dos que dispón o centro teñen como finalidade servir
á educación e facilitar o traballo do alumnado, profesorado e demais persoal do centro.
Para a optimización e bo uso dos mesmos, para que sexan útiles e operativos
dispóñense de diarios para solicitar o uso de espazos como o salón de actos, aulas de
informática, audiovisuais,… e dous membros da comunidade docente teñen horas
destinadas a controlar e optimizar a biblioteca e os medios informáticos e audiovisuais.
O centro ten acceso a minusválidos, xa que conta cun ascensor interno, e ten porteiro
automático que permite controlar o acceso das persoas alleas ao centro.
2.3.- ENTORNO SOCIOECONÓMICO
O nivel socioeconómico do noso alumnado pódese considerar medio (moi
acomodado no contexto do Ferrol actual) e os proxenitores xa non son maioritariamente
militares, senón que se dedican a actividades diversas: traballadores de Navantia,
médicos, profesores e avogados, así como traballadores autónomos; predominan os
estudos universitarios ou medios. Desde o punto de vista sociolingüístico son
maioritariamente castelán falantes.
A maior parte dos alumnos/as proceden de familias estruturadas, de corte
tradicional: pai - nai e un, dous ou tres fillos; pero van aumentando o número de
alumnas e alumnos con familias monoparentais ( xeralmente por separación dos pais) e
en poucos casos o alumno/a convive cun familiar ou titor legal distinto dos proxenitores.
9
2.4.- RECURSOS HUMANOS
ALUMNADO
O número total oscila segundo os cursos entre 350 e 400 alumnos/as,
practicamente todos de nacionalidade española, aínda que nos últimos anos empezan
a incorporarse algúns de orixe sudamericana, sen que o número pase a ser significativo.
A media de alumnos por aula é de 23.
En xeral, o noso alumnado non é conflitivo e os pais teñen altas expectativas e
preocupación pola formación dos fillos e o futuro. Son habituais as actividades
extraescolares tales como os estudos musicais no Conservatorio, de idiomas ou
deportivas, incluídas as de competición.
Os resultados das Avaliacións de diagnóstico en ESO así como a participación
destacada en certames tanto do ámbito da ciencia pura como das humanidades poñen
de manifesto que os nosos educandos responden a un perfil de alumno ao que se lle
pode esixir un aproveitamento alto no seu proceso de aprendizaxe, e por tal motivo é
tamén unha obriga programar a ensinanza cun alto grao de compromiso docente.
PROFESORADO
No IES Saturnino Montojo somos un total de 48 profesores divididos en 18
departamentos didácticos. A maior parte do profesorado ten destino definitivo no centro,
habendo (aproximadamente) só un 15% do profesorado en expectativa de destino ou
con interinidade.
PERSOAL NON DOCENTE
O centro conta con dous bedeis, con destino definitivo no centro, unha auxiliar
administrativa e tres limpadoras.
2.5.- OFERTA EDUCATIVA
A oferta educativa do IES Saturnino Montojo é ampla e variada, abarcando o
ensino secundario, o bacharelato e un ciclo medio. No centro ofertamos:
- ESO
- Bacharelato, nas modalidades científico-tecnolóxica e humanidades e ciencias sociais.
10
- Ciclo medio de Vídeo DJ e Son
En porcentaxes de alumnado, só un 10% está matriculado no ciclo medio, e
destes, a maioría son maiores de idade. É por isto que se fan necesarias unhas normas
comúns a todas as etapas educativas que conviven no centro, que comparten espazos e
que colaboran nos mesmos proxectos e actividades, tanto complementarias como
extraescolares.
3.1.- COMISIÓN DE CONVIVENCIA
Esta primeira fase de elaboración comeza, tal e como se recolle no artigo 6 do
Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, coa constitución dunha comisión de convivencia no
seo do consello escolar.
A comisión de convivencia ten carácter consultivo e desempeñará as súas
funcións por delegación do consello escolar para facilitar o cumprimento das
competencias que, en materia de convivencia escolar, ten asignadas o consello escolar.
Os seus membros foron elixidos polo consello escolar do centro, segundo o
establecido no artigo 6.2 do citado decreto, representando de forma equilibrada todos os
sectores da comunidade educativa e foron nomeados pola directora do centro, sendo
ademais todos eles membros do consello escolar.
NÚMERO DE PERSOAS REPRESENTANTES DE FUNCIÓN
1 DIRECTORA PRESIDENTA
1 XEFA DE ESTUDOS SECRETARIA
2 ALUMNADO
1 PAIS/NAIS
3 PROFESORADO
1 PAS
A comisión de convivencia alenta a necesidade dunha convivencia positiva a
través de todos os seus sectores. Para iso, realízase un estudo da situación en todos
os ámbitos analizando a convivencia no centro nos cursos anteriores, e prestando
especial interese á enquisa de convivencia do último ano. Os resultados deste estudo
preséntanse a continuación no informe de convivencia.
3. DIAGNÓSTICO
11
3.2.- INFORME DE CONVIVENCIA
Á vista das respostas recollidas nos cuestionarios cumprimentados pola
Comunidade escolar que a CCEOU remitíu ao IES durante o curso 2015/16 e o posterior
Informe recibido, e conforme á experiencia neste centro educativo dos comisionados,
faise a seguinte proposta de necesidades para as que se deben elaborar estratexias de
traballo no marco dos órganos colexiados e Orientación:
Agresións verbais a través das redes sociais e o uso de aparellos electrónicos
sen fins didácticos (en base a datos relativos a acoso e agresións verbais
reflectidos na enquisa).
Falta de limpeza nos corredores,baños e aulas por mor das actitudes insolidarias:
compresas tiradas, papel estragado, envoltorios no chan, mesas pintadas(en
base a datos reflectidos na enquisa).
Información insuficiente do alumnado que chega novo ao centro
(fundamentalmente de primaria) para ter en conta á hora de elaboración de
grupos (a experiencia indica que a información facilitada por Orientación é tardía
e insuficiente).
Pouca comunicación entre o profesorado e as familias (non só o profesorado
titor/a) para a resolución de conflitos de convivencia ou de rendemento (A
experiencia indica que se descarga na Dirección a solución e contacto cos pais
dos alumnos, do Profesorado en xeral e dos titores en particular).
Non hai comunicación eficaz entre Orientación/Titores/CCP. ( A experiencia
indica que Orientación non se implica na Titoría máis alá da organización
dalgunha conferencia puntual, convertíndose as horas de ESO destinadas a tal
fin en tempo para o descanso ou a confección de tarefas académicas).
Existencia de altercados e roubos durante os recreos e ante a ausencia dalgún
profesor/a (en base a datos reflectidos na enquisa).
Necesidade de materiais que deben existir na aula de convivencia para o caso de
ter que activarse (ben nos departamentos, ben no espazo adicado a tal fin).
12
Unha vez analizada a situación, e tendo en conta os fins e principios informadores
da convivencia que se recollen na normativa (artigo 3 da Lei 4/2011 e artigo 12 do
Decreto 8/2015), recollemos a continuación os obxectivos consensuados que no centro
nos propoñemos acadar na mellora da convivencia, así como as actuacións que se
desenvolverán para conseguilos, a súa difusión e o seu seguimento.
Difundir a existencia dun plan de convivencia entre toda a comunidade educativa.
Promover a formación permanente do profesorado e alumnado en temas
relacionados coa convivencia.
Elaborar un protocolo de recepción de alumnado e profesorado que chega novo
ao centro.
Mellorar a comunicación entre o profesorado e as familias (no só
profesorado/titor/a) para a resolución de conflitos de convivencia ou de
rendemento.
Potenciar as titorías en aula (PAT) e a xunta de delegados como órganos para o
análise da convivencia.
Recoller nas normas de organización e funcionamento do centro (NOF) accións
ou propostas de mellora da convivencia nos distintos espazos do centro.
Establecer vías de sistematización das actuacións en materia de convivencia e
promover unha cultura de resolución pacífica de conflitos baseada no diálogo.
Favorecer o traballo en grupo e o traballo cooperativo como metodoloxías nas
que se potencia o respecto e a solidariedade entre o alumnado.
Crear nexos de unión para todo o alumnado do centro organizando actividades
integradoras (complementarias e extraescolares).
Establecer liñas básicas de colaboración con institucións que contribúan á
mellora da convivencia no centro.
Revisar e adaptar os documentos de organización e de xestión, de xeito que
favorezan o clima do centro.
4. OBXECTIVOS
13
5. LIÑAS E MEDIDAS DE ACTUACIÓN.
Aplicaránse distintas liñas de actuación en función do obxectivo a cumprir:
1- Difusión do plan de convivencia
Informar e involucrar na elaboración do plan de conviencia a toda a comunidade
educativa. Incluír a información na páxina web e en zonas comúns do centro a
disposición do alumnado e profesorado.
2- Formación permanente de profesorado e alumnado.
A través de charlas formativas nas que se propón o tratamento de temas coma:
acoso escolar, drogas e alcohol, riscos asociados ao uso de internet e novas
tecnoloxías.
As diferentes actividades propostas polos distintos departamentos do centro nos
que traballan temas transversais. Violencia de xénero, maltrato no ámbito familiar,
acoso e agresións sexuais...
3- Comunicación profesorado-familias para a resolución de conflitos.
Entendemos ás familias como un punto máis de referencia no proceso educativo
do que formamos parte e, por tanto, é preciso que se integren no funcionamento
do centro. Para conseguir esa integración poranse en marcha distintas medidas:
O comezo do curso convocarase as nais e pais no centro para informar de:
Funcionamento do centro.
Horarios de atención das/os titores/as.
Modo de notificar faltas de asistencia
Datas de recepción dos informes trimestrais e das notas de avaliación.
Días non lectivos
Lei de Convivencia ao respecto dos dereitos e deberes das nais e pais
e acerca dos dereitos e deberes do alumnado (todo reflectido nas NOF do
centro)
Control que deberían facer sobre o uso de internet e das novas
tecnoloxías.
Criterios de promoción e titulación.
Plan de Alerta Escolar ante determinadas enfermidades de tipo alérxico.
Nesa reunión están o/a director/a, o/a xefe/a de estudos, os/as titores/as
e contamos coa presenza do orientador quen ofrece unhas pautas e consellos
a seguir.
14
Despois da reunión, cada titor/a reúnese coas nais e pais para resolver
diferentes cuestións que puideran xurdir acerca de cómo solicitar cita para as
reunións, etc.
Aos familiares do alumnado de 1º de ESO se lles fai, antes da reunión co
profesorado titor, unha visita guiada ás instalacións do centro para que coñezan
o lugar no que estudarán as súas fillas e os seus fillos.
Reunións individuais periódicas do/as titores/as coas familias para tratar
temas académicos, disciplinarios, persoais,… relacionados co alumnado.
Recepción e comunicación da a dirección do centro ás familias para
tratar temas non estritamente académicos.
Información ás familias, por parte da dirección do centro, para fomentar a
participación nos órganos de goberno (Consello Escolar).
Outro aspecto a salientar para a mellora da integración das familias no instituto
é a fluidez de información entre familias e titores sobre alumnos con
necesidades educativas especiais. A información non confidencial que chega
ao orientador tamén debe chegar aos profesores porque estes son os que
poden axudar a integran os alumnos na aula. As nais e os pais tamén, nalgún
caso, necesitarán falar con profesores/as que non son titores/as dos seus fillos
para solucionar problemas puntuais.
4- Protocolo de recepción de alumnado e profesorado novo.
Na recepción do alumnado:
A finais do primeiro trimestre do curso se organizará unha xornada de portas
abertas na que se recibirá ao alumnado de 6º de primaria e 1º BAC procedente
de centros adscritos.
Nesta xornada a dirección informará do método de formalización de matrícula
para incorporarse ao centro, así como outros aspectos relevantes do
funcionamento do mesmo.
O alumnado dos primeiros cursos da ESO e 1º BAC será o encargado de acoller
a este novo alumnado exercendo de guías polas instalacións do centro.
15
O comezo do curso a dirección organizará a recepción do alumnado que vai
cursar estudos ao longo do curso académico. Se lles dará a coñecer as normas
de organización e funcionamento do centro así como outros aspectos relevantes
para o alumnado..
Farase a presentación das titoras e titores correspondentes a cada grupo para
logo, derivar a cada alumno á súa aula onde o/a titor/a correspondente informará
de horarios, profesorado e demáis aspectos.
Na recepción do novo profesorado (a principio de curso):
1- Será recibido por algún membro do equipo directivo e se lle informará da
tramitación da toma de posesión en secretaría ademáis de habilitalo para todas
as cuestións precisas, facerlle entrega do seu horario...
2- Posteriormente se lle facilitará o contacto co xefe de departamento que
informará sobre o funcionamento interno e da estructura dese departamento.
3- Unha vez integrado/a no centro comuniránselle:
-Protocolos de funcionamento no centro
-Procedemento de gardas
-Partes de faltas
-Funcionamento das titorías (funcións do titor, faltas de asistencia,
uso de abalar, aula virtual...)
-Informes periódicos que hai que presentar (preavaliacións,
avaliación cualitativa...)
5- Traballos en grupo e colaborativos entre o alumnado.
De maneira periódica organizaránse actividades nas que se xuntan alumnos de
distintos niveis educativos para traballar distintos temas:
-Faladoiros sobre temas de interese e/ou actualidade ( organizados por
dinamización lingüística)
-Clubes de lectura: que ademáis de traballar os hábitos lectores serven como
traballo colaborativo.
6- Organización de actividades integradoras.
Ao longo do curso se proporán actividades colectivas que sirvan para a
integración e a convivencia entre os distintos niveis educativos.
Entre as distintas actividades podemos citar:
16
-Festa do Magosto e Samaín: participación de todo a alumnado do centro con
diferentes actividades de tipo lúdico e deportivo: torneos, xogos populares,
photocall ...)
-Festa de nadal: paticipación dos alumnos de todos os niveis educativos ( ESO,
BAC e CICLO). Xa se instaurou como costume a proxección dunhas falsas
baladadas e un concerto musical co que os alumnos despiden xuntos o ano. É
habitual que nestas datas dende o departamento de dinamización lingüística se
leve a cabo unha recollida de fondos( a través da venda de doces soidarios, por
exemplo) para ONG ou outros fins solidarios .
-Festa de entroido: O centro reúnese para disfrutar desta festa organizando
concursos de manualidades e disfraces e comparsas.
Todas estas actividades permiten o contacto entre os distintos niveis educativos
incluído o ciclo de video dj e son que se adereza todos estas festas con música e
atrezzo para convertelos en eventos cuasi profesionais.
7- Liñas de colaboración con outras institucións.
É necesaria unha boa coordinación entre o noso centro e os centros adscritos
xa que son eles os que están a formar ao alumnado que posteriormente
acabará matriculándose no noso IES.
Tanto a dirección do centro como o xefe do departamento de orientación deberán
ser os encargados de manter este contacto cos colexios adscritos para estar ao
tanto das situacións particulares do alumnado que chegará ao centro,
especialmente do alumnado de 6º de primaria.
Nese mesmo sentido, tamén é recomendable a relación cos demais centros da
comarca, labor que corresponde á dirección do centro.
É fundamental fomentar relación entre a dirección do centro e os servizos sociais
do concello e co propio concello. Esta relación permite a comunicación
bidireccional para:
a. Coñecer máis en profundidade ao noso alumnado, especialmente a
aquel alumnado en risco de exclusión social, alumnado con problemas
familiares que afecten tanto ao seu rendemento académico como ao seu
comportamento,…
b. Informar dende o centro daquel alumnado menor de 16 anos con risco
17
de perda de dereito á avaliación continua e poder ter unha idea a través
da información dos servizos sociais dos motivos das reiteradas faltas de
asistencia.
c. Xestionar a participación do noso alumnado en campañas, concursos e actos diversos que traballen aspectos de carácter social e de convivencia.
Existe unha relación importante entre a dirección do centro e as forzas e corpos de
seguridade do estado, incluída a policía local/nacional para establecer estratexias
comúns á hora de enfrontarse a problemas relacionados coas drogas, co acoso
escolar, co bullying , sexting, grooming,… de feito, son eles os que imparten as
charlas que periódicamente se imparten no centro sobre todos estes temas.
A relación entre a dirección do centro e a Consellería de Educación a través do
servizo de Inspección Educativa necesita ser fluída xa que é a este servizo ao que
hai que informar de determinados temas relacionados coa convivencia tales como
a incoación e a resolución de expedientes disciplinarios. O servizo de Inspección
Educativa pode ser útil á hora de aconsellar e informar ao respecto de temas tan
diversos como a atención a reclamacións, imposición de sancións, atención a nais
e pais,… temas, todos eles, que teñen que ver coa convivencia.
Recollidas nas Normas de Organización e Funcionamento (cap.1)
Recollidas nas Normas de Organización e Funcionamento (cap.3)
É preciso facer chegar a todos os membros da comunidade educativa o Plan de
convivencia vixente no centro . Este primeiro ano é especialmente importante dalo a
coñecer explicando cal é a súa finalidade, obxectivos e medidas de actuación.
Presentación ao profesorado:
1- Claustro onde se presente e aprobe o texto do Plan de Convivencia.
6. Normas de convivencia do centro
7. Conductas contrarias á convivencia
6. Medidas de difusión do plan de convivencia
18
2-Consello Escolar no que se presente e aprobe o Plan de Convivencia
3-Presentación do Plan de Convivencia ante a Comisicón Pedagóxica.
Presentación aos pais/nais:
Informar aos pais/nais da existencia do Plan de convivencia e dos seus obxectivos
nas reunións de comezo de curso
Presentación ao alumnado
-Informar da existencia do Plan de convivencia e dos obxectivos fundamentais a
través da xunta de delegados.
-Integrar a presentación do Plan de convivencia no Plan de acción titorial e que se
trata xa nas primeiras sesións do curso.
Presentación a toda a comunidade educativa
-Publicar na web do centro o Plan de convivencia vixente como un documento mais
de centro.
Deberá ser a comisión de convivencia a encargada de facer o seguimento do Plan de
convivencia. Nas reunións que se convoquen esta comisión deberá velar porque se
vaian acadando os obxectivos deste plan de convivencia e aplicando as medidas de
actuacións descritas. Ademáis, con periodicidade trimestral levarase a cabo unha
análise da convivencia no centro.
Unha vez rematado o curso, esta comisión deberá elaborar un informe acerca da
convivencia. Este documento será o punto de partida a través do cal se avalíe a
consecución de obxectivos propostos no presente plan e será preceptivo para a
realización das modificacións aconsellables en canto as medidas de actuación co fin de
acadar os obxectivos marcados.
As modificacións e achegas propostas ao Plan vixente deberán ser informadas ao
claustro de profesores para a súa posterior aprobación no consello escolar.
Complementarán o presente Plan de Convivencia os seguintes documentos:
Texto da Lei de Convivencia
Resultados das enquisas ralizadas para a elaboración deste Plan de Convivencia.
Normas de Organización e Funcionamento do IES Saturnino Montojo.
7. Seguemento e avaliación do plan de convivência
8. Documentos complementarios
19
Protocolo Xeral de Prevención,Detección e tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso.
Proxecto Lingüístico ( plan de acollida lingüística do alumnado estranxeiro)
Top Related