Biblioteca Avelaiona Luíña
CEIP Cespón 2014
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día
Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril.
Para conmemorar esta data, desde a comisión da Biblioteca, elaboramos a
seguinte proposta, relacionada co proxecto anual: “Se sobre ciencia queres
aprender, á nosa biblioteca tés que vir ler” .
*Cada curso buscará curiosidades sobre os/as
científicos/as traballados/as.
*No presente formato, irá engadindo novos datos.
*As diapositivas elaboradas serán imprimidas e
colocadas en distintas zonas do colexio: corredores,
patio cuberto, pavillón, baños...
*Presentámosvos xa algunhas curiosidades.
Ao remate do mes de abril, recompilaremos todas
as diapositivas para confeccionar un libro colectivo.
Albert Einstein foi un neno gordo e cabezón. Cando naceu, ao ver a forma
da parte traseira da súa cabeza, bastante avultada, a súa nai e a súa familia creron
que se trataba dunha malformación.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
O pequeno Einstein tivo dificultades para
falar. Facíao moi lentamente e moi baixiño.
Custáballe construír frases enteiras. Os seus pais
temeron que sufrise algún tipo de atraso mental
ata que, con 9 anos, comezou a falar
normalmente.
Tivo un coeficiente intelectual de 160, o
mesmo que Stephen Hawking. Teñamos en
conta que a media é de 100.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
Albert Einstein tivo tres nacionalidades: alemá, suíza e estadounidense.
Ao final da súa vida, un xornalista preguntoulle que posibles repercusións
tería isto na súa fama. O físico deu a seguinte resposta:
-”Se as miñas teorías resultasen falsas, os estadounidenses dirían que eu
era un físico suízo; os suízos, que era un científico alemán; e os alemáns que
era un astrónomo xudeu”.
Noutra ocasión, nunha reunión social, Marilyn Monroe cruzouse con
Albert Einstein; esta suxeriulle o seguinte: "Que di profesor, deberiamos
casarnos e ter un fillo xuntos. Imaxínase un bebé coa miña beleza e a súa
intelixencia? ”. Einstein, moi seriamente, respondeulle:
"Desafortunadamente temo que o experimento saia á inversa e
rematemos cun fillo coa miña beleza e a súa intelixencia".
Marie Curie foi a primeira persoa á que se lle concederon dous Premios
Nobel en dous diferentes campos.
Xunto con Henri Becquerel e Pierre Curie, Marie foi galardoada co Premio
Nobel de Física en 1903 "en recoñecemento polos extraordinarios servizos
rendidos nas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos da radiación”.
Foi a primeira muller que obtivo tal galardón.
En 1910 demostrou que se podía obter un gramo de radio puro. Ao ano
seguinte recibiu en solitario o Premio Nobel de Química (1911) «en
recoñecemento polos seus servizos no avance da Química polo descubrimento
dos elementos radio e polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e
compostos deste elemento.
ATA AGORA É A ÚNICA PERSOA QUE OBTIVO DOUS PREMIOS NOBEL.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
Alexander Graham Bell, nado en Edimburgo no 1847 foi un científico e
inventor escocés considerado, non sen polémica, o inventor do teléfono. Agora
sábese que realmente o inventor do teléfono foi o italiano Antonio Meucci, nado en
Florencia no 1808.
Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co
cuarto da súa muller, que padecía reumatismo e estaba no segundo andar. Pero,
debido a dificuldades financeiras, Meucci non puido pagar a patente da súa
invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que
en 1876 o patentou como invención súa. Meucci denunciouno, pero acabou
falecendo durante o xuízo e o caso foi cerrado.
Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono. O 11 de
xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº 269 na
cal se recoñeceu que o inventor do teléfono foi, na realidade, Meucci e non
Alexander Graham Bell.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
Stephen Hawking
Ten un coeficiente intelectual de 160, o mesmo que Albert Einstein. Se ves a
Stephen Hawking, dificilmente imaxinarías que o seu fráxil estado lle permitiu
chegar tal alto. Aos 21 anos foi diagnosticado con esclerose lateral amiotrófica
(ELM), que compromete o control muscular, pero non afecta ao seu intelecto.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
Os médicos prognosticáronlle dous ou tres anos de vida,
pero sorprendeunos a todos e xa leva 50 anos
sobrevivindo coa enfermidade, un verdadeiro récord que
demostra a forza que ten a súa mente para controlar o
seu corpo.
Con C de Ciencia, con C de Científicos/as…
Top Related