ACTO DE CLAUSURA “COOPERACIÓN GALEGA: O MUNDO QUE QUEREMOS”
A Sala Capitol de Santiago de Compostela reuniu o pasado venres 4 de abril de 2014
aos escolares e profesores/as dos 5 centros participantes no programa “Cooperación Galega: o
mundo que queremos” nunha divertida, orixinal e emotiva gala de clausura. Divertida pola
variedade de números e espectáculos e polas grandes doses de humor desprendidas polos
compoñentes de “100tolas”, o grupo de teatro encargado de guiar a gala. Orixinal por trocar a
formalidade dun salón de actos por un alternativo local de ocio con amplo espazo para
moverse, bailar a ritmo do rap de Pachamama Crew na semipenumbra baixo focos con luces
multicolor. E emotivo porque establecíase o punto e final para un programa que encheu de
actividades e de visitantes aos cinco centros escolares galegos (Santiago, Melide, Ourense,
Monfero e Viana do Bolo) durante todo o curso académico, froito do traballo e dedicación de
persoas vinculadas a un grupo de ONGs que apostan pola construción dun mundo mellor.
Como punto final desta travesía mostráronse fragmentos os traballos elaborados nos
centros participantes, tanto na modalidade de fotoxornalismo como no formato de podcast
radiofónico. Podedes ter acceso á totalidade dos mesmos a través da web de cooperación
galega. Andrea, Ana 1 e Ana 2 (de 1º da ESO) subiron ao escenario para representar ao CPI
Virxe da Cela e para explicar aos asistentes programas de radio gravados no noso centro, que
están pendurados no noso blogue na pestana “O Xestal nas Ondas”
(http://cpivirxedacelasolidario.blogspot.com.es/p/o-xestal-nas-ondas-radio-monfero-39.html).
A parte de coñecer ás profes e aos rapaces e rapazas dos outros centros, foi tamén un
momento para o reencontro, coincidindo cos nosos xa amigos salvadoreños Iris, Yasmine e
José Manuel,e cos responsables do proxecto, membros de ONGs e talleristas que estiveron no
noso cole dirixindo os obradoiros (María Caride, Rosa, Montse, Óscar, etc). Ignacio (4º da ESO)
foi o “number one” na pista de baile, aínda que as profes Teresa e Adela, e os rapaces e
rapazas de 1º da ESO facíanlle a competencia como bailongos. E que mellor que finalizar a
festa cunha parada obrigada para xantar no novo centro comercial de Santiago!!! Que llo digan
a os cativos de 1º da ESO, que iniciaron a Ignacio (4º) na cultura do churrasco. Galicia
Calidade!!