A enerxía fósil
(carbón, petróleo e gas natural)
1. Fontes de enerxía
● As fontes de enerxía son os recursos da natureza que por si mesmos ou
modificados polo ser humano producen algún tipo de enerxía.
2. Tipos de fontes de enerxía
● Hai dous tipos de fontes de enerxía: renovables e non renovables.
2.1. Fontes de enerxía renovables
A enerxía renovable é a enerxía que se obtén de fontes naturais. Estas fontes
de enerxía non se esgotan cando as utilizamos, porque se renovan
constantemente ou porque as hai en cantidades tan enormes que son
practicamente inesgotables. Por exemplo: a enerxía do Sol, o vento, a auga en
movemento, a biomasa.
Solar Xeotermica
Biomasa
2.2.Fontes de enerxía non renovables Son recursos formados durante moitos millóns de anos, que están
almacenados no globo terrestre e que unha vez esgotados non volven a
xerarse antes doutro millón de anos.
As principais son:
● Os combustibles fósiles (o carbón, o gas natural e o petróleo).
Proceden de organismos mortos hai millóns de anos, que se foron
transformando ao quedar enterrados. Utilízanse como combustibles en
vehículos, calefaccións … Tamén se empregan para obter electricidade en
instalacións chamadas centrais térmicas.
● As substancias radioactivas. Son substancias que poden liberar
enerxía nuclear. Atópanse nalgúns minerais, dos que hai
cantidades limitadas. Utilizámolas para obter electricidade nunhas
instalacións chamadas centrais nucleares.
Fontes de
enerxio non
renovobles
Corb6n
Uronio e hidr6xeno
Petr61eo Gos natural
3. A enerxía fósil
A enerxía fósil é unha enerxía moi doada de obter e moi sinxela de utilizar.
Referímonos ao carbón e ao petróleo, a base das explotacións enerxéticas
actuais na humanidade.
Inconvenientes:
● O seu forte poder contaminante.
● Aumento de gases de efecto invernadoiro na atmosfera.
● Acelera o cambio climático.
Central petroleira
A enerxia fósil
Carbón Petró1eo Gas natural
3.1. O petróleo
● O petróleo é unha mestura homoxénea de compostos orgánicos,
principalmente hidrocarburos. É un líquido viscoso, de cor escura e cheiro
penetrante. Formouse a partir de restos de animais e vexetais que vivían
en mares ou lagos fai millóns de anos.
● Extráese en campos petrolíferos ou en plataformas petrolíferas no mar.
Plataforma petrolífera
● Unha vez que se atopa un pozo necesítase unha rede de transporte
de petróleo mediante barcos enormes, chamados petroleiros, ou a
través de canalizacións chamadas oleodutos.
Barco petroleiro
3.1.1. Oleoduto ● Denomínase oleoduto á
canalización e instalacións
conexas utilizada para o
transporte de petróleo, os
seus derivados e biobutanol,
a grandes distancias.
● O oleoduto actual da Coruña
comunica a refinería co
peirao petroleiro. Agora
construíuse un novo que
comunica o porto exterior coa
refinería. Oleoduto
3.1.2. Refinerías
● Unha refinería é unha instalación na que se transforma o petróleo cru en
produtos útiles para as persoas. Os compoñentes químicos do petróleo
sepáranse e obtéñense por destilación mediante un proceso de
refinamento. Del extráense diferentes produtos, entre outros: propano,
butano, gasolina, queroseno, gasóleo, aceites lubricantes, asfaltos, carbón
de coque, etc.
Refinería da Coruña
3.1.3. Usos do petróleo
● Combustibles: gasolina, gasóleo, fuel-oil, queroseno, gases coma o
butano, metano, propano, etc.
● Lubricantes: aceites para os motores.
● Plásticos.
● Asfalto.
3.1.4. Países produtores de
petróleo Os principais produtores de petróleo son: os países da antiga Unión Soviética,
os Estados Unidos, Arabia Saudí, México, Venezuela e China.
.... PR ODU C:CJ: ON P<>R R EG J: ON r1"' 0:s
FUE NTE : B P_. in-fo ..- me 2 0 0 4
3.1.5. Vantaxes e desvantaxes do
petróleo ● Vantaxes:
Del pódense obter moitos produtos. Tamén grazas a el prodúcese o
movemento de automóbiles, fábricas, industrias …
● Desvantaxes:
É unha enerxía contaminante. Ao utilizar os instrumentos de maneira
inadecuada, ao traballar co petróleo e os seus derivados pode causar ás
persoas que o executan certo tipo de enfermidades.
3.2. O carbón
● O carbón é un combustible fósil, de cor negra, moi rico en carbono.
Orixínase por descomposición de vexetais terrestres, que se acumulan en
zonas con auga, de pouca profundidade. Crese que a maior parte do
carbón foi formada fai millóns de anos.
● Existen distintos tipos de carbón (antracita, hulla, lignito e turba) en
función da cantidade de carbono que teña e doutros compostos que poida
ter.
3.2.1 Extracción do carbón
● O carbón extráese de dúas maneiras, a ceo aberto ou mediante extracción
subterránea.
3.2.2. Usos do carbón
● Xeración de enerxía eléctrica. As centrais térmicas de carbón pulverizado
constitúen a principal fonte mundial de enerxía eléctrica.
● Produción de coque utilizado como combustible e redutor en distintas
industrias, principalmente nos altos fornos.
● Siderurxia: Mesturando minerais de ferro con carbón obtéñense: ferro
doce, aceiros e fundicións.
● Industrias varias, como as fábricas de cemento e de ladrillos.
● O uso doméstico nos países desenvolvidos foi desprazado por outras
fontes máis limpas de calor (gas natural, propano, butano, enerxía
eléctrica) para rebaixar o índice de contaminación.
● Carboquímica: para obter numerosos produtos químicos como, por
exemplo o amoníaco.
● O carbón é o combustible fósil que máis CO2 produce por
unidade de electricidade xerada polo seu maior contido de
carbono. O CO2 é o principal gas do efecto invernadoiro.
● As dúas grandes e obsoletas centrais térmicas galegas son: as
Pontes e Meirama.
Central térmica de As Pontes
3.2.2.1. Central de As Pontes
● Central das Pontes: propiedade de ENDESA, potencia 2318 MW, a
Central Térmica máis potente do Estado español. Foi construída en 1972.
Produce electricidade a partir dunha mestura de lignito e carbón
subbituminoso.
● A partir de 2008 a central empezou a operar só con carbón subbituminoso
de importación, menos contaminante có lignito.
● ENDESA investiu uns 120 millóns de euros na recuperación ambiental da
mina de carbón ao descuberto de As Pontes que cesou a súa actividade
no 2007 e creouse un lago artificial.
3.2.2.2. Central de Meirama
● Central de Meirama: Esta central coruñesa pertence a UNION FENOSA.
Ten unha potencia de 563 MW. Comezou a funcionar hai 35 anos e a
partir de 2008 queimou carbón de importación; despois reformarase a súa
caldeira e prolongarase a súa vida útil en trinta anos máis.
3.2.3. Principais produtores de
carbón Os principais produtores de carbón son: China, Estados Unidos, India,
Suráfrica, Australia, Antiga Unión Soviética, Polonia, Ucrania, Kazakhistan e
Indonesia.
70..6 China
E EU U 111..9
Europa Occidental
27,7
Europa Oriental . _ y Antigua Union Sovaellca
135..4
Resto de
Asia
62,2
Australia
45..3
•
America Cential y Sudamerica
5.,6 y Medio Oriente
•
60,6
3.2.4. Vantaxes e desvantaxes
do carbón
● Vantaxes
As vantaxes do carbón son que é unha enerxía barata e con alto poder
enerxético xa que con pouco volume de carbón conséguese moita enerxía.
● Desvantaxes
Os inconvintes do carbón son, que é bastante contaminante e que as minas
das que se extraen ofrecen pouca seguridade aos traballadores e os
accidentes son habituais.
3.3. O gas natural
● O gas natural é unha mestura de gases que se atopa frecuentemente en
xacementos fósiles, só, disolto ou asociado con petróleo ou en depósitos
de carbón. Está composto fundamentalmente por metano. O gas natural é
un bo substituto do carbón como combustible debido á súa facilidade de
transporte e elevado poder calorífico e a que é menos contaminante que
os outros combustibles fósiles. As principais bolsas de gas atópanse na
Federación Rusa e Oriente Medio, pero tamén hai cantidades importantes
noutras zonas.
● Usos: doméstico e industrial para a produción de electricidade entre
outros.
● Para transportalo o gas licuase xa que é máis seguro de manexar e máis
doado de transportar. Licuado, o produto ten un volume seiscentas veces
menor que en estado gasoso. Ademais, convertido en líquido, o gas nin
arde nin explota.
● A licuefacción conséguese arrefriando o gas natural a 160 graos baixo
cero e a presión atmosférica.
3.3.1 Regasificadora
● Unha regasificadora é o elemento que existe entre a planta de extracción
do gas natural licuado e a rede de distribución de gas natural. Nela leva a
cabo o proceso que converte o gas natural licuado en gas natural.
3.3.2. ais produtores de
gas natural Os principais produtores de gas son: Rusia, Irán, Qatar, Turkmenistán,
Estados Unidos, Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Venezuela, Nixeria e
Arxelia.
Estados Unidos Emiratos Árabes
Rusia
Turkmenistán
Irán
Qatar
Nixeria
Arabia Saudí
Arxelia Venezuela
3.3.3. Vantaxes e desvantaxes
do gas natural ● Vantaxes:
É moito máis limpo ca o petróleo. Como é gasoso a temperatura ambiente, non
contamina os ríos e os océanos. Ademais, como acostuma conter pouco xofre,
quéimase de forma limpa.
● Desvantaxes:
A utilización de gas natural produce moitos gases de efecto invernadoiro. O
gas natural non é unha fonte de enerxía renovable.
Traballo realizado por: Jhon Jairo, Dani G. F. e Antía Castro, de 5ºA. curso 2014-2015..Ceip. Rosalía de Castro (Lugo)