Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de...

7
Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 1 INFORME DA XUNTANZA DE TITORES DE PRÁCTICUM 2016-2017 O día 30 de xuño de 2017, ás 12.00 h, celebrouse unha xuntanza de titores do Prácticum da Facultade de Psicoloxía coa seguinte orde do día: 1. Benvida aos asistentes 2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de titores do prácticum 2014-2015 (celebrada en xuño de 2015) 3. Informe sobre a satisfacción do alumnado co Prácticum 2015-2016 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade, Coqui Rodríguez, dá a benvida e agradece aos/ás asistentes a boa acollida desta proposta de xuntanza. Así mesmo, dada a coincidencia deste encontro coa súa actividade ordinaria, lles agradece o seu esforzo por facernos un oco nas respectivas axendas e poder contar coa súa presenza. A decana explica que, nesta ocasión, a xuntanza seguirase dun acto oficial organizado pola Facultade en honra de todos e todas os/as titores profesionais, e as súas respectivas entidades, que colaboran activamente no labor formativo dos nosos estudantes de grao e/ou másteres a través das prácticas curriculares externas. Neste acto se fará entrega das certificacións ás asociacións, centros ou empresas colaboradoras no Prácticum como Entidades Colaboradoras da USC na formación para a práctica profesional dos e das estudantes da Facultade de Psicoloxía. É unha satisfacción para o conxunto da Facultade estar en disposición de facerlles este merecido recoñecemento institucional. Prosigue a vicedecana responsable de Prácticum do Centro, Paula Villar, facendo unha rápida rolda de presentacións dos asistentes. 2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de titores do Prácticum celebrada en xuño de 2015 A introdución deste punto no orde do día responde á necesidade de dar conta dos compromisos adquiridos na última xuntanza celebrada hai dous anos. Namentres o equipo decanal da Facultade segue a reclamar que a formación práctica profesional dos seus títulos sexan incluídos no plan de financiamento anual da universidade, puidemos facer realidade as melloras nas contraprestacións ofrecidas aos/ás titores/as profesionais que foron propostas entonces. Estas serían as que se recollen a continuación:

Transcript of Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de...

Page 1: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017

1

INFORME DA XUNTANZA DE TITORES DE PRÁCTICUM 2016-2017

O día 30 de xuño de 2017, ás 12.00 h, celebrouse unha xuntanza de titores do Prácticum da Facultade de Psicoloxía coa seguinte orde do día:

1. Benvida aos asistentes 2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de

titores do prácticum 2014-2015 (celebrada en xuño de 2015) 3. Informe sobre a satisfacción do alumnado co Prácticum 2015-2016 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018

1. Benvida aos asistentes

A decana da Facultade, Coqui Rodríguez, dá a benvida e agradece aos/ás asistentes a boa acollida desta proposta de xuntanza. Así mesmo, dada a coincidencia deste encontro coa súa actividade ordinaria, lles agradece o seu esforzo por facernos un oco nas respectivas axendas e poder contar coa súa presenza. A decana explica que, nesta ocasión, a xuntanza seguirase dun acto oficial organizado pola Facultade en honra de todos e todas os/as titores profesionais, e as súas respectivas entidades, que colaboran activamente no labor formativo dos nosos estudantes de grao e/ou másteres a través das prácticas curriculares externas. Neste acto se fará entrega das certificacións ás asociacións, centros ou empresas colaboradoras no Prácticum como Entidades Colaboradoras da USC na formación para a práctica profesional dos e das estudantes da Facultade de Psicoloxía. É unha satisfacción para o conxunto da Facultade estar en disposición de facerlles este merecido recoñecemento institucional. Prosigue a vicedecana responsable de Prácticum do Centro, Paula Villar, facendo unha rápida rolda de presentacións dos asistentes.

2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de titores do Prácticum celebrada en xuño de 2015

A introdución deste punto no orde do día responde á necesidade de dar conta dos compromisos adquiridos na última xuntanza celebrada hai dous anos. Namentres o equipo decanal da Facultade segue a reclamar que a formación práctica profesional dos seus títulos sexan incluídos no plan de financiamento anual da universidade, puidemos facer realidade as melloras nas contraprestacións ofrecidas aos/ás titores/as profesionais que foron propostas entonces. Estas serían as que se recollen a continuación:

Page 2: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017

2

a. Recoñecemento oficial das entidades con convenio vixente para a realización do Prácticum como centros colaboradores da USC. Dita certificación será renovada cada cinco anos e os centros terán potestade para facer pública esta condición. A consecución deste primeiro compromiso farase oficial no Acto presidido polo Sr. Reitor da USC que terá lugar a continuación desta xuntanza. A instauración deste recoñecemento, inédito na nosa Universidade e resultado da nosa constante reivindicación ao distintos equipos reitorais da USC, permitirá deixar constancia, como se merece, da inestimable colaboración das diversas entidades públicas e privadas no desenvolvemento Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Grazas a elas, as prácticas profesionais, imprescindibles na formación do psicólogo/a, realízanse por parte do alumnado da Facultade de Psicoloxía da USC con alta garantía de calidade. Por outra banda, esta colaboración faise pública na web da Facultade, no enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/practicum_info_publica_cols.html, onde se recollen os nomes das entidades colaboradoras e se facilitan os enlaces das súas propias webs.

b. Emisión da nova certificación para os titores profesionais do Prácticum que os recoñece como Colaboradores Docentes da USC, e que substitúe á Venia Docendi que se entregaba previamente.

Este certificado é o máximo recoñecemento que pode outorgar a universidade ao seus colaboradores externos e conseguimos facelo efectivo a partir do curso 2015-2016. Este certificado emítese, anualmente, aos/ás titores que teñen estudantes en prácticas durante o curso correspondente e entrégase nos meses de setembro/outubro seguintes. Como apoio a este recoñecemento, na páxina web da Facultade creouse unha sección denominada “Colaboradores docentes Prácticum” na caixa “A Facultade”, onde se recollen os nomes dos titores/as profesionais que ofrecen praza de prácticas no ano académico vixente. Os datos actualízanse ao comezo do curso1, tras coñecer a oferta de prazas de Prácticum: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/

1A actualización destes datos será automática. De ser o caso, prégase comunicar a disconformidade con que se faga pública esta información persoal a: [email protected]

c. Posesión da Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI) e identificación de usuario de servizos electrónicos2, que permitirá que:

- Na súa condición de colaboradores docentes da USC, os aos/ás titores/as profesionais do Prácticum dispoñan da TUI. Se así o desexan, deberán solicitar a autorización pertinente ao decanato da Facultade. Neste enlace pódese consultar os seus servizos: http://www.usc.es/es/servizos/atic/tui/servizos/

- Baixo petición explícita2, se dispoña de conexión de rede sen fíos das universidades e centros de investigación españois (eduroam) e de acceso remoto vía Proxy á rede da USC (recursos bibliográficos da biblioteca e software informático). A mellora conseguida permitirá que os titores profesionais dispoñan deste servizo nas mesmas condicións que se ofrecen a Persoal Docente Investigador (PDI) da USC.

2Este servizo necesita ser activado e renovado anualmente, polo que se se desexa dispor del, prégase comunicalo ao decanato: [email protected] .

Page 3: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017

3

d. Organización de dous cursos de formación por ano académico ao amparo do

Programa de Formación e Innovación Docente (PFID), que permitan atender ás demandas e necesidades de formación continua dos colaboradores docentes do Prácticum da Facultade de Psicoloxía.

A primeira actividade formativa destas características que foi demandada polos colaboradores docentes tivo lugar durante o presente curso 2016-2017. O curso en cuestión, denominado “Técnicas de intervención en Terapia Breve Centrada en las Soluciones”, foi impartido por Mark Beyebach (Profesor da Universidad Pública de Navarra, Especialista en Psicoloxía clínica e Terapeuta Familiar) o 29 de outubro de 2016 (véxase nota publicada no Anexo I). Ao curso asistiron máis de 60 participantes, que manifestaron unha alta satisfacción co desenvolvemento e o resultado desta xornada de formación; de feito chegoulles a pouco e pediron unha segunda edición. Esta segunda parte do curso está prevista para o 25 de novembro e incorporará aspectos relacionados coa Terapia Breve aplicada a problemas infantís e á intervención na escola. Se ben o proceso de inscrición deixarase para o mes de setembro, quen desexe deixar constancia xa do seu interese por participar no curso, pode facelo no e-correo: [email protected]

e. Organización de charlas mensuais dirixidas ao alumnado da Facultade de Psicoloxía e impartidas polos titores/as profesionais, onde dan a coñecer o seu labor profesional. A colaboración impartindo estas charlas é voluntaria e será remunerada.

Se ben esta iniciativa comezou no ano 2015-2016, durante o presente curso 2016-2017 conseguimos dar oficialidade ás charlas e convertelas nunha actividade formativa que ten o recoñecemento de 2 créditos transversais para os/as estudantes asistentes. Desta forma, conseguimos potenciar a motivación do alumnado e garantir un aforo regular ás sesións que a compoñen. A súa formalización, recoñecida baixo a denominación de: "Ciclo de charlas: a práctica profesional da Psicoloxía", a converte nunha actividade oficial composta por 9 charlas repartidas ao longo do curso (aprox. 1 por mes) e a súa programación queda pechada dun ano para outro. Pódese atopar a información completa ao respecto no enlace da web da Facultade: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/curso_2016_17/2016_17_creditos_transversais.html Ata o momento, as charlas organizáronse cos ofrecementos manifestados a partir do seu anuncio na reunión de titores do 5 de xuño de 2015, e para o curso 2017-2018 tamén estarían cubertas as charlas previstas. En decembro de 2017 abrirase un prazo para que os/as compañeiros/as de centros non participantes anteriormente poidan manifestar o seu interese por incorporarse ás vindeiras edicións desta actividade (a partir do curso 2018-2019). Na súa planificación, e de ser necesario, considerarase á antigüidade na colaboración co Prácticum como criterio de prelación. Para finalizar este punto da xuntanza, lémbrase que a descrición destes servizos, xunto con outros que tamén son ofrecidos, está recollida no enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/practicum_centprac.html

Page 4: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017

4

3. Informe sobre a satisfacción do alumnado co Prácticum 2015-2016

De seguido, e no nome do colectivo da Facultade, agradécese aos titores e titoras profesionais o feito de que as prácticas que realizan os estudantes de Psicoloxía sexan de tan alta calidade. Como mostra, remítese aos/ás presentes ao informe da enquisa de valoración do Prácticum dos estudantes do Grao en Psicoloxía curso 2015-2016. Estes informes son realizados cada curso cos datos recadados do alumnado tras a finalización do Prácticum e colgados na sección da web da Facultade dedicada á “calidade” (véxase o enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/calidade_indicadores_facultade.html). En concreto, na xuntanza analízase o extracto do último informe correspondente á valoración feita polos estudantes da titoría profesional e académica e a satisfacción total coas prácticas, e que amosa como as puntuacións seguen a situarse nos valores máis altos. Unha vez máis, o mellor indicador da satisfacción do alumnado é que a súa queixa case exclusiva é o curto que se lles fai o Prácticum.

4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 Brevemente, preséntase o calendario xeral de procedementos do Prácticum do Grao para o vindeiro curso. Un dos fitos principais correspóndese co contacto cos titores profesionais para formular a oferta de prazas para o curso 2017-2018. Tal contacto efectuarase nos meses de xullo e setembro de 2017 desde o decanato por correo electrónico e/ou por teléfono, dependendo das respostas recibidas. O período oficial do Prácticum do Grao será do 9 de abril ao 1 de xuño de 2018.

Sen máis asuntos que tratar, a xuntanza remata ás 12.55 h para dar paso á celebración do Acto de Recoñecemento ás Entidades Colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía presidido polo Sr. D. Juan M. Viaño Rey. Reitor da USC. No Anexo II, pódese consultar a nota de prensa ao respecto que foi publicada no Xornal da USC o 3 de xullo de 2017: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_07/noticia_0001.html .

Ao remate do Acto de Recoñecemento, ás 14.00 h, celebrouse un aperitivo de agradecemento e peche da xornada (véxase fotografía no Anexo III).

Page 5: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Anexo I.

Reseña do primeiro curso de formación para titores do Prácticum da Facultade de Psicoloxía “Técnicas de intervención en Terapia Breve Centrada en las Soluciones” (Mark Beyebach; 29 de outubro de 2016)

Page 6: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Anexo II.

Reprodución da nota de prensa publicada no Xornal da USC o 3 de xullo de 2017: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_07/noticia_0001.html

Page 7: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,

Anexo III.

Fotografía de parte dos/as asistentes homenaxeados no Acto de Recoñecemento ás Entidades Colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía (30 de xuño de 2017)