Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

8
Seguir con detención a secuencia de acontecementos producidos nos doce meses durante os que o Códice Calix- tino estivo en nengures permitiría a calquer observador atento da nosa si- tuación facer unha radiografía rápida de como estamos. O primeiro que este observador captaría é sangrante: unha organiza- ción relixiosa apropiouse de pezas ful- crais do noso patrimonio histórico-ar- tístico substraéndoas ao control das institucións públicas. A esta apropia- ción sectaria, súmase, ademáis, o seu sometemento a unha situación de des- leixo evidente: o caso do Códice Ca- lixtino é o cenit dun abandono e des- prezo xeneralizados por parte da Igrexa Católica para a historia dos galegos e galegas que se palpa en mul- titude de aldeas e vilas da nación. Ai está, por se se precisaren máis exem- plos, o caso dos monarcas do Reino de Galiza, literalmente sepultados na Catedral compostelana e ocultos ao coñecemento do público. Da observación da crónica que se inicia cando o deán José María Díaz anuncia en rolda de prensa a desapa- rición do libro do século XII, o poder institucional tampouco non sairía ben parado: nen o Concello nen a Xunta de Galiza, a pesar de teren responsa- bilidades sobre o patrimonio local e nacional, reclamaron para as admi- nistracións civís a propiedade que usurpa a xerarquía católica ou, cando menos, como fase transitoria, a súa custodia compartillada. Ambos limi- táronse a aguardar os resultados das pescudas policiais evitando definir calquera política propia de protección do patrimonio para o presente e o fu- turo. O caso é aínda máis irrisorio porque, cando reaparece o Códice, son estas administracións as que -rea- firmando a propiedade ilexítima- de- volven o livro aos responsábeis do seu extravío nunha cerimonia mediática que custa 263.000 euros nun contex- to de agresións múltiples aos dereitos e conquistas sociais. continúa páx. 6 A CdP esixe responsabilidades polo "roubo" do Códice O POVO I Festival do Povo o día 24 de xullo en Compostela nos Xardíns de S. Roque Sobre a ordenanza municipal páx. 5 Solar de Peleteiro un ca- so de expeculación páx. 7 O POVO Compostela Nº1 Principio de acordo para Amio páx. 3 Entrevista a Ricardo Picáns páx. 4 a caNDIDaTURa DO POVO DEcIDIU PERSONaRSE cOMO acUSacIÓN POPULaR Candidatura do Povo Concentración da Candidatura do Povo para esixir responsabilidades polo caso do Códice

description

Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

Transcript of Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

Page 1: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

Seguir con detención a secuencia deacontecementos producidos nos docemeses durante os que o Códice Calix-tino estivo en nengures permitiría acalquer observador atento da nosa si-tuación facer unha radiografía rápidade como estamos.

O primeiro que este observador

captaría é sangrante: unha organiza-ción relixiosa apropiouse de pezas ful-crais do noso patrimonio histórico-ar-tístico substraéndoas ao control dasinstitucións públicas. A esta apropia-ción sectaria, súmase, ademáis, o seusometemento a unha situación de des-leixo evidente: o caso do Códice Ca-lixtino é o cenit dun abandono e des-prezo xeneralizados por parte daIgrexa Católica para a historia dos

galegos e galegas que se palpa en mul-titude de aldeas e vilas da nación. Aiestá, por se se precisaren máis exem-plos, o caso dos monarcas do Reinode Galiza, literalmente sepultados naCatedral compostelana e ocultos aocoñecemento do público.

Da observación da crónica que seinicia cando o deán José María Díazanuncia en rolda de prensa a desapa-rición do libro do século XII, o poder

institucional tampouco non sairía benparado: nen o Concello nen a Xuntade Galiza, a pesar de teren responsa-bilidades sobre o patrimonio local enacional, reclamaron para as admi-nistracións civís a propiedade queusurpa a xerarquía católica ou, candomenos, como fase transitoria, a súacustodia compartillada. Ambos limi-táronse a aguardar os resultados daspescudas policiais evitando definir

calquera política propia de proteccióndo patrimonio para o presente e o fu-turo. O caso é aínda máis irrisorioporque, cando reaparece o Códice,son estas administracións as que -rea-firmando a propiedade ilexítima- de-volven o livro aos responsábeis do seuextravío nunha cerimonia mediáticaque custa 263.000 euros nun contex-to de agresións múltiples aos dereitose conquistas sociais. continúa páx. 6

A CdP esixe responsabilidadespolo "roubo" do Códice

O POVO

I Festival do Povo o día 24

de xullo en Compostela

nos Xardíns de S. Roque

Sobre a ordenanza

municipal páx. 5

Solar de Peleteiro un ca-

so de expeculación páx. 7

O POVO Compostela Nº1

Principio de acordo

para Amio páx. 3

Entrevista a Ricardo

Picáns páx. 4

a caNDIDaTURa DO POVO DEcIDIU PERSONaRSE cOMO acUSacIÓN POPULaR

Candidatura do Povo

Concentración da Candidatura do Povo para esixir responsabilidades polo caso do Códice

Page 2: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

O POVO Compostela Nº1OPINIÓN

EditoraCandidatura do Povo

ConsEllo dE rEdaCiónCandidatura do Povo

adMinistraCiónCandidatura do Povo

MaQUEtaCiónJoám Fernandes

CorrECCión linGÜÍstiCaJoám Peres, ricardo Picáns

ColaBoran nEstE nÚMEroExpo

WEBwww.candidaturadopovo.org

CorrEo ElECtró[email protected]

Poñemos á disposición da veciñanza un pequeno espazo para que nos enviedes as vosas críticas, opinións, denúncias ou queixas. As cartas enviadas non deverán superar as 30 liñas. É nece-sario que vaian asinadas. Do contrario O POVO reservase o dereito de publicar as cartas, resumilas ou estractalas cando se considere oportuno. Correo: [email protected]

ÓRBITA MUTANTE ENCOMPOSTELA

Aínda é o día de hoxe que non deixode surprenderme. O ser humano noseu camiño para baixar da árbore dáunha impresión torpe. Primeiro cons-trúe, despois deconstrúe, para máistarde reconstruirse. Seica emprega acultura (Ferramenta con maiúscula)para fabricar ferramentas que lle per-mitan emanciparse e, despois, máistarde, criará contraculturas para com-bater as culturas dominantes. Así nas-ce a crítica, moitas veces máis sloganque realidade, moitas veces máis reac-tiva que proactiva.

Eu persoalmente estou ata o tarrode que me sitúen e de me situar eumesmo na reacción. Sempre na con-tra. Sempre no discurso anti. Non gos-to nada. Sinceramente. Un día fun an-timilitarista e insubmiso e pensei queremataríamos coas guerras (era um“sentimento” sincero). Era extraordi-nario. Éramos un colectivo de homes,fundamentalmente, pois tamén habíacompañeiras, con expresión colectivapública (Movemento). Pronto, deca-teime de que non se desexaba a paz

senón outras cousas que sí satisfacíanas necesidades dos antis, dos in e doscontra. Por iso o movemento semprese plantexou en termos bélicos cha-mándose a si mesmo antimilitarista enon “pacífico/pacifista”, e por iso osinsubmisos, no canto de ser pacifica-dores (procuradores de solucións nonviolentas dos conflitos), non pasamosde ser os rapaces que non queríamosir á mili, por certo, a facernos homes(máis, se é que era posíbel). Creo sin-ceramente que neste punto da historiade desobediencia ao Estado Españolperdemos unha oportunidade impor-tante para o traballo das novas mascu-linidades. Quero dicir para a igualda-de, equidade ou equipotencia desdeos homes. Non é sinxelo xuntar colec-tivamente aos homes nun movementopara denunciar a violencia como me-todoloxía vital para conseguir obxecti-vos e aproveitar o impulso para cons-truir a igualdade.

Pero, efectivamente, se hai un co-lectivo social e movemento que sufriua embestida do heteropatriarcado, ápar que as mulleres (e o movementofeminista en particular), foi e é oLGBT. Que ata 1990 a OMS, institu-ción que coa súa prestixiada fama noneliminou da listaxe internacional de

enfermidades a homosexualidade, di-cídeme se non é razón sobrada parapecharlles o chiringuito. En pleno sé-culo XXI moitos países europeos co-mezan a legalizar as unións civís entrehomosexuais, tarde, mal e algunhasdestas unións sen plenitude de derei-tos. Independentemente do que pen-semos sobre o matrimonio, é un derei-to civíl ao que deberían ter acceso to-das as persoas. Que vergoña! Seguena ser consideradas persoas anormaisnecesitadas de tratamento médico nassociedades “desenvolvidas” (?). Que évostede? Que ten ou que lle falta paraser? Que fai no seu leito? E no seu ar-mario? Sexo somos e non o que face-mos. Faise necesario um chimpo daspráticas á pluralidade das formas devida. Porque as minorías sumadas xanon son tan minoritarias, son diversi-dade e a diversidade é o sistema inmu-nitario das sociedades. Esta inmuno-deficiencia social e individual efectiva-mente é adquirida, somos seres bio-gráficos e as nosas historias fican escri-tas no noso corpo-mente, endefinitiva, no noso corpo. E así, coneste baixón nas defensas collemos cal-quer morbilidade social intransixenteco alleo. Canto máis descoñecido máisdespreciábel. Cronificando odios e

xenreiras, cultivando envexas. Esta-mos moi enfermos de tanta estereoti-pia discriminante. Quero pensar queatoparemos a cura no exercicio da no-sa responsabilidade colectiva e indivi-dual na autoxestión de nosa saúde.

Somos MUTANTES. Parécemeun termo acertado, cómico, dinámi-co: MUTANTE HETEROMASCU-LINO. No confuso éxodo do machis-mo oculto e explícito realicei variasparaxes en seco, carreiras, tentativasde tomar atallos e toda unha serie deestrataxemas probabelmente destina-das a reducir o medo que me produzo cambio. Colectivamente, tiñamosvontade por cambiar, por iso MUTA-MOS. Erramos moitas veces facendoparaxes en sentimentos culposos.Cuestionándonos, víamonos morreren certos aspectos pero non sabíamoscales outros debíamos facer abrollar.Tentamos coller o camiño nada orixi-nal en oposición aos mandatos do PaiDominante: separación e renuncia.Perdémonos, perdinme. Pero non per-demos nada, non foi tan terríbel. Con-seguíramos logros como colectivo ecomo individuos. Iniciáramos o éxodoe as certezas que fumos atopando nocamiño MUTANTE sérvennos hoxepara ter menos medo e continuar

MUTANDO. Conquistando espazose tempos para a igualdade nas nosasrelacións interpersoais. Camiñandoun paso alén da tolerancia, facilitandoa integración.

Respecto á evolución política e nochamado “mercado libre” camiñodun estado desresponsabilizado quenon dá respostas aos problemas sociaisalén da criación de empresas para obenestar que teremos que pagar. Nunmomento no que os sindicatos asumi-ron as consignas de mínimos do “Neo-liberalismo” e son nada máis que xes-tores (empresas de xestión) dos preca-rios dereitos laborais, faise necesariomáis que nunca pegar un xiro na ba-lanza. Precisamos coidados, necesita-mos formas solidarias de existenciaque fagan efectivo o coidado das per-soas que o precisan, ou precisamos ouprecisaremos. Pero a acción non podecair na (sen)razón de sexo, raza, graude empobrecemento ou todo xuntopolas vías do “mercado neoliberal”,onde o traballo reprodutivo é tan va-lorado como se pode ver nos salarios(?) das mulleres que o realizan. Preci-samos novas formas solidarias de vida,unha utopía?

Os que hoxe coñecemos comoFogos do Apóstolo da noitedo 24 de xullo teñen unha

longa e descoñecida historia. As súasraices no tempo pérdense na antiquí-sima Festa do Cendal, documentadano século XVI, pero moi anterior, co-mo evidencia o feito de que xa apare-cese recollida no desaparecido Códi-ce Calixtino do século XII.

Esta festa consistía nunha carreirahípica celebrada frente á capela deSan Caetano, actual sede da Xuntade Galiza. Ao gañador da competi-ción –sempre un home- envolvíasellea cabeza cun tela fina e transparentechamada cendal, tendo que percorrertrunfante as rúas de Compostela ata acatedral onde recibía 500 maravedíesde mans do deán. En pasando o tem-po, é en 1545, xa co Reino de Galizabaixo a órbita da monarquía castella-na, a primeira data en que temosconstancia da colocación de candeasde lume no Obradoiro.

Séculos XVII e XVIII: os Caste-losÉ na Idade Moderna cando se conso-lida a celebración dos fogos no Obra-doiro, espazo urbano que tiña titulari-dade pública e se converte no recintopor antonomasia das nosas festas po-pulares locais, co lanzamento de fo-guetes, a Queima do Castelo e o acen-dido de lumieiras ao solpor. Encón-trase constatada, xa naquela época, aparticipación de veciños que eranmestres fogueteiros locais e a existen-cia dalgún pirotécnico contratado po-la catedral. Ao día seguinte, o recintocatedralicio reservábase para as ceri-monias relixiosas e, desde 1643, aOfrenda Real de mil escudos de ouroao Patrón de las Españas que eviden-cia a importancia que alcanzara apresenza castellana no Reino de Gali-za.

Séculos XIX: o Concello relevaao poder relixioso na organiza-

ción das festas locaisNo XIX, as autoridades civís substi-túen ao Cabildo na organización e fi-nanciamento das festas. A causa é aDesamortización dos bens da IgrexaCatólica en 1855 e a perda de medioseconómicos por parte do Cabildo pa-ra organizalas. Así, desaparecen oscastelos e substitúense polas “facha-das neomedievais” como as coñece-mos ata hoxe.

A máis antiga data de 1852 e deladise nos documentos da época que eraun espectáculo de “luz eléctrica pro-ducida por un foco de cincuenta pilasde Bunsen, equivalente en potencia yclaridad a seiscientas bujías”. Docu-mentos de 1875 destacan que na quei-ma da fachada “Los grupos de ban-deras y estandartes se iluminarán,aquellos con los colores nacionales [deEspaña] y éstos con los asignados a lasórdenes militares que representan”.Neste momento histórico, o Galegoxa fora completamente varrido polo

castellano como lingua de comunica-ción institucional en Galiza, así comoa denominación do noso país comoGaliza, que é substituido por Galiciaen todos os documentos oficiais.

A fachada mudéxarA primeira fachada mudéxar data de1880 e é o deseño que se queima, senmudanzas substanciais, ata 1999, datana que é destruida. Dela di o seu dese-ñador municipal Faustino DomínguezCoumes-Gay na memoria artística doproxecto que é dun estilo “exclusiva-mente nacional” e afirma, imbuidopolo espíritu evanxelizador sobre oque se constrúe España que “nadamás natural y lógico que formar el pe-destal de su gloria [refírese ao Apósto-lo Santiago] con los brillantes despo-jos artísticos de aquellos sectarios dela media luna a quienes su sola pre-sencia infundía espanto, sembrandola desolación y ruina entre sus filas”.É evidente xa neste momento que arepresentación tradicional galega doApóstolo Santiago, como pacífico pe-regrino e home sabio que camiña cun

caxato nunha man e un libro na ou-tra, xa fora completamente despraza-da pola construción mítica españolado Santiago Matamoros, un militarintolerante que combate ao árabe in-fiel que profesa a relixión islámica.

2000: a nova fachadaA desleixo institucional na proteccióndo patrimonio histórico-artístico sál-dase como dixemos coa destrución dodeseño vixente entre 1880 e 1999. Apartir de 2000, a nova fachada que sequeima no 24 de xullo é un deseño doarquitecto municipal Daniel GarcíaVaamonde que data do Ano Santo de1897 e consiste nunha espectacularcatedral gótica dedicada á “Conme-moración del Triunfo de la Fe y delCristianismo” que, polo seu elevadocusto, non se chegara a realizar na-quela altura. Acertaba por tanto o an-terior alcalde, Conde Roa, candoanunciaba o 7 de xullo de 2011 que asfestas pirotécnicas do Obradoiro ti-ñan “más de cien años”. Probabel-mente as raices das nosas festas popu-lares teñan xa máis de mil anos.

caRTaS Da VEcIÑaNZa

A historia (descoñecida) dos fogos do 24

02

UN aNacO DE HISTORIa

Expo, veciño de Compostela

Page 3: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

03NOVaSO POVO Compostela Nº1

NOVaS

Pouco tardou a actual corporacióncompostelana en facer populismo edemostrar a escala de valores mane-xada pola dereita tradicional. No re-lativo á política ambiental deseñadapara o concello polo equipo do PPlocal, destaca a paralización da tra-mitación do proxecto de nova depu-radora na ubicación seleccionadapola anterior corporación. Facendoun alarde de suposta sensibilidadepara cos intereses viciñais, CondeRoa desprazou a localización inicialno entorno da Silvouta, cara o su-roeste, a terrenos da denominadaDevesa do Rei, nas inmediacións doparaxe do Pego, apresentando comoexcusa para esta mudanza unha ixus-tificada afección aos viciños da Sil-vouta.

O traslado da EDAR actual impli-caría probabelmente  procesos de es-peculación urbanística cos terrenosactuais, dado que se encontran nu-nha das liñas de crecemento da cida-de, están próximos o colexio Juniorscuxos propietarios teñen notábel in-fluencia na actual equipa de gober-no , polo que pedimos que se faganos terreos da actual , posto que osistema de membrana que levaría anova EDAR ocuparía menos terreoque a actual.

Mais o certo é que a afección daubicación anterior era mínima, limi-tándose a un número mui reducidode vivendas que se encontraban nunradio de 200m.

Con esta nova ubicación, porén, a

incidencia sobre os recursos fores-tais, fluviais, patrimoniais e paisaxís-ticos multiplícase. O emprazamentoseleccionado encontrase aguas abai-xo da Silvouta, pouco antes da con-fluencia do río de Vilestro co río Sar,mui perto do paraxe coñecido comoO Pego. Nese tramo do río conserva-se unha superficie considerable debosque autóctono, na denominadaDevesa do Rei, a ambos lados do ríode Vilestro e nas próprias marxes doSar. Este espazo forestal, milagrosa-mente conservado sen que se teñaedificado nél nengunha urbaniza-ción, contemplase fugazmente indopola autovía de Noia mirando á mandereita cando se cruza o viaduto doSar. Un espazo forestal que, na De-vesa do Rei, vai aos poucos cobran-do forza, con unha carballeira novaque turra por madurecer, albergan-

do un elenco micolóxico variado, en-tre o que destacan as especies dos xé-neros Amanita, Boletus ou Cantha-rellus e especies coma Saramaganta(Chioglossalusitanica) catalogada co-ma vulnerabel e o Caracol de Quim-per (Elona Quimperiana) catalogadaen perigo de extinción.. Mais que ta-mén, na própria ribeira do Sar, noentorno da antiga curtiduría, todoun ejemplo de arquitectura indus-trial tradicional, podemos encontrarun pequeño ejemplo do que unhavez foron os bosques lujuriosos decarballos centenários, amieiros e frei-xos, cubertos dunha abondosa vege-tación de hedras e epifitos variados,no recuncho máis abeseiro da unióndo río de Vilestro co Sar, onde o pri-meiro se rebela entre penas nunhasucesión de cascadas e pozas, antesde entregarse mansamente ao segun-

do. Os varios muiños que se sucedenna beira do Sar antes de cegar á cur-tiduría son outra mostra do valor pa-trimonial e etnográfico deste paraxe.

Isto é o que quere sepultar a cor-poración do PP baixo o formigón eos aterramentos da nova depurado-ra. Non hai máis que visitar a zonapara decatarse das magníficas po-tencialidades que ofrece para con-verterse nun grande espazo pedagó-xico e de conservación de recursos,tanto de flora e fauna como do nosopatrimonio etnográfico e da nosa ar-quitectura tradicional. Algo que, sendúvida, inviabilizaría o proxecto dedepuradora e toda a infraestruturaasociada de colectores e accesos. Pri-meiro, porque o impacto da prepa-ración e ocupación dos terreos supo-rá a corta e desmonte dunha super-fície tan considerábel que o efecto

sería devastador. Segundo, porque oacceso ao emprazamento seleccio-nado implicaría, probábelmente, aconstrución dun vial que, supomos,atravesaría boa parte da Devesa doRei. Igualmente, a traza de colecto-res, paralela posíbelmente ao río Sar,afectaría o bosque de ribeira desetramo e os muiños existentes.

En definitica, encontramonos cu-nha ubicación ambientalmente crí-tica, que supón un impacto irrever-síbel sobre os recursos patrimoniaise naturais que pertencen ao conxun-to da cidadanía compostelana. Ig-noramos se tras esta proposta non seencontrará unha intención solapadade adiar indefinidamente a constru-ción da nova depuradora. A máisque posíbel perda de fundos euro-peus pola demora na tramitacióndeste proxecto implicaría, de facto,a falta de finanzamento para unhainfraestrutura actualmente impres-cindíbel para abordar o saneamentodo Sar, unha das fontes de contami-nación máis graves do curso do Ullae da ría de Arousa.

A mudanza de ubicación propos-ta polo PP é, pois, unha irresponsa-bilidade clara, resultado da carenciade ideas que evidencia unha corpo-ración incapaz de resolver os pro-blemas máis importantes que pade-ce a cidade.

Oalcalde recibeu por fin a Pla-taforma veciñal de apoio omercado de gando de Amio,

na xuntanza resolveuse un problemacreadado pola mesma Corporacionmunicipal, xa que o mercado non de-bería ser cuestionado en ningún mo-mento polo concello, primeiro porConde Roa e despois por Angel Cur-ras, baixo presión e intereses do seu par-tido e confrontada os da veciñanza de

Compostela e agora pasou dar marchaatrás para rectificar a posición e solu-cionar o problema creado por eles mes-mos.

Como condición para que quede enCompostela exisese que a adxudicata-ría (Mombus) leve a cabo os investi-mentos necesarios (500.000 €) e que ostratantes, operadores e gandeiros teñanflexibilidade para a realización da mes-ma.

Dende a plataforma presentamoslleun acordo por escrito, como mínimopara esta lexislatura, que de a tranquili-dade necesaria, é que se reflicta:

1 - A feira de gando sempre se ce-lebrará en Amio.

2 - Se non puidera, chegado o ca-so, ser en Amio, o Concello habilita-ría outro recinto para a súa celebra-ción no concello de Compostela.

3 - Elaboración dun calendario

anual de usos, se por un evento non pre-visto neste calendario, e como moitodúas veces o ano, estaríase disposto aaceptar e trocar de día, ou non celebrarnesa semana a feira, sempre e cando seacredite esa necesidade e se avise cuntempo suficiente, de 3 meses.

Tamén se lle comentou a posibilida-de de construir unha nave anexada oactual recinto, a cal aparecia no pro-xecto orixinal, polo que se adaptarian ánormativa, e que teria un custe duns200.000€ en contraposicion dos

500.000 do arranxo e adaptación doexistente. A respeito da idea inicial, doconcello, de múdalo para os Luns fi-cou desmostrado que é unha peregrul-lada, xa que o gando comezaría a en-trar as 03:00 tendo soamente 5 horaspara desmontar o evento.

Dende a Plataforma esiximos o PPque mostre claramente cales son assúas intencións, reclamando que, tralodiálogo , sele un acordo estábel quepermita a celebración e permanen-cía da feira de gando en Santiago.

PRINCIPIO DE ACORDO PARA AMIO

A nova ubicación da EDAR suporá un impactoirrebersíbel para as ribeiras do río Sar

Candidatura do Povo O traslado implica-ría un proceso de

especulación

Río Vilestro

Page 4: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

‘‘A CdP nace da necesidade de abrir unha liña estratéxica de

intervención municipal dende posicións soberanistas’’

Como definiría o proxecto polí-tico de Candidatura do Povo?A Candidatura do Povo nace da ne-cesidade que atopamos mulleres e ho-mes desta cidade de abrir unha liñaestratéxica de intervención municipaldende posicións soberanistas , tantodentro das institucións, como desde otraballo cotián de base. O epicentroda súa forza reside nunha asembleacon plenos poderes de decisión e deli-beración que se compón de compro-misos individuais e colectivos co pro-xecto. A Candidatura caracterízasepor unha grande autonomía o quepermite buscar todos e cada un dosapoios e complicidades dentro do pro-pio municipio. Esta forma de organi-zación a medio camiño entre o parti-do político e o movemento social po-deriámolo describir como espazosasemblearios de traballo político, so-cial e cultural en e desde o municipio.

A Candidatura do Povo cele-brou o seu primeiro ano de vi-da o pasado mes de maio. Co-mo valora esta primeira andai-na?Foron doce meses moi positivos de ar-ticulación dun proxecto que asumedetrás de si a confianza da veciñanzaa través da información diaria por me-dio da páxina web e as redes sociais.Desenvolvemos numerosas accións anivel municipal como a campaña con-tra as liñas de media tensión, a oposi-ción á Cidade da Cultura, a mobiliza-ción no 29-M, a presión social para adimisión de CR-11, a “desaparición”do Códice Calixtino, EDAR, o solarde Peleteiro, a finca do Espinho ou arecente ordenanza de ocupación davía publica. Agora toca continuar ecrear poder veciñal desde parámetrossoberanistas e de esquerdas e mantera liña de oposición dura á extrema de-reita de Ángel Currás.

Que importancia teñen as ba-ses e o tecido social asociativono seu proxecto?As relacións que existen con outras ini-ciativas sociais e locais derivan do coñe-cemento mutuo entre persoas de tem-po atrás. A Candidatura do Povo ga-ñou progresivamente o carácter de al-tofalante de sectores sociais e políticosque se sitúan á marxe do consenso ins-titucional e perspectivan outro modelode cidade. Naturalmente, iso é e será oresultado de tempo e traballo, nuncadun apriorismo ou unha autoprocla-mación. Neste sentido, no último anoestamos a manter reunións con distin-

tos colectivos e organizacións que estánimplantadas en Compostela e pondoenriba da mesa o noso proxecto.

Despois da destitución de Con-de Roa topámonos con que oPP fai unha limpeza de carapondo como alcalde a ÁngelCurrás. Todo cambia para quetodo siga igual?Ángel Currás é o sucesor eleito porConde Roa e imposto pola direcciónautonómica do PP gracias á maioriaque o sector afín a CR-11 tiña no gru-po municipal. Currás, que se presentacomo o “xestor eficiente” para tem-pos de crise, é responsábel destacadodo burato negro do Gaiás, xa que foidirector-xerente da Cidade da Cultu-ra, así como de episodios de enchufis-mo na Fundación Cidade da Culturadenunciados por El País en 2007.Currás defende o proxecto do AVEpola Lavacolla e a estación de auto-buses a 11 km. da cidade o que supo-ría novos investimentos para a cons-trución dun bucle sobre o trazado ini-cial. Isto cando Compostela ten10.000 desempregad@s, o 23% daviciñanza vivindo na pobreza e os ser-vizos de atención social desbordados.O proxecto de Currás para a cidade éidéntico ao de Conde Roa: privatiza-ción de servizos municipais aplicandoas políticas xerais de défice zero doPP, política de vivenda (6000-11000vivendas desocupadas con centos deveciños durmindo na rúa), confesio-nalismo relixioso, especulación (pelo-tazo do Espiño), españolización (casoCorrelingua, unha español-falante aofrente de Normalización, política cul-tural “cosmopolita” que considera acultura galega como umha “limita-ción”, etc.), Compostela policial e tu-ristificada…

O actual rexedor popular xun-to co seu grupo municipal vénde aprobar en pleno a nova or-denanza municipal que privati-za o uso da vía pública. Cal é oseu posicionamento fronte es-ta medida que debilita a liber-dade de expresión da cidada-nía?Na nosa opinión, o tecido asociativode base debería prepararse colectiva-mente para unha estratexia prolonga-da de insubmisión e conflito con Ra-xoi que impida que todos e todas siga-

mos perdendo dereitos e liberdadescando o seu exercicio vai ser mais ne-cesario que nunca. Á espera do resul-tado das alegacións e asinaturas pre-sentadas pola plataforma para tum-bar esta normativa por vulneraciónde dereitos constitucionalmente reco-ñecidos onde se esixe que as entidadessen animo de lucro queden exentas daordenanza, o Concello continúa nateima de desenvolver mecanismos deextorsión económica permanente pa-ra afogar o tecido asociativo.

O concello de Compostelaanunciou nos últimos días quedeixará de pagar os locais dal-gunhas asociacións veciñaiscomo a Xuntanza de San Pe-dro, que realizan unha forte la-bor na dinamización e valoriza-ción do barrio. Isto implicaunha caída nos recursos dasdistintas asociacións para de-senvolver as súas actividadese que nalgún caso pode levar ásúa propia desaparición. Queopinión lle suscita?Cando os barrios teñen un maior cre-cemento orzamentario para 2012,non ten senso suprimir sen xuntanzaprevia coa asociación o contrato. Veseclaro o ocultismo co que traballa a ex-trema dereita católica instaurada noConcello e cales son as intencións pa-ra controlar calquer centro social ouveciñal que non “comulgue” con eles.Habería que preguntar onde van ir aparar eses cartos. Queda claro quequeren politizar aínda máis a rede decentros socioculturais e entrar en com-petencia co tecido social e económicodos bairros para proibir a construciónnacional do noso futuro.

E a odisea da desaparición doCódice?Un ano despois da desaparición, as au-toridades autonómicas, municipais e

eclesiásticas non asumiron ningunharesponsabilidade por esta nova agre-sión contra o noso patrimonio nacio-nal. Todos os altos cargos que se en-contraban desempeñando responsabi-lidades políticas ou eclesiásticas candose produciu a substracción do docu-mento continúan nos seus postos. Den-de a Candidatura do Povo queremosdenunciar que en pleno seculo XXI,aínda moitas xoias artísticas do nosopatrimonio nacional seguen en propie-dade dunha confesión relixiosa quetrata con absoluto desleixo o patrimo-nio galego. Os responsábeis deben pa-gar e por iso nos personamos comoacusación popular no proceso aberto.

Vive Compostela un procesode folclorización da cultura dopaís con instantáneas como asda responsábel de política lin-güística vestida de “galega” odía das nosas letras?O grupo municipal do PP non ten oGalego na súa axenda. Así o demos-traron coa recepción da alcaldía áultra Gloria Lago de Galicia Bilin-güe, no boicot municipal ao Corre-lingua, a tentativa de impedir a tra-vés da denegación de permisos a ce-lebración da manifestación nacionaldo 17-M e o perfil españolista dosmembros do grupo municipal. Coespañol como lingua veicular, nonhai ningunha vontade de cumprir asresponsabilidades contraídas co Ga-lego que lles corresponden como car-gos institucionais. Á equipa de pe-quenos mequetrefes sen raíces quedetentan o goberno de Compostelasó lle queda como práctica normali-zadora a simulación e o disfraz.

Que lle di esta afirmación“Compostela, unha Cidade daCultura para unha cidade queestá a quedar sen cultura”. Se oconcello non apoia este ámbi-

to, a cultura quedará relegada áiniciativa privada? A Cidade da Cultura e unha lousapara a cultura do país. A concepcióná que responde o complexo turísticoque se constrúe no Gaiás é a antíteseda política cultural que reivindica es-te grupo municipal. A política cultu-ral municipal debe dirixirse a dotarbarrios e parroquias das infraestrutu-ras necesarias, fortalecer e proxectara identidade galega e racionalizar osinvestimentos xa que despois da de-bacle da construción, a entrada deingresos en Raxoi caiu en picado.

A Candidatura do povo vén demobilizarse xunto coa platafor-ma Stop Desfiuzamentos. Quemedidas se poderían desenvol-ver desde á xestión municipalen apoio a@s afectad@s? Mudar a política de subsídio á com-pra de vivenda pola de apoio ás per-soas con baixo poder adquisitivo paraa obtención desta. Entendemos quefai falta promocionar de maneira de-cidida as vivendas de aluguer a prezosubsidiado. Para iso propomos a crea-ción dun departamento específico devivenda que se ocupe de realizar oscensos de vivenda baleira, avaliacióndas necesidades de vivenda, interme-diación cos e coas propietarias, xestióndos alugueres públicos, etc. Na situa-ción actual ter unha vivenda baleira é,cando menos, un luxo. Por iso propo-mos a presión fiscal como a medidamáis útil para sacar ao mercado todasestas vivendas. Esta presión levaríase acabo mediante o incremento do IBI,establecendo un imposto de luxo, etc.Calquera posibilidade de trato fiscalfavorábel ao aluguer estaría supedita-da á adecuación dos prezos de aluguera criterios sociais. Tamén nos atopa-mos con que moitas vivendas, trasanos de abandono, non se atopan ensituación de ser alugadas. Por iso pro-pomos unha política municipal quefomente a rehabilitación de vivendas,dando facilidades económicas e adian-tos a@s propietari@s. Nos casos de vi-vendas baleiras de longa duración pro-pomos que o Concello se responsabili-ce de que estas desenvolvan a funciónsocial que lles corresponde, facendouso da expropiación, xa sexa de usoou de propiedade. Estas vivendas pa-sarán a formar parte do parque pú-blico de aluguer.

caNDIDaTURa DO POVO O POVO Compostela Nº104

ENTREVISTaMOS a RIcaRDO PIcáNS MEMbRO Da cDP

Candidatura do PovoA CdP caracteríza-

se por ter unhagrande autonomía

A Cidade da Culturaé unha lousa para a

cultura do país

Ricardo Picáns, membrodo grupo promotor da CdP

Page 5: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

O POVO Compostela Nº1 05caNDIDaTURa DO POVO

caNDIDaTURa DO POVO

Ordenanza sobre espazos públicos:aperitivo dun modelo urbano represivo

A aprobación provisoria o 1 dexuño da Ordenanza Regulado-ra de Actividades, Instalaciónse Ocupacións da Vía Pública,cos votos do PP, o silenciocúmplice d@s nove concel-leir@s do PSOE e o digno re-chazo d@s tres edis do BNG éunha nova agresión contra oexercicio de liberdades demo-cráticas primarias, así como atentativa de subordinar o usodo espazo público a criteriosmercantis e instalar un sistemade sancións, permisos e arbi-trariedade que permita á extre-ma dereita que goberna Raxoi,no futuro inmediato, dar pasosdecisivos cara o seu modeloidílico de cidade na conflitivamateria de orde pública.

Pouco engadiremos desde aquí ao xaafirmado pola iniciativa A rúa é nosa!que non sexa partillar a necesidadedunha dinámica organizada e persis-tente de desobeciencia veciñal a unhanormativa feita á medida do neofran-quismo municipal e dos intereses polí-ticos, comerciais e económicos quequeren facer da capital un parque te-mático ao servizo exclusivo do turis-mo. Parque temático que esixe, paraconstruir o postal do politicamentecorrecto, erradicar de rúas e prazas apresenza do tecido asociativo local, areivindicación dos nosos dereitos co-mo povo e os efectos das políticas neo-liberais que con tanta devoción apli-can Ángel Currás e Paula Prado.

A nosa achega vai, se cadra, aléndo inmediato e enmarca a aprobaciónda normativa nun deseño amplo queas autoridades locais tratan de aplicardesde hai décadas. Estamos a falar daCompostela policial, un deseño ideo-lóxico de cidade no que non hai sitiopara os movimentos populares, nenas expresións da pobreza que por to-das partes xera o sistema que eufemis-ticamente denominan “economía demercado”: videovixilancia, despro-

porcionada presenza policial que ou-torga á nosa cidade o “privilexio” deter a ratio máis alta de policías por ha-bitante do país, persecución do exer-cicio da liberdade de expresión (de-tencións, multas, xuízos, etc.), crea-ción artificial dun clima de “insegu-ranza” e “perigo” á vez que se afirmaque a nosa é “unha cidade tranquila esegura”, etc.

E agora, a Xunta Local de Segu-ranzaA recente visita ao ex alcalde CondeRoa do Delegado del Gobierno deEspaña, Samuel Juárez, que antes deresponsábel policial foino de Agricul-tura, marca un punto de inflexión nadinámica liberticida en que estamosinmersas: agora reactívase a XuntaLocal de Seguranza, que existiu enestado latente durante 25 anos. Esteórgano de coordenación dos distintoscorpos policiais con presenza na cida-de fará a partir de agora unha planifi-cación sistemática das políticas secu-

ritarias en Compostela.O anuncio por parte do alcalde Án-

gel Currás dun Plano de Seguranzaque se presentará “en cuestión de me-ses”, cun incremento notorio da pre-senza policial na Zona Vella e os bair-

ros, é a advertencia de por onde iránas tornas. En plena agudización dacrise, con recortes sociais sangrantesque bordean o descuido da vida, co-mo é o caso da ampliación dos perío-dos de revisión para enfermos de can-cro no CHUS, as administracións es-tatal, autonómica e municipal apos-tan por investir en máis policía e nu-nha planificación intensiva emilimétrica do recorte de liberdades.Teremos ocasión de certificar estaspalabras ante quen consideren queson un sinal de alarmismo intereseiro.

Cumplicidades infelicesFrancisco Castro, o novo Xefe de Ga-binete de Currás, unha vez destituidoo polémico Ángel Espadas, que axen-tes policiais encontraran alcoolizadoen 2011 cando lideraba a cruzadacontra o botellón que protagoniza ho-xe a aznarista Paula Prado del Río,parece ser o autor ou, cando menos, odefensor intelectual ante os move-mentos populares da cidade da nova

normaa sobre espazos públicos quepresenta Albino Aldrey. Neste senti-do, chámanos a atención a prestanciacon que determinadas asociacións ve-ciñais e comerciais locais que calaronante a nova ordenanza para partici-paron “en representación da veciñan-za”, pero sen seren eleitas por nin-guén, na Xunta Local de Seguranza.

Facemos a valoración de que a“participación cidadá” na XLS é ape-nas un mecanismo de lexitimación dapolítica securitaria e represiva de Ra-xoi e, por tanto, un exemplo gráficode como desde os movementos cida-dáns se colabora en ocasións coas es-tratexias do poder. Compostela Mo-numental e alén de renunciar a “re-presentatividades” que ninguén llesoutorgou, deberían, en favor da maio-ría da veciñanza, abandonar calquercompromiso con políticas liberticidasou de persecución da miseria socialque Raxoi está contribuindo tan deci-sivamente a criar. A rúa é nosa, é di-cir, de todos e todas.

Candidatura do Povo

A ordenanza supónunha nova agresión

ás liberdades de-mocráticas

O concello apostapor investir en máispolicia nun contex-

to de crise

Manifestación en contra danova ordenanza municipal

Page 6: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

O POVO Compostela Nº1

Os efeitos dos campos electromagné-ticos a medio e longo prazo en nen@se xovens son manifestos: a inmadurezdos seus tecidos cerebrais e a alta pe-netración das ondas nestes alíanse pa-ra xerar danos en certos casos irrepa-rábeis. Segundo a OrganizaciónMundial da Saúde, a exposición dia-ria a campos electromagnéticos por-riba de 0.2 T xera leucemia infantil e,en maior ou menor medida, todos etodas estamos expostos a estas radia-cións. Autoridades e compañías eléc-tricas ocultan estas evidencias e pre-sionan os medios de comunicación einstitucións públicas para silencialase impedir unha lexislación que evitea instalación destas infraestruturas enzonas povoadas.

Denunciamos a falta de responsa-bilidade dos distintos ministerios(Educación, Sanidade, Industria,etc.)e entidades autonómicas e doutra ín-dole que seguen negando os riscospara a saúde e atendendo unicamen-te aos intereses industriais das opera-

doras e as eléctricas.Recordamos ás autoridades a gra-

ve situación das persoas afectadas nassúas vivendas e centrosde traballo eensino por antenas, liñas de alta ten-sión, transformadores, etc., e insistirno seu obriga de cumprir a Lei33/2011 Xeneral de Saúde Pública:dereito da poboación a ser informa-da sobre factores de risco ambientaltales como a CEM (Contaminacionelectromagnética ), protección dasaúde pública e aplicación do Princi-pio de Precaución.

Denunciamos tamén a colabora-ción que as autoridades públicas se-guen prestando ao despregamentomasivo de novas fontes de CEM, che-gando mesmo a financiar novas re-des con diñeiro público.

En defensa do noso dereito ásaúde e á vida esiximos:

1. Compromiso das autoridadescoa saúde pública en vez de cos inte-reses empresariais. O Concello debeemitir a declaración favorábel a afas-tar estas instalacións das zonas ondereside xente aplicando un criterio de

maior de seguridade (1 metro de dis-tancia a edificios por cada quilovoltiode tensión nominal da liña)

2. Promulgación dunha lei quesubstitúa a vixente, xa obsoleta, e ga-ranta a saúde frente aos campos elec-tromagnéticos e as empresas que osproducen. Realización de estudos econtrois epidemiolóxicos imparciais.

3. Paralizar o despregamento ma-sivo de redes WiFi en espazos públi-cos, e o emprego de fondos públicospara financialo, tanto en recintos pe-chados (bibliotecas, teatros, escolasde música, centros cívicos, transportepúblico, centros de saúde, hospitais,etc.) como en espazos abertos (par-ques, prazas, rúas, praias, etc.). Rei-vindicar, pola contra a declaracióndestes espazos como Zonas Brancasonde non se permíta a instalación de

fontes de CEM.4. Proibición da instalación de su-

bestacións eléctricas e cableados dealta e media tensión en áreas povoa-das e traslado da subestación de SanCaetano e o cableado lonxe da veci-ñanza.

Desde a Candidatura do Povo, en

defensa da saúde pública, esiximosun marco legal que regule estas insta-lacións insalubres e apelamos á veci-ñanza a tomar conciencia e mobili-zarse ante unha realidade que, cadadía, está máis presente nas nosas rúas,bairros e parroquias e pon en perigoa saúde de todas e todos.

Contra a exposición da veciñanza deCompostela a campos electromagnéticos

Esiximos o trasladoda subestación lon-

xe da veciñanza

Como veciñ@s de Compostela queremos denunciar o crime silencioso que su-pón a omnipresente contaminación electromagnética da cidade e os riscos le-tais para a saúde que acarrexa aexposición diaria aos campos xerados por li-

ñas de alta tensión, estacións transformadoras, antenas de telefonía móbil etransformadores de zona en baixa frecuencia tan presentes en bairros e parro-quias de Compostela.

Liña de alta tensión atravesando ocampo de fútbol en Amio

caNDIDaTURa DO POVO06

caNDIDaTURa DO POVO

Candidatura do Povo

O noso observador neutral tamén fica-ría abraiado ao comprobar que o pre-sidente da Xunta de Galiza, o Sr. Al-berto Núñez Feijoó, alén de participarnesta cerimonia esperpéntica no papelde cipaio, anunciaría como “beneficio-sa” a reaparición do documento por-que esta aumentaría “a afluencia deturistas” a Compostela ou, dito por ou-tras palabras, o patrimonio deste paísnon ten valor en si propio, senón comoreclamo para visitantes.

De toda a peza traxicómica fan par-te tamén uns corpos policiais cuxosmandos, como é o caso non exclusivode Serafín Castro, desprezan o país e

compórtanse a efectos práticos comovulgar forza de ocupación; o paradisofiscal que a Igrexa Católica xestiona ennegro na Catedral de Compostela conJulián Barrio á cabeza, con ingreso dia-rio de miles de euros sen control fiscal,reparto do cepillo entre xerarcas ecle-

siásticos e persoal do templo, impaga-mento do IBI no Concello, subven-cións estatais millonarias, etc. e o cha-mativo silencio que nestes doce mesesmantiveron todos os partidos con pre-senza institucional sen excepción. Queo PP de Compostela posibilite, porexemplo, que a curia non pague o IBImunicipal, que ascende a 200.000 eu-ros anuais, ao tempo que recorta derei-tos e servizos sociais, faría notar ao no-so observador que o actual sistema departidos e poderes está gravemente in-filtrado polo poder económico duncredo relixioso millonario.

Nesta ópera bufa, por último, desta-

caría o papel dunha opinión públicaenganada e embrutecida polos mediose destinada a consumir a versión ofi-cial, que tan funcional é para o poderpolítico e eclesiástico seguir mantendoos seus privilexios. Falamos, loxica-mente, do conto do electricista.

A Candidatura do Povo decidiu per-sonarse como acusación popular nosumario da desaparición do Códicepara procurar a verdade e evitar queoutros boten terra sobre o asunto. Nonvai ser fácil, pero trataremos de ir ata ofondo. O noso observador decataríasetamén nunha vista de ollos de que, nes-te entramado de intereses económicos,políticos e relixiosos en que todos te-ñen algo que perder ou achantar, estegrupo municipal é o único interesadoen deitar luz sobre o caso e facer queaparezan os responsábeis últimos du-nha sinistra trama de business e into-cábeis.

O caso é o cenit doabandono da iglesiacara a historia dasgalegas e galegos

Devolven o libro nu-nha cerimonia me-diática que custou

263.000€

A CdP esixe responsabilidades polo "roubo" do Códice

Page 7: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

O POVO Compostela Nº1

Solar de Peleteiro: un caso de especulación urba-nística en pleno corazón do Ensanche

caNDIDaTURa DO POVO 07

caNDIDaTURa DO POVO

A operación inmobiliaria sobre o solardo antigo colexio Peleteiro comeza en1999 cando aínda existía este centrode ensino de elite. Nesta altura, o Con-cello rexido polo bipartido PSOE-BNG suscribe un convenio coa familiapropietaria do solar grazas ao que Ra-xoi ingresa 2.586.431,66 euros polo10% de aproveitamento urbanísticodespois da aprobación definitiva doPlano Especial de Reforma Interior(PERI) en 2005.

Coas modificacións antes introdu-cidas no PXOM polo bipartido e aaprobación do PERI, que é apoiadopolos tres grupos municipais, a edifica-bilidade no solar aumentaba desde os12.000 metros cadrados iniciais de“dotacional educativo privado” ata os23.500 de “uso residencial e comer-cial”. Este total traduciríase en 12.000metros cadrados para a construcióndun centro comercial, 7.000 para unhotel de luxo e 4.500 para edificar unmáximo de 45 vivendas tamén de luxonunha operación urbanística que tiñao Concello como cúmplice e carecíade calquera utilidade social, lesionan-do ademáis gravemente os intereses dopequeno comercio local.

Contodo, esta operación veuse abai-xo en 2009 grazas á acción das comu-nidades de veciñas e veciños dos nú-meros 20-22 da rúa da Rosa e 13-21de República Arxentina, que interpu-xeron un recurso contencioso-admi-nistrativo contra o PERI. O Tribunal

Superior de Xustiza de Galiza anula-ba o planeamento urbanístico e retor-naba o solar á finalidade inicial de “do-tacional educativo privado”, liquidan-do o macroproxecto por non aterse álei. Esta sentenza sumábase a outra an-terior, de 2003, que declaraba taménilegais as modificacións introducidasno PXOM polo bipartido para viabili-zar o proxecto inmobiliario.

A política urbanística municipalimpuxo unha factura de 2.5 mil-lóns á veciñanza

Agora, a familia Peleteiro pode re-clamar a Raxoi os 2.5 millóns de eurospagos en 1999 que teríamos que abo-nar todos os veciños e veciñas. Pola súaparte, Nova Galicia Banco, que é a ac-tual propietaria do solar despois de pa-gar aos Peleteiro 54 millóns –máis dametade dos orzamentos municipaispara 2012!-, tamén podería reclamar“indemnización por danos” e esixir á

familia a devolución do diñeiro se sesinte “enganada”.

A situación é por tanto moi grave.Estamos ante un novo caso de incom-petencia municipal que se suma a ou-tros que xa soportamos e que, ademáis,se produce nun momento de grave cri-se social, con máis do 22% dos veciñosvivindo no límite da pobreza e case10.000 desempregadas oficiais: o con-xunto da veciñanza podemos estar apunto de ter que pagar, “a escote”, os2.5 millóns aos que habería que sumaros intereses deste diñeiro desde 1999.

Neste sentido, a concelleira de Ur-banismo María Pardo (PP) parece es-tar tranquila porque “por agora”, se-gundo declarou recentemente, a fami-lia aínda non reclamou a cantidade.Pola súa parte, o ex alcalde SánchezBugallo (PSOE), co seu cinismo habi-tual, chegou a afirmar que “iso non éun problema”, desresponsabilizándosedas negativas consecuencias sociais da

súa operación. Aínda así, a pesar detoda esta incompetencia evidenciadanos tribunais, o goberno municipal doPP non renunciou á operación urba-nística no solar de Peleteiro: María Par-do anunciaba este mes que “é posíbel”sacar adiante o proxecto, cumprindoagora a lei e alterando a calificación dosolar para viabilizar a iniciativa que oConcello compartilla con Nova Gali-cia Banco.

Estamos en mans de incompe-tentes?Esta operación urbanística súmase, poroutra parte, á pelotada inmobiliariaque se prepara para a Finca do Espi-nho, onde tamén se pretende reconver-ter o uso social do solar para construirvivendas de luxo. De novo, o Concelloencóntrase compinchado aquí noutraoperación urbanística que non benefi-ciará en absoluto á veciñanza de Com-postela, nen a un espazo natural como

O Espinho, aínda que sí poda favore-cer a Nova Galicia Banco, InmobiliariaLayetana e outros intereses privados.

Desde a Candidatura do Povo, ade-máis de denunciar esta política urba-nística municipal absolutamente frau-dulenta e servíl aos intereses empresa-riais, valoramos que as veciñas e veci-ños debemos superar a resignación an-te estas corruptelas e reaxir conclaridade e contundencia. É inaceptá-bel que permitamos que, co noso tra-ballo e cos nosos impostos, se materiali-cen operacións inmobiliarias que só fa-vorecen a empresas privadas e respon-sábeis municipais. É necesario cons-truir unha alternativa aomacroproxecto comercial, hosteleiro ede vivendas de luxo que, antes o bipar-tido, e agora o PP, pretenden impor nosolar de Peleteiro en canto as condi-cións económicas e legais o permitan.

A nosa cidade non necesita viven-das de luxo, cando cada día hai veci-ños que son botados das súas casas po-los bancos e entre 6.000 e 11.000 vi-vendas están baleiras; a nosa cidadenon necesita máis hoteis, porque aoferta está totalmente sobredimensio-nada, sen chegar á ocupación plena,grazas á política de monocultivo turís-tico e, en fin, a nosa cidade non necesi-ta máis áreas comercias porque son es-tas as que están a destruir o empregono pequeno comercio local e xerar, porcontra, un tipo de postos de traballocaracterizados pola temporalidade, aprecariedade e os baixos salarios e pio-res condicións sociolaborais.

Candidatura do Povo

Propomos unha alternativa social para o solar do colexio Peleteiro

Despois de que marchasen os estudantes en2009, a Policía española ocupou o edificio men-tres se reformaba a comisaría de Rodrigo de Pa-drón ata 2011. Unha vez baleiro, antes de quefose pública a imputación por fraude fiscal deConde Roa, o ex rexedor solicitara a Nova Ga-licia Banco que tapiase o inmóbel para “evitarincidentes como o da Sala Yago”, pero esquecíasolucionar o problema real: desbotar a opera-ción urbanística en Peleteiro e ofertar unha al-ternativa para que o solar tivese unha finalidadeque interesase á maioría da veciñanza.

Agora, o novo alcalde Ángel Currás, que pa-rece non renunciar ao macroproxecto conNGB, propuxo destinar o patio do colexio aárea de xogo infantíl. A CANDIDATURA DOPOVO súmase Á proposta, pero, máis alá dexestos para a galería que non resolven a cues-tión de fondo, somos conscientes de que a solu-ción non pode ser transitoria e esixe un proxec-to alternativo para o solar.

O proxecto que a CANDIDATURA DOPOVO propón á veciñanza e, incluso, aos gru-pos municipais con presenza en Raxoi que se

desmarquen da operación urbanística en Pele-teiro, pretende traducirse en reivindicación ve-ciñal nas nosas rúas, contruir unha oposiciónpopular aos proxectos comerciais hoxe en standby e fundamentarse nos seguintes usos para oinmóbel e o solar:

1. Aloxamento de persoas en situacións deemerxencia ou exclusión social, con vivendasindependentes onde podan residir veciños e ve-ciñas empobrecidas pola crise e sen posibilidadede acceso á vivenda, persoas desafiuzadas polosbancos, etc. Unha comisión municipal, con par-ticipación veciñal, encargaríase de perfilar anormativa de usos e a xestión deste servizo so-cial.

2. Locais para asociacións veciñais e colecti-vos da cidade. Unha das principais limitaciónsque dificulta a dinámica asociativa en Compos-tela, así como o exercicio efectivo do dereito dereunión, é a carencia de espazos físicos. O re-cente cerramento por parte do Concello de va-rios centros socioculturais municipais non fixomáis que agravar esta situación e o inmóbel dePeleteiro ofrece unhas condicións óptimas, con

pequenas obras de adecentamento, para esteuso social.

3. Centro de Atención Integral ás Mulleres.Nesta cuestión, o desinterés das actuais autori-dades locais, que ven condicionado pola vincu-lación á secta fundamentalista Opus Dei e aideoloxía ultraneoliberal que predomina naequipa municipal do PP, con Paula Prado á ca-beza, fai que as mulleres de Compostela en si-tuacións de emerxencia (maus tratos, desempre-go, desafiuzamentos bancarios, etc.) carezandos servizos sociais necesarios para satisfacernecesidades primarias. A criación deste centropodería contribuir decisivamente a solventar es-ta necesidade social.

4. Espazo para obradoiros, conferencias, cria-ción cultural e artística nunha localización pri-vilexiada como é o centro da cidade, con carác-ter municipal, xestión compartillada entre asasociacións e o Concello e accesíbel á veciñanzade todo o termo municipal, xerando así un pun-to de encontro, mestura e interrelación entrepersoas, asociacións e áreas de coñecemento.

5. Criación de emprego municipal protexido

nos distintos servizos que debería ofrecer o in-móbel, tais como limpeza, lavandaría, cociña,mantemento, servizo de cafetaría, etc.

Apostamos por tanto por situar ao servizoda veciñanza o solar e o inmóbel de Peleteiro,fazendo as rehabilitacións necesarias, evitandoa dilapidación de diñeiro público que implica oseu abandono ou demolición e aplicando asobras de carpintaría, electricidade, isolamentos,pintura, etc. precisas para que, á vez que todasas veciñas e veciños gañamos, se paralise unhaoperación especulativa agora paralisada que sóbeneficiará aos intereses que vimos de denun-ciar.

A utilidade social de Peleteiro pasa, necesa-riamente, porque o Concello xestione co ban-co propietario do solar e o inmóbel a cesión deambos á propiedade municipal. Esta alternati-va que ofrecemos e daremos a coñecer ao teci-do asociativo da nosa cidade para que se tra-duza nunha reivindicación compartillada portodos e todas e nunha esixencia ao Concellopara mudar o seu macroproxecto para Peletei-ro.

Antigo Colexio Peleteiro

Page 8: Xornal Nº 1 da Candidatura do Povo

O POVO Compostela Nº1

Fai-nos umha descriçompanorámica da situaçomda vossa paróquia/bair-ro?O barrio de San Pedro é unespazo singular dentro dotecido urbano de Santiago;é un territorio histórico, porcanto é case tan antigo co-mo a cidade, pero que foirenovado nos anos 60-80coa chegada de xentes vidasdoutros barrios e lugares.

É un barrio cunha forteidentidade, dinámico no so-cial e no económico que ho-xe está nunha redefiniciónda que dependerá a súa ca-pacidade de encarar os re-tos do futuro. Os nosos de-safíos centrase na busca deequilibrios entre o que foi eo que pode ser: reequilibriodemográfico, fortalecemen-to e renovación do tecidocomercial e empresarial, re-novación e rehabilitacióndos espazos públicos...

Qual é o nível de auto-or-ganizaçom da vizinhan-ça na vossaparóquia/bairro? Este é un barrio cun rico te-cido social e asociativo, for-mal (baixo formulas legais)ou informal (grupos ou co-misións que nacen e trabal-lan cun obxectivo concre-to). Visto desde fóra destacamoito no contexto da cida-

de -ou iso dín- pero o certoé que desde dentro non re-sulta tal; cada iniciativa, ca-da actividade ten seguimen-to porque polo xeral hai untraballo serio detrás, unhaproposta que atrae e resultaacaída á xente e ás circuns-tancias.

Non é por poñernos me-dallas -desde logo non é mé-rito singular da directiva ac-tual- pero o que nos diferen-cia é posiblemente que aquitemos diversas entidadesque levan décadas trabal-lando e colaborando conobxectivos comúns. Nós sósomos unha delas pero po-deríamos falar do CSC DonBosco, os equipos deporti-vos ou mesmo a parroquia.Non é porque eu sexa a pre-sidenta

Quais som as principaisreivindicaçons do vossobairro? Na análise que nos facemosvemos a día de hoxe tresproblemas fundamentais,nos que xa estamos trabal-lando pero que só terán re-sultado no medio e longoprazo.

Mobilidade e espazos pa-trimoniais: gustaríanos che-gar a ese equilibrio perfectono que peóns e vehículosconvivan nas nosas rúas senperigo para as persoas e pa-

ra as vivendas e rúas nasque vivimos. O peso do trá-fico, as barreiras arquitectó-nicas, o deseño dos espazospúblicos, as comunicaciónsco resto da cidade deben re-plantearse buscando a co-modidade das persoas, asustentabilidade ambientale a protección do patrimo-nio -da Humanidade- noque vivimos.

Desequilibrio demográfi-co: temos un 20% de veci-ños e veciñas que superanos 65 anos e un grupo maio-ritario entre os 30 e os 50; énecesario sentar as basespara que as persoas maiorespodan vivir aqui comoda-mente (rehabilitando assúas vivendas, mellorando aaccesibilidade das nosasrúas e edificios, xerando es-pazos, actividade e dinámi-cas que nos permitan envel-lecer de xeito activo, inde-pendente e   sostible). Aotempo buscamos converter-nos nun barrio atrainte que,na medida do posible, seaquen de atraer novos veci-ños e veciñas.

Apoio e desenvolvemen-to do noso tecido económi-co: o noso comercio -diná-mico e participativo comopoucos- precisa dun apoioserio, de ir tomando medi-das ou desenvolvendo ini-ciativas que aseguren o rele-

vo xeneracional, a chegadade novos emprendementos,etc. Ao tempo recuperar osespazos comerciais e em-presariais hoxe abandona-dos que noutro tempo en-cheron rúas como HomeSanto ou Fraguas; quere-mos negocios -non so ten-das senón tamén oficinas,estudos profesionais, etc.-que apoien ao comercio debarrio.  O noso tecido co-mercial é a nosa principalarma para loitar contra aespecialización turística quetanto dano fixo noutras zo-nas da cidade; mentres sigavivo será posible ter un bar-rio diversificado, dinámicoe cómodo.

Que trabalho desempe-nha actualmente a vossaassociaçom? Ademáis dos tres temasmencionados, que son ob-xectivos a medio e longoprazo e, xa que logo, preci-san pensarse e prepararsepara non quedarmonosatrás, traballamos tamén enasuntos máis inmediatos: adinamización do barrio, oapoio a outras entidades, re-clamacións ante o concello.Este último aspecto e, se ca-dra, o máis frustrante e oque máis esforzos consumedesde sempre porque ostempos da cidadanía non

acostuman a ser os das ad-ministracións, que son máislentos. E así, o que para nósé unha prioridade como po-dería ser o arranxo de rúasonde a xente non camiñasegura de noite polo mal es-tado dunha beirarrúa (Qui-roga Palacios, Betanzos, úl-timamente Concheiros) nonsempre é visto como urxen-te polos que toman as deci-sións ou non sempre teñenos recursos para acomete-las.

É unha cuestión de equi-librios: cada veciño ou veci-ña mira pola súa casa, nóspor todas as do barrio e oconcello por todas as da ci-dade, é un equilibrio com-plexo.

Queres engadir algumhaquestom?Non, pero quixera facer unchamado ás veciñas e veci-ños de todos os barrios aque participen nas súas aso-ciacións veciñais. É un tra-ballo un tanto frustrante,non o vou negar, pola im-potencia que sintes ás vecese polo moito tempo que seinviste nel pero tamén é cer-to que é unha oportunidadeimpagable para coñecer áxente coa que convivimos epara mellorar eses lugaresnos que desenvolvemos anosa vida.

O POVO

Na II Asemblea Nacionalista, cele-brada en Compostela no ano 1919,foi cando se tomou a resolución deconmemorar o 25 de xullo -Festa deSantiago e de moita tradición no país-como día de exaltación patriótica ga-lega. Os documentos consultados nonnos permiten establecer con claridadebaixo que denominación se acordoufestexar a efemérides. Do que non haidúbida é do contido nacionalista damesma. Sexa como quixer, no 1920,primeiro ano conmemorativo, as Ir-mandades da Fala consagran a datacomo Día da Patria Galega, segundoconfirman os artigos aparecidos noseu órgano ideolóxico.

SABÍAS QUE...?

MERcEDES VáZqUEZ bERTOMEU, HISTORIaDORa E EMPRESaRIa NOáMbITO Da HISTORIa, PRESIDENTa Da aV a XUNTaNZa DESDE 2010.

AXENDA

Quinta-Feira 25 de jullo

13:00 - Manifestación polo

Día da Patria convocada por

causa Galiza baixo a lenda:

continuarmos no camiño da

liberación nacional e social,

na alameda de compostela.

15:00 - Romería Popular or-

ganizada por causa Galiza a

partir das 15:00 nos Xar-

díns de S. Roque: Xantar

Popular, xogos tradicionais

e música ao vivo.

Quarta-Feira 24 de jullo

20:00 - cadea Humana pola

liberdade d@s pres@s inde-

pendentistas, na Praza de

Galiza

22:30 - I Festival do Povo,

nos Xardíns de San Roque:

Habelas Hainas

Invivo

Som do Galpom

Dj Mil + Sorpresa