XANELA MARZO 2012

6
ANO 2012 MARZO 169 REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA - www.ateneovikingo.com A Opinión A Opinión Premios 20Blogs Premios 20Blogs O humor de Nacho Hortas. O humor de Nacho Hortas. Inaugurada a peña celtista Inaugurada a peña celtista “Sergio Álvarez” “Sergio Álvarez” Opinión por Miguel Ángel Lorenzo P P or mor dos “famosos” recortes da Administración, este ano a Deputación de Pontevedra fai desaparecer a “Festa da Bici”, na que nós tiñamos englobada a nosa Marcha Ciclista do día das Letras Galegas. Nembargantes, tal como sae publicado no Boletín Oficial da Provincia (09.03.12) poñen en marcha o programa “ÚNETE Á VOLTA” que tenta aproveitar o tirón da “Vuelta Ciclista a España”, que, como todos sabemos, ten previsto que dúas das súas etapas transcorran pola nosa Provincia. A devandita orde, entre outras cousas, non autorizará que este tipo de eventos se realicen máis que en sábados ou domingos pola mañán. Como xa é ben sabido dende a primeira edición da nosa Marcha Ciclista (e xa vamos coa 20), o Ateneo Vikingo nunca sacou as bicis á rúa sen os pertinentes permisos, seguros de Responsabilidade Civil e de Accidentes, etc., e sen a axuda da Administración nunca poderíamos soportar o custo tan elevado que teñen estes requisitos, así que tal como xa nos temos adaptado á disciplina da Deputación Provincial co gallo da súa “Festa da Bici”, agora toca tomar as decisión en base ás novas normativas que dispón a propia Deputación. De primeiras temos solicitado o permiso para o día 19.05.12, e logo quedamos á espera das novas que nos vaian chegando a este respecto, ata saber con certeza a data autorizada, que publicaremos adecuadamente. As nosas xestións están encamiñadas a que tan só teñamos que trasladar a data nun par de días, pero… nesta ocasión non depende só de nós. Estade atentos ós vindeiros comunicados que iremos dando. Todo sexa por non deixar que as cadeas das nosas bicis desengráxense, agás de darlle unha escusa ao corpo para realizar un pouco de exercicio. N N outro senso, persoalmente e no nome de cadanseu dos membros do Ateneo Vikingo, queremos subliñar o noso meirande recoñecemento á Comunidade de Montes de Dimo polo seu inestimable apoio á nosa Asociación ■ A A Plataforma Cultural Galega organiza para o vindeiro día 31 de Marzo a “I “I ANDAINA ANDAINA POÉTICA POÉTICA POLA POLA RUTA RUTA DE DE F FAUSTINO AUSTINO R REI EI R ROMERO OMEROcoa presenza activa de persoeiros relevantes da cultura galega, percorrendo a pé o traxecto Isorna - Catoira con especial transcendencia nos puntos emblemáticos na vida do cura - poeta. Todos podemos participar e, de seguro, resultará unha xornada co meirande contido ilustrativo. I ANDAINA POÉTICA POLA RUTA DE FAUSTINO REI ROMERO ¡VEN E CONTAO! ¡VEN E CONTAO! CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA CAMBIO DE HORA A noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo entrará entrará entrará entrará en vigor o en vigor o en vigor o en vigor o horario de horario de horario de horario de verán o que verán o que verán o que verán o que nos obrigará a nos obrigará a nos obrigará a nos obrigará a adiantar unha adiantar unha adiantar unha adiantar unha hora os hora os hora os hora os reloxos. Cando reloxos. Cando reloxos. Cando reloxos. Cando sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 deberá deberá deberá deberá adiantarse ás adiantarse ás adiantarse ás adiantarse ás 3.00 3.00 3.00 3.00Seccións fixas Seccións fixas DEPORTES EPORTES: A columna. A columna. Noticias do Noticias do piragüismo e do fútbol. piragüismo e do fútbol.

description

Publicación mensual de acontecementos relacionados con Catoira

Transcript of XANELA MARZO 2012

Page 1: XANELA MARZO 2012

ANO 2012 MARZO Nº 169 REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA -

w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

A OpiniónA Opinión

Premios 20BlogsPremios 20Blogs

O humor de Nacho Hortas.O humor de Nacho Hortas.

Inaugurada a peña celtista Inaugurada a peña celtista “Sergio Álvarez”“Sergio Álvarez”

Opinión por Miguel Ángel Lorenzo

PP or mor dos “famosos” recortes da Administración, este ano a Deputación de

Pontevedra fai desaparecer a “Festa da Bici”, na que nós tiñamos englobada a nosa Marcha Ciclista do día das Letras Galegas. Nembargantes, tal como sae publicado no Boletín Oficial da Provincia (09.03.12) poñen en marcha o programa “ÚNETE Á VOLTA” que tenta aproveitar o tirón da “Vuelta Ciclista a España”, que, como todos sabemos, ten previsto que dúas das súas etapas transcorran pola nosa Provincia. A devandita orde, entre outras cousas, non autorizará que este tipo de eventos se realicen máis que en sábados ou domingos pola mañán. Como xa é ben sabido dende a primeira edición da nosa Marcha Ciclista (e xa vamos coa 20), o Ateneo Vikingo nunca sacou as bicis á rúa sen os pertinentes permisos, seguros de Responsabilidade Civil e de Accidentes, etc., e sen a axuda da Administración nunca poderíamos soportar o custo tan elevado que teñen estes requisitos, así que tal como xa nos temos adaptado á disciplina da Deputación Provincial co gallo da súa “Festa da Bici”, agora toca tomar as decisión en base ás novas normativas que dispón a propia Deputación. De primeiras temos solicitado o permiso para o día 19.05.12, e logo quedamos á espera das novas que nos vaian chegando a este respecto, ata saber con certeza a data autorizada, que publicaremos adecuadamente. As nosas xestións están encamiñadas a que tan só teñamos que trasladar a data nun par de días, pero… nesta ocasión non depende só de nós. Estade atentos ós vindeiros comunicados que iremos dando. Todo sexa por non deixar que as cadeas das nosas bicis desengráxense, agás de darlle unha escusa ao corpo para realizar un pouco de exercicio.

NN outro senso, persoalmente e no nome de cadanseu dos membros do Ateneo Vikingo,

queremos subliñar o noso meirande recoñecemento á Comunidade de Montes de Dimo polo seu inestimable apoio á nosa Asociación ■

AA Plataforma Cultural Galega organiza para o

vindeiro día 31 de Marzo a “I “I ANDAINAANDAINA POÉTICAPOÉTICA POLAPOLA RUTARUTA DEDE F FAUSTINOAUSTINO R REIEI R ROMEROOMERO” ” coa presenza activa de persoeiros relevantes da cultura galega, percorrendo a pé o traxecto Isorna - Catoira con especial transcendencia nos puntos emblemáticos na vida do cura - poeta. Todos podemos participar e, de seguro, resultará unha xornada co meirande contido ilustrativo.

I ANDAINA POÉTICA POLA RUTA DE FAUSTINO REI ROMERO

¡VEN E CONTAO!¡VEN E CONTAO!

CAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORACAMBIO DE HORA

AAAA noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo noite do 24 ao 25 deste mes de marzo entrará entrará entrará entrará

en vigor o en vigor o en vigor o en vigor o horario de horario de horario de horario de verán o que verán o que verán o que verán o que nos obrigará a nos obrigará a nos obrigará a nos obrigará a adiantar unha adiantar unha adiantar unha adiantar unha hora os hora os hora os hora os reloxos. Cando reloxos. Cando reloxos. Cando reloxos. Cando sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 sexan ás 2.00 deberá deberá deberá deberá adiantarse ás adiantarse ás adiantarse ás adiantarse ás 3.003.003.003.00■

Seccións fixasSeccións fixas

DDEPORTESEPORTES::

�������� A columna.A columna.

�������� Noticias do Noticias do piragüismo e do fútbol.piragüismo e do fútbol.

Page 2: XANELA MARZO 2012

Nº 169 XANELA ABERTA Marzo 2012 2

▲ APLAUSOS

Para Hector Tarrio Pérez por ser o gañador do prestixioso “VI PREMIOS 20BLOGS” que organiza 20minutos.es. Hector resultou gañador na categoría “Mellor blog de deportes”.

PITOS ▼

Para aquelas persoas que pasean os cans polas aceras e que non recollen as “cacas” que as súas mascotas deixan. Como lle escoitei dicir a un veciño cabreado ¡Manda carallo! ¡ca ¡Manda carallo! ¡ca ¡Manda carallo! ¡ca ¡Manda carallo! ¡ca de monte que de monte que de monte que de monte que temos en temos en temos en temos en Catoira...!Catoira...!Catoira...!Catoira...!■

CONSELLOS ÚTILES:

Flores duradeiras

Para que as flores tarden en murcharse proba a botar na auga do xarrón unha “cucharadiña” de sal, outra de azucre e dúas ou tres gotas de lixivia. O resultado será sorprendente ■

� Concello ....................... 986546014

Centro de Saúde.......... 986546299

Taxi Juan J. Catoira.... 620039636

Farmacias

Nando Casal............... 986523144

Antonio Corbacho ..... 986523050

Casa de Oficios ........... 986523363

RENFE (Vilag) .............. 902320320

Bombeiros (Vil)............ 986501582

Policía Nacional........... 091

Garda Civil ................... 986559447

Ambulatorio ................. 986507448

Hosp. do Salnés .......... 986568000

Protección Civil ........... 636456879

AteneoVikingo ............. 639904300

Fax At. Vikingo ............ 986530422

S.O.S Galicia ................ 112

Incendios forestais...... 085

Permiso queimas......... 902112000

Álex López, Álex López, Álex López, Álex López, Jonathan Vila, Jonathan Vila, Jonathan Vila, Jonathan Vila, Sergio, Borja Sergio, Borja Sergio, Borja Sergio, Borja Oubiña e Toni Oubiña e Toni Oubiña e Toni Oubiña e Toni con José e con José e con José e con José e Conchita, país Conchita, país Conchita, país Conchita, país de Sergio , o día de Sergio , o día de Sergio , o día de Sergio , o día da inauguración da inauguración da inauguración da inauguración da Peña Celtista da Peña Celtista da Peña Celtista da Peña Celtista “Sergio Álvarez “Sergio Álvarez “Sergio Álvarez “Sergio Álvarez ---- O Gato”.O Gato”.O Gato”.O Gato”.

Page 3: XANELA MARZO 2012

Nº 169 XANELA ABERTA Marzo 2012 3

O humor de Nacho HortasO humor de Nacho Hortas

OO noso veciño Héctor Tarrío noso veciño Héctor Tarrío noso veciño Héctor Tarrío noso veciño Héctor Tarrío Pérez gañou Pérez gañou Pérez gañou Pérez gañou recentemente o recentemente o recentemente o recentemente o

prestixioso “VI PREMIOS prestixioso “VI PREMIOS prestixioso “VI PREMIOS prestixioso “VI PREMIOS 20BLOGS” organizado por 20BLOGS” organizado por 20BLOGS” organizado por 20BLOGS” organizado por 20minutos.es polo seu blog de 20minutos.es polo seu blog de 20minutos.es polo seu blog de 20minutos.es polo seu blog de deportesdeportesdeportesdeportes

http://buenaforma.orghttp://buenaforma.orghttp://buenaforma.orghttp://buenaforma.org

Na categoría “Mellor blog de Na categoría “Mellor blog de Na categoría “Mellor blog de Na categoría “Mellor blog de Deportes”.Deportes”.Deportes”.Deportes”.

A este concurso presentáronse un total de A este concurso presentáronse un total de A este concurso presentáronse un total de A este concurso presentáronse un total de 6.623 blogs. Os gañadores obteñen o 6.623 blogs. Os gañadores obteñen o 6.623 blogs. Os gañadores obteñen o 6.623 blogs. Os gañadores obteñen o recoñecemento da blogosfera, un premio en recoñecemento da blogosfera, un premio en recoñecemento da blogosfera, un premio en recoñecemento da blogosfera, un premio en metálico e poden convertirse en blogueros metálico e poden convertirse en blogueros metálico e poden convertirse en blogueros metálico e poden convertirse en blogueros oficiais da páxina web 20minutos.es.oficiais da páxina web 20minutos.es.oficiais da páxina web 20minutos.es.oficiais da páxina web 20minutos.es.

Máis información pódese encontrar no Máis información pódese encontrar no Máis información pódese encontrar no Máis información pódese encontrar no facebook ou no twitter:facebook ou no twitter:facebook ou no twitter:facebook ou no twitter:

- http://eshttp://eshttp://eshttp://es----es.facebook.com/Buenaformaes.facebook.com/Buenaformaes.facebook.com/Buenaformaes.facebook.com/Buenaforma

- http://twitter.com/#/buenaformaorghttp://twitter.com/#/buenaformaorghttp://twitter.com/#/buenaformaorghttp://twitter.com/#/buenaformaorg

Page 4: XANELA MARZO 2012

Nº 169 XANELA ABERTA Marzo 2012 4

IINAUGURADANAUGURADA AA P PEÑAEÑA

CCELTISTAELTISTA “S “SERGIOERGIO

ÁÁLVAREZLVAREZ -- O O GATOGATO””

Frases feitasFrases feitas O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s f r a s e s f e i t a s O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s f r a s e s f e i t a s

AS PAREDES OENAS PAREDES OEN

EE sta expresión proverbial naceu en Francia e procede da persecución contra os hugonotes que culminou coa

matanza da noite de San Bartolomé, o 24 de agosto de 1572. Contan os cronistas que a raíña Catalina de Médicis (1519-1589), esposa de Enrique II, rei de Francia, era moi desconfiada e implacable dos hugonotes. Para poder escoitar mellor as persoas das que máis sospeitaba, mandou practicar unha rede de trades, habilmente disimulados entre as molduras, nas paredes e teitos do Pazo Real. Este sistema de espionaxe deu orixe á frase as paredes oen, á que recorremos para advertir a prudencia e precaución con que debemos dicir o que pode comprometernos ou involucrar outras persoas ■

Sabía vostede que… OO mariñeiro sevillano Juan Rodrigo Bermejo, máis

coñecido como “Rodrigo de Triana”, foi o primeiro español que avistou terra americana durante a primeira viaxe de Colón. Este, prometeu un premio para o primeiro que vise a costa do que el cría que era Cipango (Xapón) Non obstante á súa volta a España Colón non tivo diñeiro abondo para pagar a Rodrigo de Triama o prometido (tamén se di que non quixo cumprir a súa promesa). Rodrigo de Triana irritado e desilusionado, rematou os seus días no norte de África convertido ao islamismo ■

OO pasado día 20 de febreiro inaugurouse esta peña no Bar

Conde coa presencia de Yoel, Jonathan Vila, Álex López, Toni, Borja Oubiña, Gudelj, o utillero Edu, o presidente da Federación de Peñas do RCCelta, algúns xogadores do Catoira, ex

Cruz hugonote utilizada entre os

séculos XVII e XVIII

xogadores, amigos e familiares. Moi bo ambiente e discursos de todos os invitados que coincidiron en loar a persoa e a abnegación de Sergio no traballo día a día. Todoas e todos os que se queiran inscribir na Peña poderán facelo no citado Bar pagando unha cota de 20 euros. Por outra banda Sergio continúa coa titularidade e moi boas actuacións nun equipo que Amadou o liderado e vai embalado cara a Primeira División.

Page 5: XANELA MARZO 2012

Nº 169 XANELA ABERTA Marzo 2012 5

MANOLO MOURE, NOVO ADESTRADOR DO CATOIRA

FF oi xogador de Catoira, Unión, Flavia e Arousa

e adestrou a Bamio e Unión. Desexámoslle éxitos nesta etapa o que significará que lle vai ben ó Club Catoira. Nun posto ao que resultou moi barato acceder para algunha xente que aparentemente distaba de reunir os merecementos e calidades adecuados, parece xusto que, por fin, Moure teña a súa oportunidade de dirixir o equipo no que debutou no fútbol e no que tantas boas tardes ten dado á afección ■

D E P O R T E S

Datos extraídos da pax. web www.astorres.comDatos extraídos da pax. web www.astorres.com

NN as dúas tempadas que este adestrador

tan peculiar estivo en Catoira deixou un grato recordo, como poden testemuñar os xogadores que estiveron con el e aínda viven. Por desgracia acabou os seus días coas pernas amputadas, nun final moi triste. Un equipo tipo con Virgilio Pajares sería: Manolo de Leiro, Suso de Emilio, Ferreirós, Chucho Castiñeiras, Merucho, Iglesias, Camilo, Socorra,

A co lumnA co lumnA co lumnA co lumnA co lumnA co lumnA co lumnA co lumn a a a a a a a a (ven da pax. 6)(ven da pax. 6)

CCATOIRAATOIRA SD SD

Viturro, Venancio e Seso. Tamén xogaban Pitito, Paco Castromán, porteiro reserva, Paulino Mariño, Manolito do Xefe, Chicho Pajares, Ferrer, Peña... Un domingo que o Catoira xogou no campo do Umia fixo un mal partido... e perdeu. O domingo seguinte, a pesar do anoxo de Virgilio, algúns xogadores pedíronlle que fixese un ripio. Pajares accedeu e escribiuno nese momento no taboleiro do vestiario. Despois uns oficinistas da CEDONOSA o copiaron e o gravaron nun mosaico, que estivo colgado na Casa Emilio durante moito tempo. Dicía algo así:

O pasado 24 de Febreiro disputouse nas augas do

encoro de Verducido o Campionato Galego de Inverno onde o Club As Torres non puido revalidar o título conseguido a tempada pasada e ocupou a segunda posición. A nivel individual este non foi o mellor campionato onde as expectativas eran máis altas pero a mala fortuna fixo que

CCLUBLUB A ASS T TORRESORRES non se puidese conseguir mellores resultados. Temos que facer mención á actuación de Sara Rodríguez e Jenifer Rey na categoría de Dama Canoa Cadete que conseguiron as primeiras medallas da mañá ocupando a segunda e terceira praza respectivamente. A seguinte medalla chegaría da man de Ángela Baulde que ocupou a segunda posición en quinta posición entraría Isabel Piñeiro. Tamén se participou na competición de Veteranos na que remaron Juán Ramón Guillán e Antonio Caldelas e conseguiuse a décimo terceira posición ■

1º KAYAK TUDENSE1º KAYAK TUDENSE1º KAYAK TUDENSE1º KAYAK TUDENSE .................................................................... 2708270827082708

2º AS TORRES2º AS TORRES2º AS TORRES2º AS TORRES ........................................................................................................ 1814181418141814

3º CIUDAD DE PONTEVEDRA3º CIUDAD DE PONTEVEDRA3º CIUDAD DE PONTEVEDRA3º CIUDAD DE PONTEVEDRA................ 1608160816081608

4º BREOGAN4º BREOGAN4º BREOGAN4º BREOGAN ................................................................................................................ 1459145914591459

5º RIA DE ALDAN5º RIA DE ALDAN5º RIA DE ALDAN5º RIA DE ALDAN........................................................................................ 1254125412541254

6º NAUTICO FIRRETE6º NAUTICO FIRRETE6º NAUTICO FIRRETE6º NAUTICO FIRRETE ............................................................ 1088108810881088

7º NAUTICO PONTECESURES7º NAUTICO PONTECESURES7º NAUTICO PONTECESURES7º NAUTICO PONTECESURES............ 959 959 959 959

8º NAVAL DE PONTEVEDRA8º NAVAL DE PONTEVEDRA8º NAVAL DE PONTEVEDRA8º NAVAL DE PONTEVEDRA .................... 848 848 848 848

9º PIRAGÜISMO VERDUCIDO 9º PIRAGÜISMO VERDUCIDO 9º PIRAGÜISMO VERDUCIDO 9º PIRAGÜISMO VERDUCIDO ............ 735 735 735 735

10º PIRAGÜISMO VILABOA10º PIRAGÜISMO VILABOA10º PIRAGÜISMO VILABOA10º PIRAGÜISMO VILABOA............................ 650 650 650 650

CLASIFICACIÓN POR CLUBSCLASIFICACIÓN POR CLUBSCLASIFICACIÓN POR CLUBSCLASIFICACIÓN POR CLUBS

Hoxe o entrenador está triste

¿Que lle pasará ó coitado?

E que o domingo pasado

as masnadas en Barrantes

fóronlle un pouco mangantes.

Xogade, fillos, xogade

iso non é pedirvos moito,

que si non sodes capaces

Catoira ponse de loito■

Page 6: XANELA MARZO 2012

Nº 169 XANELA ABERTA Marzo 2012 6

D E P O R T E S

A co lumnA columnA columnA columnA columnA columnA columnA column a a a a a a a a por Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Dios

VIRGILIO PAJARES

AA comezos da década dos 1950 chegou a Catoira un futbolista de

Padrón, Paco Pajares, que xogaba na media, e foi un referente na historia do Club. Casou con Mercedes Barros, filla

de Don Jaime “o cego”, un militar procedente de Campo Lameiro (que loitou a carón de Franco na guerra de Marrocos, onde unha bala o deixou sen un ollo) que chegara aquí por casar con María de Carolina. Pois ben, este futbolista acabou por traer para adestrar ao Club Catoira a un tío seu, Virgilio, que no mundo do fútbol pasaba por ter sido un futbolista zurdo moi técnico. Xogara no Flavia dos anos 1950 con Otero, Rivas, Paco López... entre outros, e tamén no Arousa de Vilagarcía. Pero como imos ver agora este home, solteiro toda a vida, ía manter unha relación con Catoira moito máis alá do aspecto estritamente deportivo. Para coñecer a súa traxectoria convén ter en conta algúns aspectos da súa vida.

VV irgilio Pajares Buela naceu en Padrón e pertencía a unha coñecida familia da vila, pois rexentaba a

taberna de Nicasio, seu pai, “Casa Pajares”, situada á altura da parte norte do Espolón, onde hoxe continúa pero co nome de “A Roda”. Virgilio xa dende moi mozo deu en ser un tipo alegre, con iniciativa, desexoso de promover a cultura da súa vila. Participaba, apoiaba ou organizaba calquera acto cultural ou benéfico que acontecese. Entre esta actividade social facían teatro no Cine Padrón e coa recadación axudaban a familias pobres con problemas. Altruísta, culto, sempre disposto, con moito sentido do humor... así era o noso heroe de hoxe. Vexamos: tocaba a guitarra de xeito extraordinario, mesmo se dedicou a dar clases dese instrumento. Nunha ocasión o levaron a un local onde actuaba o mundialmente famoso Andrés Segovia, a quen Virgilio aínda non coñecía porque era moi novo.

O s amigos que o levaron puxéronlle nas mans unha guitarra para que a tocase diante do mestre. Así o

fixo, deixando a Segovia moi impresionado. Despois tocou o “maestro” e cando rematou a actuación preguntáronlle a Virgilio que lle parecera e este contestou...: “Non o fai mal... tampouco”. A súa actividade musical era moi variada, pero sobre todo dedicouse aos coros. Fundando unha “rondalla” que se chamaba “Los Pierrots”. Vivía moi intensamente o Entroido e fundou a comparsa Los Luceros, xunto co seu amigo Álvarez Cienfuegos. Todo isto deulle unha gran popularidade na vila e no contorno. Escribía no xornal La Noche, publicou algo de poesía, colaborou no libro da Pascua na década dos 60. Pero a súa especialidade era facer ripios, uns poemas breves que lle saían no momento con gran facilidade. Adoitaba relacionarse e colaborar con Camilo Agrasar, o barbeiro-escritor.

AA relación de Virgilio Pajares con Catoira polo que levamos visto é familiar e deportiva. Pero este

home pronto pasa a ser un namorado da nosa vila e o podemos atopar nos locais de moda do momento (Casa Emilio, Casa Hipólito, Cantina de Segundo) nos que case sempre acababa cantando cos seus amigos Máximo Sar, Rey Romero, Merucho, ou os propietarios dos negocios. Participou co Ateneo Vikingo na organización das primeiras romarías. Nunha ocasión, como en tantas outras, o levaban a Padrón nun coche despois de estar de troula e de tertulia cos membros do Ateneo e, no transcurso da viaxe Rey Romero lle ía preguntando: “¿Paréceche ben fulano para o pregón deste ano na Vikinga?” Virgilio, canso, respondía: “Si”. Don Faustino insistía con outro nome: “¿E citano, paréceche ben para o pregón? “Si” “¿E estoutro escritor?” “Si”. O cura de Isorna anoxouse de tanta parquedade nas respostas e reprendeuno: “Eu estou a darche nomes e ti non fas máis que dicir si, dime algo máis” Entón Virgilio, un tanto sorprendido, contestou: “Si, home, si” Eran as cousas de Virgilio, como cando nunha oportunidade, con un grupo de amigos, déuselle por organizar en Padrón unha exposición de cans co obxectivo de seleccionar a un para mandalo a unha expedición á Lúa. Para elo ía chegar un tal Mister Wilson. (Lembremos que o tema estaba de actualidade porque os soviéticos acababan de enviar ao espacio á cadela Laica) Encheron Padrón e contorno de

propaganda (un dos armadanzas era o da imprenta Solar) e cando chegou o día, a praza de Macías e medio Padrón estaba inundado de xente que viñera de todas partes cos seus cans pola corda. Pero resulta que os organizadores non esperaban tal cousa, pois todo fora unha broma nunha noite de chea e pensaron que ninguén ía acudir ante unha convocatoria tan disparatada. Cando viron aquela xauría non sabían onde meterse. Pasaban as horas e non aparecía ninguén da organización. Os propietarios mentres tanto optaron por meterse nos bares e a maioría acabou con unha boa borracheira. Os máis deles perderon os cans e algúns mesmo os soltaron pola vila e marcharon sen eles. Ao día seguinte Padrón amenceu con unha marea canina que estaba por todas partes.

Segue na pax. 5 ����