XANELA ABERTA

8
ANO 2013 MAIO 175 REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA - www.ateneovikingo.com U n grupo de estudantes do colexio Progreso de Catoira poñerán rumbo a Toulouse (Francia) en maio para participar na final dun concurso de ciencias e matemáticas. A súa profesora Margarita Botana asegurou que están "ilusionadísimos, non hai forma de describilo", chegou a dicir. Non obstante, o máis complicado agora para estes escolares non serán os problemas e cuestións a superar, senón a organización da viaxe a Francia. Segundo a docente, a idea inicial é compartir desprazamento con outros centros galegos gañadores (en total son catro) pero non está exenta de dificultades. "A Consellería de Educación pagaría o desprazamento en autobús pero non é abondo. Poderíase aproveitar para facer unha visita cultural e hai que pensar non aloxamento, alimentación, etc. Haberá que consultar ás familias para que poñan cartos e a ver se algunha empresa ou institución nos axuda", explicou ao respecto. Estes oito mozos de 2º de ESO de Ciencias e outro tanto de Matemáticas de 3º, poderán demostrar no país galo que a educación pública do país ten moito que ofrecer a pesar das pesimistas cifras de informes como o PISA. Para empezar, xa superaron a fase do seu centro e despois a autonómica, en Santiago, no I Rallye Galego sen Fronteiras de Ciencias, convocado por Igaciencia. Segundo Botana, trátase dunha interesante iniciativa que permite introducir os escolares na aplicación real do cálculo e as fórmulas, afrontando os problemas coa lóxica e os seus coñecementos, ademais de fomentar o traballo en equipo, coordinándose na busca de respostas e traballando a contra o reloxo. De feito, na primeira parte, celebrada no propio colexio, as respostas tiñan que enviarse por Internet, a mesma vía por onde chegaban para garantir a transparencia do certame. De aí saíron os dous grupos gañadores aínda que a idea interesou a un bo número de escolares do Progreso, chegando a presentarse 14 grupos. Agora a meta dos 16 finalistas é demostrar a súa valía en Francia, onde competirán con estudantes de centros dese país e de España. De feito, trátase dunha proba nacida nese estado, que ten máis de 20 anos de traxectoria e un "gran prestixio", segundo Botana. Non é de estrañar que "a comunidade educativa do Progreso, en xeral, estea moi ilusionada e orgullosa" de ter chegado■ Fran, Brais, Brayan, Gonzalo, Iago, Antía, Rita, Lucía, Marta, Sonia, Elena, Sara, Inés e Raquel IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA IGACIENCIA © G.S. Que Que Que Que Que Que Que Que grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes rapaces! rapaces! rapaces! rapaces! rapaces! rapaces! rapaces! rapaces!

description

Boletin informativao con novas relacionadas con Catoira

Transcript of XANELA ABERTA

Page 1: XANELA ABERTA

ANO 2013 MAIO Nº 175

REVISTA OFICIAL DO “ATENEO VIKINGO” - CATOIRA - w w w . a t e n e o v i k i n g o . c o m

U n grupo de estudantes do colexio

Progreso de Catoira poñerán

rumbo a Toulouse (Francia) en maio

para participar na final dun concurso

de ciencias e matemáticas. A súa

profesora Margarita Botana asegurou

que están "ilusionadísimos, non hai

forma de describilo", chegou a dicir.

Non obstante, o máis complicado

agora para estes escolares non serán os

problemas e cuestións a superar, senón

a organización da viaxe a Francia.

Segundo a docente, a idea inicial é

compartir desprazamento con outros

centros galegos gañadores (en total son

catro) pero non está exenta de

dificultades. "A Consellería de

Educación pagaría o desprazamento

en autobús pero non é abondo.

Poderíase aproveitar para facer unha visita cultural e hai que pensar non

aloxamento, alimentación, etc. Haberá que consultar ás familias para que

poñan cartos e a ver se algunha empresa ou institución nos axuda", explicou

ao respecto.

Estes oito mozos de 2º de ESO de Ciencias e outro tanto de Matemáticas de 3º,

poderán demostrar no país galo que a educación pública do país ten moito que

ofrecer a pesar das pesimistas cifras de informes como o PISA. Para empezar,

xa superaron a fase do seu centro e despois a autonómica, en Santiago, no I

Rallye Galego sen Fronteiras de Ciencias, convocado por Igaciencia.

Segundo Botana, trátase dunha interesante iniciativa que permite introducir

os escolares na aplicación real do cálculo e as fórmulas, afrontando os

problemas coa lóxica e os seus coñecementos, ademais de fomentar o traballo

en equipo, coordinándose na busca de respostas e traballando a contra o

reloxo. De feito, na primeira parte, celebrada no propio colexio, as respostas

tiñan que enviarse por Internet, a mesma vía por onde chegaban para garantir

a transparencia do certame. De aí saíron os dous grupos gañadores aínda que

a idea interesou a un bo número de escolares do Progreso, chegando a

presentarse 14 grupos. Agora a meta dos 16 finalistas é demostrar a súa valía

en Francia, onde competirán con estudantes de centros dese país e de España.

De feito, trátase dunha proba nacida nese estado, que ten máis de 20 anos de

traxectoria e un "gran prestixio", segundo Botana. Non é de estrañar que "a

comunidade educativa do Progreso, en xeral, estea moi ilusionada e orgullosa"

de ter chegado■

Fran, Brais, Brayan, Gonzalo, Iago, Antía, Rita, Lucía, Marta, Sonia, Elena, Sara, Inés e Raquel

IGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIAIGACIENCIA

© G.S.

Que Que Que Que Que Que Que Que

grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes grandes

rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!rapaces!

Page 2: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 2

NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA OS PARTICIPANTES DA MARCHAPARTICIPANTES DA MARCHA

A pesares de ser unha marcha organizada, os participantes deberán aterse ás vixentes normas de

circulación.

Deberase circular pola beirarrúa da dereita e o máis pegado posible ó borde exterior da calzada, sen facer

eses nin facer, cambios bruscos de dirección.

O uso do casco protector é obrigatorio.

A organización abrirá a marcha e non se permitirá que ningún participante a rebase.

A organización reservase o dereito de modificar o itinerario por calquera circunstancia que puidese

acontecer .

A organización poderá, para aqueles ciclistas que circulen con moito retraso, habilitar un percorrido alternativo e

realizar reagrupamentos.

En caso de accidente a organización declina toda a responsabilidade, comprometéndose a tramitar o

correspondente parte á Cía. Aseguradora.

Infrinxir estas normas ou calquera outra das contempladas no código de circulación poderá ser motivo de sanción pola Dirección Xeral de Tráfico.

Tódolos ciclistas, polo feito de participar neste evento, aceptan o presente regulamento. M

OI IM

POR

TAN

TE

Os participantes menores de 8 anos deberán estar baixo a tutela dun adulto posto que NON están cubertos polo seguro da marcha ciclista

SAÍDA/META: adro do Concello. AVITUALLAMENTO: sede de Protección Civil. INSCRIPCIÓN: de 10:30 a 11:00.

EESTRADASTRADA KKMM

PO-548 3,9

Antiga PO-548 2,4

PO-8001 (variante Catoira –Caldas) 0,2

PO-8703 (estrada de Dimo) 1,1

PO-8702 (estrada de Oeste) 3,0

Pistas 3,9

TTOTALOTAL 14,514,5

► ► ► ► Estradas polas que circulará a XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira:

LLUGARESUGARES DEDE PASOPASO KKMM..

Adro do Concello de Catoira 0,0

Outeiriño 0,5

O Mirador (cruce á esq.) 2,4

O Mirador (cruce á dta.) ►Reagrup. 2,5

A Curva 4,9

Centro médico (cruce á dta.) 5,3

O Campo A Sartén (cruce á dta.) 6,1

Aragunde (cruce á esq.) 6,7

A Venduda (cuce á esquerda) ►Reagrup.

7,9

Variante Catoira - Caldas (cruce á esq.)

8,1

Estrada Vilagarcía Caldas 8,3

Local de Protección Civil (AVIT.) 8,4

Rotonda (seguir dirección Caldas) 8,5

Estrada de Dimo (xiro á esquerda) 8,7

Tarrio (xiro á esquerda) 9,2

Os Pozos (xiro á esq.) ►Reagrup. 10,5

A Baiuca (cruce á dta.) 11,4

Adro de Oeste (seguir recto) 12,9

A Estación (Casa Emilio) 13,6

Adro do Concello de Catoira 14,5

Page 3: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 3

Oeste

Estación

Gondar

A Menda

O Mirador

Tarrio

XXI MARCHA XXI MARCHA

CICLISTA CICLISTA

POPULARPOPULAR

DATA

Sábado18 de maio

SAÍDA/META

Adro do Concello

HORA

11.00

AVITUALLAMENTO

Sede de Protección Civil

PERCORRIDO

14,5 km.

METAMETA

SAÍDASAÍDA

Outeiriño

Polígono industrial

A Baiuca

Aragunde

Venduda

Os Pozos

Page 4: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 4

► ► ► ► Perfil do percorrido da XXI MARCHA CICLISTA POPULAR de Catoira:

► Sexa prudente.

► Use o casco.

► Trátase dun paseo en bici NONNON dunha competición.

► Respecte as normas de circulación.

► Revise a bicicleta, sobre todo: freos, cadea e rodas.

►► DECÁLOGO DE MEDIDAS DE

SINALIZACIÓN E SEGURIDADE:

Para garantir ao máximo a seguridade dos

ciclistas no ATENEO VIKINGO establecemos as

seguintes medidas:

1. Sinalización de cruces e

interseccións, así como outros

lugares, mediante marcas na calzada

realizadas con pintura que se borra ás

poucas horas.

2. Membros de Protección Civil de

Catoira ao longo do percorrido

especialmente en todos os cruces.

O uso do casco é obrigatorio!

sábado 18de maio ás 11.00 horas Adro do concello

3. Coches da organización e

Protección Civil abrindo e

pechando a marcha.

4. Ciclistas situados á cabeza

do pelotón controlando a

velocidade.

5. Coche “escoba”.

6. Ciclistas na cola do pelotón.

7. Ambulancia da Cruz Vermella.

8. Motos da organización controlando a marcha.

9. Realización de reagrupamentos.

10. Establecer percorridos alternativos para aqueles ciclistas

que circulen con moito retraso����

0

10

20

30

40

50

60

Adro

Mira

dor

A Curv

a

Aragunde

Venduda

AVIT.

A Menda

Tarrio

Os

Pozos

Oes

te

Estac

ión

Adro

Page 5: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 5

M áis de un cento de persoas das dúas marxes do Ulla se deron cita este sábado

día 4 de maio para facer a ruta en recordo do poeta Faustino Rei Romero.

Antonio Silva, Marita, Cruz e Ana Conde, entre outros compoñentes do grupo de

teatro de Catoira leron poesías nas primeiras estacións do percorrido, así como tamén

o escritor rianxeiro Xesús Santos. Todo coa organización da Plataforma Cultural

Galega, coordinado por Xosé Agrelo e coa colaboración dos concellos de Rianxo e

Catoira, grupos de teatro de Catoira e Airiños de Rianxo e da Coral Abrairas de

Asados. Un gran éxito que terá continuidade nos vindeiros anos para poñer en valor a

obra de Faustino Rei Romero■

Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido Percorrido poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola poético pola ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do ribeira do Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en Ullán en recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de recordo de Rei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei RomeroRei Romero

Frases Frases

feitasfeitas O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s O r i x e e e x p l i c a c i ó n d a l g u n h a s

f r a s e s f e i t a s f r a s e s f e i t a s

TER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCETER VISTA DE LINCE

A índa que ben é certo que o

lince posúe unha magnífica

agudeza visual, a orixe deste dito

nada ten que ver con este felino.

Segundo o erudito “Padre

Feijoo” (1676-1764), a expresión

alude a un tal Linceo, fillo de

Alfareo, rei dos mesenios, de

quen se dicía que era capaz de

ver e contar a simple vista, dende

a súa atalaia de Libia, os barcos

dunha frota de guerra que saíse

de Cartago. A distancia entre os

dous puntos era duns 240

quilómetros■

Sabía vostede que…

N o 2010, John Isner e Nicolas Mahut, en

Wimbledon, disputaron o que ata o

momento é o partido de tenis máis longo da

historia. Estiveron xogando 11 horas e 5

minutos que finalizou coa

vitoria de John Isner. O

resultado foi do máis

inverosímil: 4-6, 6-3, 7-6 (7), 6-7 (3) e 70-68 xogado en 2 días. . . .

En total disputaron 183 xogos■

Page 6: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 6

�������� 4 O4 OUTUBROUTUBRO: MADRID : MADRID -- TEL AVIV TEL AVIV Á hora que se indique, presentación no aeroporto de Barajas, asistencia nos trámites de facturación, e saída en avión con destino Terra Santa. Cea e noite a bordo.

�������� 5 O5 OUTUBROUTUBRO: TEL AVIV : TEL AVIV -- MONTE CARMELO MONTE CARMELO -- CANÁ CANÁ -- NAZARET NAZARET -- TIBERIADES TIBERIADES Chegada ao aeroporto de Tel Aviv. Asistencia e saída en autobús cara a Haifa, o maior porto marítimo do País. Suba ao Monte Carmelo. Almorzo e visita do Santuario "Stella Maris". Continuación a Caná de Galilea, lugar do primeiro milagre de Xesús: renovación das promesas matrimoniais. Traslado a Nazaret. Xantar. Pola tarde, visita da Basílica e Gruta da Anunciación. Fonte da Virxe; Igrexa de San José e Poboado Evanxélico. Resto da tarde libre. Traslado a Tiberiades. Cea e aloxamento.

�������� 6 O6 OUTUBROUTUBRO: TIBERIADES : TIBERIADES Lago e Monte Tabor Desayuno e saída cara ao Monte das Benaventuranzas, escenario do Sermón da Montaña. Tabgha (multiplicación dos pans e os peixes). Capela do Primado de Pedro. Cafarnaum, a "Cidade de Xesús", onde se visitan os restos da antiga sinagoga do século IV e a Casa de San Pedro. Travesía en barco polo Mar de Galilea. Xantar a beiras do lago. Pola tarde, traslado ao Monte Tabor: suba en taxi e visita da Igrexa da Transfiguración e panorama sobre o val de Esdrelón na Baixa Galilea. Regreso a Tiberiades. Cea e aloxamento.

�������� 7 O7 OUTUBROUTUBRO: TIBERIADES : TIBERIADES -- QUMRAN QUMRAN -- MAR MORTO MAR MORTO -- JERICÓ JERICÓ -- BETANIA BETANIA -- XERUSALÉN XERUSALÉN Saída polo val do Jordán cara á zona do Mar Morto: visita das escavacións do mosteiro Esenio de Qumran e panorámica das

PREZO POR PERSOA

En habitación dobre: 1.325 € Splto. habitación individual: 350 €

+ Seguro de Cancelación: 20 €

covas onde se encontraron os Pergameos do Mar Morto. Continuación ao Mar Morto, o lugar máis baixo da terra . Visita de Qasr-o-Yahud, lugar do bautismo do Señor no río Jordán e renovación das Promesas Bautismais. Traslado a Jericó. Xantar. Pola tarde, visita das ruínas da cidade máis antiga do mundo. Contemplación do Monte da Corentena e do Oasis formado pola Fonte de Eliseo. Suba polo Deserto de Judea a Betania: pequena aldea nos arredores de Xerusalén onde tivo lugar a resurrección de Lázaro: visita da igrexa de Marta e María. Entrada en Xerusalén. Cea e aloxamento.

�������� 8 O8 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Visita do Monte das Oliveiras, cargado de recordos evanxélicos: lugar da Ascensión, pequeno edículo octogonal onde se recorda a ascensión de Xesús aos ceos; o recinto do Pater Noster, en cuxo interior se achan as placas coa oración do Padre Nuestro en máis de 100 linguas. Contemplación da Cidade Santa dende o cume do monte. Paseo ata a pequena capela franciscana de Dominus Flevit na faldra do Monte das Oliveiras, e Getsemaní no Torrente Cedrón: Basílica da Agonía e Horto das Oliveiras. Xantar. Pola tarde, visita do Monte Sión Cristiano: polo Barrio Armenio a San Pedro " in Gallicantu", onde se conmemora o arrepentimento de San Pedro; o Cenáculo onde Xesús celebrou a última cea cos seus discípulos; a Basílica da Durmición, construída a principios do s.XX sobre o lugar da Durmición de María, en cuxa cripta se acha a imaxe en repouso de María. Entrada na Cidade Vella pola Porta de Sión e percorrido polo restaurado Barrio xudeu, visitando o antigo Cardo Máximo e o Muro das Lamentacións. Cea e aloxamento.

�������� 9 OOUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Pola mañá, traslado a Ein Karem: visita dos Santuarios da Visitación e San Juan Bautista. Percorrido pola Cidade Nova de Xerusalén pasando xunto ao Parlamento (Knesset). Visita do Museo de Israel onde se expoñen os manuscritos do Mar Morto e a Maqueta de Xerusalén en tempos de Cristo. Xantar. Pola tarde, saída en dirección a Belén e á pequena aldea cristiá de Bet Sahur, onde se acha o Campo dos Pastores. De regreso a Belén, visita da Basílica da Natividade levantada sobre a Gruta do Nacemento. Grutas de San José e San Jerónimo. Regreso a Xerusalén. Cea e aloxamento.

�������� 10 O10 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN: XERUSALÉN Pola mañá, visita da Cidade Vella de Xerusalén: Igrexa de Santa Ana, Piscina Probática. Percorrido seguindo os pasos de Xesús pola Via Dolorosa ata a Basílica da Resurrección: visita do Calvario e Santo Sepulcro. Xantar. Pola tarde, tempo libre para ampliar a visita da cidade e outras actividades persoais. Cea e aloxamento.

�������� 11 O11 OUTUBROUTUBRO: XERUSALÉN : XERUSALÉN -- TEL AVIV TEL AVIV -- MADRID MADRID Saída cara a Emaús Nikópolis (Amwas): preto de Latrun: onde se conservan os restos da igrexa bizantina do século XIII. Continuación a Jafa: visita do Santuario de San Pedro e Barrio Artístico. Xantar. Pola tarde,traslado ao aeroporto de Tel Aviv e saída en voo de regreso a Madrid. Chegada ao aeroporto de Barallas e fin da Peregrinación ■

Peregrinación da asociación de amas de casa “Muíños do Vento”

a Terra Santa

PPPPRESIDENTARESIDENTARESIDENTARESIDENTA DADADADA A A A ASOCIACIÓNSOCIACIÓNSOCIACIÓNSOCIACIÓN DEDEDEDE AMASAMASAMASAMAS DEDEDEDE CASACASACASACASA “M“M“M“MUÍÑOSUÍÑOSUÍÑOSUÍÑOS DODODODO V V V VENTOENTOENTOENTO””””

Dª Mª Mercedes Pérez López CCCCOORDINAOORDINAOORDINAOORDINA

D. Joisé María Tarrio TTTTELÉFONOSELÉFONOSELÉFONOSELÉFONOS

986 523 258 - 633 090 505 EEEE----MAILMAILMAILMAIL

[email protected]

ISM

ÁIS

ISM

ÁIS

IN

FO

RM

AC

IÓN

INFO

RM

AC

IÓN

INFO

RM

AC

IÓN

INFO

RM

AC

IÓN

Page 7: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 7

O próximo domingo 26 de Maio terá lugar a I Ruta

Vikinga BTT Catoira, con saída ás 9.30 horas dende o

Pavillón Polideportivo de Catoira. A proba consta dun

percorrido cunha distancia de 42 Km., en dificultade media.

As inscricións deberán realizarse antes do 23 de Maio, e o

prezo será de 5 € con seguro incluído. Os participantes

dispoñerán de servizo de duchas e lavado de bicis, e ao

finalizar a proba haberá un aperitivo e sorteo de material de

ciclismo e unha noite na casa rural Os Migueliños.

A inscrición pode realizarse a través de

[email protected] mandando nome,apelidos, DNI

e enderezo. A participación está limitada a 300 prazas■

I RUTA VIKINGA BTTI RUTA VIKINGA BTT

Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma Sae a licitación a reforma

da sede de As Torresda sede de As Torresda sede de As Torresda sede de As Torres

A reforma da sede do club As Torres

vai ser unha realidade en breve. O

Boletín Oficial da Provincia publicou a

licitación das obrascun orzamento de algo

máis de 378.000 euros.

A publicación dunha reportaxe nas

páxinas de La Voz de Galicia do día 27 de

marzo e a contestación social que xerou

acelerouno todo. A partir de aí, o

incansable labor que tanto a xunta

directiva como os pais dos padeeiros viñan realizando

para denunciar o lamentable estado das instalacións

acelerouse. Chegaron as recollidas de firmas e o apoio

á causa de destacados deportistas como Saúl

Craviotto ou Javier Gómez Noya. Apenas dúas

semanas todos se desatascou.

As instalacións están nun estado lamentable e esta

reforma é moi necesaria e vital. Todo isto ocorre nun

dos mellores clubs de piragüismo de Galicia e de

España■

© Martina Miser

xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013 xoves, 9 de maio de 2013

Page 8: XANELA ABERTA

Nº 175 XANELA ABERTA Maio 2013 8

D E P O R T E S

A co lumnA columnA columnA columnA columnA columnA columnA column a a a a a a a a por Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Diospor Pepe Castaño Dios

ELPIDIO

N a última xuntanza de algúns

futbolistas históricos do Club

Catoira que se plasmou cun xantar fai

un par de meses só faltou á cita Elpidio

Vicente Figueira (o Caldeireiro) debido a uns problemas

de saúde que arrastraba. Todos os presentes o botaron

de menos xa que se trataba de unha persoa que creaba

moi bo ambiente no grupo, entre outras cousas porque

tiña moita memoria e axudaba a rememorar

acontecementos e detalles da época en que aqueles

xogadores competían coas cores do noso equipo. O

curioso é que Elpidio non foi futbolista nunca. Pero

sempre estivo presente como directivo, amigo,

colaborador ou o que é tan importante coma todo iso:

afeccionado e gran seguidor do Club Catoira durante

toda a súa vida. Lucho, César, Ferreirós, Paco, Gonzalo,

Jorge… calquera vos falará marabillas deste

compañeiro que nos acaba de deixar. Mesmo nunha

ocasión que me entrevistei con Paco Pajares en Padrón,

aquel home empezoume a preguntar por Froilán,

Camilo, Suso… pero un dos primeiros polos que

amosou interese foi por Elpidio, a pesares de non ser

futbolista. Perdemos un gran lector da Xanela Aberta e,

máis en concreto, desta columna. Debo confesar que en

algunha ocasión me ten dado información e datos cos

que un trata de enfiar esta sección deportiva da revista.

Igualmente para o libro de Catoira que veño de

publicar e, segundo me informara recentemente, xa me

tiña preparadas unhas cousiñas para o próximo.

R ecordo que alá polo ano 1969 eu era xogador

xuvenil do Club Catoira, pero estudaba interno no

Seminario Menor de

Santiago e non podía acudir

ós partidos. Pois cada

domingo pola mañá se

presentaban Elpidio e

Indalecio Carril (outro gran

colaborador e seguidor do

equipo) e me ían buscar no

coche para que non faltara á

cita. A primeira vez que o

fixeron entraron no recinto e

lle preguntaron por min ó

cura de garda. Os dous

directivos sempre me

recordaban a resposta que

lles deu aquel crego: “Pasen

y búsquenlo ustedes mismos.

Miren en la capilla, en la

biblioteca, en el patio, en las

canchas deportivas, en el salón de juegos o en la sala de

estudio. Aunque, la verdad, yo en su lugar este último

sitio lo descartaría por completo”. Claro que despois xa

lles facía ese servizo o porteiro Pedro, un home

corpachudo, solteiro, bonachón e moi apreciador de

calquera detalliño que se lle puidera agasallar. Cando

chegaba un visitante Pedro sempre se laiaba da súa

pouca importancia neste mundo en que vivimos “Está

aquí un nesta triste portería, no reino dos olvidados,

esquecido de todos, cunha miseria de paga… ai Dios mío!”

Indalecio e Elpidio comprenderon e, cada vez que

volvían, lle levaban un purito e aquel home xa era o máis

feliz do mundo. “Ai Don Indalecio e Don Elpidio…,

exclamaba pasándoo polos fociños, isto xa é outra cousa!”

P or este e outros motivos sempre mantiven unha

relación moi sentida con Elpidio. Agora non poderá

estar cos seus amigos históricos do Catoira nas vindeiras

xuntanzas. Botarase de menos, pero seguro que Lucho

non parará de contar anécdotas de Pío (así lle chamaban

a Elpidio de cativo) como cando foi pinche da perruquería

de Casa Emilio, onde traballaba tamén Puebla, o seu pai,

tanto de camareiro como no barco, ou da súa ampla

traxectoria nas oficinas da CEDONOSA.

D eixounos, pois, un home nado nos anos da guerra

(1936 -1939) pero que irradiaba moita paz a todos

os que o rodeaban. Descanse nela Elpidio Vicente

Figueira, o amigo■

Elpidio Vicente Figueira (Catoira - 1936)

Recordo que alá polo ano 1969 eu era xo-

gador xuvenil do Club Catoira, pero

estudaba interno no Seminario Menor de Santiago e non podía

acudir ós partidos. Pois cada domingo

pola mañá se presen-taban Elpidio e Inda-

lecio Carril (outro gran colaborador e seguidor do equipo) e me ían buscar no coche para que non

faltara á cita.