X Conference AIEG

6
1 SEGUNDA CIRCULAR CHAMADA A COMUNICACIÓNS X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) Cardiff/Caerdydd (Reino Unido), 12–14 de setembro de 2012 GALIZA ALÉN DO ARCO ATLÁNTICO: UNHA VISIÓN MULTIDISCIPLINAR DOS ESTUDOS GALEGOS Nas máis de tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar ‘Galiza’. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas. Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos“ busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral. ÁMBITOS TEMÁTICOS E LIÑAS DE ESTUDO O X Congreso da AIEG persegue converterse en plataforma desde a que facer un balance do estado dos estudos académicos internacionais e galegos sobre todo tipo de temáticas e liñas de estudo relacionadas con Galiza, de xeito que encete un diálogo entre aqueles traballos realizados por especialistas provenientes de fóra do país, con aqueloutros desenvolvidos dentro do sistema académico e científico galego. O primeiro obxectivo do X Congreso da AIEG é contribuír ao proceso de apertura dos estudos galegos a novas áreas de coñecemento, de xeito que xunto á reflexión sobre temáticas máis tradicionais como a literatura, a historia ou a lingua galega, se

description

Call for papers X Conference of the International Association of Galician Studies

Transcript of X Conference AIEG

Page 1: X Conference AIEG

1  

  

 SEGUNDA CIRCULAR 

CHAMADA A COMUNICACIÓNS  

X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) Cardiff/Caerdydd (Reino Unido), 12–14 de setembro de 2012 

 GALIZA ALÉN DO ARCO ATLÁNTICO:  

UNHA VISIÓN MULTIDISCIPLINAR DOS ESTUDOS GALEGOS  

 Nas  máis  de  tres  décadas  de  existencia  da  AIEG,  os  estudos  galegos  viñeron  a consolidarse  como  supradisciplina  na  que  cada  vez  atopan  acubillo máis  eidos  do saber. Nunha  realidade  social  cada  vez máis  complexa e  cambiante,  a  variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar  ‘Galiza’.  Esta  visión  multidisciplinar  vén  propiciando  colaboracións  entre  o ámbito  académico,  cultural,  político  e  social  radicado  en  Galiza  con  colegas  que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas.  Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos  galegos“  busca  servir  de  plataforma  desde  a  que  contribuír  a  desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto  do  Arco  Atlántico,  mais  tamén  facéndose  extensíbeis  a  outros  ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.    ÁMBITOS TEMÁTICOS E LIÑAS DE ESTUDO  O  X  Congreso  da  AIEG  persegue  converterse  en  plataforma  desde  a  que  facer  un balance do estado dos estudos académicos internacionais e galegos sobre ttooddoo  ttiippoo  ddee  tteemmááttiiccaass  ee   lliiññaass  ddee  eessttuuddoo  rreellaacciioonnaaddaass  ccoonn  GGaalliizzaa,,  de xeito que encete un diálogo entre aqueles traballos realizados por especialistas provenientes de fóra do país, con aqueloutros desenvolvidos dentro do sistema académico e científico galego.  O primeiro obxectivo do X Congreso da AIEG é contribuír ao proceso de apertura dos estudos galegos a novas áreas de coñecemento, de xeito que xunto á reflexión sobre temáticas  máis  tradicionais  como  a  literatura,  a  historia  ou  a  lingua  galega,  se 

Page 2: X Conference AIEG

2  

potencie  a  presenza  de  disciplinas  e  perspectivas  de  análise  de  incorporación máis recente aos estudos galegos. É por  iso que  se  lle dará benvida a ámbitos  temáticos como: 

 Dereito, economía, política, filosofía, socioloxía, educación, arquitectura, belas artes, audiovisual, artes plásticas, deportes, turismo, musicoloxía, historia da arte, estudos culturais,  estudos  de  tradución,  antropoloxía,  etnografía,  gastronomía,  ciencias  da comunicación,  tecnoloxías  da  información,  ciencias  da  saúde,  ciencias  naturais  e ecoloxismo, teoría feminista, estudos de xénero, estudos queer, estudos poscoloniais e das minorías, literatura, historia e xeografía, lingüística e lingua galega. 

 O  segundo obxectivo do X Congreso da AIEG é o de afondar na promoción  cultural, intelectual  e  científica  das  identidades  culturais/nacionais  que  comparten  a  franxa atlántica,  identificando  desafíos  do  presente  e  a  proposta  de  estratexias  coas  que facerlles fronte. Máis especificamente, a localización do congreso en Cardiff/Caerdydd hase  aproveitar para  compartir metodoloxías e experiencias entre Gales e Galiza  co propósito  de  destacar  algunhas  vías  de  xestión,  mobilización  e  organización  de proxectos en común, no marco dunha comparativa das experiencias das dúas nacións subestatais no contexto da Europa actual. En consecuencia, entre as  liñas de estudo que se abordarán ao longo do congreso atópanse as seguintes:  

• Os estudos galegos na confluencia interdisciplinar do século XXI • Galiza no Arco Atlántico: desafíos para a promoción cultural das nacións subestatais 

no século XXI • Gales e Galiza: paralelismos, diverxencias e retos de futuro. 

  Con todo, ao lado disto no X Congreso da AIEG terán cabida ttooddoo  ttiippoo  ddee  tteemmááttiiccaass  ee  lliiññaass  ddee  eessttuuddoo  rreellaacciioonnaaddaass  ccoonn  GGaalliizzaa..   CONFERENCIAS PLENARIAS  Helena González Fernández Rosario Álvarez Xurxo Mariño  Manuel Gago Luis Costa  David Mackenzie Xosé Luís Méndez Ferrín (pendente de confirmar) Manuel Rivas (pendente de confirmar)   PROPOSTAS DE COMUNICACIÓNS  A AIEG solicita propostas de comunicacións para o X Congreso Internacional que terá lugar  en  Cardiff/Caerdydd,  capital  do  País  de Gales  (Reino Unido),  do  12  ao  14  de setembro  do  2012. O  tema  do  congreso  será  “Galiza  alén  do Arco Atlántico:  unha visión  multidisciplinar  dos  estudos  galegos“,  e  as  propostas  han  estar preferentemente  relacionadas  con  algún  dos  ámbitos  temáticos  e  liñas  de  estudo detallados anteriormente. 

Page 3: X Conference AIEG

3  

 As propostas para relatorios deben enviarse antes do 31 de marzo de 2012 por correo electrónico a [email protected], incluíndo os seguintes datos:  

título  do  relatorio,  nome  e  afiliación  do  autor/a,  correo  electrónico,  resumo  da proposta (300 palabras), 5 palabras chave, 5 referencias á bibliografía esencial, breve biodata do autor/a (100 palabras) e información sobre o equipamento necesario para a exposición (ordenador, proxector, audio, vídeo, etc).  

 As propostas deben redactarse en fonte Calibri ou semellante, tamaño 12 e espazo 1,5.  O  tempo destinado  a  cada  relatorio  será estritamente de 20 minutos, e este  factor deberase ter presente á hora de redactar a proposta.   A  lingua  oficial  do  congreso  será  o  galego,  aínda  que  se  admitirán  comunicacións noutras linguas de uso habitual na comunidade científica.   O  comité organizador do  congreso,  co  asesoramento do  comité  científico  composto por especialistas de todas as áreas de coñecemento implicadas, será o responsábel de revisar  e  seleccionar  as  propostas  recibidas.  Unha  selección  das  mellores contribucións,  feita  polo  comité  científico  xunto  coa  organización  do  congreso, publicarase nun ou en varios libros independentes.   PROPOSTAS DE PANEIS (NOVIDADE)  Como  novidade,  a  AIEG  tamén  solicita  propostas  de  PANEIS  para  o  X  Congreso Internacional. Cada panelista debe enviar a súa proposta de panel con 3‐4 relatores/as confirmados por e‐mail antes do 31 de marzo de 2012 a [email protected] incluíndo a seguinte información:  

Título do panel; nome, afiliación e mail da/do panelista; resumo da proposta do panel. Título de cada un dos relatorios que compoñen o panel; nome, afiliación e mail de cada relator/a;  resumo de cada unha das propostas (300 palabras). Ademais,  debe  incluírse  unha  breve  biodata  de  cada  participante  no  panel  (100 palabras) e información sobre o equipamento necesario para a exposición.   

O  tempo destinado  a  cada  relatorio  será estritamente de 20 minutos, e este  factor deberase ter presente á hora de redactar a proposta.    CALENDARIO PARA ENVÍO DE PROPOSTAS E MATRÍCULA  Envío de propostas de comunicación: Deben enviarse a [email protected] antes do 31 de marzo de 2012   Notificación de aceptación: A notificación da aceptación de comunicacións realizarase en maio de 2012.  

Page 4: X Conference AIEG

4  

Pagamento de matrícula:  Unha vez se reciba a notificación de aceptación das propostas, as persoas participantes poderán proceder á súa matrícula no congreso, habilitándose un primeiro prazo para pagamento con desconto  (até o 15 de xullo), e un segundo prazo para o pagamento íntegro da matrícula (até o 31 de agosto).   Celebración do congreso:  Do mércores 12 ao venres 14 de setembro de 2012.   Entregarase  diploma  acreditativo  de  participación  no  congreso,  emitido  pola Asociación Internacional de Estudos Galegos.   PAGAMENTO DAS TAXAS DE MATRÍCULA  

Asistentes sen comunicación: ‐SOCIAS/OS: gratis ‐NON SOCIAS/OS: 60€ 

 

Asistentes con comunicación: PAGAMENTO CON DESCONTO: até 15 de xullo de 2012 ‐SOCIAS/OS: 50 € ‐NON SOCIAS/OS: 150 € 

 

PAGAMENTO ÍNTEGRO: até 31 de agosto de 2012 ‐SOCIAS/OS: 70 € ‐NON SOCIAS/OS: 210 € 

 

Haberá os seguintes DESCONTOS, aplicábeis sobre todas as taxas de matrícula: ‐Persoas desempregadas: 50% ‐Estudantes de posgrao: 50% ‐Estudantes de grao: 70% 

 Para máis información sobre como ASOCIARSE Á AIEG (cota anual de 30 euros, e de 20 euros ao ano para estudantes), envíanos un email a [email protected] ou contacta directamente coa secretaria da AIEG, Olga Castro: [email protected]  BOLSAS DE ASISTENCIA AO CONGRESO PARA ESTUDANTADO (NOVIDADE)  

Haberá un programa de bolsas para contribuír a sufragar os gastos de asistencia ao X Congreso da AIEG por parte do estudantado, en base a criterios académicos. Como parte deste programa, concíbense as seguintes bolsas:   

• 1 BOLSA por contía fixa de 500 €, financiada polo Centro de Estudos Galegos da University College Cork (Irlanda) 

• 2 BOLSAS para cubrir os gastos de matrícula de estudantado.   

Os criterios de concesión das bolsas, así como o procedemento para a súa solicitude están recollidos no documento “BOLSAS PARA ASISTENCIA AO X CONGRESO DA AIEG”, difundido  pola  AIEG.  Unha  vez  que  a  nova  páxina  web  da  AIEG  entre  en funcionamento, no mes de marzo, o documento tamén estará dispoñíbel na web.  

Page 5: X Conference AIEG

5  

O estudantado que queira optar a recibir estas bolsas, debe enviar o FORMULARIO que atopará  no  documento  “BOLSAS  PARA  ASISTENCIA  AO  X  CONGRESO  DA  AIEG” (cumprimentando  todos  os  datos  solicitados)  ao  mesmo  tempo  que  envía  a  súa proposta de comunicación, sempre antes do 31 de marzo, a [email protected]. As notificacións de concesións das bolsas faranse a finais de maio.  Desde  a  AIEG  seguimos  traballando  con  outras  institucións  para  lograr  ampliar  o programa de bolsas.   PROGRAMA DE ACTOS EXTRA/ACADÉMICOS  

O  congreso  conxugará  a  celebración  de  actos  académicos  en  sentido  estrito,  con outras actividades culturais.  Dentro  dos  actos  académicos  incluiranse  conferencias  plenarias  por  parte  de personalidades destacadas invitadas, celebración de xornadas sobre temas específicos, presentación de relatorios individuais, e discusións arredor de mesas redondas.    

OOBBRRAADDOOIIRROO  DDEE  EESSTTUUDDOOSS  RROOSSAALLIIÁÁNNSS  (NOVIDADE)   Entre  estes  temas,  haberá  a  celebración  do OBRADOIRO DE  ESTUDOS  ROSALIÁNS, que consistirá nunha sesión centrada na figura de Rosalía de Castro.  As  propostas  que  queiran  enmarcarse  dentro  deste  obradoiro  deben  adecuarse  ás mesmas  regras  que  o  resto  de  propostas  e  enviarse  a  [email protected] antes  do  31  de marzo,  se  ben  o  autor  ou  autora  debe  indicar  EXPRESAMENTE  que desexa que a súa proposta se inscriba na celebración deste obradoiro. En todo caso, a AIEG difundiu unha CHAMADA A COMUNICACIÓNS PARA O OBRADOIRO DE ESTUDOS ROSALIÁNS de maneira independente, co afán de lograr a máxima participación.  Os actos culturais e de  lecer  incluirán concertos de grupos de música galesa e galega, recitais, veladas, recepción polas institucións galesas, visitas guiadas pola cidade, e cea de benvida e de despedida. Nos cafés  informativos prevese que o momento de  lecer estea acompañado da celebración de presentación de libros, etc.    COMITÉ CIENTÍFICO   

Xosé Manuel Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela Helena Miguélez Carballeira, Bangor University ‐ Gales Burghard Baltrusch, Universidade de Vigo Jaine Beswick, Southampton University Benita Sampedro Vizcaya, Hofstra University Xulio Ferreiro Baamonde, Universidade da Coruña Iolanda Ogando, Universidad de Extremadura María Rosa Lojo, Universidad de Buenos Aires 

Page 6: X Conference AIEG

6  

Jorge Cagiao, Université de Tours António Apolinário Lourenço, Universidade de Coimbra José Colmeiro, The University of Auckland Eugenia R. Romero, Ohio University Carsten Sinner, Universität Leipzig 

  COMITÉ ORGANIZADOR   

Craig Patterson, Cardiff University Elisa Fernández, Universidade de Santiago de Compostela Olga Castro, Aston University ‐ Birmingham Xabier Cid, University of Stirling Débora Campos, Universidad de Buenos Aires Rosa Aneiros, Consello da Cultura Galega Gabriel Pérez Durán, Universidade de Vigo   

MÁIS INFORMACIÓN   Toda a información sobre o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos“ estará dispoñíbel na nova páxina web da asociación (actualmente en construción) no mes de marzo. Mentres tanto, para máis información:   

Craig Patterson (presidente): [email protected] Elisa Fernández (tesoureira): [email protected]  Olga Castro (secretaria): [email protected]