WOS Festival CONTIDOS Santiago de Compostela Presentación · Galicia, e do Museo Centro Gaiás, o...

11
WOS Festival Santiago de Compostela 6-10 Setembro 2017 DOSSIER DE MEDIOS CONTIDOS Presentación Espazos Programa Cinema Programa Encontros Programa Performance Programa Música Programa Clubbing Cifras SOBRE O FESTIVAL WOS é un evento de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove a partir dun contexto íntimo a búsqueda e difusión de novas propostas culturais. Nace en 2014 para consolidarse como o primeiro e único festival urbano e indoor galego, e co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional entre un público aventureiro, en constante busca de novos códigos culturais, e que quere ser apreciado, cuidado e escoitado. O bloque principal do proxecto confórmano as actuacións musicais, distribuidas ao longo de cinco días en más de dez escenarios, todos eles ubicados en espazos singulares de Santiago de Compostela. A excepcionalidade das súas localizacións crea experiencias únicas, e vínculos indelebles entre marco, artistas e espectadores. A música é o elemento aglutinador arredor do que se xeran vías de difusión de diversos ámbitos artísticos: audiovisual, artes escénicas, así como conferencias e mesas redondas orientadas tanto a profesionais como ao público xeral. ENTRADAS As diferentes entradas están dispoñibles en www.wosfestival.es: Abono Premium: acceso durante os 5 días Abono Fin de Semana: acceso de venres a domingo Entradas para un día (mércores, xoves, venres, sábado ou domingo) Os abonos e entradas non cubren o acceso ás actividades en NUMAX. ESPAZOS CGAC Nun lugar idílico da cidade, integrado xunto ao Parque de Bonaval e outros lugares máxicos da cidade, o Centro Galego de Arte Contemporánea aterrou no ano 1993 nos límites da zona monumental para establecer unha canle entre Compostela e o mundo a través das artes plásticas do noso tempo. CIDADE DA CULTURA Gaiás, Cidade da Cultura preséntase como un espazo para a cultura, a tecnoloxía e o emprendemento. Sede da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e do Museo Centro Gaiás, o edificio CINC- dedicado ás novas tecnoloxías- acolle tamén o Centro de Emprendemento, onde se impulsan máis dun cento de proxectos innovadores. A súa arquitectura converte o Gaiás nunha das referencias contemporáneas en Galicia. FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL A terraza da Fundación Eugenio Granell é un lugar privilexiado no Pazo de Bendaña, xusto no medio da zona histórica de Compostela. Construído no século XVIII e presidindo a Praza do Toural, unha das xoias arquitectónicas de Santiago, ademais dunha colección artística envexable durante o WOS acollerá algunhas das nosas actividades.

Transcript of WOS Festival CONTIDOS Santiago de Compostela Presentación · Galicia, e do Museo Centro Gaiás, o...

WOS Festival Santiago de Compostela

6-10 Setembro 2017

DOSSIER DE MEDIOS

CONTIDOS Presentación

Espazos Programa Cinema

Programa Encontros Programa Performance

Programa Música Programa Clubbing

Cifras

SOBRE O FESTIVAL WOS é un evento de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal, pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove a partir dun contexto íntimo a búsqueda e difusión de novas propostas culturais. Nace en 2014 para consolidarse como o primeiro e único festival urbano e indoor galego, e co obxectivo de converterse nunha cita de referencia a nivel internacional entre un público aventureiro, en constante busca de novos códigos culturais, e que quere ser apreciado, cuidado e escoitado. O bloque principal do proxecto confórmano as actuacións musicais, distribuidas ao longo de cinco días en más de dez escenarios, todos eles ubicados en espazos singulares de Santiago de Compostela. A excepcionalidade das súas localizacións crea experiencias únicas, e vínculos indelebles entre marco, artistas e espectadores. A música é o elemento aglutinador arredor do que se xeran vías de difusión de diversos ámbitos artísticos: audiovisual, artes escénicas, así como conferencias e mesas redondas orientadas tanto a profesionais como ao público xeral.

ENTRADAS As diferentes entradas están dispoñibles en www.wosfestival.es:

Abono Premium: acceso durante os 5 días Abono Fin de Semana: acceso de venres a domingo

Entradas para un día (mércores, xoves, venres, sábado ou domingo) Os abonos e entradas non cubren o acceso ás actividades en NUMAX.

ESPAZOS

CGAC Nun lugar idílico da cidade, integrado xunto ao Parque de Bonaval e outros lugares máxicos da cidade, o Centro Galego de Arte Contemporánea aterrou no ano 1993 nos límites da zona monumental para establecer unha canle entre Compostela e o mundo a través das artes plásticas do noso tempo.

CIDADE DA CULTURA Gaiás, Cidade da Cultura preséntase como un espazo para a cultura, a tecnoloxía e o emprendemento. Sede da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e do Museo Centro Gaiás, o edificio CINC- dedicado ás novas tecnoloxías- acolle tamén o Centro de Emprendemento, onde se impulsan máis dun cento de proxectos innovadores. A súa arquitectura converte o Gaiás nunha das referencias contemporáneas en Galicia.

FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL A terraza da Fundación Eugenio Granell é un lugar privilexiado no Pazo de Bendaña, xusto no medio da zona histórica de Compostela. Construído no século XVIII e presidindo a Praza do Toural, unha das xoias arquitectónicas de Santiago, ademais dunha colección artística envexable durante o WOS acollerá algunhas das nosas actividades.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

FUNDACIÓN SGAE O edificio que alberga á sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela foi construido fai unha década . A súa arquitectura inspírase nas construccións megalíticas, expresando un diálogo coa tradición e a historia dende unha linguaxe contemporánea.

IGREXA DA UNIVERSIDADE Tradición e modernidade conflúen na Igrexa da Universidade (ou antigamente Igrexa da Compañía), unha pequena capela barroca de orixe xesuíta con máis de catro séculos de antigüidade que o WOS orienta cara as propostas artísticas máis comprometidas coa necesidade de xerar novos formatos e vías de expresión.

LA MONTIEL Un novo espazo en Compostela: unha antiga fontanería de 117 anos no corazón de Compostela, convertida en espazo non permanente de exhibición, encontro e creación, que acollerá programación de danza, teatro, e unha editoral teatral. Proxecto xestionado por Matarile Teatro, cunha duración limitada a 3 meses.

MERCADO DE ABASTOS O Mercado de Abastos representa todo o que o WOS quere facer confluír: tradición e arquitectura, materia prima autóctona e visións alternativas da cultura para unha sociedade galega en constante movemento.

NUMAX NUMAX é un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual, unha cooperativa e a manifestación perfecta dun novo estilo de xestión cultural coa que WOS está en plena sintonía.

SALA CAPITOL A Sala Capitol é a sala de maior prestixio do país e unha das máis valoradas a nivel estatal. Case 1000 persoas poden gozar dunha produción musical envexable neste antigo cinema reconvertido nun espazo excepcional.

SALA MALATESTA A sala Malatesta nace para dar continuidade a un espazo compostelán que se mantivo durante 19 anos como un claro referente na cultura da cidade: a Sala Nasa. A Malatesta aspira a xirar en torno a música, tanto galega como internacional. Seu obxectivo é dinamizar a cidade, abrindo un espazo a todo tipo de actuacións que atraian a un público variado.

SALA RIQUELA Un novo espazo acolledor en pleno corazón de Compostela, ambientado en séculos de historia, e restaurado respetando toda a súa esencia. Cos mellores medios técnicos, e unha excelente programación musical estable en directo, a Riquela busca abarcar todos os estilos musicais. A súa axenda propón ó público tanto concertos con acceso libre como programación cultural inmersa nos mellores festivais da cidade.

TEATRO PRINCIPAL Este espazo escénico de estilo italiano é o máis estimado da programación cultural da capital galega. Sito na Rúa Nova, onde conflúen as rutas históricas, turísticas, culturais e gastronómicas da cidade, acolle tódolos grandes ciclos e actividades culturais de Compostela.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

PROGRAMA

CINEMA

MIENTRAS EL CUERPO AGUANTE

Fernando Trueba (1982) Documental sobre a vida do cantautor e filósofo Chicho Sánchez Ferlosio, fillo do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio. A película retrata a vida cotiá e as reflexións dun cantautor irrepetible, por entón afastado da vida política e social, así como o propio dispositivo de rodaxe, con Fernando Trueba dirixindo a súa segunda longametraxe. Un achegamento á vida de Chicho e a súa compañeira Rosa a través das súas cancións de resistencia antifascista, autonomía e independencia.

RAGE. A MOVIE ABOUT ACID MUSIC Dominque Lohlé e Guy-Marc Hinant, 2016 ESTREA EN ESPAÑA Presentada polo seu director Guy-Marc Hinant e Servando Rocha Unha película sobre a música Acid Techno, o anarquismo, o sintetizador Roland TB-303, as festas rave, a desorde, o instinto de vida e o instinto de morte, as sociedades secretas e o caos, a infancia, o ruído, o pracer de facer música e escoitala, a violencia e como responder a ela con violencia. O amor.

TONY CONRAD: COMPLETELY IN THE PRESENT Tyler Hubby, 2016 ESTREA EN ESPAÑA Presentación e encontro co seu productor Paul Williams Tony Conrad foi un dos grandes artistas norteamericanos do seu tempo. Desde principios dos anos 60, as películas e as composicións de Conrad foron materia de lenda para artistas e músicos de todas partes do mundo. O seu vasto repertorio interdisciplinario inspirou e confundiu a xeracións de artistas, colaboradores e afeccionados.

PROGRAMA

ENCONTROS

ENCONTRO CON ROBERT HENKE O nome de Robert Henke (Berlin, 1969) estará ligado para sempre ao florecemento da escena techno na Alemaña de mediados dos anos noventa. Xunto ao seu socio Gerhard Behles sentou as bases para un minimalismo sonoro, inspirado no dub e o ambient, que máis tarde popularizarían os selos Kompakt e Basic Channel. Pero o verdadeiro impacto a nivel mundial obtivérono grazas ao software que eles mesmos deseñaron para tocar en directo: o Ableton Live, chamado a converterse nunha das ferramentas máis revolucionarias da historia da música electrónica.

ENCONTRO CON NITE JEWEL Ramona González é o nome da muller que, dende 2008, se agocha detrás de Nite Jewel. Nada en Los Angeles, e graduada en Filosofía, empezou a compoñer nun oito pistas portátil en cassette para, apenas un ano máis tarde, publicar o seu primeiro traballo “Good Evening”. En pouco tempo Nite Jewel estaba de xira por todo o mundo e fundou o seu propio selo, Gloriette, para publicar os seus propios traballo. Dende baladas futuristas a hits de pista de baile, o seu cuarto LP “Real High” (maio de 2017) é a máis centrado e certeira das súas súas obras ata a data.

ENCONTRO CON OREN AMBARCHI Desde finais dos 90 os seus experimentos en abstraccións con guitarra conducíronlle a un mundo sónico persoal e único que incorpora unha ampla paleta de instrumentos e sensibilidades. Ambarchi ten tocado e gravado cun diverso abanico de artistas como Sunn 0)), Keiji Haino, John Zorn, Merzbow, Jim Ou‟Rourke, Akio Suzuki ou Phill Niblock, entre moitos outros. O seu album “Quixotism” foi nomeado por The Wire entre as obras do ano en 2014, e ese mesmo ano Pitchfork nomeoulle Artista Experimental do Ano.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

HORDAS, TIRANOS E BESTAS: AS NOVAS MARXES DA DISIDENCIA Vivimos tempos apocalípticos nos que un bo número de editoriais independentes dedican os seus esforzos á confección e propagación de artefactos de disidencia, presentándose a si mesmas como sociedades secretas e entes subversivos. Na presente charla especularemos sobre a importancia de xerar novas mitoloxías, inventar formas inusitadas de activismo e amplificar a mensaxe das actuais escolas filosóficas de vangarda.

MÁQUINAS E ALMAS: INNOVACIÓN TECNOLÓXICA E GRAMÁTICAS DE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA Os Novos Medios non son só medios de produción: son medios de creación, dan lugar a novas narrativas e posibilitan a creación de novos espazos de interacción social; novas paisaxes nos que o virtual é confundido co real. Ademais de presentarnos as súas obras, os nosos relatores abordarán as novas gramáticas de creación contemporánea, en base á súa experiencia como artistas de proxección internacional, e como os Novos Medios representan un lugar común no que converxen as tecnoloxías mediáticas e informáticas, a fotografía, a música e o cinema.

NOVAS ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E PRESENZA DE MARCA EN PROXECTOS CULTURAIS Aínda que a figura do patrocinador resulta clave para o financiamento de proxectos culturais, o seu papel xa non se limita ao investimento económico. A súa presenza mídese agora en termos de interactividade coas novas tecnoloxías ao seu alcance, “creando momentos”, establecendo vínculos emocionais co seu público e fomentando a aparición de novos formatos e actividades alternativas que contribúen á diversificación da oferta cultural. Analizaremos o cambio de paradigma tecnolóxico, partindo de iniciativas exitosas da implementación dos novos medios na súa estratexia de márketing e comunicación.

TRAS A PISTA DO ORGAN SOUND Achégache a coñecer o asombroso legado tecnolóxico dos irmáns Portela Seijo, os inventores composteláns do Organ Sound. Un bafle de tubos resonantes deseñado a finais dos anos sesenta, cunha potencia e calidade de son catro veces superior a a obtida polos equipos de alta fidelidade actuais. O director creativo e enxeñeiro Toño Cabanelas e o artista e tecnólogo Miguel Espada adiantarannos os detalles do proxecto de I+D previamente á súa presentación oficial a finais de setembro. Para a ocasión, contaremos coa presenza de Yago Portela Seijo, herdeiro do negocio familiar, para achegarnos a fascinante historia da súa patente e ofrecernos unha demostración en directo dun de modelos orixinais.

PROGRAMA

PERFORMANCE

WORK IN PROGRESS: MODELOS DE XESTIÓN E FESTIVAIS MUSICAIS Tras a excelente acollida da pasada edición, contaremos coa presenza de representantes dalgúns dos festivais máis interesantes do panorama actual. A mesa redonda cumprirá a dobre función de servir de escaparate para confrontar diferentes modelos de xestión e propiciar novos puntos de encontro. Coñeceremos as particularidades de cada proxecto e debateremos sobre o papel das novas tecnoloxías e os emprazamentos inusuais como principais acenos de identidade, tanto artística como empresarial.

“Métanse nos seus asuntos” Compañía Licenciada Sotelo Un traballo sobre a presenza. Un só de danza que se move entre a evocación de lugares comúns e a exposición da privacidade, expondo a implicación ou desentendimiento do que mira ou asiste a un acto público e cuestionando a nosa pasividade ante os acontecementos alleos. Alguén dirá que de bo grado se metería nos seus asuntos, pero cales son? Ás veces todo nos concierne e, de súpeto, nada nos toca.

“metopio / artes del movimiento” Javier Martín E os corpos abandonan a naturalidade e déixanse gañar polo sentido estético do ritmo. Creación e interpretación Javier Martín

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

NOSTOC Nostoc é un dúo formado en 2016 por Mateo Mena e Laura Iturralde. Investigando como a ciencia se relaciona coa arte e como o ser humano relaciónase coa natureza conxugan materiais sonoros, escenográficos, visuais e lumínicos, tratando ampliar os límites do concerto convencional. A súa primeira proposta, „Taxón‟, incorpora elementos visuais e escenográficos nun marco musical electrónico. Baseándose na evolución de distintos organismos e elementos presentes na natureza, Nostoc utilizan a «estrutura» como elemento central do discurso audiovisual desta peza. Nela combínanse música electrónica analóxica con visuais baseadas na manipulación de materiais en tempo real, buscando un punto intermedio entre o concerto e a instalación performativa.

SONIC PARKOUR Nacho Muñoz presenta o seu proxecto “Concerto para piano e cidade”, a versión en palco da iniciativa Parkour Sonoro, unha investigación poética centrada na relación das persoas co son. Neste formato de concerto audiovisual con videorealización en directo (dirixida por Roi Fernández aka Sr Pause), Nacho Muñoz propón unha serie de pezas para piano creadas a partir de grabacións de imaxes e sons capturados en diferentes cidades de Europa, convertindo os ruidos cotidiáns das rúas en músicas de gran beleza e orixinalidade. En definitiva, un convite a relacionarse coa cidade e establecer unha conexión sensible con ela a través do seu son. “Propoño con este proxecto mostrar diferentes posibilidades de reinterpretar a cidade dende a súa escoita, repensar o espazo público dende o son e, en definitiva, explorar outras maneiras de coñecer e sentir a cidade…”

ROBERT HENKE: LUMIÈRE III ESTREA EN ESPAÑA Lumière III é a terceira manifestación dun proxecto artístico e audiovisual de longo percorrido ao redor de láseres de alta precisión e son multicanle iniciado en 2013 por Robert Henke. Henke explora conceptos acústicos, ambisonics e as ondas difusoras do son a través do espazo como materiais cos que crear performances que combinan o son e a visión de maneiras innovadoras. Co obxectivo de proporcionar ao público unha experiencia única, Henke desenvolve hardware propio, codifica o seu propio software, inclúe múltiples canles de audio cos que situar ao oínte nun campo sónico máis aló do físico, ou desenvolve obras especificamente concibidas para localizacións concretas. Lumière I e II foron aclamados entre o máis destacado dos grandes festivais de creación audiovisual, incluíndo CTM, MUTEK, STRP ou Unsound entre outros.

“We Need A Name: Gil Eanes” David Loira Un paseo por unha cidade, polo seu pasado, polo seu presente e polo seu futuro… Un paseo por cuestións como o tempo, o lugar, o concepto de estar , de nomearse, do descoñecido, da cartografía, da viaxe, do turismo, de explorar, conquistar…

PROGRAMA

MÚSICA

BEAK>

Beak> foi formado en 2009 por tres músicos de Bristol: Billy Fuller, Geoff Barrow e William Young. Con dous albums, oito singles, e máis dunha decena de xiras por Europa e USA ás súas costas, acaban de lanzar un novo tema, „Sex Music‟.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

BFLECHA A artista galega Belén Vidal leva dende o seu primeiro disco colleitando críticas fascinadas que se renden ante o seu traballo. No seu segundo álbum Kwalia, lanzado no seu propio selo Arkestra, BFlecha tomouse o seu tempo para explorar con éxito novos rexistros vocais e, por riba de todo, pulir e desenvolver un son propio que xa é inconfundible, unha paisaxe mental única e diversa que nos levará as estruturas do oop, a vangarda dixital ou ata ecos da música tradicional, todos eles alonxados de calquera tipo de cloché ou fórmula establecida.

BOYANKA KOSTOVA Considerado como o primeiro grupo de trap en galego, a música de Boyanka é universal. Non poderás parar de bailar ao son dos seus ritmos hipnóticos e o seu flow costumista. A banda demostra en cada directo que só vai a máis. O seu primeiro disco, xa gravado, sairá nos próximos meses. Mentres, non deixan de deleitarnos con novos vídeos para os seus temas.

CARLA DAL FORNO „You Know What It‟ s Like‟ é o álbum de debut de Carla dal Forno tras o seu paso polo grupo culto australiano Mole House e o seu paso polo selo Blackest Ever Black como membro de Fingers e Tarcar. A súa voz é un instrumento extraordinario: conversacionalmente desarmante e glacialmente distante. A súa voz é a encarnación perfecta das súas cancións emocionalmente ambiguas: as súas letras arraigadas no cotián, observan e expoñen unha serie de verdades incómodas. Esta voz fai preguntas difíciles sobre quen canta, do que se canta, e a quen se canta. Finais e principios, morte e transformación.

GHOST AND TAPE Ghost and Tape é o nome tras o músico e artista de son Heine Christensen. Un guitarrista que improvisa e deseña con samplers, mini sintetizadores, gravacións de campo, procesamento de sons analóxicos, secuenciadores e manipulacións sónicas para crear pezas instrumentais ricas en paisaxes ambientais electroacústicos. Os cimentos de ghost and tape viran en torno ao interese polas harmonías tonales, texturas de son e como estas interactuan entre elas. Christensen compuxo, produciu e gravou o seu primeiro album en 2010, publicado no selo xaponés Schole Records.

GREG FOX Greg Fox é un baterista e artista multidisciplinar que naceu e creceu en Nova York. Dende 2008 tocou en máis de 50 referencias, incluíndo o seu traballo conLiturgy, Ben Frost, Skeletons, Hieroglyphic Being, Man Forever, en solitario, e nos seus proxectos con GDFX e Guardian Alien. Fox estudou batería con Thurman Barker, Marvin “Bugalu” Smith, Guy Licata, e Milford Graves, xirou varias veces por todo o mundo con diferentes bandas e colaboracións, fixo moitas residencias internacionais, e foi premiado como “Mellor batería de NYC” polo xornal Village Voice.

HHY & THE MACUMBAS HHY & The Macumbas transportan un son febril que axita vigorosamente cosmoloxía vudú con dub, nunha bailable misa negra destinada a desatar o espectro sónico que conecta a King Tubby e a Sun Ra cos ritmos Macumba. Ensamblados polo instrumentista de amplo espectro e produtor Jonathan Uliel Saldanha (tamén coñecido como HHY), a banda Macumbas, constituída por músicos do colectivo Soopa, parte activa da música exploratoria portuguesa desde hai máis de dez anos, destila un Dub cavernoso que combina unha enfebrecida percusión, a presión dos subgraves, e acios de ventos.

JULIA KENT Despois de anos de interpretación e gravación con outros artistas e grupos, Julia Kent, nacida en Canadá e residente en Nova York, atopou a súa propia voz co seu debut en solitario, Delay, unha exploración dos mundos emocionais que existen dentro das disxuncións e desorientacións das viaxes. En Green and Grey, o seu seguinte LP en solitario, continuou usando loops e capas de violoncelo, electrónica e gravacións de campo para explorar as interseccións entre o mundo humano e o mundo natural, e a complexidade e fraxilidade das nosas relacións entre nós e co mundo que nos rodea.

K-X-P Ao principio da súa carreira K-X-P chamábanse K-N-P, as iniciais dos tres amigos e músicos de Helsinqui que compoñían o trío: Kaukolampi, Nykänen e Puranen. Pronto a N de Anssi Nykänen converteuse nunha X, indicando o misterio en torno a batería. Os seus directos hipnóticos son coñecidos polo seu impredecibilidad e fiereza, un altísimo nivel de enerxía e pura honestidade. A música de K-X-P mestura electrónica, kraut, noise, rock e mesmo rockabilly nun ritmo minimalista e cativador que fai referencias a bandas como Spacemen 3, This Heat, 23 Skiddo, Suicide ou Neu!

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

KAIXO + INVITADOS (BBM + YOUNG MUZIK) Kaixo, orixinario de Vigo e residente en Porto, é unha das cabezas máis visibles das novas tendencias do Hip-Hop e a música electrónica englobadas no que hoxe chaman trap. Desde xullo de 2015 e a saída do seu primeiro álbum “Sniff Sniff” non parou de reinventar o concepto, levándoo a unha visión mais emocional e reivindicativa, sen esquecer o ambiente nihilista e autodestructivo que dirixe o trap. Xunto ao colectivo Banana Bahia Music, Kaixo leva pisando escenarios desde 2009, propoñendo un concepto musical fresco, sen aditivos e cunha postura contemporánea ao seu propio tempo.

LA ISLA DEL TESORO Natural de Trubia (Oviedo) e afincado en Santiago de Compostela, La Isla del Tesoro é archiconocido na cidade polo eclecticismo que caracterizan as súas sesións, tanto na variedade de estilos musicais como nos medios que utiliza para realizalas. Nas súas sesións non se centra exclusivamente na parte máis bailable da noite, se non que tenta tamén que o público aprecie só o escoitar a música, as diferentes capas de son ou simplemente unha bonita melodía. Fotografía: Alberto García-Alix.

MOUNQUP Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nada en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa súa voz en bandas de jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers ata converterse na artista que é hoxe. As súas composicións son unha colaxe de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup. Compón na absoluta soidade da súa casa no medio da montaña e A Bola (Celanova), rodeada da súa familia e experimentando con materiais que vai atopando na súa contorna.

MWËSLEE Mwëslee (pronunciado como o almorzo) é un produtor de música electrónica e DJ residente en Vigo cuxas creacións combinan elementos de RnB futurista, electrónica de alta gama e unha sensibilidade próxima ao avant-jazz. Membro fundador do influente colectivo Arkestra, un dos selos iberoamericanos de referencia no que a música de vangarda refírese, e participante da Red Bull Music Academy en 2005, é a miúdo comparado con artesáns como Dimlite, Prefuse 73 ou Dabrye pola súa persoal perspectiva musical. En WOS 2017 presentaranos “Vel Satis”, o seu novo EP que mostra o resultado destes sete anos de traballo e investigación.

NITE JEWEL Ramona González é o nome da muller que, dende 2008, se agocha detrás de Nite Jewel. Nada en Los Angeles, e graduada en Filosofía, empezou a compoñer nun oito pistas portátil en cassette para, apenas un ano máis tarde, publicar o seu primeiro traballo “Good Evening”. En pouco tempo Nite Jewel estaba de xira por todo o mundo e fundou o seu propio selo, Gloriette, para publicar os seus propios traballo. Dende baladas futuristas a hits de pista de baile, o seu cuarto LP “Real High” (maio de 2017) é a máis centrado e certeira das súas súas obras ata a data.

OMNI Omni son de Atlanta. O seu pop lo-fi con emanacións dos 70 e os 80 transpórtache a unha era na que os sobreviventes se cambaleaban deixando atrás o soño incumprido da Era de Acuario, e avanzando cara a un ameazante novo amencer. Omni destila a roña que serpentea a través do mellor de Television ou Devo, para materializarse nun bloque angular de extasis sónico sorprendentemente bailable e rebosante de hooks.

OREN AMBARCHI As obras de Oren Ambarchi son pistas dubitativas e cargadas de tensión que emerxen das gretas entre escolas moi diferentes: electrónica, improvisación, minimalismo, composición profunda e reflexiva, a falsa simplicidade de compositores como Morton Feldman ou Alvin Lucier, e o compoñente físico da música rock retardado e descarnado ata o óso, e substituído pola abstracción dun sinal puro. Desde finais dos 90 os seus experimentos en abstraccións con guitarra conducíronlle a un mundo sónico persoal e único que incorpora unha ampla paleta de instrumentos e sensibilidades.

RRUCCULLA Chámase Izaskun, pero todo o mundo coñeceraa como RRUCCULLA. Ten 22 anos. Fai música electrónica experimental e toca a batería cunha precisión e un talento que a cabeza se che enche de nomes e recordos: desde Tortoise a Battles pasando Four Tet e Flying Lotus , con parada no jazz de vangarda , ou o dubstep. Gravou, mesturou, produciu e autoeditou 4 discos entre agosto de 2015 e marzo de 2016. Desde entón, volveu ao seu agocho de Barakaldo onde non para de escribir material e probar cousas que só están ao alcance dos artistas que cambian as regras do xogo para sempre.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

SCHWARZ Schwarz, a banda, formouse en 1998 en Murcia a partires de Schwarz, o proxecto individual, cuxas primeiras demos datan dun ano antes. Os seus primeiros anos pasan preto da banda asturiana Manta Ray, con quen colaboran nun disco ( “Heptágono”) e unha minixira. Despois de dous álbums e un EP en Astro Discos, e varias xiras por Europa, e un LP máis en Acuarela, Schwarz optan pola autoxestión total, gravando e ediando os seus propios discos e montando as súas propias xiras. En 2016, publican “Nación subterránea”, un disco de cambios no que, á súa mestura de rock psicodélico e electrónica marca da casa, engaden percusións tribais (congas, chocas, güiros) que, máis que latizinar, tribalizan, en mesaxe directa a esa tribo subterránea á que van dirixidas.

SENSIBLE SOCCERS Sensible Soccers son famosos polos seus directos hipnóticos e polas súas dotes de empatía coa audiencia, que en poucos anos dende o seu comezo en 2011 gañoulles un status preto ao de banda de culto. A principios de 2016 publicaron o seu segundo disco, “Vila Soledade” inspirado nas rutas locais en torno a Fornelo, un pequeno pobo no norte rural portugués onde a banda mantén o seu centro de operacións. O trío portugués fai música na súa maioría instrumental, cunha gran variedade de achegamentos musicais, mesturando sintetizadores cargados de capas con guitarras que envolven maxistralmente arranxos, todo dun xeito ousado e coherente, nun ritmo que arastra cun aceno tímido á pista de baile, ou á fraxilidade emocional.

SONTAG SHOGUN Sontag Shogun é un trío colaborativo baseado entre Nova York e Montreal que fai un uso híbrido entre tratamentos sónicos analóxicos e dixitais, e composicións nostálxicas de piano. Todo iso rexístrase limpamente nun espazo dixital con voces tratadas, exuberantes gravacións de campo, e un fío de piano procesado en directo. O seu LP, Patterns For Resonant Space, foi lanzado en xullo de 2017. Patterns é arte sonora para escoitar intimamente en casa, non creado para a especulación ou a análise, senón para ser consumido pasivamente nunha tarde tranquila. O piano mantense mentres que o grupo acomódase de maneira libre e fugaz, materializando unha profunda reserva de nostalxia e anhelo.

STA „Goma‟ é o primeiro disco do colectivo STA para Humo. Trinta minutos de delicioso dub elaborado con sabedoría de alquimista froito dunha traxectoria que se remonta hai 15 anos e que ten como protagonistas fundadores a dous barceloneses de orixe arxentina como Pablo (Pope) e Holy e a outra morea de músicos inquedos. Unha aventura inspirada na doce e hipnótica cadencia do reggae e na súa evocadora calor, pero tamén no seu afán explorador e na súa desbordante imaxinación e descaro. A grandeza de STA é facer o fácil difícil, para que a través dunha delicada e meticulosa labor de produción, edición e mestura, entreguen un antollo musical cheo de detalles que hai que ir descubrindo coas adictivas escoitas.

THE DWARFS OF EAST AGOUZA The Dwarfs of East Agouza son un trío de Cairo, Exipto, xurdido en 2012 cando os seus tres compoñentes vivían nun mesmo edificio do barrio Agouza. As exploracións baseadas na improvisación de Maurice Louca, Sam Shalabi e Alan Bishop alimentaron horas de gravacións. Tras recompilar e mesturar o disco no estudo Break Glass de Montreal, o resultado foi publicado en 2016 con Nawa Recordings nun disco dobre titulado Bes. Foi seleccionado entre os mellores albumes de 2016 por The Quietus e Wire Magazine.

The KVB The KVB foi no seu inicio o proxecto en solitario de Nicholas Wood, onde experimentou sobre electrónica e shoegaze no seu cuarto en Southhampton. O agora dúo, con Kat Day, e con sede en Berlín, publicou dente entón catro álbums de himnos hipnóticos. “Of Desire”, o seu último traballo, bebe de influencias como Death in Vegas, Scott Walker ou Roxy Music, creando algo a un tempo familiar e orixinal. O disco é o seu segundo LP no selo de Geoff Barrow, invade Records.

TOMAGA Tomaga canaliza varias formas de multi-instrumentalismo que se moven a través do industrial, o jazz, a psicodelia e o minimalismo, no seu camiño a algo completamente diferente. Dedicados á exploración musical, este dúo con sede en Londres desconstruye obsesivamente tropos coñecidos, buscando a tensión que existe entre a improvisación e a forma. O seu segundo LP 'The Shape Of The Dance' (setembro 2016) foi unanimemente aclamado: foron descritos por BBC Radio3 como 'a mellor banda no Reino Unido neste momento', e foron nomeados por Thurston Moore como unha das 5 bandas que deberías coñecer nun artigo recente para NME.

WESTERN SKIES MOTEL O guitarrista René González Schelbeck comparte en en Settlers unha colección de cancións compostas intimamente. O estilo hipnótico e cíclico de Schelbeck confire á súa música unha cualidade árida, gastada polo tempo, que parece capturar a solitaria e baldía paisaxe do Oeste norteamericano. Sen embargo, hai cuiosas dinámicas no xogo xa que Schelbeck, baixo o nome de Western Skies Motel, é danés, e a súa infancia ten pouco que ver co folk norteamericano. A súa música ten máis en común co ton solitario e calculado da moderna escea clásica berlinesa.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

PROGRAMA

CLUBBING

ZA! & DIOLA O Mundo Estrela os cría e eles xúntanse. Dúas das bandas máis orixinais da península únense no WOS para ofrecernos -por primeira vez- un concerto conxunto. A un carón do ring temos a diola, novo proxecto de tres membros dos míticos Unicornibot, presentando o seu excelente debut. E ao mesmo lado do ring (porque non compiten, xogan xuntos) temos aos ZA!, con máis de dez anos e 400 concertos repartindo flow polos cinco continentes. O que ocorrerá cando se xunten no escenario do WOS ninguén o sabe, pero podemos asegurar que romperá esquemas, barreiras e cadeiras.

ALICIA CARRERA A DJ galega establecida en Barcelona Alicia Carrera acumula un extenso coñecemento en Krautrock, Kosmische, EBM e psicodelia aplicada calquera xénero. Ademais de melómana por natureza, Carrera é artista gráfica, fotógrafa, editora do fanzine musical Zauberstab, membro do selo Barcelonés Hivern Discs e colaboradora habitual da emisora de radio independente con sede en Los Ángeles Dublab. Nas súas sesións desenvolve todo o seu imaxinario persoal, movéndose por estilos etéreos e psicodélicos para transformalos en música de baile.

DEMDIKE STARE Demdike Stare é unha colaboración entre Sexan Canty e Miles Whittaker, dous amigos da infancia do norte de Inglaterra cun apetito voraz en común polo coleccionismo musical. Tras moitos anos escrutando caixas de discos, o dúo comezou a traballar en 2008, e apenas catro anos despois publicaran xa tres álbums. A continuación unha serie de 12‟s editados por Modern Love deu o paso cara a un terreo moito máis intenso e brutal, inspirado por todo tipo de xéneros, desde Industrial ata Noise, Free Jazz, Techno ou Música Concreta. Hai apenas uns meses publicaron por sorpresa o seu cuarto album.

HUMA Huma é o proxecto persoal de Andrés Satué, membro de Esquelas. Cofundador de Versal e Bicefal (ciclo de concertos e festival respectivamente, ambos con sede Barcelona), con este novo e primeiro EP de Huma funda con Miguel Sueiro (Bestiarie, Bicefal) o seu propio selo Hedonic Reversal. O EP “As tres fases do movemento” baséase en dúas ideas. Por unha banda as tres fases do movemento de Meyerhold, teórico do teatro que dividiu o movemento en tres fases. A partir da a unión desas ideas xérase discurso moi físico, visceral e cunha alta carga emocional.

SAMUEL KERRIDGE Samuel Kerridge gañouse unha audiencia entregada co seu expertamente executado techno industrial lento, combinando murallas sónicas ao estilo de Sunn O))) con ruídos de maquinaria pesada. Tras o seu debut no 2013 „A Fallen Empire‟ (Downwards) e un EP en 2014, Kerridge publicou o seu segundo LP „Always Offended Never Ashamed‟ como primeiro lanzamento do seu selo CONTORT a principios de 2015, unha evolución natural da súa infame serie de festas berlinesas. O seu novo LP “Fatal Light Attraction” foi presentado en xaneiro de 2016 na Berlin Atonal cun espectáculo A/V con iluminación de Andrej Boleslavský e Mária Júdová.

TOLOUSE LOW TRAX “O primitivismo da miña música está relacionado con algo simple, e iso non ten porqué ser obrigatoriamente minimalista. Para min é suficiente con revolotear ao redor do núcleo. A música á que non dás forma ata o final contén un mimento de beleza, un veo de segredo. Traballo desde a sinxeleza, prefiro reducir as posibilidades no meu compás. A limitación ofrece unha chea de liberdades”. A ética de Toulouse Low Trax se ramifica nos seus múltiples traballos publicados en selos como Ídelle Press, Infiné, Karaoke Kalk, Kunstkopf, Neubau, Themes For Great Cities, Antitote ou Cómeme. O produtor alemán non é un recentemente chegado á escena: aínda un membro activo de Kreidler, é o home tras o infame Salon des Amateurs de Dusseldorf.

VLADIMIR IVKOVIC Nado e crecido en Belgrado, Iugoslavia, Vladimir Ivkovic foi testemuña do amencer das House Parties do país, así como da desintegración da sociedade iugoslava. Tras mudarse a Alemaña a principios dos 90, Ivkovic empezou a pinchar e montar festas, para converterse en pouco tempo nunha peza crave da vida nocturna alemá. Residente no Salon des Amateurs, actualmente Ivkovic publica no seu selo Offen Music referencias iugoslavas perdidas e proxectos contemporáneos de música electrónica.

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

CIFRAS 2017

3 ESTREAS EN ESPAÑA

Robert Henke: Lumière III, “Tony Conrad. Completely in the present”, “Rage. A movie about Acid Music”.

13 PRIMEIRA VEZ EN GALICIA

Demdike Stare, The Dwarfs of East Agouza, Tolouse Low Trax, Vladimir Ivkovic, Oren Ambarchi, Robert Henke, K-X-P, The KVB, Omni, HHY & The Macumbas, Greg Fox, STA, Samuel Kerridge, Julia Kent

4 PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA

Western Skies Motel (disco 2016 entre mellores do ano), Sontag Shogun, Tomaga, Greg Fox

9 PRESENTACIÓNS DE DISCO

Ghost and Tape, Shontag Shogun, Huma, The KVB, Schwarz, Omni, Nite Jewel, Mweslee, Greg Fox

2 ESPECTÁCULOS COMISIONADOS Za! & Diola, Secret show…

11 PROPOSTAS CON MULLERES Nite Jewel, Mounqup, BFlecha, Julia Kent, RRUCCULLA, Alicia Carrera, The KVB, Tomaga, Nuria Sotelo, Nostoc, Carla dal Forno

17 ARTISTAS GALEGOS

Huma, BFlecha, Kaixo + BBM + Young Muzik, Javier Martín, David Loira, Nuria Sotelo, Boyanka Kostova, Mounqup, La Isla del Tesoro, Mwëslee, diola, Alicia Carrera, Nostoc, Parkour Sonoro

20 INVITADOS ENCONTROS

Víctor Mantiñán, Víctor Flores, Cristina Costa Acha, Marc Campillo, Jesús Guisado, Alejandra Galo, Abraham Rivera, Cristina V. Miranda, Néstor Lizalde, Patxi Araujo, Oswaldo García Crespo, Jose Manuel Costa, Miguel Espada, Toño Cabanelas, Francisco Jota-Pérez, Servando Rocha, Elisa G McClausland, Frank G. Rubio, Alberto Ávila Salazar

3 3

5 5

0

1

2

3

4

5

6

2014 2015 2016 2017

8 8

12 13

0

2

4

6

8

10

12

14

2014 2015 2016 2017

Dossier de medios WOS 2017

www.wosfestival.es

31

40

36

28

8

10

15

17

2014

2015

2016

2017

Musicais Multidisciplinares

15

9 12

15

3 3 5 4

13

28

19 20

2014 2015 2016 2017

Galegas Estatais Extranxeiro