Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en...

14
FAI QUE A TÚA IDEA TRABALLE 1 GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Transcript of Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en...

Page 1: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE1

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Page 2: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe

INTRODUCIÓN

Se algunha vez pensaches en montar a túaempresa mais non sabes por onde comezaresta é unha boa ocasión para aprenderes ospasos que debes seguir. O obxectivo destaguía é amosar o camiño para crear o teupropio negocio, unha alternativa á procurade traballo por conta allea.

Introducirémoste na linguaxe empresarial,explicando o significado dos termos máiscomúns.

Con estas fichas poderás seguir o procesode creación dunha empresa, desde a ideaorixinal até a elaboración do proxecto e aposta en funcionamento.

CINCO PASOS PARA VIAXAR DESDE AI D E A A T É O P R O X E C T OEMPRENDEDOR (PRIMEIRA META)

Viaxar desde unha idea orixinal a un proxec-to empresarial, que máis tarde se converteránunha empresa, é unha parte moi importantedo que entendemos por emprender. Nestaviaxe atoparémonos cunha serie de etapaspolas que necesariamente debemos pasar:

1) EXPLORAR NA IDEA E BUSCAR ASÚA MELLORA

2) DECIDIR QUE E COMO, CANDO E ONDE

3) ELABORAR UN PLAN DE ACTUACIÓN

4) PROCURAR OS MEDIOS: RECURSOS, CONECTAR CON OUTRAS PERSOAS, OUTRAS EXPERIENCIAS, ORGANIZACIÓNS... PEDIR AXUDA.

5) CHEGAR Á PRIMEIRA META:TEMOS UN PROXECTO DEFINIDO

1

Page 3: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE2

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Page 4: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

A EXPLORAR NA IDEA E BUSCARA SÚA MELLORA

A idea é o primeiro paso á hora de crear unhaempresa. Para saber se unha idea é realmen-te unha oportunidade de negocio (ou sexa,unha boa idea) temos que escoitar atenta-mente o mercado.

Este escoitar pode consistir en:

• Estudar outras ideas similares en funcio-namento (no caso de que as haber).Exemplo de idea empresarial en funciona-mento: unha empresa de turismo activo (ráf-ting, camiñada,...).

• Detectar un produto ou un servizo que axente queira comprar e ninguén venda, ou quenon o faga na cantidade e/ou forma precisa.Exemplo: clases particulares de “disc-jockey.”

• Mellorar un produto ou servizo existenteExemplo: fábrica de discos compactos eco-lóxicos.

• Crear un produto ou un servizo novoExemplo: un selo discográfico virtual.

B DECIDIR QUE E COMO, CANDOE ONDE

Chega o momento de tomar decisións. A nosaviaxe está chea de risco e inseguridade, maistamén é unha aposta pola independencia.

Cando falamos de risco non só nos referimosa perder enerxía ou tempo no caso de o nosoproxecto fracasar: para iniciar a nosa viaxeprecisamos cartos que podemos perder se anosa idea non funciona como é preciso.

Mais sen unha certa dose de risco nada éposible. Ademais seremos responsables doséxitos e os fracasos do noso proxecto em-presarial, o cal quere dicir que ninguén nosdirá o que temos ou non temos que facer,coas súas vantaxes e as súas desvantaxes.Montar un negocio é unha aposta pola liber-dade, mais ollo: sermos libres non é doado!

Exemplo: Se queremos montar unha empre-sa de turismo activo deberemos elixir o no-me da empresa, o tipo de clientela a queimos dirixir os nosos produtos, onde imossituar a nosa empresa, cando imos comezara funcionar...

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe2

Page 5: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE3

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Page 6: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe3

C ELABORAR UN PLAN DEACTUACIÓN

Xa vimos anteriormente como todo proxec-to empresarial ten certas doses de risco.Este risco débese, en gran medida, a que unproxecto empresarial é algo que sucede nomundo, é algo vivo: o que nós esperamosmoitas veces non ten nada que ver co querealmente sucede, ben sexa polo azar oupolo que esperan as outras persoas.

Dado que non podemos modificar o azar, nintampouco temos poder sobre o que asoutras persoas queren, para facer que esterisco sexa o mínimo posible cómpre termosun plan de actuación, estudar cada alterna-tiva e elixir a máis adecuada á nosa situación(os cartos que temos ou podemos conseguir,os nosos coñecementos, a axuda que nospoden ofrecer...). Deste xeito aumentaremosas posibilidades de éxito da nosa idea.

A planificación, que é o contrario da impro-visación, é moi importante na xestión empre-sarial. Planificando correctamente (isto é,realizando plans de actuación) evitaremosque os nosos proxectos fracasen, e teremos“onde agarrarnos” en momentos de dúbida.

D PROCURAR OS MEDIOS: RECURSOS,CONECTAR CON OUTRAS PERSOAS,OUTRAS EXPERIENCIAS, ORGANIZACIÓNS... PEDIR AXUDA.

Cando falamos de independencia e valor áhora de tomar decisións non queremos dicirque un proxecto empresarial sexa algo quese poida afrontar sen o apoio das/os demais.Deberemos pois contactar con:• Persoas que teñan relación co sector da

nosa empresa.• Outros empresarios/as.• Organizacións relacionadas co noso

proxecto (asociacións, organismospúblicos,...).

Non debemos esquecer que unha boa xes-tión non consiste necesariamente en saberfacer as cousas, senón en facer que as cou-sas funcionen. Se nós non sabemos faceralgo sempre podemos achar alguén que sai-ba e que nos axude.

E CHEGAR Á PRIMEIRA META:TEMOS UN PROXECTO DEFINIDO

Despois de “escoitar” o mercado, considerara nosa idea e analizala, elaborar un plan deactuación e valorar a axuda necesaria paradesenvolver a nosa idea, temos xa unha pri-meira definición do noso proxecto.

Este proxecto deberá converterse no plande empresa, unha vez que teñamos clarascertas cuestións relativas á forma da nosaempresa, ao produto ou ao servizo que imosofrecer, o financiamento que precisamos,os posibles clientes,...

Plan de empresa é a nosa tarxeta de presen-tación como emprendedores, necesaria paraconseguir os recursos e a axuda necesaria.Este plan consiste nun documento feito pornós onde explicamos todos os detalles donoso proxecto: o nome da empresa, o queimos facer, como o faremos, os cartos queprecisamos,... Non teñas medo se non es moibo escribindo, hai moitos exemplos de plande empresa que podes utilizar; alén diso moi-tas administracións públicas (Xunta de Ga-licia, concellos, INEM,...) contan con persoalque poden axudar para realizar o teu plande empresa.

Exemplos de ideas con éxito: Youtube.com,os scooter, a tecnoloxía TFT,

Page 7: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE4

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Page 8: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe

PERFIL DA PERSOA EMPRENDEDORA

Aínda que é certo que calquera pode creara súa propia empresa, existen unha serie decaracterísticas que definen o perfil da per-soa emprendedora. Estas son, entre outras:

• Confianza en si mesma:É moi importante que teñas confianza nastúas habilidades (o que sabes facer) paraafrontar o reto que supón montar un negocio.Coñecer o sector da nosa empresa é funda-mental para que o noso proxecto triúnfe.

• Alta motivación:Nós, como responsables do proxecto, tere-mos que impulsalo durante toda a súa vida,mais especialmente nos primeiros meses. Anosa enerxía (boa ou mala) transmitirase aonoso traballo. Velaí a causa de o noso inte-rese ser moi importante.

• Habilidade para elixir empregados/ase/ou socios/as:Dirixindo a empresa deberemos ser capacesde “interpretar” diversos papeis. A selecciónde persoal e a elección de socios/as que nospermitan levar a cabo o noso proxecto concertas garantías son unhas das primeirasfuncións que asumiremos.

• Capacidade de adaptación aos cambios:No mundo actual as empresas loitan entreelas mesmo estando moi afastadas (unhaempresa de Cambados pode competir cunhaempresa de Kuala Lumpur). Esta é unha dascaracterísticas do que entendemos por eco-nomía global, ademais é cada vez máis im-portante o uso das novas tecnoloxías. Poriso debemos posuír a capacidade de adapta-ción necesaria que faga que o noso negociosobreviva aos cambios. A aparición dun novocompetidor (unha empresa que faga o mesmoca nós), ou dunha nova tecnoloxía (un novoxeito de facer o que viñamos facendo), pre-cisará cambios importantes para que o nosonegocio sobreviva. No caso dunha pequenaempresa, seremos nós, coa nosa capacidadede adaptación, a clave desta supervivencia.

• Capacidade organizativa e de dirección:Unha persoa submisa, a que lle guste pasardesapercibida e afeita a obedecer as ordesque outros/as lle dan non ten o perfil indicadopara emprender un negocio. Precisamos uncaracter forte e capaz de tomar as decisiónsnecesarias, así como ser ordenados/as e or-ganizados/as no noso traballo.

• Conciencia das súas habilidades:Do mesmo modo que precisamos ter con-fianza en nós mesmos/as, tamén precisamoscoñecer as nosas habilidades, así como aslimitacións destas. Deberemos ter a capaci-dade de delegar ou de procurar a axuda pre-cisa para levar a cabo os traballos que nossuperan: ninguén ten superpoderes!!

• Afán de superación:Acomodarse implica, no 95% dos casos, terque desaparecer. Deberemos ter a vontadede mellorar cada día, tanto no eido persoalcomo profesional (formándonos e aprenden-do constantemente). Agora ben, este afán desuperación non debe confundirse coa ambi-ción daquel que pretende medrar a toda costa.

• Espírito emprendedor:Dinamismo, valentía, constancia, responsa-bilidade e coñecemento son característicasdo espírito emprendedor. Todos eles debenaparecer no perfil da persoa emprendedora.

• Alto grao de iniciativa:Sen iniciativa non poderiamos falar de em-prendemento. Precisamente emprenderconsiste en iniciar un proxecto empresarial,realizar unha idea que analizamos e valora-mos e que, coa axuda das ferramentas quepresentamos e moito traballo, poderá con-verterse na alternativa ao emprego por con-ta allea (traballar para outros/as) ou ao des-emprego.

4

Page 9: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE5

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

Page 10: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe5

FORMA XURÍDICA.SOA O EN COMPAÑÍA DOUTROS/AS?

A forma xurídica é a forma legal que terá anosa empresa. É moi importante informár-mos ben das características de cada forma(asesorándonos por especialistas). Non setrata dunha simple cuestión legal, pois ofuncionamento da empresa (a súa axilidadena toma de decisións, as súas obrigas (tribu-tarias, documentais,...) e o seu tamaño (queestá relacionado co seu éxito económico)dependen da forma legal que teña a nosaempresa. Sempre debemos elixir a formaxurídica da nosa pensando no que precisa-mos e non na complexidade dos trámites.

Debemos ter en conta:• O número de socias/os• O tamaño da empresa• Os cartos dos que dispoñemos• O compromiso que queremos asumir• O crecemento do negocio

(até onde queremos chegar)• Os trámites necesarios• Os impostos e outras obrigas

A continuación caracterizaremos algunhasdas formas xurídicas máis comúns:

Específica,nalgúns casosmercantil

SOCIEDADECOOPERATIVA

SOCIEDADEANÓNIMA

FORMAXURÍDICA

Natureza

EMPRESARIO/AINDIVIDUAL

SOCIEDADELIMITADA

Individual Mercantil Mercantil

SiCapacidade xurídica Non Si Si

Distinta doutraSociedadeCooperativa,engadindo adenominación“S. Coop.”

Denominación Libre Distinta doutrasociedade,acompañado dadenominación“S.L.”

Distinta doutrasociedade,acompañado de“S.A.”

Depende,xeralmentemínimo 3

Nº de socios 1 Mínimo 1 Mínimo 1

LimitadaResponsabilidadeterceiros

Ilimitada Limitada Limitada

Capital mínimo 3005.06¤ 60101.21¤

• Escritura pública

• Estatutos• Inscrición no

Rexistro de Cooperativas

Formalidadesconstitutivas

Simple • Escritura pública

• Estatutos• Inscrición no

Rexistro Mercantil

RETARéxime Xeral

Réxime afiliaciónSeguridade Social

R. EspecialTraballadoresAutónomos

RETARéxime Xeral

RETARéxime Xeral

O preciso paraafrontar osprimeiros gastos

• Escritura pública

• Estatutos• Inscrición no

Rexistro de Cooperativas

O preciso paraafrontar osprimeiros gastos

Page 11: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

¤6

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

1

2

3

FAI QUE A TÚA IDEATRABALLE

Page 12: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe6

COMO FAGO PARA CREAR A MIÑAEMPRESA? TRÁMITES DECONSTITUCIÓN

Para crear a empresa precisamos realizardiversos trámites os cales dependerán dotipo de forma xurídica elixida. Estes trámitespoden ser:

a) No concello: permisos e licenzas paracomezar co noso negocio.

b) Nos rexistros: escritura de constitución,redacción de estatutos,...

c) Na Seguridade Social.d) En Facenda.

Non debemos asustarnos polos trámites deconstitución, soamente debemos informar-nos ben da orde que temos que seguir e tera documentación necesaria. Estes trámitesson necesarios para que o noso negocio poi-da funcionar.

FONTES DE FINANCIAMENTO(OS CARTOS):

Distinguimos entre os recursos que temosnós, os que precisamos e teremos que pedir(nun banco ou a outras persoas) e as axudas.Falamos de recursos porque non só precisa-remos cartos senón tamén medio de trans-porte, equipos informáticos e outros mate-riais que moitas veces achegaremos nós:seguramente dispoñemos de máis recursosdos que xulgamos ter. Na seguinte táboapodemos ver algúns exemplos de cada tipo.

OBRIGAS COMO EMPRESARIA/O:

Tódas as persoas, polo simple feito de vivirnunha sociedade, temos unha serie de derei-tos e obrigas que temos que cumprir. Osempresarios e as empresarias, ademais da-quelas obrigas comúns a todos/as, teñentamén outras específicas.

A empresa deberá presentar e dispoñer dedocumentos que garantan a transparenciafronte ás/aos socias/os e fronte á Adminis-tración. Estes documentos forman a conta-bilidade da empresa, que é, basicamente, unsistema de información que permite coñeceren todo momento a nosa situación financeirae económica.

Ademais a empresa, ao igual que calquerados cidadáns que forman a sociedade, debe-rá liquidar unha serie de impostos, tales co-mo: IVE (Imposto sobre o Valor Engadido),IRPF (Imposto sobre a Renda das PersoasFísicas), IAE (Imposto de Actividades Eco-nómicas), IS (Imposto de Sociedades), Im-posto transmisións patrimoniais...

Non todas as empresas teñen a obriga depagar todos estes impostos, moitas vecesdependerá da forma legal que teñan.

RECURSOS PROPIOS RECURSOS ALLEOS AXUDAS E SUBVENCIÓNS

• Aforros• Beneficio dun negocio

anterior• Traballos de verán• Ordenadores• Vehículos• Locais

• Créditos bancarios• Axudas de amigos

ou familiares(con devolución)

• Subvencións a mulleresemprendedoras

• Premios ou concursosde ideas

• Microcréditos

Page 13: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe7

ENDEREZOS DE INTERESE

Servizo Galego de Igualdade (SGI)Praza de Europa, 15 A - 1ºPolígono das Fontiñas15707 Santiago de CompostelaTfno: 981 54 53 66Fax: 981 54 53 [email protected]://sgi.xunta.es

Tesouraría Xeral da Seguridade Social(TXSS)Teléfono de información sobreafiliación, inscrición, recadación,aprazamentos e sistema rede:901 50 20 50www.seg-social.es

Union de Profesionais e TraballadoresAutónomos de Galicia (UPTA Galicia)Rúa Mónaco nº1, Local 2115703 Santiago de CompostelaTfno: 981 55 23 85Fax: 981 55 41 [email protected]

Federación Galega de EmpresariasSantiago de Compostela: Rúa do Vilar, 54Tfno:981 555 [email protected]

A Coruña: Avda. Alcalde Pérez Ardá, 53Tfno: 981 297 [email protected]

Lugo: Ronda da Muralla, 58Tfno: 982 226 [email protected]

Ourense: Praza de Paz Novoa, 5Tfno: 988 214 [email protected]

Pontevedra:Avda. García Barbón, 104Tfno: 986 441 [email protected]

Axencia TributariaServizo automático de información:901121224www.aeat.es

Vicepresidencia da Igualdadee do BenestarEdificios administrativos San Caetano, s/n15704 Santiago de CompostelaTfno: 981 54 46 19Fax: 981 54 56 20http://vicepresidencia.xunta.es

Consello Galego de CooperativasRexistro Central de CooperativasEdificio Administrativo San Caetano, B1. 5. 3º15781 Santiago de CompostelaTfno: 981 54 55 40www.cooperativasdegalicia.com

Servizo Galego de ColocaciónTeléfono de atención a empresarias/os:902 262 902Teléfono de atención a demandantesde emprego: 902 125 000sgc @ xunta.eshttp://traballo.xunta.es

Rexistro de Sociedades LaboraisConsellaría de TraballoComplexo Administrativo de San Lázaro s/n15703 Santiago de CompostelaTfno: 981 54 56 87http://traballo.xunta.es/

INEMMinisterio de Traballowww.inem.es

Page 14: Guía de Emprendemento para Mozas e ... - Mulleres en Galiciaigualdade.xunta.gal/externos/publprog_files/guiaemprmozas.pdf · A idea é o primeiro paso á hora de crear unha empresa.

GUÍA DE EMPRENDEMENTO PARA MOZAS E MOZOS

FAI QUE A TÚA IDEA traballe7

GLOSARIO

Cultura empresarial. É o conxunto de coñe-cementos e habilidades relacionadas comundo dos negocios.

Espírito emprendedor. É a capacidade dunhapersoa para asumir os riscos necesarios emontar a súa propia empresa.

Estatutos. Documento que explica o funcio-namento da empresa: relacións entre as/ossocias/os, actividade que se vai desenvolver,reparto de beneficios,...

Idea orixinal. Primeiro paso no proceso decreación dunha empresa: a “faísca” que pren-de a nosa vontade.

I.V.E. Imposto incluído en todos os produtosou servizos que se comercializan. Normal-mente é un 16% pero pode ser o 7% ou o 4%para algúns produtos: alimentación, cultu-ra,... Forma parte dos chamados impostosindirectos.

I.R.P.F. imposto que todas as persoas debenpagar no caso de traballar ou gañar cartosde calquera xeito (por exemplo, alugandounha casa). Liquídase unha vez ao ano (xe-ralmente nos meses de maio, xuño ou xullo).

Linguaxe empresarial. son os termos e ex-presións empregadas polos/as empresa-rios/as no desenvolvemento da súa activi-dade. As/os empresarios/as e as/osemprendedoras/es utilizan termos, deriva-dos de conceptos económicos o legais. Enocasións, son palabras de orixe inglesa ouamericana aplicables ao mundo da empresa(por exemplo: merchandising, brain stor-ming, input... etc)

Mercado. lugar onde se xuntan os compra-dores e os vendedores. Falamos de “lugar”metaforicamente. O mercado é a base dofuncionamento da nosa economía e funcionacomo regulador dos prezos.

Plan de empresa. Documento de presenta-ción do noso proxecto. Deberá conter a in-formación necesaria para que as entidadesvexan a “viabilidade”, isto é a posibilidadede que o noso negocio funcione: presenta-ción, produto ou servizo, estudo de mercado(posibles clientes, futuras vendas), análisefinanceiro (préstamos necesarios, axudaspara solicitar)...

Produto/servizo. É o resultado do noso tra-ballo como empresa. Falamos de produtocando é algo físico e de servizo cando o quelle ofrecemos ao cliente é algo inmaterial.Exemplo: un ordenador é un produto, mais aasistencia a domicilio é un servizo.

Xestión empresarial. Conxunto de técnicase coñecementos prácticos relacionados cofuncionamento das empresas e a direccióndestas.