Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)

169
1

description

Proxecto Identidade, a obra colectiva do blogmillo

Transcript of Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)

Page 1: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

1

Page 2: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Proxecto Identidade

Marzo 2008Dispoñible en formato físico en http://www.blurb.com/bookstore/detail/188262

2

Page 3: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Portada: J.Contraportada: X (http://selvadeesmelle.blogspot.com)

Sumario

5.dorfun 9.Cesare 11.nenocongoxa 14.Doutora Seymour 17.Rosa Enríquez 19.Torreira 21.lourixe e Alberte Couto 26.Marcos Valcárcel 28.arume dos piñeiro 30.aultrenarai 32.oko 36.Marcos S. Pérez /zerovacas 42.el duende 44.Spav 47.lauridinhas 50.Anxo López 52.Xurxo Sierra Velos 54.Débora Campos /torredebabel 57.An 59.Marcos S. Calveiro 63.Tedhead e Ramón Trigo 67.zimmer103 69.Beluka 73.Eneagá/ Iago Urgorri 75.Wicho 83.ifrit 87emereci 91.ictioscopio 97.ghanito 99.Jan 101.acedre 104.Moncho Bouzas/OFartura 106.besbe 109.Calidonia 112.Estíbaliz Espinosa 116.Lorena Souto/a rapaza do arco 119.W. Sobchak 122.Gustavo Harvey 131.Mario Regueira 134.o pastor eléctrico 138.o moucho branco 142.Gustavo Sequeiro 144.Alfredo Ferreiro 146.Manuel Rivas 148.Tati Mancebo 154.arrais 157.elianinha 159.Parzival 163.opaco

167.Licenza de uso

3

Page 4: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

4

Page 5: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

dorfunhttp://adorfunteca.org

http://flickr.com/photos/dorfun

5

Page 6: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

6

Page 7: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

No sentido matemático do termo, a identidade establece unha igualdade alxébrica entre dous elementos, independentemente dos posibles valores variables destes.

E así se manifestan estas relacións, como un balancín en suposto perfecto equilibrio. Dous obxetos enfrentados, individuais, pero comparables e a moverse frente a frente cun só punto en común que os distingue e os mantén en oposición. E todo co único fin normalmente, de poñer a un sobre o outro.

Erro. A identidade non precisa de comparacións, de enfrentamentos, de separacións, de adaptacións de variables. É en esencia un estado de existencia, que non require de engadidos superfluos e que ven marcada de forma natural. Porque non existen dúas cousas exactamente iguais neste mundo... nin falla que fai. E porque todos ademáis, queremos ser distintos e para iso, tratamos de parecernos cada vez máis os uns ós outros.

Non é necesario, non é preciso. O individuo xa representa algo de por sí que o pode facer diferente,... pero por enriba de todo, é necesario sempre querer formar parte dun todo. Igual non sei exactamente quen son... pero con moitas máis ganas desexo saber quén eres ti e identificarme contigo.

7

Page 8: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

8

Page 9: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

as cidades escuras

Cesarehttp://astuasbalas.com/

9

Page 10: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

as cidades escuras

1. Atenas, humidtown. Moverse por estas cidades, polos estreitos carreiros que deixan as columnas de edificios de oito, catro, dez, quince, nove, seis andares, é unha experiencia de tristeza. Os veciños que se atreven a saír (cónstame que moitos asexan o fondo das rúas dende as súas empoleiradas fiestras) ocupan malamente unhas beirarrúas rotas e tenebrentas; quédalles o espazo que deixan os coches que gabean por elas ou que saen e entran de graxentos garaxes. Hai nestas cidades escuras moito ruído, un estrondo bronco e constante de motores vellos; por entre os fumes e os dióxidos xorden as sombras alleas de homes e mulleres, abrigados de escuro, de mal carácter, con ollar escornado e impacencia. Estas son as cidades escuras do meu país, onde ás veces medran abrochos de pradairo entre as baldosas: máis como escarnio, como demostración da vitoria esmagadora contra a vida, ca por homenaxe ás vítimas.

2. Ankara. Non nos enganemos; ankara é tamén unha das cidades escuras. Ten o mesmo fume, o mesmo ruído bronco e xordo, o mesmo arrastrarse da tropa pola terra. Pero xeograficamente a ankara tocoulle a sorte de fincarse contra o mar: a costa bordea o seu perfil e nel, nesta magnífica mañá soleada, bate o mar contra as praias e o peirao. Os habitantes das cidades escuras, de todos os xeitos, seguen encorvándose ao interior, onde a luz do sol non chega. Protéxenos dela novos diques de area e muretes, e altos edificios que amparan a brancuza percepción da vida nas rúas. Pero, ais, en franca rebelión, sen que se saiba moi ben por que ou por onde, uns bañistas saltan as alfándegas da tristeza e contra os muros exteriores apoian os lombos: déixanse acariñar por este sol de inverno, en bañador, ou amosando uns peitos que son máis ca nunca arma de resistencia.

3. Identidade. Hai tempo, non hai moito, eu habitaba feliz estas cidades escuras. Levo no sangue máis vello o runrún dos seus bruídos xordos, e nos bronquiolos máis afastados apózanseme os dióxidos, conspirando pra converterme a min tamén en materia escura. Suponse por iso que debería terlle unha lei a estas cidades, que debería recoñecerme e afianzarme nelas, amosar con orgullo as nosas toxinas comúns, incluso implicarme nas súas causas de baldosa. Pero non: o meu bando son os bañistas; as miñas cores, as do exército que destrúa as cidades escuras.

10

Page 11: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

FRATERNIDADE

neno congoxahttp://1ser.blogspot.com

11

Page 12: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

FRATERNIDADE de péestou de pé

baile estático de eixo fixoe mans nos petos

xentemáis xentexente en grupose xente soa

en soidade dourada de escume de cervexa

animándosemotivándosedestilando o pracer de comparti-la nadade todosobrigadae esa canción da infancia que sempre recordascomo os ollos da mestracravando a súa frustrada mirada de ninfa malignanas túas orellas brandas e brancas e redondas

logotaméno recordo confuso e taquicárdicodos golpes que levaches

e negróns coma nubes de estorniñosxirando ao redor dun xardín afastado onde o vento perdeuse evitando o seu pasocoitadotremendocon pausado alentofatigasono

voltas ao leito engurradoe de péporque estás de péves pasar unha mosca con as vermellas cantando a túa vida con voz Minnelli

12

Page 13: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

focosfumee papel cebolacubrindo teu rostro

un cheiro moi raro chega do bañoabre a portae corre na túa procuracorrehostiacorreque non te colla

o cuarto enraízase co teu cabelo e faise de la negra absorevente

vai ser o teu cadaleito para este día redecoradoo teu refuxio de resacaun boneco que chora coa pata cravada entre a portao segredo da fraternidadeque destrúo indagando nas posibeis causas da bondade

13

Page 14: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

...O MUNDO ENTEIRO

Doutora Seymourhttp://blogoteca.com/madel

14

Page 15: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

...O MUNDO ENTEIRO

Lembro a primeira viaxe de Nico. Aínda non tiña todos os dentes e de cando en vez berraba dende o asento traseiro do coche para contarnos que as enxivas estábanlle amolando de máis. Nico era moi falador naqueles tempos de media lingua, agora que a ten enteira é coma se non tivese nada que dicir, ou se cadra é coma se nós xa non entendésemos os seus silencios... Lembro que daquela íamos a Cee pola carreteira antiga que bordeaba a costa. En agosto. Derretendo dentro do vello Seat Ibiza coa meirande vaga de calor do século. Alí íamo -los tres. Suando. Nico cunha camiseta sen mangas, o cueiro, un boneco ao que lle sacaba as pernas de seguido para que eu llas volvese por, e o pai con pantalóns longos e zapatillas de deporte, porque sempre dixo que as bermudas eran para os guiris e que as sandalias ferían nos pés.Nico non recorda aquela viaxe porque era moi pequeno. Nós si. Era coma mirar todo polos seus ollos, recuperando a primeira vez. Cada recuncho era máxico. O mar, a area, as rochas, as árbores... mesmo o gris esvaecido e estriado do firme daquela vella estrada en obras que bordeaba a costa e que renxía nalgúns tramos baixo as rodas do coche, era o máis fermoso que víramos xamais aínda que xa estivesemos alí cen milleiros de veces. A Nico lle mudaron os dentes nas viaxes que viñeron despois. Daquela ao chegar a Santiago colliamos cara a Noia tomando o desvío a Os Ánxeles..., foron tempos..., foron tempos..., agora Nico xa non ven connosco nos veráns, colle un avión para L.A. de Norteamérica. E xa non é o mesmo. Cando volve, o pai fita para as bermudas do fillo e sopra. Di que con tanto conto o estamos virando nun deses amosa-pelos das pernas- de pés curtidos, que usan sandalias aínda que sexa con calcetíns. Nico non escoita nunca porque sempre ten os cascos postos, e se llos sacas o único que che di é What`s the matter?É o que hai.A min amólame darlle a razón ao seu pai, pero tamén penso que isto é unha tolemia, que a que ven tanta presa por que vexa mundo, e de cando en vez xuro que o seguinte verán vense connosco a Cee... Pero sempre rematamos mercándolle o billete de ida para o outro lado do océano. E non sei moi ben porque. Quizais facémolo porque esta vida nos enguedella e nos trae e nos leva, e chegamos a pensar que a terra é redonda e que dende o Pacífico tamén se pode ver o Atlántico cando en realidade só se pode ver o mesmo que desde aquí. Auga. Auga. E máis nada.Cada vez que o despido no aeroporto lembro todas as fotos vellas dos que marcharon antes ca el, e penso que non melloramos tanto dende os tempos dos bisavós, que seguimos sacudindo o pano dos mocos nun adeus resignado cando alguén vai na procura dos tesouros alleos e deixa os propios por descubrir.Quizais chegue o día no que Nico bote en falta o que se ve dende aquí, e quizais

15

Page 16: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

colla un avión desde calquera recanto do mundo para voar ata Fisterra, e volver a subir connosco ata o faro. No meu maxín el fica abraiado como cando era pequeno, mais tamén maxino que diante dos cantís dirá sen decatarse wonderful! ou amazing!, e que terá os cascos postos coma sempre, e que non escoitara como o seu pai rosma para o colo da camisa un xa cho dicía eu... Eu, seguramente, fitarei para un e para o outro, e o único que poderei facer será collelos das mans aos dous e sentalos ao meu carón. No bordo do cantil. Gorentando unha flor de toxo. A edelweiss de aquí.

16

Page 17: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ASTRONOMÍA DA CONSCIENCIA

Rosa Enríquezhttp://valdeorosa.blogspot.com

17

Page 18: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ASTRONOMÍA DA CONSCIENCIA

Levo unha demora de polo menos oito anos con respecto aos meus coetáneos. Habitualmente eles, aos vinte e dous, xa están convencidos daquilo que aos trinta

non me convence aínda… Cesare Pavese

Vou ser astronauta, pensou, para navegar por riba da sintaxe abrupta escarpada en verde e escoller, entre todas, a mellor pranta carnívora … Si, gustaríame ser devorada por un deses buratos escuros que son portas abertas, furadiños no universo, murmurios da angustia. Claro que tamén podería ser fea, a máis atroz das criaturas, embestir a hipertrofia do sexo sepultado na terra e chantar logo no medio un oasis de deformidade. Todo o que eu serei, o que hei ser, sendo como son inexactaminúsculatraxectoriaestraña pode resultar indiscutibelmente difuso, desvirtuado, excesivo. Sobre todo porque tiven vidas dabondo dentro como para absorber o epicentro da bestial envergadura que é ese mutante interno que me convive e estende os seus montes baixo os brazos.Estarei dentro do silencio, acubillándome como quen ten medo. Logo virarei redonda, igual que unha bola de pan, ou hexagonal, coma Franza. Chamareime entón algo así como françaisedunorddebretagne e falarei na lingua dos poetas: na dos versos e na de calar. Interesa o que non digo, e está todo no centro. É inevitábel facer un tránsito, mudar como os lagartos, desaparecer un pouco cada día. Ti non querías andar no ceo, pensou, nin partir as palabras. Vivías cunha pranta carnívora dentro da boca, cun furadiño escuro no nariz, cunha Hangustia como a chopeira á beira do río. Dicías, dixo, … vou ser astronauta, navegar por riba da lúa apagada, comer nubes con zucre e darlle aire ás mantas, para durmir mastigada por elas como un caramelo meloso, dentro do ámbito celeste, como se puidese existir ser, cousa máis difícil cá respiración branquial do obxecto-mutante e a súa vida propia, porque, poderemos ser astronautas, navegar polo tramo da consciencia, deixar a dor nunha caixiña branca como a tristura e darlla á nosa pranta carnívora, para que se alimente ben e se deforme toda.

18

Page 19: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

DESEXO (MÚLTIPLE)

Torreirahttp://pablotorreira.blogspot.com

19

Page 20: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

DESEXO (MÚLTIPLE)

Eu quixen ser eu e saíume un Torreira,que ben pensado despois dunhas cuncas de LK, non deixa de ser eu, ou mellor dito e pra diferenciar, o meu aquilo.Eu quixen ser todos os que buscaban algo no buraco negro do teu padal e rematei por ser un ninguén, cunha dúbida e pouca iniciativa.Xoguei a ser, antollo nas túas pernas, revolucionario por horas, noctámbulo diúrno, poeta despintado, neno ben, maduro precoz, futbolista da tralla brava, labrego do enol, ateo místico, galego con síndrome confusional, man no teu peito, suicida ao por menor, mirón no teu escote, salpicón de marisco, pecado a domicilio, verba consentida.Eu fai xa tempo quixen ser eu e tiven que afrontar unha folga orgánica.Corazón de can de palleiro, estómago susceptible, pulmóns inconstantes, cerebelo desequilibrado e lingua hiperactiva pediron unha negociación definitiva do convenio colectivo pra remar nunha dirección, como a traiñeira de Perillo.Eu quixen ser eu e saíume un Torreira, que ben pensado despois dunha noite polos garitos da vella, non deixa de ser outros, ou mellor dito e pra diferenciar …o que ti queiras que sexa.

20

Page 21: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade é pedra

lourixehttp://chantosnachaira.blogspot.com

Alberte Coutohttp://flickr.com/photos/alberte couto

21

Page 22: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

22

Page 23: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade é pedra

Identidade é pedra.(Pedra e eternidade).Identidade é cultura, cultura é linguaxe, linguaxe é pedra.Falan as mámoas.Falan os chantos.Falan os canzorros románicos da parroquia e o cruceiro do adro.Mármore, lousa, granito, seixo.Esta terra fincada de penedos que somos nós,(cobren os nosos mortos, abeiran o noso pan)querédela esfolar por uns cristaliños sen cór.

O Miño nace nun pedregal.Un monolito abre o complexo hospitalario.Un bilito lembra a Ferida dun mar que non morre.(Non volo permitiremos).A nosa cultura é pedra.A vosa, ce-de-ce, corrupta, formigón. Abominación. Artificio.

23

Page 24: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

24

Page 25: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Candieira

Visión celestial.Ser Galegos, a nosa identidade, a lingua como motor de todo coñecemento, o destino desexado, a capacidade de abrirnos paso no medio da escuridade e coa axuda da constancia e da afouteza, que sen dúbida, levarán os nosos propósitos a bo porto.

25

Page 26: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A GALICIA QUE SOÑAS

Marcos Valcárcelhttp://asuvasnasolaina.blogspot.com

26

Page 27: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A GALICIA QUE SOÑAS

É moito máis doado afirmar en negativo o que un non quere para o seu país que expresar en positivo todas as arelas e soños que eu desexaría para unha Galicia diferente, unha Galicia que, de certo, quizais eu non poida nunca contemplar, condeada a permanecer para sempre no mundo dos soños. Será unha Galicia, desde logo, moi orgullosa de seu, recoñecedora dos seus valores diferenciais propios, coa nosa lingua como primeiro sinal de identidade (por suposto, compatible co coñecemento e expresión, mundo adiante, doutras moitas linguas, non só do castelán, senón tamén doutras europeas). Será unha Galicia sen sumisións, sen vergoña de noso, sen Prestiges e sen mentiras: algún dirá, xa está este a pensar nos labregos encorvados de Castelao diante do cacique. Non, quizais non sexa esa hoxe a imaxe que nos reflicte, pero hai outros “caciquismos” moito peores que o tradicional, aqueles que están asentados no máis fondo dos nosos miolos.

Cruzo a praza das Burgas ourensá e escoito a uns homes maiores, de nidia procedencia labrega, a maldicir do seu propio idioma: “e que non nos entenderíamos...”, di un deles, a propósito da defensa do galego na sociedade e no mundo. ¿Alguén imaxina eses mesmos personaxes nunha praza de Cataluña: terían daquela a mesma actitude lingüística? A Galicia que eu soño nunca existirá porque o mundo é dinámico e, se algún día a realidade se achegase a ese soño, habería outras persoas a artellar novos soños, a crear utopías que movan o mundo, a instalarnos na modernidade sen renegar de todo aquilo que ata hoxe aportamos ao caudal máis vizozo da Humanidade. Será unha Galicia de enorme potencialidade cultural, capaz de competir nese terreo (e en moitos outros) con calquera outra nación europea (e hainas moito máis pequenas con asento propio na Unión Europea: se tivesemos Estado propio, a nosa lingua e cultura tería recoñecemento oficial de seu nesa Europa).

A Galicia do futuro terá, sen dúbida, planos e estructuras que hoxe non somos quen de imaxinar: o mundo cambia tanto... ¿que será de nós e desta paisaxe que nos arrodea só nunhas poucas décadas? Non sei como será ao remate ese edificio, espero que fermoso, moderno, habitable, funcional, pero si me gustaría que ao entrar, cidadáns dun novo mundo falando en galego e noutras linguas europeas, todos eles se recoñecesen nas raíces que lle dan sentido á nosa presenza como comunidade de noso: ese edificio debería ter gravadas nas súas portas, sen dúbida, as imaxes de Martín Códax e Sarmiento, de Rosalía e Castelao, de Bóveda e Otero Pedrayo: un convite a gozar dun novo futuro sen renegar do noso propio pasado.

27

Page 28: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Hotel Giglio

Arume dos piñeiroshttp://arumes.blogspot.com

28

Page 29: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A miña identidade consiste nunha camera no hotel Giglio, coa fiestra aberta á cálida noite de Roma, nun verán que nunca morre.

Arume dos Piñeiros, 6 de xaneiro de 2008

Hotel Giglio

No hotel Giglio de Roma gastabas seudónimo de cores.Remataba maio e quizáis erguías as costaspara aproveitar a febre.Eran horas de páxinas e froles abertas: o mar estaba lonxee o río baixaba con esperanza de mirtose arxila antiga.No Delfino Blu tentabas non mirarme; revolvías o azúcar con melanconía exacta. O sol caía e ti sinalabas unha arbree entón apurabas,apurabaa auga morna de Sirmioneou de Punta Vigilio,ao bicármonos sen respiro.Non pretendo evocaresas ceremonias de nostalxia con estas feridas que nunca pechan: só descubro veigas que compartimos,con ese fresco de salgueiros e bancos de inverno e pedrasque polo de agora non minten.

29

Page 30: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

o derradeiro sorriso

aultre naraihttp://aultrenarai.blogaliza.org

30

Page 31: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O derradeiro sorriso

"o derradeiro sorriso. sorríchesme... papá e mamá alí detrás falando de non sei que cousas. onte, no hospital, e o tempo detense, estírase como unha goma xigante. había néboa nos teus ollos, e sen darte conta tatuabas ese sorriso na miña alma. para sempre. foi o teu regalo de despedida? miña avoa, miña velliña, quen me contará agora contos de cando eras nena e corrías libre monte arriba, rodeada de animais? a quen lle vou dicir que o mozo de Catu moitas vacas? ti sabías que este conto que foi a túa vida chegaba ao seu fin... esas cousas sempre se saben e os teus ollos que confesáronmo"isto escribino o xoves... aquela noite... e hoxe? hoxe xa pasou unha semana. ti non estás e é como se eu fose un caracol á que lle arrincaron a súa cuncha... sempre estabas, sempre protexías. e eu non me daba conta. chegaba con que existises, con saber que estabas. como o latexo do corazón, ese movemento inocente que fai que sigamos vivos. e hoxe soñei que volvías estar mal... outra vez no hospital, outra vez verte así... a min hai unha semana que se me parou o corazón cando chamou papá para dicir que xa morreras. nervioso, confuso, doído. e eu camiñando por Ourense nunha nube... o mundo seguía. semellaba que nada cambiara. a xente vivindo as súas vidas, alleos a todo o que eu sentía. ese mismo día soñei que tiña unha vespa e que te levaba de paseo por toda A Peroxa, e que facíamos unha festa en casa, porque non morreras... sabes? quérote moito máis do que cría... SI, moito máis. perdoa por tardar tanto en dicircho, creo que xa o sabías. a min esas cousas nótanseme nos ollos. teño medo... eu nos teus ollos víame, sabía quen era. agora teño que volver a aprender sen ese espello. ollándote aprendín a descubrir o que hai en min. cústame dicirche adeus... cústame... porque para min segues vivindo, doutra maneira, agora podo contarche cousas que antes nunca terías entendido. e non me dá a gana de dicirche adeus... non sei se fago ben ou mal. só sei que non quero perderte. dende o sábado durmo con aquel mantón azul que era teu... parezo idiota. non podo evitalo. non o controlo. e o medo a desaproveitar a vida... outra vez tócame ser valente, pero hoxe estaba cansa. necesito parar o tempo e volver a ser a de sempre.

31

Page 32: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

semente

okohttp://dornaretina.blogspot.com

32

Page 33: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

semente

as mans.miras as súas mans.es quen de coñecer a historia de cada unha desas mulleres pola terra acumulada nas súas engurras, polas pequenas veas hinchadas que lles corren polo pulso, polas unllas que creban antes de medrar, mentres dan de comer aos bechos ou apañan a herba.

non, nena, píntamas de escuro, que así non se me miran tan feas.

porque saben que esa cinsa negra non sae ata que fregas forte, que está metida moi adentro. gardan cicatrices de cando eran nenas e non podían ir á escola. traballaban o mesmo ca un home. ás veces, coma dous.

non saberías dicir canto aprendiches delas nas tardes mortas na perruquería, pintándolles as unllas. unha vez dixécheslle a mamá, non me gustan as mans daquela muller. e despois contácheslle que eran moi grandes e brutas e que tiña algunhas unllas deformadas. e mamá dixo que iso era de traballar a terra.agora, saberías diferenciar as mans que labraron as leiras, as que fixeron redes, as que lavaron no río, ou as que nunca saíron da casa.

miras as mans de mamá. ela tamén ten os dedos deformados. o anel de voda tivo que levalo a agrandar máis dunha vez. e diche que as súas mans foron en tempos como as túas. cos dedos longos e finos. moi brancas, moi suaves. moi lindas. as túas, que non coñeceron a auga do río, nin coseron redes, nin traballaron na fábrica de conservas. mans que nunca recolleron patacas, nin munxiron a vaca, nin venderon peixe na lonxa.miras as túas mans, e sabes que non teñen historia.

agora paseas pola gran vía dunha cidade calquera. é inverno mais case que ninguén leva luvas.miras prás súas mans.as mans da xente da cidade non son moi faladeiras. non saben contar historias

33

Page 34: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

porque nunca queceron ao pé do lume.nunca tocaron vida.

cando chamas á casa, dende o outro lado da liña sentes a man de mamá collendo o auricular.a centos de quilómetros sabes que esa man que apreixa o teléfono, esa, é a medida de todas as cousas.

34

Page 35: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

35

Page 36: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Marcos S. Pérez / zerovacashttp://zerovacas.blogspot.com

36

Page 37: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Nós queremos, e teremos, o máis alá en vida (B.Brecht)

O SABOR DOS PAXAROSPodo aferrarme con ambas as mans a ese milímetro que nos separou unha vez Debe ser que non se cometen erros tómanse decisións en momentos equivocados Iso é todo: aprender a mirar a hora nos reloxos Dásme corda, dásme corda para logo cortar o fíoE sei que para chegar a ti abonda con tentar comprender, Mais eu, que durmín no interior da túa boca, que repetín unha e outra vez onde estás? onde estás? (estás onde o ollar comeza a doer) mais eu, como dicía, aínda non comprendín nada Non sei onde estás e iso é moi lonxe (estás en B, e iso é máis lonxe aínda) As mazás agardan o sabor dos paxaros Eu xa non agardo, vou O meu corpo múdase a outro corpo Son paxaro, vouO meu corazón é unha avenida ancha e baleira coma o Passeig de Gràcia ao amencer

37

Page 38: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

PORNOHoxe é luns, e sobre da mesaimaxino martes con vontade de alquimistaenarboro mércores como esperanza inútilit looks like a circle but it’s really a spiralTan preto do comezo, tan preto do final, imposíbel de dicir Demasiado afeito ás palabras A poesía é coma o porno canto máis se le menos significa (xa o dixo bertolt brecht) Comezaremos por dicir underground e crer que con iso está dita calquera cousa que poida pasar Comezaremos por mastigar a luz dos farois e ¿hai algo que dicir despois de Dani Salgado?

JOHN WAYNEHoxe o mundo é un lugarde lumieiras apagadasNon sei se é unha mañá fría ou clara ou firme, o día aínda non entrou pola ventá. Cando menos sigo vivo, e ninguén lerá o futuro nas miñas entrañas. Mentres, a casa sen gardar no caixón, desorde consecuente e sincera

38

Page 39: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Unha carta chámame “don” e digo: “hai que ter valor para tomarme así, en serio, e digo: “se polo menos eu fose John Wayne”.

SOFÁOccidente cargado de medo, mirando unha caixadende a esquina doutra caixamillóns, a eitosen decatarse de quemillóns, de feitomorreron no sofáNo sofá tamén morreron moitos de sobredose

CITIZENKANEEste lapis ten a punta fráxil de máis para cravarse duro na terra Este lapis non ten ollos para romper o rostro loitando contra un espello A este lapis fáltalle idade para ter esquecido aínda algoQuixen fuxir máis dunha vez da miña propia gorxa que se fixo vento fíxose cristal fíxose pechadura de tres voltas, Sabedes? Eu fun dos que me amarrei ao mastro para non escoitar os berros das sereas

39

Page 40: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Sabedes? Agora son o que afundo para naufragar Quérovos a todos, no pasado non vos querería, no presente agora Como trineos de citizenkane o tempo mudouvos sendo os mesmosexactamente Quérovos tras do espello tras da memoria apretando os dentes aínda sodes meus, así estou seguro de que nunca vos perderei

GACELASNon se agacha nada tras o meu silencio son as miñas palabras as que ocultan cousasEstamos agardandoagardandodesexando ser a gaceladaquel documental de La2 que ti nunca viches

NICK DRAKENon hai rocha tan pesada que non movan os teus ollos, cada paso é o primeiro (Sísifo namorado)Rapaza, a estas alturas deberías saber que me gusta a música ruidosa e sucia, e sentir un amor sinxelo e absolutoPero se pensas que nada nos vencerá porque nos amamos, estás errada

40

Page 41: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Quero que me quites esta espada das mansnunca souben usalaEu tiven que empeñar o meu corazónpara mercar comidapara alimentala a elapara sobrevivir euSabes que o fixen,que estou aqui,que respiro,que poño o sorriso máis amargoe recomezoE non hai forma de recuperalo?Sabes que non,fixeron unha canción con el.Algunha de Nick Drake.

ARDENDOEu era un buen chico,sen máis paixón que a minimamente esixidamesmo militaba nun partido que perdera a ideoloxíaE daquela guindaches un cóctel molotovHai mulleres cuxas entrañas queiman e eu teño o corazón ardendo de amar tanta frescuraAmo-te

41

Page 42: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O aprendiz

el duendehttp://ametroescaso.blogspot.com

42

Page 43: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O aprendizChega ao lugar da batalla, protexido por unha armadura de palabras e un escudo de argumentos. Por desgraza, tivo que empeñar a súa espada de conviccións para superar a costa de xaneiro, e a súa lanza de enxeño está no obradoiro do afiador. Na area, o seu dragón de hoxe agárdao, noxentamente puntual e cos dentes afiados nun sorriso. ¿Cal será esta semana? Por fóra todos semellan iguais. ¿O dos problemas laborais? Non, a ese matouno o xoves pasado, aínda non tivo tempo de resucitar. ¿Tal vez o da ética maltratada? ¿Ou o do illamento voluntario? Francamente, non ten nin idea... Tuse un pouco ata que se lle activa unha sinapse ¿esa cicatriz no ollo? Merda, é o dos traumas, malditas sexan todas as regras da estatística.Como perdeu moito tempo pensando, o gran verme toma a iniciativa e lle devora unha perna: “Es un matao e todo o mundo fai burla de ti ás túas costas”. O aprendiz non se inmuta e contraataca, pese a estar desarmado: “Pero teño unha rica vida interior”. Un mal golpe, o dragón ri con sons metálicos e lle arrinca un brazo: “Pasas a vida observando e ao final nunca fas nada. Pensas que es Hamlet, pero só es idiota”. El pregúntase por que sempre lle tocará o dos traumas nos peores momentos e fai unha manobra defensiva: “Quen observa, aprende”. A besta, que xa coñecía esa finta tan vella. golpéao no peito e lánzao ao fondo da area: “Quen observa, non liga unha merda”.O mancebo aterriza de cu, e con varias costelas partidas pola trompada. O seu rival loita con deshonestidade, pero dous poden xogar a ese xogo: “Esa xa non doe, aí teño callo”. O seu dragón lánzase cara adiante, coas fauces abertas, desexoso de rematar a pelexa: “Sempre dis que na túa familia están todos tolos. Ti non es distinto, por moito que o negues”. Non hai resposta posible, por iso, en troques de falar, o aprendiz tírase ao chan e deixa que a besta choque contra o muro exterior do campo de batalla. Unha conxura do azar fai que o monstro rompa o pescozo.O guerreiro mancado mira ao seu redor, inseguro. Foi un mal día, pero tal vez se da cruzado a porta do fondo atope a doncela... ou o Santo Grial, o que sexa que toque esta vez, aínda se conformaría cun cheque-regalo do Alcampo. Tenta levantarse. Cunha sóa perna é difícil. Esvara no sangue do dragón morto e cae cara atrás. A súa cachola bica o chan, e perde o coñecemento, se é que tivo algún algunha vez.Fundido a negro con estreliñas. Cando esperta, xa lle creceron os membros outra vez, pero a Asociación de Dragóns pola Tolerancia púxolle unha denuncia por maltrato. Diagnóstico: victória pírrica.

43

Page 44: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Movemento e Dualidade

Spavhttp://verbas.wordpress.com

http://flickr.com/photos/spaviladiyo

44

Page 45: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

45

Page 46: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

46

Page 47: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

lauridinhashttp://noitetsubsahariana.blogspot.com

47

Page 48: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Pois si, aboíño, si... a vida eche asíSabeliña, por Xosé Lois.

Picar a cara coas pallas dun sombreiro de lazo mentres o sol envelena a pel e apetecen as sombras da carballeira...Mareos no Carballiño, ano 87... xogos de asemblea de inverno: Fiz, Suevia (as sandalias de primavera máis o cabalo de madeira de crinas ásperas), Rosiña, Iago ou Mariña (a dos peixiños de cores agochados na cómoda grande de Vila García).Carracas por polbo á feira... feiras da lingua, feiras de nenos e... títeres en furgoneta.Na aldea da cidade desaparecen Atlántidas... e aparecen lagartos a comernos (de mentiras e agachadas).Comprendín Galiza nas tardes de sol de verâo (o verâo de sapos e aranheiras... literaturas do sur e esferas acuáticas:Don Nicanor, as charcas... e os culleróns e as figueiras)... era tan grande e bonita que os outros nenos sempre falaban mellor galego ca min.Móbiles dicotómicos (intensas cores azul, vermello, azul, vermello...) a pendurarse dos cuartos, e avións voadores a despegar, e a aterrar... sempre coa calor da carballeira...Galiñas que peteiran, galiñas que peteiran... de carballeira en carballeira, ti, a peteirar... e os cabezudos que che ofrecen a man enorme... e as pinturas que che enzoufan a cara... As feiras de libros, os magos sen chistera... e as randeeiras veloces, o biscoito caseiro, a vida baixo as pólas... e as sestas zumbando... mmmmm, ter sono.

A marmelada xa está no baúl. Fin. Todos nun baúl deses de enterrar recordos. O verán, as mesas, os puchos, a carballeira...

48

Page 49: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

EN RECIPIENTE de cristal, entre as estrugas, entre as cortiñas ateigadas de areas e laranxas, na luminosa aparencia primeira, na Praia de Beluso, na Robaleira, na Roiba tan antiga e na cetaria de bisontes e ameixas, entre as fontes, nas furnas do salitre, nas rochas sempiternas, nos pazos do inverno, nas aves do verán; e unha transparencia total e única e inefable, e teas de setembros, mandilóns de raias, cartolinas, seráns de follas secas, e adormecemos no Grupo Escolar, e imos ó patio pequeno, ás murallas e ás montañas, escorregamos entre os fentos, e somos pulgarcitas, espitas gorgoritas, espinete na tarde, xerseis de la; e encólleseche o corazón de cando en vez dentro do teu peto, porque es demasiado vella..., e procuras unha poza abandonada, rumores eternos, limoeiros inesperados, e o beixo que aparece, serenidade de xuño, azuis incribles e resplandecentes, e existe unha profundidade terrible nas xemas das túas mans, e aparece a rapidez da torrente, o Dr. Who, os The Kinks sobre o velvet, e espazos e reflexións, I found a reason, e transgresión na noite máis quente e máis mesta, e colar de doas violetas, fume de gatos noctámbulos, incenso eterno, mirra exquisita, ouro verquido sobre as rúas, e hai chatolas no ar, e beixos sobre os colos, e uns zapatos vermellos sobre as rúas, e agóchaste na tobeira de Alicia, na delicadeza nas mans, no rumor, no rumor... e aparecen ananiños grises pero rexéitalos, e a voráxine apréixate, pero achégaste ó sorriso, á marabilla das caracolas escorregando sobre a pel, ó rumor entrelazado, á calidez do abrazo, ó labirinto..., e os bufos adormecen boíños na cunca das mans de setembro, na última raiola, e facemos galletas, pulseiras de doas, calceta de tarde e mais biscoito; e voluptuosidade nos círculos, ocelotes e tigres, rapidez de números e letras; e voas coas ás dos soños, con murmurio de fantasía, con riqueza entre os ollos e a realidade, elefantes tremendos, hipopótamos incribles.

49

Page 50: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Valdoviño

Anxo Lópezhttp://proxecto-ds.org

http://flickr.com/photos/trastienda

50

Page 51: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

51

Page 52: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

MEMORIAS DO PANADEIRO

Xurxo Sierra Velosohttp://reidecopas.blogspot.com

52

Page 53: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

MEMORIAS DO PANADEIRO

Non poña eses ollos. Sei que a inminencia da morte impresiona ao máis afouto, pero agora mesmo non temos tempo para comentarios piadosos. Mandeino chamar por unha razón ben concreta. Cónstame que é vostede un bo profesional. Por iso lle pido que, dadas as especialísimas circunstancias, se concentre no que vou dicir e non faga caso ás miserias da miña agonía. Se non pode aturar o fedor, poña un pano húmido sobre o nariz. Tampouco lle vou reprochar que aparte a vista do meu corpo estragado. Abonda con que me escoite.

Antes de morrer, gustaríame deixar encamiñado un proxecto que me veu á cabeza hai algúns meses, xusto cando os médicos me diagnosticaron a doenza. Quero contratalo como escritor. Solicítolle formalmente que sexa vostede o meu biógrafo, o que conte a miña vida. Sei que é unha extravagancia, un simple capricho de moribundo. Pero tamén é a miña derradeira vontade. Por iso me atrevo a pedirlle que estableza a retribución que considere xusta e acepte a misión.

Vexo na súa face que a repugnancia mudou a perplexidade. Non se preocupe, serán só uns minutos. No caixón da mesiña atopará un sobre cun par de folios manuscritos. Tratei de resumir neles os acontecementos máis salientables do meu existir. En realidade, creo que o único fundamental é que fun panadeiro e que nunca quixen aprender a xogar ás cartas. O demais déixollo a vostede. Nin sequera se vexa na obriga de consultar cos meus fillos. Eles, coitados, xa teñen dabondo co traballo do forno. Pola miña banda, doulle absoluta liberdade para inventar amores, inimigos, misterios e todo o que lle pete. Cando leve unhas cen páxinas, déame unha morte gloriosa. Un naufraxio, por exemplo, estaría moi ben. Ou unha batalla con frase final. Calquera cousa menos esta cama de vermes e suores.

53

Page 54: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A galega

Débora Campos / torredebabelhttp://fiosinvisibles.blogspot.com

54

Page 55: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A galega

Non hai nada nela que a faga inesquesible. Non ten, por poñer por caso, un deses narices que chegan antes que os seus portadores. Hai quen dí que os homes cunha saínte xenerosa teñen unha persoalidade forte e encantadora. O que con toda seguridade teñen son anos de botar unhas boas malleiras a eses que rían deles na escola ou que, con toda seguridade, rumoreaban alcumes que te mexas da risa. Todos a rir menos o do nariz que padece a burla ou agasalla cunha boa zurra ao enxeñoso. Así pode que gañaran a sona da persoalidade forte. É dicir, unha proxección dos paus dados sobre o seu estilo individual. Quén sabe... Pero no caso dos galegos destas terras australes, para o momento no que o naríz principia a colonización da xeografía da faciana, a infancia é unha lembranza e pouco máis. Da infancia dela non hai lembranzas sequera. Ela non fala moito diso.

Doutras cousas sí que fala. De feito fala bastante, coma case todas as mulleres do seu tempo coas que ás veces se mestura. Sexa nos minutos previos ao comezo das clases do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Belgrano, sexa mentres os organizadores dun acto da colectividade proban o micro ou agardan ao convidado que -como todo convidado- sempre chega tarde, ou sexa no viño co que remata calquera actividade na que se queiran as cadeiras ocupadas. Ela e as outras comentan o clima, gaban a blusa allea, preguntan por homes e fillos ou netos, lembran vellas historias, participan do infortunio dalguén a quen todos coñecen ou a quen ninguén coñece (tanto ten) e cotillean, que ven sendo o mesmo.

Entre as mulleres esas, ela non salienta especialmente. Leva vestido oscuro, pode que cunhas mínimas flores ou pintiñas. Se o clima o require, e se non o require tamén, viste un saco de fío ou lá que as señoras coma ela sempre teñen na man, nas costas ou pendurando do bolso. Os zapatos sempre oscuros, sempre pechados, sempre cun tacón non moi alto nin moi baixo e sempre coas medias de nylon negras, claro, negras. Mesmo cunhas cativas presenzas dunha cor azul, gris ou branca, semella que todas teñen un morto ao que lembrar nas roupas.

E ela tamén. Mesmo que ninguén lle saiba de morto ningún. Se cadra, xa ninguén lembra a idade que terían cada unha destas mulleres cando vestiron o loito por primeira vez. E logo, co paso do tempo, das guerras, da fame, dos barcos, das cartas e da dor, eses traxes negros fixéronse unha segunda pel. Os mortos, pode que nin de seu nin tan queridos, íanse sucedendo e con eles os vestidos. Uns tíos, uns veciños, uns curmáns lonxanos, eses coñecidos, os tíos dalguén, sobriños doutros e coñecidos de coñecidos, a pena non vale se non se pode socializar e exhibir.

Non hai nada nela que a faga distinta. Nin sequera a cola que fai co cabelo na base do cranio. As outras galegas non teñen tempo para enfeites de moza: chégalles ben coa casa (pouco fan nela, non sendo a comida, que do resto xa se ocupa a rapaza peruana tan boa que vai dúas veces á semana), co home (levan

55

Page 56: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

anos sen atopar algo interesante que compartir por fora das vacacións en Mar del Plata, as visitas ao médico e dúas rifas ao día, se é berrando, pois mellor), cos netos (os pequenos, que os maiores fuxen delas), e as actividades nun centro da colectividade.

Non se sabe se ela ten home ou netos. O que si ten é unha cola tirante na base do cranio enlazada cunha cinta negra que, pouco chamaría a atención, se non fose porque todo o seu cabelo é dunha cor gris serenamente homoxénea. Polo mesmo, nada faría da cor dos seus pelos algo especialmente notable se non fose porque a súa cabeza non se atopa á mesma altura que as outras cabezas senón uns trinta centímetros por debaixo. A galega é baixa. Claro, case todas elas -máis ainda as dos tempos da fame e da pobreza- son baixas. Non hai novidade niso. Pero entre elas, entre as baixas, esta galega é baixa con gañas, teimudamente baixa, baixa coma unha nena de dez anos alta ou coma unha de doce pequena.

O da pouca altura ten que ser unha vocación, unha vontade de estar alí abaixo, a escolla conciente e deliberada de sinalar a súa pertenza a unha nenez que non marcha. Senón, non se entende o da súa voz.

A galega fala cun ton agudo, agudísimo, que sacude con furia os tímpanos alleos e ten que ser por iso que algunhas cousas das que di non se poden borrar despóis. “O que eu non entendo, e non entendo e non entendo, é por qué os galegos daquí falan en castelán entre eles. Cunha lingua tan fermosa como a que teñen de seu!”, dixo fai tempo nun acto deses presididos por señores moi serios, de traxe e gravata, e varios tímpanos e non menos facianas fixeron notar o desgusto. “Tendes que vir máis por aquí. Así os que lemos libros en galego podemos vervos a cara, coñecervos”, rifoulle ao escritor Suso de Toro, na primeira conferencia que deu na primeira viaxe á Arxentina que fixo. “Eu estou aquí un chisquiño “colada” porque non son galega, nin filla, nin neta, nin nada. Os meus son de Polonia. Pero levo anos estudando esta lingua tan fascinante e aprendendo da cultura de Galicia e podo dicir que me sinto unha galega máis”, dixolle á delegada da Xunta de Galicia nunha presentación.

"A identidade desvélasenos só como algo que hai que inventar en lugar de descubrir; como o branco de un esforzo, "un obxectivo", como algo que hai que construir dende cero ou escoller de ofertas de alternativas e logo loitar por elas para protexelas despóis cunha loita ainda máis encarnizada...". Isto non o dixo a galega senón o sociólogo Zygmunt Bauman, polaco por nacemento, ruso por circunstancias e inglés por elección. Pero como non hai nada nela que a faga distinta ou inesquesible, pois que quede unha acordanza.

56

Page 57: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Anhttp://paxaradas.blogspot.com

57

Page 58: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

58

Page 59: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Test da vida real

Marcos S. Calveirohttp://alfaias.blogspot.com

59

Page 60: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Test da vida real

A El/a déronlle o mércores pasado unha mala nova. Unha carta da clínica informáballe que o psiquiatra que o/a trataba diagnosticara o seu caso como unha esquizofrenia e non como unha desorde de identidade de xénero como el/a agardaba. Con esta nova as súas posibilidades de someterse a unha reasignación de xénero, termo co que os médicos denominaban a cirurxía de cambio de sexo, desaparecerían por completo. Esa arela tanto tempo esperada escorrega agora coma area da praia entre as súas mans, e na súa mente amoréanse tristes escenas da súa infancia que xa tiña perdidas nalgún recuncho da súa memoria.

O neno en crequenas, co seu lombo apoiado no salgueiro ergueito no centro da praza da vila, asexa as nenas que diante da botica xogan á roda. Xiran e xiran arreo, coas súas saias de cores coma derviches en transo, e bébedas co viño da inocencia cantan con ledicia.

Estando o señor Don gato en silla de ouro sentado calzando medias de seda e zapato colorados recibiu unha noticia que había de ser casadocunha gatiña moren a que tiña o dote no rabo.

O neno memoriza entre murmurios a canción e fai oídos xordos aos berros

dos compañeiros que o chaman para xogar con eles á pelota no campo da festa. El non quere ir, sempre panda na portería e remata co seu corpo mazado, cheo de negróns polos balonazos dos dianteiros abusóns.

El/a preparárase a conciencia para o que lle esperaba. Non lembra a derradeira vez que se barbeara, pois depilara o seu corpo por enteiro en custosas dolorosas sesións semanais de electrólise nunha clínica de estética. Tamén acudira a un logopeda para educar a súa voz, facéndoa máis aguda e lene, e agora cada vez que falaba por teléfono confundíano/a sempre cunha muller.

Levaba anos sendo un número, unha sinxela cifra, un entre 50.000 dicían as estatísticas. Unha excepción que agora de súpeto regresaba á normalidade, e este corpo que non lle pertencía volvía a ser seu de novo. Alguén, en algures, trabucárase e el/a estaba pagando o erro, un prezo demasiado alto por toda unha vida de medo e incomprensión. Sentíase de novo prisioneiro/a da súa anatomía, dun sexo que non sentía como propio dende rapaz.

60

Page 61: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Os nenos non comprenden as nenas e os seus xogos estúpidos, e dende un recuncho da praza lánzanlles pedras. Elas, ás presas, rindo, procuran refuxio no patio dunha casa e eles ante os seus risos mudan a súa incomprensión en medo, foxen entre berros camiño do campo da festa a patexar outra vez a pelota nese efémero partido que é a infancia.

O neno cambia de agocho e á espreita tras unha fiestra entornada, percorre degoirado os corpos das nenas, os seus peitos temperáns que se insinúan tras os vestidiños roupa, as súas pernas de veludo, o abaneo dos seus cadrís baixo as saias de algodón e o seus beizos de xarope de amorodo. O neno envéxalles cada un dos seus acenos, dos seus chíos de soprano, dos seus lenes aloumiños. Elas teñen todo o que el quere, todo aquelo que para el é inaccesíbel. Fan todo o que a el lle gustaría facer e non pode ou non lle deixan os demais, os seus pais, os mestres, os compañeiros, os prexuízos.

Os nenas non se decatan do drama que vive o neno, ignoran que son obxecto de semellante desexo, de que para el son un tesouro, unhas deusas as que adorar. Elas, na súa inocente felicidade, continúan a cos seus xogos, forman outra roda e seguen coa súa canción.

O gato coa alegría subiuse ao tellado e foi a pulga e deulle unha couce.Partiulle sete costelas e a metade do espiñazo e logo mandou chamar curas e escribanos pra facer o testamento do que tiña mal roubado.

El/a pensou nos poucos homes da súa vida, no medo que sentiron ao saber a verdade, ao descubrir o seu máis íntimo segredo. Foron incapaces de asumir esa revelación, o que fixo que os perdese para sempre. A algúns invadiulles o odio e, coma aqueles nenos da súa infancia, cometeron un acto violencia incontrolable e inxustificable contra el/a, mallando no seu corpo coa carraxe da decepción nos seus cotelos.

É venres e leva máis dunha semana sen saír na casa, acochado/a das olladas indiscretas dos veciños e dos estraños. As provisións comezan a escasear e decide baixar ao supermercado. Alí, despois de mercar unhas pizzas conxeladas, e na ringleira dos productos de droguería bota man a un bote de escuma de barbear e a unha navalla.

Ao pasar pola cinta, a caixeira reparou naquela muller tan grande, cousa que poucas veces facía cos clientes. Un calafrío percorreulle o corpo e sentiu pena por ela, ía sen arranxar e tiña a tristura e a dor naqueles ollos afundidos , Quíxolle dar unha aperta e consolala, así que, despois de pasar os productos polo lector de códigos e cobrarlle, despediuna cun sorriso e cunha escintilante ollada, que non lle botara nin ao seu mozo ese mesmo día pola mañá cando dende a cama espreitaba como se vestía para vir traballar.

61

Page 62: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

El/a regresou á casa coma un zombi, deixou a compra na mesa da cociña, colleu a escuma e a navalla e foi ao baño. Abriu a billa da auga quente, quitouse a roupa e pechou os ollos. Espido/a agardou a que o vapor coma unha mesta néboa asolagase o cuarto todo.

Os nenos amolados por non ter diana á que encher de golpes de balón, enchen os seus petos de pedras e regresan na procura de vinganza. As nenas inimigas acochadas non patio non sospeitan do ataque que se argalla contra elas. O neno decátase de todo dende a súa privilexiada atalaia, colle unha pedra e lánzaa contra o fato de nenos alporizados. Dálle a un deles na fronte e ante o abondoso sangue que mana da fenda os rapaces bátense en retirada coma ovellas asustadas.

O neno séntese ben pola súa acción, por primeira vez é unha delas, e feliz acompaña cantaruxando ao coro de voces de rapazas que xa rematan a súa canción.

Sete varas de legüiza, outro tanto de adubado, cinco cuartillos de aceite pra facer un bo guisado.Se preguntan quén morreu, que morreu un desdichado,non morreu de mal de mores nin tampouco de costado. Foi do couce dunha pulga que é un mal desesperado.

El/a abre os ollos e a luz irreal do fluorescente devólveo/a á realidade, óllase no espello e aínda segue alí. Limpa coa súa man dereita a súa superficie embozada e o seu reflexo invertido devólvelle a imaxe dunha pantasma. Ten o cabelo castaño, con reflexos dourados do sol; as cellas, unha delgada liña perfilada en negro que contrasta coas vizosas e longas pestanas tras as que se acochan unhas meniñas de carambelo café con leite.

El/a colle coa súa man o membro murcho e prémeo ben ata que se pon vermello pola falta circulación, de súpeto, sen pensalo, cun golpe seco desliza o gume da navalla barbeira entre o seu pube e os seus cotelos, e o cacho de carne cae morto no lavabo. Coa dor rabuñando cada poro do seu corpo, óllase no espello. O/a pallaso/a con perruca esvaeceu, e tópase fronte a fronte cunha muller.

Namentres o sangue escorrega polo remuíño do sumidoiro e o presente estoura en millóns de glóbulos vermellos, rise a gargalladas.

62

Page 63: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identité

Tedheadhttp://remolca.blogspot.com

Ramón Trigohttp://trigofillia.blogspot.com

63

Page 64: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

IDENTITÉTedhead 2008

En 1865, unha modesta editorial de París, Editions du Faux Mignon Ltd., publicou un escueto pero elaborado manuscrito, que traducía un estudo dun descoñecido escritor finés, de nome Markku Akis. O texto, titulado “As palabras non son o que parecen”, pasou completamente desapercibido ao público, feito que adiantou a ruina da pequena editorial, causando o seu definitivo peche. Por absurdo que pareza, o estudo profundizaba nas curiosidades da lingua finesa, na que existen –ao parecer- infinidade de palabras que o escritor definía como “antosinónimos”, é decir, palabras que tanto significan unha cousa como a contraria. O relevante era que non se trataba dun diccionario á vella usanza, xa que as palabras despois dunha sinxela definición do seu carácter polisémico, usábanse como escusa para fiar poemas, cancións e reflexións de carácter filosófico ou poético ao tempo que se ilustraban con pequenos e simpáticos debuxos feitos polo propio autor.O manuscrito estivo durante anos desaparecido e aínda así, seguía a ser referencia obrigada nos círculos literarios cal lenda urbana ou metáfora da sociedade burguesa do París finisecular. Cando os máis vellos xa olvidaran aos protagonistas da extraña publicación, o conto tornouse nunha especie de relato popular que se transmitía de boca en boca e de pais a fillos, no que algúns aportaban datos incertos pois ninguén era quen de recordar ningunha das palabras do libreto.E agora ven o curioso. No ano 1965, alá polo mes de xaneiro, nunha coñecida taberna Viguesa e entre cánticos alcólicos, un home e ntonou unha vella “cançon francais” que ninguén coñecía. Ante o silencio dos presentes, sacou un pequeno anaco de papel metido nunha bolsa plástica hermética e alzando a voz presentou o título do tema e o autor: IDENTITÉ de Markku Akis.Se ben é certo que a melodía recordaba sospeitosamente á “Negra Sombra” do noso benquerido Montes, o texto era sen dúbida algunha, a única palabra “antosinónima” supervivente do estudo de Markku Akis: Identidade.E cantou, ben que cantou, cunha sensibilidade nunca antes escoitada,

“Eu son, ti es, el é. Nós somos, vós sodes, eles son. Eu son, na medida que ti es/parte falada (na escala do persoal) Cando vós sodes, eu non me sinto

É dicir non son/parte falada(na escala do colectivo)...”

A “cançon” foi tan curta no tempo como escalofriante na interpretación. Os que

64

Page 65: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

tiñeron a sorte de estar alí aquel día, aínda saloucan e lembran entre vagaos o sentimento e profunda tristura que aquel momento abriu nos seus corazóns. As tazas caían das mans e vellos mariñeiros que viran naves afundirse máis alá do Gran Sol, choraban e tremían como rapaces con aquel canto de sereo.Do home, nunca máis se soubo, pero o anaco de papael coa bolsa de plástico caeu, e alguén recolleuno e fixouno na parede. Sei que vai parecer extraño, pero a bolsa hermética aínda está alí. Entrando, á dereita e sobre o bocoi, claramente pódese ler o texto no papel xa amarelo. O único que podo engadir é que eu, estiven alí e vino: Identité. “Les mots ne sont pa qui il les semblent”. Markku Akis. Editions du Faux Mignon Ltd. Paris. 1865.

65

Page 66: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

66

Page 67: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O SIOUX QUE LEVO DENTRO

zimmer103http://zimmer103.blogspot.com

67

Page 68: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O SIOUX QUE LEVO DENTRO

O bruar das bestas pintas que intimida Washington, invade o espírito da nosa tribo orfa , escupindo sobre os tratados murchos, realizando entre espasmos, a perigosa danza do barruzo ácido. A nosa pel gastada polos reflexos da luna, suplica que os ouveos dos coiotes invadan as cidades e as aldeas de tránsito uniforme. Nas cantinas da reserva aperece contra a noite o espíritu de Cabalo Tolo, o whisky e licor café fan brilar os ollos que piden vinganza a berros. De Lakota a Lourenzá , sentimos cada vez máis preto os cabalos pintos voltar correr en libertadade. Escupimos sobre os tratados murchos esculpidos sobre papel ensanguentado, afogados no noso própio vómito, nas cantinas da reserva aparecen os espíritus furiosos que nos guían cara ó campo de batalla. Identidades sonámbulas atrapadas no deserto, cercadas por enormes chantos eléctricos. Búfalos de Arizona e bois da chega, cántame outra vez isa maldita añada tóxica.

68

Page 69: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

As miñas ideas

Belukahttp://cafedaletras.blogspot.com

69

Page 70: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

70

Page 71: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

As miñas ideas

Uns días revólvense as ideas e outros póñense en fila e agardan o seu turno.

Deixei correr a auga da ducha mentres lavaba os dentes e o espello amosoume unha caixa torácica baleira.Sei que non está baleira, díxenlle, amósame a cabeza.Na superficie cristalina reflectíronse rostros, lugares, un remuíño de elementos indescritibles na miña fronte. Unha desorde aterradora, un novo caderno mental de historias, pensamentos e problemas esaxerados. Abaneei a cabeza con pesar e metinme na ducha.Por que o fas?, díxome tras a cortina. Por que lle das voltas a todo?Non o podo evitar, respondinlle á miña personaxe, non podo evitar pensar!Xa somos moitos aquí dentro, sabes? E se temos que enfrontarnos tamén aos teus problemas e loitar polos teus desexos non imos dar feito.Asomei a cabeza chea de escuma pola cortina. Mirábame dende o bidé, sentada. Era estrañamente semellante a min, pero máis dereita, ben peinada, sen bolsas baixo os ollos. Espreitábame agardando unha resposta que non me deu tempo a dar.Poderías sacar a algúns. As bruxas comezan a impacientarse e as amazonas están confusas cos cambios de argumento! E nin che conto como andamos as Eus... unhas afogando en apertas, outras chorando, outras perseguindo recordos e fantasías sexuais... Unha desfeita...E ti cal es?, preguntei con curiosidade mentres aclaraba o acondicionador.A que non sae nunca. Por que non saes?Porque son feliz. Estou segura de min mesma e sei que o conseguiremos. Mesmo se aínda así siga sen saír. Daquela virán ideas novas e sairán as Eus namoradas, as lascivas, logo as tristes e nostálxicas de novo... E eu quedarei aquí. Pero non me importa. Teño que coidar de ti.Saín da ducha e envolvinme na toalla. Mirei para ela abraiada, sen saber que dicir. Ela sorriume de esgueira, cun estraño cariño, coma se me estivese a confortar.Tes un lenzo enorme. Éncheo.Os seus ollos agardaban un asentimento. Dinllo. Intentareino. Ordenarei todo o que poida e sacarei a uns cantos, prométocho, díxenlle.

71

Page 72: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Ela sorriu de novo co mesmo furado nos dentes que teño eu. Abaixeime para enroscar a toalla na cabeza e cando me erguín xa non estaba.Mireime ao espello de novo. Esta vez só vin o meu reflexo. Puxen a lentilla.E sabes que? O mundo tamén é un lenzo.

72

Page 73: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ANHELO

Eneagá / Iago Urgorrihttp://mentos.es

73

Page 74: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ANHELO

Ocorre nese preciso instantecando ela sorríe fórmaselle unha furadiña na face,perto dos seus ollos.

É nese instante cando o meu corazónlatexa forte, e pásaseme pola cabezaa idea de bicala.I eu riome, por nada,por non chorar, pornon bicala...

Mais xa di a canción,"o malo dos bicos éque xeran adición".

Mais quixera bicala,quixera...bicala,bicarte...

PD.: "Gastalos meus beizoscos teusé todo o únicoque quero."

74

Page 75: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Greyboxes

Wichohttp://flickr.com/photos/wicho

75

Page 76: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

76

Page 77: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

77

Page 78: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

78

Page 79: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

79

Page 80: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

80

Page 81: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

81

Page 82: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

82

Page 83: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

século XXI

ifrithttp://cinemafriki.blogaliza.org

http://23hq.com/ifrit

83

Page 84: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

século XXI

Un día calquera dun mes calquera nun lugar calquera do século XXIMarcharei de aquí. A calquera outro lugar. Afeitarei o bigode. A un lugar onde ninguén saiba que fun presidente de ningures. Será unha viaxe sen volta atrás, porque atrás xa non queda nada de min. Non serei unha estatua de sal.

Catro meses despois daquel día calquera noutro lugar calquera do século XXIE aquí estou agora catro meses despois do comezo do meu cambio, nunha habitación casi valeira e desordenada. A calor é abafante, nin nu consigo quitalo denriba. Ó principio afeitei o bigode, mais agora levo unha barba desarreglada. Mírome no espello e sigo sendo eu. E máis outra vez sorpréndome pensando en ti.

E que queres que che conte, non teño nada mellor que facer. Vexo correr a suor entre os pelos do meu peito e o ventilador mover se máis o aire. O aburrimento e o tedio inunden a miña vida, os poucos negocios que manteño nesta cidade lévanse casi sos. Levantaríame a coller unha cervexa, mais está tan lonxe...

De repente chaman violentamente á porta. Identifícanse coma policia nun idioma raro. Bueno, é o idioma que falan aquí, mais a min ségueme a soar raro e inda non me defendo ben nel. A policia bate a porta e berra insitentemente. Poño uns pantalóns curtos e unha camiseta, non vou quedar a escoitar o que me queren. Achégome á fiestra e salto.

Un día calquera (distinto do anterior) e anterior ou posterior ó segundo, tamén do século XXIDor. Dor en todas e cada unha das partes do meu corpo. Luz. Moita luz. Silencio. Branco. Todo é moi branco. Estou nunha cama. Si, coido que estou na cama dun hospital. Abren a porta. Fágome o durmido. Pechar as pálpebras doe. Falan baixiño. Un home pregúntalle a outro: “Quen é? Onde o atoparon?” “Podería ser calquera. Estaba á beira da autoestrada.” Doe. Escoitar tamén doe. Caio desmaiado.

Outro día calquera, nunha liña temporal pouco definida. Do século XXI, iso si.Canto tempo levo durmindo? Acordo nun cuarto azul todo cheo de cousas azuis nunha casa do lado da praia. Seino porque a vexo através dunha grande galería que hai diante de min. Isto é o que chaman unha mañá azul. Unha blue morning. Ó meu carón, acubillada entre as sabas unha rapaza dime medio en soños: “Fica aquí. Non marches.”

Máis outro día calquera. Este é o derradeiro, ou polo menos aquí acaba todo. Século XXI.E aquí estou no medio da rúa, no medio dunha chea de xente. A xente berra, coido que é unha manifestación. Erguen os puños en alto e levan pancartas. Hoxe estou

84

Page 85: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

contento. Coido que o conseguín. Xa non son ninguén. Nin sequera son eu mesmo. Alí no medio de toda aquela xente tampouco son un deles, eu seino e eles tamén. Toda a xente que algunha vez tivo algún contacto comigo xa no me recorda e se algún inda o fai desexa con tódalas súas forzas non facelo e esquecerme dunha vez.

Este pequeno relato naceu dunha idea peregrina ó redor da identidade e que corresponde ó primeiro parágrafo. O resto está escrito partindo dos títulos das cancións que ían aparecendo no last.fm escoitando grupos semellantes a Ivy, a saber: Thinking about you (Ivy), Better Things To Do (Adrienne Pierce), Jump (The Faders), Could Be Anything (The Eames Era), Blue Morning (Brookville) e Stay Now (Jem). E logo apareceu It's Good to be in Love (Frou Frou), pero o amor é un tema xa moi manido así que preferín rematar cun final libre.

85

Page 86: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

86

Page 87: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

I´m twisted & sick

Emerecihttp://emereci.blogspot.com

http://flickr.com/photos/emereci

87

Page 88: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

I´m twisted & sick

Son a que desfai a berros Y Sin Embargo te Quiero entre Láncara e O Incio. A que se caga de medo cunha crise asmática da mellor avoa do mundo. Son a que para o coche entre O Incio e o Oural para gravar a cor das mimosas nesa memoria visual que tantas veces lle serve de refuxio. A que fala toda a tarde sen parar, de tonterías, de superficialidades, para evitar que a madriña verbalice as bágoas que se lle veñen aos ollos cada vez que a afillada pasa unha tempada lonxe da casa. Canto che gusta andar polo mundo adiante e que pouco che gusta estar aquí. E non é verdade. Non tanto. Non só. Son a que foi e volveu. Foi e volveu. Foi e volveu. Foi e volveu. E son a que non quere volver ir, para non ter que volver volver.

But I'm twisted & sick so that's find with me

Untill I finish what I have to doI can't start doing what I should do

Son a que abre os dedos para que lle pase o aire entre eles mentres se pregunta quen é realmente? Serei como creo que son? como os demáis cren que son? como creo que os demáis cren que son? como estou sendo agora, neste momento e lugar? como creo agora que estou sendo neste momento e lugar? como fun antes, noutros momentos, noutros lugares? como creo agora que era antes? como cría antes que estaba sendo naqueles momentos e lugares? como me gustaría ser? ... serei?

I'll have to do this, I'll have to say thatI'll have to go beat out all of that crapI'll have to sit still, I'll have to fulfillThose stupid ideas they have about me

Son a que leva sempre un libro no bolso, por se se aburre no mundo real. E un atlas de peto, por se se olvida de cal dos mundos que vive é o real. Son a que durme catro horas. Ou catorce, depende. Son a que sae tódolos días, a amante dos canallas, a que quere sorber a vida toda xunta, nunha noite. E son a que precisa botar o freo, poñer distancia, esconderse dentro da súa pel e pasar os seus días e as súas noites pola peneira da consciencia. Son a irmá pequena do irmao maior e a irmá maior da irmá pequena. Son tía. Son madriña. Son filla. E, ás veces, só ás veces, son principio e fin. Son un pouco toxo. Son solitaria. Son independente. Son forte. Son rebelde. E son tan conformista, tan débil, tan dependente, tan gregaria e tan golosa do cariño alleo que sei que se os

88

Page 89: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

demáis se deran conta sería a miña perdición. Son lista. Son lida. E son un pouco chulita. Aínda que ás veces parezo tonta. Ou era ao revés?

But I'm twisted & sick so that's find with me

(before I do what I have to doI'll have to finish what should be done)

Son a que fala galego. A que fala castelán. A que entende o inglés. A que maltrata o portugués e o catalán. A que adoraría o ruso. A que se manca en arameo. Son a que programa viaxes imposibles que, ás veces, acaba realizando. Son a que, arrolada pola furgalla de nome Cáterin no medio do altiplano boliviano, soña cun niño galaico no que pintar unha parede vermella e enchela de libros. Son a que atopa cada día un home da súa vida. Son a que non estivo nunca namorada. Son a rexente dun departamento gay friendly. Son a muller máis heterosexual que coñeceu a muller máis homosexual de Latinoamérica. Son unha rara, unha friki, unha cinéfila desas, unha tipa normal, nin alta nin baixa nin gorda nin fraca. Son republicana. Son comunista. Son roja perdida. Son ex limpadora, ex pranchadora, ex profesora, ex prostituta intelectual, ex investigadora, ex reporteira, ex tradutora, ex actriz, ex asesora en comercio exterior. Son unha adolescente tardía. Son unha á que chaman señora os pequenos desconocidos.Son a que sube. Son a que baixa. Son a que está. Son a que son.

But I'm twisted & sick so that's find with me

89

Page 90: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

90

Page 91: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ictioscopiohttp://homedareia.blogspot.com

http://www.xente.mundo-r.com/ictioscopio/contos.html

91

Page 92: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

palabras(do libro de contos inédito "97 contanacos...")

Deitados na cama.El fala un “ámote...” cun sorriso feble, de remorso, e pensa que sempre é máis doado mentir ca dicir a verdade, e que probabelmente a linguaxe xurdiu non tanto da necesidade de comunicar como da vontade de tentar enganar ao outro.Ela, abeirase a el cos ollos pechos e o sorriso pintado de cor viva, acredita nas palabras; é a súa vontade.“ Pois eu quero que me queiras aínda máis, e xamais se esgote o teu querer”, é o significado do abrazo que ela esfregou contra el. Ráñalle doce o peito peludo, e a barba do queixo, e dálle un bico, e peitéalle os cabelos espeluxados.“ Supoño que non é correcto recuar agora, recente dixen o contrario, mas... non é certo, non te quero... é máis, hai días nos que non te aturo, aínda que... por veces, é bonito terte á miña beira, darche bicos; é agradábel a túa compaña...”“ Aborrezo a palabra agradábel, ódioa, dicir iso de alguén é coma comparalo con un canciño, claro que os cans... son máis honestos cós homes”, replicou ela sen deixar de acariñarlle o pelo.“ Ao dicir homes... falas só dos seres humanos machos, ou coma xenérico da especie?, pensou el para si.“ Considerando homes coma xenérico da especie, claro”, aseverou ela.El abre o caixón da mesiña de luz e saca un paquete envolto en papel de agasallo. “Feliz décimo sétimo aniversario de voda, miña rula.”“ Ai, meu rei... es un sol, meu marido sempre esquece...”

92

Page 93: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Catarse I

quando moço, pensava que me podia precipitar... rebentar contra o chão (pum! ......) e erguer-me depois, deixando a casula do meu corpo velho alá... e sair andando... encetando uma nova vida, ceivado de tudo.hoje sei que não é possível fugir do que somos.

93

Page 94: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Catarse II

e voar tampouco sei...precisaría um par de ass; e tampouco não abonda...olhai as galinhas. ter vimes não faz ter uma cesta. e para voar há que começar por abanar as asas, de contínuo, seguido... e com gíria, antes de ter o pulo necessário para pairar destemido. e também é bom conhecer o rumo.

94

Page 95: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

95

Page 96: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

96

Page 97: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade

ghanitohttp://apocalipsedoporco.blogaliza.org

97

Page 98: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

IdentidadeÉ abraiante o que agocha a xente.Non porque teña cousas que agochar, simplemente coma se todos foramos unha lúa, amosando permanentemente parte da nosa vida ós outros, pero tendo unha cara agochada que non se pode ver.Eu mesmo, o exemplo que teño mais perto, teño unha cara para a rede e outra para o traballo. Son, se cadra, os aspectos máis distanciados dentro do mapa que percorre a miña identidade. Dentro do meu mapa aparezo tamén coma fillo, marido, amigo... Cada un ve o que son desde onde se atopa. Xusto o que facemos coa Lúa. Pero iso non quere dicir que o resto non estea aí detrás.Para os máis dos que lean isto serei un blogueiro mais no blogomillo, os que ademáis leran o meu blogue coñecerán a existencia doutras esferas da miña realidade, e os meus amigos ou a miña muller enriquecerían ainda máis a visión.Tendemos a falar dos artistas do Renacemento coma persoas de gran riqueza multidisciplinar. Pode que non foran diferentes ás xentes que os sucederon, só se diferencian deles, ademáis de na súa evidente xenialidade, en que daquela era máis sinxelo destacar en diversos campos.Eu nunca serei famoso coma escritor, isto non deixa de ser unha afección, e cando preguntan pola miña profesión respondo outra cousa, a que me da de comer. E con todo, para moita xente a miña identidade consiste en ser o autor dun blogue chamado apocalipse do porco.Non vou seguir porque non quero cansar. Só pensa nos prexuizos que aplicas decote para interpretar ós outros e aplícaos sobre ti mesmo. Tes clara a túa identidade? Concordas ó 100% ca imaxe que todos teñen de ti?

98

Page 99: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

IDENTIDADE

Janhttp://sonhosdedelft.blogaliza.org

99

Page 100: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

IDENTIDADE

Identidade igual a... camiño percorrido ata hoxe máis parada e reflexión máis camiño por percorrer

Identidade igual a...pegadas deixadas no camiñopegadas deixadas nos demais

Identidade igual a...camiñomáispegadas

100

Page 101: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

acedrehttp://leoeosseus.blogspot.com

101

Page 102: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Lembro a primeira vez que saín de Galicia. Non, non me refiro a ir a Portugal que xa tiña ido moitas veces e cruzado a ponte internacional de Tui con cartóns de leite ao lombo porque había un cupo de leite por coche pero os peóns podían levar o que quixeran. Entón miña nai traía leite no coche e esperaba por min a que cruzase a ponte e a alfándega con máis leite. Non, non me refería a Portugal. Refírome a España. Foi a viaxe de fin de curso de octavo de EXB e fomos á costa meditérranea. Lembro as boas temperaturas e unha auga morna coma caldo esperando por unha culler. Tamén lembro pasalo ben e comer galletas de gratis que nos dera unha rapaza que traballaba no supermercado do cámping e que era galega coma nós. O que si non nos chistaba eran uns rapaces que se metían con nós polo acento galego e que dicían ' Gallegos, gallegos, gallinas, gallinas ' sen vir a conto. O profesor que ía con nós dicía:'Non lle fagades caso.'; e os rapaces seguían e seguían. E chegou a víspera da nosa marcha e estabamos todos na terraza do restaurante. E os rapaces teimaban coa parvoería e nós aturándoos e o profesor: ' Tranquilos '. E chegou a hora da queimada, ritual de despedida de festa que non debe faltar. E os nenos rindo mentres o profesor botaba os ingredientes e o profesor tranquilo. Chegou o momento de prender lume e xa os nenos calaron. Entón recitamos o conxuro e os nenos xa empezaban a inquedarse. Pasou o tempo e o profesor meteu o dedo na queimada que tiña no cullerón. Os nenos quedaron abraidos coa boca aberta cano viron aquel dedo ardendo co ese lume azul lixeiro. Logo soprou e chupou o dedo e deunos a probar aos seus alumnos que repetimos a operación coa naturalidade de quen fixo iso moitas veces. Logo o profesor ofrceulles queimada ardendo para que probasen co dedo eses rapaces e eles refusaron facelo. O profesor mirou para min e chiscoume un ollo. Empezamos a beber e os rapaces marcharon. Eu alcancei aoír algo de que os galegos eran uns bruxos. Naquel preciso momento decateime de que me identificaba coa miña xente galega, xente capaz de meter un dedo no lume e non queimarse.

102

Page 103: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

103

Page 104: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Botella ao mar

Moncho Bouzas / O´Farturahttp://singraduradarelinga.blogspot.com

104

Page 105: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Botella ao marFoi un día de outubro, como a arrecendo a mar eses temporais no inverno, e con todo , calma e tranquilidade, na beira da praia.

Góstame tamén, sen dúbida, subir na dorna e deixar ao pairo esta nao fráxil, lixeira, máis mariñeira. Buscamos rumbos sen compás e os salgueiros batendo na cara núa, fortes e inevitables lanzados polo vento.

Na marxen Sur da miña Ría, o mar tamén fai acenos, posiblemente como as ondas do mar de Vigo que louba o noso cancioneiro. Ou se cadra non, por aquello do cristal co que se mira, verdadeira pedra angular dos matices e distintas apreciacións dos ollos de quen mira; azul.

Non falta quen afirme, sen deixar lugar a outra posibilidade, que se teme sempre o descoñecido. Non estou desde logo dacordo, pode o descoñecido erixirse en reto, en idealización libre, en referencia, e nalgunha ocasión mesmo en desexo.

Descobrín polas rúas de Compostela o sentimento contradictorio de perceber a intranquilidade gozosa, ao achegarse unha sombra, unha cara, unha mirada, e non ser, ou pode que sí, a que intuín lle podería poñer nome de muller.

Escríboche, miña amiga, coa intención de que te sintas halagada porque cando menos para min, e non é unha afirmación gratuita, levas nas alforzas esencias cautivadoras que trasladarían a calquera ao espazo intanxible do enamoramento. Por eso, buscaría, perseguiría, que digo, enlouquecería por favorecer volverche ver e falar.

Mais non podo, por motivos difícis de explicar por escrito. De todos os xeitos sí que me agradaría que nos atopásemos de forma casual para poder explicarche, porque o mereces, falando amigablemente a razón do que digo.

A realidade, é moi complexa, mais eso sí, o arrecendo a mar na dorna sen compás non se esquence.

Oxalá nos vexamos e sexamos amigos.

Compostela, 4 de Novembro de 1997.

105

Page 106: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Esplendor na herba

besbehttp://beliscospequenos.blogspot.com

106

Page 107: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Esplendor na herba

Teño lagañas. Tamén teño unha morea de pestanas que se me acumulan no leito do ollo, Nin as bágoas poden xa limparme a mugre ocular porque non sei chorar. Por non saber, non sei o meu nome. Tamén teño fame, acábamo de lembrar un buraco na boca do estómago que chama por min. Hai moito que non lle fago caso. Imaxino a panorámica que se lle pode ofrecer a quen entre neste cuarto, non ía ser moi agradable: un vello afundido nas sabas, inmóbil e coa baba escorregando polos sucos da boca. Agora lembro que escoitei que a saliva humana produce o peor cheiro imaxinable, son consciente dese recordo e teño que dicir que é certo. Son un vello enfermo fedorento. Estou enfermo, repito en voz alta, ou iso tento, porque realmente non son quen de articular palabra. Mellor, estar enfermo contén fonemas ferintes. De todos os xeitos non tería senso ningún falar para ninguén, estou só.Agora xa non, hai unha rapariga e o día que a quixen fun á herba. Alí estaba no medio de todos os demais, con ollos diáfanos, con pel clara, inocente coma as verbas que saen da súa boca de cereixa. Escolle, co angazo, cargar os feixes de herba e déixalle a outros a gadaña. Herba verde, herba alta coma ela, fazulas avermelladas, as fazulas suaves e cos seus brazos sube a herba ao carro. Eu acomodo nel a herba verde, a herba fresca, a herba segada. Teño unha muller bonita coma as nubes dese día, azul coma o ceo que ule a fresco, a primavera, a herba recén cortada.Volvo en min, doume conta porque teño a sensación de espertar confuso dun soño. Estou enfermo e só. A lámpada que leva acesa dende que teño recordo, agora é lóxico porque é noite: as catro da mañá, marca o reloxo da mesa de noite. Tic, tac, tic, tac. Sospeito que tiven unha muller, mais non sei que foi dela. Non sei de ninguén nesta pequena aldea pantasma. Creo que mexei por min. Non vou comentar o feito porque me parece vergoñento, indigno.Déixome levar de novo pola herba verde, polas cañizas do carro e pola moza fresca que me sorrí alegre. Penso naquel día no que, ao serán, vagando os dous polas corredoiras da aldea, fomos dar ao río e alí collémonos da man. Bonita, onde andas agora? Pérdome no universo das súas pupilas orbitais e logo no cristal que escacha a cada riso seu, a sensación de espiral concéntrica invade o meu corpo e regreso ao mesmo río con ribeiras descoñecidas polo pasar dos anos.O Tempo continúa a ser imposible de medir porque me dá a sensación de levar días alí, inmóbil, perdido no universo dun lacrimal que esvara bágoas pola miña pel torrada ao ritmo do sol que marcou o transcorrer da existencia. A miña cara é unha leira chea de regos feitos por un arado de bois mal guiados. Choro polos regos. Estou chorando e as pestanas saen do seu acubillo arrastradas polo río salgado dos ollos, río con forza para levantar áncoras.Pérdome de novo na alta herba, na herba fresca de primavera, antes de tan sequera poder preguntarme que me levou a abandoar a lámpada acesa da habitación, antes mesmo de cuestionarme cousa algunha e xusto no intre de voltar

107

Page 108: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

aos brazos da miña moza diáfana, da miña amante rapariga, venme unha imaxe ás retinas: na cociña, tirada no chan, unha muller. Ninguén durme no chan e menos cos ollos abertos. Non sei quen é. Non penso voltar alí.Frío. Noite. Arrepío. Sumérxome de novo na herba alta, na miña moza que ule a verde, azul coma o ceo limpo, que me di que si, que vai casar comigo, que vai coidar de min ata que…ata que algo nos separe. Déixome calidamente ir no frío do luar e vou correndo detrás dela na herba verde, sen perdela de vista, grabada no meu ollar. Pálida, azul, verde, avermellada... cores que (dan) deron senso á miña (non) vida.

- Nena, como se chama o alemán que me ten tan tolo?

- Alzheimer, rei, Alzheimer.

108

Page 109: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

MÚSICA PARA VIRSE

Calidoniahttp://calidonia.blogaliza.org

109

Page 110: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

MÚSICA PARA VIRSE

Amor virado xeopolítica. Dedos percorrendo mapas. Auga inundándote. Alguén dixo de Nova Orleans que é a única cidade dos EUA que ten cultura de seu. Concordo. As ribeiras e os deltas son os berces das culturas. A fértil periferia das marxes. Born on the Baio. Por iso Oriente fascina. A caixa chinesa está a piques de abrirse. En vez de Pandora veremos a Perdición. Perdición non é unha casa á beira do lago, é unha taberna portuaria revisitada, unha palafita vista desde cincuenta anos de distancia. Screamin’ Jay Hawkings, Hong Kong.

Como a terra precisa o mar. Como a cidade o espertar. Como o luar o solpor. Lúa de Falcón. Necesito o teu amor. Como un vinilo de Piazzola. Como as pólas do cereixo. Como a música da gaita. Como o vento. Necesito o teu amor. Como a túa compaña, ou fuxir contigo. Como o café de pota. Como o viño. Preciso o teu amor. Como a nosa pel, necesita rabuñar a mediana. Como o que non se amaña, precisa caña. Necesito o teu amor. Como o río quer pontes. Como a lingua mulleres. Como a nación en cerne. Como a semente. Necesito o teu amor. Como o contrabando de herba. Coma os furtivos a ameixa. Como unha chuvia de estrelas. Como o camiño as pedras. Como unha compra unha venda. Como o vento nas velas. Como un muro as fendas. Como a Natureza. Como o lume unha faísca. Como a verdade unha mentira. Eu necesito o teu amor. U2: Hawkmoon #269.

Pódese cantar embaixo da auga. E pódese murmurar, e pódese berrar. Na superficie, chirlomirlo e batuque. A intimidade ten acústica acuática. Mares hai sete pero océano só un. De natural pacífico, de travestido atlántico. Nós somos submarinos, os outros son ultramarinos. Auga fomos e auga somos. A ela tornaremos. A beberaxe orixinaria, a bebedeira infinda. Eu aboio. Ti flotas. Woman del Caión. Sade, Love is Stronger than Pride.

Estaba a abrigarme da chuvia contra a porta dun predio cando foi que a vin. Sentada no murado do Castelo de São Jorge, xusto onde o perímetro fai dun saínte un miradoiro íntimo sobre a Baixa. A muller cubríase cun abrigo escuro sobre os seus ombreiros, dándolle as costas ao vento do Sur. Prestei atención e puiden entrever un vestido de festa vermello, axustado e longo, sen escote, moi elegante estilizado. Ela propia, a escena toda era un peitoril. Case caio, e tiven que dicirme dúas veces que estabamos en Abril e non en aninovo. Aquela muller sostiña nunha man un paraugas vermello co que se gardaba da auga, e na outra unha copa grande de viño, das que se cerran sobre si mesmas para gardar un segredo prezado. Unha botella de perfil estilizado pousaba de riba do muro, recortándose contra a néboa e o orballo que cubrían o Mar de Palha naquel atardecer. A súa presenza confirmaba o transo. Fiquei hipnotizado ollando para ela durante un bocado. E avergoñado por invadir aquel intre, aquel espazo. Aínda

110

Page 111: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

hoxe non lembro ter visto a ninguén amar desa forma, como ela facía, coa ollada pousada nalgún lugar do Bairro Alto. Lisboa. Quen a pillara unha noite de tronos. Amália Rodrigues: O fado.

O amor é mina. Aló embaixo, no fundo. Con moito traballo. Por iso os corazóns son de ouro. Por iso os cadaleitos precisan a sección áurea. Amor menos ti. Máis amor. O Amor por ausencia. Amor elevado ao baleiro. Dolce far niente. Pénsao. Catacumbas sen ti. A combustión de Compostela. O Amor con letra capital. Sempre acontece aquí. Arde. A chama en ti é grande, grande, grande. E eu son menos, menos, menos. A éxtase do grisú. O amor mina. Lucio Battisti, E Penso a Te.

111

Page 112: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

simulatrice

Estíbaliz Espinosahttp://estibalizes.wordpress.com

http://fotolog.com/acriatura

112

Page 113: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Simulatriceblog ...mmmm... Entrada do 2 de abril de 2006

Cando naceu este blog, tamén denominado bitácora, bloj ou bló -segundo cómo queiramos aparecer ante o grande público do circo- a criatura mecánica que se confesou culpable do mesmo manifestou nun mail que existía unha lista de temas a tratar, lista na que figuraban “- ademais da galaxia Andrómeda, cosmética e os trens- a biomecánica, a neve, os híbridos, o punk rock, os bazares chinos, a épica, os suicidas, o azar, a australopitheco Lucy, os anime, o paradoxo, o socialismo libertario e os hoaxes…”

Uns poucos destes temas foron tratados. A meirande parte aínda non. Son as teimas que -cremos- lle interesan á autora no día de hoxe. E toma o seu tempo.Era unha lista falsa? Pode ser. O tempo no que vive a autora manifesta unha estraña delectación coa falsidade. Coa falsificación. Co simulacro. Quen escribe simula que comprende algo. Simula un mundo. Tamén quen fai unha película, ou mesmo interpreta un personaxe -simula un mundo interior, segundo o Método-. Verbas coma camuflaxe, sims, disfrace, máscara, virtual, fraude… están en boca de todo aquel que camiñe, corra ou se arrastre, mesmo tanxencialmente, polos eidos da arte, cultura, todo con maiúscula.Quen llo ía dicir ao pobre Aristóteles. Aristóteles aínda xira no centro dun cono de cuxa cúspide emana Verdade. “Platón é o meu amigo. Pero máis amigo é a verdade”. Aí empeza a teima científica. Traizón á amizade por… por?Por suposto, sempre houbo escépticos. E matices a esa verdade. Entre outras cousas, cal das verdades? No aborrecido postmodernismo todo salta en anacos. Xa antes, con ideas como as de Hegel ou Kant (a verdade é subxectiva) ou as do enigmático Pascal (a verdade escapa á razón) a Verdade fora adelgazando, adelgazando ata perder importancia na escena e converter nunha pequena figurante anoréxica que se atiborra de descrenza no fondo da pantalla…Mentres tanto, a falsificación seduce de veras. O pastiche. O mosaico de ideas roubadas. Todo aquilo que nos lembre que este mundo non existe tal e como dicimos “este mundo”. Que somos comparsas dalgún Entroido, xoguetes empeñados en seguir ata o infinito. E que o infinito é un concepto que axuda a entender o efémero de todo, ou que a materia apenas foi citada a existir durante uns intres.Hoax significa fraude. Mentira. A mentira fosforece. Ser fiel aos feitos, opaca. F for Fake é o título dunha especie de documental do brillante estafador Orson Welles. Nel introdúcese no mundo da arte pictórica, é dicir, da falsificación en masa. Pero tamén na figura xeométrica do engano, xa que Welles aparece no propio film como un prestidixitador, nunha das moitas caras que a estafa pode ofrecer ao grande público. Neste caso, aos nenos que o contemplan. Todo no filme é unha sucesión de trolas, tal e como contamos as trolas, montadas unhas enriba

113

Page 114: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

de outras, mal pegadas con superglue, e abraiándonos de que a nosa audiencia trague co mexunxe…Tragades co mexunxe. Vaia se tragades. A falsificación relaciónase con conceptos como reproductibilidade e plaxio. Vivides na época das grandes reproduccións, dende as xerox ata os warhols, as fotografías -gardades miles de millóns de fotografías, quén non ten unha soa fotografía, iso axúdavos a pensar como poliédricos, metamórficos de cambiantes perfís, camaleóns segundo o día e a sensibilidade co carrete…-, as películas -en cántas películas de xaponeses sobre a praza de María Pita non apareceredes, coruñeses, bulindo polo fondo da imaxe- , os tópicos, a música… Todo enlaza nunha cadea de réplicas iguais a si mesmas. Pingas de auga ensartadas nun colar que comprades como novo no Grande Bazar do Fraudulento.A autora confesa sentir curiosidade pola estafa. Certo cansazo de verbas como as que se veñen de citar máis arriba. Mais tamén un fascínio do que non pode escapar, como non pode escapar do século XXI ou do xénero feminino.Os hoaxes son unha modalidade de estafa na que non hai un beneficio claro. Segundo a Wikipedia os obxectivos que persegue quen inicia un hoax son: alimentar o seu ego, captar enderezos de correo e saturar a rede ou os servidores de correo. É dicir, bluff. Os hoaxes son como un subxénero de spam nos que se mente porque sí. Polo gusto de engaiolar. O adolescente con grans que o trama na súa casa nunca verá a vosa cara, non rirá abertamente do home cándido que ingresa cartos por Melanie, a nena que leva 10 anos terminal de cancro; non verá á estudiante pasando aos seus coñecidos todos -que suman a cifra de 10000- a nova dun hipervirus ultraperigoso; non vos verá limpando ás agachadas as arandelas das latas de Coca Cola, polo dos ouriños de rata… Non gañará, coma o charlatán do crecepelo, unhas moedas nas feiras. Non será contratado, como Orson Welles tras A Guerra dos Mundos, para rodar a súa ópera prima. O beneficio non existe. Ou si. O pracer de artellar disparates.Outra raza de estafas. As da pseudociencia. Por exemplo a técnica cibernética quántica holográmica. Isto, unha vez pronunciado - que ha de custar- consiste nun algo cousa que sana enfermidades. O artífice anda condenado a prisión. É certo que para crer nos quarks, por exemplo, cómpre ter fe. Ningún de vós verá un quark nunca. Nese sentido, a ciencia roza ás veces esixencias similares ou máis rigorosas que mesmo as relixións. I existe unha boa parte da ciencia que é inexplicable. Materia escura, buracos negros, once dimensións, teorías de cordas e supercordas, vida intelixente extraterrestre, vida intelixente na Terra…Vivides crendo o que contan uns poucos. Vivides crendo o que contan uns poucos sobre cousas incontábeis. Vivides crendo o que din que sodes, o que din que son. Elixindo disfraces que levan a etiqueta de “natural” (alguén dixo: “de todas as poses, a do natural é a máis irritante”). Un dos aparellos estrela do voso século foi o reproductor. Crestes firmemente na ecuación: cantas máis fotos teña, máis saberei quen son. Crestes nunha luz demorada chamada Cine. Crestes nunha morea de trolas borradas con saliva chamadas

114

Page 115: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Escritura. Crestes no cero. Crestes en Venus. En Marte. Na ficción medieval do amor. Nos ansiolíticos. Crestes: esta mazá é esta mazá. E que isto non é unha pipa. Crestes no sexo como centro de toda circunferencia. Cando é a mesma circunferencia. Coma os santos, crestes sen ver, levitastes sen vos mover, soñastes sen ter durmido, lembrastes sen ter aprendido…Estades programados para a grande estafa de todo isto. Amo a vosa disposición a crer na fraude de todo canto vai escrito ata o de agora…

Sinceramente vosa.BSO: Barco a Venus, dos depauperados Mecano. A movida toda dos 80 tivo moito dese pastiche pegado con chicle e purpurina…Datos de interese: Nada do dito aquí é pura coincidencia.

Os chimpancés, que tal menten? Polo visto, miran para outro lado cando algo lles interesa e hai presente alguén de rango superior que poidese competir co obxecto desexado. Desvían a mirada, desvían a atención. Comprenderon, logo, que o foco da mirada significa o foco do desexo… Un dos primeiros enganos documentados acontece en Troia. Hoxendía, un troiano designa un tipo de virus que engana ao ordenador. Pero hai engados verdadeiramente frikis: por exemplo, alguén no século XIX, na localidade de Piltdown, tomou a artística molestia de pintar unha mandíbula de mono i encaixala nun cranio humano, para facer crer que se trataba dun antecesor humano. O elo perdido era el, realmente. O cándido friki. Outro tipo de engado: o literario. Quen escribe isto? Unha chimpancé adestrada? Cide Hamete Benengeli? Unha emperatriz chinesa de pornográficos pes? Clarice, Fleur, Sei, Emily? Flaubert? E onde raios acontece? No Libro Vermello da Fronteira do Oeste? En Matrix? Manderlay? Ao outro lado do espello? No interior de algo? Ou é na superficie?Estouvos enganando ou estou sendo eu a enganada?Hei sufrir para merecer a vosa atención?E unha vez que a teña…que fago con ela?

115

Page 116: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Pronomes Indefinidos

Lorena Souto / a rapaza do arcohttp://miradascomafrechas.blogspot.com

116

Page 117: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Pronomes Indefinidos

Pode que non fora doado levar iso dentro, latexando como ruído de coches. Resistíndose aos lazos asfixiantes das palabras que te incluían nunha ou noutra fenda apretada, sempre contra a parede, tirando do pouco osíxeno do cuarto coma se che racionaran a vida por non afiliarte a algún substantivo. Esas cadeas que tranquilizan e dan a posibilidade de engadir adxetivos sucios.Sabémonos malvados e enfermos en todas as linguas nas que nos lambemos. Atravesamos os conceptos e agarramos polas vísceras os seus respectábeis medos. @s queer-bird, que sacuden e desdebuxan os camiños marcados. Naceunos o empeño de ser transversais e de retorcelo todo, como se cos soños se puidesen moldear as cousas que a xente vive e desexa máis aló da casa e do coche.Deberían agradecer que mastiguemos as mentiras que nos consolan, as que nos din e as que nos dicimos, crebando os chanzos seguros que levan sempre á mesma burbulla, ao mesmo xabón que se che mete nos ollos e che quita a vista.Ti que es?Que es que?Os mapas mudos, as tenruras que espertan no estraño, unha maneira de saberse distinto, distinta, se cadra semellante a, ou calquera outra cousa que ninguén se atrevera a poñer nos dicionarios.O punto no que rarito pasa a designar todo aquilo que se considera retorto, inclasificábel, fóra do que as persoas ben educadas poden pronunciar, nin tan sequera polo baixo, que non entra nos estantes debidamente etiquetados e se engancha na lingua da xente maldicente.

A pesar do cruce de fronteiras as letras xúntanse e píllante polo medio de mala maneira, xorde o intento de encaixarte nas súas fracturas e inventan algo que che acaia, aínda que sexa como a corda ao aforcado. Entón subímonos ás pedras e devolvemos o lixo que nos tiraban aos pés como un berro críticamente molesto. Acobillámonos nas súas armas, facemos que se lles perdan as fillas no momento mesmo no que pronunciamos o seu insulto e nos revolvemos de gusto.Unha ameaza constante aos sistemas de clasificación.O desexo terminante de botarnos a perder, de desestabilizar os binomios e de desencaixar perfectamente, de rendernos tan só aos propios monstros.Habitámonos nos estremos, nos baleiros que deixan os símbolos estabelecidos. Deconstruímonos para atopar raíces dispersas, que nos digan tan só o que non queremos ser.

117

Page 118: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Buscámonos sempre etern@s noutros olores, outros sabores, outras maneiras de xuntar as letras do alfabeto e de pronunciar os nomes que inventaron para ofendernos. Infinitas maneiras nunca escritas de morrer de gusto vivindo con outra mirada que o reinventa todo.

E no silencio da escuridade, cos ollos pechados, sopramos as velas e desexamos: “de maior quero ser rarita”.

118

Page 119: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

W. Sobchakhttp://cccp.blogaliza.org

119

Page 120: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

120

Page 121: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

121

Page 122: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

poemas, fonemas, enemas...problemas?

Gustavo Harveyhttp://modernodemerda.blogspot.com

122

Page 123: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

poemas, fonemas, enemas...problemas?

O CORPO DOUTRAsubindo pola túa peldesde o teu epicentro para as alturastodo calculadocamiñando por poros abertoscon dedos de danzarinapés de pluma na crista da túa ondamúsculo férreo baixo aparencia dócil

somos unhasomos toda nosa extensiónonde terminan meus brazos comeza a túa pelvee o azul infinito dos teus ollosincitando ao salto do anxo desde a fervenza do meu desexoes miña na amplitude da miña palabrason túa se me dis PARA!

nada ansío máis que morrercos meus incisivos afundidos na túa noiteaspiro a respirar teu alentoexpiro cando te sento

DENTRO!

O CUARTO DE ATRÁSO lugar da memória almacenadao espazo de orde caóticatí colocaseu revolvo

123

Page 124: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

vou e volvoentro e saionon acho o que procuraba.

acubillada no fundo do estanteaguardas meu ataque,rexeitas a miña ofrenda.acorralada, entregadanon hai fuxida,non queres marchar.

esperas un novo embatedubido, sinto o teu alentofecho os ollos echeiro o bálsamo do teu desexo

miro de esguello o teu escoteataco!caen as latas de chícharoscontra a miña cabeza eentrégaste sen condicións.

a túa humidade en minno rocho da memoriavolves do alén para me dar vidapara expremer meu zumeentre a fariña e os paquetes do café.

aromas e feromonas.

O fecho da porta cedeacordo do meu soñoe tí ficas dentro

124

Page 125: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

no almacén dos recordos,só para min.

SANTISIMA TRINIDADEComo Ian, convulsionocomo Kurt a alma foxe polas tripasun último vaso de whiskycorre polas miñas veas, Jim.

Non gosto da morte,aborrezo a vidaagarro as cordas da guitarra,a gorxa electrificadanun berro sen final.

ISOLATION!

Tres dias morto nas catacumbas do esquecementogosto de ser anónimomas teño unha tumba ateigadade poemas, cera e adoración.

IN BLOOM!

Crecen flores dos meus ósosvida nova para o rock and rollMentres eu, con ollos baldeirosmóvome noutra dimensión.

G(jee) L(el) O(ou) R(ar) I(ai) A(ei)!

125

Page 126: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

SEXO DUROvoluptuoso xogoentre ti e eu un microespazo de suoresmil axitados poros a soltar desexotodo en ti di cómemesó podo que comerentre ti e o meu un milímetroese corpo nu que nunca me pertenceestouno a soñar na noite de autoso imaxino agora que non é de ninguénsó dos vermes

TACÓN/SUBMISIÓNestreita ameazafasme axitar baixo o meu traxe de alpacainterminábel esperainfinitas posibilidades de xogolingua, peito, embigoentreperna e pernaestremeces o maxínrachas o lene equilibrioa doce compostura da derradeira fronteiraa miña virxe inocencia convertida en...

PERDICIÓN

...condenada a querer máislambendo sabores amargosque reclaman novos desexostacón para o domadorsubmisión das ferasferintes chagas sangrando

126

Page 127: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

ríos de necesidademeandros sinuosos das túas cadeirasafóndome na túa fenda e comezo a...

SUCCIÓN

...fluídos no val da túa ansiedadeperdo a inocencia pegada ao teu corpocarnívora devoro sen preguntasquero ser o que ti digashoxe caníbalmañá animal de compañía.

ti rexentas unha zapateríaeu son a clienta insatisfeitaque quere fantasíaa túaa miñade pel de vacúnde pel humanada túada miñapel.

SEXADREZmuller branca sae e gañao taboleiro rectangularé o campo de batallasabas a cadros e pezas de marfilnun xogo de empate ou vitoria.

peóns que comen raíñas,

127

Page 128: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

bispos e cabalospara montar sen selana cabalgada da amazonade mamilas ameazantesdando xeque ao rei vencido.

sesenta e catro espazos para fuxirsesenta e nove movementose a dama que vai e vensen restriciónspercorrendo centímetro a milímetrocalculando, suando, berrando

afogándome

afogado

empate, xoguemos outra.

PENSAMENTO ENCADEADO E TI NO FONDOolaque ocorremeu teu seu ou ben miña casaestamos aquí sentados pensando que nada disto serve porque a sociedade está corrompida por aqueles aos que votamos para sacarnos da corrupción e é entón cando xurden os nacionalismos os nacional socialismos os antisemitismos

128

Page 129: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

e todos os mimetismos e pregúntome que significa para ti a palabra avión e pregúntome sobre a morte e a túa inocencia me recorda que non podo sorprenderte como se foses a de antes porque fai moitos anos que non vexo a túa risa sincera mirando a miña vida pasar e fai moito tempo que estou canso de te procurar nas olladas dos demais cando o que de certo encontro é o medo a ser un mesmo que todos albergamos nos nosos corazóns e séntome e non podo sentir mais quero verte e non podo mirar se estás sentada naquel banco no que onte durmía aquela pobre muller do cabelo engraxado e acinzentado mais xa tanto ten...

129

Page 130: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

130

Page 131: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A Amizade

Mario Regueirahttp://oportodosescravos.blogspot.com

131

Page 132: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A Amizade

Avanzas pola rúa dando bandazos. Hai xa moito tempo que a noción da realidade se confundiu coa das outras realidades e non hai xeito xa de separala e volvela identificar. Agora mesmo sintes que poderías tocar o ar e que este escintila dun xeito estrañamente tentador, aínda que se cadra son as luces da rúa, o balbordo da xente entrando nos locais. Algúns deles recoñécente e ollan sorprendidos e fascinados para ti, e non é estraño, ao fin e ao cabo estás na túa terra. Alí no fondo pono ben clariño en letras que irradian esa luz que quererías respirar e exhalar, sentir dentro de ti de novo, como cando todos dicían que eras ti o que escintilaba e alguén puxo o nome ben grande nese local como dicindo que era o teu país, que sempre serían os teus dominios de paxaro.

Pero todo é máis difícil dende que saiches da cadea, o corpo doe e as sustancias xa non son o descanso, senón que procuran a súa propia continuidade e vólvente un co instrumento, e retorcente e xa non das separado os dedos a tempo porque todo xira sen parar. Até iso sería soportábel, o pior son os pailarocos que venderon o fermoso metal brillante xunto coa alma, os que non son capaces xa de tocar usando máis de tres notas, e tamén aquel matón da porta. O que che fecha o paso como un anxo cunha espada de lume. Xa non es benvido alí, na túa casa, xa non pasarás máis debaixo das luces que o proclaman orgullosas. É lóxico, o sentido de todo paraíso é que algún día ten que perderse, e alá dentro, paxaros cantan sobre terras verdes que ti nunca volverás pisar. Suspiras, pero non das volta, guíaste pola luz que xira no ar e rodeas o local.

Na porta de atrás hai alguén que dá o recado e sae el, aquel rapaciño co que tocaches hai demasiados anos, o rapaz que prometía, o branquiño que se ía merendar a todos os da outra costa e que aínda reloce como un xuramento que non se acaba nunca de cumprir, e é fermoso precisamente por iso. Sorri o seu sorriso oco e ábreche a porta que leva á trastenda do edén, os camerinos que tantas veces pisaches e que agora atravesades con presa, para que ninguén te vexa. E alí dentro, con apenas unha mesa e unha cadeira, sírveche máis alcol que atempere o caos interno, bule para sair porque o están chamando ao escenario e, antes de marchar, deixa a porta docemente entreaberta.

O son dos paxaros chega até onde estás, mestúrase coa densidade do aire, e sorrís por burlar os castigos da vida, e ser capaz de escurrir aínda as súas pequenas xoias. Hai moito tempo foiche concedido o don da música, e perdíchelo, foiche concedido o don da vida e fóiseche entre as maos, foiche concedido o don do amor e agonizou mentres ti tratabas de tocar outra vez. Agora, mentres a trompeta do rapaz crea un foco que atrae en remuiño todo o falso brillo do ar, sabes que acabas de descubrir o último don da túa vida. E que se chama amizade.

132

Page 133: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Este conto está inspirado nun feito real da biografía de Charlie Parker, o momento no que no ponto álxido da súa drogadicción e poucos anos antes da súa morte, lle impediron a entrada a Birdland, o local que levaba o seu nome.

133

Page 134: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O artesán

o pastor eléctricohttp://asovellaselectricas.blogspot.com

134

Page 135: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

O artesánO vello edificio de tixolo marrón destacaba entre as edificacións da zona, non só pola súa altura, senón pola antigüidade. Era o único anterior á revolta. Sobreviviu aos ataques quizais pola súa construcción sólida ou quizais por unha desas bromas, case poéticas, da historia. Aquel edificio estaba predestinado a se converter nun castelo, fortificado e maxestoso, lembranza dunha época pasada marcada polo artificio e as grandes obras de enxeñería. Unha construcción ostentosa que acadou o seu obxectivo grazas ao influxo da batalla.A impresión que daba era anacrónica, coma se alguén esquecera recoller o decorado dunha obra anterior. Ao mesmo tempo era inevitablemente o referente daquela zona interior e afastada.A pesares do seu tamaño, o edificio non estaba ocupado agás un dos baixos e o piso inmediatamente superior. A xente prefería vivir nas modernas e máis seguras vivendas que fornecía o consello de defensa. Semellaban iglús, pero dun tamaño algo maior. Á noite, alumeaban a zona coa luz recollida do sol. Esa era a única enerxía que consumían, os poucos enxeños eléctricos cos que contaban aproveitaban tamén ese recurso que tiraban do sol.Naquel baixo habitaba un home duns corenta e tantos anos, ao mellor máis. Chegara alí, coma case todos, tras a revolta. A dirección rexional organizaba pequenas comunidades aproveitando vellos lugares ocupados nos que se conservase algo de utilidade. Nesta zona, ademais do edificio, había un grande invernadoiro que garantía boa parte da subsistencia da comunidade. Roi, que así era como se chamaba o home, adicábase a reparar todo tipo de trebellos. Tiña unha sorte de obradoiro no baixo do edificio e vivía no piso de arriba, aínda que iso era na teoría, xa que ao final acababa pasando case que todo o día no baixo, rodeado de trebellos, cables e toda clase de trastos que xa había anos que deixaran de funcionar. O obradoiro era un lugar poirento e con pouca luz. Ao non contar coa cuberta das novas vivendas que aproveitaba a luz do sol, Roi empregaba un pequeno xerador alimentado cunha placa solar antiga que rescatara dunha morea de lixo que se achaba nas inmediacións. Acostumaba saír da zona en busca de refugallo, por alí había bastantes por mor do conflicto coas máquinas.O conflicto provocara un autentico caos na civilización. Os avances en electrónica, mecánica e intelixencia artificial, lograran a creación dos primeiros androides, pero co paso do tempo, evoluíron cara os cyborgs, cun aspecto humano e coa capacidade de comprender e actuar en consecuencia. A revolta era cousa de tempo, obrigados a realizar as tarefas máis perigosas e privados de todo tipo de dereitos, levantáronse contra os humanos e soamente o feito de seren moi inferiores en número fixo posible a victoria terrestre. Esta contenda non durou moito mais causou estragos, millóns de persoas perderon a vida e case que tres cuartas partes do planeta habitadas quedaron reducidas a cinsa. É por iso que aínda hoxe os homes non empregan moitos artefactos mecánicos complexos, hai

135

Page 136: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

moitos receos coa robótica.Roi reparaba pequenos electrodomésticos e maquinaria de traballo, pero tamén traballaba con xoguetiños robóticos. Cría que era posible crear androides que fose sempre fieis ao amo. Detestaba aos cyborgs e era esa xenreira a que movía todo o seu traballo, ver un androide fiel e poder dominalo era a súa meta. Quería sentirse creador. Sen embargo, a xente vía a Roi dun xeito diferente, acudían a el si, pero so por necesidade. O feito de vivir alí, á marxe do resto e traballar con androides, producíalles unha mestura de medo e desconfianza. Semellaba un tolo que intentaba traer doutra volta os tempos nos que as máquinas case dominan á especie humana. El percibía esa desconfianza, pero atribuíaa á envexa do seu grande talento para a robótica e a mecánica en xeral, don posuído xa por moi poucos homes.Despois de moito tempo de traballo, estaba a piques de obter a recompensa ao seu traballo, tiña un androide case rematado, pero aínda non conseguira que os circuítos neuronais funcionasen dentro duns parámetros controlados de obediencia. Non podía cometer o erro que cometeran os seus predecesores, ninguén conseguira un androide que non acabara por desenvolver un comportamento autónomo e independente non suxeito ás regras impostas polo seu creador. Precisaba axuda, información do traballo doutros e sabía onde podía atopalo. Non vivía naquel edificio por capricho nin casualidade, alí estiveran en tempo as oficinas dunha das máis importantes empresas de cibernética. Sabía da existencia de arquivos e planos dos traballos e investigacións realizadas. Esa mesma noite, comezou a busca polos diferentes andares do edificio. As estancias enormes e escuras estaban ateigadas de andeis cheos de cartafoles e caixas. A humidade e o po enchían até o último recuncho. A luz apenas servía para identificar os pasos que daba e o frío calábaselle nos ósos. Despois de procurar durante horas entre o montón de papeis contidos nas caixas, atopou un traballo que podía ser do seu interese. Seu autor era un tal Ileryt e o resultado das súas investigacións fora un androide inconsciente da súa condición, dotado de recordos pasados e con sentimentos humanos, alimentado a partires da mesma enerxía que os propios humanos consumen, os alimentos. Este androide sería o garante da supervivencia da especie, estando sempre da súa banda e conservando habilidades e saberes que doutro xeito podía perderse.Roi non daba creto, descoñecía por completo a existencia de tales máquinas, coidaba que el sería o primeiro en construír unha, pero estaba errado. Seguiu lendo os papeis de Ileryt e semellaba enfermar. A face tornábaselle cada vez máis branca e a suor ameazaba xa con mollar o papel. Comezou a tremer, parecía mesmo estar fóra de si, apoderado dunha carraxe e unha desesperación non coñecida. De repente, arroxou os papeis contra o chan e saíu correndo escaleiras abaixo, a expresión da súa cara era xa a da loucura, tiña o pulso acelerado e as veas do pescozo semellaba ían estoupar. Cando chegou ao obradoiro, agarrou o androide case rematado e comezou a bater nel cun martelo até reducilo a ferralla.De xeonllos, abafado e coas bágoas corréndolle polas meixelas, era a imaxe do

136

Page 137: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

desconsolo e a desesperación. Incorporouse e con grande velocidade dirixiuse cara a mesa de traballo de onde colleu unha grande serra metálica. Aferrouna con forza e fechando os ollos comezou a serrar o seu brazo esquerdo. Cando abriu os ollos, os cables e as engranaxes estaban á vista.

137

Page 138: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Metamorfoses

o moucho brancohttp://mouchobranco.blogspot.com

138

Page 139: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Metamorfoses

Revólvome na cama, axitado. De súpeto reparo en que son incapaz de xirarme. Ao acordar, vexo que xa non teño man, senón as repugnantes extremidades dun insecto. Cando me poño en pé a duras penas, comprendo que todo eu son un unha especie de insecto repunante.Sinto como me invade a desesperación e quero mirarme a un espello para comprobar que aspecto teño exactamente, pero non teño ningún espello no cuarto. Quedo coas ganas e decido ir mercar un nun todo a 100 tan pronto teña ocasión. Cóstame un mundo chegar até a porta do cuarto, pero ao cabo dun anaco consigo non só alcanzala, senón xirar o pomo a golpes de pata.Ao cruzar o umbral da porta me invade de novo o espanto e comprendo que debería terme quedado onde estaba.Ante min aparece o pasillo da miña casa, pero é moito mais longo e ancho do que soía ser. Ao longo del recoñezo moitos “eu” humanos, a cada cal mais extrano e pintoresco. Todos son idénticos a min, ou a como eu era antes de convertirme en insecto. Pero tan só de rostro. As esaxeradas características particulares de cada un deles convirten o corredor núnha especie de macabro antroido. Os meus dobles parecen abarcar tódo-los ámbitos; drag-queens, policias, camareiros, funcionarios do rexistro civil… até creo distinguir a un vestido de dama victoriana.Vencendo a parálise emocional, ábrome paso entre os meus alter egos. En parte polo escaso domínio das miñas novas extremidades e en parte pola conmoción, avanzo lentamente, sen quitar ollo ao entorno. Sen reparar aparentemente na miña presencia, os meus outros “eu” interactúan entre eles con normalidade.Observo sen calquera discreción á fauna que deambula polo lugar, até que cruzo a mirada cun “eu” vestido co uniforme das Waffen-SS que me mira fixamente. Por un momento creo quedar paralizado. O certo é que me intimida, e parece ser o único dos meus alter-egos capaz de advertir a miña presencia. Rápidamente eludo o contacto visual. O meu único pensamento convírtese entón en chegar ao lavabo, ao final dun pasillo que agora parece eterno.Finalmente o alcanzo, anque tardo un anaco en librarme dun “eu” testigo de Xeová que me pregunta insistentemente porqué non creo en deus e se fun eu o que rematou a pizza da cea.Ao contrario do acontecido co pasillo, descubro un cuarto de baño mais pequeno que nunca. Encolleu ao tamaño escaso dúnha pequena despensa ou un cuarto de escobas. En realidade nin sequera se parece ao meu cuarto de baño, pero teño a sensación de que o é.Pouco a pouco asomo ao espello que ocupa a práctica totalidade da estreita parede, agradando atoparme co horror do meu novo rostro, pero por algún motivo

139

Page 140: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

o espello non reflexa nada. Anque eu mesmo podo ver o meu corpo e extremidades de insecto, o espello só reflexa o pequeño habitáculo vacío.Aturdido, abandono o lugar e saio de novo ao pasillo. Só que agora xa non hai pasillo. No seu lugar apareceu unha grande sala abovedada de mármore onde me agarda o meu alter ego das SS. De fondo creo distinguir, coma se soase dende un lugar moi lonxano, a ópera “Sigfrido” de Wagner.Anque non chega a soar unha sóa palabra nesa sala, sei que teño que seguir ao meu sinistro doble até unha pequena porta discretamente disimulada ao outro lado da sala. Cando chegamos a ela, quedo inmovilizado á espera de instruccións, pero o meu acompañante tan só fai un pequeño aceno coa cabeza, convidándome a traspasala.De súpeto aparezo ao que, supoño, é o outro lado da porta. Alí me atopo a cociña que a miña imaxinación visual debuxara para recrear “a metamorfose” dende a primeira leitura, e nela, aos meus pais e irmá distraídos traballando.Por primeira vez sinto tranquilidade e placidez. Corro coma podo coas miñas torpes patas cara os meus pais atropellando as palabras. Nin sequera eu mesmo consigo saber ben o que digo para describir a miña desesperada situación.A miña irmá olla para min con indiferencia e esboza un xesto de incomprensión.- Non ves o aspecto que teño?!. –Exclamo con absoluta claridade.Síntome agora analizado de pes a cabeza, pero a expresión dela non varía o mais mínimo.- Cortaches o pelo?- Non!, son un insecto xigante!- Ah!… noraboa.Teño a impresión de seguir falando con ela durante un anaco, pero a súa imaxe permanece estática, atenta ao seu traballo.Entón corro desesperado cara os meus pais, para explicarlles o meu drama.- Mamá!, covertínme nun insecto noxento, coma Gregorio Samsa!.- E se os teus amigos se tiran por unha ponte ti tamén o fas?. –Me recrimina con firmeza.- Non mamá, Gregorio Samsa é dun libro sobre a guerra dos Bóer.Cando comezo a preguntarme porqué dixen iso tan raro, a escea cambia completamente. Todo oscurece e parezo estar suspendido no vacío. De súpeto, caio.Mentres caio empezo a sentirme extremadamente culpable, pero non acerto a comprender o motivo exacto. Reparo entón en que alguén me está falando, pero non vexo a ninguén. A voz me pregunta que son eu, pregúntamo insistentemente, pero non son capaz de lembrar o meu nome, de feito doume conta de que non sei

140

Page 141: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

absolutamente nada de min, a esa altura son xa tan só un insecto repugnante.Ao meu lado volve a aparecer o meu alter-ego das SS, pero el non parece estar caendo, non perdeu nin un ápice do seu aspecto marcial.- Ti non es ninguén. –Me dí.- Ti estás morto, caíches en Pomerania, non o recordas?.E entón comezo a chorar coma un neno, buscando o abrazo do meu terrible doble. Sen embargo a súa expresión faise mais dura e amezante.- Pero iso non te da dereito a cear ti toda a maldita pizza!!.Sinto como me abofetea repetidamente, vexo a súa cara enroxecida pola carraxe e a adrenalina e tomo conciencia de que o fondo do abismo está xusto baixo min.

Entón é cando desperto totalmente bañado en suor, mais desconcertado do que estiven no propio sono, e decido a non cear nunca, nunca mais, toda a maldita pizza eu só.Que pensa que quere dicer, doutor?.

141

Page 142: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade 23

Gustavo Sequeirohttp://curriolo.blogspot.com

142

Page 143: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

143

Page 144: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A NOITE ESTRAÑA

Alfredo Ferreirohttp://olevantadordeminas.blogaliza.org

144

Page 145: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

A NOITE ESTRAÑA

Viñemos ao mundocon dúas maletas:unha chea de ouro e pedras,a outra da luz das estrelas.Viñemos ao mundocunha candeapara iluminar da casa as xanelas,a casa da que un día partimosou na que sempre quixemos morar.Viñemos ao mundocos pés nuse a pel das maosaínda húmida e branca.Viñemos ao mundocando a luznos cegou.

Despois a noite verteusobre os corpos un sacrilexio vago.As sombras iluminaron os medosque foron esquecidos no fundo dos bolsos,como as conchas apañadasninguén sabe que ano,felices, na praia.As conchas que na noite estrañaapenas semellan diminutos ósos,restos sen sepulturada alma salgada do mar.

145

Page 146: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Eu

Manuel Rivashttp://flickr.com/photos/manolinho_captura

146

Page 147: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

147

Page 148: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Poemas do libro Nósquen

Tati Mancebohttp://oblogdospelachos.blogaliza.org

148

Page 149: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

As débedas

Acordamos nas tardescercadas de vasos baleirosque non deixan de moverse

somos máis que daquelapequenos fragmentosque se concentran de cando en vezpara contaros que xa non están.

As novas horas mudanas roupas e os alentosa luz tamén é outra

Ninguén pregunta por nósmais desde a rúaescóitanse aqueles pasos na galería.

Lembramos a nosa infancianas caras dos veciñosavellentadas a cada tantoque nos reciben sen alegríamalia que cheguemoscos nosos convitesdebaixo do brazo

Sempre eramos os últimos en pagarpor iso aínda vivimos en débedaA conta é longa, tantas roldas...por non falar dos nosos fígados

149

Page 150: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

e os nosos tímpanos tan usados Non pasamos da idade dos porquéseran precisos para botar a andaraté que descubrimos as muletas eoutros inventos que o progresocomezou a anunciar pola televisióna altas horas da madrugadasó para uns poucos elixidos.

150

Page 151: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Maldita a fábrica que nos fainada e todoa un tempoTalvez non somos máisque unha pequena metáforadunha realidade mil veces peor.

151

Page 152: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Todo bosque comeza onde hai unha árboreTi es a árboreEu o bosque que en ti comezaEu o bosque, que en ti comeza.

152

Page 153: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Atravesamos unha ponteque desaparece ao noso pasoIso é a vidaAprendemos a refugaras cicatrices alleaspara non apartarmos a vistadas propiasque as mudanzas do temponos axudan a lembrarCicatricesque nos definenque nos llimitanque nos alimentanque nos defendenque nos repitenquen somoso que fomosque avanzano que seremos.

Habitamos unha terratremenda e remendadasempre demasiado novosou demasiado vellos para todounha terra de ventos

Entre o acaso e o deber somosanimais en movemento

na procura dun nome.

153

Page 154: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

E ti, que?

arraishttp://laranxa.blogspot.com

154

Page 155: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

E ti, que?

A min o que máis me gusta de comer pipas é meter a lingua entre as dúas cascas salgadas e levar a pebida, suave e núa, para dentro da boca e xogar con ela. Despois, lamber os beizos mariños rebentados. Comer pipas é un acto digno desta xeración de bulímicas sen control e anoréxicas de bocados pequenos. Eu declárome bulímica. Boto cuspe fora de min, fórzome a salivar para abrir as fontes dos prepucios rosáceos que, coma as pipas, son tocados coa punta da lingua. O leite, din, é bo para as intoxicacións da lixivia do mundo que me quere facer desaparecer. Por iso amo o lácteo, porque me perdura o cheiro nas mans anque a fonte estiñe. Sucede que non son especial por moitas pipas que coma ou leite que beba. Ti tamén tes fame. Tes gula.

155

Page 156: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

156

Page 157: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade: apoloxía do vicio

Elianinhahttp://elianinha.blogspot.com

157

Page 158: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Identidade: apoloxía do vicio

As necesidades vitais, o realmente imprescindible para que se desenvolva e manteña a vida humana tal e como a coñecemos, é pracenteiro. Dende a escola, escoitamos que os seres vivos nacen, medran, reprodúcense e morren. Salvo os actos do nacemento e da morte, que ámbolos dous son involuntarios, os demais son ben agradables. Quen pode negar a satisfacción de beber, cando un ten sede ou cando non. A compracencia dun estómago cheo. O gozo postcoital. É un mecanismo de supervivencia, un instinto animal, que nos permite deleitarnos con aquilo que é preciso para que non se extinga a especie. De aí, que aquel que diga que as persoas precisamos traballar mente, de forma descarada ademais. Se traballar fose algo necesario, vital, o noso corpo experimentaría unha sensación gozosa, e non acabaría escarallado ao final do día. Durmir, en cambio, descansar, si que é preciso para a nosa saúde, de aí o gusto dunha boa soneca. E falamos dun “sono reparador”, que amaña no noso corpo aquilo que escangalla o traballo. Polo tanto, a actividade laboral, como tal, é antinatura e contraproducente para a existencia da especie humana. Identificámonos con lemas do tipo “sexo, drogas e rock and roll”, do que Ian Dury fixo un himno xeracional. Ninguén tatuou nunha nádega “I love the pico and the pala”. Madrugar, traballar, suar por suar, son actos nocivos que inconscientemente repetimos como autómatas sen darnos de conta dos prexuízos para a especie que isto supón. Polo tanto, unha actitude vitalista está fundamentada en tres eixes fundamentais: beber, comer, e foder. Aproveitar o dolce far niente, que por algo é dolce, non é amargo. E evitar aquilo que poida resultar nocivo para o noso corpo, e que el mesmo se encargará de rexeitar: as 8 da mañá, o ora et labora e todos eses hábitos artificiais e contranaturais. Por iso, conclúo que deus existe, estamos feitos á súa semellanza e gústalle tanto o vicio coma a min. Et puis, je fume (Pink Martini)

158

Page 159: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Internet e as máscaras

Parzivalhttp://polvofeira.blogspot.com

http://flickr.com/photos/suzume

159

Page 160: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Internet e as máscaras

‘O make me a mask and a wall to shut from your spies’

O uso de pseudónimos e anónimos, cando se utilizan para preservar a intimidade dos autores do publicado en internet, teñen o efecto secundario de favorecer a creación de personalidades novas, controladas por algúns rasgos reprimidos da personalidade real dos autores. Grazas á adopación da máscara, cando un escribe vóltase máis audaz, máis lírico, máis mordaz, máis obsceno ou máis introvertido que no seu comportamento cotiá. Pero a máscara, como moitos personaxes literarios, remata por independizarse e exixir liberdade de acción máis alá do estreito camiño que o seu creador quixo impoñerlle.Vexamos o artigo de Juan Eduardo Cirlot sobre as máscaras incluído no seu Diccionario de símbolos (editorial Siruela). Escribe Cirlot:

"Todas las transformaciones tienen algo de profundamente misterioso y de vergonzoso a la vez, puesto que lo equívoco y ambiguo se produce en que algo se modifica lo bastante para ser ya ‘otra cosa’, pero aún sigue siendo lo que era. Por ello, las metamorfosis tienen que ocultarse; de ahí la máscara. La ocultación tiende a la transfiguración, a facilitar el traspaso de lo que se es a lo que se quiere ser; éste es su carácter mágico, tan presente en la máscara teatral griega como en la máscara religiosa africana u oceánica. La máscara equivale a la crisálida. Unas máscaras muy especiales son las que se usan en las ceremonias de iniciación de algunos pueblos de Oceanía, según Frazer. Los jóvenes mantienen los ojos cerrados y el rostro cubierto con una máscara de pasta o greda. Aparentan no entender las órdenes dadas por un anciano. Gradualmente se recuperan. Al día siguiente se lavan y se limpian la costra de greda blanca que les tapaba los rostros e incluso los cuerpos. Con ello finaliza su iniciación. Aparte de este significado, el más esencial, la máscara constituye una imagen. Y tiene otro sentido simbólico que deriva directamente del de lo figurado de tal suerte. Llega la máscara en su reducción a un rostro, a expresar lo solar y energético del proceso vital. Según Zimmer, Shiva creó un monstruo leontocéfalo de cuerpo delgado, expresión de su insaciable apetito. Cuando su criatura le pide una víctima que devorar, el dios le dice que coma de su mismo cuerpo, cosa que el monstruo realiza reduciéndose a su aspecto de máscara. Hay un símbolo chino, llamado T’ao T’ieh, la ‘máscara del ogro’, que pudiera tener un origen parecido".

Sorprendeume ao reler as entradas anteriores de Studia Humanitatis un ton subterráneo que non recoñezo e que está en certo modo alonxado da intención que deu orixe a esta bitácora. O tono, o humor desas entradas, coa excepción se cadra do comentario sobre Dama de Porto Pin, non se corresponde perfectamente con esa intención orixinal e creo que iso débese á miña asunción da máscara, á aparición dunha personalidade que difire da miña; dun personaxe, que ao amparo dun nome escollido conscientemente e paso a paso vai construíndose a

160

Page 161: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

si mesmo ata lograr convertirse no encargado de decidir que porcentaxe do que se publica nesta bitácora responderá ao plan orixinal que el non se propuxo. De portavoz pasou a propietario; de prestar a súa cara e nome, pasou a usar a súa propia voz. Esta entrada de hoxe é unha tentativa por recuperar o control ou, mellor dito, de acadar unha transacción co que Parzival chegou a ser para que a partir de agora exista un equilibrio entre os seus desexos e os de quen creou este caderno de notas. A cita de Dylan Thomas que encabeza a entrada de hoxe non é a única idea relacionada coas máscaras e o seu poder liberador que tiñamos ambos en mente.É case imposible pensar en máscaras e pasar por alto a Ensor, para quen eran reflexo de todos os recovecos da alma. No seu Autorretrato con máscaras, de 1899, as máscaras, alegres, desquiciadas, macabras, malévolas, hieráticas ou, sinxelamente indiferentes, rodean ao pintor contándonos todo o que este e o seu tolo sombreiro non nos contan. E é que é iso para o que serven: para permitir que aflore o que a consciencia polo xeral non permite saír á luz. As máscaras que preservan a intimidade e outorgan liberdade son preferibles ao anonimato que oculta aos cobardes. A máscara interpón un escudo, un antifaz, pero non oculta a presenza de quen fala a través dela nin evita o contacto cos interlocutores, en tanto que o anonimato exime de responsabilidade polos propios actos. Internet defraudou en gran medida as expectativas que creou hai uns anos. Convertiuse no medio de intercambio de coñecementos máis libre que coñeceu o ser humano despois do libro. Foi mesmo un pouco máis lonxe que o libro, dadas as dificultades que plantexa ás tentativas de censura e persecución. Non obstante, tamén se convertiu nunha feira franca de patrañas, falsificacións, montaxes, bulos e falsías malintencionadas, cando non nunha autoestrada para que o noso afán autodestructivo chegue a todas partes de xeito indiscriminado (teñen os virus informáticos outra razón de ser se non o puro terrorismo?). Internet –ou a súa credibilidade, que debería ser a súa principal virtude- fracasou precisamente pola sinxeleza coa que outorga o anonimato aos irresponsables. A liberdade precisa da responsabilidade para existir, xa que os actos irresponsables xustifican os argumentos represores a as figuras autoritarias.Saúde!

161

Page 162: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

162

Page 163: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Estou baixo sospeita

opacohttp://opaco.org

163

Page 164: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Estou baixo sospeitaSon opaco pero podería ser calquera outra cousa máis transparente denon ser máis que un alcume.

Fráxil, débil, volátil, intanxible e, ás veces, transitorio, pasaxeiroe efémero.

Detrás desa identidade se agocha un home que non é opaco e que, á vez,non pode separar a súa presenza física da súa presenza virtual. Así, oPaco e mais opaco deron en ser un, un alcume que naceu paraidentificar a unha actividade secundaria que deu, co paso do tempo, enconformar a súa verdadeira identidade.

E é esa identidade a que se pode adiviñar detrás dun alcume, dunrelato, dunha reflexión, dunha opinión, dunha fotografía canalizada através dun fluxo de datos, chámese lifestream, rss ou sementeira…

Coñezo a máis coma min e aí seguimos, somos moitos a reinventarnos anós mesmos, a construir o noso mundo ao redor dun alcume, enchendoformularios, rexistros, logins, contando cousas sobre nós á espera deque cheguen os microformatos e mais a dataportability a acudirmos aesta dimensión.

164

Page 165: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

165

Page 166: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

166

Page 167: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Esta obra distribúese baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza.

Vostede é libre de copiar, distribuír, comunicar publicamente a obra e facer obras derivadas baixo as condicións seguintes:

● Recoñecemento. Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da súa obra).

● Non comercial. Non pode empregar esta obra para fins comerciais.

● Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

Ao reutilizar ou distribuí-la obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.

Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor.

Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións non se ven afectados polo anterior.

Isto é un resumo facilmente lexible do texto legal (licenza completa) ma seguinte URL:

http://creativecommons.org/lisenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl

167

Page 168: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

Afinidade e exclusión, dous mecanismos para sermos nós e non outros.Somos blogomillo en canto nos asemellamos e nos diferenciamos. Unidos pola lingua e afastados por todo o demais.E velaquí estamos, cada quen asomándose a este escaparate virtual para que @s outr@s se paren diante e observen aquilo que queremos amosar.Pero non debemos esquecer que moitas veces vimos mirar só para nos ver reflectid@s nos vidros.

X

168

Page 169: Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)

169