VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1....

25
1074 VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta da Ulla. Obradoiro Riobó, Ferrol: Edicións Embora, novembro 2017, 188 pp. (ISBN: 978-84-16456-66-6). Contén CD. Monografía do músico Rafael Carracedo Crespo (Madrid, 1987) que conta cun “Limiar” (pp. 5-9) do profesor Anxo Serafín Porto Ucha no que se achega á historia da recolleita da música e cultura popular en Galicia, salientando as actividades da Institución Libre de Enseñanza, quen creou a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), e as Misións Pedagóxicas na Segunda República; para logo centrarse na importancia do labor realizado pola familia Carracedo na recuperación da música para requinta e na súa popularización nas terras da Ulla. A seguir, Carracedo fala da orixe, evolución, asentamento no Val da Ulla, organoloxía, construción, afinación e xeito de tocar a requinta, nomeando as formacións musicais con requinta, a súa estética e o repertorio. Despois describe a historia do Obradoiro García Riobó. O volume complétase coas “Dixitacións”, “Planos” e “Partituras” da requinta, achegando, no caso de tela, as letras das coplas, caso de “A miña Rosiña”, “A quinta do cuarenta”, “Aurora”, “Na banda d’alá do río”, “San Benitiño” e “Vindo do faro, vin unha nena”. Péchase coa “Listaxe de pezas do CD de requinta”, os “Agradecementos” e dous índices. Referencias varias: - Bruno Díaz, “El cancionero de la requinta da Ulla”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 30 decembro 2017, p. L7. Dá conta da presentación deste libro-disco, do que destaca que “recupera este preciado instrumento tradicional gallego casi desaparecido desde la década de los años 80 del siglo XX”. Explica que se trata do “primer cancionero que recoge la música original de la requinta da Ulla y ofrece un recorrido por el instrumento a través de partituras, planos y fotografías”. Reproduce palabras de Anxo Lorenzo sobre o labor realizado polo autor da monografía e finaliza sintetizando o cerne da monografía. - M. M./ A.L., “Un novo cancioneiro recolle a música da requinta da Ulla”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 30 decembro 2017, p. 36. Informa da presentación deste cancioneiro o día anterior en Santigo de Compostela coa presenza dos últimos requinteiros en activo do Val do Ulla, Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, e do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Remata explicando as características e orixe do instrumento a requinta. - Martín Fernández, “Homenaje a la música de ‘A Requinta da Ulla”, El Correo Gallego, “Santiago”, 31 decembro 2017, p. 17.

Transcript of VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1....

Page 1: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1074

VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta da Ulla. Obradoiro Riobó, Ferrol: Edicións Embora, novembro 2017, 188 pp. (ISBN: 978-84-16456-66-6). Contén CD. Monografía do músico Rafael Carracedo Crespo (Madrid, 1987) que conta cun “Limiar” (pp. 5-9) do profesor Anxo Serafín Porto Ucha no que se achega á historia da recolleita da música e cultura popular en Galicia, salientando as actividades da Institución Libre de Enseñanza, quen creou a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), e as Misións Pedagóxicas na Segunda República; para logo centrarse na importancia do labor realizado pola familia Carracedo na recuperación da música para requinta e na súa popularización nas terras da Ulla. A seguir, Carracedo fala da orixe, evolución, asentamento no Val da Ulla, organoloxía, construción, afinación e xeito de tocar a requinta, nomeando as formacións musicais con requinta, a súa estética e o repertorio. Despois describe a historia do Obradoiro García Riobó. O volume complétase coas “Dixitacións”, “Planos” e “Partituras” da requinta, achegando, no caso de tela, as letras das coplas, caso de “A miña Rosiña”, “A quinta do cuarenta”, “Aurora”, “Na banda d’alá do río”, “San Benitiño” e “Vindo do faro, vin unha nena”. Péchase coa “Listaxe de pezas do CD de requinta”, os “Agradecementos” e dous índices. Referencias varias: - Bruno Díaz, “El cancionero de la requinta da Ulla”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 30 decembro 2017, p. L7. Dá conta da presentación deste libro-disco, do que destaca que “recupera este preciado instrumento tradicional gallego casi desaparecido desde la década de los años 80 del siglo XX”. Explica que se trata do “primer cancionero que recoge la música original de la requinta da Ulla y ofrece un recorrido por el instrumento a través de partituras, planos y fotografías”. Reproduce palabras de Anxo Lorenzo sobre o labor realizado polo autor da monografía e finaliza sintetizando o cerne da monografía. - M. M./ A.L., “Un novo cancioneiro recolle a música da requinta da Ulla”, Faro de Vigo, “Sociedad”, 30 decembro 2017, p. 36. Informa da presentación deste cancioneiro o día anterior en Santigo de Compostela coa presenza dos últimos requinteiros en activo do Val do Ulla, Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, e do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Remata explicando as características e orixe do instrumento a requinta. - Martín Fernández, “Homenaje a la música de ‘A Requinta da Ulla”, El Correo Gallego, “Santiago”, 31 decembro 2017, p. 17.

Page 2: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1075

Dá conta da publicación deste cancioneiro, do que sinala a editora e o apoio institucional. Sinala brevemente o contido e o obxectivo buscado polo autor. Fernández Carrera, Xan X., Lendas da Costa da Morte, pról. Antonio Reigosa, Ferrol: Edicións Embora, col. Costa da Morte, xullo 2017, 153 pp. (ISBN: 978-84-16456-56-7). Monografía de Xan X. Fernández Carrera (Vimianzo-A Coruña, 1951) que recompila de maneira exhaustiva a multitude de lendas que se contextualizan na Costa da Morte. Despois da dedicatoria “A toda a xente maior que garda contos e lendas na súa memoria e, en especial, a todas aquelas persoas que colaboraron no contido deste libro”, acóllese o “Prólogo” de Antonio Reigosa, quen destaca o valor incalculábel da publicación, enriquecida pola contextualización dos mitos e lendas e pola recolleita de diversas variantes, definindo a obra como “un libro que é pousadoiro para reflexionar sobre o valor imprescindíbel dos nosos mitos, e para chamar a atención sobre a necesidade da súa protección e divulgación” (p. 10). A compilación das sesenta e seis lendas está divida en oito apartados que fan referencia aos elementos primordiais que as compoñen: “Pedras”, “Augas”, “Montes”, “Furnas, covas e túneles”, “Flora e fauna”, “Restos históricos”, “Lendas haxiográficas” e “Outras lendas”. Cada un deles comeza cunha introdución teórica sobre o simbolismo dos elementos, destacando a estabilidade e permanencia da pedra, a función purificadora da auga que agocha cidades asolagadas, o carácter sacro na inmortalidade das árbores e os bosques, a profusión de furnas, covas e túneles que falan de morte e do alén, a riqueza da fauna e flora da zona, da presenza de restos históricos que se constrúen como respostas construídas ás preguntas que xeración tras xeración preocupan á sociedade, e outras lendas en relación dos santuarios ou moi próximas ao pasado histórico e aos costumes máis arraigados da zona. A monografía complétase cunha bibliografía final e unha listaxe de enlaces web de interese. Referencias varias: - J. M., “Xan Fernández falou das lendas de Costa da Morte en Cee”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 9 novembro 2017, p. 32. Informa da participación do escritor Xan Fernández Carrera no marco das actividades das Ias Xornadas do Libro Infantil e Xuvenil do concello de Cee, en concreto a presentación do seu libro Lendas da Costa da Morte. - Cibrán Canedo, “As lendas da Costa da Morte”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 16 novembro 2017, p. 33. Recolle a publicación deste libro de lendas de Xan Fernández, prologado por Antonio Reigosa. García Porral, Xoán Carlos, De mouros, mouras e tesouros. A Comarca do Deza, limiar Xosé Manuel González Reboredo, Pontevedra: Edicións Fervenza, outubro 2017, 256 pp. (ISBN: 978-84-170-9416-4). Estudo monográfico asinado por Xoán Carlos García Porral (Lalín-Pontevedra, 1974) quen profunda no coñecemento e interpretación das lendas contextualizadas na Comarca

Page 3: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1076

do Deza. Tras a cita de Castelao “Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin no porvir; non é serventa do tempo. [...] A tradición non é a historia. A tradición non é a eternidade”, reprodúcese o “Limiar” de Xosé Manuel González Reboredo, que comeza cunha breve introdución histórica do xurdimento do interese da conservación da tradición oral en Europa, despois céntrase no territorio galego, e remata por describir os apartados e contidos do monográfico e do valor inestimábel que ten o labor de investigación realizada polo autor. O miolo do libro divídese en tres apartados fundamentais: a temática e valoración das lendas, a recompilación por concellos e a localización das lendas na aplicación Maps de Google. O primeiro deles funciona como marco teórico do estudo e parte de conceptos básicos como lenda para profundar en outros máis complexos e, en concreto, na temática castrexa e os relatos de mourindade, por tratarse dun dos elementos característicos do universo cultural galego. As descricións tamén exploran os personaxes dos mouros, das mouras e os tesouros, e reivindican o valor das lendas como mostra da identidade socio-cultural e as ensinanzas morais contidas. A continuación, o autor presenta a recompilación de lendas cunha introdución con datos cuantitativos sobre a localización exacta e a presenza ou non de castros nas cincocentas dezaseis lendas que despois explica en detalle. Ao remate, e antes da localización xeográfica en Google Maps e das referencias bibliográficas, o autor bota man de diversas tipoloxías de gráficos para agrupar as lendas segundo a temática na súa totalidade, e divididas por concellos. Referencias varias: - Xoán Cajide, “Xoán Carlos García Porral. ʻHai que recoller a tradición oral para que non se perda”, El Correo Gallego, “Santiago”, 9 outubro 2017, p. 18. Recolle unha entrevista co doutor en Antropoloxía Social da USC Xoán Carlos García Porral por mor da presentación da súa obra. Dise nela se achega a máis de cincocentas lendas da Comarca de Deza e á súa xeolocalización na zona. - María Rendueles, “Más de cincocentas lendas de mouros e tesouros no Deza”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 11 outubro 2017, p. 38. Informa sobre a labor de investigación realizado polo doutor Xosé Carlos García Porral quen recolleu máis de 516 lendas ao longo de 15 anos de traballo. Indica que a obra foi editada por Fervenza coa colaboración da Xunta de Galicia. Quintas Suárez, Moisés, Terra e alma, fotografías de Carlos Valcárcel Gay, [s. l.]: Editorial Canela, col. Aires da terra, n.º 1, decembro 2017, 122 pp. (ISBN: 978-84-697-6654-5 ). Inclúe CD Moisés Quintas Suárez (Bande, 1965) recolle neste volume trilingüe (galego, castelán e inglés) que inicia a colección “Aires da terra” vinte e oito alalás, algúns documentados nos cancioneiros de Casto Sampedro, Daniel González e Carlos Villalba Freire; e outros procedentes de transcricións do autor. Tamén se reproducen as melodías. Tras a “Nota editorial” e a “Presentación”, no apartado “A forma musical Alalá” ofrécense as distintas definicións desta composición musical así como datos sobre a súa orixe, clasificación e carácter. A seguir, en “Partituras e fotografías”, reprodúcense as partituras e as letras dos

Page 4: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1077

vinte e oito alalás escolmados, que se acompañan de fotografías realizadas nos anos 60 e 70 do século pasado. Péchase cos “Agradecementos”. Quintía Pereira, Rafael, Mariña: de deusa a santa, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016, Vigo: Editorial Galaxia, col. Ensaio, n.º 84, 2017, 242 pp. (ISBN: 978-84-9151-061-1). Ensaio de Rafael Quintiá (Vigo, 1971) no que, tras a dedicatoria “Á miña avoa Olivia Rey Agulla, que non conseguiu inculcarme a súa fe, pero si a curiosidade polos misterios do cristianismo”, explica e argumenta o proceso que seguiu a cristianización en Galicia que se usou a santa Mariña para suplantar unha antiga deidade ou culto vencellada ás fontes e aos cumios montañosos. Para iso, estuda a contorna, o patrimonio inmaterial asociado a cada santuario e a arquitectura e historia de trinta e catro das cento oito parroquias cuxa advocación é santa Mariña, ademais de seis capelas e santuarios e outros lugares dedicados á santa. Así analiza a historia desta mártir e a simboloxía que envolve os supostos feitos da súa vida, para buscar dende unha perspectiva comparativa nexos de unión entre antigos lugares de culto a unha antiga deidade feminina e a cristianización; ademais da posíbel conexión e similitudes coa irlandesa Santa Bríxida. Para iso o autor, ao longo dos capítulos, atende e estuda a haxiografía galega de santa Mariña para detectar a conexión cos aspectos míticos e relixiosos do mundo céltico; explica o simbolismo da santa (virtudes, iconografía, o símbolo da cabeza e a tripla morte, as características de heroe celta, a loita contra o dragón...); compara o proceso de cristianización da deidade irlandesa Brigit co da figura de santa Mariña; intenta identificar a deidade indíxena que puido ser asimilada por Mariña, atendendo ás coincidencias simbólicas; estuda as características da deusa Nabia e, por último, ofrece varios exemplos de posíbeis santuarios prerromanos cristianizados baixo á advocación da santa. En “Haxiografía de Santa Mariña” refírese ás fontes escritas e ás lendas que falan da vida da santa: a “Lenda de Santa Mariña” na zona da Limia, posteriormente adaptada ás xeografías dos diferentes santuarios erixidos baixo esta advocación; a “Lenda das nove infantas de Baiona”, recollida no Cronicon Mundi, de Lucas de Tui; a Lenda Dourada e a “Lenda de Santa Margarita”. En “O mito da moura” explica a relación que estabelece a tradición popular entre a santa cristiá e os atributos, xeografías míticas e escenografías propias da figura da moura; mentres que en “Santa Mariña como Venus” refírese ás lendas que presentan a santa nacendo das augas que entronca co mito da deusa Venus e en “As cidades asolagadas” recolle as lendas que a relacionan coas cidades asolagadas. Péchase coas conclusións, un apéndice gráfico, os agradecementos, a bibliografía e o índice. Recensións: - Alfredo Iglesias Diéguez, “De Nabia a Mariña”, Faro da Cultura, “Faro da Cultura”, n.º 635, “Libros”, 14 setembro 2017, p. VII. Fala do proceso de intercambio e cristianización do significado de antigos ritos, crenzas e símbolos do imaxinario pagán popular. En relación coa Santa Mariña, comenta que foi unha estratexia para cristianizar as xentes do rural e que herda atributos da deusa Nabia, comparando este proceso co da deusa Brigit en Santa Bríxida en canto a características de deusas nais e o exercicio das funcións soberana, protectora e (re)produtiva. Por último, considera esta obra “unha interesante achega á longa tradición de estudos antropolóxicos do noso imaxinario colectivo”.

Page 5: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1078

Referencias varias: - Lourdes Varela, “Rafael Quintiá: Galicia é un auténtico paraíso antropolóxico”, Faro da Cultura, “Faro da Cultura”, n.º 635, p. V/ La Opinión, “Saberes”, n.º 587, p. 7, “Entrevista”, 15 xullo 2017. Con motivo da publicación desta monografía que recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, o autor comenta que se enmarca dentro da investigación sobre a apropiación dos lugares de culto, das deidades da Gallaecia precristiá e dos seus atributos polo cristianismo, particularizando no culto da Mariña galega. Tamén incide no descoñecemento das deidades galaicas, do erro de cualificalas como castrexas, do proceso de reconversión iniciado polos romanos e da resposta dos antigos poboadores de Galicia. Por último, diferencia a figura dos mouros da Moura, que considera unha “reminiscencia mitificada dunha antiga deidade feminina asociada á natureza” e o mito máis importante da cultura galega, explica a procedencia dos mitos de Santiago Apóstolo e Santo André de Teixido e salienta o valor antropolóxico de Galicia. Rodríguez, Alba María, Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo, comentario, transcrición e edición das partituras Sergio de la Ossa, Santiago de Compostela: aCentral Folque, 137 pp. (ISBN: 978-84-947718-4-2). Contén CD. Durante os anos 50 do século pasado a Comarca de Bergantiños converteuse no berce da poesía oral improvisada, vendo “nacer” coplas, rimas e regueifas dunha calidade moi destacábel grazas a persoas, principalmente homes, que se dedicaron a dar vida a este xénero, encarnando os últimos anos de vitalidade do mesmo. Alba Mª Rodriguez creou este libro-CD no cal recolle cinco regueifas interpretadas polas voces de grandes figuras do xénero, con letras con certo grao de controversia e retranca. A interpretación débese a: Blanco de Muíño Sexo, Josefa de Vigo, Pedro Bardancas, Celestino, Calviño e Antonio de Xornes. Ademais das gravacións inéditas, a autora tamén achega un ensaio sobre esta forma de expresión descoñecida para o grande público no que acolle vivencias ou pensamentos e sentimentos dos antepasados. O volume tamén inclúe transcricións e análise das letras e melodías das regueifas que inclúe o CD. Sánchez Rei, Xosé Manuel, Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX, Santiago de Compostela: Edicións Laiovento, col. Ensaio, n.º 352, 2017, 133 pp. (ISBN: 978-84-8487-382-2). Monografía de Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973), na que recompila máis de catrocentos cantares tradicionais galegos da zona da Coruña dos séculos XVIII e XIX, acompañados dun estudo introdutorio que compón o marco teórico, inserido no proxecto de investigación FFI2015-63523-P do Ministerio de Economía e Competitividade. Ábrese coa dedicatoria “Para Silvia, que canta comigo as horas da vida”, para deixar paso á introdución e cinco grandes epígrafes (máis a bibliografía citada): “Perspectiva histórica”, “O valor das cántigas tradicionais”, “Esta edición”, “Criterios de edición” e “Conclusión”. Na parte inicial, o autor destaca a importancia dos cantos tradicionais na vida dos galegos, como acompañamento das diversas funcións que desempeñaban e tamén como elemento pedagóxico ante a dificultade de acceso ao mundo académico.

Page 6: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1079

Divide a recolleita destas cantigas en catro etapas entre os séculos XVIII e XIX, enxalzando a súa valía estética, lingüística, toponomástica, histórica e etnográfica. Ademais, remata cunha explicación pormenorizada da proveniencia xeográfica e datación das cantigas escollidas para o volume, explicando tamén os criterios de edición das mesmas, que decidiu modernizar para adaptar á grafía actual e facilitar a súa lectura. En canto ás cantigas, a maioría están recollidas dentro do apartado “Cántigas colixidas na Coruña”, pero tamén se reproducen dúas agrupacións máis, intituladas “Cántigas localizadas e colixidas fóra da Coruña con referencias á cidade ou aos seus arredores” e “Cántigas sen localización precisa con referencias a Coruña ou as súas proximidades”. Sotelo Blanco, Olegario, Quintela de Mazaira. Terra e xente, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2017, 436 pp. (ISBN: 978-84-7824-656-4). Olegario Sotelo Blanco (Quintela, 1945) achégase neste estudo histórico-etnográfico ao seu lugar de nacemento e residencia até os 18 anos: Quintela, aldea situada na parroquia de Mazaira no concello de Castro Caldelas (Ourense). Dende a historia persoal e a partir dun coñecemento directo da realidade rural de Quintela, o autor aborda cuestións como a súa realidade xeográfica marcada polo illamento, os marcos de integración político-xudiciais, as súas incertas orixes históricas, os modos de vida no día a día e tamén nos momentos de celebración ou nos días de feira, as relacións veciñais, as casas, os oficios, as lendas e supersticións do lugar ou a importancia da emigración como factor de despoboamento do lugar. Ademais do peso que ten na obra a memoria persoal, tamén recorre á bibliografía secundaria e á historia oral como fontes para este estudo, o cal segue a mesma liña de proxectos anteriores do autor como Antropoloxía cultural da Terra de Caldelas (Sotelo Blanco, 1992, 2 vols.). Recensións: - Armando Requeixo, “Etnohistoria de Mazaira”, Diario de Arousa, “O Salnés Siradella”/ Diario de Ferrol, “Nordesía”, n.º 1.008/ El Ideal Gallego, “La Galería”, n.º 1.008, “letras Atlánticas”, 5 novembro 2017, p. 30. Saliéntase este estudo sobre os costumes de Quintela de Mazaira que recolle gran cantidade de materiais etnográficos e antropolóxicos para analizar a información que conteñen. Retrátanse os espazos sociais do lugar e a “vizosa tradición literaria oral vencellada a todo tipo de crenzas, lendas e supersticións”. Tamén conta con algún capítulo autobiográfico da infancia do autor e entrevistas cos habitantes do lugar. Amais achega unha bibliografía escollida, unha ampla galería fotográfica e gran pulcritude técnica na edición que a fan unha obra modélica para futuros traballos que estuden a historia da comunidade de Galicia.

Page 7: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1080

VIII. 2. PUBLICACIÓNS EN REVISTAS Escudero, Marcos, Antonio Reigosa e Isidro Novo, “Palabras con misterio: O Latíndos canteiros”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 93-99. No contexto dun faladoiro sobre a xerga dos canteiros faise referencia a Celso Emilio Ferreiro e recítase un fragmento do seu poema “Gabanzas dos canteiros” incluído na súa obra Longa noite de pedra. Fonte Sardiña, José, “As sete lendarias pontes que Fernán Pérez de Andrade o Bo mandou facer no camiño inglés”, Cátedra. Revista eumesa de estudios, n.º 24, 2017, pp. 159-200. Comenta a historia da orixe da peregrinación a Santiago de Compostela e o auxe do camiño inglés a partir do século XII co arcebispo Diego Xelmírez, quen promocionou o culto xacobeo e a redacción da Historia Compostelá e o Códice Calixtino. A seguir, repara na lenda da construción das sete pontes en sete ríos caudalosos, sete mosteiros, sete igrexas e sete hospitais no camiño inglés por parte de Fernán Pérez de Andrade, alcumado o Bo, cabaleiro que ascendeu grazas á fidelidade cara a Henrique II e que mandou traducir a Crónica Troiana no ano 1373. Recolle e explica a historia das lendas que lle atribúen a construción de infraestruturas como pontes, mosteiros ou hospitais no Camiño Inglés, concretamente as pontes do Burgo, de Xuvia, Baxoi, do Porco, Lambre, Sigüeiro e Pontedeume, dando conta dos textos literarios que tratan delas. Marqués Valea, Xulia, “Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 13-40. Achégase un estudo sobre antropónimos galegos a partir de distintas fontes, entre elas, a Antoloxía do conto de tradición oral, a cargo de Xosé Miranda Ruíz, Antonio Reigosa Carreiras e Xoán Ramiro Cuba Rodríguez; o Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral: clasificación, antoloxía e bibliografía, a cargo de María Camiño Noia Campos; a Antoloxía do conto popular galego e Contos populares, a cargo de Henrique Harguindey e Maruxa Barrio; a Antoloxía de contos populares de Galicia, a cargo de Manuel Quintáns Suárez; o libro Contos populares da provincia de Lugo, responsabilidade do Centro de Estudos Fingoy; a obra Contos populares da Galiza, de Lois Carré Alvarellos; o libro Contos do Valadouro, de Manuel Lourenzo; a obra Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances, a cargo de Ofelia Carnero, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Antonio Reigosa Carreiras e Mercedes Salvador; o libro A carón do Lume, a cargo dos alumnos do Real Seminario Santa Catalina de Mondoñedo e a obra Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, a cargo de Ofelia Carnero, Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, Antonio Reigosa Carreiras e Mercedes Salvador. Co mesmo obxectivo analízanse fragmentos das obras literarias Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro e Memorias dun raposo, de Antonio Reigosa Carreiras. Na mesma liña, téñense en conta diversos estudos doutros escritores coma Vicente Risco, Ánxel Fole, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Gonzalo Navaza para afondar na análise antroponímica.

Page 8: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1081

Navaza, Gonzalo, “Lendas e toponimia”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 73-84. A propósito dun estudo toponímico dende a perspectiva da etnografía, alúdese aos escritos de Xosé María Álvarez Blázquez, ao poema “A Virxe do Cristal” de Manuel Curros Enríquez, a unha glosa do cura de Fruíme, ao autor Benito Vicetto e á tradución galega da obra Os Miragres de Santiago. Novo, Isidro, “Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 41-52. No contexto dun estudo sobre léxico galego que non está incluído nos dicionarios, Isidro Novo fai referencia a distintos autores da literatura galega como son Cesáreo Sánchez Iglesias (en calidade de presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) e Suso López Gaioso, xa que este último contribuíu á recompilación dese tipo de verbas. Novo, Isidro e Antonio Reigosa, “Hai palabras, falas e ditos que...”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 9-10. Infórmase da participación dos escritores Isidro Novo e Gonzalo Navaza na Xornada de Literatura de Tradición Oral, a cargo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que ten como obxectivo achegar, dende unha perspectiva histórica, o significado dos nomes de lugar, de persoa ou as frases feitas. Novo, Isidro, Mª Rosario Soto Arias e Gonzalo Navaza, “O abecé do noso ADN simbólico-cultural”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 85-91. No contexto dunha mesa redonda sobre etimoloxías alúdese aos escritores Ánxel Fole, o Padre Sarmiento, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Pondal, Ricardo Carvalho Calero, Vicente Risco así como a cantiga de Airas Nunes “Bailemos já todas três, ai amigas...”. Sánchez Iglesias, Cesáreo, “A historia destas xornadas...”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp.7-8. Lévase a cabo unha reflexión sobre a importancia da palabra e da literatura oral en relación á sociedade, á cultura e á historia para xustificar a relevancia das Xornadas de Literatura de Tradición Oral ao abeiro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, aludindo ao papel dos escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo na organización das mesmas. Soto Arias, Mª Rosario, “Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e/ou míticos na fraseoloxía”, Escrita contemporánea, AA, 2017, pp. 59-72.

Page 9: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1082

A propósito dun estudo sobre o significado de palabras e unidades fraseolóxicas do galego, analízanse exemplos procedentes das Cantigas de Santa María, de Alfonso X e da cantiga “Avuitor comestes, que adevinhades” do trobador Estevan Coelho. Ademais recóllense outros casos e alúdese á súa presenza nos escritos de Rosalía de Castro, Manuel Curros, Antón Vilar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Xaquín Lorenzo, Luis Tobío, Lence-Santar, Manuel María, Xabier P. DoCampo e Xosé Miranda.

Page 10: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1083

VIII. 3. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ESTUDOS E RECENSIÓNS Alonso Montero, Xesús, “Lolita e Manolo, amantes?”, La Voz de Galicia, “Opinión”, “Beatus qui legit”, 9 xuño 2017, p. 18. Comenta a publicación do autor Xosé Luís Foxo polo seu Cancioneiro antropolóxico que recolle diferentes cantigas populares da zona de Quiroga, Ribas do Sil e Montañas do Lor. Montaña, Estro, “Regueiras, atranques, brindos...”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 615, “Libros, 23 febreiro 2017, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 568, “Letras galegas”, 25 febreiro 2017, p. 10. Dá conta da publicación de Repente galego (Deputación de Pontevedra, 2016), de Ramón Pinheiro Almuinha (Vigo, 1975), iniciativa promovida dende ORAL de Galicia. Di que se trata da primeira monografía dedicada en Galicia ás implicacións, prácticas, reflexións e protagonistas da improvisación oral galega e da súa conexión con outros lugares que a practican, como o País Vasco, Cataluña, Portugal, Illas Canarias ou América. Comenta que leva prólogo de Joxerra Garzia, investigador vasco, e que as transcricións musicais son obra de Ramón de la Ossa, profesor de aCentral Folque. Dá conta da variedade de xéneros orais galegos que son analizados: regueifas, atranques, brindos, mascaradas, coplas ou desafíos; así como a súa distribución xeográfica. Engade que hoxe só a practican persoas maiores sen xeración de relevo e afirma que a regueifa é a manifestación máis coñecida, con éxito en Bergantiños ou Vigo, e que tamén tivo gran cultivo en terras de Soneira, A Barcala, Santiago ou As Mariñas. Considera esta xa unha obra de referencia para estudar os xéneros orais.

Page 11: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1084

VIII. 4. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ARTIGOS DE OPINIÓN E COLABORACIÓNS FIXAS Castro Ratón, Xosé, “A transgresión da máscara”, Diario de Arousa, 2 marzo 2017, p. 6/ Diario de Ferrol, 6 marzo 2017, p. 24, “Opinión”, “Outra ollada”. Dá conta sobre a orixe do Entroido e a súa comparación co carnaval que ten orixe na palabra italiana “carnevale”, que á súa vez provén do termo latino “carnelevare”. Di que de aí xorden conceptos en común coa festividade galega que aparecen retratados en cantigas populares e mitos galegos. Celeiro, Luís, “Tarabelo”, El Progreso, 27 xuño 2017, p. 35/ El Correo Gallego, 28 xuño 2017, p. 4/ La Región, 28 xuño 2017, p. 30, “Opinión”, “Tía Manuela”. Repasa os diferentes lugares de Galicia que reciben o nome de tarabelos e o seu significado. Fernández, Frutos, “Mimosas”, La Región, “Opinión”, 19 febreiro 2017, p. 36. Comenta un erro nunha historia popular sobre o termo “mimosas”, crendo que eran unhas frores que crecían naturalmente no Ribeiro, pero as plantas veñen de fóra. Para afianzar esta crenza, toma como exemplo os versos dos autores Samuel Eiján e Marcial Valladares.

Page 12: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1085

VIII. 5. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: ENTREVISTAS Malvido, Gemma, “Suso Martínez. ʻO choqueiro non vai vestido, lévao na alma”, La Opinión, “A Coruña”, 21 febreiro 2017, p. 9. Recolle unha entrevista con Suso Martínez que destaca a importancia dos apropósitos polo seu valor cunha mestura de teatro realizado por grupos non profesionais. Indica que estes narran de maneira culta pero popular o Entroido. Pardo, Alicia, “Carlos Blanco. ʻO noso oficio é xogar. Se non o pasas ben, é imposible que lle transmitas iso ao público”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 17 abril 2017, p. 6. Recolle unha entrevista co actor e humorista Carlos Blanco que representou o seu monologo no Fórum Metropolitano durante a celebración do Festival de Narración Oral Falando a boca chea. Rodríguez, Ángeles, “Elena Prieto López. ʻO mestre que procuraba palabras, costumes e contos”, O SIL, “Entrevista”, maio 2017, pp. 12-13. Destaca a figura do mestre Laureano Prieto a través dunha entrevista coa súa filla que relata como seu pai recollía en anacos de papel todas as palabras e ditos populares que escoitaba da xente de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña.

Page 13: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1086

VIII. 6. PUBLICACIÓNS EN XORNAIS: NOTAS, PRESENTACIÓNS E ESCRITOS VARIOS A. B., “Terra e Auga’, un compendio de saber popular recollido por Ripalda”, Atlántico Diario, “Vigo”, 31 outubro 2017, p. 8. Recóllense algunhas declaracións de Xosé Lois Ripalda quen en Terra e auga (Ir Indo, 2017) deixa constancia dun mundo rural que está a desaparecer por varios motivos, coma os incendios. Indica que esta escolma do patrimonio material galego é froito de tres anos de traballo e que completa con refráns, cantigas e contos, procedentes de recollidas, pero tamén de elaboración propia. Salienta que a súa terra, a Ribeira Sacra, e a da súa dona, a montaña de Monterroso, teñen unha especial pegada. Alonso Piñeiro, Carlos, “A Asociación ORAL e a improvisación en verso”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, “O traballo na Galiza”, 21 setembro 2017, p. 8. Rememora os inicios, hai vinte anos, da Asociación ORAL, da que sinala os obxectivos e os impulsores e detalla as actividades promovidas e desenvolvidas. Remata enumerando propostas que faltan por facer. Alvarellos, Quique, “Clareo nas veigas do Sarela”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, 12 marzo 2017, p. L11. Lembra o labor realizado polas lavandeiras que deixaron pegada no refraneiro e no “Romance de don Boyso”, un cantar “vagamundo” que conta con versión en galego. Álvarez, Natalia, “A reserva da tradición oral galega”, Faro de Vigo, “Vigo 4 costados”, 28 novembro 2017, p. 7. Comenta a iniciativa viguesa da organización CIOV de preservar a tradición oral galega por medio de obradoiros e actividades nos que se ensina sobre estes temas. Apunta que nestas iniciativas participan Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás. Bellver, Mónica G., “Con cinema, xogos e presentacións”, O SIL, “Cultura”, “Semana Cultural de Vilanova”, setembro 2017, p. 25 comprobar. Indica que na semana cultural de Vilanova da Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova presentouse o Cancioneiro antropolóxico: Quiroga, Ribas do Sil e Montañas do Lor (2016), de Xosé Lois Foxo. _____, “Foxo presenta o libro de cantos”, O SIL, “Cultura”, “Semana Cultural de Vilanova”, setembro 2017, p. 25.

Page 14: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1087

Dá conta da presentación do libro sobre cancioneiros populares orais da comarca de Quiroga. Comenta que o autor ofreceu unhas palabras sobre a súa obra no acto central da Semana Cultural. Blanco, Domingo, “Unha ollada á regueifa de onte”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, pp. 2-3. Tras sintetizar as orixes da regueifa, céntrase na regueifa moderna, da que achega os trazos que a caracterizan, os lugares onde comezou a facerse e onde perduraba nos anos finais da década dos oitenta. Bouzas, Belén, “O romanceiro tradicional galego”, Sermos Galiza, “fóra de serie”, n.º 178, 14 setembro 2017, pp. 2-3. Tras reproducir a definición de Ramón Menéndez Pidal sobre os romances, alude á súa orixe nos cantares de xesta e nas súas variacións, co paso do tempo, a partir do castelán, “mentres que as outras linguas iberorrománicas entraron posteriormente nos textos de acordo coas respectivas historias sociolingüísticas”, como apunta o profesor José Luís Forneiro. Comenta o descubrimento do romanceiro en Galicia no século XIX e o proceso posterior de recollida da transmisión oral a comezos do século XX, dos que ofrecen exemplos de recompiladores e de romanceiros. Incide nos problemas para a perpetuación dos textos apócrifos e dos orixinais, o labor desenvolvido no Seminario Menéndez Pidal, as recollas contemporáneas da musicóloga Dorothé Schubarth, respecto aos cales Forneiro matiza que faltan por editar as recollas e “a partir de aí estudar o romanceiro galego vinculado ás outras tradicións”, e incide que co estudo desta lírica se aprenden “historia das sociedades, sociolingüística actual e moito máis”. A seguir reproduce parte da conversa co etnomusicólogo e pedagogo Sergio de la Ossa, quen destaca a importancia da “amálgama entre letra e música”, a demora na interpretación do romanceiro galego, a riqueza de melodías e ritmos e o tipo de escalas. Remata nomeando o labor desenvolvido no Museo do Pobo Galego e no seu arquivo musical en liña APOI (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade). Bóveda, Lucía D., “Díxome, mais... que foi o que me dixo?”, Diario de Pontevedra, “miniDiario”, n.º 565, “Reportaxe”, 26 febreiro 2017, pp. 2-3. Comenta a actividade levada a cabo no CEIP Campolongo que levaba o nome de “Díxome, díxome”. Apunta que este evento trata de achegar aos nenos o patrimonio nacional galego grazas a unha serie de actividades e xogos. C. A., “Hume inicia con una Polafía en el Mercado Vello las Xornadas de Outono”, El Progreso, “A Chaira”, 25 novembro 2017, p. 23. Informa sobre o evento para promover a recuperación da tradición oral por parte da AELG. Indica que as Polafías son un proxecto da sección de literatura de tradición oral coordinadas por Antonio Reigosa.

Page 15: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1088

Castro, Víctor, “Muchas novedades en el nuevo ciclo de ʻTardes de contos e lendasʼ, que comienza el día 27”, El Ideal Gallego, “Área metropolitana”, “Atalaya mariñana”, 24 xaneiro 2017, p. 16. Entre outras cuestións, apunta una nova sesión de “Tardes de contos e lendas” na biblioteca de Ordes. ______, “El grupo Os Viqueiras presenta hoy en Santiago su disco-libro”, El Ideal Gallego, “Oleiros”, “Atalaya mariñana”, 3 agosto 2017, p. 16. Fala da presentación do artístico libro-disco Vilaverde no Museo Etnográfico Sotelo Blanco de Santiago de Compostela. Colmenero, Xosé Lois, “La Bibliopiscina de Verín clausura sus actividades”, La Región, “Verano”, 31 agosto 2017, p. 26. Entre outras actividades organizadas polo Concello de Verín, refire que voluntarios participantes na actividade Bibliopiscina venderon exemplares de Contos e lendas do val de Monterrei (Concello de Verín, 2017), coordinada polo escritor Xosé Carlos Caneiro. C. P. R, “Alumnos do IES de Guitiriz e do colexio de Reinante gañan no Tíralle da Lingua”, El Progreso, “A Chaira”, 26 abril 2017, p. 23. Fala da gañadora do primeiro premio do concurso de relato oral “Tíralle da Lingua”, Maite Villar, que defendeu o seu texto Memorias dunha vaca. Sinala que recibiu un galardón de 250 euros pola orixinalidade e calidade lingüística do seu texto. _____, “Mini e Mero se unen el 18 al Paseo dos Soños de Vilalba”, El Progreso, “A Chaira”, 8 novembro 2017, p. 19. Informa que o duodécimo acto Hectómetro Literario promovido pola asociación cultural Xermolos e Irmandade Manuel María aproveitará para presentar o libro Mini e Mero, labrado para sementar (2017). _____, “Hume e a AELG recuperan a tradición oral pontesa da man dos veciños”, El Progreso, “A Chaira”, 27 novembro 2017, p. 10. Informa sobre a celebración da 33ª edición da Polafía que trata de recoller as historias e lendas de tradición oral nun evento que contaba con Antonio Reigosa como mestre de cerimonias. Domínguez Araújo, Lara, “Moita canteira”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, p. 3.

Page 16: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1089

Tras nomear posíbeis causas do descoñecemento sobre a “cultura popular ou comunitaria” e os feitos que promoveron o seu rexurdir nos últimos anos, afirma que a regueifa posúe un “poder empoderador e lúdico” e que “ten futuro se cremos en nós, en cada unha das persoas que somos, e nos atrevamos a expresarnos, a xogar, a esquecer o ridículo, a debater e incluír os demais nos enredos, a pronunciarnos, a utilizar o humor e a música como forma de comunicación e socialización. A expornos”. Sinala que “as regueifas dan momentos máxicos” e que “o emerxer do público da regueifa é incuestionable”, e remata explicando en que consiste e destacando que une “xente, arte, intervención persoal e política” polo que “non vai parar”. Elvira, Sol, “Carboeiro énchese en xuño de música e cultura popular”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 23 maio 2017, p. 30. Destaca a celebración dos 18 anos do festival Encontros de Música Tradicional de Carboeiro organizado pola asociación Intercultural Santa Ferreña. Di que o evento estará amenizado por grupos da bisbarra, seguido pola procesión de Santa Ferreña. E. P., “Wagensberg adéntrase na historia dos aforismos”, El Correo Gallego, “Tendencias”, 5 marzo 2017, p. 38. Comenta a celebración dentro do ciclo Nexos da charla O aforismo e a beleza da síntese na Cidade da Cultura de Galicia. Na sesión falouse sobre a historia dos aforismos que están a experimentar un importante renacemento. Estévez, Kike, “A arte do verso improvisado no mundo”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, p. 5. Comeza resaltando que a arte do verso improvisado “aparece en case todas as culturas do mundo” e a seguir vai enumerando lugares onde estivo ou está viva, caso de Portugal e as festas minhotas, Cuba, o bertsolarismo no País Vasco e a glosa en Cataluña. Sinala como disciplinas semellantes ao verso improvisado, a cultura do rap e o freestyle, e iniciativas como o Festival Marisquiño e o certame Internacional de improvisación oral en verso de Valedares onde, en todas as edicións, se recollen o teatro improvisado (ou match de improvisación) e a slam poetry (ou recital de versos a modo de combate poético). Remata aludindo, respecto ás posibilidades do verso improvisado coas novas tecnoloxías, na páxina en liña da Asociación ORAL, a prensa dixital A Nova Peneira, o blog Envolventes as palabras, páxinas en redes sociais de Facebook e Twitter como Regueifando pola vida, Regueifesta, O chío regueifeiro, Tuiterfeiro, canles de youtube como ClubedaLingua, concursos como Enreguéifate, propostas por whatsapp como “Regueifasapp” e o programa mensual de radio A Punta de Navalla. F. F., “A Gala de Cantos de Taberna homenaxea a Vilaxoán Canta pola súa defensa da cultura propia”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 2 decembro 2017, p. 5.

Page 17: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1090

Relata o evento organizado pola Asociación Cultural Maravallada, Gala de Cantos de Taberna, que homenaxeou a Vilaxoán pola defensa da cultura propia e da tradición oral. __ ___, “O Apalpador e a Apalpadora repartirán landras entre os nenos de sete concellos da Arousa”, Diario de Arousa, “Vilagarcía”, 19 decembro 2017, p. 9. Destaca que este ano o programa “Nadal en Galego” tratara de incluír a figura feminina da Apalpadora como símbolo de igualdade. Indica que as figuras míticas repartirán landras entre os nenos baixo o título Como ter un carballo. Sementa un carballo, como iniciativa da preservación medioambiental. Gago, Manuel, “Minorías e maiorías”, Diario de Pontevedra/ El Progreso, “Táboa Redonda”, n.º 74, “SeiSentidos”, 26 marzo 2017, p. 5. Fai mención da celebración do Festival Atlántica de Narración Oral e destácase o traballo do autor alemán de orixe grecorumana, Christian Atanasiu. Comenta que o espectáculo deste autor é “ceibador” e cargado de comedia. García, M., “El Festival Atlántica amplía territorio”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Narración oral”, 16 febreiro 2017, p. L10. Faise eco da quinta edición deste festival que conta con dez artistas galegos que se reunirán no auditorio de Santiago con espectáculos para nenos e maiores. Indica que os espectáculos tamén serán representados noutros puntos da provincia como Ferrol, Lalín e Vigo. García, Montse, “Un libro-cedé difunde cantos tradicionais de toda Galicia”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 19 novembro 2017, p. 40. Recolle a publicación do libro-CD Dispostas para cantare (2017), con motivo do 40 aniversario do Museo do Pobo, no que se inclúen romances do século XII, coplas populares, xotas, muiñeiras e outros. García López, Xoán A., “Caretas de Carnaval”, Diario de Ferrol, “Ferrol”, “La ventana”, 21 febreiro 2017, p. 4. Con motivo da celebración do Entroido, lembra unha cantiga de Entroido que cantaban as “murgas” das roldas de casa en casa na zona de Monfero, aínda que estaban prohibidas por orde gobernamental. Finalmente reivindica potenciar as manifestacións populares do noso acervo cultural, entre elas o Carnaval, os Maios, o San Xoán ou o Nadal. G. N., “A musicóloga Dorothé Schubarth, premio de honra dos Martín Códax”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 14 marzo 2017, p. 38.

Page 18: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1091

Salienta que na cuarta edición dos premios Martín Códax concedeuse o seu galardón á musicóloga suíza Dorothé Schubart, quen fixo un percorrido por Galicia durante os anos 70 para compoñer a súa obra Cancioneiro popular galego. Gómez, Chus, “El ciclo Liñas Paralelas dará voz al público”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Relato y música”, 4 marzo 2017, p. L10. Indica que a narración oral e a música se unen con Pepe Sendón e Marcos Teira os primeiros sábados do mes. _____, “Pablo Albo abre el Festival Atlántida esta tarde en Vite”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Narración oral”, 14 marzo 2017, p. L10. Informa sobre a celebración da quinta edición do Festival Internacional Oral Atlántica que contará coa presentación do espectáculo Cuentos de miedo que dan risa de Pablo Albo. _____, “Esencia de 12 espectáculos en la gala inaugural de Atlántica”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Narración oral”, 15 marzo 2017, p. L10. Comenta que o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica contará coa participación de espectáculos da man de artistas como Pablo Albo, Sofía Maul, Claudia Fonseca e moitos máis. _____, “Santiago convoca un concurso de regueifas”, La Voz de Galicia, “La Voz de Santiago”, “Agenda”, “Para todos los públicos”, “Improvisación oral”, 31 marzo 2017, p. L10. Pon de manifesto a celebración do certame Enreguéifate para contribuír á dinamización do galego entre a mocidade coa práctica da improvisación oral. Apunta que para participar cómpre presentar un vídeo de dúas persoas regueifando que non dure máis de tres minutos. _____, “Familias de 30 concellos están invitadas á Festa do Apego con dez actividades”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 20 maio 2017, p. 12. Indica que o programa Apego inclúe un amplo abano de actividades: música, obradoiros, narración oral, roteiros, xogos etc.

Page 19: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1092

Gómez, Cuca M., “Premios Servir y Sete Falares”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 11 xuño 2017, pp. 70-71. Entre outras cuestións, informa dun novo encontro de Sete Falares nos que os contadores Beatriz Campos, Cristina Taquelim, Carlos Marques e Celso Fernández Sanmartín relataron contos apaixoantes. _____, “Cuentacuentos y triatletas”, Diario de Pontevedra, “Vivir aquí”, “Gente a diario”, “De café con Cuca”, 12 xuño 2017, pp. 54-55. Faise eco da clausura de Sete Falares coa intervención de Carlos Marques, Cristina Taquelim, Patricia Mac-Gill, Celso Fernández Sanmartín e Pavís Pavós. Guimeráns, Beni, “Febrerilloʼ, el mes más loco, y la monotonía meteorológica”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 19 febreiro 2017, p. 15. Recolle distintos refráns sobre o mes de febreiro e a súa meteoroloxía cambiante e tola. J. C., “Los cantares de ciego volvieron a sonar en la Praza de Viloira”, La Región, “Provincia”, “Valdeorras”, 7 febreiro 2017, p. 18. Fala sobre a feira mensual de Viloira no Barco que presenciou os cantos de cego na praza Otero Pedrayo. Di que Luís Correa e Chus Iglesias anunciaron a exposición do pergamiño Vindel cos seus cantares. J. M. Ramos, “Mapas, vídeos y libros para divulgar la Costa da Morte”, El Correo Gallego, “AC”, 31 agosto 2017, p. 34. Dá conta da presentación de Contos mariños de Carballo (Concello de Carballo, 2017), de Xabier Maceiras, do que sinala os puntos nos que se distribuirá, o contido, o obxectivo e os lugares onde se poden recoller exemplares de forma gratuíta. Lobariñas, Benito, “A regueifa na Galiza do século XXI”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, p. 4. Refire que cando chegou á regueifa só había afamados regueifeiros na comarca de Bergantiños e o derradeiro cultivador do brindo no Courel. Sinala que Pinto de Herbón comezou a ligarse ao movemento musical dos “bravú”, que agromou Luís “O Caruncho” e que a comezos do século XXI, da man de Carlos Alonso, impulsouse a regueifa e naceu a Asociación ORAL (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia) e outros elementos activos como Josiño da Teixeira. Remata enumerando actividades qe dan conta do panorama alentador da regueifa a día de hoxe.

Page 20: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1093

López, Belén, “Si yo adjudico a tu empresita, tú sólo cierra bien la boquita”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Entroido”, 2 marzo 2017, p. 13. Informa sobre a celebración dos grupos Equipo Ja, Lexa Verde, Murga do Naveiro e Marajota e Media que participaron na segunda semifinal do Certame de Murgas de Pontevedra no que se criticou a figuras importantes como Donald Trump ou María Rey. _____, “Os do Val do Lérez ganan el XXVI Certame de Murgas del Entroido”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, “Entroido 2017”, 3 marzo 2017, p. 4. Coméntase a celebración da final do Certame Murgas del Entroido no que participaron grupos como Equipo Ja, Murga do Naveiro e PTV. Sinala que os grupos dedicaron as súas actuacións principalmente a persoeiros do mundo político como Donald Trump ou Errejón. Malvido, Gemma, “En Carnaval, ʻPerdónalos, Señor”, La Opinión, “A Coruña”, 18 abril 2017, p. 4. Dá conta da polémica arredor do cartel do Entroido que representaba a un choqueiro vestido de papa. Ante esta situación, veciños da Coruña acudiron ao Xulgado de Instrución número tres disfrazados de diferentes representantes da igrexa cantando cancións como Perdónalos, Señor ou Miudiño como acto reivindicativo da liberdade de expresión. Manteiga, M., “Punto e volta envorcou na súa web a herdanza lírica”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 27 febreiro 2017, p. 23. Destaca a creación do proxecto audiovisual “Punto e volta” que tenta informar sobre o panorama actual da música galega tradicional. Nomea que neste proxecto participou gran cantidade de xente achegando diferente información sobre este campo a unha plataforma electrónica. Mariño, A., “Sárdoma y Castrelos presumen de patrimonio a través de una ruta”, Faro de Vigo, “Vigo”, 24 xaneiro 2017, p. 7. Sinala que con motivo do oitavo centenario da igrexa románica de Santa María de Castrelos, o Concello organiza unha ruta patrimonial que inclúe dúas pontes medievais, un petroglifo e o Pazo-Museo Quiñones de León. Apunta que o folleto recesniona a lenda dun ferreiro de Castrelos recollida por Castelao. M. G., “Carnota convoca o I Concurso de Regueifas para escolares e adultos”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 30 xaneiro 2017, p. 24. Apunta as bases do I Concurso de Regueifas que mantén aberto o prazo até o 21 de febreiro.

Page 21: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1094

_____, “Carnota acolle o seu primeiro concurso de regueifas”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 9 febreiro 2017, p. 36. Informa que se celebra con motivo do entroido un concurso de regueifas con dúas categorías (Primaria/Secundaria e para persoas adultas) con temática libre onde se valorará a sátira, a crítica e a valentía. M. G. M., “Falando a boca cheaʼ atenderá a todo tipo de rumiantes de monólogos”, Diario de Ferrol/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, 13 abril 2017, p. 36. Fala da presentación no Fórum Metropolitano de diferentes espectáculos para espectadores de diferentes idades, tanto dende bebés até un público máis adulto. Apunta que este festival durará dende o 19 de abril até o 22 do mesmo mes. ______, “Polyrock reedita el disco ‘Fonte do Araño’, de Emilio Cao, por su 40 aniversario”, Diario de Ferrol/ El Ideal Gallego, “Sociedad”, 3 novembro 2017, p. 36. Entre outros aspectos relativos á reedición do disco Fonte do Araño de Emilio Cao, alude a que inclúe as pezas populares “Pandeirada de Nebra”, “Arrieiros de Moraña” e “Romance de Bernardino e Sabeliña”. M. M. O., “Afonso Eanes presenta ‘Cantigas de Taberna’ en Negreira o sábado”, El Correo Gallego, “Comarca de Santiago”, 11 outubro 2017, p. 32. Dá conta da presentación do libro Cantigas de taberna (2017), de Alexandre Cadarso, no bar Ríos, en Negreira, acompañada de música e dunha foliada. M. T., “Os alumnos de Vedra Medra afrontan a recta final falando de lendas con Antonio Reigosa”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 4 xuño 2017, p. 31. Comenta o evento realizado no CPI Plurilingüe de Vedra Mera ao que acudiu Antonio Reigosa para falar sobre as lendas da zona. Indica que este autor foi o creador de obras como Diccionario dos seres míticos galegos, Trece noites, trece lúas ou Lendo lendas, digo versos. N. A., “Os camiños protagonizan a última obra de Xosé Lois Ripalda”, Faro de Vigo, “Vigo 4 costados”, 31 outubro 2017, p. 8. Recóllense as trabes vertebradoras da última obra etnográfica Terra e auga (Ir Indo, 2017), de Xosé Lois Ripalda, quen facendo un percorrido pola historia das vías que cruzan o territorio galego, analiza tamén os poboadores de camiños, construcións propias da arquitectura tradicional ou pasos sobre a auga. Escolma refráns e cantigas populares ao

Page 22: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1095

tempo que suma contos inéditos da súa autoría, co desexo de que este legado patrimonial non desapareza. Obarrio, Lorena, “Cervantes, lugar de mitos e lendas”, Diario de Pontevedra, “Galicia”, 2 novembro 2017, p. 22. Informa que o libro publicado polo investigador Xabier Moure, Historias, lendas e tradicións (Deputación de Lugo, 2017), dá conta da riqueza de lendas e do patrimonio histórico-cultural do municipio lugués de Cervantes. Pardo, Alicia, “Os sons e as verbas do mar”, La Opinión, “A Coruña”, “Ciudad y Cultura”, 22 febreiro 2017, p. 10. Dá conta da actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia que interpretará o concerto Historias do mar que contará con pezas de diferentes autores e con Quico Cadaval como narrador de historias sobre as augas galegas. Ramos, José M. “Carballo porá en valor a regueifa sumándose ao proxecto Enreguéifate”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, “Costa da Morte”, 7 decembro 2017, p. 32. Comenta a iniciativa do concello de Carballo para promover o proxecto “Enreguéifate” con motivo de impulsar a posta en valor, socialización , difusión e actualización das regueifas. Ramos, Perfecto, “Da antigüidade de ‘Nazón galega’ e do ‘pan do Porriño”, Sermos Galiza, “fóra de serie”, “21 setembro 2017, p. 10. Lembra o uso do termo “Reino de Galicia” e de “nazón galega” e da calidade do pan do Porriño, segundo se recolle en cantigas populares, se ben matiza que tamén existen referencias en documentos dos séculos XVIII e XIX. Nomea o labor investigador realizado polo historiador de Mos Javier Baquero sobre a orixe da vila do Porriño e reproduce fragmentos referidos ao termo “nazón galega”, sobre todo extraídos do diario do mestre de campo Don Balthasar de Rojas Pantoja sobre a actividade bélica desenvolvida dende 1658. Rivas, Navia, “Ritmos na labranza: seitura e malla”, Sermos Galiza, “fóra de serie”, 21 setembro 2017, p. 6. Trata dos cantos realizados durante o labor da sega ou seitura, cun “ritmo moi marcado e axeitado á cadencia do traballo e os movementos que este requería” e refire que “servían para regular o ritmo do traballo en tarefas que precisan de grupos de persoas máis ou menos numerosos”. Apunta que “moitos dos cantares da sega teñen melodías en orixe procedentes do folclore castelán, que logo se adaptaron na Galiza”, caso da “Cantiga das Encrobas”. A seguir nomea o labor da malla e comenta que “non hai constancia de que se

Page 23: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1096

conserven cancións específicas”. Remata destacando a importancia da música no rural galego como unha constante no labor e vivencias cotiáns. Rivera Cela, Francisco, “A chegada de novas obras”, El Progreso, “Xente de Aquí”, “O blog de Paco Rivera”, 12 febreiro 2017, p. 14. Dá conta da presentación do libro Cancionero antropológico de Quiroga, Ribas do Sil e Montañas do Lor, de Xosé Luís Foxo, que conta con máis de 600 páxinas, 4 CDs e un DVD que conteñen máis de medio milleiro de cantigas tradicionais. R. L., “A Deputación de Lugo acolle hoxe a décima Xornada de Literatura de Tradición Oral”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 21 outubro 2017, p. 50. Informa da celebración da X Xornadas de Tradición Oral, organizadas pola sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e coordinadas por Antonio Reigosa e Isidro Novo. Reproduce a premisa da Xornada e nomea os participantes. Sende, Séchu, “Regueifesta. Improvisar o país desde a educaçom!!!”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, p. 7. Explica o proxecto Regueifesta e as actividades desenvolvidas dende a súa creación no curso académico 2015-2016, os focos de atención, os centros axiais e os aspectos nos que se estivo a investigar e dinamizar. Remata apuntando que para o vindeiro curso se propoñen o obxectivo de que a cadeira “Regueifa e improvisaçom oral em verso” se aprobe como “Matéria de livre configuraçom autonómica”. Senén, Felipe, “Cantos de Nadal Galegos... enxordecidos”, La Opinión, “Opinión”, “O labirinto do alquimista”, 31 decembro 2017, p. 26. Dá conta da importancia do Nadal como nexo de unión de moitas culturas. Indica que particularmente en Galicia se acostuma cantar sobre moitos temas relacionados con esta festividade, pero son cantos pouco a pouco deixados caer no esquezo. Pese a todo, aínda existen iniciativas que tratan de recompilar estes cantos que continúan a influenciar xéneros contemporáneos. Souto, S., “Tahúme celebra hoxe o seu festival cun espectáculo de mitos, ritos costumes”, El Correo Gallego, “Área de Compostela”, 14 xaneiro 2017, p. 30. Faise eco da celebración do festival anual levado a cabo pola agrupación musical Tahúme. Destácase que este ano as actuacións terán un toque máis teatral aínda que contará con ritos, mitos e costumes da cultura galega.

Page 24: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1097

Souto González, Marta, “A Administración pública e a improvisación en verso”, Sermos Galiza, “A fondo. Caderno de análise”, n.º 179, 21 setembro 2017, p. 6. Comeza sinalando que, pese a que na improvisación oral se conxugan “identidade, pobo, lingua, patrimonio”, conta con “escaso (re)coñecemento e transmisión, pouca consideración e presenza nos ámbitos académicos, nos medios”, polo que considera que é “obriga” da administración e sobre todo da Xunta de Galicia actuar para que non desapareza, e cita os artigos 1, 2, 3 e 9 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia. A seguir enumera “exemplos do bo facer”, caso do apoio de distintos concellos galegos a actividades dirixidas a centros de ensino que contan co apoio da Asociación ORAL de Galicia e a creación do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV). Incide en que se precisa “un proxecto integrador, que sume vontades e trabalo, que teña en conta o que se fixo e fai”. Veiga, Marta, “‘A resposta a <E ti, de quen vés sendo?> identifica máis có nome do Rexistro Civil’”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 22 outubro 2017, p. 53. Dá conta da conferencia da lingüista Xulia Marqués que argumentaba o valor identificativo dos nomes das personaxes de contos populares, empregando fontes como antoloxías de contos populares ou obras, como Xente de aquí e acolá e Escola de menciñeiros. _____, “Unha doazón de Mini e Mero foi o inicio do arquivo dixital do Museo do Pobo”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 15 decembro 2017, p. 65. Coméntase a doazón dos artistas Mini e Mero para promover o Apoi e así investigar a fondo sobre elementos da cultura oral como os cantos de reis, de sega e de berce xunto cos do Entroido, matanzas, romances e rexoubas. Vila, Sara, “Ollo, que vén o Demo Asubiador!”, Diario de Pontevedra, “Pontevedra”, “Ciudad”, 31 decembro 2017, p. 13. Sinala que o colectivo Valporío reivindica o personaxe mitolóxico do Gafos que sae cada Aninovo para asubiarlle na orella a un parvo. Indica que a lenda se converteu nun conto editado polo concello de Pontevedra e a Asociación de Carlos Solla. Viñas, María L., “Foxo escolma 500 cantigas para salvar do ʻolvido os antepasados”, El Progreso, “Vivir”, “Cultura”, 10 febreiro 2017, p. 52. Fala da presentación do libro de Xosé Luís Foxo que recolle diferentes cantigas que forman parte da tradición oral da comunidade. Comenta que realizou unha investigación na que falou con máis de 300 persoas da zona para recoller todas as cantigas. X. F., “Galicia, na encrucillada céltiga”, La Voz de Galicia, “Cultura”, 1 novembro 2017, p. 31.

Page 25: VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL · VIII. LITERATURA DE TRANSMISIÓN ORAL . VIII. 1. RECOMPILACIÓNS, MONOGRAFÍAS E LIBROS COLECTIVOS . Carrecedo Crespo, Rafael, A requinta

1098

Coméntase a aparición de cancións populares no disco Fonte do araño, de Emilio Cao. Saliéntase que das dez cancións que compoñen o disco tres eran de orixe popular: “Pandeirada de Nebra”, “Arrieiros de Moraña” e “Romance de Bernardino e Sabeliña”.