Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e...

21

Transcript of Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e...

Page 1: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto
Page 2: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

Viaxe a Dragonia

Page 3: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

Xan López Domínguez

Viaxe a Dragonia

rodeira

Page 4: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou trans-formación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derei-tos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

© Xan López Domínguez, texto e ilustración, 2015

© Edición Galega: Rodeira, 2015Rúa Rafael Alberti, 11, baixo15008 A Coruñawww.edebe.com

Atención ao cliente: 902 44 44 [email protected]

Directora da colección: Reina DuarteEditora: Elena ValenciaDeseño das cubertas: César Farrés

1.ª edición, febreiro 2015

ISBN 978-84-8349-395-3Depósito Legal: B. 25302-2015Impreso en EspañaPrinted in SpainEGS- Rosario, 2- Barcelona

Page 5: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

Índice

Prólogo ........................................................ 7 1. Abracadabra ........................................... 9 2. Herminia .............................................. 21 3. Sanxurxal ............................................. 27 4. Sanxurxal chega a Dragonia ................... 39 5. A partida de Bambalum ......................... 43 6. Un espertar somnolento ......................... 53 7. A tenda de Román Romualdo ................. 59 8. A busca de Bambalum ........................... 69 9. A autoestrada ........................................ 7110. A busca de Bambalum 2 ........................ 7311. Na vía do tren ....................................... 7512. A busca de Bambalum 3 ........................ 7913. O circo do xigante Golstein ..................... 8114. A busca de Bambalum 4 ........................ 8915. O aeroporto .......................................... 9116. A busca de Bambalum 5 ........................ 9517. Dragonia .............................................. 9918. Bambalum chega a Dragonia ................ 11719. Final ................................................... 127Epílogo ..................................................... 133

Page 6: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

6

Page 7: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

7

Prólogo

No máis escuro da escura selva de Dragonia ocúltase o único exemplar do DRAGONIS TE-

RRIBILIS, un libro misterioso cheo de conxuros e encantamentos que permiten transformar calquera obxecto nun dragón. Do seu contido apenas sabe-mos nada, porque hai algo nel que impide a súa copia. Todos os copistas o consideraban como un libro maldito, e os poucos que intentaron reproducilo non pasaron nin do prólogo.

A Biblioteca Estatal de Bratislava conserva unha páxina do prólogo de DRAGONIS TERRIBILIS. Nela, un copista, cunha letra cada vez máis ilexi-ble, esborrancha: «...Os obxectos utilizados para a creación dos dragóns terán relación co carácter do dragón creado. Así, dun sombreiro sairá un dragón peludo; dun penico, un dragón pestilente; dun za-pato, un dragón vagabundo…».

Page 8: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

8

Velaquí a historia da desaparición dese libro te-rrible.

Unha historia que comeza unha mañá de sol no laboratorio do mago Eudoxio.

Page 9: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

9

1. Abracadabra

Os magos Eudoxio e Teodosio levábanse coma o can e o gato. A súa rivalidade era coñecida por

todos, e os seus enfrontamentos contábanse como lendarios en faladoiros de magos e bruxas.

Con todo, entre pique e pique, tiñan algún período de tregua que lles permitía poñer en práctica vellos costumes, como o de formar parte do coro Magister Magis, intercambiar fórmulas no Foro Xeral de Magos ou, sen ir máis lonxe, acudir xuntos a «Abracadabra». Mestura de congreso e feira de maxia, «Abracadabra» era unha algarabía que se celebraba cada dous anos na cidade canadense de Vancouver.

O mago Eudoxio tiña o seu laboratorio no interior dunha gran torre viquinga que, segundo o historiador local Máximo Extremo, fora construída polo intrépi-do navegante Olaf Gundrull. Aquel lugar, máis ca un laboratorio, parecía a sentina dun barco viquingo. Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto e obxecto. Nun canto dese

Page 10: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

10

galimatías, o mago Teodosio agardaba sentado ven-do como o seu compañeiro Eudoxio corría aloucado de aquí para alá, consultando a listaxe de cousas que debía levar á feira.

—Desodorizante..., xa está. Calzóns..., xa están. Pastillas para o mareo..., xa están. Postais..., xa están...

—Eudoxio, que perdemos o avión. Anda, recolle o que precises e imos xa —rosmou Teodosio.

Eudoxio falou sen levantar a cabeza da listaxe.—Tranquiiiiiiilo, Teodosio. O taxista do aeroporto

dixo que estaría aquí nun cuarto de hora, e un cuarto de hora é unha eternidade para o pouco que me queda.

—Xa coñezo a duración das túas eternidades...—Queres pelexa?—Nooooon, é o último que querería... Anda, aca-

ba co teu.Eudoxio mirou de esguello a Teodosio e volveu

concentrarse na listaxe.—Vexamos..., pastillas para a acidez..., están. Isto...

tamén. Sobre para Herminia..., tamén. Isto tamén..., tamén, tamén... e... finalmente... crear un dragón.

Pois xa está todo. Só falta crear un dragón.

Page 11: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

11

Page 12: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

12

—Que é iso de que vas crear un dragón? —pre-guntou Teodosio con inquietude.

—Altooooooo..., Teodosio, non te poñas nervio-so e reláxate. Isto arránxoo eu en apenas dous mi-nutos. Non pretenderás que deixe o laboratorio sen vixilancia durante a miña ausencia. Que menos ca un dragonciño para tan enorme responsabilidade!

—Fai o que queiras, pero bule —bufoulle Teo-dosio.

Nun canto, xunto a un andel, había unha caixa forte sen rodiñas nin manivelas. Eudoxio achegou-se a ela, bisboulle unha palabra e, cun leve tremor, ZIP!, a caixa forte abriu de par en par. Deseguido, Eudoxio sacou do interior da caixa un libriño de cor verde camuflaxe.

—Este —declamou Eudoxio— é un libro único, sombrizo, capaz de transformar obxectos cotiáns en dragóns. Un libro brutal que só uns poucos iniciados somos capaces de domear.

Teodosio mirou fixamente a Eudoxio.—Que fas co DRAGONIS TERRIBILIS? Se mal

non recordo, confioucho o Consello Xeral de Magos para que o fixeses desaparecer.

—Que me contas, Teodosio? Quen máis e quen

Page 13: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

13

menos temos algún ca outro libriño que non debe-riamos ter...

—Non hai un libro máis perigoso ca o DRAGO-NIS TERRIBILIS. Imaxina que cae nas mans dun tolo e crea un exército de dragóns, a partir duns canóns, duns morteiros, ou de calquera dispositivo para matar. Sería terrible!

—Iso é imposible, Teodosio. O libro está seguro comigo. Gárdoo nunha caixa máxica que herdei do meu tío, o gran Fanter.

—Por certo, un dos magos máis torpes que coñe-cín na miña vida, e mira que coñecín magos torpes —puntualizou Teodosio.

—Niso estamos de acordo, o gran Fanter era tor-pe de moito nabo. Mais foi moi xeneroso comigo e, entre as cousas que me deixou en herdanza, estaba esta caixa máxica, que abre ou pecha ao lle bisbar unha palabra que só coñecemos o meu tío, que en paz descanse, e mais eu.

—E non hai ningunha outra forma de abrila? —preguntou Teodosio.

—Ningunha. Nin con ganzúas, nin con pancas, nin a dentadas. Por moito que o intentase, ningún ladrón podería abrila se non sabe a palabra máxi-

Page 14: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

14

ca. O libro está totalmente seguro. Non existe un lugar máis apartado ca o interior desta caixa forte. E precisamente, querido Teodosio, para evitar que a rouben xunto co resto das miñas pertenzas, teño que crear un dragón, a poder ser... terrible.

Eudoxio abriu o libro, máis ou menos, polo medio.—Vexamos..., Hummmm…, este dragón... non!

Este... tampouco! Este é frouxiño..., non, non... —Eudoxio continuaba pasando as follas do libro—.Hummmm?... Este!, este é perfecto: Bambalum. Unha criatura arrepiante, ideal para o que necesito. «As súas sete cabezas son aterradoras: unha hipnotiza coa súa mirada, outra enxordece co seu berro atro-nador, a terceira ten cornos, a cuarta come e come sen parar, a quinta ten un bico de aceiro, a sexta bota polas súas fauces ríos de lume, e a sétima, que se coñece como Patroclo, posúe a cordura necesaria para poñer orde nas demais cabezas». E agora... necesito un zapato para crear esta besta.

Eudoxio localizou nun canto do laboratorio un za-pato vello cheo de po. Limpouno cos faldróns da súa túnica e, con certo cerimonial, depositouno sobre unha mesa. Logo, cunha tesoira de prata, cortou os seus cordóns ata que saíron sete tiras polas botoeiras.

Page 15: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

15

Page 16: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

16

—Sete cordóns, sete cabezas. Vexamos que di o libro —dixo Eudoxio con voz afrautada, fenómeno que lle sucedía de cando en vez, dende que a bruxa Merenda o transformou en sabanduxa—. Vexamos... «Para transformar un zapato nun dragón de sete cabezas, hai que seguir estas indicacións..., dous puntos... Cortar os cordóns cunha tesoira de prata». Ben..., iso xa está. «Deseguido, o mago debe levan-tar a perna esquerda, dobrar a dereita e, estirando a man, recitar o conxuro... ».

Xusto no instante en que Eudoxio ía recitar o conxuro, soou a bucina dun taxi.

MOC... MOC...—Xa vai, xa vai...! —berrou inquedo Eudoxio—.

Anda, Teodosio, sae e dille ao taxista que xa imos.—Un segundiño e xa imos! —berrou Teodosio

abrindo un pouco a porta do laboratorio.Eudoxio volveu poñerse en posición e concen-

trouse no ritual.—ASSURNASSURURSURRUC!!! —exclamou

Eudoxio.Despois dun estrondo..., BRUUUUUUUUMMMMM,

o laboratorio do mago Eudoxio encheuse dun fume verdoso.

Page 17: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

17

MOC... MOC...Teodosio abriu por completo a porta e volveulle

berrar ao taxista.—Non… Non se preocupe, non fai falta que cha-

me os bombeiros! Isto é normal... Que lle vou dicir..., cousas de magos!

O fume, para alarma do taxista, foise afastando a través da porta que abrira Teodosio. E moi lenta-mente, os magos puideron distinguir un contorno borroso, que non tardou en revelar a forma dun enorme dragón de sete cabezas.

—Incrible! —dixo Eudoxio, que aínda conservaba a pose do transformador. Teodosio miraba con cara de alucinado.

—Hai que recoñecer que ese libro é realmente poderoso. Pero querido Eudoxio apuremos, que o taxista empeza a estar máis alporizado ca impaciente.

MOC... MOC...—E o avión non agarda —recalcou Teodosio

mentres saía pola porta.Eudoxio volveu meter o libro na caixa máxica,

pechouna e, cargando coas súas maletas, saíu co-rrendo do laboratorio tras o ronsel de Teodosio.

Page 18: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

18

Page 19: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

19

Page 20: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

20

Desde fóra, Eudoxio escribiu apuradamente algo nun papel. Meteuno dobrado nun sobre e, con coi-dado, suxeitou o sobre no chamador da porta. No sobre dicía con letra de mago:

«Para Herminia».

MOC... MOC...—Xa vai..., xa vai!

Page 21: Viaxe a Dragonia - Grupo Edebé: Libros, Educación, … · Un galimatías de libros, apócemas e trastes ateiga-ba as paredes do laboratorio ata case non deixar distancia entre obxecto

21

2. Herminia

Dun tempo para aquí, a bruxa Herminia tiña que complementar os seus ingresos de pasteleira

con algún que outro traballiño esporádico.Restauraba túnicas, cornetes e outros atavíos de

magos e de bruxas, coidaba do xardín da bruxa Do-ra Flata, facíalle os recados ao ancián mago Hugo Stromboli e, unha vez ao mes, sacáballe brillo á bó-la de cristal coa que remataba o viraventos da torre Zambultza.

Eudoxio contratara a Herminia para que, na súa ausencia, limpase o laboratorio e, de paso, repuxese apócemas e beberaxes que xa estivesen esgotadas ou ben a piques de caducar.

E así, armada cunha fregona e un caldeiro, Her-minia plantouse na torre do mago ao día seguinte da súa partida. No petador da porta atopou un sobre co seu nome que contiña unhas moedas e dúas follas de papel: unha dobrada primorosamente e a outra dun xeito atropelado. Na nota que estaba dobrada de xeito primoroso Eudoxio fixera unha listaxe cos