Unidade4: Seres Pensantes

17
Seres Pensantes Seres Pensantes Procesos Cognitivos Superiores. Procesos Cognitivos Superiores. Aprendizaxe, Intelixencia e Aprendizaxe, Intelixencia e Pensamento Pensamento . .

Transcript of Unidade4: Seres Pensantes

Page 1: Unidade4: Seres Pensantes

Seres PensantesSeres PensantesProcesos Cognitivos Superiores. Procesos Cognitivos Superiores.

Aprendizaxe, Intelixencia e Aprendizaxe, Intelixencia e

PensamentoPensamento..

Page 2: Unidade4: Seres Pensantes

IntroduciónIntrodución Un dos primeiros campos de aplicación da psicoloxía científica

foi a educación. A explicación dos procesos de aprendizaxe e a súa relación co

desenvolvemento do individuo deu como resultado as Teorías da Aprendizaxe

Non existe un paradigma plenamente unificado da ciencia psicolóxica senón que, aínda hoxe, distintos modelos teóricos, non sempre compatibles entre si e mesmo contraditorios–, dispútanse a condición de paradigma dominante..

Saber como aprendemos, cales son os factores que interveñen nesa aprendizaxe e as características fundamentais da nosa psique que o permiten son importants no estudio e modificación da conduta.

Page 3: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 1 Teorías do condicionamento clásico e

instrumental: O obxectivo da aprendizaxe e producir condutas

adecuadas no individuo. O procedemento E-R (Paulov) usado no adestramento

de animais pódese extrapolar tamén para a aprendizaxe humana

O condicionamento operativo (Watson e Skiner) supón reforzar a conduta positiva ou negativamente mediante un estímulo.

Se (Ea Ry + r+) (Ea → Ry)➛ ➛ Se (Eb Rz + r-) (Eb → non Rz)➛ ➛

A unión entre Condutismo e Informática deu lugar á idea de máquinas de ensinar (anos 50

• Os obxectivos da aprendizaxe organízanse en pequenos fragmentos

• A aprendizaxe segue un proceso por pasos. • O alumno organiza o seu propio proceso de aprendizaxe A máquina proporciona os reforzos positivos ou

negativos. • Cada vez que o suxeito fracasa na resposta, deberá

retroceder ao paso inmediatamente anterior

O condutismo é a base da pedagoxía por obxectivos propia do capitalismo industrial

Page 4: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 2 Psicoloxía da forma (Gestalt): Kohler

Fronte ao asociacionismo afirman primeiro percibimos «totalidades» (sínteses formais ou estruturais) e só despois podemos descompoñer estas nas unidades perceptivas singulares que as compoñen (análise).

Wertheimer aplicou os estudos con chimpancés de Köhler á teorías sobre a aprendizaxe humana

Entende a actividade mental humana como unha operación de resolución de tensións que acababa conducindo a dous tipos de solucións:

Pensamento produtivo: o individuo soluciona o problema reorganizando os datos e dándolle un sentido xeral.

Pensamento reprodutivo: o individuo non comprende o proble e só aplica solucións xa aprendidas adaptándoas.

A aportación fundamental desta escola foi desterrar o carácter atomista da educación

Page 5: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 3 Teoría xenético-cognitiva: Piaget e o

cognitivismo A mente non é pasiva na recepción de informació,

senón que impón condicións aos datos recibidos As facultades cognoscitivas constitúen un sistema

estrutural que determina o seu funcionamento. A progresión na aprendizaxe segue un proceso que se

desenvolve en fase evolutivas fixas que se manteñen durante un determinado período de tempo, máis ou menos uniforme en todos os individuos. Estas organizacións estables reciben o nome de estadios ou períodos evolutivos.

A teoría de aprendizaxe por descubrimento, (Bruner 1915-2016), é a principal aplicación da teoría cognitivista. Centra as estratexias de ensino na creación de situacións capaces de potenciar as capacidades dos suxeitos da aprendizaxe para resolver problemas por si mesmos.

• Sensorio-motor. (ata os 2 anos) Predominio das funcións motrices, é dicir, o control dos movementos elementais do propio corpo.

• Preoperatorio. (2 anos aos 7 ou 8 anos). Aparición da función simbólica vinculada á linguaxe.

• Das operacións concretas. (Dos 7/8 ate 11/12). Desenvolvemento das primeiras operacións lóxicas e matemáticas, limitadas a relacións concretas.

• Das operacións formais (dos 11/12 ata os 15/16) Permite o pleno acceso ao coñecemento abstracto conceptual, que é o que caracteriza o ámbito dos saberes científicos.

Page 6: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 4 O modelo computacional

Basease nas teorías da Información aplicadas á informatica e na teoría da gramática xenerativa de Chomsky que afirmaba que a linguaxe natural pódía traducirse a un esquema formal matemático.

Acomputadora como modelo representacional da propia mente humana permite acceder aos contidos mentais e non só á conduta externa observable:

hardware (a mente como realidade física) software (a estrutura lóxica que caracteriza as

actividades mentais). Defende a necesidade dunha concepción

interdisciplinar das «ciencias cognitivas». Atende a aspectos dos procesos mentais que o

condutismo viña desprezando e que desempeñan un papel relevante na educación como, por exemplo, a memoria, a atención, o procesamento de información, as imaxes mentais ou o razoamento.

Desatende a relevancia das emocións na aprendizaxe

Ironicamente, a aplicación rigorosa dos métodos e modelos extraídos do ámbito computacional levou aos científicos a comprender en que aspectos os seres humanos non se asemellan a estas computadoras prototípicas

Page 7: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 5 A teoría da área de desenvolvemento

potencial (Lev Vygotsky.1896-1934) No ensino non só se debe tomar en conta o

estadio evolutivo senón a o nivel de desenvolvemento potencial.

O ensino debe ter en conta o que o neno pode facer por si mesmo (aprendixaxe expontáneo) e tamén o que pode facer en interacción com outras persoas («zona de desenvolvemento próximo»).

A aprendizaxe é un proceso no que a acción individual de cada neno e nena require a obrigada contribución do contorno social a esa aprendizaxe

as funcións psicointelectivas do neno «aparecen dúas veces»; primeiro, como actividades sociocolectivas, isto é, en interacción cos adultos e con outros nenos e nenas, e xa que logo, como «funcións interpsíquicas»;

As teorías do aprendizaxe servizo e o traballo por proxectos, toman a súas bases das ideas de aprendizaxe en comunidade desenvoltas por Vygotsky.

Page 8: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 6 A aprendizaxe social: Bandura

O ensino debe ter en conta o papel da imitación de condutas.

O educador non se limita pois a tranmitir información, senón que a súa conduta xera tamén modelos de comportamento.

precisanse a intervención de tres factores para que os individuos desenvolvan a súa aprendizaxe:

a retención, isto é, a capacidade para lembrar a acción do modelo

a reprodución, ou sexa, o desenvolvemento da habilidade para imitala

a motivación, ou disposición para querer reiterar esa habilidade como conduta propia e verse capaz de realizala (autoeficacia).

As teses de Bandura foron cuestionadas polos defensores da hipótese catártica sobre os efectos dos contidos violentos dos medios de comunicación de masas. Investigacións posteriores avalan a tese da imitación de Bandura.

Page 9: Unidade4: Seres Pensantes

Teorías da Aprendizaxe 7 O construtivismo e a teoría da

aprendizaxe significativa: Ausubel y Novak Para que un novo coñecemento poida ser incorporado

ás estruturas cognitivas dun individuo é preciso que poida integrarse nos esquemas previos que as conforman.

O docente debe propor ao alumno ideas xerais mediante organizadores previos coidadosamente seleccionados en función tanto das esixencias da área de coñecemento que se está a traballar) como das necesidades psicolóxicas propias da situación do alumnado.

Na acción educativa debe terse en conta a estrutura cognitiva (Piaget) e a produción de esquemas de coñecemento conxuntos de datos estruturados que permitan a aprendizaxe significativa.

É importande o deseño de conflitos cognitivos que provoquen e permitan a reestruturación do coñecemento en novos esquemas que permitan o avance no coñecemento.

O constructivismo foi a base das ultimas reformas educativas se ben hoxe está sendo desprazado de novo polas teorías cognitivas dada a súa divifucltade de aplicación na práctica

Page 10: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaA medida da intelixencia. O coeficiente intelectual

Os Test de intelixencia xurden para: eliminar a imprecisión conceptual. como resultado da escolarización obrigatoria.

As probas organízanse en escalas de progresiva complexidade adaptadas a idade dos individuos.

Binet introduciu como unidade de medida a idade mental, partindo da hipótese de que para cada idade cronolóxica se corresponde un determinado nivel de intelixencia.

Os test actuais (Revisión de Stanford) miden: intelixencia xeral, coñecemento, razoamento fluído, razoamento cuantitativo, proceso visual-espacial e memoria do traballo

Stern introduciu o IQ resultado de dividir a idade mental pola idade cronolóxica e multiplicala por 100.

A miudo as escalas de intelixencia foron usadas non para previr problemas de formación senón para discriminar a individuos en base aos resultados que ofrecían nos test.

o desenvolvemento da intelixencia acada o seu máximo arredor dos 20 anos, despois do cal se prodúcese un lento pero progresivo declive ata os 60 anos.

Page 11: Unidade4: Seres Pensantes

Test WAIS para persoas adultas (de 16 a 75 anos) de D. Wenschler.

É obvio que, dado que o nivel de idade mental «normal» depende dun cálculo estatístico, este nivel non ten por que ser estático e, de feito, tense observado que a ampliación da escolarización obrigatoria e as melloras no sistema educativo foron modificando ese nivel á alza (hai máis persoas dentro do nivel normal ou superior a este e menos por debaixo dese nivel).

A revisión realizada na Universidade de Stanford (Estados Unidos) en 1937, coñecida como escala Terman-Merrill, acabou sendo a referencia para a medida da intelixencia.

Page 12: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaTeorías factoriais e multifactoriais

Critican as ideas dunha intelixencia única e hereditaria: teoría bifactorial de Sperman e Vernon

As aptitudes intelectuais conforman unha xerarquía, cun factor G no nivel máis alto, un segundo nivel constituído por dous grupos de factores (V-E, ou verbal educativo, e E-M, ou espacial mecánico), máis un terceiro nivel con subfactores vinculados aos niveis anteriores.

• Factor V ou de comprensión verbal.• Factor N ou aptitude para o cálculo numérico.• Factor S ou espacial, que mide a capacidade para recoñecer formas visuais.• Factor M ou da memoria.• Factor R ou de capacidade de razoamento, tanto indutivo como dedutivo.• Factor W ou de fluidez verbal (recoñece a habilidade, non para comprender palabras, que pertence ao factor V, senón para atopar con rapidez palabras novas).

Thorndike: distinción entre intelixencia fluída (capacidade de percibir relacións independentemente do contido cultural: hereditaria) e intelixencia cristalizada (conxunto de aptitudes para percibir relacións entre dominios concretos: aprendida).

Thurstone identificou seis factores primarios, a saber:

Page 13: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaTeorías factoriais e multifactoriais

O modelo de Guilford permite clasificar os individuos seguindo a intersección de tres dimensións: contidos, operacións e produtos. Divididas en categorías:

Cognición, que inclúe tanto a comprensión como o recoñecemento perceptivo.

Memoria. Pensamento converxente, orientado a seleccionar

respostas de tipo único. Pensamento diverxente, capaz de producir

respostas diferenciadas ou creativas. Avaliación ou capacidade para tomar decisións en

relación coa maior ou menor conveniencia dunha solución para un determinado problema.

A teoría triárquica da intelixencia de Sternberg identifica tres grandes modalidades de intelixencia: a analítica, a práctica e a creativa.

Representa a estrutura da intelixencia mediante un cubo, de xeito que a combinación de cada un dos elementos das tres dimensións dá lugar a 120 factores ou capacidades intelectuais que manteñen unha relativa independencia.

Page 14: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaTeoría das intelixencias múltiples: Gardner

Page 15: Unidade4: Seres Pensantes

Non entenden a intelixencia como algo único. Tentan seleccionar modalidades intelectuais ou

«intelixencias» enraizadas nun substrato biolóxico (universais) con potenciais valorados en contextos culturais plurais.

As intelixencias resultantes deben: Posuír unha operación ou un conxunto de operacións

obxectivamente identificables Poderse codificar nun sistema simbólico capaz de servir

para transmitir informacións. Ser independentes entre sí

Gardner e o equipo do proxecto Zero de Harvard, identificaron sete intelixencias:

Intelixencia musical: amosar unha predisposición innata para a adquisición de habilidades no campo da música.

Intelixencia cinético-corporal. Capacidade alta de organizar os movementos seguindo unha dirección cognitiva.

Intelixencia lóxico-matemática. Capacidade intelectual non verbal para resolver problemas matemáticos ou lóxicos de extrema complexidade.

Teoría das intelixencias múltiples: Gardner

Intelixencia lingüística. É a capacidade para usar plenamente os potenciais da linguaxe, uso que pode orientarse cara a habilidades comúns (como quen destaca na faceta de gran conversador) ou estéticas (caso dos escritores).

Intelixencia espacial. Habilidade singular para a organización do espazo, para orientarse, construír formas

Intelixencia interpersoal. É a capacidade para interpretar os estados de ánimo e as intencións das outras persoas, sen necesidade de que estas as expresen ou antes de que cheguen a facelo.

Intelixencia intrapersoal. Capacidade para identificar os propios estados emocionais e distinguilos.

Page 16: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaA intelixencia emocional: Goleman

Intégrase dentro da concepción das intelixencias múltiples de Gardner, sendo unha dimensión pouco estudada da que este denominaba «intelixencia interpersoal».

A intelixencia emocional constituiría xustamente o factor máis determinante para o logro dos obxectivos vitais.

Identifica os factores ou competencias : Coñecemento das propias emocións: unha maior

certeza das propias emocións e sentimentos permite tomar mellores decións.

Capacidade para controlar impulsos emocionais, permite manexar mellor a ansiedade

Capacidade para automotivarnos, perseverando na consecución dos nosos obxectivos, sendo capaces de demorar as gratificacións inmediatas, reprimindo as tendencias impulsivas.

Capacidade para empatizar e desenvolver confianza nos demais.

Control das relacións, a habilidade para relacionarnos adecuadamente coas emocións alleas.

No seguinte gráfico podemos observar un eixo de división entre as emocións positivas e negativas graduado segundo unha xerarquía que sitúa o amor e a felicidade na escala superior dos afectos positivos e a ira e o medo, na negativa.

A psicoloxía positiva• Distingue entre emocións positivas

(tenden a un obxectivo) e negativas (tenden á evitación)

• Fai fincapé na importancia das emocións positivas que se deben potenciar para beneficiar a saúde e a aprendizaxe

Page 17: Unidade4: Seres Pensantes

A IntelixenciaA IntelixenciaA intelixencia artificial

O obxectivo e xerar unha intelixencia similar á humana desde un mecanismo informático

A diferencia entre humanos e máquinas éstaría fundamentalmente baseada:

Na diferente capacidade emocional. Na capacidade de autoaprendizaxe.

Abordase desde un enfoque intedisciplinar. A Psicoloxía:

Aporta teorías sobre o procesamento da información, o reconocemento de emocións, a construción de relacións sociais.

Usa os resultados para: Aplicar a terapias (terapeutas virtuais) Curación de trastornos en ambientes virtuais

(simulación de entornos) Formación de terapeutas (chabots) Uso de robots inteligentes en

acompañamiento Análisis del comportamiento (videojuegos) Autoaprendizaxe mediado por

computadoras (e-learnig)