unidade 1 Unha historia especial Recursos da...

22
Xogo interactivo Reforzo. A sílaba e o guión. A sílaba tónica Reforzo. A orde alfabética Autoavaliación 23 Unidade 1 CD Audio, pista 3 Ortografía visual. Ditados proxectables de deletreo e atención visual 22 Unidade 1 Unha historia especial Recursos da unidade 1 unidade Recursos para o profesor Recurso para o profesor en USB e www.smconectados.com Recurso para o alumno en www.smcelmedixital.com Caixa de aula Recursos dixitais Outros recursos CD Audio, pista 2 Expresar desexos Ficheiro ortográfico Rúbrica da tarefa Como traballaches nesta tarefa? Unidade 1: Unha historia especial Animación á lectura. Os meus contos clásicos favoritos CD Audio, pista 1 Animación con actividades Caderno Avaliación de comprensión lectora Caderno Adestramento en estratexias de lectura eficaz Reforzo. A comunicación Taller de ortografía: Ditado para prepararte A sílaba e o guión. A sílaba tónica Material complementario Caderno de traballo Lingua, primeiro trimestre. Unidade 1 A orde alfabética Repaso Ampliación Avaliación unidade 1 Mural interactivo. O balcón das palabras A ruleta das historias Familias do mundo Tarefa final: Os teus desexos nunha botella Ponte a proba Rúbricas de avaliación. Dispoñibles na web A carta persoal A comunicación primaria 3 CADERNO DE TRABALLO lingua PRIMEIRO trimestre Lectura e comprensión de Un conto familiar (Os meus contos clásicos favoritos) Repasa a unidade 22 Unidade 2 22 Unidade 1 Dentro do programa de competencia lectora recomendamos esta lectura para traballar durante o trimestre. Fina Casalderrey: O misterio da casa do Pombal, Xerme Edicións R e c u n c h o d e l e r O título da unidade, Unha historia especial, fai referencia ao valor que se traballa ao longo da unidade: a convivencia en familia, cuxa finalidade é que os alumnos valoren as opinións e os consellos das persoas que os queren e que sexan conscientes da importancia de manter unha boa convivencia familiar para un mellor desenvolvemento social e persoal. A Lectura Un conto familiar móstranos un fragmento do libro Os meus contos clásicos favoritos, traducido e adaptado por Ramón Álvarez Losada, que conta unha visita inesperada de Campaíña e Peter Pan a tres irmáns aos que levan ao País de Nun- caxamais. A Comprensión lectora desta lectura dá pé para traballar o seu contido e conversar sobre o valor da unidade. No apartado de Expresión oral danse pautas para expresar desexos oralmente, e en Expresión escrita trabállase a carta persoal. Na páxina de Vocabulario recórdase o alfabeto e a orde alfabética. Na sección de Gramática estúdase a comunicación e a súa diferenciación en verbal e non verbal. Na sección Ortografía recórdase o concepto de sílaba e a clasificación de palabras segundo o seu número de sílabas. Á súa vez, trabállase o uso do guión para dividir unha palabra ao final de liña. A sección Repasa a unidade céntrase no repaso dos contidos principais da unidade. Por último, na sección Ponte a proba preséntase unha árbore xenealóxica para que os alum- nos a analicen e interpreten, e ademais formúlase a tarefa específica de que os alumnos escri- ban os seus desexos para este curso á vez que traballan algúns dos contidos vistos na unidade.

Transcript of unidade 1 Unha historia especial Recursos da...

Xogo interactivo

Reforzo. A sílaba e o guión. A sílaba tónica

Reforzo. A orde alfabética

Autoavaliación

23Unidade 1

•CD Audio, pista 3•Ortografía visual. Ditados proxectables de

deletreo e atención visual

22 Unidade 1

Unha historia especial Recursos da unidade1u n i d a d e

Recursos para o profesorRecurso para o profesor en USB e www.smconectados.com

Recurso para o alumno en www.smcelmedixital.com

Caixa de aula

Recursos dixitais Outros recursos

CD Audio, pista 2 Expresar desexos

Ficheiro ortográfico

Rúbrica da tarefaComo traballaches nesta tarefa?

Unidade 1: Unha historia especial

•Animación á lectura. Os meus contos clásicos favoritos

•CD Audio, pista 1

Animación con actividades•Caderno Avaliación de comprensión lectora•Caderno Adestramento en estratexias de

lectura eficaz

Reforzo. A comunicación

Taller de ortografía:Ditado para prepararte

A sílaba e o guión. A sílaba tónica

Material complementarioCaderno de traballo Lingua, primeiro trimestre. Unidade 1

A orde alfabética

•Repaso•Ampliación•Avaliación unidade 1

•Mural interactivo. O balcón das palabras•A ruleta das historias

Familias do mundo Tarefa final: Os teus desexos

nunha botella

Ponte a proba Rúbricas de avaliación. Dispoñibles na web

A carta persoal

A comunicación

primaria3CADERNO DE TRABALLO

linguaPRIMEIRO trimestre

Lectura e comprensión de Un conto familiar

(Os meus contos clásicos favoritos)

Repasa a unidade

22 Unidade 222 Unidade 1

Dentro do programa de competencia lectora recomendamos esta lectura para traballar durante o trimestre.

► Fina Casalderrey: O misterio da casa do Pombal, Xerme Edicións

Rec

uncho de ler

O título da unidade, Unha historia especial, fai referencia ao valor que se traballa ao longo da unidade: a convivencia en familia, cuxa finalidade é que os alumnos valoren as opinións e os consellos das persoas que os queren e que sexan conscientes da importancia de manter unha boa convivencia familiar para un mellor desenvolvemento social e persoal.

A Lectura Un conto familiar móstranos un fragmento do libro Os meus contos clásicos favoritos, traducido e adaptado por Ramón Álvarez Losada, que conta unha visita inesperada de Campaíña e Peter Pan a tres irmáns aos que levan ao País de Nun-caxamais. A Comprensión lectora desta lectura dá pé para traballar o seu contido e conversar sobre o valor da unidade.

No apartado de Expresión oral danse pautas para expresar desexos oralmente, e en Expresión escrita trabállase a carta persoal.

Na páxina de Vocabulario recórdase o alfabeto e a orde alfabética.

Na sección de Gramática estúdase a comunicación e a súa diferenciación en verbal e non verbal.

Na sección Ortografía recórdase o concepto de sílaba e a clasificación de palabras segundo o seu número de sílabas. Á súa vez, trabállase o uso do guión para dividir unha palabra ao final de liña.

A sección Repasa a unidade céntrase no repaso dos contidos principais da unidade.

Por último, na sección Ponte a proba preséntase unha árbore xenealóxica para que os alum-nos a analicen e interpreten, e ademais formúlase a tarefa específica de que os alumnos escri-ban os seus desexos para este curso á vez que traballan algúns dos contidos vistos na unidade.

25Unidade 1

Programación de aula

24 Unidade 1

OBXECTIVOS DE UNIDADE COMPETENCIAS

1. Desenvolver estratexias de comprensión lectora para comprender un texto narrativo.

2. Expresar desexos de forma oral.

3. Diferenciar as distintas partes que forman unha carta persoal.

4. Ordenar palabras alfabeticamente.

5. Identificar unha situación comunicativa e diferenciar entre comunicación oral e escrita.

6. Identificar as sílabas dunha palabra e clasificar palabras segundo o seu número de sílabas.

7. Usar o guión para dividir palabras ao final de liña.

8. Desenvolver estratexias básicas de aprendizaxe.

9. Utilizar as TIC como fonte de información e instrumento de aprendizaxe.

10. Buscar, recoller e procesar información.

Competencia lingüística (Obxectivos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10)

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (Obxectivos 1, 3, 4, 6 e 8)

Competencia dixital (Obxectivos 1, 6, 9 e 10)

Aprender a aprender (Obxectivos 1, 2, 4, 5, 8 e 10)

Competencias sociais e cívicas (Obxectivos 1, 2, 3, 5, 8 e 9)

Sentido de iniciativa e emprendemento (Obxectivos 1, 8, 9 e 10)

Conciencia e expresión cultural (Obxectivos 1, 2 e 5)

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE DESCRITORES

Participación e cooperación nas situa-cións comunicativas espontáneas ou dirixidas, con distinta intención, con respecto das normas que rexen a inte-racción oral.

1. Participar de xeito espontáneo nas diversas situacións de interacción oral, propias do uso cotián.

1.1. Elabora un discurso oral sobre os seus gustos.

(Comunicación lingüística, Aprender a aprender, Competencias sociais e cívicas)

•Utiliza correctamente a lingua para expresar unha opinión ou un desexo. Falamos antes de ler, páx. 9. Act. 8, páx. 12. Act. 9, páx. 13. Acts. 6 a 8, páx. 15.

Composición de textos de acordo coa intención comunicativa.

2. Elaborar textos narrativos seguindo un guión establecido.

2.1. Elabora textos sinxelos con diferen-tes intencións comunicativas.

2.2. Elabora cartas imitando un modelo.

2.3. Identifica a estrutura xeral e a fina-lidade dun texto.

2.4. Elabora textos sinxelos seguindo un guión establecido.

(Comunicación lingüística, Aprender a aprender, Competencias sociais e cívicas, Sentido de iniciativa e em-prendemento)

•Escribe unha invitación. Act. 11, páx. 13.

•Recoñece a estrutura dunha carta. Act. 1, páx. 16.

•Escribe unha carta atendendo á súa estrutura. Act. 4, páx. 16.

•Escribe unha mensaxe. Tarefa final, páx. 23.

•Elabora textos de maneira organizada seguindo uns pasos. Tarefa final, páx. 23.

Valoración da literatura en calquera lingua, especialmente aquela en lin-gua galega, como vehículo de comuni-cación e de aprendizaxe e como recur-so de gozo persoal

3. Ler textos literarios e obras en galego adaptadas á idade e en diferentes soportes, entre eles as webs.

3.1 Amosa interese pola lectura de tex-tos literarios adaptados á idade.

3.2 Emprega webs para fomentar a lec-tura.

•Le textos próximos aos seus gustos. Un conto familiar, páx. 9.

•Utiliza as TIC para ler en diferentes soportes. Actividade smCelmedixital: Descubre e le, páx. 11.

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE DESCRITORES

Coñecemento de estratexias elemen-tais para o tratamento da información.

4. Utilizar, de xeito xeral, estratexias para mellorar a aprendizaxe.

5. Utilizar as tecnoloxías da información para a aprendizaxe.

4.1. Utiliza estratexias de aprendizaxe.

5.1. Utiliza de xeito guiado as tecno-loxías da información para realizar tarefas de aprendizaxe e autoava-liación.

(Comunicación lingüística, Apren-der a aprender, Competencia dixi-tal)

•Emprega distintas estratexias de apren-dizaxe. Pon atención, páx. 10. Adestra a túa lectura e mellora a atención, páx. 13. Taller de ortografía, páx. 21. Act. 5, páx. 22.

•Elabora un resumo. Act. 1, páx. 22.

•Utiliza as TIC como ferramenta de aprendizaxe e autoavaliación. Activi-dades smCelmedixital: Descubre e le, páx. 11. Practica, páx. 21. Valora o aprendido, páxs. 22 e 23.

Coñecemento do léxico nas activida-des de produción e interpretación oral e escrita.

6. Ampliar o léxico nas actividades de produción e interpretación oral e es-crita.

6.1. Amplía o léxico para producir textos adecuados a cada acto comunicativo.

(Comunicación lingüística)

•Amplía o seu léxico e mellora a súa expresión oral e escrita. Act. 7, páx. 12. Act. 4, páx. 16.

Identificación do abecedario. 7. Recoñecer o abecedario.

8. Ordenar palabras alfabeticamente.

7.1. Coñece o abecedario.

8.1. Ordena palabras alfabeticamente.

(Comunicación lingüística)

•Coñece as distintas letras que forman o abecedario e a súa orde. Act. 2, páx. 17.

•Ordena palabras por orde alfabética. Acts. 1, 3 e 4, páx. 17. Act. 2, páx. 22.

Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais.

9. Usar estratexias, habilidades e nor-mas para a comunicación.

9.1. Comprende e identifica a informa-ción relevante sobre un acto de co-municación.

10.1. Comprende a diferencia entre ele-mentos verbais e non verbais na comunicación.

(Comunicación lingüística)

• Identifica distintos actos comunicativos. Act. 1, páx. 18.

•Diferencia entre comunicación verbal e non verbal. Act. 2, páx. 18. Act. 4, páx. 22.

•Identifica como comunicarse verbal-mente e non verbalmente. Act. 2, páx. 18. Acts. 4 e 5, páx. 19.

Uso do guión para dividir palabras. 11. Coñecer as diferentes formas en que se pode dividir unha palabra ao fi-nal de liña.

11.1. Utiliza o guión para separar as palabras en sílabas.

11.2. Divide as palabras correctamente de todas as formas posibles.

(Comunicación lingüística)

•Separa as sílabas dunha palabra. Act. 2, páx. 20. Act. 3, páx. 21.

•Utiliza o guión para separar palabras correctamente a final de liña. Acts. 3, 4 e 5, páx. 21.

•Clasifica as palabras segundo as súas sílabas. Act. 2, páx. 20. Actividades smCelmedixital: Practica, páx. 21. Act. 3, páx. 22.

Programación de aula

Programación de aula

26 Unidade 1 27Unidade 1

Orientacións metodolóxicas

1. Coñecementos previos necesarios

En relación con esta unidade, os estudantes deberían coñecer unha serie de contidos, tales como:

• Expresión oral e escrita. Retómase a tipoloxía textual da carta persoal e formúlanse pautas para expresar desexos oralmente.

• Vocabulario. Lémbrase o alfabeto, primeiro, para logo ordenar palabras alfabeticamente.

• Gramática. Retómase o concepto de comunicación e os tipos de comunicación verbal e non verbal.

2. Previsión de dificultades

É posible que os alumnos atopen dificultades similares a estas no estudo da unidade:

• A ordenación alfabética de dúas palabras que empezan pola mesma letra.

• Respectar a separación dunha palabra en sílabas á hora de dividir unha palabra a final de liña co guión.

• Diferenciar entre comunicación verbal e non verbal.

3. Programas transversais

Aprendizaxe cooperativa Actividades de clima e cohesión.

Aprender a pensar Estratexia Que aprendo, para que (páx. 37); estratexia Compara e contrasta (act. 3, páx. 18); estratexia Organigrama (sux. 3, páx. 43).

Educación en valoresO tema da unidade, a convivencia en familia, é introducido desde a sección Falamos antes de ler. Tomar conciencia da importancia de manter unha boa convivencia familiar propicia un mellor desenvolvemento persoal e social.

4. Programas específicos

Competencia lectora

Animación á lectura Os meus contos clásicos favoritos (Presentación animada → Cont. dix. profesor)

Descubre e le. Queres saber máis sobre a historia de Wendy e Peter Pan? (Animación con activi-dades → Cont. dix. alumno)

Caderno Animación á lectura

A ruleta das historias (Material interactivo para a aula)

Lectura e comprensión Un conto familiar (Lectura inicial → páx. 9)

Estratexias de lectura eficaz Fichas unidade 1 (Caderno de Adestramento en estratexias de lectura eficaz → Mat. profesor)

Avaliación de Comprensión lectoraTexto 1 (nivel básico), texto 2 (nivel estándar) (Caderno de Avaliación de Comprensión lectora → Mat. profesor)

OrtografíaOrtografía visual

O balcón das palabras (Material interactivo para a aula)

Ditados proxectables de deletreo e atención visual (Cont. dix. profesor)

Taller de ortografía Ditado para prepararte (Taller de ortografía → páx. 21) e ficheiro ortográfico (Cont. dix. alumno)

5. Suxestión de temporalización

Para o desenvolvemento desta unidade, recoméndase distribuír o traballo en once sesións da seguinte maneira:

PÁXINAS INICIAIS PÁXINAS DE CONTIDO PÁXINAS FINAIS

2 sesións 6 sesións 3 sesións

A proposta de sesións desenvolvida é orientativa. Cada profesor adaptaraa en función das súas necesidades e a carga ho-raria final asignada.

Tratamento específico das intelixencias múltiples

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Lectura e interpretación de imaxes Libro do alumno:•Act. 5, páx. 15; act. 1, páx. 18

Guía esencial:•Sux. 1, páx. 28; sux. 6, páx. 38

Actividades de imaxinación activa e vi-sualizaciónLibro do alumno:•Antes de ler, páx. 9; act. 2, páx. 12; act.

6, páx. 15

Guía esencial:•Sux. 1, páx. 32; sux. 8, páx. 33

VISUAL-ESPACIAL

Uso de técnicas propias da aprendizaxe cooperativa en equipos estruturadosLibro do alumno:•Act. 3, páx. 18: Estratexia de pensa-

mento Compara e contrasta; Os teus desexos nunha botella, páx. 23

Guía esencial:•Sux. 4, páx. 36; sux. 7, páx. 40

Identificación de sentimentos alleosLibro do alumno:•Act. 8, páx. 13

Guía esencial:•Sux. 8, páx. 33; sux. 2, páx. 36

Programa de mellora de habilidades so-ciaisLibro do alumno:•Act. 9, páx. 13

Guía esencial:•Sux. 1, páx. 36

INTERPERSOAL

Comprensión e uso da linguaxe non ver-balLibro do alumno:•Act. 1, páx. 18; act. 4, páx. 22

Guía esencial:•Suxs. 2, 3, 4, 5, páx. 38

CORPORAL-CINESTÉSICA

Escoita comprensivaLibro do alumno:•Acts. 1, 2, 3, páx. 12; act. 3, páx. 14

Guía esencial:•Sux. 6, páx. 28; sux. 5, páx. 34

Escritura creativaLibro do alumno:•Act. 10, páx. 13; tarefa final, páx. 23

Guía esencial:•Sux. 12, páx. 30

Exposicións oraisLibro do alumno:•Acts. 8, 9, páx. 13; act. 2, páx. 14; act. 7,

páx. 15

Guía esencial:•Sux. 7, páx. 34

Xogos de simulaciónLibro do alumno:•Act. 10, páx. 13

LINGÜÍSTICO-VERBAL

Descifrado e uso de códigos simbólicosLibro do alumno:•Act. 6, páx. 19; act. 6, páx. 22

Lectura e uso de organizadores gráficosLibro do alumno:•Act. 1, páx. 23

Guía esencial:•Sux. 3, páx. 43: Estratexia de pensamen-

to Organigrama

LÓXICO-MATEMÁTICA

TransferenciaLibro do alumno:•Act. 10, páx. 13; act. 8, páx. 15; act. 4,

páx. 16

Guía esencial:•Sux. 7, páx. 39

Autoavaliación e exercicios de metacog-niciónLibro do alumno:•Acts. 8, 9, páx. 13; Vocabulario, páx. 17:

Estratexia de pensamento Que apren-do, para que

Actividades de expresión das propias ideas e emociónsLibro do alumno:•Acts. 6, 7, páx. 15

Guía esencial:•Suxs. 6, 7, páx. 34; sux. 9, páx. 35

INTRAPERSOAL

28 Unidade 1 29Unidade 1

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Estándares de aprendizaxe e descritores1.1 Elabora un discurso oral sobre os seus

gustos.

•Utiliza correctamente a lingua para ex-presar unha opinión ou un desexo.

3.1 Amosa interese pola lectura de textos li-terarios adaptados á idade.

•Le textos próximos aos seus gustos.

Solucións

1 Resposta libre.

Os tres personaxes son irmáns. Están a ler un conto.

Para comezar… Activámonos1. Ler cos alumnos o título da unidade, Unha historia es-

pecial, e comentar entre todos a ilustración que acom-paña o título: Quen aparece no debuxo? Que están fa-cendo os tres nenos que están sentados no chan? Que relación poden ter entre si? Que outros personaxes aparecen na ilustración? Que coñecen sobre estes per-sonaxes? Que historia especial poderían vivir os tres nenos xunto a estes personaxes?

A continuación, preguntar aos alumnos sobre os seus hábitos de lectura: Con quen adoitas ler? En que parte do día? Cal é o teu conto favorito? Por que?

2. Ler o título da lectura, Un conto familiar, e avanzar algun-has hipóteses sobre a historia que van escoitar e ler: So-bre que cres que trata? Quen cres que son os protagonis-tas? Que pode pasar ao principio? E ao final? Para traballar a animación á lectura, suxírese traballar o vídeo de ani-mación á lectura Os meus contos clásicos favoritos .

3. Pedirlles aos alumnos que se debuxen lendo un conto xunto á persoa ou persoas con quen teñen o costume de ler e que debuxen tamén o protagonista do seu

conto preferido: Que historia especial poderían vivir xunto a este personaxe?

4. De cara á Tarefa final que levarán a cabo ao final da uni-dade, advertir os alumnos de que para o seu desenvol-vemento necesitarán unha botella baleira co seu tapón.

Durante o desenvolvemento… 5. Pedir a un alumno que lea en voz alta o parágrafo de

introdución que precede á lectura. Despois, pregunta-remos se a eles, igual que a Wendy e aos seus irmáns, lles gusta ler un conto antes de ir durmir.

6. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 1 . A continuación, pedirlles aos alumnos que escoiten con atención o fragmento da lectura e formularlles pre-guntas como: Cantos personaxes interveñen na histo-ria? A que país levan Peter Pan e Campaíña os tres ir-máns? Como chegan os tres nenos a este país? A quen se atopan polo camiño? Que fan os tres irmáns unha vez chegan alí?

7. Despois, os alumnos comprobarán se a historia que eles imaxinaran ao observar os debuxos do libro e as hipóte-

ses que fixeron se corresponde co que realmente ocorre na lectura.

8. Detectaremos algunhas palabras que poidan resultar difíciles de comprender e pedirémoslles que as bus-quen no dicionario antes da lectura. Cando localicen onde aparece a palabra, comprobarán se coincide co sentido que aparece no dicionario ou cal das posibles definicións encaixa máis, no caso de que se trate de palabras polisémicas con diversas acepcións. Por exemplo: pais, inmediatamente ou tristes.

9. Para fomentar o interese nos alumnos por esta lectura, sería interesante levar á clase algunha edición de Peter Pan, para que poidan folleala e observar as ilustracións.

10. Propoñer agora unha lectura en voz alta do texto na que participen tres alumnos: un será o narrador, outro será Wendy e outro, Peter Pan. Sería interesante que os alum-nos lesen o conto de pé, interpretándoo para os seus compañeiros. Insistir na importancia de utilizar unha en-toación adecuada para que a historia pareza real.

2

Programa de competencia lectora∙ Animación á lectura. Os meus contos clásicos favoritos.

∙ Lectura e comprensión. Un conto familiar (lectura ini-cial, páx. 9).

Aprendizaxe cooperativaEn sucesivas páxinas, proporemos a realización dalgu nhas actividades empregando distintas estruturas cooperati-vas. Antes de empezar a practicalas, é imprescindible xe-rar un bo clima na aula e un sentimento de cohesión nos equipos. Para iso, recomendamos traballar algunhas diná-micas das propostas na Guía de Aprendizaxe cooperativa.

31Unidade 130 Unidade 1

11. Mentres se fai a lectura en voz alta, deterse nas liñas 16-18 e 19-24 para formular algunhas preguntas:

- Nas liñas 16-18: Gustaríache ir ao País de Nuncaxa-mais? Por que?

- Nas liñas 19-24: Onde irías ti se puideses voar?

12. Comentar as palabras que aparecen no recadro de Vo-cabulario da páxina 10. Despois, preguntar se xa coñe-cían o significado destas palabras e propoñer que es-criban unha oración con cada unha delas.

13. No texto falan do Capitán Garfo. Animar os alumnos a que pescuden quen é este personaxe e pedirlles que fagan unha descrición do Capitán individualmente e que despois a compartan co resto da clase.

14. Propoñer aos alumnos facer outra lectura, persoal e en silencio, para poder facer unha reflexión máis profunda e anotar aqueles aspectos nos que poidan ter dúbidas.

15. Unha vez acabada a lectura, preguntar se hai algunha palabra que non entenden, á marxe das que aparecen nos recadros. Pedirémoslles que a busquen no dicio-nario e a poñan en común co resto da clase.

16. Para traballar a mellora de atención e a ortografía vi-sual pedirlles aos alumnos que se fixen nas palabras do recadro Pon atención da páxina 10. Para afianzar a or-tografía destas palabras, animalos a que peguen as tarxetas cos ideogramas no mural de ortografía, O bal-cón das palabras. Para finalizar, pódeselles pedir que as escriban nos seus cadernos e despois que llas diten a un compañeiro e que comproben se as escribiron ben.

17. Propoñer aos alumnos que, en grupos, dramaticen a última escena da lectura.

18. Practicamos xuntos. Despois da lectura, preguntar se hai algunha palabra que non entenden, á marxe das que aparecen no recadro de Vocabulario. Pedirémos-lles que a busquen nos dicionarios e que a poñan en común co resto da clase.

Para rematar…19. Os tres irmáns viaxan ao País de Nuncaxamais xunto

con Campaíña e Peter Pan. Propoñerlles aos alumnos que debuxen como se imaxinan este país e que debu-

xen tamén a casiña que construirían eles para os nenos perdidos. A continuación, pódense poñer en común os debuxos e expoñe-los na clase.

20. Propoñer aos alumnos que entren en smCelmedixital.com para coñecer máis sobre a historia de Wendy e Peter Pan e realizar as actividades interactivas.

21. Pedir aos alumnos que expresen de forma oral a súa opinión sobre o texto: Gustouche a historia? Que foi o que máis che gus-tou? E o que menos? Gustaríache vivir esta historia especial xunto con Wendy e os seus irmáns? Por que?

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Programa de ortografíaOrtografía visual. Tarxetas con ideogramas para pegar no mural interactivo O balcón das palabras.

Ver Guía de Traballo manipulativo.

Estándares de aprendizaxe e descritores3.2 Emprega webs para fomentar a lectura.

•Utiliza as TIC para ler en diferentes so-portes.

4.1 Utiliza estratexias de aprendizaxe.

•Emprega distintas estratexias de apren-dizaxe.

5.1 Utiliza de xeito guiado as tecnoloxías da información para realizar tarefas de apren-dizaxe e autoavaliación.

•Utiliza as TIC como ferramenta de apren-dizaxe e autoavaliación.

Notas

33Unidade 132 Unidade 1

Solucións

9 Resposta modelo: Animar os alumnos a que participen na clase e se expresen oralmente.

10 Resposta libre.

11 Resposta libre: Comprobar que os alumnos se-guen unha orde na súa invitación (saúdo, moti-vo da invitación e despedida).

12 a) 3. cuarto b) 5. xemelgos c) 1. parentes d) 6. fotografía e) 4. alegre f) 7. simpático g) 2. fa-miliar.

a) divertido, enderezo b) pirata, fermosísimas c) brillante, rapidamente.

14 Indicar aos alumnos que se fixen atentamente con que letras empeza cada palabra antes de buscalas no texto.

tividade. Animalos a compartir coa clase con cal desta palabra ou palabras se senten identificados e por que.

6. Para acabar as actividades, propoñer un xogo coa Ru-leta das historias no que os alumnos deberán engadir-lle un novo personaxe ao conto de Peter Pan e que lle dean un xiro á historia.

•Colgar a ruleta nun punto visible da aula e dividir a clase en grupos.

•Cada grupo terá que escoller dous personaxes (do disco de principais ou do de secundarios) e inventar como participarán no conto.

•Nomear un voceiro por equipo que lle contará a súa versión do conto ao resto de compañeiros.

7. Practicamos xuntos. Despois de realizar as actividades 13 e 14, suxerir aos alumnos que se poñan en parellas e que cada un elixa dúas palabras da lectura. O outro debe buscalas no texto no menor tempo posible.

Para rematar…8. Reflexionamos. Preguntar aos alumnos como cren que

se senten os nenos perdidos en Nuncaxamais: Como coidas que se sentirían sen a súa familia? Por que?

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que expliquen aos seus amigos a que lugar desexarían viaxar e con quen realizarían a viaxe.

Estándares de aprendizaxe e descritores1.1 Elabora un discurso oral sobre os seus

gustos.

•Utiliza correctamente a lingua para ex-presar unha opinión ou un desexo.

2.1 Elabora textos sinxelos con diferentes in-tencións comunicativas.

•Escribe unha invitación.

4.1 Utiliza estratexias de aprendizaxe.

•Emprega distintas estratexias de apren-dizaxe.

6.1 Amplía o léxico para producir textos ade-cuados a cada acto comunicativo.

•Amplía o seu léxico e mellora a súa ex-presión oral e escrita.

Solucións

1 Os tres irmáns chámanse Wendy, Miguel e Xoán. Viven en Londres.

2 a) Todas as noites Wendy conta contos aos seus irmáns (verdadeira). b) Peter Pan nunca recibía cartas (falsa). c) Os tres irmáns chegan a Nuncaxamais voando (falsa). d) No País de Nuncaxamais viven sereas, indios e piratas (verdadeira).

3 b), c), a)

4 Segundo á dereita, todo dereitiño ata mañá.

5 Resposta libre: Aproveitar esta actividade para comentar en que orde se escriben os en-derezos.

6 Peter Pan cambia de opinión porque ve que os pais de Wendy, Miguel e Xoán están moi tris-tes sen eles.

7 Xenerosa, colaboradora, solidaria.

8 Resposta modelo: A miña irmá é moi colabo-radora, sempre axuda nas tarefas da casa. Marta é solidaria, preocúpase polas necesida-des dos demais.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Imaxinamos1. Antes de comezar as actividades, animar os alumnos a que fagan

un debuxo de Peter Pan e de Campaíña, tal como os imaxinan despois de ler o fragmento, sen fixarse nas ilustracións do libro.

Durante o desenvolvemento… 2. Despois da actividade 1, preguntar aos alumnos se saben onde

está Londres, que idioma se fala alí, que coñecen desta cidade e se algunha vez estiveron alí ou, en caso que non estivesen, se lles gustaría. Pódese traer á clase imaxes de edificios e sitios em-blemáticos desta cidade (Big Ben, Hyde Park, Tower Bridge, Buckingham Palace, o río Támesis…), e mostrárllelas aos alum-nos. Á súa vez, proponse localizar Londres nun mapa político eu-ropeo, situando tamén a vila ou a cidade onde vos atopades.

3. Despois de realizar a actividade 4, preguntar aos alumnos se lles gustaría escribir unha carta a Peter Pan e que poñerían na carta.

4. Traballo individual. Escribir o enderezo da escola no encerado, desordenado. Propoñer aos alumnos que, por parellas, o escri-ban correctamente.

5. Despois de realizar a actividade 7, suxerir aos alumnos que expli-quen, coas súas palabras, que significan as seis palabras desta ac-

13

Programa de competencia lectora• Estratexias de lectura eficaz. Fichas da unidade 1 do ca-

derno Adestramento en estratexias de lectura eficaz.

• Avaliación de comprensión lectora. Textos do cader-no de Avaliación de comprensión lectora: texto 1 (ni-vel básico) e texto 2 (nivel estándar).

Material de apoio para a aulaRuleta xigante A ruleta das historias para traballar a animación á lectura.

Ver Guía de Traballo manipulativo.

35Unidade 1

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

34 Unidade 1

Estándares de aprendizaxe e descritores1.1 Elabora un discurso oral sobre os seus

gustos.

•Utiliza correctamente a lingua para ex-presar unha opinión ou un desexo.

6.1 Amplía o léxico para producir textos ade-cuados a cada acto comunicativo.

•Amplía o seu léxico e mellora a súa ex-presión oral e escrita.

Solucións

1 Resposta libre: Antes de comentar as simili-tudes e diferenzas, lede as palabras e expre-sións que aparecen á dereita da ilustración.

2 Resposta libre: Animar os alumnos a utilizar as palabras e expresións do debuxo.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Situámonos1. Para introducir o tema da sección, expresar desexos,

comentar aos alumnos que os desexos son aquilo que queremos que pase nun futuro sobre un determinado aspecto da vida.

2. A continuación, animalos a que expresen os desexos para este novo curso. Observar con que expresións co-mezan os seus desexos e escribilas no encerado.

Durante o desenvolvemento… 3. Antes de realizar a actividade 1, comentar entre todos o

vocabulario do apartado Máis palabras..., e despois comprobar que os alumnos coñecen as palabras que se mencionan e entenden ben as expresións para expresar desexos. Pódese ampliar a listaxe de expresións escritas no encerado anteriormente coas expresións desta acti-vidade.

4. Traballo individual. Despois de realizar a actividade 2, pódese suxerir aos alumnos que pensen como se po-dería mellorar un dos lugares da escola. Animalos a que manifesten os seus desexos coas expresións do

apartado Máis palabras. Se é posible, acompañalos a algúns dos lugares da escola que os alumnos mencio-nen e animalos a que expoñan os seus desexos, acom-pañando a súa explicación con xestos. Por exemplo: Eu querería que nesta parte do patio houbese outra ca-nastra para poder xogar ao baloncesto.

5. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 2 . Antes de escoitar o audio da actividade 3, pedir aos alumnos que se fixen atentamente nas tres fotogra-fías: Que fan os nenos en cada unha delas? En que parte do colexio se atopan?

6. Despois, preguntar aos alumnos se comparten algún dos desexos que expoñen Luísa, Roque e Paulo e ani-malos a que expliquen por que.

7. Durante a realización da actividade 7, pódese pedir aos alumnos que propoñan outro tema que lles interese para que formulen desexos relacionados con el e así reforcen o uso das expresións vistas.

Para rematar8. Despois de rematar a actividade 8, preguntar aos alumnos se

entenderon os desexos que os seus compañeiros expresaron: Como poderían mellorar?

9. Reflexionamos. Preguntar aos alumnos como sería un mundo ideal e animalos a que escriban un desexo para un mundo mellor. Aproveitar para pedir aos alumnos que pensen como poden con-tribuír eles a construír un mundo mellor: Como se podería coidar mellor a natureza? Como se podería mellorar a convivencia en-tre as persoas?

Proposta de actividades para a casa. Animalos a que expresen na casa os desexos para este curso e que pregunten aos seus familia-res cales son os seus desexos para este ano.

Solucións

3 a) Clara; Formular desexos para o novo curso. b) A: Roque; B: Paulo; C: Luísa.

Transcrición. Pista 2

Profesora: Bos días a todos! Son Clara, a vosa titora, e este curso compartiremos unha chea de cousas. Agora gustaríame que vos presen-tásedes e formulásedes un de sexo para este curso. Vou pasar lista e cando diga o voso nome levantádesvos e formulades un desexo. De acordo? Empezamos: Luísa Costa.

Luísa: Ola. A min gustaríame que fixésemos moitos debuxos.

Profesora: Grazas, Luísa. Seguro que os fare-mos. Seguinte: Roque Piñeiro.

Roque: Ola. Se fose posible, eu querería orga-nizar un equipo de baloncesto.

Profesora: Moi ben, Roque. Quizais se poida facer... Paulo Riobó.

Paulo: Pois eu desexo utilizar máis a aula de informática. Encántanme os ordenadores

Profesora: Fantástico. Continuamos...

4 gustaríame, desexo, eu querería, se fose posible.

5 A primeira nena e o terceiro neno expresan mellor os seus desexos, porque empezan os seus desexos coas expresións “A min de maior gustaríame moitísimo” e “Eu querería”, res-pectivamente. En cambio, o neno do medio utiliza unha expresión que indica obriga, e non desexo: “Teño que ser”.

6 Resposta libre.

7 Resposta modelo: Oxalá houbese máis bam-báns no parque da miña localidade. Eu quere-ría que a miña localidade estivese máis limpa. ● O meu desexo é que a xente non tirase lixo no chan cando vai pasar o día no monte. Se fose posible, gustaríame que no verán a xente non fixese lume no monte, para evitar incen-dios.

8 Resposta modelo: Sería fantástico ter un cuarto moi grande onde xogar cos meus irmáns. E querería que o meu novo fogar tivese moitas ventás e moita luz. Oxalá fose preto da miña es-cola. Gustaríame que desde o meu cuarto se vi-sen montañas. Sería fantástico se puidese ter unha liteira no meu cuarto, para poder invitar os meus amigos a quedar a durmir na miña casa.

Estándares de aprendizaxe e descritores7.1 Coñece o abecedario.

• Coñece as distintas letras que forman o abecedario e a súa orde.

8.1 Ordena palabras alfabeticamente.

• Ordena palabras por orde alfabética.

Solucións

Porque pasa lista seguindo a orde alfabética dos nomes dos nenos.

Resposta libre.

1 Resposta libre. Comprobar que os alumnos inclúen os nomes seguindo a orde alfabética.

nai (avoa, bisavó, nai, primo, sobriña, tío) ● faiado (baño, cociña, corredor, cuarto, faiado, salón) ● exercicio (deberes, exercicio, faena, ocupación, tarefa, traballo) ● pantalón (abri-go, camisa, chaleco, chaqueta, pantalón, xer-sei).

3 Colaborador, colaborar, colar, colcha.

4 Resposta libre.

Estándares de aprendizaxe e descritores2.2 Elabora cartas imitando un modelo.

•Recoñece a estrutura dunha carta.

2.3 Identifica a estrutura xeral e a finalidade dun texto.

•Escribe unha carta atendendo á súa estru-tura.

6.1 Amplia o léxico para producir textos ade-cuados a cada acto comunicativo.

•Amplía o seu léxico e mellora a súa expre-sión escrita.

Solucións

1 Pódese pedir aos alumnos que suxiran alterna-tivas para o saúdo e a despedida da carta. Por exemplo: Queridos avós; Con moito cariño.

2

Quen envía a carta?

Desde onde? Quen a recibe?

Brais Ourense Os seus avós

3 Riotorto, 1 de outubro

Querido neto:

Que alegría que nos escribas! Nos tamén bota-mos de menos o verán na praia. O vindeiro ano repetimos, paréceche? Pronto vos visitaremos!

Unha forte aperta!

Os teus avós

4 Resposta libre: Comprobar que estruturan a carta nas cinco partes correspondentes.

37Unidade 136 Unidade 1

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Situámonos1. Aproveitar o parágrafo inicial para dialogar cos alum-

nos sobre se algunha vez escribiron unha carta. A quen lla escribiron? Desde onde? Que explicaban na carta? Como empezaron a carta? Como a remataron?

2. Co gallo da actividade anterior, comentar entre todos que explicaría Wendy aos seus pais se lles escribise unha carta desde o País de Nuncaxamais. Suxírese es-cribir a carta no encerado, seguindo a estrutura co-rrespondente a unha carta persoal, para que os alum-nos empecen a familiarizarse con esta.

Durante o desenvolvemento… 3. Traballo individual. Para escribir a carta da actividade

4, animar os alumnos a empregar o dicionario para buscar as palabras cuxa ortografía lles suscita dúbidas.

4. Practicamos xuntos. Propoñer aos alumnos que, por parellas, lean as cartas e comproben que seguen a es-trutura correspondente e que corrixan, se é o caso, os erros ortográficos dos seus compañeiros. Se hai algo no que non están de acordo, poden iniciar un diálogo

respectando as quendas de palabra e argumentando o seu desacordo.

Para rematar…5. Reflexionamos. Falar cos alumnos sobre as novas tec-

noloxías e o uso do correo electrónico. Reflexionar so-bre a rapidez do correo electrónico que comporta que se escriban moitas menos cartas. Que diferenzas cren que hai entre escribir/recibir unha carta e un e-mail?

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que mostren á súa familia a carta que escribiron a un amigo e que lembren entre todos o que fixeron este verán.

Para comezar… Situámonos1. Para lembrar o concepto de abecedario estudado nos

cursos pasados pódese propoñer aos alumnos que vaian dicindo o abecedario en voz alta e irémolo escribindo no encerado. Despois, preguntarlles cales destas letras son vogais e rodearémolas co xiz de cor.

Durante o desenvolvemento… 2. Unha vez realizada a actividade 1, propoñerlles aos

alumnos que engadan, por orde alfabética, o seu nome na lista.

3. Traballo individual. Despois de realizar a actividade 3, animar os alumnos a buscar no dicionario unha palabra que, seguindo a orde alfabética, iría antes de colabora-dor e unha que escribiriamos despois de colcha.

Para rematar4. Reflexionamos. Seleccionar cinco obxectos da clase e

escribilos, desordenados, no encerado. Despois, pedir aos alumnos que os ordenen alfabeticamente coa axu-da do dicionario.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alumnos que, xunto cos seus familiares, ordenen seguindo a orde al-fabética os nomes dos distintos membros da súa familia.

2

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Para compren-der e reforzar

Documento Reforzo. A orde alfa-bética Actividades interactivas

Aprender a pensarAo final da sesión pode realizarse a estratexia de pensa-mento Que aprendo, para que.

Ver guía de Aprender a pensar.

39Unidade 138 Unidade 1

Estándares de aprendizaxe e descritores9.1 Comprende e identifica a información re-

levante sobre un acto de comunicación.

•Identifica distintos actos comunicativos.

10.1 Comprende a diferencia entre elementos verbais e non verbais na comunicación.

•Diferencia entre comunicación verbal e non verbal.

•Identifica como comunicarse verbalmen-te e non verbalmente.

Solucións

Os xestos.

Resposta modelo: Si, para saudar a alguén.

1 a) Sei a resposta. b) Perigo: ciclistas. c) Expul-sión.

2 Verbal: Unha amiga túa escríbeche un correo electrónico. Falas por teléfono co teu avó. Non verbal: No colexio soa o timbre para ir ao re-creo. Unha directora de orquestra dirixe os músicos.

3 Resposta libre: Comprobar que os alumnos realizan os xestos correspondentes para co-municar a información que queren transmitir.

Solucións

4 A: c) O neno comunícase mediante palabras, de forma oral. B: d) A nena utiliza a comunica-ción verbal escrita.

5 Comunicación verbal. Oral: policía dando indi-cacións ao home, música que escoita o rapaz cos auriculares. Escrita: mapa que ten nas mans o home que fala coa policía. Comunica-ción non verbal. Xestos: nenos despedíndose. Imaxes: semáforo, sinal de tráfico. Sons: coche.

6 a) Resposta libre: Pódese mostrar aos alum-nos algún exemplo cotián, como uso de braille en ascensores ou nos botóns de parada dal-gúns autobuses.

b) Resposta libre. c) Resposta libre.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

6. Antes de realizar a actividade 5, comentar entre todos a ilustración: Que persoas aparecen na beirarrúa da esquerda? Que fan? Que leva unha delas na man? E na outra beirarrúa, que persoas hai? Que fai cada unha delas? Hai algún elemento que produza algún son? Pe-dir aos alumnos que identifiquen na ilustración que dúas parellas de persoas están compartindo unha si-tuación comunicativa.

Para rematar…7. Reflexionamos. Propoñer aos alumnos que no traxec-

to que vai do colexio á súa casa se fixen nas situacións comunicativas que se producen na rúa: Que situacións comunicativas atopaches? Onde as viches? Producía-se comunicación oral ou escrita?

8. Animalos a entrar en smCelmedixital.com e practicar co xogo interactivo da comunicación.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que comenten na súa casa as distintas situacións co-municativas que viron durante o traxecto desde o colexio.

Para comezar… Activámonos 1. Pódese empezar a clase explicando aos alumnos que

realizaredes unha serie de xestos (por exemplo: xestos que indiquen distintos estados anímicos, mover a man para saudar ou para despedirse, poñer a man no queixo e mirar cara arriba, coma se se estivese pensando, etc.) e animalos a que, despois de facer cada un dos xestos, digan en voz alta que significan. Despois, pre-guntarlles: Que é a comunicación? Comunicámonos mediante estes xestos? Comunicámonos verbalmente ou non verbalmente? Por que?

2. A continuación, preguntar aos alumnos de que outras maneiras podemos comunicarnos. Escribir Comunica-ción verbal e Comunicación non verbal no encerado e ir escribindo debaixo, segundo corresponda, cada unha das formas de comunicación que vaian dicindo os alumnos. Finalmente, propoñer aos alumnos que po-ñan exemplos de comunicación verbal e non verbal.

Durante o desenvolvemento…3. Despois de realizar a actividade 1, comentar aos alum-

nos a diferenza entre os sinais en forma de triángulo (perigo) e os que teñen forma redonda (prohibición). Animalos a que debuxen un sinal onde se comunique algunha cousa que estea prohibido facer na clase.

4. Despois de realizar a actividade 3, suxerir aos alumnos que pensen en tres situacións máis, as escriban no seu caderno e despois as comuniquen de forma non verbal ao seu compañeiro.

5. Practicamos xuntos. Suxerir aos alumnos que, un por un, comuniquen de forma non verbal ante os seus compañeiros unha das situacións que pensaron. Ani-mar o resto dos alumnos a que adiviñen de que situa-ción se trata.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Para compren-der e reforzar

Documento Reforzo. A comunica-ción Actividades interactivas

Aprender a pensarA actividade 3 pode realizarse mediante a estratexia de pensamento Compara e contrasta.

Ver guía de Aprender a pensar.

41Unidade 140 Unidade 1

Estándares de aprendizaxe e descritores11.1 Utiliza o guión para separar as palabras en

sílabas.

•Separa as sílabas dunha palabra.

11.2 Divide as palabras correctamente de to-das as formas posibles.

•Utiliza o guión para separar palabras co-rrectamente a final de liña.

•Clasifica as palabras segundo as súas sí-labas.

Solucións

Nenos: dúas palmadas. Súpeto: tres palmadas.

Os mesmos golpes de voz que nenos: unha, noite, eles, casa, entrou, pola, ventá, era, fada. Os mesmos golpes de voz que súpeto: saíran, quedaron, luciña, brillante.

1 mosífermasi → fer-mo-sí-si-mas; arese → se-re-as; dasfa → fa-das; chirrequeñape → pe-que-rre-chi-ña; opreparcu → pre-o-cu-par; tidiverda → di-ver-ti-da; ratapi → pi-ra-ta.

2 Li-món, pan, pa-pa-ven-tos, sa-xo-fón. Monosílaba: pan. Bisílaba: limón. Trisílaba: saxofón. Polisílaba: papaventos.

Solucións

3 Can-timplora, cantim-plora, cantimplo-ra. Te-léfono, telé-fono, teléfo-no. Bol-boreta, bol-bo-reta, bolbore-ta.

Remo-ver, re-mover. Ana-cos, a-nacos. Continua-ción, con-tinuación, conti-nuación.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Activámonos1. Antes de comezar, pódese pedir aos alumnos que lem-

bren que é unha sílaba e que poñan exemplos. Propo-ñer que un alumno diga unha palabra moi moi amodo, marcando os golpes de voz, e que o resto, cada vez que oia un golpe de voz, levante a man. Pódese reali-zar a mesma actividade con distintos alumnos.

2. Para traballar previamente a clasificación de palabras segundo o seu número de sílabas, pódese escribir no encerado unha palabra monosílaba, unha bisílaba, unha trisílaba e unha polisílaba. Preguntar aos alum-nos cantas sílabas ten cada unha das palabras e escri-bir o número debaixo.

Durante o desenvolvemento… 3. Unha vez terminada a actividade 1, pedir aos alumnos

que pensen en máis palabras, as dividan en sílabas e as desordenen. Suxerir que, por parellas, intercambien a palabra desordenada e descubran cal é.

4. Despois de realizar a actividade 3, pedir aos alumnos que escriban unha palabra máis de cada clase.

5. Unha vez realizada a actividade 2, suxerirlles aos alum-nos que clasifiquen cada unha das palabras que for-man o fragmento da lectura inicial que aparece nesta páxina segundo o número de sílabas que contén.

6. Traballo individual. A continuación, propoñer aos alumnos que cada un escriba unha breve carta aos seus pais de non máis de seis liñas, na que inclúa tres palabras monosílabas, tres bisílabas, tres trisílabas e tres polisílabas.

7. Practicamos xuntos. Dividir a clase en catro grupos e asignar a cada grupo unha clase de palabras; indicar-lles que deben pensar tantas palabras con estas síla-bas como sexa posible e debuxalas nunha cartolina. Explicarlles tamén que deben escribir o nome debaixo de cada debuxo. Despois, pódense colgar as distintas cartolinas na parede da aula.

8. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 3 . Pedir aos alumnos que escoiten atentamente o audio do ditado. Destacar que é importante que estean con-centrados e que poñan atención ao escribir as distintas palabras e ao separar, se é o caso, as palabras a final de

liña. A continuación, animalos a acceder a smCelme-dixital.com para completar o ficheiro ortográfico.

9. Propoñer aos alumnos que tamén traballen os distintos contidos de ortografía cos ditados proxectables de dele-treo e atención visual.

Para rematar10. Reflexionamos. Suxerir aos alumnos que escriban os

nomes dos seus familiares e que os dividan en sílabas. Despois, indicarlles que xunto a eles escriban se se tra-ta dun nome monosílabo, bisílabo, trisílabo ou polisíla-bo. Destacar a importancia da correcta separación das sílabas.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer que os alumnos xoguen coa súa familia a atopar na casa obxectos cuxos nomes teñan unha sílaba, dúas, tres ou máis de tres.

4

Programa de ortografía• Taller de ortografía. Ditado para prepararte e ficheiro or-

tográfico.

• Ortografía visual. Ditados proxectables de deletreo e atención visual.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Para compren-der e reforzar

Documento de Reforzo. A sílaba e o guión Actividades interactivas

Sugerencias metodológicas

42 Unidade 1

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Repasamos1. Dividir a clase en tres grupos e suxerir que cada grupo

faga un esquema que sintetice un dos tres conceptos que se viron nesta unidade (o alfabeto, a comunicación e a sílaba). Despois, propoñer que un representante de cada grupo saia ao encerado e escriba o resumo. Co-mentar entre todos os distintos esquemas.

Durante o desenvolvemento… 2. Despois de realizar a actividade 3, propoñer que os

alumnos clasifiquen as palabras das tres frases en mo-nosílabas, bisílabas, trisílabas e polisílabas.

3. Traballo individual. Suxerir aos alumnos que entren en smCelmedixital.com para facer a autoavaliación da unidade con actividades interactivas, o que lles permi-tirá consolidar coñecementos.

Para rematar…4. Reflexionamos. Comentar cos alumnos que aspecto

traballado nesta unidade lles comportou máis dificul-tade e cal lles resultou máis fácil.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Para afondar Documento Ampliación Actividades interactivas

Para preparar o exame

Documento Repaso Actividades interactivas

Avaliación Documento Avaliación. Unidade 1 Actividades interactivas

Solucións

1 abecedario ● verbal, palabras, signos, non, verbal, xestos, imaxes, sons ● sílaba, monosí-labas, bisílabas, trisílabas, polisílabas ● tónica

2 quedar, quedo, queixa, queixume ● cereixa, cheminea, chincho, circuíto.

3 música ● cancións ● preparar.

4 Prodúcese comunicación verbal nas situa-cións a) e c). Na situación a) prodúcese comu-nicación verbal oral e na situación c) prodúce-se comunicación verbal escrita.

5 Resposta libre.

43Unidade 1

Estándares de aprendizaxe e descritores2.4 Elabora textos sinxelos seguindo un guión

establecido.

•Escribe unha mensaxe.

•Elabora textos de maneira organizada seguindo uns pasos.

5.1 Utiliza de xeito guiado as tecnoloxías da información para realizar tarefas de apren-dizaxe e autoavaliación.

•Utiliza as TIC como ferramenta de apren-dizaxe e autoavaliación.

Solucións

Kalima é a neta de Aida. Mor é o pai de Ada-ma.

O nome da nai de Moussa é Becaye. O nome do pai de Aminata é Adama.

Para comezar… Situámonos1. Preguntar aos alumnos que é unha árbore xenealóxica e

para que serve. Explicarlles que é un cadro descritivo dos parentescos entre os distintos membros dunha familia.

Durante o desenvolvemento… 2. Antes de empezar a actividade 1, comentar entre to-

dos a árbore xenealóxica desta actividade, poñendo especial atención na súa estrutura.

3. Despois de realizar a actividade 1, suxerirlles que fagan a árbore xenealóxica da súa familia (desde eles ata os seus avós). Despois, propoñerlles que describan no seu cader-no a relación entre os distintos membros. Recordarlles que poñan atención na escritura das palabras que deban partir ao final de liña.

Para rematar4. Despois de realizar a actividade de Os teus desexos

nunha botella, preguntarlles que poden facer eles para que os desexos para este curso se cumpran.

5. Reflexionamos. Despois da tarefa final, pódese suxerir aos alumnos que expliquen aos seus compañeiros por que adiviñaron ou non o emisor de cada mensaxe.

Proposta de actividades para a casa. Suxerir aos alumnos que mostren na súa casa a árbore xenealóxica que fixeron e que a amplíen, coa axuda dos seus pais, engadindo os seus bisavós.

Aprender a pensarA suxestión metodolóxica 3 pode realizarse mediante a estratexia de pensamento Organigrama.

Ver guía de Aprender a pensar.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Traballo en equipo Unha gran familia

•CDAudio,pista6•Ortografíavisual:Ditadosproxectablesdedeletreoeatenciónvisual

Xogointeractivo

45Unidade 242 Unidade 2

A maxia do bosque Recursos da unidade2u n i d a d e

Recursos para o profesorRecurso para o profesor en USB e www.smconectados.com

Recurso para o alumno en www.smcelmedixital.com

Caixa de aula

Recursos dixitais Outros recursosUnidade 2:

A maxia do bosque

O título da unidade A maxia do bosque fai referencia ao valor que se traballa ao longo da unidade: o coidado e respecto da Terra, cuxa finalidade é concienciar os alumnos sobre a importancia de respectar a natureza, protexer o medio ambiente e coidar o planeta.

A Lectura Cada quen ten o seu papel móstranos un fragmento do libro O carballo, de Calros Silvar, no que unha árbore conta a riqueza da natureza e o cambio que está sufrindo debido á actividade humana. A Comprensión lectora desta lectura dá pé a traballar o seu contido e conversar sobre o valor da unidade.

No apartado de Expresión oral ofrécense pautas para para pedir permiso, e no de Expresión escrita trabállase o recoñecemen-to e a escritura de normas.

Na páxina de Vocabulario trabállase de novo o dicionario e lémbrase a disposición dos significados de cada palabra en acepcións.

Na sección de Gramática lémbranse os conceptos de palabra e oración.

Na sección Ortografía afóndase nos distintos tipos de punto: punto e seguido, punto e á parte e punto final. Á súa vez, lém-brase o concepto de parágrafo.

A sección Repasa a unidade céntrase no repaso dos contidos principais da unidade.

Por último, na sección Ponte a proba preséntase un correo electrónico para que os alum-nos, despois de analizalo e interpretalo, escriban un de resposta. Ademais, proponse que os alumnos elaboren, entre todos, un xardín botánico moi especial, á vez que traballan algúns dos contidos vistos na unidade.

Reforzo. O dicionarioO dicionario

•Muralinteractivo.O balcón das palabras•Aruletadashistorias

•Rúbricasdeavaliación.Dispoñibles na web

As normas

Reforzo. Palabras e oraciónsPalabras e oracións

•Animaciónálectura. O carballo•CDAudio,pista4

Animaciónconactividades

Lectura e comprensión de Cada quen ten o seu papel

(O carballo)

CDAudio,pista5 Pedir permiso

RúbricadatarefaComo traballaches nesta tarefa?

Reforzo. Tipos de punto. O parágrafo

Ficheiroortográfico Taller de ortografía:Ditado para prepararte

Tipos de punto. O parágrafo

A voar! Tarefa final: Xardíns colgantes

Ponte a proba

•CadernoAvaliacióndecomprensiónlectora•CadernoAdestramentoenestratexiasdelecturaeficaz

•Repaso•Ampliación•Avaliaciónunidade2•Avaliaciónunidades1-2

Autoavaliación Repasa a unidade

Material complementarioCaderno de traballo Lingua, primeiro trimestre. Unidade 2

primaria3CADERNO DE TRABALLO

linguaPRIMEIRO trimestre

Dentro do programa de competencia lectora recomendamos esta lectura para traballar durante o trimestre.

► Fina Casalderrey: O misterio da casa do Pombal, Xerme Edicións

Rec

uncho de ler

47Unidade 2

Programación de aula

46 Unidade 2

OBXECTIVOS DE UNIDADE COMPETENCIAS

1.Desenvolverestratexiasdecomprensiónlectoraparacomprenderuntextonarrativo.

2.Pedirpermisoconclaridadeeeducacióndeformaoral.

3.Recoñecereescribirnormas.

4.Buscarpalabrascorrectamentenundicionario.

5.Diferenciarentrepalabraseoracións.

6.Identificarosdistintostiposdepuntoeagruparideasnunparágrafo.

7.Usaroguiónparadividirpalabrasafinaldeliña.

8.Desenvolverestratexiasbásicasdeaprendizaxe.

9.UtilizarasTICcomoferramentadeaprendizaxe.

10.Buscar,recollereprocesarinformación.

Comunicaciónlingüística (Obxectivos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10)

Competenciamatemáticaecompetenciasbásicasencienciaetecnoloxía (Obxec-tivos 1, 2, 5 e 10)

Competenciadixital (Obxectivo 9)

Aprenderaaprender (Obxectivo 11)

Competenciassociaisecívicas (Obxectivos 1, 2, 3 e 8)

Sentidodeiniciativaeemprendemento (Obxectivos 1, 2, 3, 8, 9 e 10)

Concienciaeexpresióncultural (Obxectivos 1 e 3)

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE DESCRITORES

Interacciónnacomunicaciónespontá-neaoudirixida,condistintaintención,respectandounhaordeespacial,crono-lóxicaoulóxicanodiscurso.

1. Participar activamente en situacións comunicativas estruturadas propias da vida escolar.

2. Participar activamente, sen prepara-ción previa, en conversacións que traten temas cotiáns.

1.1. Expón un texto académico.

2.1. Pide algo que vai necesitar.

2.2. Utiliza formas de cortesía sinxelas.

2.3. Expresa o que lle gusta e o que non lle gusta.

(Competencialingüística,Compe-tenciaeniniciativaemprendedo-ra,Competenciassociaisecívicas)

•Elabora un cartel informativo e explí-cao na aula.Tarefa final,páx.39.

•Emprega a lingua correctamente para pedir algo e faino de forma adecuada. Act.4,páx.30.Acts.6e8,páx.31.

•Representa unha conversación sobre un tema cotián. Act.8,páx.31.

•Utiliza correctamente a lingua para expresar a súa opinión. Falamos an-tes de ler,act.8,páx.29.

Expresiónereproducióndetextosse-gundoasúatipoloxía.

3. Describir persoas, animais, obxectos e lugares.

3.1. Describe persoas, animais, obxectos e lugares.

(Comunicaciónlingüística)

•Elabora diferentes tipos de textos ade-cuados á intención comunicativa. Act.9,páx.29.Act.4,páx.37.Tarefa final,páx.39.

Utilizacióndeestratexiassinxelasparaanalizarocontidoduntexto.

4. Identificar o sentido global dun texto.

5. Responder adecuadamente preguntas acerca do contido dun texto.

6. Recoñecer textos instrutivos.

4.1. Entende o sentido global de textos literarios sobre a natureza.

4.2. Identifica a idea principal dun texto.

5.1. Responde preguntas sobre datos e ideas explícitas no texto.

6.1. Interpreta textos instrutivos (regras de xogo, instrucións, receitas…).

(Competencialingüística,Compe-tenciabásicaenciencia,Compe-tenciassociaisecívicas)

•Comprende a mensaxe dun texto. Com-prende e interpreta, acts.1a5,páx.28.Acts.2e3,páx.30.Act.2,páx.32.A voar!,páx.39.

•Completa un resumo sobre un texto para extraer a idea principal. Act.1,páx.38.

•Responde correctamente preguntas re-lacionadas cun texto despois da súa lec-tura. Comprende e interpreta,páx.28.

•Comprende e interpreta textos da vida cotiá como normas ou sinais. Acts.1a4,páx.32.

CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE DESCRITORES

Producióndetextossegundoasúatipoloxía.

7. Producir textos expositivos sinxelos.

8. Escribir textos traballados na aula (normas, folleto) para satisfacer nece-sidades comunicativas concretas.

7.1. Produce textos expositivos sobre feitos próximos.

7.2. Planifica producións escritas.

8.1. Elabora unhas normas.

(Competencialingüística,Compe-tenciaaprenderaaprender,Com-petenciassociais)

•Elabora unha ficha sobre plantas se-guindo uns pasos. Tarefa final,páx.39.

•Elabora normas para diferentes si-tuacións. Acts.3e4,páx.32.Act.4,páx.38.

Desenvolvementodogustopolalectura. 9. Adquirir o hábito e o gusto pola lectura. 9.1. Le de forma habitual pequenas lecturas próximas aos seus gustos.

9.2. Utiliza o ordenador para mellorar a comprensión lectora.

(Competencialingüística,Compe-tenciadixital)

•Desenvolve o gusto pola lectura e o hábito lector por medio de estratexias de comprensión lectora. Cada quen ten o seu papel,páx.25.

•Utiliza as TIC para fomentar o hábito lector e mellorar a comprensión lectora. Actividade smCelmedixital: Descu-bre e le,páx.27.

Coñecementoeutilizacióndeestra-texiasparaotratamentodainforma-ción.

10. Desenvolver diferentes estratexias de aprendizaxe.

11. Identificar e utilizar diversos tipos de fontes de información.

12. Utilizar as TIC como instrumento de aprendizaxe.

10.1. Utiliza distintas estratexias de aprendizaxe para mellorar a velo-cidade lectora.

10.2. Manexa estratexias para organizar os coñecementos.

11.1. Utiliza o dicionario para resolver dúbidas e corrixir os seus escritos.

12.1. Emprega as TIC como ferramenta de aprendizaxe.

12.2. Utiliza de xeito guiado dicionarios dixitais para interpretar a infor-mación dun texto.

(Aprenderaaprender,Competen-ciadixital)

•Emprega estratexias de aprendizaxe para mellorar a velocidade lectora. Adestra a túa lectura e mellora a ve-locidade,páx.29.

•Elabora un resumo. Act.1,páx.38.

•Fai uso de dicionarios. Act.6,páx.28.Acts.1a3,páx.33.Act.2,páx.38.Guíaesencial:sux.3,páx.59.

•Utiliza as TIC como ferramenta de aprendizaxe e autoavaliación. Activi-dadessmCelmedixital:Descubre e le,páx.27.Practica,páx.37.Valora o aprendido,páxs.38e39.

Coñecementodostrazosquecaracteri-zanunhaoración.

13. Definir o concepto de palabra.

14. Definir o concepto de oración e iden-tificar e formar oracións.

13.1. Identifica palabras.

14.1. Identifica oracións e recoñece a im-portancia da orde dos seus elemen-tos para que sexan coherentes.

14.2. Sabe ampliar oracións de forma que resulten coherentes.

(Competenciasencomunicaciónlingüísticaeaprenderaaprender)

•Cambia unha letra dunha palabra para formar palabras novas. Act.1,páx.34.

•Ordena correctamente palabras para formar oracións. Acts.2e3,páx.34.

•Escribe oracións coherentes. Acts.4a7,páx.35.

Coñecementoeaplicacióndousoorto-gráficodopuntoedamaiúscula.

15. Completar e escribir textos sinxelos respectando o uso do punto.

16. Completar un texto sinxelo con pun-tos e maiúsculas.

15.1. Usa adecuadamente o punto nas producións escritas.

15.2. Escribe maiúscula despois dun punto.

15.3. Organiza ideas nun parágrafo.

(Competenciasencomunicaciónlingüísticaeaprenderaaprender)

•Recoñece o uso do punto e diferen-cia os distintos tipos de punto. Acts.1e2,páx.36.Taller de ortografía,páx.37.ActividadesmCelmedixital:Practica,páx.37.

•Escribe maiúscula despois de punto. Act.2,páx.36.Act.4,páx.37.

•Organiza as súas ideas en parágrafos. Act.4,páx.37.Act.3,páx.38.

Programación de aula

Programación de aula

48 Unidade 2 49Unidade 2

Orientacións metodolóxicas

1. Coñecementos previos necesarios

En relación con esta unidade, os estudantes deberían coñecer unha serie de contidos, tales como:

• Expresión oral e escrita. Insístese na importancia de pedir cousas con educación e trabállase a comprensión e elaboración de normas, tanto de normas escritas coma de normas expresadas mediante símbolos.

• Vocabulario. Lémbrase o uso do dicionario como recurso para resolver dúbidas sobre o significado dunha palabra.

• Gramática. Retómanse os coñecementos sobre a distinción entre palabras e oracións, e insístese na necesidade da presenza dun verbo nunha oración.

2. Previsión de dificultades

É posible que os alumnos atopen dificultades similares a estas no estudo da unidade:

• A identificación e comprensión das normas expresadas mediante símbolos.

• A correcta distribución das distintas palabras que forman unha oración.

3. Programas transversais

Aprendizaxecooperativa Estrutura cooperativa 1-2-4 (actividade 6, páx. 35).

AprenderapensarEstratexia Chuvia de ideas (actividade 7, páx. 31); estratexia Considerar Todos os Factores (CTF) (actividade 2, páx. 32); estratexia Que sabía, que sei (actividade 4, páx. 37).

Educaciónenvalores O tema da unidade, o coidado e o respecto da Terra, é introducido desde a sección Falamos antes de ler.

4. Programas específicos

Competencialectora

Animaciónálectura O carballo (Presentación animada → Cont. dix. profesor )

Descubre e Le. Queres saber máis sobre como é unha das árbores que habitan na fraga, o carballo? (Animación con actividades → Cont. dix. alumno)

Caderno Animación á lectura

A ruleta das historias (Material interactivo para a aula)

Lecturaecomprensión Cada quen ten o seu papel (Lectura inicial → páx. 25)

Estratexiasdelecturaeficaz Fichas unidade 2 (Caderno de Adestramento en estratexias de lectura eficaz → Mat. profesor)

AvaliacióndeComprensiónlectoraTexto 3 (nivel básico), texto 4 (nivel estándar) (Caderno de Avaliación de Comprensión lectora → Mat. profesor)

OrtografíaOrtografíavisual

O balcón das palabras (Material interactivo para a aula)

Ditados proxectables de deletreo e atención visual (Cont. dix. profesor)

Tallerdeortografía Ditado para prepararte (Taller de ortografía → páx. 37) e ficheiro ortográfico (Cont. dix. alumno)

5. Suxestión de temporalización

Para o desenvolvemento da unidade, recoméndase a distribución do traballo en once sesións, organizadas da seguinte maneira:

PÁXINAS DE INICIO PÁXINAS DE CONTIDO PÁXINAS FINAIS

2 sesións 6 sesións 3 sesións

A proposta de sesións desenvolvida é orientativa. Cada profesor adaptaraa en función das súas necesidades e a carga ho-raria final asignada.

Tratamento específico das intelixencias múltiples

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Lectura e interpretación de imaxes Libro do alumno:•Act. 2, páx. 28; act. 1, páx. 30; act. 7,

páx. 31

Guía esencial:•Sux. 4, páx. 56; sux. 4, páx. 60

Composición de muraisLibro do alumno:•Tarefa final, páx. 39

Guía esencial:•Sux. 17, páx. 53; sux. 5, páx. 54

VISUAL-ESPACIAL

Uso de técnicas propias da aprendizaxe cooperativa en equipos estruturadosLibro do alumno:•Pensa e relaciona, páx. 31

•Act. 6, páx. 35, Estratexia cooperativa 1-2-4

• Xardíns colgantes, páx. 39

Guía esencial:•Sux. 5, páx. 54; sux. 7, páx. 55

Proxectos creativos e de investigación en grupoLibro do alumno:•Xardíns colgantes, páx. 39

Guía esencial:•Sux. 2, páx. 62

Ofrecer feedbackGuía esencial:•Sux. 3, páx. 56

INTERPERSOAL

Xogos de role-playLibro do alumno:•Pensa e relaciona, páx. 31

Guía esencial:•Sux. 6 e 8, páx. 57

CORPORAL-CINESTÉSICA

Escoita comprensivaLibro do alumno:•Acts. 1, 2, 3, páx. 28; act. 2, páx. 30

Guía esencial:Sux. 5, páx. 51; sux. 5, páx. 57

Escritura creativaLibro do alumno:•Act. 4, páx. 37; act. 4, páx. 38

Guía esencial:•Sux. 3, páx. 50; sux. 2, páx. 62

Exposicións oraisLibro do alumno:•Pensa e relaciona, páx. 31

Guía esencial:•Suxs. 16 e 19, páx. 53; sux. 5, páx. 54

Adquisición e uso de novo vocabularioLibro do alumno:•Act. 6, páx. 28; act. 1, páx. 30

Guía esencial:•Sux. 7, páx. 51; sux. 14, páx. 52

TICs/mails/blogsLibro do alumno:•Ponte a proba, páx. 39

Guía esencial:•Sux. 16, páx. 52; sux. 5, páx. 54; sux. 5,

páx. 60

LINGÜÍSTICO-VERBAL

Descifrado e uso de códigos simbólicosLibro do alumno:•Act. 2, páx. 32

Guía esencial:•Sux. 15, páx. 52; sux. 2, páx. 58; sux. 1,

páx. 64

LÓXICO-MATEMÁTICA

Reflexións sobre os propios pensamentos e emociónsLibro do alumno:•Falamos antes de ler, páx. 25

Guía esencial:•Sux. 1, páx. 50

TransferenciaLibro do alumno:•Pensa e relaciona, páx. 31

•Act. 7, páx. 31, Estratexia de pensa-mento Chuvia de ideas

•Act. 4, páx. 37, Estratexia de pensa-mento Que sabía, que sei

Guía esencial:•Sux. 9, páx. 57; sux. 2, páx. 62

Técnicas de concentraciónGuía esencial:•Sux. 9, páx. 51; sux. 13, páx. 52

Programa de mellora de habilidades so-ciaisLibro do alumno:•Act. 2 páx. 32; Estrutura Considerar To-

dos os Factores (CTF)

INTRAPERSOAL

Observación de imaxes relacionadas coa naturezaLibro do alumno:•Act. 9, páx. 29; act. 6, páx. 35

Guía esencial:•Sux. 16, páx. 52; sux. 4, páx. 65

Representación da natureza a través de imaxesGuía esencial:•Sux. 12, páx. 52

Observación, investigación e identifica-ción de plantas e animaisLibro do alumno:•Xardíns colgantes, páx. 39

Guía esencial:•Sux. 12, páx. 52

NATURALISTA

50 Unidade 2 51Unidade 2

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Estándares de aprendizaxe e descritores2.3 Expresa o que lle gusta e o que non lle

gusta.

•Utiliza correctamente a lingua para ex-presar a súa opinión.

9.1 Le de forma habitual pequenas lecturas próximas aos seus gustos.

•Desenvolve o gusto pola lectura e o hábi-to lector desenvolvendo estratexias de comprensión lectora.

Solucións

1 Resposta libre: Hai que darlles tempo para que pensen nas consecuencias derivadas de non coidar os espazos naturais. Insistir en que de-ben pensar nas consecuencias de non facelo, non só no que pasaría no momento, senón ta-mén a longo prazo.

Un bosque. Os nenos recollen latas e lixo que hai no chan. Resposta modelo: O seu compor-tamento é correcto porque contribúen a pro-texer e coidar a natureza.

Para comezar… Activámonos1. Ler cos alumnos o título da unidade, A maxia do bos-

que, e observar a ilustración que o acompaña. Des-pois, preguntarlles: Que quere dicir que un lugar ten maxia? Cal credes que é a maxia dun bosque? Que elementos a forman? Que pasaría se estes elementos desaparecesen?

A continuación, ler en voz alta a primeira parte do re-cadro Que importante é descubrir a natureza! Unha vez lida, comezar unha conversación preguntando aos alumnos se teñen unha paisaxe natural favorita: Onde está? Como é? Por que che gusta? Despois de que to-dos os alumnos respondesen, facelos reflexionar sobre a posibilidade de que eses lugares desaparezan: Como te sentirías? Cres que perderiamos algo importante? Por que?

2. Ler o título da lectura, Cada quen ten o seu papel, e avanzar algunhas hipóteses sobre a historia que van escoitar e ler: Que cres que significa este título? Sobre que cres que trata a lectura? Quen cres que nos conta a historia? Para que xeren as súas propias ideas sobre

a historia podemos traballar na aula o vídeo de anima-ción á lectura O carballo .

3. Animar os alumnos a que pensen, primeiro de forma individual e despois en grupo, como poden contribuír eles a coidar e protexer a natureza. Entre todos poden escribir nunha cartolina as ideas máis repetidas e col-gala nun lugar visible por todos para que estea presen-te ao longo da unidade.

Durante o desenvolvemento… 4. Pedir a un alumno que lea en voz alta o parágrafo de

introdución que precede á lectura. Despois, pregun-tarlles que animais e plantas viron eles nun bosque que espertasen a súa curiosidade.

5. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 4 . Os alumnos escoitarán atentamente unha primeira vez o audio da lectura Cada quen ten o seu papel. Pódense formular preguntas xerais de comprensión como: Que seres vivos habitan na natureza? En que distintos lu-gares podemos encontralos? Por que son necesarios estes lugares para os seres que viven na natureza? Por

que motivos desaparecen moitos bosques na actuali-dade? Que é a biodiversidade? Por que están ameaza-das as fragas? Como se pode evitar que desaparezan?

6. Despois de escoitar o audio, os alumnos comprobarán se as súas respostas se corresponden coa información da lectura.

7. Antes de ler o texto, detectaremos algunhas palabras que poidan resultar difíciles de comprender e pediré-moslles que as busquen no dicionario. Cando localicen onde aparece a palabra, comprobarán se coincide co sentido que ofrece o dicionario ou cal das posibles de-finicións encaixa máis, no caso de que se trate de pala-bras polisémicas con diversas acepcións. Por exemplo: fungos, fornece ou esgrevias.

8. Para fomentar nos alumnos o interese por esta lectura, sería interesante levar o libro á clase para que o pui-desen follear e observar as ilustracións.

9. Propoñer agora unha lectura en voz alta do texto. Suxírese facer ler cada parágrafo a un alumno diferen-te para fomentar a súa atención.

2

Programa de competencia lectora∙ Animación á lectura. O carballo

∙ Lectura e comprensión. Cada quen ten o seu papel (lectura inicial, páx. 25)

53Unidade 252 Unidade 2

10. Mentres se fai a lectura en voz alta, deterse nas liñas 10-13 para formular algunhas preguntas:

- Nas liñas 10, 11 e 12: Que é a Evolución Natural?

- Nas liñas 13 e 14: Que significa que cada quen ten o seu papel, cada quen vive a súa aventura?

11. Comentar as palabras que aparecen no recadro de Vocabulario das páxinas 25 e 26. Despois, preguntar aos alumnos se xa coñecían o significado destas pala-bras e propoñer que escriban unha oración con cada unha delas.

12. No texto descríbese a feitura dunha árbore. Pódese propoñer que un alumno saia ao encerado e debuxe unha árbore e que, coa axuda dos seus compañeiros, escriba no lugar correspondente o nome de cada unha das partes ás que se fan referencia na lectura.

13. Propoñerlles aos alumnos que fagan outra lectura, pero nesta ocasión que sexa persoal e en silencio para poder facer unha reflexión máis profunda e anotar aqueles aspectos que lles poidan xerar al-gunha dúbida.

14. Unha vez acabada a lectura, preguntaremos se hai al-gunha palabra que non entenden, á marxe das que aparecen nos recadros de Vocabulario. Pedirémoslles que as busquen no dicionario e as compartan co resto da clase.

15. Para traballar a mellora de atención e a ortografía vi-sual pedir aos alumnos que se fixen nas palabras do recadro Pon atención da páxina 26. Para afianzar a ortografía destas palabras, animalos a que peguen as tarxetas cos ideogramas no mural de ortografía O balcón das palabras. Para finalizar, pódeselles pedir que as escriban nos seus cadernos e despois que llas diten a un compañeiro e que comproben se as escri-biron ben.

16. Practicamos xuntos. Suxírese que se escriban no en-cerado diferentes conceptos relacionados coa nature-za que apareceron na lectura (evolución natural, ex-plotación, fragas, biodiversidade…) e animar os alumnos a que, en voz alta, expliquen en que consiste cada un deles. Se é necesario, buscar información e imaxes sobre estes conceptos en internet ou nunha enciclopedia.

Para rematar…17. Propoñer aos alumnos que describan ou debuxen un

sitio que para eles sexa máxico. Despois, pódense po-ñer en común os debuxos e as descricións e incluso ex-poñelos na clase.

18. Animar os alumnos a que entren na web de smCelme-dixital para ampliar a información sobre o carballo e realizar as actividades interactivas.

19. Pedirlles aos alumnos que expresen de forma oral a súa opinión sobre o texto: Gustouche esta lectura? Por que? Que foi o que máis che gustou? E o que menos che gustou?

Proposta de actividades para a casa. Animar os alumnos a que debuxen algún dos diferentes hábitats que se men-cionan nas liñas 4-7 da lectura.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas Programa de ortografía

Ortografía visual. Tarxetas con ideogramas para pegar no mural interactivo O balcón das palabras.

Ver Guía de Traballo manipulativo.

NotasEstándares de aprendizaxe e descritores9.2 Utiliza o ordenador para mellorar a com-

prensión lectora.

•Utiliza as TIC para fomentar o hábito lec-tor e mellorar a comprensión lectora.

12.1 Emprega as TIC como ferramenta de apren-dizaxe.

•Utiliza as TIC como ferramenta de apren-dizaxe e autoavaliación.

55Unidade 254 Unidade 2

Solucións

8 Resposta libre: Animar os alumnos a que par-ticipen na clase e se expresen oralmente. ● Resposta modelo: Para preservar as distintas especies que viven nelas.

9 Resposta modelo: a) Non tirar lixo nos bosques. Non construír nos bosques. Intentar evitar cor-tar árbores. b) Non tirar lixo no mar. Non pescar especies en perigo de extinción. Non pescar peixes pequenos.

10 Xa vedes que os carballos adultos acollemos moitos animais e plantas, somos como un gran fogar con moitos habitantes: xa dixemos que no noso tronco e pólas medran carrizas (mus-gos), liques e fentos, que nos tapizan a codia e dan unha aparencia de vellos barbudos. .

11 Resposta libre: Comprobar que os alumnos len os trabalinguas seguindo as indicacións. Ani-malos a que os repitan ata que lles saia ben.

Estándares de aprendizaxe e descritores3.1 Describe persoas, animais, obxectos e lu-

gares.

•Elabora diferentes tipos de textos ade-cuados á intención comunicativa.

4.1 Entende o sentido global de textos litera-rios sobre a natureza.

•Comprende a mensaxe dun texto.

5.1 Responde preguntas sobre datos e ideas explícitas no texto.

•Responde correctamente preguntas re-lacionadas cun texto despois da súa lec-tura.

10.1 Utiliza distintas estratexias de aprendiza-xe para mellorar a velocidade lectora.

•Emprega estratexias de aprendizaxe para mellorar a velocidade lectora.

11.1 Utiliza o dicionario para resolver dúbidas e corrixir os seus escritos.

•Fai uso de dicionarios.

Solucións

1 Unha árbore. "As árbores somos os vexetais máis grandes e lonxevos da terra" (liñas 14-15).

2 a) ermo b) verxel c) pasteiro

3 a) Falsa: Son os vexetais que viven máis tem-po na terra. b) Verdadeira. c) Falsa: Absorben substancias da terra a través das raíces. d) Verdadeira.

4 b) Pola urbanización e o avance da gandaría e a agricultura.

5 Resposta modelo: Significa que a vida dos ha-bitantes das fragas, así como de moitos ou-tros seres vivos, depende de como as persoas coidemos da natureza.

6 Animais: manso, carnívoro, plumaxe, fociño. Plantas: frondoso, florido, pétalo, follaxe.

7 Resposta modelo: O león é un animal carnívo-ro. O meu gatiño é moi manso: non é nada fe-roz. ● Este bosque é moi frondoso: ten moitas árbores. Encántame ver o limoeiro florido.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Interpretamos1. Antes de comezar as actividades, propoñer aos alumnos que fa-

gan un debuxo dun carballo. Suxerirlles que escriban o nome das distintas partes no lugar correspondente. Animalos a que mos-tren os debuxos aos seus compañeiros.

Durante o desenvolvemento… 2. Co gallo da actividade 1, explicar aos alumnos que a personifica-

ción é un recurso habitual en moitos tipos de texto. Animalos a que atopen outra personificación nesta mesma dobre páxina.

3. Despois de realizar a actividade 5, insistir na idea da influencia directa das accións que levamos a cabo as persoas e o seu efecto na natureza.

4. Despois de realizar a actividade 8, preguntar aos alumnos se al-gunha vez estiveron nunha fraga. Animar a aqueles alumnos que estivesen a que expliquen as súas experiencias.

5. Unha vez que os alumnos rematasen a actividade 9, animalos a que compartan os distintos consellos en voz alta. Suxírese buscar en internet dúas fotografías parecidas ás do libro, imprimilas e fa-cer un mural coas fotos e os distintos consellos de como coidar e protexer cada un destes espazos naturais e expoñelo na clase.

6. Antes de realizar a actividade 10, propoñer aos alum-nos que busquen no dicionario aquelas palabras que non entendan.

7. Practicamos xuntos. Despois de realizar a actividade 11, suxerir aos alumnos que se agrupen en parellas e que cada un recite un dos dous trabalinguas. O outro debe comprobar que o fai correctamente.

8. Para acabar as actividades, propoñer un xogo coa Ru-leta das historias. Pedir que, de maneira oral, inventen historias como a d'O carballo, pero con outros perso-naxes e noutros espazos. Facer quendas para que di-versos alumnos elixan os elementos que formarán par-te do novo conto. Tamén se lles pode pedir que redacten o conto que inventaron.

Para rematar…9. Reflexionamos. Recordar entre todos unha excursión a

algún espazo natural que fixésedes este curso ou en cur-sos anteriores. Comentar que fixestes cando marchastes para deixar o lugar igual ou mellor de como o atopastes.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que reciten un dos trabalinguas da actividade 11 á súa familia. Animalos a que pregunten aos seus familiares por outros trabalinguas.

Programa de competencia lectora• Estratexias de lectura eficaz. Fichas da unidade 2 do

caderno de Adestramento en estratexias de lectura eficaz.

• Caderno Avaliación de comprensión lectora. Textos do caderno de Avaliación de comprensión lectora: texto 3 (nivel básico) e texto 4 (nivel estándar).

Material de apoio para a aulaRuleta xigante A ruleta das historias para traballar a animación á lectura.

Ver Guía de Traballo manipulativo.

57Unidade 256 Unidade 2

Suxestións metodolóxicas

Estándares de aprendizaxe e descritores2.1 Pide algo que vai necesitar.

•Emprega a lingua correctamente para pedir algo e faino de forma adecuada.

2.2 Utiliza formas de cortesía sinxelas.

•Representa unha conversa sobre un tema cotián.

4.1 Entende o sentido global dun texto.

•Comprende a mensaxe dun texto.

Solucións

1 Resposta libre: Invitar os alumnos a indicar o nome doutros obxectos da ilustración.

2 a) Unha tableta. b) Porque están todas ocupa-das. Cinco minutos. c) O nome e o motivo da súa consulta.

Transcrición. Pista 5

Bibliotecario: Bos días, en que che podo axu-dar?

Nena: Bos días. Querería utilizar unha tableta.Bibliotecario: Agora están todas ocupadas.

Terías que agardar.Nena: Ah, de acordo. Canto tempo?Bibliotecario: Faltan cinco minutos. Entre-

mentres, podes cubrir esta ficha: escribe o teu nome e o motivo da túa consulta.

Nena: Gustaríame mirar unha aplicación de fauna e flora.

Bibliotecario: Moi ben. Cubre a ficha e, cando che toque, colles a primeira que quede libre. Tes media hora de consulta.

Nena: Moitas grazas.

3 utilizar, querería, moitas grazas.

4 Resposta libre: Confirmar que os alumnos uti-lizan as palabras do debuxo e do apartado Máis palabras na súa intervención.

parellas, practiquen as formas de pedir permiso, como pedir follear un cómic nunha libraría e probar a bici nova dun compañeiro de clase.

9. Reflexionamos. Aproveitar para pedir aos alumnos a súa opinión sobre a necesidade de comportarse con educación: Que pasaría se non nos comportásemos de maneira educada? Algunha vez vos comportastes de maneira pouco educada? Como vos sentistes?

Proposta de actividades para a casa. Suxerirlles que utili-cen na casa as expresións que aprenderon cando queiran pedir permiso para facer algunha cousa.

Solucións

5 a) 3 Aos teus pais. b) 1 Á bibliotecaria. c) 2 Ao profesor de educación física.

6 b) Podo abrir a fiestra, por favor? Vai moita ca-lor. Resposta modelo: Porque pide permiso para abrir a fiestra empezando a frase con podo… e porque o fai dunha forma educada, dicindo por favor.

7 Resposta modelo: a) Podo beber auga, por fa-vor? Teño moita sede. b) Podo poñer este CD, por favor? c) Ola, importaríalle que pisase o céspede para coller a pelota?

8 Resposta libre: Comprobar que os alumnos utilizan algunha das fórmulas vistas nesta sección.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Situámonos1. Para introducir o tema da sección, falar cos alumnos sobre a im-

portancia de pedir permiso dunha forma clara e educada. Pre-guntarlles que expresións utilizan eles para pedir permiso e es-cribilas no encerado.

Durante o desenvolvemento… 2. Antes de realizar a actividade 1, comentar entre todos o vocabu-

lario do apartado Máis palabras... e despois comprobar que os alumnos coñecen as palabras que se mencionan e entenden ben as expresións para pedir permiso. Pódese ampliar a listaxe de expresións escritas no encerado anteriormente coas expre-sións desta actividade.

3. Unha vez lido o apartado Máis palabras…, pedir en voz alta per-miso para facer distintas cousas, con expresións que mostren educación e con expresións que non. Animar os alumnos a que identifiquen aquelas situacións nas que se pide permiso educa-damente e aquelas nas que non.

4. Despois de facer a actividade 1, propoñer aos alumnos que comparen o debuxo da biblioteca do libro coa biblioteca da es-cola: En que se parecen? En que se diferencian?

5. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 5 . Antes de escoitar o audio da actividade 2, pedir aos alumnos que lean as tres preguntas da actividade.

6. Practicamos xuntos. Despois de terminar a actividade 3, animar os alumnos a que, en parellas, representen a conversa entre a nena e o bibliotecario.

7. Despois de realizar a actividade 5, suxerir aos alumnos que propoñan unha oración para cada unha das tres situacións; a continuación, que reflexionen sobre as maneiras diferentes en que podemos pedir permiso: utilizan as mesmas expresións para pedir permiso aos seus pais que á bibliotecaria ou a un profesor?

Para rematar…8. Propoñer aos alumnos outras situacións para que, por

Aprender a pensarA actividade 7 pode realizarse mediante a estratexia de pensamento Chuvia de ideas.

Ver guía de Aprender a pensar.

59Unidade 258 Unidade 2

Estándares de aprendizaxe e descritores6.1 Interpreta textos instrutivos (regras de

xogo, instrucións, receitas...).

• Comprende e interpreta textos da vida cotiá como normas ou sinais.

8.1 Elabora unhas normas.

• Elabora normas para diferentes situa-cións.

Solucións

2 a) Non está permitida a entrada de coches e motos. b) Deixe o lixo nos colectores. c) Está prohibido facer lume no parque. d) Leve os animais de compañía suxeitos con correa.

3 Resposta modelo: Está prohibido levantarse mentres estamos a comer. ● Débese lavar as mans antes de empezar a comer.

4 Resposta modelo: Está prohibido tirar lixo no chan ou na piscina. Non se permite bañarse despois de comer. Permítese xogar á pelota só nos espazos indicados. Non se pode beber nin comer dentro da auga. É obrigatorio du-charse antes de bañarse.

Estándares de aprendizaxe e descritores11.1 Utiliza o dicionario para resolver dúbidas

e corrixir os seus escritos.

•Fai uso de dicionarios.

12.2 Utiliza de xeito guiado dicionarios dixitais para interpretar a información dun texto.

•Fai uso de dicionarios.

Solucións

Resposta modelo: A árbore fala do aspecto dos tres excursionistas, que lle parecen moi curiosos. O esquío non entende as palabras aparencia e curiosa.

O esquío decide consultar no dicionario as pa-labras que non entende.

1 anacarado.

2 a) 3, b) 1 e c) 2

3 Resposta libre.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Situámonos1. Aproveitaremos o parágrafo inicial para dialogar cos

alumnos sobre se algunha vez foron a un parque natu-ral: Lembran algunha norma do parque? Estaban es-critas ou estaban expresadas mediante símbolos?

Durante o desenvolvemento… 2. Traballo individual. Despois de realizar as actividades

1 e 2, animar os alumnos a pensar e debuxar un sinal máis que exprese unha norma sobre o que se pode fa-cer ou o que non se pode facer nun parque natural.

3. Unha vez realizada a actividade 3, falar cos alumnos so-bre o comportamento que se debe ter á hora de comer: Que se pode facer e que non? Animalos a que escriban máis normas sobre como comportarse no comedor.

Para rematar…4. Reflexionamos. Aproveitar para pedir aos alumnos

que pensen sobre a necesidade das normas: Que nor-mas da vida diaria credes que son máis importantes? Por que? Que pasaría se non houbese normas?

Proposta de actividades para a casa. Animar os alumnos a que observen os carteis de prohibición ou obriga do seu contorno e pescuden o significado de polo menos tres deles.

Para comezar… Situámonos1. Escribir distintas palabras no encerado que teñan máis

dunha acepción (por exemplo, banco, rato, cadea…). Animar os alumnos a que escriban no seu caderno en que orde aparecerían nun dicionario. A continuación, animalos a comprobalo. Finalmente, suxerirlles que bus-quen unha das palabras do encerado que teña máis du-nha acepción e aproveitar para explicarlles como se mostran os significados nun dicionario.

Durante o desenvolvemento… 2. Como primeira toma de contacto dos alumnos cos di-

cionarios en liña, recoméndase visitar a páxina do di-cionario da Real Academia Galega e explicarlles o mé-todo de "Busca simple".

3. Unha vez realizada a actividade 1, propoñer aos alum-nos que ordenen as catro palabras da actividade se-gundo a orde en que as encontrarían nun dicionario. Despois, animalos a que, coa axuda do dicionario, en-gadan unha palabra que vaia antes de anacarado e ou-tra que vaia despois de atípica.

Para rematar…4. Reflexionamos. Para concluír, preguntar aos alumnos

que outros dicionarios ou obras de consulta coñecen e insistir na importancia de consultar o dicionario cando non se comprende o significado dunha palabra.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que pregunten aos seus familiares cales son as súas palabras favoritas e que as busquen xuntos no dicionario.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital)

Para compren-der e reforzar

Documento Reforzo Actividades interactivas

Aprender a pensarA actividade 2 pode realizarse mediante a estratexia de pensamento Considerar Todos os Factores (CTF).

Ver guía de Aprender a pensar.

61Unidade 260 Unidade 2

Estándares de aprendizaxe e descritores13.1 Identifica palabras.

•Cambia unha letra dunha palabra para formar palabras novas.

14.1 Identifica oracións e recoñece a importan-cia da orde dos seus elementos para que sexan coherentes.

•Ordena correctamente palabras para for-mar oracións.

14.2 Sabe ampliar oracións de forma que resul-ten coherentes.

•Escribe oracións coherentes.

Solucións

Non a entende porque as distintas palabras da oración non están ordenadas correctamente. Debería dicir: Estes esquíos fanme moitas có-xegas.

1 Resposta modelo: piso-paso-caso-casa-ca-ma-lama-lata. ● tina-tona-tola-pola-polo-bolo-bola. ● rato-gato-pato-pata-rata-rota-pota. ● rolo-colo-cozo-cazo-cabo-rabo-raba.

2 a) As sequoias poden vivir máis de tres mil anos: 9 palabras. b) Vin un esquío nun casti-ñeiro do monte: 7 palabras.

3 a) Anxo colecciona selos antigos. b) Gústame moito ler. c) Os biólogos estudan os animais e as plantas.

Solucións

4 a) Meus pais fan moito deporte. b) Unhas gai-votas pousaron na rocha. c) A chuvia cae so-bre a aldea. d) Aquela roseira ole moi ben.

5 gustoume ● son ● aprendín.

6 Resposta modelo: As abellas polinizan as plantas. As plantas ofrecen alimento ás abe-llas. ● O neno está no monte. O neno observa a través duns prismáticos. ● Os cervos están no bosque. Os cervos comen herba.

7 Resposta libre: Animar os alumnos a que es-criban oracións o máis longas posible.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

Para comezar… Activámonos1. Pódese comezar a clase escribindo no encerado distin-

tas palabras coas letras desordenadas. Preguntar aos alumnos: Teñen algún significado as palabras do ence-rado? Por que? Animalos a que as ordenen.

2. A continuación, pódese facer o mesmo pero en vez de con palabras, con frases desordenadas, e animar os alumnos a que as ordenen. Como conclusión, pódese invitar a reflexionar en voz alta aos alumnos sobre a importancia de escribir correctamente tanto unha pa-labra como unha oración para que teñan sentido e poi-damos comunicarnos.

Durante o desenvolvemento… 3. Despois de realizar a actividade 1, animar un alumno a

que saia ao encerado e escriba as series de palabras que pensou para a palabra piso. Comprobar entre to-dos que entre palabra e palabra só cambia unha letra. Facer o mesmo coas palabras rato, tina e rolo.

Para reforzar a diferenciación entre sílabas, palabras e oracións, suxírese propoñerlles aos alumnos que divi-

dan as palabras da actividade en sílabas e que despois formen unha oración con cada unha delas.

4. Practicamos xuntos. Despois de realizar a actividade 3, animar os alumnos a escribir unha oración máis para cada unha das tres ilustracións. A continuación, pedir-lles que desordenen as palabras de cada oración. Final-mente, animalos a que, por parellas, ordenen as pala-bras de cada unha das oracións que escribiu o seu compañeiro e que adiviñen a que ilustración pertence cada unha delas.

5. Ler o blog da actividade 5. Despois, comentar cos alumnos que é un blog (sitio web que inclúe, a modo de diario persoal, contidos actualizados con frecuencia e a miúdo comentados polos lectores), se algunha vez visitaron algún, de que trataba, etc.

6. Co gallo da actividade 7, lembrar aos alumnos que as ora-cións, por moi longas que sexan, teñen que ter sentido.

Para rematar…7. Comentar aos alumnos distintas fórmulas de saúdo, de

despedida e de cortesía que non teñan verbo (que tal, adeus, deica logo, ata pronto, grazas, etc.) e pregun-tarlles se son oracións ou non e por que. Despois, ani-malos a que convertan cada unha destas fórmulas nun-ha oración, con verbo (como estás, despídome de ti, vémonos logo, vémonos pronto, estou agradecido, etc.).

8. Reflexionamos. Propoñer aos alumnos que escriban unha oración coherente o máis longa posible sobre o seu animal favorito de xeito que practiquen e sexan conscientes da recursividade da lingua.

9. Animalos a entrar en smCelmedixital.com e practicar co xogo interactivo de palabras e oracións.

Proposta de actividades para a casa. Animar os alumnos a que, xunto coas súas familias, elixan unha palabra e xo-

guen a cambiar unha letra da palabra para formar o máxi-mo de palabras posibles.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital)

Para compren-der e reforzar

Documento de Reforzo. Palabras e oracións Actividades interactivas

Aprendizaxe cooperativaA actividade 6 pode traballarse mediante a estrutura cooperativa 1-2-4.

Ver Guía de Aprendizaxe cooperativa.

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

63Unidade 262 Unidade 2

Estándares de aprendizaxe e descritores3.1 Describe persoas, obxectos e lugares.

•Elabora diferentes tipos de textos ade-cuados á intención comunicativa.

12.1 Emprega as TIC como ferramenta de apren-dizaxe.

•Utiliza as TIC como ferramenta de aprendi-zaxe e autoavaliación.

15.1 Usa adecuadamente o punto nas produ-cións escritas.

•Recoñece o uso do punto e diferencia os distintos tipos de punto.

15.2 Escribe maiúscula despois dun punto.

•Escribe maiúscula despois de punto.

15.3 Organiza ideas nun parágrafo.

•Organiza as súas ideas en parágrafos.

Solucións

O punto. Maiúscula.

1 Se che gusta a natureza, este é o teu sitio.

Cada quince días realizamos unha saída ao monte.

Camiñamos, facemos fotos de animais e plan-tas e rimos moito.

Inscríbete na nosa asociación. Estamos no se-gundo andar, ao lado da biblioteca.

2 Onte atopei un coello atrapado nunha silveira.Cando me viu asustouse moito. Cando o soltei púxose moi contento e botou a correr veloz-mente.

puntos e, polo tanto, lelo sen realizar as pausas propias dun punto: Comprenden igualmente o texto? Por que? Falar da importancia dos signos ortográficos tanto para a estruturación do texto como para a compren-sión deste.

7. Para rematar a sesión, propoñer un xogo coa Ruleta de historias: aínda que a ruleta é, fundamentalmente, para traballar as seccións de Comprensión lectora e Li-teratura, tamén se pode aproveitar para reforzar con-tidos de outras seccións, como a Ortografía:

•Escoller un alumno para xirar cada un dos discos da ruleta. Tras cada tirada, deberán anotar no encerado o nome do elemento.

•Cada alumno deberá escribir no seu caderno un con-to cos elementos que apareceron.

• Lembrarlles aos alumnos que deben prestar especial atención ao uso dos distintos tipos de punto e á dis-tribución en parágrafos.

Proposta de actividades para a casa. Animar os alumnos a que escriban a letra dalgunha canción que lles guste uti-lizando os distintos tipos de punto que viron.

Solucións

3 A próxima semana celebraremos a Festa da Natureza.

Os alumnos farán diferentes actividades. O venres pola tarde rematarán cunha plantación de árbores.

Será moi divertido, animádevos a vir.

4 Resposta modelo: O neno viu tristes as flores do seu xardín porque estaban murchas.

Rapidamente pensou en como podía axudalas e atopou a solución: regándoas! E entrou na casa para encher o regador de auga.

Despois, volveu ao xardín e regou as plantas. Púxose moi contento, e as flores tamén!

5 b) Hoxe fomos de excursión ao Parque Natural de Marcelle. [punto e á parte]

Ensináronnos moitas especies de animais e plantas. [punto e seguido] Para rematar, fixe-mos varios xogos á sombra duns piñeiros. [punto final]

Programa de ortografía Taller de ortografía. Ditado para prepararte e ficheiro ortográfico.

Ortografía visual. Ditados proxectables de deletreo e atención visual.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital)

Para compren-der e reforzar

Documento de Reforzo. Tipos de punto. O parágrafo Actividades interactivas

Aprender a pensarA actividade 4 pode realizarse mediante a estratexia de pensamento Que sabía, que sei.

Ver Guía de Aprendizaxe cooperativa.

Para comezar… Activámonos1. Antes de comezar a ler o fragmento que abre a sec-

ción, pódese pedir aos alumnos que estean atentos a como se escribe no texto a primeira letra de cada pala-bra despois de punto.

Durante o desenvolvemento… 2. Practicamos xuntos. Unha vez rematada a actividade 1,

animar os alumnos a que, por parellas, pensen de que grupo escolar lles gustaría formar parte e que escriban un texto de non máis de 8 liñas en que describan que se fai neste club e inviten os seus compañeiros a inscribirse nel. Animalos a que acompañen o texto cun debuxo. Recordarlles que utilicen o dicionario se dubidan sobre como escribir algunha palabra. Despois, observar entre todos os distintos textos que fixeron os alumnos e com-probar se estruturaron correctamente o texto en pará-grafos e se escribiron maiúscula despois de punto.

3. Unha vez concluída a actividade 4, propoñer aos alum-nos crear un novo parágrafo para o que deben debuxar unha nova viñeta.

4. CD Educación literaria e Expresión oral, pista 5 . Para realizar a actividade 6, pedirlles aos alumnos que escoiten atentamente o ditado. Destacar que é moi importante que estean concentrados e que po-ñan atención ao escribir as distintas palabras e ao es-cribir maiúscula despois de punto. A continuación, animalos a acceder a smCelmedixital.com para com-pletar o ficheiro ortográfico.

5. Propoñer aos alumnos entrar tamén en smCelmedixi-tal.com para traballar os contidos de ortografía cos di-tados proxectables de deletreo e atención visual.

Para rematar…6. Reflexionamos. Suxerirlles aos alumnos que volvan ler

o ditado, pero esta vez teñen que imaxinar que non hai

Suxe

stió

ns m

etod

olóx

icas

65Unidade 264 Unidade 2

Solucións

1 dicionario, significado ● acepción ● palabra, pequena, sentido, completo ● oración, pala-bras, orde, mensaxe, sentido, completo ● punto, maiúscula, seguido, parte, final ● pa-rágrafo, liñas, idea, á parte.

2 Acepcións (no dicionario Vieiro): pico ten ca-tro; lagosta ten dúas; nora ten tres; rama ten tres; folla ten seis. Resposta libre: Verificar que as oracións empregan cada unha das acepcións.

3 Resposta libre: Lembrar aos alumnos que se escribe maiúscula despois de punto.

4 Resposta libre: Os alumnos deben empregar algunha das expresións vistas na unidade, por exemplo: Non se permite máis dun debuxo por alumno.

Para comezar… Situámonos1. Comentar cos alumnos a estrutura dun correo electró-

nico. Nomear cada unha das súas partes e preguntar-lles que debemos escribir nelas.

Durante o desenvolvemento… 2. Antes de realizar a actividade 1, comentar entre todos

a estrutura da mensaxe do correo electrónico: Cantos parágrafos hai? Cantos puntos e seguido? Cantos pun-tos e á parte? Por que non hai punto final?

3. Antes de realizar a actividade 3, lembrar aos alumnos que deben escribir maiúscula despois de punto e que deben organizar a mensaxe en diferentes parágrafos, de acordo coas distintas ideas que presenten.

4. Antes de facer o xardín colgante, pódese animar aos alumnos a buscar en internet distintas flores e plantas e que escollan a que máis lles guste.

Para rematar…5. Reflexionamos. Despois da tarefa final, e para que o

alumno desenvolva a súa capacidade de aprender a

aprender, invitalos a entrar en smCelmedixital.com para avaliar como traballaron.

Proposta de actividades para a casa. Propoñer aos alum-nos que busquen na web cos seus pais ou irmáns informa-ción sobre as plantas e flores da súa casa ou do seu barrio.

Estándares de aprendizaxe e descritores1.1 Expón un texto académico.

•Elabora un cartel informativo e explícao na aula.

3.1 Describe persoas, animais, obxectos e lu-gares.

5.1 Responde preguntas sobre datos e ideas explícitas no texto.

•Responde correctamente preguntas re-lacionadas cun texto despois da súa lec-tura.

7.1 Produce textos expositivos sobre feitos próximos.

•Elabora unha ficha sobre plantas seguindo uns pasos.

12.1 Emprega as TIC como ferramenta de aprendizaxe.

•Utiliza as TIC como ferramenta de aprendi-zaxe e autoavaliación.

Solucións

1 Envíao o profesor de naturais. Envíao aos seus alumnos.

2 Proponlles ir de excursión o próximo mérco-res, 4 de outubro, para observar aves. ● Ne-cesítase uns prismáticos, un caderno, unha guía ilustrada de aves e moita curiosidade.

3 Resposta libre: Os alumnos deben escribir un texto claro e educado de resposta. Comprobar que distinguen saúdo, corpo e despedida en parágrafos diferentes.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital)

Para afondar Documento Ampliación Actividades interactivas

Para preparar o exame

Documento Repaso Actividades interactivas

Avaliación Documento Avaliación Unidade 2 Documento Avaliación Unidades 1-2 Actividades interactivas

Para comenzar… Repasamos1. Animar os alumnos a que organicen e sinteticen os

contidos da unidade mediante a realización de esque-mas ou utilizando organizadores gráficos diferentes.

Durante o desenvolvemento… 2. Despois de realizar a actividade 2, preguntar aos alum-

nos en que orde aparecen no dicionario as distintas pa-labras da actividade.

3. Traballo individual. Suxerir aos alumnos que entren en smCelmedixital.com para facer a autoavaliación da unidade con actividades interactivas, o que lles permi-tirá consolidar os coñecementos.

Para rematar…4. Reflexionamos. Comentade cos alumnos que aspecto

traballado nesta unidade lles comportou máis dificul-tade e cal lles resultou máis fácil.

Aprendizaxe personalizada(Traballos asignables en Celmedixital )

Traballo en equipo Medio natural