Unidade 1 As orixes do ser humano

28
O ser humano procede do mono? As orixes do ser humano Unidade 1

description

As orixes do ser humano

Transcript of Unidade 1 As orixes do ser humano

Page 1: Unidade 1 As orixes do ser humano

O ser humano procede do mono?

As orixes do ser humanoUnidade 1

Page 2: Unidade 1 As orixes do ser humano

A orixe da vida

• O noso planeta non sempre existiu no universo nin a vida no noso planeta. Calcúlase que foi hai 4500 millóns de anos cando se formou a Terra por condensación de po cósmico e gases interestelares. Os primeiros organismos vivos apareceron 1500 millóns de anos despois.

• Ata o século XIX, a explicación aceptada pola maioría dos naturalistas sobre a orixe da vida foi a creacionista. Segundo esta teoría, baseada na Biblia, a vida foi creada por Deus hai aproximadamente 6000 anos.

Page 3: Unidade 1 As orixes do ser humano

A orixe da vida• TEXTO• Ao principio creou Deus os ceos e a terra (…) Dixo logo: “Faga abrollar a terra

herba verde, herba con semente, e árbores froiteiras cada un co seu froito, segundo a súa especie, e coa súa semente, sobre a terra” E así foi. E produciu a terra herba verde, herba con semente, e árbores de froito con semente cada un. Viu Deus ser bo (…) Dixo logo Deus: “Abrolle a terra seres animados segundo a súa especie, gandos, réptiles e bestas da terra segundo a súa especie. E así foi. Fixo Deus tódalas bestas da terra segundo a súa especie, os gandos segundo a súa especie, e todolos réptiles da terra segundo a súa especie. E viu Deus ser bo.

• Dixo entón Deus: “Fagamos ao home á nosa imaxe e á nosa semellanza, para que domine sobre os peixes do mar, sobre as aves do ceo, sobre os gandos e sobre tódalas bestas da terra e sobre cantos animais se moven sobre ela”. E creou Deus ao home a imaxe súa, a imaxe de Deus creouno, e creounos macho e femia; e bendiciunos Deus dicíndolles: “Procreade e multiplicádevos, e enchede a terra; sometédea e dominade sobre os peixes do mar, sobre as aves do ceo e sobre os gandos e sobre canto vive e se move sobre a terra”

• Xénese, 1

Page 4: Unidade 1 As orixes do ser humano

A orixe da vida• A explicación que cobra máis forza no campo de bioloxía é a

naturalista: a vida formouse unha soa vez, nun momento determinado da historia da Terra, a partir da materia inorgánica.

• Este proceso natural de transformación da materia inorgánica en materia orgánica explicouno en 1938 o bioquímico A.I. OPARIN.

• Segundo Oparin, hai 3000 millóns de anos, a atmósfera da Terra estaba composta de amoníaco, metano, hidróxeno e vapor de auga. Nesta atmósfera primitiva, e favorecidas pola enerxía do ambiente (radiacións solares, raios, calor de zonas volcánicas, etc.), teríanse desencadeado reaccións químicas que terían dado lugar a compostos orgánicos elementais (ácido cianhídrico, etc.). Estes teríanse diluído nas augas primitivas formando o caldo prebiótico. Serían aquí onde tería xurdido a primeira célula viva

• A credibilidade desta hipótese viuse reforzada en 1953 ao acadar STANLEY L. MILLER, tras reproducir en laboratorio as condicións primitivas da Terra, a síntese de substancias orgánicas.

Page 5: Unidade 1 As orixes do ser humano

A orixe da vida• TEXTO• O enigma continúa e encobre tamén a resposta a unha pregunta de

profundo interese. A vida ten aparecido na Terra: Cal era antes do acontecemento a probabilidade de que aparecese? A estrutura actual da biosfera non exclúe, senón ao contrario, a hipótese de que o acontecemento decisivo non se tiña producido máis que unha soa vez. O que significaría que a súa probabilidade a priori era case nula (…) O destino escríbese a medida que se cumpre, non antes. O noso non érao antes de que emerxera a especie humana, a única na biosfera que utiliza un sistema lóxico de comunicación simbólica. Outro acontecemento único que debería, por iso mesmo, prevernos contra todo antropocentrismo. Se foi único, como quizáis o foi a aparición da vida mesma, é porque as súas probabilidades, antes de aparecer, eran case nulas. O universo non estaba grávido da vida, nin a biosfera do home. O noso número saiu no xogo de Montecarlo. Como sorprenderse de que, como quen acaba de gañar alí mil millóns, sintamos a estrañeza da nosa condición?

• JACQUES MONOD, O azar e a necesidade

Page 6: Unidade 1 As orixes do ser humano

A orixe da vida

• A pesar do alto grao de elaboración teórica que posúe e da proba experimental coa que está avalada, a hipótese naturalista non suscita un acordo unánime entre tódolos científicos. O descubrimento en meteoritos de microorganismos fosilizados suxire, segundo a hipótese cosmozoica, que a vida non xurdiu na Terra, senón que chegou dalgún lugar do universo.

Page 7: Unidade 1 As orixes do ser humano

A relación entre as especies

• Respeito da relación existente entre as distintas especies de seres vivos, as dúas explicacións que se teñen dado ao longo da historia son o fixismo e o evolucionismo.

Page 8: Unidade 1 As orixes do ser humano

A relación entre as especies

• FIXISMO:• Segundo o fixismo, tódalas especies son

invariables e independentes entre si. Esta postura foi defendida na antigüidade por ARISTÓTELES e o CRISTIANISMO combinouno co creacionismo. Segundo o relato bíblico, Deus tería creado en actos distintos ás diferentes especies de seres vivos e teríallles dado a forma que teñen actualmente. O ser humano sería radicalmente distinto ao resto dos seres vivos, e superior a eles por ter sido creado a imaxe e semellanza de Deus.

Page 9: Unidade 1 As orixes do ser humano

A relación entre as especies

• FIXISMO:• Para explicar a existencia de restos fósiles

correspondentes a especies extinguidas, o naturalista e creacionista GEORGES CUVIER (1769-1832) propuxo a teoría catastrofista, segundo a cal non houbo unha, senón varias creacións sucesivas. Todos os seres vivos creados por Deus en cada unha delas terían sido destruídos por grandes catástrofes naturais, tras cada unha das cales Deus tería procedido a unha nova creación.

Page 10: Unidade 1 As orixes do ser humano

A relación entre as especies

• EVOLUCIONISMO:• Ao contrario que o fixismo, o evolucionismo

sostén que as especies non tiveron sempre a forma actual, senón que unhas derivan doutras, establecendo entre elas unha relación de continuidade.

• A idea da evolución biolóxica non é nova na historia do pensamento. Xa na antigüidade ANAXIMANDRO (s.VI a.C.) sostivo que a vida xurdeu na auga, e que tódolos animais terrestres, incluído o home, se desenvolveron a partir dos peixes.

Page 11: Unidade 1 As orixes do ser humano

A relación entre as especies

• EVOLUCIONISMO:• Como teoría científica coherente, o evolucionismo comezou

a elaborarse a finais do século XVIII, e actualmente está avalado por todo tipo de probas científicas: as probas anatómicas establecen coincidencias morfolóxicas entre grupos de seres vivos; as probas bioquímicas poñen de manifesto unha composición e procesos orgánicos similares en tódolos seres vivos; as probas embriolóxicas mostran as semellanzas entre embrións e fetos de distintas especies; as probas xenéticas desvelan as afinidades que existen na composición cromosómica dos seres vivos; as probas paleontolóxicas dinnos que a medida que se ascende nos estratos xeolóxicos os restos fósiles son máis complexos; e as probas xeográficas evidencian o acoplamento do ser vivo ao medio no que vive.

Page 12: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• A pesar de que tódolos evolucionistas aceptan a transformación das especies, discrepan entre si ao tratar de establecer os seus mecanismos e na súa interpretación. As principais teorías evolucionistas son:– O LAMARCKISMO– O DARWINISMO– A TEORÍA SINTÉTICA

Page 13: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• LAMARCKISMO:• A primeira teoría da

evolución o transformación das especies de relevancia científica foi formulada polo naturalista JEAN-BAPTISTE DE MONET, cabaleiro de Lamarck (1744-1829). Lamarck atribuía os cambios nas especies a unha adaptación do organismo ao medio e á transmisión hereditaria das modificacións adquiridas.

Page 14: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• LAMARCKISMO:• Segundo a explicación de

Lamarck, un cambio no medio provoca novas necesidades aos organismos. Estes esfórzanse por satisfacelas, desenvolvendo os órganos necesarios e atrofiando os innecesarios. Lamarck cría que estes novos órganos serían transmitidos aos seus descendentes.

Page 15: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución• LAMARCKISMO:• Este é precisamente un

dos puntos máis febles da explicación de Lamarck, xa que, como teñen posto de manifesto os modernos estudios xenéticos, os caracteres adquiridos non se herdan. Ademais, repróchaselle de carecer de probas científicas concluíntes, e de incluír no mundo orgánico unha intención ou vontade de evolucionar, algo que fai dificilmente crible.

Page 16: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• DARWINISMO:• CHARLES DARWIN (1809-1882) ofreceu unha explicación máis

convincente da evolución, e aportou probas a favor da mesma, recollidas durante 5 anos de investigación por América do Sur e as illas do Pacífico a bordo do Beagle. As súas obras A orixe das especies (1859) e A orixe do home (1871) causaron unha gran conmoción na súa época.

• Darwin expresou o seu recoñecemento ao economista THOMAS R. MALTHUS (1766-1834) por terlle feito comprende-lo mecanismo da selección. Na súa obra Ensaio sobre o principio da poboación (1798) escribira Malthus: “A potencia da poboación é indefinidamente superior á potencia da terra para producir sustento para a humanidade (…) A poboación sen controlar aumenta en progresión xeométrica, mentras que o alimento só crece en progresión aritmética”. De aquí conclúese unha loita entre individuos polo alimento, que conducirá á supervivencia do máis apto.

Page 17: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• DARWINISMO:• Darwin explicou a evolución como o resultado dun proceso de

selección natural, semellante ao utilizado por agricultores e gandeiros para obter distintas variedades de animais e prantas, coa diferencia de que quen selecciona é o medio.

• Segundo Darwin, de cada especie nacen máis individuos dos que poden sobrevivir. Estes individuos posúen variacións ou diferenzas entre si. Entre elas establécese a loita pola existencia, de modo que só sobrevivirán quenes posúan as variacións favorables para o medio no que viven. Estas variacións favorables serán transmitidas e herdadas polos seus descendentes.

• Na explicación de Darwin destácase, fronte á de Lamarck, o carácter pasivo da evolución. Esta prodúcese polo mecanismo externo da selección, sen que haxa unha tendencia interna cara a unha vida superior. Con respecto a Lamarck, nega Darwin toda finalidade. Só hai azar (variacións) e necesidade (selección natural).

Page 18: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución• DARWINISMO:• As ideas de Darwin estendéronse rapidamente, influíndo en tódolos

ámbitos do pensamento. A primeira reacción contra o darwinismo foi protagonizada por un amplo sector da igrexa, quen a rexeitou por considerala incompatible co relato bíblico e por excluír toda intencionalidade divina na orixe do ser humano. Ademais parecíalles que, situando a súa orixe nos animais, a explicación de Darwin degradaba ao ser humano.

• En ciencias sociais, a teoría da selección natural de Darwin influíu no denominado DARWINISMO SOCIAL ou intento de trasladar á sociedade a lei da loita pola existencia ou supervivencia do máis apto que opera na natureza. Para HERBERT SPENCER (1820-1903), o máis claro representante do darwinismo social, os que viven en mellores condicións de vida son os mellores. Con isto xustifica o predominio social duns seres humanos sobre outros, o predominio colonial duns países sobre outros, e a superioridade dunhas razas sobre outras.

Page 19: Unidade 1 As orixes do ser humano

Teorías da evolución

• TEORÍA SINTÉTICA:• Formulada entre 1936 e 1947, constitúe unha síntese das

investigacións levadas a cabo no ámbito da xenética, a biomatemática, a paleontoloxía, a antropoloxía e a zooloxía. O nacemento da xenética molecular fixo que se reformulara a teoría sintética sen que se alteraran as súas ideas básicas.

• A teoría sintética engade ao mecanismo darwiniano da selección natural a explicación da orixe das variacións por mutacións xenéticas, e a explicación da transmisión das características vantaxosas dunha xeración a outra. Ademais, inclúe o illamento de poboacións como factor de transformación das especies.

Page 20: Unidade 1 As orixes do ser humano

Hominización

• O PROCESO DE HOMINIZACIÓN:• O acordo entre toda a comunidade científica respecto a

que o home procede do animal é unánime. Non obstante, todo o referente ao proceso de transformación do animal en home, que é o que se denomina hominización, así como a reconstrucción da árbore xenealóxica da especie humana é aínda obxecto de conxectura e debate.

• O proceso de hominización divide os antropólogos en dous grupos. Por un lado, están os que sosteñen que esta foi unha transformación progresiva, mediante os mesmos mecanismos que rexeron a evolución do resto das especies animais; e, por outro, quen defenden un cambio brusco e rápido, un salto misterioso cara á humanidade.

Page 21: Unidade 1 As orixes do ser humano

Hominización

• O PROCESO DE HOMINIZACIÓN:• As investigacións acerca da hominización lévanse a cabo

actualmente en varios campos, como o paleoxeográfico, para determinar se o home apareceu nun único lugar do planeta ou en varios á vez; o paleontolóxico, para coñecer con precisión as características corporais, psíquicas e sociais dos ancestros do home; o bioquímico, para establecer a semellanza entre o home e os grandes simios, así como os principais cambios ocorridos a nivel molecular na hominización; e o da datación, para establecer a cronoloxía do proceso de hominización.

• Parece ser que o proceso de hominización se iniciou cos cambios ecolóxicos ocorridos a finais do período terciario, hai aproximadamente 4,5 millóns de anos, en que a sequía fixo retrocede-lo bosque tropical e avanza-la sabana.

Page 22: Unidade 1 As orixes do ser humano

Hominización• A HOMINIZACIÓN CORPORAL:• Todo o peso da hominización corporal recaeu no eixe pé-mans-

cerebro. A posición erguida permanente, a liberación das mans das uncións locomotoras para transformarse en órganos capaces de asir e manipular obxectos, e o desenvolvemento e perfeccionamento do cerebro son as tres principais características que diferencian o home do animal.

• Estes cambios corporais estarían estreitamente relacionados cos cambios ecolóxicos anteriormente sinalados. O bipedismo facilitaría a supervivencia na sabana ao permitir otear por riba das altas herbas ao depredador. A liberación das mans, consecuencia do bipedismo, permitiría fuxir as dúas patas levando ás crías en brazos, ou utilizar pedras ou garrotes para cazar ou defenderse. O bipedismo provocaría ademais cambios no pescozo, a arquitectura da cara e o cráneo, favorecendo o desenvolvemento do cerebro.

Page 23: Unidade 1 As orixes do ser humano

Hominización

• A HOMINIZACIÓN PSÍQUICA E SOCIAL:• Estreitamente relacionada coa hominización corporal estaría

a hominización psíquica e social. O pensamento e a linguaxe iríanse desenvolvendo e perfeccionando ao mesmo tempo que os cambio corpporais. O ambiente hostil da sabana, onde para sobrevivir unha especie tan fisicamente desprotexida como a nosa é necesaria a axuda colectiva e a estratexia, a receptividade sexual das femias durante todo o ano e o nacemento inmaturo potenciarían o xurdimento de núcleos de poboación, que se irían organizando dunha maneira cada vez máis complexa.

Page 24: Unidade 1 As orixes do ser humano

Etapas da hominización

• AUSTRALOPITHECUS:• O australopithecus é o primeiro

homínido do que se ten constancia por restos fósiles. Viviu hai aproximadamente 4 millóns de anos. Sábese que andaba erguido, que era de pequena estatura (1,40 m.) e escaso peso (20 Q.), e que tiña unha capacidade craneal semellante á dos grandes simios (entre 400 e 500 cm3). Parece ser que utilizou e fabricou instrumentos, unhas sinxelas lascas para cazar, cortar ou rascar…

Page 25: Unidade 1 As orixes do ser humano

Etapas da hominización

• HOMO HABILIS:• Outro xénero de homínidos foi o

homo habilis, nome que lle vén da gran variedade de instrumentos de pedra atopados nos xacementos xunto aos seus restos fósiles, e que viviu hai aproximadamente 2 millóns de anos. A súa capacidade craneal variaba entre os 500 e os 750 cm3. Por comparación coa conduta dos simios, pódese deducir que tanto o australopithecus como o homo habilis posuían tradicións sociais ou culturais.

Page 26: Unidade 1 As orixes do ser humano

Etapas da hominización

• HOMO ERECTUS:• Ao homo habilis sucedeulle o homo

erectus, que viviu hai aproximadamente 800.000 anos. A súa capacidade craneal oscilaba entre os 700 e os 1.000 cm3. Non só mellorou a tecnoloxía lítica (máis instrumentos e máis precisos), senón que tamén usou e controlou o lume. A súa cultura e organización social era máis complexa que a dos anteriores. Cazaba grandes animais, e suponse que tiña divididas as súas actividades en función do sexo. Tamén foi capaz de adaptarse a climas fríos.

Page 27: Unidade 1 As orixes do ser humano

Etapas da hominización

• HOMO NEANDERTALENSIS:• O homo neandertalensis,

misteriosamente desaparecido, viviu hai aproximadamente 100.000 anos. Era de complexión robusta, de baixa estatura e de cerebro máis grande que o home actual (máis de 1.500 cm3), aínda que co lóbulo frontal menos desenvolvido, e estaba adaptado ao frío. Era sociable e vivía en comunidade. Dedicábase á caza, soterraba os mortos, fabricaba excelentes armas e utilizaba o lume.

Page 28: Unidade 1 As orixes do ser humano

Etapas da hominización

• HOMO SAPIENS:• O homo sapiens actual apareceu

hai aproximadamente 35.000 anos, coincidindo coa desaparición do homo neandertalensis. A súa capacidade craneal varía entre 1300 e 1500 cm3, e a súa morfoloxía apenas difire da nosa, aínda que era máis baixo. A súa cultura e forma de vida era semellante á dos pobos cazadores-recolectores actuais.