UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1...

9
UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta, baseándose nos estudos dun comité científico, propón un proxecto pioneiro: un sistema de partenariado entre o sector público e privado. Nace a primeira empresa público-privada do sector cun modelo de xestión caracterizado por tres atributos: global, integral e solidario. A súa actividade ten o seu epicentro industrial no Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC). 2 RESPALDO EUROPEO A UE dálle luz verde ó proxecto a través do Fondo Europeo de Cohesión e aválao coa concesión de 72,21 millóns de euros. O sistema Sogama é o único proxecto español que supera o correspondente control do Parlamento Europeo sen ser unha gran infraestrutura de comunicación. Vertedoiros municipais incontrolados: década dos 90.

Transcript of UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1...

Page 1: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

UNHA NOVA ERA PARA GALICIA

NACE O MODELO SOGAMA1Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta, baseándose nos estudos dun comité científico, propón un proxecto pioneiro: un sistema de partenariado entre o sector público e privado. Nace a primeira empresa público-privada do sector cun modelo de xestión caracterizado por tres atributos: global, integral e solidario. A súa actividade ten o seu epicentro industrial no Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC).

2RESPALDO EUROPEO

A UE dálle luz verde ó proxecto a través do Fondo Europeo de Cohesión e aválao coa concesión de 72,21

millóns de euros. O sistema Sogama é o único proxecto español que supera o correspondente control

do Parlamento Europeo sen ser unha gran infraestrutura de comunicación.

Vertedoiros municipais incontrolados: década dos 90.

Page 2: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

IMPARABLES EINCANSABLES

4INAUGURACIÓN DO CMC

Fai agora 20 anos, D. Manuel Fraga Iribarne, entón presidente da Xunta de Galicia, encárgase de darlle

o disparo de saída a un proxecto que axiña ha superar todas as expectativas.

LIXEIROS DE EQUIPAXEPARA ENGALAR ALTO

3Empézase cunha soa instalación, a pioneira Planta de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS), que marca o inicio deste ilusionante proxecto a través da separación, por tipoloxías, dos materiais depositados pola cidadanía no contedor amarelo para remitírllelos a empresas recicladoras que os devolverán ao mercado transformados en novos produtos.

Entrada en operación da Planta de Clasificación: finais de 1998

Inauguración CMC: 20 de xaneiro do 2000

Page 3: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

AUTOMATIZACIÓN TOTAL DAS PCLAS

5A Planta de Clasificación de Envases Lixeiros cumpre un doble obxectivo: faise máis eficiente a través da súa mecanización e mellora as condicións laborais do persoal adscrito a ela.

TRIPLA ACREDITACIÓN EUROPEA

O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DO

SECTOR DOS RESIDUOS URBANOS MÁIS AVANZADO

DESTACANDOEN EUROPA

6

7

O daquela comisario de Política Territorial da Unión Europea, D. Michel Barnier, visita o CMC e sinálao como un

proxecto líder no seu sector que «merece ser cualificado con parabéns, felicitacións e sobresalientes», valorando o

Complexo Medioambiental de Cerceda como o «máis moderno de Europa».

A Comisión Europea encarga unha avaliación ex-post do modelo Sogama, habitual neste tipo de proxectos, que foi superada de sobra. A CE reafírmase nos tres beneficios incuestionables que achega Sogama: protección medioambiental —tras ter facilitado a clausura dos vertedoiros municipais incontrolados—, crecemento económico —máis de 1.000 postos de traballo, entre directos e indirectos—, e benestar social e calidade de vida para a cidadanía.

Automatización Planta de Clasificación: ano 2008

Estudo ex-post: ano 2012

Page 4: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

PRIORIZANDO A CONTORNA

RESPECTO ABSOLUTO POLA SAÚDE E O MEDIO

AMBIENTE

8

Os niveis de emisión á atmosfera sitúanse moi por debaixo dos límites que marca a lei. Isto é posible grazas aos estritos

e permanentes controis ambientais e ao rigoroso cumprimento dunha esixente normativa que garante o

máximo respecto á contorna e á saúde.

9SOSTIBLES ATANO TRANSPORTEMáis da metade dos residuos que se xestionan no CMC chegan en tren. Pasamos do 25 % no 2016 ao 55 % no 2018, priorizando deste xeito un transporte máis sostible, seguro e respectuoso co medio ambiente.

Optimización transporte por ferrocarril: ano 2016

Page 5: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

CAPACIDADEMELLORADA

11PARA TODA GALICIA

O CMC pode tratar en condicións óptimas non só os residuos dos 295 concellos adheridos ao sistema

Sogama, senón tamén os producidos en toda a Comunidade Autónoma.

CAPACIDADE PARA1 MILLÓN DE TONELADAS ANUAIS

10

Ante a insuficiente capacidade do CMC para xestionar todos os residuos recibidos por Sogama, decídese incrementala nun 81% con vistas ao futuro.

Ampliación do CMC: ano 2018

Page 6: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

VERTIDO TÉCNICO CERO CUM LAUDE

12Sogama cumprirá, con 15 anos de antelación, as esixencias do Parlamento Europeo para todos os Estados membros e chegará ao «vertido técnico cero» este mesmo ano 2020.

EN LIÑA COA INDUSTRIA 4.0

PIONEIROS EVANGARDISTAS

13Constrúese e equípase unha nova planta de recuperación dos

materiais contidos no lixo en masa e remodélase a antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. O CMC é hoxe o centro de xestión e tratamento de residuos urbanos máis

vangardista de Europa e todo un referente para o resto do mundo.

Construción e equipamento da planta de compostaxe industrial.

Page 7: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

CON ENERXÍA VERDE

DÁMOSLLES SERVIZO AO 94% DOS CONCELLOS GALEGOS

14

Empezamos con 71 concellos e hoxe traballamos con 295, dándolles servizo a 2.242.000 habitantes.

15ENERXÍA PARA

O 12% DE FOGARESSogama produce, a partir da fracción non reciclable

dos residuos, a enerxía eléctrica equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.

MODELO SOGAMA

MODELO NOSTIÁN

MODELO BARBANZA

O Rosal

O Porriño

Beade

A Cañiza

A LAMA

O Morrazo

A Lama

Curtis

Riotorto

Muiños

Celanova

A Gudiña

Pobra deTrives

Verín

Xinzo de Limia

Maceda

VianaDo Bolo

O CarballiñoA Peroxa

Ribadumia

Silleda

Chantada

CERCEDA

San CibraoDas Viñas

Monforte

Sarria

A Rúa

Santiago

Narón

Ortigueira Viveiro

Barreiros

Lugo

Becerreá

Boiro

Santa Comba

Corcubión

20 plantas de transferencia de Sogama

11 Microplantas da Deputación de Ourense

5 plantas de transferencia construidaspola Xunta de Galicia

1 planta de transferencia da Mancomunidade do Morrazo

Complexo Medioambiental de Sogama

295 CONCELLOSADHERIDOS AO PLAN SOGAMA

2.242.139 HABITANTES(83% DA POBOACIÓN)

Page 8: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

OS TRES ERRESCOMO FARO GUÍA

17ACEIRO, ALUMINIO, VIDRO

E AGORA OUTROS MATERIAISRecuperamos por vez primeira vidro e melloramos os

procesos de selección do aceiro e aluminio. Separámolos con máis eficiencia, sumando un total de 342.575 toneladas

de materiais recuperados para outros usos.

FIRME APOSTA POLA VALORIZACIÓN

16Dende a súa inauguración, o CMC puxo en valor máis de 10.000.000 toneladas de residuos cos que se poderían encher 50 estadios de fútbol coma Riazor ou Balaídos.

Page 9: UNHA NOVA ERA PARA GALICIA · 2020. 1. 26. · UNHA NOVA ERA PARA GALICIA NACE O MODELO SOGAMA 1 Para atallar o grave problema na xestión de residuos urbanos en Galicia, a Xunta,

PRETO DE 76.500 VISITAS

18

A colaboración cidadá é vital para o noso desempeño. Sempre coas portas abertas á cidadanía, dende o inicio da actividade do CMC, por el teñen pasado colexios, universidades, asociacións, colectivos sociais e empresas aos que informamos e formamos. E esa é a nosa folla de ruta para o futuro.

GALICIA PECHA O CÍRCULO

SOGAMA CIRCULAR

UNHA GALICIA MÁIS PRÓSPERA

19

20

Comeza unha nova etapa onde o CMC se erixe como un dos piares do liderado galego na

transición cara á economía circular.

Puxemos a Galicia no mapa da sostibilidade mundial. Hoxe podemos mirar ao futuro coa satisfacción de sermos unha comunidade pioneira na xestión sostible dos residuos urbanos e co orgullo de termos un Complexo Medioambiental líder en Europa. Foron 20 anos, pero este é só o principio.

Visita de Don Alberto Núñez Feijóo á nova planta de recuperación de materiais: xaneiro 2019

Sogama circular: ano 2020