maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha...

32
maio 2017 nº 161 Carlos Casares, a viaxe do galego polo mundo Carlos Casares traballando no seu portátil. O escritor homenaxeado polas Letras Galegas deste 2017 foi un defensor da cultura e a lingua; así coma da súa internacionalización. Sobre este e outros temas reflexionan o seu fillo e os seus compañeiros Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes. P. 14-15 Muimenta volve celebrar a única festa dos xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño o recinto feiral da localidade servirá de campo de xogos para pequenos e maiores. Esta novena edición tamén contará coas demostracións de Ernesto Ezpeleta. P. 8 muras A Romaxe Artesá da Chaira pon en valor os oficios tradicionais A Área Recreativa da Veiga será o escenario o sábado 27 de maio dunha mostra de artesanía, demostración en vivo de oficios artesáns, obradoiros, charlas e xogos tradicionais. Tampouco faltará a música e a boa comida. P. 10 Xaneco Tubío ofrecía un obradoiro infantil na primeira Romaxe Artesá da Chaira. xermade Cabreiros celebra novas xornadas sobre o rural As Xornadas Interxeracionais Rurais albergarán de novo charlas sobre o desenvolvemento rural ou a saúde, a presentación dos traballos dos Premios Xermade na Historia e teatro. P. 9 cospeito Invesr en Friol Máis información nas páxinas centrais.

Transcript of maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha...

Page 1: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

maio 2017nº 161

Carlos Casares, a viaxe do galego polo mundo

Carlos Casares traballando no seu portátil.

O escritor homenaxeado polas Letras Galegas deste 2017 foi un defensor da cultura e a lingua; así coma da súa internacionalización. Sobre este e outros temas reflexionan o seu fillo e os seus compañeiros Henrique Monteagudo e Víctor F. Freixanes. P. 14-15

Muimenta volve celebrar a única festa dos xogos tradicionais de GaliciaXOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño o recinto feiral da localidade servirá de campo de xogos para pequenos e maiores. Esta novena edición tamén contará coas demostracións de Ernesto Ezpeleta. P. 8

muras

A Romaxe Artesá da Chaira pon en valor os oficios tradicionais

A Área Recreativa da Veiga será o escenario o sábado 27 de maio dunha mostra de artesanía, demostración en vivo de oficios artesáns, obradoiros, charlas e xogos tradicionais. Tampouco faltará a música e a boa comida. P. 10

Xaneco Tubío ofrecía un obradoiro infantil na primeira Romaxe Artesá da Chaira.

xermade

Cabreiros celebra novas xornadas sobre o ruralAs Xornadas Interxeracionais Rurais albergarán de novo charlas sobre o desenvolvemento rural ou a saúde, a presentación dos traballos dos Premios Xermade na Historia e teatro. P. 9

cospeito

Investir en FriolMáis información nas páxinas centrais.

Page 2: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

2 maio 2017 actualidade

NOVAS DA CHAIRA

A Xunta inviste máis de 170.000 euros en mellorar a área da Madalena

vilalba

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitaba o concello de Vilalba para coñecer de primeira man o re-sultado das obras acometidas para mellorar a área recreativa da Mada-lena, nas que a Xunta investiu máis de 170.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental.Os traballos consistiron fundamen-talmente na mellora de vías; cons-trución de beirarrúas e paseos peo-nís par dar acceso ás instalacións deportivas; e acondicionamento da zona de entrada á piscina, do aparcadoiro do campo de fútbol e de zonas verdes. As actuacións rea-lizáronse nesta zona polo seu ele-vado interese paisaxístico e natural, nunha área que tamén concentra

unha gran parte dos servizos depor-tivos e de ocio da localidade.As obras financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambien-tal, unha ferramenta que permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna. A orde para este ano, publicada en xaneiro, dispón dun orzamento global de 7,7 millóns de euros.Con todo, esta non é a única liña de colaboración establecida co conce-llo de Vilalba, que tamén recibiu o ano pasado un total de 40.000 euros para o acondicionamento da Rúa da Feira, ao abeiro da orde de axudas para infraestruturas.

Rueda visitaba Vilalba acompañado do delegado territorial e o alcalde.

A Xunta avalía cos empresarios programas de creación de empregoO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha xuntanza de traballo cos empre-sarios de Vilalba para escoitar as súas demandas e expoñer as ferramentas coas que conta a Xunta para impulsar a creación de emprego de calidade e fo-mentar o emprendemento, en especial as que van dirixidas ás pemes galegas.Deste xeito, tras coñecer de primeira man as principais preocupacións do sector empresarial de Vilalba, Conde ex-plicou as iniciativas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha para apoiar a internacionaliza-ción e innovación das pequenas e me-dianas empresas galegas e as medidas para favorecer o labor dos autónomos.O titular de Economía salientou o Plan

de captación de investimentos en Ga-licia co que a Xunta está a poñer en valor a capacidade industrial, loxística e xeoestratéxica da Comunidade e está a desenvolver medidas de maneira coordinada co resto de administracións para atraer empresas e capital.Esta folla de ruta inclúe, entre outros mecanismos, o impulso da Oficina Doing Business para axilizar a interlocu-

ción cos investidores e entre os diferen-tes departamentos da Xunta a través dunha xanela única, e a aprobación da Lei de implantación empresarial coa que se busca favorecer a xeración de actividade industrial mediante a sim-plificación da tramitación administra-tiva, desenvolvendo mellores axudas e apoios ás actividades empresariais e levando a cabo actuacións específicas que contribúan á dinamización do teci-do empresarial.A Xunta vén de activar unha plataforma cidadá para recoller propostas para a elaboración desta normativa, polo que autónomos, emprendedores, empre-sarios e particulares xa poden enviar as súas achegas a través do enderezo electrónico [email protected].

O obxectivo é deseñar unha Lei que se axuste ás necesidades do tecido produtivo.Así mesmo, Conde expuxo os apoios da Administración autonómica para a ha-bilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais e para a crea-ción de viveiros industriais promovidos polos concellos. En 2016, a Consellería concedeu axudas para a mellora de in-

fraestruturas dos parques empresariais lucenses e a creación de viveiros de empresas por importe de 1,1 millóns de euros.Tamén informou aos empresarios sobre a previsión de cobertura para dotar aos parques empresariais da provincia de Lugo de fibra óptica para 350 Mbps, a través do Plan de banda larga de Galicia 2020, e dos avances e previsións a tra-vés do Plan de gasificación 2015-2020.

Estratexia Autónomo 2020O conselleiro, ademais, lembrou as actuacións da Estratexia Autónomo 2020, aprobada en Consello da Xunta o pasado mes de febreiro, que supón a posta en marcha de 20 medidas cun presuposto de 160 millóns de euros para os vindeiros catro anos e que in-clúe iniciativas que buscan facilitar a incorporación de novos autónomos, mellorar a conciliación e favorecer o re-levo xeracional.Conde salientou, doutra banda, o esfor-zo da Consellería de Economía, Empre-go e Industria por aumentar as opor-tunidades de negocio nos concellos rurais cunha serie de medidas ás que se dedicarán 30 millóns de euros. Trátase de varios programas que pretenden incentivar a contratación, aumentar os niveis de emprendemento e fixar o te-cido empresarial. Entre eles, destacan a iniciativa Galicia Rural Emprende para diversificar e crear novas empresas non agrícolas no rural; a mellora dos incen-tivos á contratación; os espazos de em-prendemento activos de comercio ou o impulso de centros coworking.O conselleiro tamén se referiu á Es-tratexia de internacionalización da empresa galega 2020 que, a través de tres programas —Galicia Exporta Orga-nismos Intermedios, Xestores de Inter-nacionalización e mais Galicia Exporta Empresas— permitirá a internacionali-zación de máis de 500 pemes galegas cun investimento de 8 millóns de euros.

O conselleiro presidía a xuntanza xunto ao alcalde de Vilalba, o presidente do colectivo empresarial vilabés, o director do IGAPE e o delegado territorial.

Con ganas de máis quedaron co-merciantes e asistentes á primeira Feira de Oportunidades ‘Fóra Stocks’ que se celebraba o sábado 8 de abril nunha carpa situada na Praza da Constitución.Ata nove comercios vilalbeses tras-ladaban a mercancía dos seus locais ata os stands da feira -Texas, Maymar, O Tenderete, Movet, Urbo, Retoños, Luis Castro, O Gato con Botas e Alain Afflelou-; xunto aos de Colorin Colo-rado, que colaboraba organizando talleres para os máis pequenos e pe-quenas, a asociación Os Peludiños e a Escola de Movemento.

Pero a xornada contaba tamén cun desfile no que participaban algúns dos comercios da feira xunto a O Rincón Encantado e Novalux Ópti-ca e Centro Auditivo, ademais do Centro Ocupacional de Vilalba que lle daba saída e a asociación Os Peludiños que pechaba a pasarela dando a coñecer algúns dos cans en adopción. Tamén colaboraba Ytali Peluqueros.Debido ao éxito desta primeira edición, a organización a cargo da Asociación de Empresarios Sete Pontes baralla unha nova con dous días de duración.

Showcooking e búsqueda do tesouro no Mercado de VilalbaA Xunta de Galicia, a través da Direc-ción Xeral de Comercio e Consumo, celebra dende hai tres anos a campa-ña “Quere o teu mercado” co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, po-tenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.“Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en cola-boración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asocia-cións de comerciantes. Por terceiro ano consecutivo e durante a segun-da quincena do mes de maio, orga-

nizaranse actividades en máis de 90 mercados de Galicia, distribuidos por todo o territorio, incentivando así a creación de novos negocios para a re-vitalización deste sector do comercio.Así, o Mercado de Abastos de Vilalba únese á campaña organizando visi-tas guiadas e o xogo da búsqueda do tesouro para nenos e nenas dos centros educativos de educación pri-maria o martes 23 e o venres 26 de maio dende as once da mañá á unha do mediodía.E o sábado 27 de maio celebrarse o Día do Mercado cun showcooking en directo na praza de abastos a partir das doce do mediodía sobre a impor-tancia de mercar productos frescos e

de proximidade da man dos Larpei-ros, Benigno Campos e Adrián García.

Tradición e modernidadeOs mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitali-zador facilitantando, ademais, a com-pra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen nece-sidade de grandes desprazamentos. A campaña ‘Quere o teu mercado’ pretende recoñecer a súa valía; xa que “xuntan tradición e modernidade ofertando os mellores prezos en pro-dutos frescos de alimentación e in-corporando cada día novos servizos complementarios e personalizados”.

A feira de oportunidades marca un inicio de éxito

Tralo éxito da primeira edición, xa barallan unha segunda máis extensa.

Page 3: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

3maio 2017actualidade

Xa que “as leis educativas recollen o dereito a unha educación básica dos menores e a obrigatoriedade de es-colarización para os rapaces e rapazas entre os 6 e os 16 anos que lles permita o desenvolvemento da súa personali-dade e a realización dunha activida-de útil á sociedade, corresponde aos poderes públicos garantir o dereito á educación de tódolos alumnos na eta-pa obrigatoria”, como recorda a conce-lleira de Servizos Sociais, Flor Rey.Nese sentido, “faise imprescindible es-tablecer mecanismos de coordinación entre as institucións educativas e os poderes públicos con competencia na materia para detectar e abordar as si-tuacións de absentismo escolar, como medio para adoptar medidas com-pensatorias das situacións persoais, familiares ou sociais que inflúan no comportamento escolar”. Así, o Con-cello procura darlle solución a través “dunha intervención multidisciplinar”.

É dicir, “abordando esta problemática dende unha atención integral e coor-dinada entre os diversos profesionais de cada ámbito”.Así, en colaboración cos centros es-colares de Primaria e Secundaria, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba desenvolve, entre outras actuacións de atención a menores, dous programas de tra-ballo específico relacionados coa resolución de conflitos relacionados coas dificultades de inserción e o ab-sentismo escolar.

Protocolo de Absentismo EscolarO Concello de Vilalba forma parte, dende a súa adhesión no 2006, da Comisión na que participan a Dele-gación Provincial de Educación, o Servizo Provincial de Menores e os representantes de 13 Concellos da provincia que realizan o seguimento dos casos e actuacións en relación ao absentismo escolar para o cumpri-mento do seu Protocolo específico. As fases de intervención, neste caso, comezan coa detección do absentis-mo por parte dos centros educativos ou dos Servizos Sociais de Atención Primaria a través do seu traballo coas familias e a posterior posta en coñecemento da situación ante o núcleo familiar co que se procuran resolver as circunstancia que manteñen o absentismo.A segunda fase supón a intervención dos Servizos Sociais de Atención Primaria. “A través dun informe de derivación, o centro escolar porase

en contacto con este departamen-to, cando as actuacións realizadas dende o centro escolar non obtive-ran resultados. Dende ese momento iniciarase un proxecto de actuación conxunta dende ambas institucións para traballar simultaneamente co alumno e coa familia e intentar aca-dar a volta e integración do menor

no medio escolar. Esta proxecto levarase a cabo coa intervención dunha traballadora Social, asignada a cada caso, a Educadora Familiar e a Psicóloga do Departamento que fa-rán un traballo individual co menor e coa familia, a través de entrevistas individuais e traballo familiar”.Unha vez esgotadas as fases anterio-res e cando exista unha situación de desprotección do menor, remitirase

o caso ao servizo que teña atribuídas competencias de menores da Xunta de Galicia.

Dificultades de inserción escolar“Cada vez estase a prestar máis aten-ción aos problemas emocionais e de conduta dos alumnos e alumnas, e a súa relación coas dificultades de

aprendizaxe. Non debemos esquecer que a escola ten, ademais do apren-dizaxe académico, a obriga de ensinar aos nenos e mozos a vivir xuntos e re-solver os conflitos que van aparecen-do nas súas vidas, o que permitirá que aprendan de maneira máis efectiva”.A importancia que actualmente teñen as habilidades sociais “é consecuencia dunha necesidade de buscar solucións aos problemas de disrupción e de dis-

ciplina que xeran conflitos”. Polo tanto, é necesario “facilitar aos rapaces os ins-trumentos necesarios para que estes sexan capaces de ter unha boa auto-estima, tomar decisións responsables, relacionarse asertivamente cos demais e resolver conflitos de forma positiva”.Partindo destas necesidades, dende os Servizos Sociais do Concello de Vilalba, coa colaboración e implicación dos centros educativos, elaboraba unha proposta de actuación e un compro-miso conxunto, encamiñado a con-cretar as actuacións de traballo máis axeitado para traballar con menores que presentan condutas disruptivas, de disciplina ou outras problemáticas susceptibles de ser traballadas indivi-dualmente para mellorar a súa integra-ción no centro escolar e, en definitiva, a súa inserción social.A través dunha derivación do centro escolar, e co consentimento dos pais, nais ou titores legais do menor, inícia-se un traballo dende o departamento de Servizos Sociais que inclúe “dende unha intervención familiar realizada pola Educadora Familiar, ao traballo individual co menor en terapia no caso de ser necesario- levada a cabo pola Psicóloga do Departamento. A finalidade última é a de mellorar as habilidades de desenvolvemento per-soal que melloren a súa autoestima e faciliten a integración dos menores, mantendo contacto regular cos cen-tros educativos para determinar os obxectivos a traballar. Durante este curso académico estamos a traballar con 36 menores”.

O Concello vela pola escolarización de 36 menores

Flor Rey, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Vilalba.Considérase absentismo “a falta do alumno ou alumna a clase sen xustificación, previa ou posterior, por parte dos seus pais ou titores legais, cifrada nun 10% das horas lectivas durante un mes na Edu-cación Secundaria Obrigatoria ou equivalente titulación e, no caso da Educación Primaria, a falta a clase sen xustificación un día por semana durante un período con-secutivo dun mes”.

Absentismo

Page 4: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

4 maio 2017 actualidade

O IESCHA e o Concello de Vilalba convoca o I Premio Agustín Fer-nández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade coa colabo-ración de Edicións Xerais.Esta primeira convocatoria que pretende dar inicio a un premio “que se perpetúe no tempo pro-mocionando a igualdade e o goce da lectura”, como adiantaba a pre-sidenta do colectivo, Marisa Ba-rreiro, conta coa colaboración do Concello.Agustín Fernández Paz, socio de honra do IESCHA, será agora ho-menaxeado como “recoñecido es-critor, defensor da lingua e a cultu-ra galega e impulsor da literatura infantil e xuvenil”.Nese sentido, o director de Xerais, Manuel Bragado, destacaba o gran legado que Agustín Fernández Paz deixa a través da súa obra que se verá ampliada coa publicación dun libro de ensaios no que reflexiona sobre a lectura: Un mundo de pa-labras.Bragado considera “un agasallo” para Xerais a súa contribución na visibilización deste premio que será “un referente anual da litera-tura infantil e xuvenil en Galicia e da nosa literatura” en sinal de agra-decemento a Agustín Fernández Paz, un dos primeiros autores da editorial que coa súa obra “contri-buíu no desenvolvemento deste proxecto”.Sobre a convocatoria deste pre-mio, destaca tres singularidades: o nome dun dos grandes autores da literatura galega de entre sécu-

los, un eido da literatura no que o autor que lle da nome aportaba a súa atribución máis específica -a narrativa infantil e xuvenil- e unha temática vencellada ao compromi-so da igualdade de xénero, raza ou nacionalidade. A igualdade era un dos seus intereses persoais e so-bre esta temática, como destaca Bragado, dedicaba “a maioría das

súas obras: ata 43 do seu catálogo se vencellan a esta temática “en tó-dalas idades”.O rexedor vilalbés, Agustín Baa-monde, recordando a súa relación co escritor, destaca a “imaxinación portentosa” que xa demostraba ter na infancia cando ambos pasaba-mos horas e días no barrio das Pe-dreiras. E “sendo de bo nacidos, ser agradecidos”, considera que o Con-cello e tódolos vilalbeses e vilalbe-sas saldan con este premio “unha débeda de gratitude con Agustín

Fernández Paz”.O premio está dotado con 3.000 euros que aportan a partes iguais o Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba. O prazo para a recepción de ori-xinais comprende entre o 23 de abril, Día Internacional do Libro, e o 12 de xullo, coincidindo co pri-meiro cabodano do pasamento do

escritor vilalbés.Trala deliberación, o xurado emi-tirá o seu fallo en outubro; men-tres que a entrega se realizará en novembro. Posteriormente, Xerais comprométese a publicar a novela gañadora antes do 29 de maio de 2018, coincidindo co aniversario do nacemento do escritor.Ademais do alcalde de Vilalba, ta-mén acudían á presentación do premio outros amigos do escritor e a súa irmá Tita.

A igualdade, tema do I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil

O Concello de Vilalba convoca o Cer-tame Literario das Letras Galegas 2017 dirixido a mozos e mozas escri-tores de Vilalba e a Terra Chá.De feito, na categoría de 15 a 18 anos dos premios “Manuel Mato Vizoso” de prosa e “Xosé María Chao Ledo” de poesía admitiranse traballos de mozos e mozas de toda a comarca. Entre todas as propostas determi-naranse os gañadores de cada ca-tegoría que obterán 210 euros e un diploma polo mellor relato ou poe-ma inédito en galego de tema libre e extensión máxima de 20 folios e 75 versos, respectivamente.A vilalbeses menores de 15 anos di-ríxense os premios “Xosé Lois García Mato” e “Antonio García Hermida” do-tados con premios de 120 e 100 eu-ros, respectivamente, máis diploma.Pola súa banda, os rapaces e rapa-zas menores de 10 anos poden pre-sentar tamén traballos en prosa ou en verso aos certames que levan o nome de “Carmiña Prieto Rouco” e “Carlos Casares”, respectivamente. Os premios neste caso son do 80 e 60 euros máis diploma.Os traballos deberán ser remitidos ao Concello de Vilalba antes das dúas da tarde do luns 8 de maio en sobre pechado e baixo pseudónimo.O xurado poderá conceder os accésit que considere oportunos. O seu ve-redicto darase a coñecer a través dos

medios de comunicación. A entrega de premios terá lugar o 17 de maio nun acto que se celebrará na Casa da Cultura de Vilalba a partir das oito do serán coa participación de Tuba e Dalle.

VIII Carreira Popular Escolas das Letras GalegasA Carreira Popular das Letras Galegas que organiza o Concello de Vilalba alcanza a oitava edición recuperan-do o seu carácter escolar. Así, o mar-tes 16 de maio rapaces e rapazas de 6 a 16 anos poderán participar nesta proba con saída dende a Praza da Constitución.O regulamento da proba recolle ca-tro categorías segundo a idade dos e das participantes que deberán percorrer 300 metros na categoría +5, 600 na categoría + 7, 850 metros na categoría +10 e 1.600 metros na categoría + 13.Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e descontos en ac-tividades deportivas.O prazo de inscrición, gratuíta, pecha o domingo 14 de maio ás doce da noite. Os interesados e interesadas poden formalizar a inscrición a tra-vés do portal https://goo.gl/APKXMX cos mestres ou mestras dos distintos centros educativos ou na Oficina de Deportes do Concello de Vilalba en horario de nove a unha e media.

Escritura e deporte polas Letras Galegas

Barreiro, Baamonde, Bragado e Pita durante a presentación do Premio.

O IES Basanta Silva de Vilalba pon en marcha un novo ‘Maio Cultural’. A proposta de “encher o mes de maio de actividades culturais” cumple xa cinco anos. De feito, “o alumnado xa estaba esperando que presentamos a programación”, segundo indicaba o subdirector do centro, Carlos Gómez Osa.Teatro, contacontos, exposicións, cine e música entre outras propos-tas mantéñense na programación que arranca o vindeiro mércores 3 de maio coa inauguración da exposición da obra de Carmen Cabaneiro que permanecerá no centro ata o 31 de maio. O 1 de xuño concluirán as ac-tividades coa última sesión do ciclo de cine, este ano, baixo o nome de “Edu-cine”.A principal novidade desta edición serán os encontros con ex-alumnos que se poñían en marcha o ano pasa-do coincidindo co cincuentenario do instituto. Nese sentido, achegaranse ao centro o xornalista Daniel López Besteiro -o luns 8 de maio-, a avogada e poeta Luz Airado Bello - o mércores 16 de maio- e as irmáns fotógrafas Yolanda e Inma Purriños -o martes 23 de maio-.A música, coma un dos puntos fortes

da programación, chegará a Vilalba da man do grupo de gospel africano Aba Taano. Se o xoves 4 ofrecerán un concerto no centro dirixido ao alum-nado de 1º, 3º e 4º da ESO, o venres 5 de maio repetirán no auditorio municipal a partir das oito e media do serán nun acto aberto ao público que contará cun prezo de entrada de 8 euros -no caso de adquirila de xeito anticipado na Casa da Cultura- ou 10 abonando no propio auditorio. Neste caso, os fondos recadados destina-ranse ao proxecto humanitario “Mú-sica para salvar vidas” co que colabo-ran en Uganda. O venres 19 de maio tamén terá á música como protago-nista da man de Jin Tony’s Son Band que versionará as mellores cancións do rock dende finais do século XIX ata comezos do XXI. Se pola mañá ofrecerán unha sesión didáctica para o alumnado do insituto, ás oito do se-rán ofrecerán un concerto aberto ao público no salón de actos.Dentro do ciclo Educine proxectaran-se ‘A lingua das Bolboretas’, de José Luis Cuerda; ‘La Ola’, de Dennis Gan-sel; ‘El club de los poetas muertos’, de Peter Wier; ‘El Muro’, de Alan Parker; e ‘Los 400 golpes’ de François Truffaut os xoves a partir das oito do serán

con entrada de balde ao salón de ac-tos do intituto entre o 4 de maio e o 1 de xuño.A programación deste Maio Cultural inclúe tamén sesións de teatro da man de Artello Teatro que presentará o luns 22 “Non toques os meus círcu-los”, Avelainha Teatro que achegará a Vilalba “A Lola” o venres 26. Ese mes-mo día, coincidindo coa graduación do alumnado de 2º de BAC Lucía Al-dao e María Lado ofrecerán un espec-táculo que mistura música, poesía e humor.Daniel Gómez Ramil participará nunha sesión de contacontos sobre ‘Castelao e os nenos’ o mércores 10 de maio e Carmen Granxeiro ofrecerá tres obradoiros entre o martes 9 e o luns 15. Dende a arte na historia do cine, arte en femini(s)mo aos clásicos do cine en stop motion serán os te-mas destas propostas.Unha das últimas propostas desta programación é a visita guiada a San-taballa coa colaboración dos Amigos da Liga Santaballesa. “Trátase dunha viaxe didáctica para o alumnado de 1º da ESO a esta parroquia vilalbesa con gran dinamización e traballo a prol da recuperación do seu patrimo-nio histórico e arqueolóxico”.

Novo ‘Maio Cultural’ no Basanta

Con motivo do Día do Libro, o Conce-llo de Vilalba impulsaba, xunto ao por-tal Culturalia GZ, a iniciativa “Un libro por unha cita” e convocaba o concur-so “Libro, cámara e acción” destinado a todos os públicos.O propio domingo 23 de abril facíase entrega dos premios aos autores e au-toras das obras gañadoras.

Cun Ipad de última xeración facíase Paula Rodríguez por “Razones para se-guir viviendo” interpretado por Óscar Rodríguez. Como finalistas, Andrea Balseiro, Manuel Crende e Alba Balsei-ro, obtiveron un lote de libros de Car-los Casares polo video titulado “Produ-cións O Carballo presenta: A vaca que puxo un ovo”.

“Libro, cámara e acción”

O FIV cumpre no seu décimo aniver-sario. Love of Lesbian, Iván Ferreiro, Si-donie, Second, Varry Brava, Rinôçerôse, Villanueva e Sexy Zebras daban o me-llor de sí ante un público que ateigaba o recinto ata as sesións de peche de We Are Not Djs na noite do venres 28 e Da-vid Van Bylen Dj a do sábado 29.Un ano máis a Banda de Música de Vilalba ofrecía un concerto dentro da programación do FIV o sábado ao me-

diodía abrindo paso a Amatria no audi-torio municipal con entrada de balde.A programación completábase cunha exposición, charlas e proxeccións cine-matográficas; ademais da colaboración do comercio e a hostalería de Vilalba que celebraban o décimo aniversario cunha iluminación fucsia e vestindo as camisetas oficiais do festival elabora-das no Centro Ocupacional de Vilalba - Terra Chá.

O FIV pecha con éxito o seu décimo aniversario

Tras esgotar as entradas, o público non fallaba o FIV 2017.

Page 5: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

5maio 2017actualidade

Os socialistas piden os informes técnicos de dúas pistas novas

Os socialistas aseguran que “os defectos son visibles para tódolos usuarios” da Área da Magdalena.

Vilalba acollerá un campamento creativo en torno ao teatro cómicoVilalba acollerá entre o 10 e o 16 de xullo unha experiencia pioneira no país: o Albergue Internacional de Teatro Cómico.Trátase dun proxecto cultural e for-mativo a modo de campamento creativo e encontro no Camiño Norte de Santiago entre alumnos e alum-nas de entre 15 e 21 anos proceden-tes de distintos países nunha semana de convivencia.Actor e director de escena, especia-lista en Comedia dell’Arte e na súa adaptación técnica á comicidade ac-tual, ademais de director de distintos festivais teatrais no norte de Italia, Massimo Malucelli participará como docente deste albergue que segue a estela do Tenda Summer School, un proxecto teatral formativo de verán

que se desenvolve en Ferrara (Italia) coa participación de Iria Azevedo, actriz e dramaturga da compañía Teatro do Miolo que na actualidade forma parte do elenco protagonista da posta en escena de Valle Inclán no Centro Dramático Galego.O actor e director de escena Guiller-mo Cancelo, que co-dirixe a Escola Municipal de Teatro de Vilalba xunto a Iria Azevedo, completa a cadro de profesores que dirixirán a formación dividida en “etapas”. Por unha banda, o camiño á construción da acción con Iria Azevedo; por outra o camiño á interpretación da situación e per-sonaxe no texto cómico con Guiller-mo Cancelo e, por outra, o camiño á construción dunha personaxe cómi-ca con Massimo Malucelli. E o camiño

chegará ao seu final cunha represen-tación do traballo do alumnado polas rúas de Vilalba o sábado 15 de xullo.Dous alumnos do Tenda Summer School de Italia participarán de xeito gratuíto no Albergue Internacional de Teatro Cómico; pero tamén dous participantes de Vilalba poderán participar de xeito gratuíto no Tenda Summer School en agosto afrontan-do unicamente os gastos de despra-zamento.

InscriciónsO número mínimo de prazas é de 15 e o máximo de 30. O prazo de inscri-ción remata o venres 30 de xuño e terá un prezo de 250 euros por alum-no ou alumna incluíndo aloxamento, manutención e formación. Os intere-sados e interesadas poden contactar coa organización no enderezo [email protected] ou a tra-vés do teléfono número 639 31 95 02.

Curso para adultos con Massimo MalucelliE para achegar a formación aos adul-tos interesados, o Concello de Vilalba organiza un curso intensivo con Mas-simo Malucelli entre o sábado 8 e o domingo 9 de xullo sobre “a Comedia D’Arte e a comicidade actual”.Neste caso, o prezo do curso será de 50 euros e 20 para o alumnado da Es-cola Municipal de Teatro.

Guillermo Cancelo, José Antonio Pita e Iria Azevedo durante a presentación do Albergue Internacional de Teatro Cómico.

A asemblea de Vilalba Aberta ven de anunciar que o seu voceiro na corporación, o edil Modesto Renda, sairá no vindeiro Pleno Ordinario de maio en defensa dos veciños e veci-ñas da Rúa Plácido Peña a fin dunha correcta sinalización da mesma e na procura de respostas diante das rei-teradas deficiencias en materia de iluminación.A formación asemblearia recolle des-te xeito as cada vez máis habituais queixas dos veciños e veciñas da zona por se consideraren agraviados en comparación cos de outras rúas, pois, ademais das repetidas eivas na

cuestión do alumeado - aspecto este que Vilalba Aberta xa ten denuncia-do diante o pleno- os comerciantes da rúa están a sufrir día a día as pro-blemáticas derivadas da total ausen-cia de sinalización, co que isto supón de elemento de distorsión á hora da chegada de provedores, etc… Neste senso, mostrouse agradecido aos veciños e veciñas e comercian-tes que se puxeron en contacto con el e agarda arrincar unha resposta e a vinculación do alcalde a unha so-lución que veña a poñer fin a unha situación que cualificou de “inaudita e indignante”.

Vilalba Aberta denuncia a falta de sinalización e alumeado en Plácido Peña

Rúa Plácido Peña.

O Grupo Municipal Socialista vén de so-licitar ao goberno local os informes téc-nicos de dúas pistas do termo municipal logo de criticar o seu mal estado pese a súa recente construción. A denominada como “pista da Mica”, situada entre as parroquias de Rioaveso e Oleiros, conta con máis de sesenta parches para tapar as fochancas existentes a día de hoxe malia ter investido máis de 65.000 euros fai catro meses, cando se dispuxo a súa construción. Os viais que se arranxaron na Área Recreativa da Madalena, polos que a Xunta investiu un total de 173.000 euros con cargo ao canon eólico, tamén contan con multitude de desperfectos “visibles para todos os usuarios que uti-lizan habitualmente as instalacións que comunican estas pistas”.A voceira dos socialistas de Vilalba, Elba Veleiro, comenta que no vindeiro pleno se interesarán “pola calidade dos materias empregados nestas obras e pediremos os informes e certificacións”, pois subliñan a necesidade de “adecuar o elevado custe que supón a mellora e arranxo dos viais coa calidade suficiente para garantir que os veciños podan fa-cer uso delas, posto que non entende-mos que en tan pouco tempo presen-ten un nivel tan acusado de deterioro”, explica.

Os socialistas tamén fan mención da vi-sita que a pasada semana fixeron o vice-presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, ás insta-lacións da Área Recreativa da Madalena “para xustificar o gasto de 173.000 euros financiado con cargo ao Fondo de Com-pensación Ambiental, asegurando que consiste nunha mellora necesaria e en beneficio de toda a veciñanza de Vilal-ba, e acudindo ao lugar para compro-bar o resultado dos traballos cando xa se observaban máis de dez parches ás

poucas semanas do remate das obras”, aseguran. “Como xa nos teñen máis que acostumados, estas visitas só amosan a fotoxenia das autoridades galegas do PP, posto que a súa capacidade para cerciorarse dun bo investimento que repercuta no día a día dos vilalbeses e vilalbesas é nulo”, censuran. Debido a isto, o PSOE de Vilalba indica que está á espera dos informes de ám-balas dúas obras, e que chegado ao caso, pedirán que se realice debidamen-te o traballo por respecto a todos aque-les que empregan estes viais públicos.

O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar ao alcalde, Agustín Baamonde, ante a Valedora do Pobo por ter vulnerado o dereito á información no que atinxe a diver-sos asuntos da xestión municipal. Afirman que se lles negou infor-mación ata en tres ocasións, polo que se viron na obriga de trasladar a queixa ante esta institución para dar conta do incumprimento legal que supón a negativa do alcalde.Nos últimos meses, desde o Parti-do Socialista de Vilalba solicitaron diversas informacións ao gober-no local polas que non obtiveron resposta, tales como a copia dos reparos de legalidade emitidos por secretaría con respecto ao pa-gamento de facturas en concepto de gastos de protocolo reflectidos nas actas das xuntas de goberno do 21 e 28 de novembro de 2016. Recibiron o mesmo silencio ad-ministrativo ante a solicitude da copia das comunicacións escritas enviadas polo concello á mutua de accidentes “argumentando as razón da rescisión do contrato coa entidade”, subliña a voceira socia-lista Elba Veleiro. O feito agregado do traslado da queixa do PSOE ante a Valedora do Pobo foi a pe-tición dunha factura en concepto de “comida conselleiro Política So-cial”, de novembro do pasado ano, cun custo de case 400 euros.“Parécenos intolerable que se nos negue o dereito de fiscalización ao equipo de goberno”, critica Veleiro

desde a oposición da corporación vilalbesa, engadindo que “traba-llamos representando a moitas persoas que quererían saber en que se gastan os seus cartos, se no interés e beneficio de todos ou en comidas cos cargos da Xunta”.

EscurantismoAnte este escurantismo na xestión dirixida por Baamonde “e a conse-guinte vulneración do dereito re-collido no artido 77 da Lei Regula-dora das Facendas Locais, esiximos que o alcalde cumpra coa súa obri-ga de outorgar toda a información que concirne aos servizos da cor-poración e ao desenvolvemento da súa xestión, pois non podemos permitir esta falta de transparen-cia como seña do seu proceder to-talmente antidemocrático”.Finalmente, coa intención de que a Valedora do Pobo interceda nes-ta situación para garantir o pleno respecto á lei e ó dereito por par-te “deste goberno local, vimos de solicitarlle por escrito que inste ao alcalde a facilitarnos a documen-tación esixida en tempo e forma” logo de sobrepasar en reiteradas ocasións os cinco días naturais que recolle a lexislación “nun in-tento máis que evidente de ocul-tar asuntos que non queren que transcendan a toda a veciñanza”.

O PSOE denuncia ao alcalde ante a Valedora por “negar información”

Page 6: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

6 maio 2017

O Concello de Guitiriz desenvolverá no municipio o Programa de Viven-das Baleiras co obxectivo de “crear bolsas de vivendas sociais cos inmo-bles desocupados”.A alcaldesa, Regina Polín, explica que “o Concello exercerá de inter-mediario na relación entre os titu-lares de vivendas baleiras que as inscriban de xeito voluntario neste programa e as persoas interesadas no seu alugueiro”. Con todo, “o noso obxectivo é activar este programa o antes posible de cara a facilitar o ac-ceso á vivenda a aquelas persoas con dificultades”.O procedemento de incorporación das vivendas e os seus requirimen-tos xunto aos das posibles persoas beneficiarias foron aprobados pola xunta de goberno local nas bases que recollen unhas condicións esen-ciais de habitabilidade e idoneidade das vivendas para o seu arrenda-mento. No caso das unidades fami-liares ou de convivencia interesadas establécense como requisitos uns in-gresos de entre 1 e 2,5 veces o IPREM –con algunhas excepcións- e non ter unha vivenda en propiedade –a me-nos que se considere inadecuada ou insuficiente-. Os colectivos con prio-ridade serán os afectados por proce-dementos de execución hipotecaria ou desafiuzamento por impago de rendas, entre outras unidades fami-liares ou de convivencia en situación de vulnerabilidade. En calquera caso, a posta a disposición da vivenda será dunha duración de tres anos.

O prezo máximo da renda do alu-guer é de 250 euros; aínda que a contía virá determinada polas carac-

terísticas da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos be-neficiarios. Así, por exemplo, o prezo do alugueiro en vivendas cunha su-perficie menor aos 90 metros cadra-dos poderá verse reducido e mesmo no caso de que non se dispoña de ro-cho e garaxe ata nun 10%. E o prezo máximo da renda por vivenda será de 2,78 euros por metro cadrado. Calquera incidencia co pagamento da renda deberá ser comunicada inmediatamente pola persoa pro-

pietaria ao Concello e á compañía de seguros de impago de rendas; xa que será o que asuma ata un máximo de

dous meses. E, do mesmo xeito se deberá proceder en caso de detectar sinistros na vivenda.

Acollida de refuxiadosA rexedora local recorda que o Con-cello de Guitiriz dispón dunha base de datos con vivendas baleiras diri-xidas no seu momento á acollida de refuxiados; pero, xa que “seguen ba-leiras están á disposición tamén de calquera persoa que realice traballos sociais na zona”.

actualidade

O Concello de Guitiriz inicia as obras de rexeneración de tres estradas mu-nicipais situadas nas parroquias de Lagostelle e Os Vilares nas que se invis-te un total de 101.805 euros dos que 63.318,40 correspondente á aporta-ción da Deputación de Lugo a través do POS 2016 e 38.186,92 a fondos pro-pios do Concello.As obras de rexeneración comezaron coa limpeza de cunetas na estrada da Área Recreativa de San Xoán dende o comezo á altura de Cezar -parroquia de Lagostelle- pasando por varios ba-rrios dos Vilares -coma Casas Vellas, ou Os Ares-. Posteriormente, Leonardo Miguélez SL, a empresa adxudicataria nun proceso ao que foron convidadas

seis empresas, realizará un tratamento de áridos de diversa granulometría e emulsión bituminosa debidamente compactada. Neste caso, o financiamento corre a cargo do programa POS 2016 da Deputación Provincial que aporta 63.318,40 euros e con 15.904,60 euros do Concello.A mesma empresa levará a cabo ta-mén actuacións do mesmo tipo en dous accesos a núcleos rurais: Penafa-cha, na parroquia dos Vilares e Ama-riz, na de Lagostelle. O investimento asumido totalmente polo Concello ascende a 11.164,15 euros nas obras de Penafachada e 11.118,17 euros no caso de Amariz.

O Concello inviste máis de 100.000 euros no arranxo de tres estradas municipais

guitiriz

O Concello de Guitiriz aproba o Plan de Vivendas Baleiras

O PP pide “manter limpo o paseo do Boedo”O PP de Guitiriz alerta de que o con-cello elude a súa responsabilidade no mantemento de espazos naturais municipais como o paseo de Boedo, que foi mellorado recentemente pola Xunta, a través do programa de axu-das da consellería de Presidencia.Deste xeito, os populares denuncian “a deixadez” da rexedora, pois “tan só se ten que preocupar de que a senda esté limpa”.A este respecto, e dado que se trata dun paseo moi empregado tanto por peóns como por ciclistas, ao comuni-car o balneario co campo de fútbol, solicitan ao Goberno local “que faga os seus deberes”, xa que “un munici-pio como o noso, que vive da rique-za medioambiental e dos recursos naturais non pode permitirse estar nestas condicións”. Neste senso, la-mentan “a imaxe que estamos dando

aos usuarios incluso do balneario”, e reiteran que “a obriga dos respon-sables municipais é crear un plan de actuación e planificar os traballos de mantemento”.Para os populares este é “un exem-plo claro” de que “os Gobernos do PP cumpren, mentras que os do PSOE non”. E é que a administración auto-nómica, destinou a esta actuación e ás situadas no lugar de Cortiña e na rúa río Forxa 125.000 euros.No caso deste paseo, presentaba un pavimento moi deteriorado, polo que foi preciso rasear e preparar o fir-me e estender unha nova capa de ro-dadura. Tamén se dispuxeron bordi-llos laterais en toda a lonxitude para evitar o derrame de zahorra ás cune-tas e mellorar o aspecto estético.

Máis de 300 persoas saíron en manifes-tación polas rúas de Guitiriz en defensa do emprego e dos servizos o sábado 22 de abril en sinal de protesta ante a complicada situación socioeconómica que atravesa o municipio coa crise de Ingemarga e o Hotel Balneario das que dependen directamente “200 familias”. O Secretario comarcal da CIG, Antonio Niño, advertía que “de pecharen, ato-

paremos un escenario desolador na economía deste municipio, que vai crear serias dificultades na vida das persoas, supor o peche de negocios e a posterior perda de servizos”. O Balneario de Guitiriz está a atrave-sar graves dificultades económicas despois de saír dun concurso de acre-dores. Esta situación levou os seus 40 traballadores e traballadoras a con-

vocar unha folga indefinida en de-fensa dos seus empregos e dos seus salarios, diante da débeda acumulada de catro mensualidades que están a soportar.Por outra parte, Ingemarga entrou en concurso de acredores xunto a outras dúas empresas do mesmo grupo, acumulando un pasivo conxunto de 50 millóns de euros. A día de hoxe e despois de cobrar do Fogasa parte da débeda anterior, a empresa está a asumir o pagamento das nóminas de xeito ordinario baixo o control do ad-ministrador concursal. Ademais, no momento no que a cen-tral sindical acordou realizar esta ma-nifestación, Abanca ameazaba con pechar a oficina de Parga, a primeira oficina rural da Caixa na provincia de Lugo, que viría a afondar nesta situa-ción e suporía a perda dun servizo que a veciñanza considera fundamen-tal. Porén, finalmente a entidade ban-caria tivo que recuar na súa decisión, ante o descontento e a oposición so-cial que provocaba esta medida.

Máis de 300 persoas maniféstanse en Guitiriz en defensa do emprego

Os guitiricenses defenden o emprego no municipio. Foto: Raúl Río.

Regina Polín.

“O Concello de Guitiriz exercerá de intermediario entre os titulares de vivendas baleiras e os interesados no seu alugueiro”

Page 7: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

7maio 2017actualidade

Culturalia GZ edita as <Vilariñas> finalistasOs micropoemas do Certame <VILA-RIÑAS> da Chaira convocado polo grupo poético NPG Nova Poesía Gui-tirica e a Asociación Sociocultural Lareira de soños coa colaboración de Culturalia GZ xa están editados na web www.culturaliagz.com da que poden ademais descargarse en arquivo de pdf onde figuran as tres <VILARIÑAS> gañadoras do certame e, seguidamente, as outras oito fina-listas e as restantes apresentadas ao certame dende diferentes puntos de Galicia.Así, o Certame <VILARIÑAS> da Chai-ra senta un precedente orixinal moi aberto á participación e que acuña unha denominación galega ao estilo das “haikus” xaponesas para as mi-cropoesías galegas en homenaxe ao

poeta chairego Díaz Castro en refe-rencia ao seu lugar de nacemento, O Vilariño, nos Vilares.

PremiosA guardesa Andrea Araújo Alonso residente en Tomiño e estudante de Artes Escénicas na Escola Superior de Vigo é a gañadora do Primeiro Cer-tame de Micropoesía da Chaira coa <VILARIÑA> “Teño un pintor” entre as máis de 150 propostas presenta-das.O segundo clasificado foi o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra coa <VILARIÑA> “Gran carballo” e en terceiro lugar resultou clasificado o profesor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa <VILARIÑA> “Abrín os ollos”.

Ata 40 días dende o 17 de abril ten a campaña de crowfunding ou mi-cromecenazgo #SalvemosACasaDe-DiazCastro para alcanzar os 24.640 euros propostos como mínimo.De non alcanzar esta cifra, o diñei-ro terá que ser devolto ás persoas colaboradoras. Pola contra, no caso de alcanzalo, haberá unha segunda rolda de 40 días máis para seguir sumando ata o óptimo. Trátase dun “obxectivo moi ambicioso, mais consideramos que dada a situación actual da casa é necesario comezar os traballos canto antes, e ante a difi-cultade de acceder a subvecións que non se convirtan nunha hipoteca para o proxecto, decidimos apostar forte polo crowdfunding, confiando na solidariedade da nosa xente”.As doazóns pódense realizar a través de goteo.org creando, previamente, un perfil para acceder á ligazón do proxecto: https://www.goteo.org/project/a-casa-da-xente. Dependen-do da cantidade de cada doazón ou-torgaranse como recompensa fanzi-nes, revistas, libros, camisetas, CDs, DVDs e ata unha ruta cultural guiada por Guitiriz.“Este diñeiro iría destinado a poñer en marcha as medidas máis urxen-tes, de carácter estrutural, comezan-do con darlle un teito que evite que chova no seu interior. Medidas pos-teriores serían a reparación do chan

e a reconstrución da planta do se-gundo andar. A técnica empregada sería a bioconstrucción, sendo fieis á sabedoría do noso pobo”.Tamén se reparten rifas por un prezo de 2,50 euros coas que entrar no sor-teo -coincidindo coas catro últimas cifras do Primeiro Premio da Lotería Nacional do 12 de agosto- dunha estancia de dúas noites na Casa Sen-

das do Eume valorada en 300 euros e un lote de cinco libros editados por Xermolos.E, ademais, os promotores desta campaña poñerán en marcha no-vas actividades en Guitiriz en cola-boración con outras asociacións da Terra Chá, ao tempo que achegarán o proxecto a diversos lugares de Ga-licia e a centros galegos en Euskadi.

Xermolos busca salvar a casa de Díaz Castro co micromecenazgo

O alumnado do IES Poeta Díaz Cas-tro recibe as visitas de grupos esco-lares -coma os rapaces e rapazas de 1º da ESO do Colexio Liceo La Paz da Coruña e do IES A Cachada de Boiro- aos que lles serven de guías

polos roteiros “Un neno de aldea” polo Vilariño e “A Fábrica de Poetas” por Guitiriz.As xornadas serven tamén para achegarse á poesía a través de dis-tintos xogos e dinámicas de grupo.

Roteiros guiados polo alumnado do IES

Guitiriz, en audiovisuais polo mundoO documentario ‘Entrar aos Vilares’, de Cibrán Tenreiro, proxectarase o 2 de xuño ás nove e media do serán no Salón Teatro de Compostela a concur-so dentro da 12 MICE Mostra Inter-nacional de Cinema Etnográfico de Compostela nos apartedos de mellor filme, mellor filme galego e prémio do público.

Os realizadores traballan xa nos sub-títulos do filme, que sesrá editado en DVD, para proxectalo fóra de Galicia. E ata 1.500 exemplares distribuían a Deputación de Lugo, a Fundación TIC e o Concello de Guitiriz da curta ‘A Chave de Bascuas’, de Bruno Pena, que seguirá a proxectarse en colexios, asociacións e tamén fóra da nosa comunidade.

castro de rei

“Soño de mar”, do Café Bar Chus, proclamábase vencedora na cuarta edición do Concurso de Tapas de Castro Ribeiras do Lea da man do xurado, pero tamén lograba subir ao podio alzándose como a terceira tapa máis votada polo público que probaba as 15 propostas gastronó-micas entre o xoves 6 o domingo 9 e o xoves 13 e o domingo 16 de abril.O Restaurante Río Lea facíase co se-gundo premio e a Cafetería Amén-doa co terceiro do xurado; mentres que o público destacaba á Pizzería Areas por “Lembranza” na primeira posición e o Bar Cóndor por “Que hai debaixo do carretillo?”, na segunda.Verónica, de Ansemar; Lucía, de Vi-ladonga; e Tamara de Outeiro de Rei resultaron agraciadas no sorteo cos premios do público

Café Bar Chus, vencedor do IV Concurso de Tapas de Castro

A Xunta inviste 100.000 euros no Castro de ViladongaA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de licitar os traballos de escavación, acon-dicionamento e consolidación arqueo-lóxica no castro de Viladonga, en Castro de Rei. A intervención, que conta con fondos procedentes do programa operativo Feder, suporá un investimento estima-do de 100.000 euros e un prazo máxi-mo de execución de oito meses.As tarefas que agora se licitan súmanse ás que concluíron recentemente para o acondicionamento e consolidación arqueolóxica, e teñen a súa orixe no estudo de diagnose realizado en 2015.En concreto, os traballos a realizar para a campaña 2017/18 serán a roza e lim-peza manual (nas zonas de estruturas arqueolóxicas) e mecánica (no resto da área); a revisión da documentación bibliográfica e documental das antigas

campañas de escavación ; a actuali-zación da rede de bases topográficas existente no castro; a limpeza e consoli-dación dos muros, pavimentos e outras estruturas; o acondicionamento destas áreas para preservar e garantir a máxi-ma protección das estruturas, ademais de mellorar a visibilidade, accesibilida-de e comprensión do xacemento; a rea-lización dunha fotogrametría dixital da área de intervención, que inclúe a ac-tualización dos contidos dos paneis in-formativos do xacemento, entre outros.Trátase, por tanto, de re-escavar e con-solidar novas estruturas arqueolóxicas que presentan un importante dete-rioro. A continuación dos traballos ar-queolóxicos neste xacemento tamén fará posible afondar no coñecemento e investigación do mesmo, como paso previo á continua mellora da súa oferta sociocultural.

Emprego e tecnoloxía en Rozas

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destaca que o polo tecnólóxico e industrial de Rozas está a xerar xa preto de 120 empregos altamente cualificados tanto en Indra e Bab-cock como nas 15 pemes e centros tecnolóxicos subcontratados ata a data na fase A ou fase de I+D+i da Civil UAVs Initiative.Argerey explicaba nun DemoDay que “o programa de I+D, orientado ao deseño e desenvolvemento de tecnoloxías a medida, avanza en paralelo ao programa de solucións

destinado á compra e adaptación de propostas tecnolóxicas innovadoras baseadas no uso de vehículos aé-reos non tripulados (UAVs) que dean resposta ás demandas concretas na prestación de determinados servizos. Un exemplo deste aproveitamento por parte do tecido empresarial ga-lego é o sistema Lidar - desenvolto por Aeromedia e Phoenix Lidar Sys-tems- que permite adquirir de forma masiva información xeoespacial.A Xunta destinará 14 millóns de eu-ros a sete licitacións neste ámbito que publicará nos vindeiros meses.

O aeródromo de Rozas acollía un DemoDay dos seus proxectos de I+D.

Page 8: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

8 maio 2017 actualidade

cospeito

Muimenta mantén a única Festa dos Xogos Tradicionais de GaliciaA Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta - XOTRAMU pon en marcha a novena edición da súa Festa dos Xogos Tradicionais, “a úni-ca en Galicia dedicada en exclusiva aos xogos tradicionais”.Así o explica o presidente do colec-tivo, José Lombardero, que vén de participar xunto a outros represen-tantes da Federación de Entidades do Patrimonio Lúdico Galego en dúas xuntanzas cos secretarios xe-rais de Deporte, Marta Míguez, e Cultura, Anxo Lorenzo.

Coa secretaria xeral para o Deporte abordaban a posible divulgación da Base de Datos en liña sobre o pa-

trimonio lúdico galego; a creación dunha biblioteca específica ou un Centro de Investigación do Xogo Tradicional; revisar e actualizar o Plan Estratéxico sobre os xogos e deportes tradicionais en Galicia; ou a creación dun mapa de campos de xogo para estudar e cotexar a rea-lidade da comunidade autónoma; ademais da creación da Federación Galega de Xogos e Deportes Tradi-cionais.O secretario xeral de Cultura, pola súa banda, adiantou a posibilidade

de estudar como Ben de Interese Cultural (BIC) o Patrimonio Lúdico; xa que a Xunta está a desenvolver

un Plan Estratéxico de Cultura. Tamén “brindaba a revista cultural da Secretaría para expoñer as inves-tigacións que che leven na actuali-dade a termo e que teñan máximo interese sobre a temática do mundo dos xogos e os deportes tradicionais de Galicia”.

IX Festa dos Xogos TradicionaisO recinto feiral Manuel Vila será es-cenario do desenvolvemento de xo-gos tradicionais infantís -aro, carreira de sacos, brilé, comba, etc.- durante a mañá do sábado 3 de xuño na que tamén está previso celebrar un cam-pionato de bolos en liña con trofeos para os gañadores ou gañadoras.Xa pola tarde haberá xogos dirixidos, sobre todo, aos adultos: carreiras de cántaros, arrebolamento de sacho, chave de madeira, etc. Igualmen-te, celebrarase o Aberto de Billarda Filloa 2017 no que se entregarán fi-lloas aos tres primeiros clasificados.Pero tamén haberá tempo para co-ñecer xogos tradicionais doutas rexións. Así, Ernesto Ezpeleta ofre-cerá pola mañá unha demostración de talla de madeira con motoserra e corte de coche con brosa e, pola tar-de, demostración de corte de tronco de 3 m de diámetro e de corte de tronco de 1,5 metros de diámetro cunha soa man.

Representantes da Federación de Entidades do Patrimonio Lúdico Galego reuníanse co Secretario Xeral de Cultura.

Medio Rural impulsa novos traballos na concentración de Fanoi con 100.000 euros

A Consellería do Medio Rural inicia novos traballos de acondiciona-mento das fincas resultantes do proceso de reestruturación parcela-ria en Fanoi, no concello de Abadín.Neste novo proxecto investirá 100.000 euros, de forma que o or-zamento dedicado a este proceso de concentración suma xa máis de 1,5 millóns de euros, destinando a maioría da contía (1,1 millóns) á execución de infraestruturas viarias e o resto a obras de acondiciona-mento de fincas.As novas obras consisten no planeo de fincas, eliminación de lixeiros ri-bazos ou valados interiores, desbro-ces e destoconados, entre outras. A concentración parcelaria de Fa-noi beneficia a 271 propietarios e 656 hectáreas; a superficie estaba

dividida en 2.506 parcelas e tras o proceso de concentración resultan 571 fincas. Nesta última fase das actuacións, acomete melloras que responden ás solicitudes realizadas polos pro-pietarios para facer viable ou faci-litar tanto o acceso como o futuro traballo nas fincas.O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, subliñou “a aposta da Xunta por seguir avanzando nos procesos de reestruturación parce-laria para redimensionar os predios, e con elo mellorar as infraestruturas viarias e optimizar o aproveitamen-to das terras abaratando os custos”.De feito, “a reestruturación parce-laria é unha das 23 medidas que conforman o Plan de fixación de po-boación no medio rural da Xunta”.

O Concello de Begonte prepara a segunda carreira popular para o 17 de xuñoO Concello de Begonte prepara a súa segunda carreira popular. Será na tarde do sábado 17 de xuño can-do se den cita en Baamonde afec-cionados de idades diferenciadas.De feito, a carreira divídese en seis probas e once categorías de idades. Os primeiros en saír a correr ás seis da tarde serán os rapaces e rapazas da categoría A –nados entre o 2008 e o 2009- para deixar paso aos par-ticipantes da categoría B –entre o 2005 e o 2007-, C -2002 e 2004- e D –do 1999 a 2001-. Cada unha das categorías deberá percorrer 500, 1.100, 1.600 e 2.700 metros, respec-tivamente. Xa ás sete celebrarase a carreira absoluta, de 5,2 km de per-corrido, na que se diferencian seis categorías segundo a idade para fi-nalizar cos máis pequenos e peque-nas da categoría mini -aqueles que

naceran entre o 2010 e o 2013- para os que se disporá dun percorrido de 150 metros.O gañador e a gañadora da carrei-ra absoluta recibirá 200 euros e un trofeo. Igualmente tamén recibirán trofeos o segundo e terceiro que se verán beneficiados de 150 e 100 eu-ros; mentres que o cuarto e o quinto recibirá unha medalla e 75 e 50 eu-ros, respectivamente.No resto de categorías entregarase un trofeo ao vencedor e medallas ao segundo e terceiro clasificados. Pero tamén haberá trofeo para o primeiro atleta local masculino e fe-minino na carreira absoluta.O prezo da inscrición na carreira absoluta é de 5 euros e pódese for-malizar ata o 14 de xuño a través do portal www.emesports.es.

Récord de filloas en MuimentaAta 22.000. Ata esta cifra chegaban os filloeiros e filloeiras que o 1 de maio participaban na XXVI Festa da Filloa de Muimenta logrando bater o seu récord neste 2017. A pesar de que “houbo máis filloeiros e filloeiras que todos estes anos e que tamén fixeron filloas máis tempo que noutras edicións, foi imposible atender a toda a demanda”. É por iso polo que a comisión organizadora agradece ao público a súa asistencia facendo desta unha edición de récord na que tiveron que

“repoñer tanto o viño, a queimada, os criollos, como o pan e a fariña precisa para o amoado das máis de 22.000 filloas que se elaboraron ao longo de toda a xornada”. Igualmente, “aproveitamos para pedir desculpas polas largas colas que tiveron que gardar durante máis dunha hora para retirar as racións de filloas”.Igualmente, recoñecen o traballo dos filloeiros, filloeiras, churrasqueiros e persoal de servizo; así coma de todas aquelas persoas que fan posible esta

Festa de Interese Turístico de Galicia: Orlando de Tartas Lestedo que dende o 2006 colabora na elaboración de filloas, o persoal do Concello e á corporación municipal, á Deputación de Lugo pola súa colaboración económica, á pregoeira –Mariluz Abella- e ao inaugurador –o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro-; ademais dos nenos e nenas participantes no Concurso de Debuxo e Relato da Filloa, o xurado e os seus patrocinadores”.

O delegado territorial visitaba a zona xunto á delegada de Medio Rural e o alcalde de Abadín.

abadín

begonte

Page 9: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

9maio 2017actualidade

O alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, cualificou de éxito a convocatoria que se realizaba den-de o Concello, para esixir á Xunta o arranxo da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán. Ao acto que se celebraba o sábado 22 de abril asistían tamén os grupos do PP e BNG con representación nes-te concello.Roberto García lembrou na súa inter-vención que “esta estrada ademais de ser perigosa, ten paralizado o polígo-no industrial da vila, xa que os trans-portes especiais non poden acceder ao mesmo, dificultando así o desenvolve-mento de Xermade”.Tamén emprazou á Xunta a tomar nota desta manifestación “os veciños de Xer-made queremos ser escoitados dunha vez, queremos ser cidadáns de primei-ra”, insistiu.A manifestación, comezou ca lectura dun manifesto que correu a cargo do profesor e veciño de Xermade, Juan Carlos Viveiro López, no que deman-

dou unha solución a este vial, e anun-ciou que as mobilizacións seguiran senón se arranxa esta estrada.A convocatoria, que tivo lugar na praza do Concello, asistiron centos de veci-ños da contorna, así como alcaldes e deputados do PSOE. Concretamente participaron os rexedores dos muni-cipios coruñeses de A Capela; Manuel Meizoso, e de Monfero; Andrés Leal. Tamén estiveron presentes o alcalde e

tenente de Alcalde de Muras; Manuel Requeixo e Mario Rouco, así como o de Ourol; Jose Luís Pajon. Houbo ademais representación das corporacións de Vi-veiro, As Pontes, Guitiriz e Vilalba, e da Federación Veciñal da Provincia. Tamén asistiron deputados autonó-micos do PSdeG-PSOE; Concepción Burgo, Luís Álvarez e Jose Manuel Pé-rez Seco, e a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herraiz.

Centos de persoas esíxen á Xunta o arranxo da LU-170 entre Cabreiros e Momán

O alcalde de Xermade empraza á Xunta a “tomar nota”.

O presente e o pasado de Xermade, nas XIII Xornadas Interxeracionais Rurais

O Concello de Xermade pon en mar-cha as XIII Xornadas Interxeracionais Rurais que organiza conxuntamente coa Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da USC coa colaboración da Deputación de Lugo e que se desenvolverán o sá-bado 27 de maio, o 3 e o 10 de xuño en Cabreiros.Dando continuidade ás mesas redon-das sobre a agrogandería, como xa se fixo o ano pasado, as xornadas abrirán coa “posta en valor de proxectos de dinamización do rural” da man dos gandeiros guitiricenses Óscar Morado e José Ángel Espiñeira e do presidente da nova cooperativa CLUN, o xerma-dés José Ángel Blanco Purriños.A tarde da primeira xornada servirá para recoller o traballo desenvolto polas parroquias co obradoiro de radio. Ademais, Laura e María ache-garán ao público a súa experiencia na visita ao Parlamento Europeo en representación da asociación veciñal de Cabreiros.O 3 de xuño Cabreiros acollerá a en-trega dos traballos premiados no III Premio de Investigación Xermade na Historia. E, pola tarde, coma tódoloos anos, haberá unha charla sobre saúde. Desta volta, sobre as alerxias falará o Xefe de Servizo do HULA, o doutor Francisco Javier Carballada González. Posteriormente, será presentada a nova web da Asociación de Veciños e Veciñas de Cabreiros, así coma a do proxecto da “Casa da neveira de Lousada” e a Guía de Xermade e da Serra da Carba feita pola Asociación Cultural Roteiros da Carba de Lousada.O último día, o 10 de xuño o fotógrafo Cándido Díaz, presentará a primeira parte dun traballo sobre a recupera-ción de fotografías da historia de Ca-breiros. Os traballos premiados nas dúas pri-meiras edicións do Premio Xermade na Historia serán os protagonistas da edición dun libro do Servizo de Pu-blicacións da Deputación que será presentado nestas Xornadas Interxe-racionais Rurais.Finalmente, como vén sendo habitual, as xornadas rematarán cun obradoiro de xoguetes tradicionais e a actuación teatral do grupo Aturuxo de Melpó-

mene coa obra de Paula Carballeira “Misterios”.Os mestres Javier Gómez, María del Mar Neira e Rubén Arrojo son os auto-res de “Xermade castrexa e galaico-ro-mana”, o traballo vencedor da primeira edición do Premio Xermade na Histo-ria. Sobre o seu estudo a web -xerma-dearqueoloxica.es- recolle dez xace-mentos arqueolóxicos do municipio. A importancia da vila romana de Vilar da Graña (Roupar) tamén foi abordada neste traballo que aporta reprodu-cións e estimacións dos espazos.“A neveira de Lousada no camiño Mondoñedo-Ferrol: pasado, presente e futuro” é a achega de Yesmina Seijas e Sofía Paleo a este libro ao obter o se-gundo premio da primeira edición. O estudo recolle “un exemplo de arqui-tectura popular de interese etnolóxico que propiciou no pasado, o desenvol-vemento dunha actividade vencellada á produción e extracción de xeo en plena Serra de Carba”.Pola súa mención honorífica, tamén se recollerá a publicación de “Dúas histo-rias escritas en carbón. Arqueoloxía e arqueobotánica de estruturas relacio-nadas co carboneo e o procesado de mineral en Folgoso (Xermade – Lugo)”, de María Martín e Andrés Teira.A igrexa de Santo André de Lousada e unha Escola do patrimonio cultu-ral da auga no concello de Xermade -muíños, batán e fábrica da luz- com-pletarán o volume que se presentará o 10 de xuño en Cabreiros. Trátase do primeiro e segundo premio da pasada edición que recaían en Silvia Blanco, por unha banda, e en Ramón Cedrón e Antonio Riveira, pola outra.A doutora arquitecta pretende “expli-car en detalle o edificio e o contexto no que foi construído para que a so-ciedade tomara conciencia de que se encontraba ante unha arquitectura moi valiosa, digna de ser conservada”.O traballo do abogado e o técnico agrícola “fai un repaso polo patrimo-nio hidráulico no Concello de Xerma-de, a súa evolución histórica, clasifica-ción e propiedade dos muíños, entre outros datos. Tamén recolle un inven-tario de todos os muíños e outros ele-mentos ligados á auga no Concello de Xermade”.

xermade

O BNG presenta propostas para investir o Plan ÚnicoO Concello de Xermade recibe un total de 285.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación de Lugo neste ano 2017 e o BNG fixo unha ducia de propostas para investir estes fondos. As propostas dos nacionalistas van encamiñadas á mellora de infraestru-turas, a programación cultural e á pro-tección e promoción do patrimonio histórico e natural. “En concellos como Xermade temos que aproveitar os fon-dos do plan único da Deputación en beneficio da veciñanza”, dixo a voceira do BNG, Mar Hermida.Entre as propostas para infraestrutu-ras o BNG propón que se acometan as obras de abastecemento de auga

e remate da rede de sumidoiros coa mellora da estrada LU-2202 e das bei-rarrúas en Roupar. Ademais é necesa-ria mellora do acceso ás vivendas do barrio do Roubín en Xermade. Outro invetimento sería a renovación das fiestras no local social da escola de Candamil. Tamén está pendente de executar o arranxo integral da pista da Besura en Miraz “aprobada en pleno e non realizada incumprindo o acordo acadado” segundo sinalou Hermida.Os nacionalistas propoñen a insta-lación de lámparas led para rebaixar o consumo enerxético. Mar Hermi-da explicou que “a suba da luz foi en aumento nos últimos anos, pero o

Concello non revisa o que achega ás familias, 30 euros desde o 1990. Feita a conta do consumo e do prezo ao que está chega practicamente aos 50 euros, polo tanto a veciñanza está pagando dúas veces polo alumeado público”.Outras das iniciativas que se deberían financiar cos fondos do Plan Único é o inventariado e sinalización do pa-trimonio cultural etnográfico de Xer-made e as rutas de sendeirismo. Ade-mais apostar pola rehabilitación do muíño da Torre (Roupar) valorando abrir unha nova ruta de sendeirismo cara Castrillán.

Muíño Cerveira.

Page 10: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

10 maio 2017 actualidade

a pastoriza

Deportes de verán para rapaces e rapazas rabadenses

O Concello de Rábade convoca un concurso de contos dedicado este ano a Carlos Casares.As bases recollen a participación de rapaces e rapazas maiores de seis anos divididos en catro categorías –A, de 6 a 9; B, de 10 a 12; C, de 13 a 17; D, de 17 en diante- que deberán narrar un conto en galego cunha extensión mínima dun folio. A proposta de cada participante deberá achegarse nun sobre ao Concello, ao IES Río Miño ou ao CEIP Otero Pedrayo antes do venres 12 de maio.Un xurado cualificado seleccionará aos gañadores, un por categoría, que recibirán un diploma e un agasallo –excepto na categoría D que se destacarán tres premios-. A súa entrega terá lugar o xoves 18 de maio a partir das seis e cuarto da tarde na Casa do Concello.

Con tres actuacións diferentes que teñen previsto rematar a mediados do mes de xuño, o Concello comple-tará a rehabilitación deste emblemá-tico inmoble situado entre a praza e a igrexa de Bretoña. As obras consistirán na reposición

integral da cuberta despois da reti-rada da existente e o tratamento das vigas para a súa conservación. Tamén inclúe o revestimento exterior co en-foscado e pintura das tres fachadas e a reposición da lousa e pedra vista da fachada sur. E, finalmente, a repo-

sición do envolvente da edificación e o seu contorno. Nese sentido, os traballos en madeira conservarán o deseño deste edificio singular.Estas actuacións supoñen un investi-mento de 72.000 euros con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2016 que achega a Deputación. O Conce-llo contribuirá co acondicionamento do tendido eléctrico e do servizo de telefonía no contorno. En sucesivas convocatorias de axudas, o Conce-llo presentará o seu proxecto para o acondicionamento interior.Ata o de agora o Concello interviña nunha primeira fase de recuperación do edificio e o seu contorno coa re-ordenación da propiedade; xa que o edificio non dispoñía de parcela nas súas inmediacións. Posteriormente foi acondicionada a praza e urbaniza-da a vía oeste coñecida como camiño do cemiterio vello; antes de recupe-rar o cruceiro que fora destruido nun accidente fai tres décadas.

A rehabilitación da Casa de Galocha, na súa terceira fase

A terceira fase das obras servirán para a rehabilitación exterior do edificio.

O Concello da Pastoriza remata-ba o acondicionamento exterior e equipamento interior da Casa Escola parroquial da Regueira con 18.963 euros que achegaba a Deputación Provincial. Esta é a terceira fase dunha actuación que comezaba coa dotación dun novo tellado para a edificación con car-go ao Plan de Obras e Servizos (POS) e coa posterior rehabilita-ción do piso e a parte baixa.Deste xeito, coas actuacións rema-tadas, o local pode ser empregado pola asociación veciñal para reali-zar actividades diversas e cursos de restauración ou cociña. De feito,

esta é unha das demandas dos ve-ciños e veciñas da asociación para a que se cumpría coa instalación de mobiliario e dunha pequena cociña e algúns electrodomésticos. Con esta dotación, que se engade ao teleclub do que dispoñía a pa-rroquia, “agora dispoñemos de tres aulas que empregamos tódalas se-manas”, como destaca a presiden-ta, Montse Cabaleiro.Recentemente, o colectivo veciñal celebraba un torneo de tute que lograba reunir arredor dun cen-to de persoas tras celebrar outro torneo de futbolín e actividades infantís entre outras habituais.

Acondicionamento da escola da Regueira

O Concello de Rábade dentro da pro-gramación “Móvete en Verán” organi-za como tódolos anos campamentos urbanos dirixidos a rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos cos obxectivos de promocionar a súa socialización, a adquisición de hábitos saudables, promover o respeto a natureza e o medio no que vivimos e a conciliación da vida familiar e laboral.O campamento urbano desenvolve-rase do 3 ao 7 de xullo para rapaces e rapazas de 4 a 7 anos e do 10 ao 14 de xullo para os de 8 a 12 anos en horario de dez a oito en ambos casos. O campamento inclúe actividades ao aire libre, actividades medioambien-tais, lúdicas e predeportivas, obradoi-ros, xincanas e visitas ao Aquapark de Cerceda e ao Club Fluvial de Lugo e ás piscinas do Concello. O prezo deste campamento urbano é de 40 euros por participante.

Por outra banda, o Concello de Rába-de organiza tamén o Campus de Pati-naxe que se desenvolverá entre o 26 e o 30 de xuño no pavillón municipal en horario de mañá -de nove a dúas-. O prezo por participante - de 4 a 16 anos- é de 40 euros.E en Viveiro desenvolverase un cam-pamento multiaventuras entre o 26 e o 28 de xuño dirixido a rapaces e rapa-zas da ESO que poderán participar en rutas en BTT, paintball, actividades de orientación, ruta fluvial en Kayaks, visi-ta ao Aquapark de Cerceda, xogos na praia, piraguas, etc. Neste caso o prezo é de 70 euros por participante.

InscriciónsAs prazas son limitadas para tódolos campamentos. A inscrición pódese formalizar en horario de nove da mañá a dúas do mediodía no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.

Contos dedicados a Carlos Casares polas Letras Galegas

rábade murasChega a II Romaxe Artesá da Chaira

A Asociación de Obradoiros Ar-tesáns da Terra Chá reúne a dez artesáns de recoñecida traxecto-ria e traballo serio como acredi-ta cada unha das súas cartas de artesáns. Pepa Lombao, Xavier Quijada, Xaneco Tubío, Montse Tubío, Idoia Cuesta, Iria Piqueiras, Vicente Ledo, Carmen López, Pilar Cupeiro e Marcos Ladra traballan conxuntamente na posta en valor da artesanía, pero tamén doutros aspectos coma a paisaxe ou a eco-nomía do lugar no que se asentan os seus obradoiros, a comarca da Terra Chá.Nese sentido, aportan o seu tem-po e traballo ao desenvolvemento dalgúns proxectos comúns coma as “Rutas de Vagar” coas que pre-tenden abrir a súa actividade á so-ciedade ou o deseño da “Colección auga”, unha colección de cinco pro-

dutos que realizaban en colabora-ción varios artesáns do colectivo.Pero, co obxectivo de “visibilizar e poñer en valor os oficios tradicio-nais a través do coñecemento do proceso de elaboración dos produ-tos” participan na Romaxe Artesá da Chaira que, por segundo ano consecutivo, se celebrará na Área Recreativa da Veiga, en Muras.A cita desenvolverase o sábado 27 de maio e contará cunha ampla mostra de artesanía e de oficios tra-dicionais relacionados coa olería, o telar, o ferro, a madeira, etc. Algúns dos artesáns chairegos ofrecerán obradoiros; pero a programación completarase tamén con charlas especializadas, unha exposición de xoguetes antigos do rural e xogos tradicionais.A música correrá a cargo do grupo Caxade, Radio Cos e Axóuxere.

Page 11: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

11maio 2017actualidade

O Concello de Muras desenvolverá neste 2017 numerosas actuacións en beneficio de tódolos veciños e veci-ñas. Dende o arranxo de vías munici-pais e as melloras na eficiencia ener-xética ata a potenciación do servizo de axuda no fogar ou a contratación de persoal son algúns dos proxectos que o Concello aprobaba en Pleno a finais de abril para presentar ante a Deputación Provincial con cargo aos 269.498,97 euros do Plan Único.

- Cales serán as principais actuacións que desenvolverá o Concello coa achega do Plan Único?- Do total de 269.498,97 euros, o Con-cello investirá 189.326,97 euros en obras e subministros. Ata 144.848,31 euros destinaranse a 17 melloras en vías municipais e accesos. É o caso dos camiños da Cabana, ás Cuíñas e Devodas, os accesos a Rebordelos, Aborbó, Santar, Portonovo, Carregal, Aguillal, Sabucedo, Armada, ao curral de Armada de Abaixo e Suaschousas; ademais dos currais en Cotelo, nas Cuíñas de abaixo, en Ameixeiras e no Pico. Os restantes 44.478,66 euros di-rixiranse a actuacións en materia de eficiencia enerxética.

- Que outras achegas con cargo ao Plan Único recibirá o Concello de Mu-ras da Deputación Provincial?- O resto de partidas ascenden a 50.177,46 euros do DepuEmprego que a contratación dun orientador ou orientadora educativa, un arquitecto ou arquitecta, un peón de brigada e un auxiliar administrativo. Tamén agardamos un total de 8.000 euros para actividades deportivas e cultu-rais -5.000 euros para as actividades de cultura e deporte e 3.000 euros para a convocatoria dun certame de Cantos de Taberna- e outros 6.000 eu-ros para a celebración de mercados -3.000 euros para a II Romaxe Artesá da Chaira e outro tanto para a III Feira do Mel no Viveiró-. Tamén incluímos 6.000 euros cos que incrementar os fondos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata os 30.667,64 euros dende os 24.667,64 euros que recolle o orzamento municipal deste ano.

- Que outras partidas recollen os or-zamentos municipais deste 2017?- Ata 130.000 euros para a bonifica-ción do recibo da luz aos veciños e veciñas, 177.392 euros para o arranxo da Ponte Bermuz, a compra de mobi-liario para o PAI, o acondicionamento dun salón de actos na antiga casa do médico e a construción dunha senda peonil dende a área recreativa da Vei-ga ata as vivendas sociais, entre ou-tras actuacións.

- E con cargo ao Fondo de Compen-sación Medioambiental 2017 des-envolveranse máis actuacións no

conxunto do termo municipal; ade-mais da contratación dunha brigada e un técnico medioambiental duran-te o verán.- Con 164.000 euros crearase unha Aula da Natureza no bar O Peregri-no. A rehabilitación do punto limpo supón un investimento de 61.984 eu-ros, 6.000 euros a regularización das

augas e 60.223,26 euros as drenaxes pluviais de 65 km de estradas. E con 10.000 euros adquirirase unha des-brozadora de chan. Pero o Concello investirá 200.000 euros con cargo a este fondo para completar a insta-lación de luz pública en tódolos nú-cleos rurais do municipio.

- As principais vertentes das actua-cións do Concello de Muras para este 2017 baséanse na garantía dun sub-ministro enerxético en condicións económicas vantaxosas e a mellora na prestación de servizos sociais coa posta en marcha do Xantar no Fogar e o incremento orzamentario para o SAF, ademais da mellora de accesos en todo o municipio. A que obxecti-vos responden?- Aos de ofrecer ao rural uns servi-zos de calidade para equiparar a súa calidade de vida dos nosos veciños e veciñas aos habitantes das vilas e cidades. Nese sentido, intentamos que ao remate dos catro anos de le-xislatura poidamos facer ver á xente que hai diversas formas de xestionar o diñeiro público. Neste caso, trata-mos de ofrecer servizos para todos e tamén dinamizar as distintas zonas do municipio.

- Nese sentido, que políticas cre que favorecen o asentamento da po-boación no rural loitando contra o seu despoboamento?- Sen dúbida as políticas que pro-poñemos dende o BNG para toda Galicia, máis sei que é unha cues-

tión transversal que depende das medidas de tódalas administracións. Ademais, son diversos os ámbitos de actuación onde se poden aplicar me-didas que manteñan o vencello da xente ao lugar onde nace e crece de cara a evitar o despoboamento rural. A xente das cidades ten beneficios polo feito de vivir na cidade, polo que

no rural os beneficios deberían che-gar no eido económico con impostos cero e servizos gratuítos coma o de acceso a Internet, por exemplo.

- Un dos eidos nos que o Concello de Muras aplica medidas para equi-parar as condicións de vida do rural coas do medio urbano é a factura eléctrica.- Dende o BNG levamos dicindo dende fai moitos anos que Galicia, a pesar de ser unha nación exceden-taria na produción eléctrica, vese obrigada a pagar o mesmo que ou-tros lugares do Estado español, aín-da tendo uns custos de transporte moito menores e sufrindo un forte impacto ambiental e social derivado da súa produción. Vistas as circuns-tancias, é de xustiza que poidamos pagar pola nosa factura da luz o que nos corresponde. En Muras prodúce-se enerxía eólica ao ladiño das nosas casas, non é xusto que nos cobren o mesmo por transportala que a outro que vive en Madrid. Nós intentamos paliar o desaxuste do custe da factu-ra da luz con estas axudas, ademais de evitar a pobreza enerxética no noso concello. Ningún veciño vai morrer de frío por non poder pagar a factura da luz.Aproveito tamén para pedirlle a Fei-jóo e ao PP que dunha vez por todas accedan a que en Galicia teñamos unha tarifa eléctrica propia polos motivos que acabo de dicir, para que as empresas invistan e se asen-ten aquí, e poidan competir con em-

presas doutros países onde a ener-xía é máis barata. En Galicia o custe de produción enerxética non é caro, solo que aproveitan para cobrarnos unha barbaridade e os cartos que pagamos de máis acaban en contas bancarias de paraísos fiscais. O PP dixo no seu día cando se aprobou a iniciativa no parlamento que “nin-

gún español o entendería”, máis es-tes días vemos como o PNV acaba de conseguir unha tarifa eléctrica para Euskadi a cambio de apoiar os orza-mentos do Estado. Que di agora o PP e que ten qué dicir Núñez Feijóo? Se o BNG tivera grupo parlamentario no Congreso, aproveitaríamos para volver a pedila e deixar en evidencia os argumentos do PP.E volvendo a Muras, teño que enga-dir que ademais desta bonificación da factura da luz, tamén achegamos 6.500 euros para a ANPA do CEIP An-tía Cal de Muras cos que se realizan actividades extraescolares de xeito gratuíto para os pais e nais. Deste xeito, pretendemos ofrecer condi-cións vantaxosas para o fomento da natalidade e o asentamento de fami-lias no municipio.

O Concello e as outras adminis-tracións públicas- Tras dous anos á fronte do Con-cello e, polo tanto, no medio da lexislatura; que cambios aprecia na xestión da Casa Consistorial?- A pesar de que hai moitos asun-tos nos que temos moito traballo por diante, o cambio no municipio é substancial. Fronte á parálise na que estaba inmersa o Concello de Muras durante os 25 anos de gober-no do PP, agora invístense 800.000 euros cada ano en beneficio do conxunto dos veciños e as veciñas do municipio sen responder a inte-reses políticos ou favores persoais. De feito, as actuacións do Concello

chegan aos seus 150 núcleos po-boacionais.

- Recentemente, tras manter unha reunión co conselleiro de Políti-ca Social, José Manuel Rey Varela comprometíase a estudar un novo incremento no número de horas de atención a persoas dependentes nos seus domicilios e avanzar nos trámites para a posta en marcha do Punto de Atención á Infancia (PAI). Cando iniciará a súa actividade?- Agardamos que, despois dun in-vestimento de 70.000 euros por parte do Concello, a Xunta outor-gue os permisos para a súa apertura cara finais deste curso 16/17; xa que o PAI de Muras conta con 22 fami-lias interesadas.

- Tamén se reunía xunto ao edil de Medio Rural e Medio Ambiente, Ma-rio Rouco, coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Cales foron os temas abordados na xuntanza?- A incidencia da praga da vespa velutina e da couza da pataca; pero, sobre todo, as xestións de cara á de-volución de 461 hectáreas de mon-te na Gañidoira - Fraga de Ximarás aos seus propietarios e, polo tanto, o seu pleno dominio. Foi no ano 1952 cando se incluían no progra-ma de repoboación forestal a través dun consorcio entre a Deputación, o Concello e Patrimonio Forestal del Estado que prohibía aos seus propietarios facer rozas e pastoreo. A pesar de que os veciños e veciñas reclaman a propiedade dos montes non foi ata a chegada dun goberno progresista ao Concello de Muras cando se comezan a dar pasos de cara á súa devolución aos propieta-rios en sinal de xustiza social. De fei-to, no 2004 o Concello aprobaba un inventario no que se incluían estes montes, a pesar de facer constar na propia documentación que “é de to-dos coñecido que é propiedade dos veciños”. Igualmente, atópase ca-tastrado a nome do Concello. Ago-ra os distintos grupos municipais estamos dacordo na necesidade de retirar eses montes do inventario do Concello e procurar o modo de erradicar a débeda de 20.000 euros que os montes manteñen trala si-natura do consorcio e que, agarda-mos, que asuma a Xunta de Galicia.

- Tras estas e outras experiencias, cal é a relación do Concello de Muras coas outras administracións públicas?- É positivo manter contacto a tra-vés de reunións con representantes doutras administracións. De fei-to, estamos pendentes de manter unha reunión coa Secretaria Xeral de Turismo e a Conselleira de Medio Ambiente.

Manuel Requeixo, alcalde de Muras

“Devolver aos propietarios 461 hectáreas de monte na Gañidoira - Fraga de Ximarás é de xustiza social”

muras

Manuel Requeixo diante a Casa do Concello de Muras.

“O Concello de Muras recibirá 269.498,97 euros do Plan Único da Deputación para obras, servizos sociais e actividades de dinamización”

Page 12: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

12 maio 2017 actualidade

outeiro de rei

Ero Vázquez Cabrera e Isa García Col-deira están á fronte da compañía po-lense Marionetas Trécola que repre-sentará a súa última creación baseada na novela infantil O agasallo de Anya escrita por Sabela Núñez Singala o venres 19 de maio no Centro Cultural de Mosteiro despois da súa estrea o 17 de maio á unha do mediodía no Museo Provincial de Lugo.A peza, dirixida a un público familiar a partir de cinco anos, recolle a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que vi-ven separadas por catro mil quilóme-tros, pero unidas por todo o demais. “Trasmítennos a idea de que non é difícil axudar ou facer felices a outras persoas, de que todxs podemos facer algo por mellorar tanto as nosas vidas como as dos demáis… cun pouquiño de empatía, cun pouquiño menos de egoísmo e egocentrismo… Trasmíte-nos que o mellor agasallo é o que se dá de corazón”.A súa representación contará con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.Como compañía familiar, “ata agora sempre cumprimos as distintas labo-res en canto á creación e representa-ción dos nosos espectáculos”. Pero, “nesta ocasión contamos coa axuda da Chintofanería Artesanía e Fábrica de Emociones para a escenografía, Paloma Lugilde que se encargou da dramaturxia e Isabel Rey que leva a dirección”.

O espectáculo xa foi preestreado en Begonte coa colaboración da asocia-ción cultural Castiñeiro Milenario. “Un ensaio xeral nunca é de todo xeral se non hai público diante, así que opta-mos por facelo alí rodeados de boa xente en sinal de apoio á súa activida-de cultural”.

Marionetas Trécola: a compañíaMarionetas Trécola “somos unha compañía familiar, non buscamos ser unha gran empresa de fabricación de espectáculos. Dedicámonos profe-sionalmente ao teatro de marionetas porque nos gusta crear historias, per-sonaxes que as representen, espazos nos que suceden as historias e vivilas nós tamén dalgunha maneira. Mes-turamos a artesanía coas artes escé-nicas”.Aínda que tamén facen títere tradi-cional, procurar autoproducir obras teatrais nas que as marionetas son as actrices ou actores, teatro de obxec-tos, etc.Nestes últimos anos os espectáculos máis representados foron a “Traxico-media de Calixto e Celestino”, “Lolo e a Ratoa” e “As tres Raíñas Magas” como creacións propias. Pero hai outra obra que continúa a representarse, “The Piccole Theatre”, que xa existía antes de que nós nos fixeramos cargo da compañía. Tivemos que restaurar algunhas marionetas; posto que xa actuaban no “Teatriño de Feiras” de 1981 e engadir outras novas”.

‘O agasallo de Anya’ en Mosteiro en forma de marionetas

pol

Os recursos dos que vai dispor o concello de Outeiro vanse ver incrementados dun xeito moi im-portante debido á aprobación do Plan Único proposto polo BNG na Deputación de Lugo. Neste ano 2017 o concello de Outeiro vai per-cibir arredor de 340.000 euros por esta vía. “Non se poden destinar 340.000 euros que recibe o con-cello debido ao Plan Único sexan utilizados para contratar a axentes electorais do PP e a amigos e fa-miliares deles para traballos que nada aportan ao desenvolvemento do concello”, manifestou o voceiro do BNG en Outeiro, Xosé Ferreiro.

Dende o BNG cremos que a polí-tica de investimento do concello debe mudar drasticamente. Non se pode manter un sistema de gas-to baseado en pagar cantidades inxentes de cartos exclusivamen-te en “pagar” favores políticos e proxectos clientelares que en nada melloran a calidade de vidas das persoas de Outeiro nin axudan a que este concello despegue cara un futuro máis prometedor.O BNG propón investir estes car-tos que se conseguiron grazas ao traballo do BNG na Deputación en ampliar ás aldeas a rede de sanea-mento, nunha mellora integral das

pistas municipais, en incrementar os fondos do SAF e en poñer en valor e rescatar o patrimonio his-tórico e natural do concello.Dende o grupo municipal do BNG cremos que este aumento nos in-gresos do concello deben ser uti-lizados para dar un salto impor-tante cara o desenvolvemento do concello, así como para a mellora e abaratamento dos servizos que se presta á veciñanza, sen esquecer tamén a inclusión de novos ser-vizos que neste momento non se están a prestar.Así, o BNG propón ao Pleno liñas de investimento que fagan que o concello de Outeiro teña un desen-volvemento acorde ao seu poten-cial. Entre estas, pódense destacar: estender a rede de saneamento a todas as zonas rurais, elaborando un plan con criterios obxectivos de temporización para a súa execu-ción; proceder ao arranxo da rede de pistas do concello, dotándoas dun firme e cunha sinalización acorde ao século XXI, elaborando un plan obxectivo de temporiza-ción deste traballo e incrementar as cantidades económicas asigna-das ao SAF ata garantir que nin-gunha persoa que necesite este servizo careza del ou estea en es-pera de que lle sexa concedido.

O BNG rexeita investir o Plan Único “en pagar favores”

Xosé Ferreiro, voceiro do BNG de Outeiro.

A representación supón o manexo de marionetas de distintas técnicas.

Setenta son os traballos que se ve-ñen de presentar, unha vez rema-tado o prazo o pasado 7 de abril, á primeira edición do Concurso de Videopoemas, organizado pola Casa-Museo Manuel María, sobre composicións poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro.Os participantes, mozos e mozas que van desde 3º da ESO até Ba-charelato, incluíndo Ciclos Forma-tivos, pertencen a centros educa-

tivos de distintos puntos de Galiza coma Oroso, Sarria, Cambre, Val-ga, Monforte de Lemos, Moaña, Chantada, Quiroga, Redondela, Cervo, A Estrada e Cee.

Un concurso para potenciar a creatividadeO certame, que ten como finalida-de a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o

coñecemento e difusión da obra destes vultos da literatura galega, pasa agora a unha segunda fase. O xurado do concurso seleccio-nará os vídeos finalistas que se proxectarán nunha xornada pú-blica o vindeiro 20 de maio no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Ese mesmo día, o xurado emitirá ditame proclamando os dous mellores videopoemas desta primeira edición.

Ata 70 videopoemas chegaron á Casa-Museo Manuel María

Page 13: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

13maio 2017actualidade

Meira acollía a entrega de premios do I Certame de Debuxo e Poesía “Avelino Díaz”, convocado pola Asociación Cul-tural Avelino Díaz coa colaboración dos Concellos de Meira e Riotorto, o venres 28 de abril.O xurado, composto por Vitoria Quiro-ga, Marica Campo e Xosé Otero Canto con Montserrat Vidal como secretaria, outorgaba o primeiro premio da cate-goría A – de 3 a 8 anos- a Adrián Illanes por “Piñeiro”, o segundo a Sara Figueiro polo seu debuxo “Barco” e o terceiro a Javier Núñez por “Avelino está en el jardín”.Xa nas categorías B –de 9 a 12 anos-, C – de 13 a 17- e D –de 18 anos en dian-te- os poemas destacados foron “Águia dourada”, de Inés Barcía; “Saudade”, de Natalia Lema; e “A manivela dourada”, de Emilio Silva; respectivamente.

Na categoría B o segundo premio foi para Andrea Vázquez por “Conto doce”, o terceiro para Sergio Méndez por “Auga” e Xela Martínez obtivo un accé-sit por “A miña amiga”.O segundo premio da categoría C foi para Iria Barreiro por “Barreiras” e o terceiro para Antía López por “Pasar”; mentres que o segundo e terceiro da categoría D foron para Manuel Celso por “Fiestras do pasado” e Yoani Jartín por “A noite escurecida”.Os premios constan todos de diploma acreditativo máis figura para os primei-ros premios; lote de material escolar para os segundos -ou lote de libros para o segundo premio da categoría D- e lote de libros para o primeiro premio da categoría A, libro electrónico para a categoría B e tableta para as categorías C e D.

meira

AO NOSO CARÓN

O Presidente, Darío Campos Con-de, informa da contratación de as obras de construción dos centros de maiores públicos da Deputa-ción en Navia de Suarna e Meira. Fíxose con case 3 millóns de euros. Campos Conde destacou que “co-mezamos o día cunha moi boa no-ticia, pois coa dotación destas dúas instalacións vamos a poder ofrecer aos maiores da nosa provincia outras 100 prazas de residencia e centro de día preto das súas loca-lidades”. O Goberno da Deputación destina 1.639.000 euros para a residencia e

centro de día público do Concello de Meira e 1.299.144 euros para a do Concello de Navia de Suarna. En ambos os dous centros públicos se poderán atender a 100 maiores, pois contemplan 60 prazas nas re-sidencias e 40 nos centros de día. O centro da terceira idade de Mei-ra situarase na rúa Grupo Escolar, no casco urbano, nunha finca de 3.312 metros cadrados, dos cales 734 estarán destinados ao edificio. Segundo o proxecto, terá capaci-dade para atender a un máximo de 50 persoas. Contará con 30 habita-cións individuais para residentes,

así como 20 prazas no centro de día. O edificio contará con tres plantas. Na baixa, situarase o vestíbulo, re-cepción, aseos adaptados, baños asistidos, despacho de dirección, sala de curas, rehabilitación, sala polivalente, sala de convivencia, sala de terapia, comedor, servizos de cociña, servizos de lavandería, vestiarios do persoal. Na planta primeira, o control de enfermería, baño xeriátrico e 14 habitacións con baño individual. Na 2º planta, haberá un local de apoio e 16 habi-tacións con baño individual.

Contratadas as obras do centro de maiores con 1,6 millóns

A AC Avelino Díaz premia 13 debuxos e poemas

Os alcaldes de Meira e Riotorto presidiron o acto.

Trala sexta edición do Concurso de Tapas no que participaban unha ducia de establecementos hosta-leiros entre o xoves 4 e o domingo 7 de maio; o Concello de Meira or-ganiza dende a Oficina de Turismo a ruta de sendeirismo Miño-Eo.Son arredor de 20 km, os que per-correrán as persoas participantes o domingo 14 de maio.A saída está prevista para as oito e media da mañá de diante a igrexa

de Meira e a 9 km do comezo to-marase o almorzo en Espido. Ao seu remate, está previsto, arredor das dúas da tarde, un xantar no Estreito.

Tractores clásicosEste ano, como novidade, fará a ruta de forma paralela a AGAMAC (Asociación de Amigos da Maqui-naria Agrícola Clásica) con arredor de 20 tractores clásicos que esta-

rán expostos na praza do Concello de Meira antes de comezar e cos que coincidirán as persoas partici-pantes ao longo da ruta en distin-tos lugares.Os interesados en participar debe-rán inscribirse antes do 11 de maio na Oficina de Turismo, a través do enderezo electrónico [email protected] ou do teléfo-no 618 679 632. O prezo da ruta é de 10 euros.

Ruta de sendeirismo con tractores clásicos

friol

A coexistencia do lobo e a gandería, o alzheimer, pan e queixo e teatro. Estes son algúns dos temas das Xor-nadas de Interpretación e Dinamiza-ción do Medio Rural que se desenvol-ven os sábados 6 e 13 e o mércores 17 de maio organizadas pola Asocia-ción Cultural Carballo Vivo.Trala celebración da xornada sobre “Gandería, sociedade e lobo: cara a coexistencia” co-organizada por O Xan, grupo de opinión sobre a xes-tión do lobo en Galicia no que parti-cipa a Asociación Galega de Custodia do Territorio, o sábado 6 de maio no Centro Sociocultural de Friol; res-ta de celebrar o sábado 13 de maio pola mañá, a conferencia de saúde sobre o “alzheimer” seguida dun obradoiro sobre “o labor de AFALU”, a Asociación de Familiares de enfer-mos de Alzheimer e outras demen-cias, no Centro Cultural de Carballo.Pola tarde, será a quenda da home-naxe “Algo máis que pan e queixo” a José María Carricoba e Blanca Castro

nun acto presentado por David Espi-ño que contará coa intervención de compañeiros, membros da agrupa-ción teatral e veciños de Friol; ade-mais de actuacións musicais.A xornada rematará cunha cea no restaurante Roimil para a que é ne-cesario inscribirse antes do mérco-res 10 de maio a través do enderezo electrónico [email protected] contactando coa directiva da asociación. O prezo da cea é de 15 euros.O mércores 17 de maio, Día das Le-tras Galegas, dedicarase ao teatro. A partir das catro e media da tarde Isabel Risco interpretará no Centro Sociocultural de Friol “A Ratiña Ca-rolina aprende a querer”. Despois, a agrupación teatral “Carballo Vivo” re-presentará a “Galiña Azul” de Carlos Casares antes de pechar a tarde cul-tural coa actuación do Grupo de Mú-sica Tradicional A Fonte do Merlán no marco do Programa Musiqueando.

Abordando o rural en Carballo

A quinta Carreira Popular de Friol, organizada polo Concello de Friol coa colaboración do Club Atletis-mo Friol, celebrarase o vindeiro do-mingo 28 de maio.A proba dividirase en categorías segundo a idade dos participantes. As categorías menores darán inicio ás carreiras ás once da mañá no en-torno do colexio. Os rapaces e ra-pazas da categoría pitufos deberán completar un percorrido de 100 metros, na categoría prebenxamín de 300, na benxamín 700, alevín e infantil 1.400 metros e os partici-pantes da proba cadete ata 2.100 metros.A proba absoluta –na que se dis-tinguirán ata 10 categorías segun-do grupos de idade- consta de 5 quilómetros de percorrido que dará comezo ás doce do mediodía

tamén no entorno do colexio de Friol para xirar á dereita tomando a Avenida de Lugo e tomar a estrada de Ousá ata a rotonda para facer a circunvalación de Friol en dirección ao pobo onde os e as participantes deberán tomar cara a rúa Santa Isa-bel ata enlazar outra vez coa Ave-nida de Lugo e dar unha volta ao colexio para entrar na meta.Os tres primeros de cada categoría nas carreiras menores levarán un trofeo conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos; xa que non será competitiva. Así mes-mo, a todos os atletas das catego-rías de menores se lles entregará unha medalla conmemorativa do evento. Pola contra, haberá trofeos para os tres primeros clasificados de cada categoría da proba abso-luta. Os tres primeros absolutos,

tanto da categoría masculina coma femenina, levarán un producto típico da zona. E a todos e todas as participantes se lles entregará unha camiseta conmemorativa da carreira.

InscriciónsA inscrición da carreira para as ca-tegorías menores pode formalizar-se a través do portal www.cham-pionchipnorte.com ou do portal do Concello www.concellodefriol.es. Tamén para a proba absoluta está dispoñible a inscrición on-line, pero só a través do portal www.championchipnorte.com. Neste caso, o prezo será de 3 euros para os propietarios e propietarias de chip amarelo. Senón o prezo incre-mentarase nun euro polo aluguei-ro do chip.

Friol convida a correr o 28 de maio na súa quinta popular

Page 14: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

14 maio 2017 actualidade

letras galegas

CULTURA

Henrique Monteagudo é profesor de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e ci-director da revista Grial. É membro numerario e actualmente secretario da Real Academia Galega.Autor de Estudios de sociolingüística galega (Editorial Galaxia, 1995), Historia Social da Lingua Galega (1999) ou As razóns do galego (2009), entre outras publicacións; acaba de publicar Carlos Casares. Un contador de historias (Editorial Galaxia).

- Como escritor de relatos, poderíase considerar a Carlos Casares “un contador de historias”. Pero, por qué lle da vostede ese título á súa biografía?- Esa definición foi a que el deu de si mesmo nunha entrevista: “Cando me preguntan o que son, respondo: un contador de historias”. Coido que resalta moi ben a faceta máis importante do personaxe, que é a súa condición de narrador.

- Con que obxectivo e baixo que

criterios escribía este libro?- É unha obra divulgativa para dar a coñecer ao gran público unha síntese dos distintos aspectos dunha traxectoria polifacética, moi rica e moi intensa. O obxectivo principal, con todo, é animar a ler a súa obra literaria, ou, no caso de que se coñeza, a animar a relela cunha mirada máis profunda. Procurei ser documentado e obxectivo, fuxindo dun ton encomiástico, pois seu moi ben que ao autor non lle gustaría ser o protagonista dunha haxiografía.

- Como definiría vostede o estilo narrativo e ensaístico de Carlos Casares?- É un estilo enfocado cara á comunicación co público: limpo, claro, cursivo. Casares buscaba achegar a lingua galega e a súa obra a un público o máis amplo posible, por iso fuxía do preciosismo e do rebuscamento.

- E que temas podemos atopar na súa obra literaria?- A intolerancia e o dogmatismo como fontes de opresión e violencia,

a denuncia do totalitarismo, a responsabilidade dos intelectuais, o amor imposible...

- Hai algunha obra súa que, para vostede, destaque por algún motivo?- Deus sentado nun sillón azul, novela publicada en 1996, paréceme unha obra mestra, unha das maiores creacións literarias en galego de todo o século XX.

Galaxia, Grial, Consello da Cultura Galega e Fundación Carlos Casares- Como definiría o labor de Galaxia a prol da cultura, da lingua e da literatura galegas?- Galaxia é a empresa cultural máis importante da segunda metade do século XX en Galicia, ata hoxe. O seu labor foi crucial para a supervivencia da cultura galega baixo o franquismo e mais para a súa adaptación aos grandes cambios dos finais do século XX e comezos do XXI.

- Pero, cal é o modelo da revista Grial da actualidade?

- Grial é a publicación en galego máis antiga e máis duradeira de toda a historia de Galicia. Naceu con vocación de normalizar e universalizar a cultura galega, e nós simplemente tentamos adaptada aos novos tempos, seguindo o exemplo do propio Carlos Casares, que se esforzou por ampliar os campos de interese tradicionais (filoloxía,

historia, filosofía, artes) cara ás ciencias sociais e naturais e os grandes debates do pensamento actual: a economía, o medio ambiente, as novas tecnoloxías...

- Que valor na defensa da cultura e da lingua galega lle merece o Día das Letras Galegas? - É unha festividade moi especial, propiamente galega, que permite dar visibilidade a figuras e a obras que definiron ao longo do tempo o discurso das nosas letras, da nosa lingua e da nosa cultura nacional.

- Considera a Carlos Casares merecente desta homenaxe?- Como escritor, editor, xestor cultural, responsable institucional e figura pública, Carlos Casares fixo unha contribución importantísima á literatura, á lingua, á cultura e ao autogoberno de Galicia. Prestou así un servizo destacadísimo ao país e sen dúbida é unha figura exemplar da nación galega.

Henrique Monteagudo, profesor e autor da biografía Carlos Casares. Un contador de historias

“Carlos Casares é unha figura exemplar na nación”

Henrique Monteagudo.

A Fundación Carlos Casares nacía no 2002 en Vigo por iniciativa da familia e amigos do escritor co obxectivo de “constituírse nunha instancia para a reflexión sobre a sociedade e a cultura galegas”.A viúva de Carlos Casares, Kristina Berg, foi a primeira presidenta da Fundación. Tralo seu pasamento, en 2012, Francisco Xavier Casares Mouriño toma o relevo da presidencia con Håkan Casares Berg a cargo da administración.

- A RAG decidía dedicar o Día das Letras Galegas deste 2017 a Carlos Casares. Que supuxo este nomeamento para a súa Fundación?- Foi un momento de gran alegría. Era algo para o que se estaba preparando porque diversos colectivos demandaban a homenaxe a Carlos Casares polo Día das Letras Galegas e, polo tanto, agardabamos que acabase chegando; pero aínda así tomábanos por sorpresa absortos no traballo de recompilación e organización do arquivo e na promoción da súa obra. Con todo, atopámonos moi contentos, preparados e concienciados da importancia deste recoñecemento.

- Entón, a actividade coa que a Fundación desenvolve os seus obxectivos permitiulles estar preparados para este ano?- Os obxectivos da Fundación, ao

longo destes quince anos dende o seu nacemento tralo falecemento do meu pai, son de tipo transversal. Non só trata de preservar o seu legado e realizar estudos, senón que tamén pretende dar unha continuidade ao seu labor: traballar a prol do tecido cultural galego, internacionalizar a nosa cultura e servir de ponte de diálogo intercultural. Así, ademais da promoción da súa obra e a organización dun simposio sobre o autor; temos clasificado o material e poñendo á man dos investigadores aquel que resulte útil para a elaboración de biografías.

- De que xeito mudou o traballo da Fundación neste 2017? - Coa dedicación das Letras Galegas

neste ano a Carlos Casares, a súa Fundación converteuse no centro de referencia das celebracións deste ano. Nese sentido, reforzamos a súa estrutura para chegar a colaborar con todas as persoas e institucións que así o solicitan. Coordinamos as actividades en torno a Carlos Casares nos centros educativos, colaboramos coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa pre-produción dun documental sobre a súa figura. Igualmente participamos na organización da mostra ‘Os mundos de Carlos Casares’ que dende a súa inauguración en Ourense se achegará a outros puntos de Galicia e traballamos tamén co Instituto Cervantes na organización dunha homenaxe en Madrid e co Concello de Xinzo de Limia para o establecemento na localidade dun museo permanente sobre Carlos Casares.

- Que recolle a mostra ‘Os mundos de Carlos Casares’?- A mostra é un periplo pola súa vida que recolle en maletas, en alegoría da viaxe, obxectos, libros, documentos e pezas audiovisuais sobre a súa vida e obra que pode servir como estímulo para o achegamento da xente moza á cultura galega.

- Como xorde o documental sobre Carlos Casares?- Lara Bacelo, a Agrupación

Cinematográfica de Vigo, Madre Films e outros profesionais traballan xa no guión, localización e procura de financiamento privado para a rodaxe dun documental que procurará o recoñemento internacional.

- Aproveitando a dedicación das Letras Galegas 2017, que contribución cre que ten realizado seu pai á sociedade e cultura galegas? - Tal e como recollen outros persoeiros, Carlos Casares foi un pioneiro na

modernización da literatura e na achega de novas formas en tempos difíciles; así coma na literatura infantil en galego. En conxunto a súa obra acabará sendo das máis importantes entre os autores máis destacados da literatura galega. Pero tamén se lembrará o seu traballo como editor na editorial máis importante de Galicia, o seu labor nas institucións tecendo pontes entre ideas e posicións ben diferenciadas e como embaixador da cultura galega por todo o planeta.

Håkan Casares Berg, administrador da Fundación Carlos Casares

“A Fundación continúa co labor de Carlos Casares”

Dentro da Fundación, constituíase no 2004 o Centro de Estudos ‘Carlos Casares’ na cidade natal do autor, Ourense., para xestionar e desenvolver todas as actividades de investigación ao redor da figura de Carlos Casares.Igualmente, no Campus da cidade das Burgas creábase a Cátedra Carlos Casares, trala sinatura dun convenio da Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense coa Fundación, con obxectivos similares ao Centro de Estudos pero cun ámbito académico máis especializado. A través desta Cátedra tamén oraniza

xunto á Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo o CeMAC, un Curso de Verán de Extensión Universitaria centrado no eido da comunicación audiovisual que se celebra cada verán Celanova dende o 2004 abordando temas coma a ficción televisiva, o documental, novos formatos, o audiovisual e a industria cultural, Seis anos despois creábase tamén o Taller Audivisual “Celanova: plató de ficción”, unha experiencia práctica dirixida ao alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo.

Centro de Estudos e Cátedra Carlos Casares

Håkan Casares Berg.

Page 15: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

15maio 2017actualidade

Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo; pero é a segunda lingua euro-pea máis falada entre as non oficiais en ningún estado. No eido cultural é, na actualidade, unha literatura recoñecida en todo o mundo cun volume de obras literarias galegas traducidas a outras linguas en aumento. Tamén existe gran produción teatral e audiovisual en galego. Atópase entre as 30 linguas máis empregadas na rede e mesmo é lingua de uso dalgunhas apli-cacións.Tamén se emprega no eido político, educativo e nas administración; aínda que non plenamente normalizado. Pero os ámbitos con menor presenza son o empresarial, o xurídico, o eclesiástico e o dos medios de comunicación privados.

- Cales cre que son os prexuízos actuais destes sectores?- Os prexuízos son o resultado, en gran medida, da propia historia social da lingua. Historicamente o galego veu asociado ás clases humildes, ás clases populares, o nivel B no estrato xerárqui-co da sociedade, fronte o nivel A, que era a lingua do poder, a lingua do Estado, a lingua das clases dominantes. O mun-do da empresa, o mundo financeiro, o mundo xurídico ou eclesiástico perten-cen historicamente a ese estrato A e, malia os avances que se produciron na consideración e no uso social da lingua,

que se produciron moitos avances nes-tas últimas décadas, quedan actitudes que non se dan superado. Esta é unha materia pendente do galego, que non se corresponde coa súa realidade social de uso, nin co prestixio e recoñecemen-to da súa produción literaria e cultural, por exemplo.

- E cal cre que é o estado de saúde no resto dos ámbitos?- A lingua está viva. É unha das máis vi-vas entre as linguas europeas sen Esta-do. Pero non ten Estado, non ten poder efectivo -aínda que o teña simbólico. ¿Pode unha lingua coma o galego rea-lizarse plenamente nun marco político máis amplo -neste caso o Estado espa-ñol, a Unión Europea-? Velaí unha cues-tión que abordar, para a que cómpre dar con respostas teóricas e, sobre todo, con actuacións prácticas. Preocupa a perda cuantitativa de falantes, por exemplo. Preocupa que se poida romper a trans-misión xeracional do galego de pais a fillos. Preocupa a preguiza ou a nugalla de moitos sectores -tamén as adminis-tracións públicas- que din unha cousa e fan ou consenten a contraria. O galego é un patrimonio común que nos compro-mete a todos.

- Co seu recente nomeameto como presidente da RAG. Cales son os seus obxectivos e motivacións á fronte desta institución simbólica?

- Quixera encontrar espazos de enten-demento e diálogo. A RAG debe ser fir-me nos seus principios, mais debemos atopar espazos de entendemento para conseguir avanzar no uso da lingua, no seu prestixio e na súa dignidade social. E iso é algo que atinxe a todos os galegos e galegas, ao conxunto da sociedade, que é plural e diversa. A lingua non é propiedade duns poucos, por ilustrados que parezan. Tampouco é propiedade da Academia. A lingua é fundamental-mente dos falantes. De todos os falantes. E hai que atopar os camiños de con-fluencia para entre todos vivificala, acti-vala, facela cada día máis rica, máis mo-derna e máis nosa. É un activo ao que a sociedade non pode renunciar. Mesmo

un activo económico, como marca de identidade no ámbito da globalización uniformizadora. Por outra banda, hai unha liña de traballo na que debemos afondar: a comunicación coa sociedade. A sociedade debe saber que se está a facer na Academia. Necesitamos recur-sos para facer máis cousas, pero tamén temos que saber explicar ao conxunto dos galegos e as galegas a utilidade do que facemos.

- Falando deses recursos, cre que debe recibir apoios doutros organismos? E que factores considera determinantes dende a propia sociedade? - Para que a Academia poida dar conta das demandas sociais arredor da lingua e da cultura necesita recursos económi-cos e humanos. Os recursos da RAG, se os comparamos xa non coa Academia da Lingua Española, senón coa Aca-demia Vasca ou o Instituto de Estudos Cataláns, son moi cativos. Cómpre revi-sar esa política, tanto por parte das ad-ministracións públicas como por parte da sociedade civil. Esta é unha cuestión que me parece moi importante: temos que saber implicar a sociedade civil nos proxectos da lingua e da cultura galegas que poida promover a Academia. Non se trata de pedir cheques en branco. De ningunha maneira. Debemos dar conta miúda de cada centavo, pero sen recur-sos non se pode caer na hipocrisía de pedirlle á Academia o que a Academia

non pode dar, porque non está en con-dicións de facelo. Debo advertir unha cousa: os académicos e académicas non cobramos, non recibimos retribución económica ningunha pola nosa ocupa-ción e traballo. Pero hai equipos profe-sionais que deben estar minimamente dotados e profesionalizados. Estamos a falar de cuestións básicas de estabilida-de, en calquera institución.

Letras Galegas- A RAG decidía homenaxear polo Día das Letras Galegas deste 2017 ao narra-dor e promotor da cultura galega Carlos Casares, predecesor seu na dirección xe-ral da Editorial Galaxia. Por cales aspec-tos da súa vida e obra considera (ou non) que é merecedor deste recoñecemento?- Casares ten unha obra moi ampla, moi rica, dirixida mesmo a públicos moi di-versos, dende a literatura para os máis novos á literatura para adultos: novela, narrativa breve, biografías, ensaios, crí-tica literaria, columnismo nos xornais... Sen contar outras dimensións da súa personalidade que o fan extraordinaria-mente interesante: o seu compromiso coas institucións, por exemplo, porque un país necesita institucións estables e con credibilidade, incluída a RAG, por suposto. As institucións son os alicerces que sosteñen a sociedade política (na di-mensión máis auténtica do que significa a palabra política) e deben ser garantía da continuidade.

Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG)

“O galego é un patrimonio común dos seus falantes”

Víctor F. Freixanes.

Page 16: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

16 maio 2017 publirreportaxe

OS NOSOS CONCELLOS: FRIOL

Friol é un concello da provincia de Lugo que limita ao norte cos concellos de Guitiriz e Begonte; con Outeiro de Rei e Lugo polo leste; Guntín e Palas de Rei polo sur; e Toques e Sobrado polo oes-te. Conta cunha superficie total de 292,3 km² e a súa poboación era de 3.894 persoas no 2016. Polo tanto, a súa densidade de po-boación é de 13,6 habitantes por quilómetro cadrado.O Produto Interior Bruto (PIB) era de 17.964 euros no ano 2014.O principal sector económico do municipio é o primario. De feito, no 2015, eran 411 empresas as relacionadas coa agricultura e a gandería fronte ás 143 de servizos,

38 do sector da construción e 21 industrias.As máis de 500 explotacións de gando bovino contaban no 2014 con máis de 17.000 cabezas. Des-tas, preto de 500 pertencen á ex-plotación de Raza Rubia Galega máis grande de Galicia que conta no seu haber con innumerables premios en diversos certames rexionais como o que organiza o propio Concello en torno a esta raza en Friol coincidindo coa Feira do Gando Vacún de Carne.Outra das feiras de referencia para o municipio é a do queixo e pan de Ousá, dous produtos que se elaboran no municipio seguindo o método tradicional.

Friol, un Concellocon futuroUn municipio de referencia para invertir

Friol é unha vila con servizos. O Concello investiu, dentro do Plan Hurbe, un total de 323.619,80 euros dedicados integramente a garantir os servizos e subministros básicos aos cidadáns. O alumeado, as beirarrúas, as traídas de auga, a rede de sumidoiros foron algunhas das melloras con cargo a este plan no que tamén se incluía a humanización de espazos urbanos e a dotación de mobiliario.Así, a Concello potencia os servizos de cara ao asentamento da poboación tanto dos veciños e veciñas da localidade coma para novos e novas residentes.O comercio local -supermercados, restau-rantes, farmacias ou ferreterías, entre ou-tros- completa a oferta de servizos aos que se engaden actividades deportivas comas as que desenvolven importantes clubs: o Club Peluquería Mixta Friol de Primeira Na-cional de Fútbol Feminino, o Concello de Friol FS -feminino- e o Servicios Iglesias Friol -masculino- ou o Club Atletismo Friol, entre outros.

Friol, un lugar para vivir

Friol, unha vila con tódolos servizos.

O polígono industrial de Friol dispón de 14 parcelas en venda cunhas superficies comprendidas entre os 500 e os preto de 13.000 m2.

Page 17: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

17maio 2017publirreportaxe

OS NOSOS CONCELLOS: FRIOL

O edificio de usos múltiples situado no polígono industrial de Friol servi-rá de viveiro de empresas en apoio a aqueles emprendedores ou empren-dedoras que inicien a súa actividade empresarial. A iniciativa pretende ta-mén favorecer o asentamento da po-boación no municipio. O viveiro dispón dunha área de 1.200 metros cadrados dividida en catro módulos de entre 320 m² e 448 m² de superficie útil, aos que se engade unha superficie común de 591 m² co-rrespondente á parcela non edificada. Cada módulo consta de dúas plantas, unha oficina e baños adaptados á nor-mativa vixente.O prezo a satisfacer por parte da em-presa adxudicaria será o resultante de aplicar a conta de 0,4 euros polos me-tros cadrados útiles por cada mes.Os pregos da convocatoria publica-da no BOP do 21 de abril deste 2017

recollen como posibles beneficiarios ou beneficiarias a persoas autónomas ou empresas con previsión de cons-tituirse no prazo máximo de 3 meses ou constituídas en menos de 6 meses dende a data de solicitude de acolle-mento. En todo caso, deberán ter en-derezo social e fiscal no Concello de Friol.O procedemento de adxudicación é aberto. Entre os criterios de adxudi-cación atópanse a viabilidade técnica e económica da actividade, o nivel de creación de emprego, o tempo de acti-vidade da empresa nova, a proceden-cia dos promotores, a súa situación de desemprego anterior e a pertenza a algún colectivo con especial dificulta-de de inserción no mercado laboral. As solicitudes que cumprindo os requisi-tos non fosen seleccionadas, pasarán a formar parte dunha lista de espera que se aplicarán no caso de vacantes.

A lista de espera terá validez por 24 meses.O prazo de solicitude de adxudicación dun dos módulos dispoñibles remata o luns 5 de xuño.

BonificaciónsO Concello de Friol ofrece as máximas facilidades para a implantación de no-vas empresas nun polígono industrial totalmente urbanizado que conta cun-ha boa rede de electricidade, traída de auga e unha rede de saneamento con depuradora e iluminación exterior.Un dos exemplos destas facilidades é a bonificación do 95% -o máximo que permite a lei- sobre o importe da licen-za de obra. Se o importe da licenza é do 2% do total do proxecto, aplicando a bonificación do 95%, será case que un valor simbólico o que deba satisfacer o promotor en relación á inversión a aco-meter na propia edificación.

O Concello de Friol impulsa un viveiro de empresas

O Concello

de Friol

ofrece as

máximas

facilidades

para a

implantación

de empresas

no polígono

industrial

Friol, un lugar para vivir

Un dos atractivos turísticos do mu-nicipio é o Camiño Norte de San-tiago de Compostela que atravesa o municipio por seis parroquias. A Etapa 35 (Baamonde – Miraz), de 20 km, pasa por San Paio de Seixón e Miraz. A Etapa 36 (Miraz-Sobra-do), de 21 km, con saída dende esta parroquia friolesa que onde se localiza un albergue introdúce-se en Anxeriz, Anafreita, Nodar e Silvela antes do seu paso polo mu-nicipio coruñés de Sobrado.A serra da Cova da Serpe é un cor-dal montañoso de 25 km de lon-xitude que separa os concellos de Curtis e Sobrado na provincia da Coruña e os de Guitiriz e Friol na de Lugo. O pico máis alto é o Monte da Cova da Serpe, con 841 metros.A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros que conviven cun parque eólico.Numerosas mámoas pre-romanas repártense polo termo municipal; pero sobre a súa historia coñéce-se tamén a colonización das súas terras polos romanos. Desta época

son os restos da vía sobre a ponte do río Narla en Friol. Da chegada dos visigodos consérvanse recor-dos na toponimia -Argerei, Guldriz, Remesil, etc-.A historia do actual municipio de Friol está vinculada á dos enfron-tamentos e interese dos seus anti-gos señores, aínda que estas terras tiveron xa importancia antes da época feudal. Friol foi un dos con-dados máis ricos de toda a provin-cia de Lugo durante a estancia dos suevos.Friol conta tamén cun dos pazos máis grandes e mellor conserva-dos da provincia: a Fortaleza de San Paio de Narla. Tamén coñecida como a Torre de Xiá ou a Torre de Friol, foi derruída nas revoltas dos irmandiños do século XV e recons-truída no século seguinte, polo que o actual edificio é obra dos séculos XVI e XVII, fundamentalmente. Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón. Actualmente actúa como Museo Histórico e Etnográfico.

O Camiño Norte e o patrimonio material

Ponte sobre o río Narla en Friol.

O edificio de usos múltiples do Concello alberga o viveiro de empresas.

Aberto o

prazo de

solicitude de

adxudicación

de catro

módulos do

viveiro de

empresas de

Friol

O polígono industrial de Friol dispón de 14 parcelas en venda cunhas superficies comprendidas entre os 500 e os preto de 13.000 m2.

Page 18: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

18 maio 2017 opinión

COLABORACIÓNS

Por Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

S empre foi é e será im-portante ser posuidores dunha “autoesixencia” que basicamente cada-quén segundo e como

necesariamente deberá ser portador “dela” permanentemente. Aos tem-pos de hoxe, recordar aquel refrán que di: “Nada é verdade nin men-tira. Todo é do color do cristal con que se mira”. Por iso, concienciarse positivamente en forma para pre-vir adversidades que podan xurdir inesperadamente. Así, aquel mestre, autor do libro do Xosé, ao seu alum-nado recomendaba, o que se pode aplicar ao día de hoxe despois de tantos anos transcorridos, que a ho-nestidade debe prevalecer axeitada-mente de forma correcta e afable con moderación en pro e para atopar un equilibrio persoal afectuoso exemplar e respetuoso cara aos demais.Xamais o autor do libro do Xosé po-

dería imaxinar a existencia da tecno-loxía que aos novos tempos os nenos entre dez e doce anos manexan por-que xa en forma de xogos entre dous e tres anos disfrutan de series infantís.Honestamente, todo acostuma ter un límite onde a responsabilidade dos seus proxenitores permanentemen-te é fundamental e básica. A clásica comprensión xamais estará ausente para crear hábitos e costumes axei-tados e combater tantas vicisitudes onde os inimigos da alma están alerta... permanentemente.Ao seu alumnado o autor do libro do Xosé advertía e facía comparanzas relacionadas coa formación humana desde a infancia. E, como exemplo, dicía que para facer un bo pan era e é necesario coidar a fermentación da masa o mesmo que para asar as sardiñas a unión das brasas sexa plenamente eficaz para evitar que “cadaquén tire pola brasa para a súa sardiña”.Tódolos santos tiveron a súa graza. Para ser posuidores dos “méritos re-cibidos”... non por casualidade. Por iso, a sociedade especificamente ha de contribuír con exemplos dignos de mención onde o materialismo amosa resultados creadores malignos non fácil de remediar, senón contaxiar a tódolos niveis que humanamente cadaquén sofre as consecuencias correspondentes derivadas... dunha malformación social “condenada” polas ausencias de ánimo espiritual porque a moderación carece de virtu-des onde a “caridade” principalmen-te consiste en “Amar a Deus” sobre todas as cousas e ao próximo coma nosoutros mesmos para que indivi-dual ou conxuntamente cadaquén debera ser posuidor dunha auto-estima axeitada exemplar e digna.O autor do libro do Xosé como mes-tre aos seus discípulos encomenda-ba a grandeza espiritual de vivir en Paz porque a tranquilidade era, é e sempre será creadora dun estado de ánimo perfecto con xusta correspon-dencia mutuamente beneficiosa para todos e todas... que psicoloxicamente deberá ser portador fundamental do humor, tan necesario para asemellar-se á natureza, o mesmo que o repique das campás que cerimoniosamente xurde para anunciar os festexos clá-sicos e naturais, o mesmo que o tam-bor na compaña da gaita ao son do bombo amenizalos correspondentes con alegría de forma satisfactoria, humana e espiritual.

Maravillosa-mentePais youtubers

Por Lara Real LemaPsies Psicoloxía

N o mundo no que vivimos, a televisión, outrora raíña indiscutible dos medios de

comunicación cedeu parte do seu poder a internet. Os usuarios pasamos de ser meros consumidores de contidos a comezar a xeralos. Este proceso pasou por varias etapas. Fai uns anos fixéronse populares os blogs, unha especie de diarios onde os blogueiros escribían sobre diferentes temas ou daban a súa opinión sobre asuntos diversos. Unha volta de folla foi o concepto “vlogger” que ven sendo o mesmo pero gravado en vídeo. A plataforma estrela dos “vloggers” é youtube polo que en moitas ocasións tamén se lles chama “youtubers”. Se nos deixamos caer por youtube podemos comprobar que existen

multitude de canles con temática diversa. Os que máis éxito teñen son os de videoxogos, beleza e moda e os de humor de dubidoso gusto, como por exemplo o dun rapaz coñecido como ReSet, que o pasado decembro lle deu unhas galletas recheas de pasta de dentes a un indixente. Por difícil que pareza, subindo estes vídeos se poden facer moitos cartos. Ao principio de cada reprodución aparece unha publicidade que estas obrigado a ver xa que non a podes saltar. Os ingresos proveñen do número de visitas, polo que se tes moitos subscritores e subes varios vídeos nun mes, podes ter un bo soldo, de aí que algúns comecen a considerar ser youtuber como un traballo. Ata aquí ningún problema, pero ¿qué pasa cando nos vídeos aparecen menores? Aínda que non son os máis populares, as canles dedicadas á maternidade tamén son moi numerosos. Exemplo deste tipo de contidos é o de Verdeliss. Unha nai con seis fillos de diferentes idades que amosa nos vídeos que grava, distintos momentos do seu día a día, así podemos ver aos rapaces na bañeira, xogando entre eles ou comendo, baixo a escusa de “estarlles a deixar un bonito recordo”, iso si, sen preguntarlles se queren saír. Teño que recoñecer que os vídeos nos que os nenos son

expostos deste xeito prodúcenme bastante rexeitamento. Unha cousa é que os teus pais teñan no salón unha foto túa na bañeira e outra que calquera poida verte en momentos que se supón, pertencen a túa intimidade e que ademais os teus pais reciban cartos por iso.Dentro dos vídeos con cativos o caso que para min é máis preocupante é o dos pais americanos que levaban unha canle chamada DaddyOFive con case un millón de seguidores, que baixo títulos como “A Ryan chóvenlle ovos” ou “Jack descobre unha caca na súa cama” recollían supostas “bromas” que lles facían aos seus fillos. O obxectivo principal destas “bromas” era Cody, un cativo de 9 anos, que acostumaba rematar as gravacións chorando e autolesionándose. Empuxar ao neno contra unha estantería ou animalo a pegarlle a súa irmá eran outros dos vídeos que hoxe, trala retirada da custodia de dous dos cativos podíamos atopar na súa canle. Na súa defensa o matrimonio asegurou que as reaccións dos nenos eran finxidas. A dúbida é ¿pódese considerar maltrato o emprego da infancia e da intimidade duns menores con fins lucrativos? O tema da para debater.

O libro do XoséMemorias populares

Page 19: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

19maio 2017opinión

Por Pablo Filgueiras e Aranzazu Rodilla

E n ocasións atópase o ca-dáver dunha persoa en es-trañas circunstancias e na-queles casos nos que non hai indicios de violencia,

a investigación pode levar a pensar que é un suicidio.Si aparece unha nota de suicidio, ese elemento pode servir como punto clarificador, xa que en moitas oca-sións unha morte voluntaria pode ser confundida cun accidente, aínda que tamén estas notas hai que toma-las nun principio de forma prudente, xa que podería caber a probabilida-de de que se utilizase para encubrir un homicidio.En notas reais atopamos as últimas palabras do suicida, os seus senti-

mentos, os seus anhelos, a súa des-esperación, e poida que aclare o por qué dese último acto que realizou. Pero non todos os suicidios levan aparelladas un adeus escrito, ben porque non quixo ou é posible que tamén fose un suicidio impulsivo, o que non daría lugar á redacción da mesma.Moitos autores foron analizando durante moitos anos varias notas de suicidio co fin de clasificalas en dis-tintas categorías ou intencións, aínda que moitas delas poderían englobar-se en varias.As máis importantes son as cinco se-guintes:1- Xustificación do propio suicidio: o suicida explica o ocorrido. Adoita estar vinculado a cuestións de hon-ra. Non adoita haber peticións de perdón. (“Querido mundo: por si a alguén lle interesa sabelo, xa vivín bastante. Seguir vivindo sería un

noxo. Déixoche cos teus conflitos, o teu lixo e as túas cloacas sen fin. Cos mellores desexos. Sinceramente teu, George Sanders”, nunha segunda nota deixada xunto a esta primeira puxo outra que podería ser incluída na categoría de instrucións “Avisar a miña irmá. Hai suficiente diñeiro para pagar todo isto”).2- Despedida: a súa maneira de des-pedirse dos seus seres queridos, e onde tenta que non se culpabilicen pola súa decisión. (“Non se aflixan por meu. […] Por favor, perdóenme todos os que amo e que Deus per-dóeme tamén, pero non podo so-portar esta agonía e é o mellor para todos […]. Jimmy” nota de James Whale).3- Petición de perdón: cando non queren que os demais se sentan mal por decidir quitarse a vida e trata de desculparse. (“Teño medo. Son unha covarde. Síntoo por todo. Se fixese

isto hai tempo, evitaría moita dor. P.E.” nota de Peg Entwistle.)4- Instrucións: indícase que queren que fagan co seu corpo, mostran os seus últimos desexos. (“Tivemos unha morte. Pacto, teño que seguir. Por favor, que me enterren xunto ao meu bebé, co meu chamarra de pel, pantalóns vaqueiros e botas de motociclista. Adeus”, nota de Simon John Ritchie). 5- Acusacións: tentan culpabilizar a outros, cargando a outros a culpa da súa morte. (“Para Harald, que Deus che perdoe e me perdoe tamén, pero prefiro quitarme a vida e a do noso bebé antes de que o traten con ver-goña, Lupe”, carta de Lupe Vélez a súa parella Harald Roach cando a abandonou ao saber que estaba em-barazada). Como vemos o contido é diverso, podendo atopar notas que se refiren a cuestións diversas, como enfermi-

dade, desemprego, ruína económi-ca, enfermidade mental, vergoña, vellez, soidade, e así unha infinidade de motivos que leva ás persoas a to-mar esa drástica decisión, podendo haber notas escritas durante un brote psicótico.A forma de entregar ou deixar os mensaxes foi historicamente escritas, pero hoxe en día, coas novas tecno-loxías, hai xa notas suicidas en for-mato dixital, como vídeos ou audios.As notas pódennos axudar a enten-der as razóns pola que unha deter-minada ou determinadas persoas, nos casos de suicidio colectivo, decidiron quitarse a vida, e nalgún caso pode supoñer un alivio para os seus seres queridos, aínda que o suicidio adoita levar unha carga bastante elevada e negativa para todos eles.“Ata pronto, amigo meu, adeus. Lévoche no meu corazón. A sepa-ración predestinada promete un en-contro futuro. […] Morrer nesta vida non é novo, pero tampouco é novo o vivir”. Co estas palabras se despediu o poeta ruso Serguéi Esenin do seu gran amigo, unha das despedidas máis coñecidas entre os escritores.

O recuncho do criminólogoNotas suicidas

Por Pablo Veiga

E scribo este artigo nunha semana na que os medios de comunicación lembran que hai vinte e cinco anos se inaugurou o tren de alta

velocidade, o AVE, unindo as cidades de Madrid e Sevilla. Curiosas imaxes de autoridades, que evidentemente mantiñan unhas facianas moito máis xoves cás que ofrecen na actualida-de. Un cuarto de século non pasa en balde para ninguén. Foi un momento histórico e o inicio dunha escalada na posta en funcio-namento doutras liñas que preten-dían –e así o conseguiron- achegar a capital do reino a distintas áreas xeográficas do Estado por medio dos coñecidos como camiños de ferro. En pouco máis de dúas horas, conectá-banse urbes que están a varios centos de quilómetros. A rede de alta veloci-dade española era vista incluso con admiración no estranxeiro; ata dos Estados Unidos chegaron a vir para estudala e poder así adaptala á súa realidade. Pero este innegable éxito tamén ten as súas sombras, ó consta-tarse o fracaso nalgunhas rutas, total-mente inoperativas e deficitarias.Volvendo á efeméride en cuestión, como galegos tívonos que producir nostalxia e desacougo. Esta infraes-trutura e a elección do primeiro tra-xecto foi unha valente aposta, ó en-lazar Madrid cunha rexión bastante subdesenvolvida naquel momento como era Andalucía, que se prepa-raba para celebrar un dos acontece-mentos nese apaixoante ano noventa

e dous, como foi a Expo Universal de Sevilla –o outro foron os xogos olím-picos de Barcelona-. Máis de dúas décadas daquelas ima-xes e aquí en Galicia asistimos á perda progresiva no uso do tren. Un lembra de neno aqueles comboios con destino Madrid, País Vasco ou Cataluña, que paraban en Guitiriz e en Baamonde, utilizados polas centos de familias emigradas a eses destinos para retornar ás súas aldeas de orixe en períodos vacacionais ou para asistir a acontecementos diver-sos. E tamén por aqueles que os vi-sitábamos. Un medio de transporte que resulta vital nas zonas puxantes europeas, pero que a nosoutros ape-nas nos tocou, deixando unha parte considerable do noso territorio alleo a el. A día de hoxe, a chegada da alta velocidade segue acumulando retra-sos. Faláronnos do dous mil doce, logo do quince, o dezaoito talvez, pero máis seguro que non … Si re-sulta doado e áxil o percorrido desde A Coruña ata Santiago, e Pontevedra e Vigo; tamén con Ourense cidade. Pero Lugo Monforte quedan fora e toca agardar. No entanto, non semella que chegar a Madrid en tres horas desde a nosa provincia sexa a panacea de nada. A repercusión na nosa economía e no benestar en xeral verase no seu momento.Os expertos, os gobernantes e a so-ciedade en xeral terán que marcar as pautas para os vindeiros anos, porque cando nos descoidemos hanse con-memorar as vodas de ouro da alta velocidade española e aquí ó mellor tamén pasa algún tren a dous cen-tos quilómetros por hora, pero polo camiño non hai ningunha parada porque non exista nin a quen deixar nin a quen levar, nin ningunha outra razón para deterse.Uff. Deus proverá …

Vinte e cinco anos

Por Marta Rodríguez Engro-baAsociación Si, hai saída

U nha avaría no whats-app hai uns días que, por unhas horas, im-pediu que se conti-núase con esa costu-

me que xa hai tempo se instalou nas nosas vidas, e con todos os honores, ademais, de retransmitir en directo cada movemento que facemos, cada pensamento que se nos pasa pola cabeza, e que resumamos os nosos sentimentos cun emoticono ou a golpe de dúas mans dando palmiñas de ledicia, non fixo senón reafirmarme na miña teoría de que, en exceso, todo pode chegar a ser malo, e que, malia que non nos guste re-coñecelo, no que as redes sociais e mensaxería atinxe, hai tempo que comezamos a perder o Norte, e todo apunta a que imos a peor.Vaia por diante que eu non son ningunha cavernícola, e, malia que non son afeccionada en ex-ceso a tecnoloxía nin as redes so-

ciais, non renego delas, nin moito menos.Non son usuaria de whatsapp por-que dada a miña actividade, é o único xeito que teño de conservar unha certa privacidade e que non se me invadan as vintecatro horas do día, unha tarefa que aínda así é ardua, pero admito que, ben usa-do, pode ser moi útil. E repito, ben usado, non pasando a convertelo, como teño as veces a sensación, no noso substituto do que sería unha socialización saudable e de toda a vida... a conversa entre dúas ou máis persoas!.Non hai nada que me provoque mais mágoa que votar unha olla-da o meu redor nunha cafetería, por exemplo, ou nun restaurante, e ver como grupos de xente sen-tados a mesma mesa, ou mesmo parellas ( penoso…!), non son quen de cruzar unha soa frase entre eles, absorto cada un nese aparello máxico que os conecta con todo o mundo pero que os fai esquecer por completo a os que están a o seu carón.O meu cabreo é monumental can-do quedo con alguén e che di iso de : “Ti fala, fala, que eu aténdote igual!” sen apartar a vista do te-léfono e coa musiquiña de fondo dos whatsapps que chegan conti-nuamente e que resposta de xeito inmediato, e que, posiblemente son a continuación dunha “con-versa” que se iniciou horas antes e na que se contaron desde o que almorzaron, ata o que van ver na

tele pola noitiña, pasando polo traxe da veciña que se cruzaron na rúa, e que viron de auténtico milagre nun dos escasos momen-tos que levantaron a vista do telé-fono para non estamparse contra unha parede.Falamos da mocidade, do preo-cupante que é a súa excesiva de-pendencia das redes sociais e dos perigos e nefastas consecuencias que non poucas veces provoca, desde acoso ata violencia de xé-nero, pero como podemos ter a pouca vergoña de recriminarlles nada cando apenas hai tempo para falar con eles porque a súa propia familia, todo o seu entorno en xeral, está absorto en “whassa-pear” con uns e con outros?.Posiblemente haberá quen me chame antiga, e ata rancia; pero, sabedes o que vos digo? Non cambio por nada o pracer de sen-tarme tranquilamente a tomar un café e conversar con alguén. Tam-pouco a ledicia inmensa de mer-gullarme lectura dun bo libro ou sinxelamente dar un relaxante pa-seo vendo o que hai o meu redor. Dito doutro xeito. Non cambio por nada o pracer de vivir. Tampouco permito ter a miña vida supedita-da a un aparello que o único que me proporciona é un simulacro de amizade, que, obviamente, a lar-ga non enche ningún baleiro.Non sei se son quen de que me entendades... ou se será preciso explicalo por whatsapp!.

Sen whatsapp non hai paraíso

Page 20: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

20 maio 2017 actualidade

Page 21: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

21maio 2017actualidade

TERRA CHÁ

Coincidindo co inicio da medida Leader 2014-2020, a Asociación de Desenvolvemento Comarcal Terra Chá – GDR2 renovaba a súa directiva encabezada pola pastoricense Fé Legaspi e que integra a un total de 21 persoas do sector privado e público.Son once representantes de fundacións, asociacións veciñais, culturais, comunidades de montes, e representantes de asociacións de empresarios, entre outros, aos que se engaden os alcaldes dos dez municipios integrados neste GDR: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Riotorto, Vilalba e Xermade.Proxectos de diversos sectores teñen recibido axudas do programa Leader que xestiona o GDR 2 Terra Chá nesta zona co obxectivo de crear e conservar emprego na procura do desenvolvemento rural. Dentro da Estratexia 2014 - 2020 a Asociación Terra Chá conquería 3.990.451,42 euros dos que xestionará arredor de 563.000 euros nesta mesma anualidade.

- O 31 de marzo pechábase o primeiro prazo de selección de proxectos para recibir solicitudes de axuda para proxectos no territorio que abrangue a Asociación Terra Chá –GDR 2. Cantos foron os proxectos presentados e de que zonas, principalmente?-No primeiro primeiro prazo foron presentados 28 proxectos tanto de proxectos produtivos como de proxectos non produtivos. Dentro dos proxectos non produtivos destacan os destinados ao coidado e atención de persoas con necesidades e dentro dos produtivos hai de todo tipo e están moi repartidos polo territorio do GDR.

- Este ano serán subvencionables tamén actuacións no sector servizos ou no comercio polo miúdo, aínda que con limitacións. A que sectores de actividade pertencen os proxectos presentados ata o de agora?- Presentáronse proxectos de todo tipo destacando os servizos á poboación, pequenas empresas

dedicadas a diversos sectores económicos como o turismo, empresas de prestación de servizos, eficiencia enerxética, etc.

- Tendo en conta que os proxectos serán seleccionados por concorrencia competitiva ata esgotar existencias, que factores

determinarán o apoio a cada proxecto?- O GDR ten un baremo aprobado por AGADER para valorar os proxectos. A puntuación de cada proxecto corresponderase á suma de diversos criterios relativos á situación xeográfica do proxecto -neste caso teranse en conta as características económicas e xeográficas onde se

localiza o proxecto-, ao promotor ou á creación de emprego. E tamén se puntúa a tipoloxía do proxecto segundo nova creación ou ampliación. Estes baremos son públicos e pódense consultar na páxina de AGADER. Unha vez que estean analizados e puntuados os proxectos, estes ordenaranse de

maior a menor puntuación e serán escollidos por orde ata esgotar fondos.

- Aínda hai oportunidade para a presentación de máis proxectos a esta convocatoria de axudas; xa que o segundo prazo de solicitude pecha o 31 de maio…- As persoas interesadas en presentar proxectos no GDR-2 Terra Chá para a convocatoria de maio ou seguintes o que ten que facer é poñerse en contactos cos técnicos do GDR no teléfono 982 51 23 69 ou no correo [email protected]. Eles informarán das posibilidades que ten o proxecto en cuestión.

Na defensa do rural- Licenciada en Matemáticas, traballadora dunha empresa de compra-venda de maquinaria agrícola e representante do Club Campo Cruceiro. Como chega a converterse en presidenta do GDR2?- Foi algo que xurdiu de xeito casual. Decidín inscribir a asociación á que representaba, despois saín elixida nesa mesa sectorial. Posteriormente, á hora de elixir a xunta directiva, o resto de compañeiros estiveron de acordo en darme esa oportunidade.

- Que supón para vostede aceptar esta posición? - Representar a un grupo deste tipo non deixa de ser algo ilusionante para unha amante do campo coma min. Espero estar á altura e dar visibilidade ao grupo que represento.

- Que cre que aporta esta asociación ao desenvolvemento rural da nosa comarca?- O GDR – Terra Chá elaborou unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela incluíronse

as principais posibilidades, oportunidades e necesidades da comarca dende o punto de vista produtivo, económico, dotacional, social, etc. Seguindo a metodoloxía LEADER de definir “os procesos de abaixo a arriba”, o que se pretende é contribuír a que calquera boa idea que teña que ver co rural poida a través de pasos sucesivos levarse a termo. Os sectores agro-gandeiro, o forestal e mesmo o turístico, son algúns dos nosos fortes.

- Como se relaciona a entidade que representa cos obxectivos da Estratexia 2014 - 2020?- Perseguimos a creación e o mantemento do emprego no rural; así coma a mellora do nivel de vida e atención a colectivos desfavorecidos igual que ao fomento da eficiencia enerxética. E tamén garantir a sustentabilidade do medio mediante un coidado e uso axeitado dos recursos naturais; pero tamén potenciar a animación social do territorio.

- Polo tanto, cales son os seus obxectivos á fronte da Asociación Terra Chá? - Gustaríame pensar, que pasado un tempo, aportei o meu graíño de area para difundir todas as bondades da vida no rural, xa que sempre a levei como bandeira.

- E as liñas de traballo que se marca?- Quero participar de forma activa, de xeito, que o maior número de xente coñeza este grupo e saiba que ten posibilidade de contar coa axuda necesaria para levar a cabo o seu proxecto, sempre que cumpra os requisitos axeitados. Así, tratarei de divulgar e informar sobre a existencia destas axudas.

Fé Legaspi, presidenta do GDR2-Terra Chá

“O GDR 2 - Terra Chá axuda a desenvolver proxectos”

Fe Legaspi, presidenta do GDR2-Terra Chá.

“Foron presentados 28 proxectos no primeiro prazo da convocatoria de axudas da Asociación Terra Chá”

Page 22: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

22 maio 2017

O Pleno da Deputación aprobaba na sesión ordinaria de abril as dúas mocións que presentou o Goberno Provincial para que a Xunta de Galicia cree un Fondo de Participación que garanta que todos os Concellos reci-ban de xeito obxectivo e equitativo recursos da administración autonómi-ca; e que o Goberno Central permita aos municipios lucenses reinvestir os 23 millóns de euros que teñen de superávit. A Deputada de Economía, Mayra Gar-cía Bermúdez, explicou que “dende este Goberno Provincial, defende-mos que a política é o instrumento de participación cidadá na xestión do público e que as persoas que somos elixidas, de xeito directo ou indirec-to, para ocupar cargos institucionais o facemos, única e exclusivamente, para representar aos cidadáns e ci-dadás. Entendemos que a obriga dos 25 Deputados desta Corporación é defender os intereses dos lucenses na xestión dos recursos públicos desta Deputación e das restantes adminis-tracións no país. Temos a obriga de garantir que os fondos públicos de todos e cada un dos cidadáns cos que contan as institucións cheguen por igual aos veciños, vivan onde vivan, e goberne quen goberne”. Nese sentido, explicaba que estas son cuestións que algún grupo político, como demostra-rei a continuación con datos oficiais e públicos, obvia”. Neste senso, García Bermúdez apun-tou que “a distribución de fondos autonómicos por parte do Partido Po-pular dende a Xunta de Galicia é com-

pletamente arbitraria e discriminato-ria, canto menos na nosa provincia, pois só atende á cor política dos mu-nicipios”. Para facer estas declaracións, a Deputada apoiouse en documentos oficiais do Goberno galego, que se po-den consultar nas seguintes ligazóns: - “En menos de tres semanas e a pou-cos días das eleccións autonómicas, a Xunta repartiu 3,1 millóns de euros a Concellos lucenses, exclusivamente, gobernados polo Partido Popular”. Páxina 2: https://goo.gl/8OcL9m (Ac-ceso aos convenios con Outeiro de Rei de 600.000 euros; Cervo de 200.000 euros; Cospeito de 800.000 euros; Paradela de 350.000 euros; Friol de 200.000 euros; Sober de 405.000 eu-ros ou Castro de Rei de 500.000 euros). - “A Xunta repartiu 11,3 millóns de eu-ros entre 11 Concellos da provincia, dos cales 10 están gobernados polo Partido Popular, que reciben o 99,75% dos fondos. Só o 0,25% destas axudas públicos chegan a municipios de dis-tinta cor política”. Acceso ao DOG do 3 de novembro de 2016: https://goo.gl/wAHvps.- “A Xunta de Galicia aproba un Plan Extraordinario para melloras de in-fraestruturas e equipamentos nos Concellos. Achega á provincia de Lugo 483.000 euros dos que 309.000 son para municipios gobernados polo Partido Popular. Isto supón, preto do 65% dos fondos”. Acceso ao DOG do 21 de marzo de 2017: https://goo.gl/YM5h74.- “A Xunta de Galicia distribúe axudas da Unión Europea para investimentos en impulso do turismo. Achega á pro-

vincia de Lugo 459.000 euros dos que 335.200 son para Concellos goberna-dos polo Partido Popular. É dicir, preto do 70% dos fondos. Acceso ao DOG do 28 de outubro de 2016: https://goo.gl/SQJLcO.Tras estes exemplos, a Deputada en-gadiu que “o que buscamos con esta moción, é esixir cambios na política de actuación do PP, comezando pola que aplican na Xunta, pois a través do Fondo de Cooperación Local só se ga-rante, a todos os Concellos, un 1,11% do orzamento da Xunta fronte ao 23% que achega a Deputación só a través do Plan Único”.

“En clave partidista”A proposta saíu adiante cos votos do PSOE e BNG, pois o PP votou en con-tra ao consider esta “unha moción elaborada en clave partidista”.Os populares desvincúlanse destas mocións “sen ningún tipo de fun-damento”, sobre todo, porque a fu-sión municipal en Galicia, matizou o vicevoceiro popular José Antonio García, é voluntaria e, en segundo lugar, avogan por ir a un financia-mento axeitado e incluída no marco da FEGAMP, dentro da unanimidade e apartando os criterios partidistas “que é xusto o que querían facer vostedes”.“Tomámonos moi en serio as nece-sidades dos concellos. Todos os que estamos aquí vimos da administra-ción local e, polo tanto, para nós, este tema si que é importante”. Por este motivo, consideran “unha frivo-lidade que se fale así de garantir por

lei un fondo cando Galicia, dende hai máis de 20 anos, ten regulada a creación dun fondo específico; cues-tión que semella descoñecer o PSOE, apartándose así tamén da FEGAMP, que é o marco para facelo, a pesares

de que está presidida por un pre-sidente socialista e hai unha fluída negociación”, afirmou o vicevoceiro popular.

Preto de 30 millóns sen poder empregarO Goberno da Deputación presenta-ba outra proposta ao Pleno para ins-tar ao Goberno Central a que permi-ta aos Concellos que teñan superávit empregar estes fondos. O vicevoceiro do goberno, Pablo Ri-vera, apuntaba a este respecto que “na provincia de Lugo hai preto de

30 millóns de euros de superávit en case unha trintena de municipios, que teñen as súas contas saneadas, pero que non pode emprego por-que o PP dende o Executivo estatal non llelo permite”.

“En definitiva, o Partido Popular, dende a Xunta de Galicia, marxina aos veciños de máis do 80% do terri-torio lugués, que se corresponde cos municipios nos que non goberna e aos que discrimina na distribución dos fondos autonómicos. A maio-res, dende o Goberno Central, o PP nin tan sequera lles permite empre-gar os escasos recursos municipais froito do seu esforzo na xestión dos mesmos. O PP atacar claramente ao municipalismo e, polo tanto, a maior parte dos veciños da provincia”.

actualidade

A Deputación solicita á Xunta crear un Fondo de Participación Local e ao Estado usar o superávit

A moción non foi apoiada polos deputados populares.

A Deputación resolve dúbidas sobre o Plan ÚnicoO Presidente da Deputación, Darío Campos, convocou un encontro cos alcaldes da provincia para aclararlles todas as súas dúbidas sobre o Plan Único.Campos Conde puxo a disposición dos rexedores os técnicos provinciais

para resolver todas e cantas cuestións poidan xurdir e explicou que en www.deputacionlugo.gal teñen toda a do-cumentación sobre o plan. Campos Conde apuntou que despois do 2 de maio, os técnicos provincias

avaliarán os proxectos e memorias que presenten os 67 Concellos. Feito isto, comunicaráselles aos municipios os posibles erros administrativos e abrirase un prazo de 10 días para a súa subsanación. “O obxectivo do Gober-no Provincial é levar en maio a Pleno

a aprobación do conxunto de inicia-tivas, dotadas de 20 millóns de euros, para a súa execución”. E, “co obxectivo de inxectar canto an-tes un total de 16 millón de euros cos que reactivar a economía da provincia

e pontenciar o emprego e o benestar”, o Presidente decidiu ofrecer aos Con-cellos un anticipo do 80% dos fondos totais que lles corresponden.

Distribución de fondosO Executivo da Deputación deseñou un Plan Único de 20 millóns de euros, que o Presidente decidiu distribuír nos 67 Concellos da provincia en base aos criterios obxectivos aprobados por unanimidade na FEGAMP: super-ficie, poboación, entidades de po-boación e índice de envellecemento. Campos Conde establecu un mínimo de 150.000 euros e un máximo de 500.000 euros por Concello para que os fondos cheguen en condicións xus-tas aos veciños. En base a isto, os mu-nicipios de Negueira de Muñiz e Rá-bade, que son de menos poboación e superficie na provincia, reciben preto de 190.000 euros; e os de Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba, Lugo e Viveiro, con máis veciños e extensión, 500.000 euros. O Presidente tamén fixou que como mínimo a metade dos fondos que re-ciba cada municipio teñen que desti-narse a novos investimentos, así como

que deben achegar, cando menos, a mesma cantidade do ano pasado para o POS, o DEPUEMPREGO e o SAF. Con estas medidas, garantese un mínimo de máis do 70% dos 20 millóns de eu-ros do Plan Único para investimentos, emprego e benestar. Pois os 67 Conce-llos destinarán polo menos 10 millóns a investimentos e 4,5 millóns de euros ao SAF e DEPUEMPREGO. Campos Conde explicou que “face-mos isto porque os nosos obxectivos son reactivar a economía da provincia, favorecendo novos investimentos e non novos gastos correntes; e poten-ciar as infraestruturas, o emprego e o benestar no rural. Queremos que os fondos públicos da Deputación para este plan repercutan e beneficien a quen o ten que facer: aos máis de 300.000 lucenses da nosa provincia”. Ao respecto dos gastos correntes, nos que se inclúe o SAF e DEPUEMPEGO, ao seren fondos para a contratación de persoal; o Executivo Provincial es-tablece que os investimentos para actividades culturais e deportivas non superen os 8.000 euros e os dirixidos a feiras e festas, os 6.000. Hai unha ex-cepción, pois no caso de que os Con-

cellos teñan recibido unha cantidade maior no 2016, poderán achegar o mesmo. Tamén hai limitacións, xa que o Goberno da Deputación decidiu non financiar actividades que empre-guen animais non domésticos para exhibicións ou comercializacións; es-pectáculos como touradas ou circos; ou eventos nos que se faga un uso sexista da indentidade sexual ou con connotacións pexorativas da identida-de de xénero.

Atendendo as dúbidasDe feito, o Goberno da Deputación aprobaba en xunta de goberno unha instrución sobre as dúbidas propostas polos Concellos ao respecto do Plan Único. “Tendo en conta que é a primeira vez que facemos este plan, pois antes fa-cíamos programacións individuais de cooperación cos Concellos, e agora aglutinámolas nun Plan Único; nas ba-ses desta programación xa establece-mos que, no caso de existiren dúbidas, emitiríamos un informe aclaratorio so-bre as mesma”.O documento foi remitido a todos os Concellos da provincia.

DEPUTACIÓN

Campos reuníase en Lugo cos rexedores e técnicos do 67 Concellos.

Page 23: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

23maio 2017actualidade

O Goberno da Deputación atende a máis dun milleiro de maiores co servizo de Teleasistencia, completa-mente renovado. Son, concretamen-te, 1.061 persoas as que hoxe en día están a empregar este servizo que o Goberno da Deputación ofrece a custo cero a todos os maiores dos municipios lucenses, dependentes ou non, pero con dificultades en canto a súa autonomía. Faino por-que “a Xunta, ademais de obrigar ao copago da prestación que ofrece, deixa fóra a centos de maiores con limitacións porque non están reco-ñecidos como dependentes”.O Goberno Provincial fixa que sexan os propios traballadores sociais os que valoren a situación de cada un dos demandantes desta prestación para que conten coa mesma ás per-soas que realmente a necesitan. Di-tos profesionais fano en visitas aos domicilios dos posibles beneficiaron para coñecer in situ a súa situación (apoios familiares, saúde, capacida-de na toma de decisións, grao de soidade, dependencia ou discapa-cidade, se viven en zonas illadas ou en núcleos rurais de difícil acceso...). Na zona da Terra Chá son 220 per-soas as que desfrutan do servizo: 52 en Vilalba, 26 en Xermade, 21 en Rá-bade, 16 en Begonte e outras tantas en Abadín, 15 en Guitiriz e tamén en Castro de Rei, 13 en Cospeito, 10 en

Pol e Friol, 9 na Pastoriza, 7 en Ou-teiro de Rei, 5 en Meira, 4 en Muras e unha en Riotorto.Pero, a maiores, o Goberno da Depu-tación dispón doutras 494 prazas de Teleasistencia para maiores lucenses ata completar as 1.555 prazas que pode financiar o Executivo Provin-cial con 300.000 euros. Os interesa-dos poden solicitar as mesmas, cha-mando ao 982 260 138.

Servizo máis profesional e humanoO Goberno da Deputación renova e mellora a Teleasistencia Provincial, acadando un servizo máis social e profesional. É máis social porque, por primeira vez, se incluíron bare-mos psicosociais e psicosanitarios para concesión das prazas. Deste xeito, tense en conta aspectos como o grao de soidade, a capacidade na toma de decisións, a situación fa-miliar dos demandantes, o ámbito ou condicións da vivenda, se viven en lugares do rural illados... É máis profesional porque a concesión das prazas non é un mero trámite admi-nistrativo, senón que son os traballa-dores sociais son os que valoren in situ, en encontros cos solicitantes, a súa situación sanitaria, social ou familiar... para comprobar e deter-minar a necesitade desta prestación gratuíta que ofrece o Goberno da Deputación.

O Presidente, Darío Campos Conde, presentaba no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Depor-tes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedica o torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nes-ta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas ante-riores edicións pois, en resposta as

peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presen-tación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por

toda a provincia. Campos Conde subliñou que “dende o Goberno da Deputación somos conscientes da importancia de que as institucións públicas apoien e fomenten o deporte base lucense para que este continúe medrando, e entre todos, no futuro, academos grandes éxitos para a nosa provin-cia. Estamos moi satisfeitos de poder presentar iniciativas coma esta que traballan en favor dos máis novos, inculcando valores tan importantes como a solidariedade, o esforzo e o compañeirismo.”Por primeira vez nos 34 anos de his-toria da Copa Deputación de Fútbol, o Executivo Provincial e a Federación

Galega de Fútbol, dedican a edición do torneo ao exfutbolista Pedro Tapia “recoñecendo o seu inmenso traballo e labor”.Como novidade, este ano a compe-tición deportiva reúne a equipos de

todas as categorías a nivel provincial co obxectivo de promocionar e im-pulsar o fútbol base lucense. Para facer máis dinámica a Copa Depu-tación de Fútbol, o sistema de com-petición será a partido único ata a final. Ademais, a final das categorías Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina celebraranse o 25 de xuño no Estadio Anxo Carro do Club Deportivo Lugo.

Categorías e gruposSerán 23 equipos os participantes no grupo de Preferente Autonómica e Primeira Autonómica masculina, 55 no grupo de Segunda e Terceira Au-tonómica Masculina, 3 no grupo de Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo 1º, 27 equipos na ca-tegoría pre-benxamín de F-8, 40 no caso dos benxamíns e 39 alevíns. Ata 26 equipos participarán na categoría infantil, 19 de cadetes, 25 de xuvenís e 31 de fútbol veterano.

PremiosA cada un dos finalistas das catego-rías de fútbol base corresponderalle trofeos e medallas que serán aporta-dos pola Deputación. No caso do grupo de Preferente Au-tonómica e Primeira Autonómica masculina, o primeiro clasificado reci-birá 5.000 euros e o segundo, 3.000 euros. O primeiro e o segundo do grupo de Segunda e Terceira Auto-nómica Masculina lograrán 4.000 e 2.000 euros, respectivamente.E, finalmente, os tres equipos partici-pantes no grupo de Segunda división feminina, Primeira división feminina e Segunda división feminina grupo primeiro repartiránse 4.000, 2.000 e 500 euros segundo a súa clasificación final no torneo.

Máis dun milleiro de maiores con Teleasistencia A Copa Deputación de Fútbol

xógase entre máis de 280 equipos

Méndez, Tapia, Campos, Rivera e Fernández durante a presentación da Copa Deputación de fútbol 2017.

Aberta a contratación de 40 mozos do LUGOWORKO prazo de selección de empresas lucenses que recibirán un total de 168.000 euros para a contratación dos 40 mozos que remataron con éxito a fase de formación do LUGOWORK está aberto.As entidades interesadas poden fa-cer a súa solicitude ata o 28 de maio incluído. Toda a información sobre as bases deste proceso, publicado no BOE, e o enlace directo para facer a solicitude telematicamente atópanse en www.deputacionlugo.gal. Estes 40 mozos lucenses menores de 30 anos son os que concluíron as se-guintes 3 accións formativas: “Auxiliar de vendas Online e Atención ao Pú-blico”; “Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES” e “Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal”. As empresas da provincia que resul-ten beneficiadas recibirán axudas de 4.200 euros cos que asumir os custos laborais durante seis meses dos no-

vos traballadores. Na selección, valo-raranse criterios sociais, puntuando, favorablemente, a contratación a tempo completo, ao maior número de rapaces ou a aqueles con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, o desenvolvemento da pro-fesión para a que recibiron formación especializada, así como os proxectos que favorezan o medio ambiente. O Goberno a Deputación asume cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial tanto a for-mación dos rapaces como as axudas ás empresas para a súa contratación.

Outros 94 mozos e 6 novos cursosCon este presuposto, o Executivo Pro-vincial puxo en marcha outras seis accións formativas, nas que participan outros 94 mozos lucenses menores de 30 anos, inscritos no Rexistro de Ga-rantía Xuvenil, e actualmente no paro.Unha das novas seis accións formati-

vas que arrancou o Goberno da Depu-tación a través do LUGOWORK, o seu plan de emprego xuvenil na provin-cia, denomínase “Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES”. É impartido por AGESTIC na cidade de Lugo e conta coa participación de 15 lucenses. O Goberno da Deputación decidiu reeditar este curso xa que, tanto os alumnos como o propio mer-cado, amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecno-loxías para poder aplicar, nas empre-sas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor engadido. Tamén se imparte “Aplicacións e Ma-nexo de Sistemas Aéreos non Tripu-lados – Drons”. Hai dous cursos sobre Drons debido a gran demanda. Nestes participan 34 lucenses. Son imparti-dos en Lugo por profesionais do Ae-roclub de Rozas. Con esta acción for-mativa, o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con

máis posibilidades de crecemento.A acción formativa “Socorrismo en ins-talacións acuáticas” é impartida pola Cruz Vermella e ten lugar nas insta-lacións desta organización na capital lucense e no Club Fluvial de Lugo. Con este curso, os 15 participantes adquiri-rán unha axeitada preparación física e técnica no medio acuático para poder traballar como socorristas en piscinas. Na mesma liña, “Socorrismo en espa-zos acuáticos naturais” tamén se im-parte a Cruz Vermella e ten lugar nas súas instalacións na capital luguesa e na do Club Fluvial. Con este curso, outros 15 rapaces adquirirán unha adecuada preparación física e técnica para poder traballar como socorris-tas en praias ou ríos. Coñecerán, por exemplo, as técnicas de salvamento, reanimación e prestación de primeiros auxilios ás vítimas de accidentes ata a chegada dos profesionais sanitarios. Os participantes nestas cinco accións formativas que as rematen con éxito

poderán ser contratados posterior-mente en empresas lucenses que recibirán axudas do Goberno da De-putación de 4.200 euros para os seus custos laborais durante 6 meses. Así o van a facer as que resulten beneficia-das do proceso público aberto actual-mente para a inserción laboral dos 40 mozos que concluíron os cinco cursos do LUGOWORK que xa se celebraron.Finalmente, 15 persoas participan no curso sobre “Emprendemento” dirixi-do a aqueles mozos que teñen unha idea de negocio e queren montar a súa empresa. Os participantes teñen un titor asignado que os asesora en aspectos coma o modelo de negocio ou estratexias de vendas, entre outros aspectos.Neste caso, unha vez que rematen a formación con éxito, os mozos recibi-rán directamente axudas de ata 3.000 euros do Goberno da Deputación para poder abrir os seus propios negocios.

O 83% dos usuarios do servizo de Teleasistencia son mulleres.

Page 24: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

24 maio 2017 agro

A Consellería do Medio Rural investiu o pasado ano 5,8 millóns de euros na comarca da Terra Chá a través de di-versos programas de apoio.Deste montante global, preto de 3 millóns corresponden aos plans de mellora das explotacións e 1,3 mi-llóns ao apoio a novas incorporacións de mozos á actividade agraria.A finais do pasado mes de marzo a Consellería publicaba as bases regu-ladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrí-colas, a creación de empresas para os agricultores mozos, e a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.Estas axudas teñen por obxectivo incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e

asegurar a continuidade do tecido agrario.“É especialmente relevante crear as condicións para que a mocidade labre o seu futuro no medio rural, e este tipo de programas axudan a

avanzar na remuda xeracional nas explotacións”, segundo destacaba o delegado territorial, José Manuel Bal-seiro, durante a súa visita á SAT Caba-na (A Pastoriza).Neste sentido, o delegado subliñou o peso que ten o sector agrario e gan-deiro na comarca da Terra Chá, “que é un exemplo de desenvolvemento pola profesionalización e o grado de modernización e de renovación xe-racional que se está alcanzando nas explotacións”.O prazo de solicitude da convocato-ria deste 2017 foi ampliado ata o 15 de maio.

Investimentos nas explotacións agrícolasOs solicitantes das axudas para o apoio aos investimentos nas explo-tacións agrícolas deberán ser titular dunha explotación agraria inscrita no Rexistro de explotacións agra-rias de Galicia e levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da

granxa. Daráselle prioridade a aque-las explotacións que incorporen ou teñan incorporado nos 5 últimos anos un agricultor mozo, así como as que creen novas unidades de traballo agrario e as que presenten solicitude de axuda para proxectos innovado-res ou integrados. Tamén terán pre-ferencia as que teñan a condición de explotación prioritaria, as explota-cións de montaña e ecolóxicas e ás de titularidade compartida. Con respecto aos solicitantes que quedaron fóra na pasada convo-catoria e este ano deciden volver a demandar esta subvención, queda-rán exentos de ter que presentar de novo a documentación, a excepción daquela que precise ser actualizada. Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pretende facilitar e axilizar a tramitación aos gandeiros.

Incorporación de mozosAs axudas para a creación de em-presas para os agricultores mozos están destinadas a aquelas persoas de entre 18 e 41 anos que desexen crear ou incorporarse a unha acti-vidade agraria e acaden a capacita-ción profesional suficiente. O mozo deberá ter iniciadas as actuacións contempladas no Plan Empresarial nos 9 meses seguintes á notificación da concesión da axuda e completalas nun prazo total de 24 meses dende a súa instalación.Existen catro modalidades de incor-poración: a titularidade exclusiva, a cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria, a integración

como socio nunha entidade asocia-tiva ou o acceso mediante titulari-dade compartida. Priorizarase, entre outras, simultanear a realización dun proxecto apoiado con investimentos nas explotacións agrícolas, instalarse a tempo completo, a localización en zonas desfavorecidas de montaña, crear emprego adicional ou crear unha explotación ecolóxica ou me-diante un proxecto innovador.

Desenvolvemento de pequenas explotaciónsAs achegas para a creación de em-presas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, que tamén están supeditadas á execución dun plan empresarial cunha duración de 18 meses dende a aprobación da axuda, están destinadas aos titulares de pequenas explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia que teñan a ca-pacitación profesional suficiente, re-sidan na comarca na que radique a explotación ou nunha limítrofe e, sendo maiores de idade, non teñan acadado a idade de xubilación.A explotación requirirá, como mí-nimo, dun volume de traballo equivalente á metade dunha UTA imputable ao titular e manterase a lo menos os 5 anos posteriores ao pago final da axuda. Priorizaranse as explotacións cunha orientación pro-dutiva principal hortícola, frutícola, florícola, apícola, vacuna de carne ou ovino/caprino, que sexan ecoló-xicas e que estean situadas en zonas desfavorecidas.

Ata 5,8 millóns de euros para a Terra Chá no 2016Aínda está aberto o prazo de solicitude de axudas para investimentos en explotacións agrícolas neste 2017

AGRO

O Sindicato Labrego Galego denuncia unha preocupante deriva de “desidia administrativa” que afecta transversal-mente toda a Xunta de Galicia e que se pode traducir na perda da varias liñas de axudas esenciais para a a via-bilidade das granxas.“Nestes momentos, estamos coa tramitación das axudas da PAC, dos plans de mellora nas explotacións e das subvencións á incorporación de xente nova á profesión agraria, entre outras. E este ano repítese algo que xa temos denunciado noutras ocasións: xestionar estas axudas é un auténtico viacrucis burocrático que, lonxe de mellorar, empeora ano tras ano”.De feito, “as axudas convócanse cun mes de prazo, manifestamente insu-ficiente, xa que requiren documentos

de tramitación lenta, como licenzas de obra no caso dos plans de mellora; ou estudos económicos e de viabilidade para as incorporacións”. Se ben é cer-to que se amplia o prazo ata o 15 de maio, “iso soubémolo a finais de abril a través de rumores e vías extraofi-ciais”.Por outra banda, “moitas tramitacións e xestións estaban a ser desenvolvi-das polas oficinas agrarias comarcais; pero o desmantelamento dese servi-zo esencial para o agro está facendo que, cada vez, estean a prestar menos apoio aos labregos e labregas”.A isto hai que engadir outras prácticas “discriminatorias” que se manifestan coa implantación da informatización “cando no rural hai serias dificultades para ter acceso a Internet e cando a

profesión agraria está notablemente envellecida e moitos e moitas profe-sionais non saben utilizar novas tec-noloxías”. E, “por se non abondase, os sistemas informáticos desenvolvidos pola Administración para tramitar estas axudas son unha auténtica cha-puza e dan serios problemas ano si, e ano tamén”.“Cómpre pensar que moitas granxas se acollen a dúas ou máis destas axu-das, e teñen que facer estes trámites no mesmo período de tempo, polo que o proceso burocrático se converte nunha misión imposible”. O SLG cre necesaria unha ampliación dos prazos de solicitude máis alá do 15 de maio, dado que segue a ser un período de xestión insuficiente por motivos que competen, exclusiva-

mente, a erros e deficiencias da propia Administración. De paso, tamén pediriamos que en anos vindeiros solucionasen todas es-tas eivas con medidas como un maior apoio das oficinas agrarias comarcais, prazos suficientes e realistas para realizar as tramitacións ou o desen-volvemento de aplicacións informá-ticas máis sinxelas e efectivas que as actuais.

Plans de melloraO sindicato Unións Agrarias tamén pe-día un exercicio de responsabilidade á Consellería de Medio Rural para que ampliase o prazo de presentación de solicitudes de plans de mellora para as explotacións gandeiras, xa que ata finais de abril non chegaban ao 30% o

número de expedientes respecto dos rexistrados en 2016. A organización agraria xa denunciara que a Xunta adiou 20 días a publica-ción das normas complementarias que provocaba un retraso xeral na tra-mitación de expedientes. “Se a iso se suma que so se pode xestionar a soli-citudes de axudas de xeito telemático, o resultado é que Medio Rural se vai a poder aforrar gran parte do orzamen-to previsto de 40 millóns de euros, pola imposibilidade dos produtores para tramitar os seus expedientes”. Unha situación que é extensible á tra-mitación das axudas para a incorpora-ción de mozos e mozas á actividade agrogandeira que contan cunha dota-ción de 20 millóns de euros.

Os sindicatos piden amplos prazos de solicitude

Representantes da Xunta e do Concello na SAT Cabana.

“O rural é fundamental para a nosa provincia, tanto dende a perspec-tiva económica como social, e por iso dende a Xunta desenvolvemos políticas transversais que pasan pola mellora das infraestruturas, a dotación de servizos públicos e a dinamización da actividade econó-mica”, segundo destacaba o delega-

do territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, na súa visita á comarca.A Consellería investiu máis de 840.000 euros en obras ao abeiro do Plan Marco de mellora de ca-miños municipais nos concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastori-za, Vilalba e Xermade.

Mellora de camiños rurais

Page 25: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

25maio 2017agro

Vilalba acolle un curso básico de apicultura o 13 e 14 de maioA Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza un curso básico de apicultura en Vilalba entre o sábado 13 e o domingo 14 de maio na Casa do Concello dirixido a todo tipo de público “teña abellas ou simple curiosidade neste mundo tan apaixoante”.Cun total de 15 horas de formación teórica e práctica na que se introducirán aspectos coma a polinización, a producción de alimentos e outros aspectos relacionados coa práctica apícola coma a influencia do entorno e as condicións climáticas na producción ou a multifuncionalidade desta actividade. Pero tamén estudarán as abellas e a estrutura da colmea; ademais da instalación do apiario, os útiles de traballo, a lexislación aplicable e aspectos da sanidade apícola que inclúe o Plan Apícola Anual. Os distintos produtos apícolas –mel, pole, própole e cera- xunto ao seu procesado, os sistemas de comercialización e os recoñementos de calidade –coma a IXP Mel de Galicia e a producción ecolóxica- tamén se darán a coñecer neste curso que rematará cunha visita e prácticas no apiario para aqueles que dispoñan de traxe apícola. “Trátase de subministrar uns coñecementos básicos para iniciarse na apicultura cunhas poucas colmeas e logo cada quen xa verá a onde pode chegar nesta

actividade”, como destaca Suso Asorey, técnico de AGA.“Hai tempo que non fixemos ningún curso destes na zona de Vilalba, pero este ano houbo demanda”. Neste sentido, unha das apicultores vilalbesas, Dulce Barro, destaca a importancia da formación ante a “problemática da chegada masiva da vespa velutina ao concello de Vilalba”; xa que, como avanza, “a pesar de que ata agora non afectara ao municipio, este ano, pola cantidade de raíñas collidas, o alcance pode ser brutal”.Os interesados e interesadas poden

informarse no teléfono 981 508 142 ou no enderezo electrónico [email protected]. O curso ten un prezo de 50 euros, pero será gratuíto para os socios e socias de Asociación Galega de Apicultura (AGA).

Vespa velutinaO asentamento da vespa velutina dende fai catro anos é, xunto aos insecticidas neonicotinoides e o cambio climático, un dos problemas para a apicultura.“Ata o de agora esta avespa colonizou toda a Galicia costeira e tamén os vales dos ríos, pero agora xa se vai extendendo por todo o territorio. Á zona da Terra Chá tardaron un pouco máis en chegar -seguramente debido ao seu clima-, pero a súa presenza xa está detectada en toda a comarca”.Ante esta situación dende a Asociación Galega de Apicultura recomendan “colocar trampas na primavera para capturar fundadoras a modo de medida preventiva. Cada fundadora que capturemos, será un niño de entre 15 e 18.000 individuos que evitamos. Non será a solución definitiva, pero resultan de utilidade mentres os investigadores atopan algunha feromona específica e algún método de loita biolóxica”.

Por Breixo GonzálezChairegos Servizos Veterinarios

O primeiro que debe-mos entender é que unha zoonose é cal-quera doenza infec-ciosa que poida ser

transmitida ó home a partir dos ani-mais, sexan domésticos ou silvestres.Zoonoses coñecidas son por exem-plo: rabia, salmonelose, toxoplasmo-se, hidatidose, leptospirose, leishma-níase, xiardíase ou moscas, pulgas e carrachas.

RabiaA rabia é unha enfermidade infec-ciosa, producida polo virus da ra-bia, transmisible entre os animais de sangue quente, incluído o home. Afecta ao sistema nervioso e causa encefalite. En Galicia, ata 1994 non se declarou oficialmente o territorio libre de rabia. O principal reservorio do virus de rabia en España é o rapo-so, dende o que pasa ao can e deste ao ser humano a través de trabadas ou rabuñazos por medio do cuspe. A vacinación desta enfermidade non é obrigatoria en cans, gatos e furóns, agás nos cans potencialmente peri-gosos que é obrigatorio. Sen embar-go, se se sae de territorio galego hai que vacinalos. E sempre é recomen-dable.

SalmoneloseÉ unha intoxicación alimentaria cau-sada pola bacteria Salmonella ente-rica. Causa diarreas intensas. Afecta case todos os animais domésticos, en especial as aves. Os ovos e carne de aves mal cociñados son as fontes máis comúns da infección. O males-tar intestinal iníciase de 6 a 48 horas despois da inxestión da comida con-taminada. Os síntomas son vómitos, náuseas violentas e diarrea profusa, así como febre, dor abdominal forte e dores de cabeza. Estes síntomas persisten ata unha semana se non se tratan.

HidatidoseA hidatidose ou equinococose é unha enfermidade parasitaria do home e outros animais domésticos producida pola larvas dun tipo de tenia chamada Echinococcus granu-losus que é parasito do can e que ten de hospedador intermediario (onde viven as larvas) as ovellas e cabras.Os vermes producen ovos que son expulsados ó exterior coas feces do animal e rematan sendo inxeridos

por animais herbívoros (ovellas e cabras) coa herba que actúan como hóspedes intermediarios. Os ovos do parasito eclosionan no intestino e li-beran unha larva, que atravesa a pa-rede intestinal e migra polo sistema circulatorio ata fixarse en diversos órganos, especialmente fígado, pul-móns, riles, e outros órganos, incluí-do o cerebro. Nestas localizacións, a larva dá lugar a un quiste (unha especie de bolsa rechea de líquido e unha areíña) de tamaño diverso no que se desenvolve a larva . Este quis-te provocará uns síntomas distintas segundo o órgano afectado e o nú-mero de quistes resultando, nalgúns casos, mortal (a efectos prácticos son como tumores). Un control por medio de antiparasitarios de cans e ovellas permite evitar o risco de in-fección.

XiardíaseA xiardíase é unha enfermidade pa-rasitaria provocada por un protozoo que pode estar presente nos alimen-tos ou na auga de consumocontami-nada por augas residuais humanas. A enfermidade caracterízase por longas fases de enterite crónica inte-rrompidas de cando en vez por crises diarreicas agudas.Nos casos máis graves pode pre-sentarse unha síndrome de malab-sorción, pola destrución masiva das células do intestino delgado que ao non seren capaces de absorber ou dixerir certos compoñentes poden provocar a aparición de síntomas si-milares á desnutrición e incluso che-gar a padecer escorbuto (enfermida-de propia dos mariñeiros por falta de vitamina C) ou pelagra (deficiencia en vitamina B3).

ToxoplasmosePor último imos falar da toxoplas-mose (é unha enfermidade moi po-lémica debido a súa relación coas mulleres embarazadas e a informa-ción en moitos casos sesgada que se manexa).A toxoplasmose é unha enfermida-de infecciosa ocasionada por un parasito. A toxoplasmose pode cau-sar infeccións mortais que afectan maiormente ao feto, ocasionando a chamada toxoplasmose conxénita.Os gatos desempeñan un papel im-portante na propagación da toxo-plasmose. Son infectados pola inxes-tión de roedores infectados, aves ou outros animais pequenos logo o parasito acaba nas feces. Os gatos poden lanzar millóns de oocistos nas súas feces por ata 3 semanas despois da infección. Un gato infectado con Toxoplasma que está derramando o parasito nas súas feces contaminan a caixa de area. Ás veces na clínica chéganse a escoitar despropósitos como que hai que desfacerse do animal ... O que se debe facer é tes-tar o animal mediante analítica e se dese positivo levar a cabo a limpeza da caixa con guantes e manter unha boa hixiene, pero o meirande risco está nos alimentos crus, e lavar as verduras antes de consumilas.

Sobre cans e gatos e as Zoonoses

SLG e UPA piden máis na etiquetaxe dos lácteosO Sindicato Labrego Galego rexistraba un documento con cinco alegacións ao proxecto de real decreto sobre a etiquetaxe dos lácteos. Nestas alegacións, pídeselle á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, que a información nos envases e etiquetas do leite e dos derivados lácteos, sen excepcións, inclúa datos como o Estado e a comunidade autónoma de orixe. Ademais, dende o SLG rexeitamos totalmente a proposta de informar sobre a orixe do produto con fórmulas xenéricas do estilo “países da UE, países fóra da UE” e solicitamos, expresamente, que se retire este apartado do decreto.

TrazabilidadeA maiores, tamén piden un maior control, revisando o sistema de trazabilidade e incluíndo no decreto “un sistema de verificación habitual, por parte das autoridades competentes, de todas as entradas e saídas de produtos nas industrias que aporte garantías adicionais para

unha trazabilidade total en caso de problemas de seguridade alimentaria”.Finalmente, aproveitando o proceso para regular a etiquetaxe, pedímoslle ao Ministerio de Agricultura que responda con esta normativa ás crecentes demandas da sociedade en canto a saúde, transparencia e compromiso social.Por iso, dende o SLG avogan por que as etiquetas e envases do leite e dos seus derivados recollan tamén información referente a parámetros como a alimentación do gando, o tipo de procesado e mesmo a porcentaxe de remuneración que lle corresponde aos gandeiros e gandeiras con respecto ao prezo pagado polos consumidores e consumidoras.

UPA: “Deixa fóra demasiados produtos”UPA pedía ao Ministerio de Agricultura a introducción de modificacións no Real Decreto sobre etiquetaxe do leite e os lácteos. Tras coñecer o texto, UPA cre que é “incompleto”, pois deixa fóra

“demasiados produtos”. Os gandeiros cren que se deberían incluír aqueles produtos lácteos cun alto contido en leite coma os xeados –nos que roldan un 40% de leite-.Esta organización cre que tamén debería etiquetarse a orixe daqueles produtos elaborados a partir de leite en po. España importa máis de 70.000 toneladas de leite en po, que se utiliza como ingrediente en moitos produtos lácteos, polo que “sería conveniente dar valor ao leite en po producida no noso país. A fabricación en España de produtos lácteos industriais debe ser impulsada”.Sobre os queixos, a pesar de estar incluídos, unha parte queda fóra por estar adscritos a figuras de calidade e outra parte importante tamén porque veñen de fóra. Ademais dos queixos, o resto de produtos importados tampouco quedan incluídos na normativa. En opinión de UPA, debería establecerse un sistema de “recoñecemento mutuo” con outros países.

Abellas melíferas.

Page 26: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

26 maio 2017 deporte

DEPORTE

Medallas para escolares, júniors e promesas da loita vilalbesa

Tres dos deportistas do Club de Loi-ta Olímpica de Vilalba lograron tres medallas no Torneo Internacional de Jóvenes Promesas celebrado en Elche tras seren convocados pola selección española grazas a súa clasificación nos pasados campionatos de España.O torneo, cita internacional máis im-portante do estado das categorías previas á absoluta, acolleu a centos de loitadores de diversos países europeos das categorías cadete e júnior.Yago López acadou o ouro en cadete en menos de 100 kg e a prata na cate-goría júnior en menos de 97 kg caendo

na final ante o loitador de Georgia Givi Matcharashvili.Carlos Yobanni García acadou a prata en júnior menos de 60 kg tras caer na final ante o georgiano Taimuraz Vanis-hvili e Roberto Díaz Orosa conformou-se co bronce tras loitar na repesca ao perder en primeira rolda ante o tamén georgiano Ramaz Turmanidze.

Campionato de España escolar e júniorAta catro preseas lograban os vilalbe-ses nos campionatos de España das categorías escolar e júnior que se cele-

braban o sábado 8 de abril no Palacio dos Deportes de Oviedo.En categoría escolar Rubén Fraga aca-dou o bronce en libre olímpica en me-nos de 73 kg, mentres que Samuel Gar-cía en menos de 47kg e Martín Pena en menos de 85 kg non tiveron moitas oportunidades de loitar polas medallas clasificándose no sétimo e cuarto pos-to, respectivamente.Na categoría júnior os mellores resul-tados foron as pratas de Yago López en menos de 97kg e Roberto Díaz en menos de 55kg, mentres que Carlos Yobani García se fixo co terceiro posto en menos de 60kg.Así, o Vilalba acadaba o sétimo posto por equipos na categoría escolar e o cuarto posto en júnior.O Rábade tamén tivo representación no máximo evento estatal da categoría júnior, no que Laura Pena en menos de 48 kg acadou un sexto posto e Laura Arias en menos de 55kg o cuarto que lle valía ao Rábade unha sétima praza por equipos.Varios destes deportistas participarán agora nas concentracións preparato-rias dos torneos internacionais clasi-ficatorios para os europeos cadete e júnior despois de ter colleitado outras catro preseas o mes pasado nos esta-tais cadete e sénior.

Roberto Díaz, Carlos Yobanni García e Yago López no Internacional Promesas.

O Club Violeta lograba clasificar tó-dolos seus equipos para o Campiona-to Galego de ximnasia rítmica; xa que tódolos conxuntos subían ao podio en Guitiriz no Campionato Provincial.As rapazas cadetes, séniors e da ca-tegoría cadete promoción proclamá-banse campioas provinciais; mentres que os conxuntos prebenxamín, benxamín, alevín e sénior promo-ción, subcampioas provinciais.

Torneo Terra CháArredor de 200 ximnastas dábanse cita en Baamonde no Torneo Terra Chá de clubs onde o anfitrión, o Club Violeta, colleitaba grandes éxitos su-bindo ao podio en tódalas categorías.As rapazas de prebenxamín escolar conseguían a vitoria na súa categoría, mentres que as benxamíns se coloca-ban terceiras. Tamén se proclamaban vencedoras as alevíns e cadetes esco-lar e promoción. Coa segunda posi-cións facáinse as infantís escolar e as sénior escolar, mentres que as com-pañeiras sénior promoción lograban a terceira posición da categoría.As rapazas da categoría sénior esco-lar das Escolas Deportivas de Castro obtiñan a cuarta posición.

Podio alevín do Torneo Terra Chá (arriba) e conxuntos escolares do Club Violeta no Campionato Provincial coas adestradoras (abaixo).

Alba Paz e Ariadna Rego, do TDM Vilalba, lograban subir ata en dúas ocasións ao podio do Campionato Galego de Tenis de Mesa na cate-goría alevín.As vilalbesas proclamáronse sub-campioas galegas por equipos ao ser superadas polas eternas rivais Ana e Sofía de Narón.En individuais caeron en cuartos

de final, pero en dobres lograron o terceiro posto demostrando que se compenetran moi ben e forman un gran equipo.O resto de compañeiros do club caían en oitavos ou cuartos des-pois de superar as primeiras fases do campionato galego por catego-rías e nas modalidades de equipos, individuais e dobres.

Alba Paz e Ariadna Rego, subcampioas galegas alevín de tenis de mesa

A chairega Beatriz Felpeto conse-guía xunto a Gabriel Tembras unha prata no Open de Taekwondo Mari-na D´Or 2017.Os alumnos e alumnas da Escola Moo Duk Kwan situáronse a unha décima dos actuais campións de Es-paña e membros da selección nacio-nal para o Europeo de Rosas (Grecia) en parellas júnior.De xeito individual, Gabriel Tembras Corrales facíase co ouro na catego-ría junior técnica; mentres que Bea-

triz Felpeto Rodríguez alcanzaba a décima posición.

Campionato Escolar Rexional de Técnica 2017O equipo masculino da Escola de Taekwondo Moo Duk Kwan tamén lograba o bronce no Campionato Escolar Rexional de Técnica 2017.Gabriel Tembras Corrales conseguía o ouro en técnica cadete e a prata en free style. Erika Fernández facíase co bronce na categoría benxamín.

Gabriel e Beatriz.

Gabriel Tembras e Beatriz Felpeto, prata no Open de Marina D’Or

Pleno do Club Violeta cara ao Campionato Galego

Alba e Ariadna lograban dous trofeos.

Page 27: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

27maio 2017actualidade

RECOMENDACIÓNS

Biografía do escritor na que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa obra literaria e xornalística. Desde a infancia e mocidade en Xinzo de Limia e Ourense, á súa chegada a Compostela e a súa revelación como escritor. Tamén a súa contribución á cultura e á sociedade galegas, a súa actividade como editor, e a súa participación nas institucións culturais e políticas. A relación entre vida e obra do autor de Vento ferido serve de guía e argumento a unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura e a sociedade galegas do seu tempo.

Carlos Casares un contador de historias. Vida e obra,Henrique Monteagudo

Editorial Galaxia

que ler?

Que os Kinks é unha das máis grandes bandas de rock da historia, é algo que a estas alturas ninguén cuestiona. A diferenza doutros grupos británicos (Beatles, Stones e en menor medida The Who), a conquista de USA para os irmáns Davies non foi nunca absoluta. Facelo foi sempre a obsesión dos grupos europeos, sabedores de que por cuestións económicas e de repercusión mediática, o mercado americano é vital para ascender ao Olimpo do rock. Cabe recordar que U2 non o fixo ata The Joshua Tree, cun álbum concebido a tal fin.Será por eso que o bo de Ray retorna cun álbum americano ata no título. Unha espiña cravada?. Pode ser, mais sexa como sexa benvido este gran traballo, para o cal o londinense recluta a un grupo tan solvente como The Jayhawks. A unión resulta realmente frutífera. Fresco, vibrante e cargado de temas que enganchan. Así é Americana. “Poetry” foi un suculento adianto que nos avisaba que chegaría algo grande, un tema que por outra banda recorda ao “Make me smile” de Steve Harley & Cockney Rebel. Americana, a peza que abre e titula o CD , é outro pelotazo de dimensións, ou “The Great Highway” americana e Kinks ao mesmo tempo. Polo que foi e polo que é, ledicia infinda recibir e gozar con novo material dun grande, enorme, como Ray Davies.

Ray Davies: “Americana”por Félix Jorquera

que escoitar?

Título orixinal: Zvizdan. Ano: 2015. País: Croacia. Duración: 123 min. Xénero: Drama, Romance. Guerra dos Balcáns. Película de episodios. Director: Dalibor Matanic. Guion: Dalibor Matanic. Música: Alen Sinkauz, Nenad Sinkauz. Fotografía: Marko Brdar. Reparto: Tihana Lazovic, Goran Markovic, Nives Ivankovic, Mira Banjac, Slavko Sobin, Dado Cosic, Trpimir Jurkic, Lukrecija Tudor, Stipe Radoja. Productora: Coproducción Croacia-Serbia-Eslovenia; Kinorama / Gustav Film / See Film Pro.

Premios: Especial do Xurado “Un Certain Regard” no Festival de Cannes 2015. Nomeada a Mellor película de fala non inglesa nos Satellite Awards 2015 e Nomeada ao Premio do Público nos Premios do Cine Europeo 2016.

Tres historias de amor ambientadas en Croacia ao longo de tres décadas. As historias están conectadas polo feito de que o amor entre un home croata e unha muller serbia está de algún modo prohibido xa sexa1991, 2001 ou 2011.

‘Bajo el sol’, dirixida por Dalibor Matanic

que ver?

Xosé DarribaVicepresidente da Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta

(XOTRAMU)

a elección de...

un discoun libro

O agasallo de Anya, de

Sabela Núñez Singala. Ou

calquera dos de Xoguetes

Naturais

Calquera dos d’A

Quenlla, de Mini e

Mero

unha personaxe históricaunha película

un sitio onde vivirun lugar para visitar

unha comida unha bebida

“Mar Adentro”

dirixida por A.

Amenábar

Aquilino Iglesia

Alvariño

A Mariña lucense Muimenta, na praza

Ovos con patacas fritidas e chourizo. Todo da casa.

Un bo viño

w w w . p e i n o a r q u i t e c t u r a . c o m

julio peinó álvarez881993422 - 659078867

[email protected]/peinoarquitectura.com

Page 28: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

28 maio 2017 actualidade

Máis en:Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de VilalbaMuseo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)

Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei)Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)

Museo Víctor Corral (Baamonde)Museo Villapol (Bretoña)

AXENDA CULTURAL

eventosexposicións

concursos

Con esta colección, Hipólito Xeada (Alfoz) realiza unha retrospectiva da súa vida e a evolución persoal e artística que fixo durante estes anos a través das cores e

as formas. A mostra conta con 27 pinturas e 19 esculturas de paisaxes coñecidas, referentes compartidos, motivos naturais, mulleres e homes con sachos e redes,

e tamén con escenas mais persoais e íntimas.

Marexada de CoresLugo - ata o 14 de maio - Sala de Exposicións do

Museo Provincial

Máis en: www.terrachaxa.com

En Urphänomen, que se podería traducir como fenómeno orixinario, Sara Coleman afonda nas relacións que se establecen entre corpo, materia e espazo.

Esta obra recolle as relacións que se dan entre o “hábito” e o “hábitat”.

UrphänomenLugo - ata o 28 de maio - Capela de Santa María

A única festa dedicada unicamente ao xogo tradicional comezará pola mañá con argalladas para os máis pequenos e pequenas; ademais de celebrar o Campionato de Bolos e acoller a demostración de tallas de madeira con motoserra.

Pola tarde, haberá competición de xogos tradicionais aberta ao público, o Aberto da Billarda e demostración de corte de troncos de madeira de distintos diámetros.

IX Festa dos Xogos Tradicionais XOTRAMUMuimenta - 3 de xuño - Recinto feiral Manuel Vila

A mostra cos traballos do curso monográfico da Asociación de Tallistas da Terra Chá poderase ver de luns a sábado entre as once da mañá e as dúas do

mediodía e as catro da tarde e as nove do serán.

Debuxos e pinturas do curso monográfico 16-17 da Asociación de Tallistas da Terra CháVilalba - ata o 27 de maio - Sala de Exposicións

do Auditorio Municipal

Unha muller espida, desposuída do cabelo e doutros dos seus trazos persoais máis identificativos móstrasenos como centro, rumbo e punto de partida desta

exposición que convida a buscar a nosa e particular reflexión entorno á figura da muller.

“Muller: rosa dos ventos”, Carmen CabaneiroVilalba - ata o 31 de maio - IES Santiago

Basanta Silva

O prezo da entrada é de 1 euro co que se obtén unha rifa para entrar no sorteo de 500 euros. O obxectivo da recadación é o financiamento da viaxe a Alemaña das 18 rapazas clasificadas para o Mundial de Danza.

II Mostra de Danza Belinda Paz “A Volta ao Mundo en Movemento”Vilalba - 15 de maio - Auditorio Municipal Carmen Estévez

A directiva da Asociación Sociocultural de Reigosa anima os estudantes da provincia lucense a “presumir de terra” por escrito. Os traballos deben presentarse en galego e pode participar o alumnado matriculado en calquera centro escolar

público da provincia de Lugo que curse actualmente estudos do segundo ou terceiro ciclo de Educación Primaria ou primeiro e segundo ciclo de Educación Secundaria. Os nomes dos gañadores coñeceranse o primeiro día de agosto. O premio para os gañadores de cada ciclo consistirá nun lote de libros en galego, unha tablet e un diploma. O centro educativo do estudante que resulte vencedor tamén recibirá un lote de libros en lingua galega. Ademais, o centro ao que pertenza a persoa mellor valorada polo xurado recibirá en recoñecemento unha escultura orixinal de madeira de

nogueira e ferro esmaltado e pintado do artista Luís Loureira baixo o título de Peiteando o porvir.

III Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosaata o 16 de xuño

Xermolos convoca o XXXVIII Certame Terra Chá de cara á celebración dun novo Festival de Pardiñas. Baixo un tema libre, a asociación cultural chama a rapaces e rapazas de toda Galicia a facerlle chegar contos, debuxos, poesías, teatro,

documentais, fotografías, cómic, murais e vídeo-creacións a través dos centros de ensino.Haberá dous grupos de premios da mesma calidade e cantidade para os pertencentes á Terra Chá e para os traballos

doutros colexios, escolas ou institutos de Galicia divididos por niveis -Educación Infantil, Primaria e ESO-. En calquera caso, serán tres premios para cada nivel e especialidade por un importe de 60, 50 e 30 euros en libros e CDs para o primeiro,

segundo e terceira clasificado, respectivamente. Así mesmo, recoñeceranse os traballos colectivos con lotes de libros e CDs.A entrega de premios terá lugar o 6 de agosto arredor das sete da tarde no Festival de Pardiñas.

XXXVIII Certame Terra Cháata o 31 de maio

A primeira xornada reflexionará sobre proxectos no rural coa participación do presidente de CLUN e dous gandeiros guitiricenses e recompilará os traballos realizados nos obradoiros de radio polas distintas parroquias para rematar abordando a visita de dúas veciñas ao Parlamento Europeo. A segunda xornada servirá para presentar os traballos

gañadores do III Premio Xermade na Historia, falar sobre as alerxias e presentar tamén traballos online sobre o municipio. Finalmente, a última xornada repasará a historia de Cabreiros en fotografías, servirá para presentar o libro “Xermade na

Historia” 1 antes de rematar cun taller de xoguetes tradicionais e unha representación teatral.

XIII Xornadas Interxeracionais RuraisXermade - do 27 de maio ao 10 de xuño - Escola de Cabreiros

A Área Recreativa da Veiga acollerá o 27 de maio a segunda edición da Romaxe Artesá da Chaira e, polo tanto, unha mostra de artesanía, demostracións de oficios tradicionais e obradoiros entre outras actividades complementarias. Charlas,

gastronomía, xogos tradicionais e animación musical completan a programación da xornada.

II Romaxe Artesá da ChairaMuras - 27 de maio - A Veiga

Page 29: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

29maio 2017sociedade

A entrega de premios do Certame de Poesía “Nadal 2016” a Alba, Aroa, Samuel Prieto, Samuel Maceira e Antía desenvolvíase coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil na biblioteca de Xermade onde os e as participantes lían a mensaxe do poeta ruso Sergey Makhotin “Medremos co libro” e aprendían de Anxo Moure “O carballo con botas” moitos contos solidarios.

Tódolos venres, churrasco á grella no Café-Bar Marita.

Esteban Seaone, de O Porrás, lograba un accésit no cuarto Campionato Nacional de Tiraxede Cervexa Estrella Galicia que se celebraba no Salón de Gourmets en Madrid. E Lara&Sara, da queixería Prestes, lograba a segunda posición na categoría de queixos azuis no Campionato de Los Mejores Quesos de España 2017 - 8 GourmetQuesos.

O CEIP O Salvador, da Pastoriza, cumpre 40 anos e con este mo-tivo a ANPA do centro organiza-ba unha festa na que participa-ban máis de 300 persoas.Alumnado e profesorado recor-daron os seus anos no centro cun xantar conxunto. Tamén houbo sorpresas para os máis pequenos e pequenas, unha exposición de fotografías das 40 xeracións para a que conta-ron coa colaboración de “Presu-me de Pueblo”, o sorteo dunha fin de semana nunha casa de turismo rural e un photocall no que tamén participaban os membros da ANPA, despois das xeracións que acudían a este re-encontro.

Un total de trinta e oito persoas percorren parte da Ruta da Pedra de Díaz Castro na primeira Andaina Sensitiva que se celebraba o 23 de abril coincidindo co Día do Libro. Ao remate da mesma realizáronse debuxos e textos co que suxería ou evocaba a andaina que serán editados polo Concello na seguinte edición do Día do Libro.

Os guitiricenses Maximino Miragaya Tomé e Rolindes Miragaya Martínez recibían unha homenaxe no ‘Mes da Familia’ por amosar como disfrutar da vida cun estilo saudable, activo e creativo para seguir dando anos á vida e vida aos anos.

Page 30: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

30 maio 2017 servizos

Concursa con

Participa no noso concurso mensual mandando un sms ou whatsapp a 661 46 43 23, dando a resposta que ti creas para acertar coa nosa personaxe do mes. Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é esta rapaza?

Traballa nun Concello chairego a ritmo de música tradicional.

Solución do mes pasadoJosé Ramón Vega Barja

GañadoraPaula Feal Rodríguez.

1xaneiro 2017agro

AXENDA DA TERRA CHÁABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Ambulancia: 982 50 81 22Centro de Saúde: 982 50 81 22FarmaciasDíez Roura, E: 982 50 80 58Álvarez Ares, A: 982 50 80 53Centros EducativosCEIP A. Iglesias Alvariño: 982 50 80 17CEIP Moncelos-Moar: 982 50 21 12

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Museo Pedagóxico Etnográfico Fernando Villapol: 982 34 92 81Centro de Saúde: 982 33 21 41Farmacias Fazáns Loira: 982 33 20 47 / 661 23 74 83Paz Comendeiro: 982 33 21 61Centros EducativosCEIP de Bretoña: 982 34 91 44CEIP de A Pastoriza: 982 33 22 00IES A Pastoriza: 982 33 20 25

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Secretaría Municipal: 982 52 01 06Rexistro Civil: 982 52 01 56Garda Civíl: 982 52 00 17Xulgado: 982 52 01 56Mirador da Terra Chá: 982 50 30 12Centro de Saúde(cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57FarmaciasCarracedo Lozano (Feira do Monte): 982 52 00 20Crecente Cabana (Muimenta):982 52 81 47 Centros EducativosCPI Virxe do Monte: 982 52 00 46CEIP de Muimenta: 982 50 40 35

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Inludes: 982 31 00 04Notaría: 982 31 04 03Rexistro Civil: 982 31 40 34Museo Castro de Viladonga: 982 31 42 55Correos: 982 31 01 59Taxis: 982 31 00 88Rios Panisse (Ribeiras de Lea): 982 31 00 58Granxa Gaioso: 982 31 00 04H. Psiquiático San Rafael: 982 31 00 02R. de Anciáns Quavitae: 982 31 01 75Centros de Saúde Castro de Rei: 982 31 41 06Ribeiras de Lea: 982 31 04 34FarmaciasAnsende Castro (Castro de Rei): 982 31 41 51 Centros Educativos:CEIP Nº1 de Riberas de Lea: 982 31 00 03CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei): 982 31 40 03CEIP Veleiro do Campo (Riberas de Lea): 982 31 01 09IES Trapero Pardo: 982 31 03 08

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Belén de Begonte: 982 39 61 21Centro de Saúde: 982 39 69 02FarmaciasSalinas Ramil (Begonte): 982 39 60 02Eimil Apenela (Baamonde): 982 39 82 64Centros Educativos CEIP Virxe do Corpiño (Begonte): 982 39 61 33CEIP de Baamonde: 982 39 80 06

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 982 50 10 55Parque Eólico Sotavento: 982 56 37 77Farmacia González Pardo: 982 50 10 17CEIP Xermade: 982 50 10 21Taxi Emilio Calaza: 669 96 88 07

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Xunta de Galicia: 982 39 20 33Garda Civil: 982 39 00 05Correos: 982 39 03 98Centro de Saúde: 982 39 01 01FarmaciaQuinzá-Torroja García: 982 39 01 71Sánchez Pérez Mel, A.M.: 982 39 00 17Centros EducativosCEIP Santo Anxo: 982 39 08 13Colexio Fernández: 982 39 01 28CEIP Otero Pedrayo: 982 39 01 48IES de Rábade: 982 39 06 33

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23FarmaciaCristina Martínez Ruibal: 982 50 00 42CEIP de Muras: 982 50 01 04

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Xunta de Galicia: 982 37 14 10Garda Civil: 982 37 00 01Servicios Sociais: 982 37 03 80Servicio de Ext. Agraria: 982 37 03 51Cruz Vermella: 982 37 33 11Xulgado de Paz: 982 37 00 28Rexistro Civil: 982 37 00 28C. I. T. Parga: 982 37 30 35Biblioteca: 982 37 06 61Correos: 982 37 04 26Balneario de Guitiriz: 982 02 22 00Balneario de Pardiñas: 982 37 04 26Centro de SaúdeGuitiriz: 982 37 21 10Parga PAC: 982 37 05 00Farmacias Boñar Rei (Guitiriz): 982 37 01 29Susana Méndez (Guitiriz): 982 37 03 80Garrido Gutiérrez (Parga): 982 37 33 08Centros EducativosCEIP Lagostelle: 982 37 03 12CEIP Santo Estevo (Parga): 982 37 30 34IES Poeta Díaz Castro: 982 37 00 26

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Protección Civil: 982 51 25 95 659 49 49 69Cruz Vermella: 982 51 13 03 982 51 04 13Servicio Municipal de Augas: 982 51 25 46Servicio Municipal de Limpeza: 677 47 57 30Gardería Municipal: 982 51 28 64Piscina Municipal: 982 51 25 30Auditorio-Conservatorio: 982 51 28 88Casa da Cultura e Turismo: 982 51 24 56Casa da Xuventude: 982 51 06 10Museo da Prehistoria: 982 51 13 83Oficina Comarcal da Xunta: 982 51 22 18Fundación Terra Chá: 982 51 23 69Oficina de Emprego: 982 51 18 11Xulgado nº1: 982 51 01 58Xulgado nº2: 982 51 00 02Correos: 982 51 08 06Instituto Nacional da Seguridade Social: 982 52 32 61Notaría: 982 51 07 89Rexistro Civil: 982 51 03 68Rexistro da Propiedade: 982 51 03 15Centro de Servizos Sociais: 982 51 01 35Hospital Asilo: 982 51 00 06Casa Rectoral: 982 51 04 06Taxis: 982 51 04 28Centro de Saúde(cita previa): 982 51 03 11Farmacias Teresa Castro: 982 51 00 13Francisco Martín: 982 51 05 66Olga del Caño: 982 51 00 05Ana España: 982 51 00 03Milagros Seoane: 982 88 77 74Isabel García: 982 88 72 56Centros EducativosCEIP Ínsua Bermúdez: 982 51 07 21CEIP Mato Vizoso: 982 51 05 02Fillas de María Mediadora: 982 51 02 69IES Basanta Silva: 982 51 21 60IES Peña Novo 982 51 09 51CEIP de Vilalba: 982 51 11 64EPA de Vilalba: 982 51 00 22CEIP do Santo (Árbol) 982 50 22 02CEIP Monseivane (Lanzós): 982 51 14 04CEIP Castelao (Belesar): 982 51 14 05

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Museo San Paio de Narla: 982 37 51 56 Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 FarmaciasSagarra : 982 37 50 10Centros educativosC.P.I Dr López Suárez: 982 82 81 80

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00 Farmacias Cortizas (Guillar): 982 24 92 20 Penas (Outeiro de Rei): 982 39 32 62Centros educativosC.E.I.P. Laverde Ruíz: 982 39 34 10

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Cita previa: 982 33 02 40 Centro de Saúde: 982 35 69 27 Farmacias Elena Mato: 982 33 00 05Patricia Aguirre: 982 33 10 18Centros educativosC.E.I.P. Poeta Avelino Díaz: 982 87 05 35I.E.S. Pedregal de Irimia: 982 87 05 20

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 982 34 53 76FarmaciaMosteiro- Pol: 982 34 52 01 Centros educativos C.E.I.P. Rosalía de Castro: 982 34 50 63

Teléfonos de intereseEmerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Concursa con

Participa no noso concurso mesual mandando un

sms ou whatsapp a 606 86 33 22, dando a resposta

que ti creas para acertar coa nosa persoaxe do mes.

Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas

persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

PistaA fronte dunha asociación chairega

Solución do mes pasadoÓscar González Pardo

Gañador: Susana Vázquez Rouco

Page 31: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

31maio 2017servizos

ANUNCIOS POR PALABRAS

OFRÉCESE CHÓFER A PARTICULARES CON COCHE OU SEN COCHE. TELF. 667 444 004.

OFRECESE SEÑORA PARA FACER COMIDAS POLAS FESTAS, TAREFAS DO FOGAR OU COIDAR NENOS OU MAIORES. TELF: 697 604 818.

DÁNSE CLASES PARTICULARES DE INGLÉS, FRANCÉS, LINGUA E CLASES DE APOIO A PRIMARIA, ESO E BAC DE HUMANIDADES. TELF. 697 596 016.

OFRÉCESE DIPLOMADA EN MAXISTERIO PARA DAR CLASES PARTICULARES (INFANTIL/PRIMARIA/1E2 ESO) E COIDAR NENOS A DOMICILIO. TELF: 636 382 326.

OFRÉCESE SEÑORA INTERNA PARA COIDADO DE PERSOAS MAIORES, NENOS OU LIMPEZA DO FOGAR. TELF. 634 288 235.

OFRÉCESE RAPAZA PARA LIMPAR POR HORAS OU COIDAR NENOS, PREFERENTEMENTE POLAS MAÑÁS. INTERESADOS CHAMAR AO TELF. 637 249 602.

ARRÁNXANSE PERSIANAS DE ALUMINIO E COLÓCANSE VENECIANAS. TELF. 639 241 614.

OFRÉCESE RAPAZA PARA COIDAR DE PERSOAS MAIORES TANTO DE DÍA COMA DE NOITE. TELF. 629 987 316.

BÚSCASE RAPAZA INTERNA PARA O COIDADO DUNHA PERSOA MAIOR. TELF. 610 704 165.

JOSÉ ÁNGEL LAGARES BUSCA EMPREGO. CONTA CON EXPERIENCIA NO SECTOR DAS TELECOMUNICACIÓNS, PERO ACEPTARÍA OUTRO TIPO DE EMPREGO. TELF. 633 686 246.

REALÍZANSE TRABALLOS DE MEDICIÓN E VALORACIÓN DE PARCELAS. TELF. 616 204 665.

OFRÉCESE RAPAZ PARA TRABALLAR CON TITULACIÓN FP2 DELINEACIÓN E EXPERIENCIA. TELF 618 839 595.

ALÚGASE APARTAMENTO TOTALMENTE AMOBLADO EN BARREIROS PARA TODO O ANO. BO PREZO. TELF. 666 549 622.

VÉNDESE CASA NA FEIRA DO MONTE (AO LADO DA CASA DO CONCELLO). TELF. 662 253 823 (CHAMAR POLA NOITE DESPOIS DAS NOVE).

VÉNDESE SOLAR DE 700 M2 CON 8 M DE FRENTE NA RÚA DA FEIRA (VILALBA). BEN SITUADO PARA NEGOCIO. TELF. 610 394 052.

VÉNDESE SOLAR UNIFAMILIAR EN VILALBA (DETRÁS DE PROTECCIÓN CIVIL) DE 1.055 METROS CADRADOS CON PASO DE SERVIDUME. PREZO 25.000 EUROS A CONVIR. TELF. 646 324 192.

VÉNDESE PISO AMOBLADO DE 100 M2 NA AVDA. DE GALICIA, 32 (VILALBA) CON 3 HABITACIÓNS, 1 BAÑO, SALA E COCIÑA. CALEFACCIÓN INDIVIDUAL DE GASÓLEO. TODO EXTERIOR, CÉNTRICO E EN BO ESTADO. TRASTEIRO AMPLO EXTERIOR. PREZO: 60.000 EUROS NEGOCIABLES. TELF: 620 514 240 OU 629 918 263.

VÉNDESE TERREO URBANO AO LADO DA COOPERATIVA DE SANTABALLA. TELF. 654 164 108.

ALÚGASE PRAZA DE GARAXE NA RÚA PLÁCIDO PEÑA 16-18 EDIFICIO EIMIL (VILALBA). TELF. 982 512 370.

ALÚGASE OU VÉNDESE GARAXE DE 12 M2 NA RÚA ALCALDE FRAGA (RÚA DE CORREOS DE VILALBA) 26-28. TELF. 680 882 849.

ALÚGASE LOCAL CÉNTRICO EN VILALBA IDEAL PARA PERRUQUERÍA, DENTISTA, OFICINAS, ETC. TELF. 692 132 351.

Anúnciese. Gratis a particulares. redaccion@terrachaxa. com

VÉNDENSE 2 CÁMARAS DE VIXILANCIA CON DECODIFICADOR (DE INTERIOR) EN BO ESTADO E PREZO MOI ECONÓMICO. TEL. 625 104 928.

FANSE TODO TIPO DE TRABALLOS EN CARPINTERÍA DE MADEIRA. INFORMES NO TELÉFONO: 622 638 985.

VÉNDESE VIÑO CASEIRO EXQUISITO. SERVIMOS A DOMICILIO GRANEL E EMBOTELLADO. TLF. 644 162 550.

VÉNDESE RADIO-CD REPRODUCTOR MP3 DE COCHE MARCA KENWOOD, MODELO KDC-W434A. INTERESADOS CHAMAR OU CONTACTAR POR WHATSAPP NO TELF. 655 228 614.

VÉNDESE MEL CASEIRA. TELF. 659 257 742

VÉNDENSE 50 M. DE TUBOS DE ACEIRO E BARRICAS DO VIÑO. TELF. 69760 48 18.

VÉNDENSE HUCHAS DO TRIGO CENTENARIAS. TELF. 630 407 533.

VÉNDESE TV DE PANTALLA PLANA DE SEGUNA MAN EN PERFECTO ESTADO. TELF: 630 579 643.

VÉNDESE MUÍÑO ANTIGO DE CEREAL. TELF. 648 703 876.

VENDO CAIXAS DE PLÁSTICO DE 60X40X25 CM. IDEAIS PARA VENDIMIA. PREZO NEGOCIABLE. TELF. 616 954 119.

VÉNDESE MÁQUINA DE TABACO EN BO ESTADO. MOI BO PREZO. INTERESADOS CHAMAR AO TELÉFONO 637 363 879.

VÉNDENSE 100 CAIXAS DE MADEIRA DE 220X90X70 MM. PREZO NEGOCIABLE. TELF. 622 638 985.

VÉNDESE MÁQUINA DE COSER ALFA DE 50 ANOS EN PERFECTO ESTADO. TELF. 630 579 6 43.

VÉNDESE LEÑA DE CARBALLO, EUCALIPTO E SALGUEIRO XA TROCEADA. TELF: 648 147 243.

VÉNDENSE 5 PARCELAS NAS PARROQUIAS DE GOIRIZ E CARBALLIDO (VILALBA). TELF. 633 439 694 OU 984 293 975.

VÉNDESE DESGRANADORA (MÁQUINA DE MALLAR) ANTIGA. TELF. 653 359 566.

FÁNSE LIMPEZAS DE FINCAS E XARDÍNS. DESBROCE MANUAL. PREZOS ECONÓMICOS. TELF. 647 441 483.

VÉNDENSE ROLOS DE SILO E HERBA SECA. TAMÉN SE VENDE UN PONY POR 250 EUROS. TELF. 605 680 188 E 982 527 906.

VÉNDENSE ROLOS DE HERBA SECA. TELF: 982 527 136 E 664 103 964.

REALÍZANSE TODO TIPO DE TRABALLOS

FORESTAIS: DESBROCE, PODA E PODA EN ALTURA, PLANTACIÓNS, CORTA DE LEÑA, TRABALLOS DE XARDINERÍA, PECHES DE FINCAS, ETC. TELF. 696 224 709. ECONÓMICO.

VÉNDENSE CHANTAS DE SEGUNDA MAN PARA PECHE DE FINCAS. ENTRE 30 E 40 METROS. TELF. 648 147 243.

VÉNDENSE ESTACAS DE CASTAÑO DE 2 M. TELF. 635 25 45 85

agro

outras ofertas

MANOLO DA TERRA CHÁ, 47 ANOS, SEPARADO, ALTO, TRABALLADOR, COÑECERÍA MULLER DA ZONA. TELF. 679 058 179.

HOME SEPARADO DE 65 ANOS BUSCA MULLER DE 60 NON FUMADORA E SEN CARGAS. TELF. 630 403 711.

GUSTARÍAME COÑECER MULLER ENTRE 45 E 60 ANOS PARA AMIZADE

OU O QUE XURDA. TELF. 648 147 243.

RAPAZ SOLTEIRO DE 44 ANOS BUSCA RAPAZA SOLTEIRA DE ENTRE 35 E 44. PREFERIBLEMENTE QUE LLE GUSTE A ALDEA. TELF. 671 416 679.

RAPAZ SOLTEIRO DE 42 ANOS, SEN CARGAS, BUSCA RAPAZA DE 35 A 42 ANOS. TELF. 634 436 603.

relacións persoais

ofertas inmobiliarias emprego

Page 32: maio 2017 Carlos Casares, a viaxe do€¦ · xogos tradicionais de Galicia XOTRAMU organiza unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta. Así, o sábado 3 de xuño

D esafortunadamente para a mundo da cultura e a arte en moitísimos lugares do planeta unha

grande cantidade de de monu-mentos e obxectos artísticos se perderon ou foron destruídos ó longo da historia, froito de conflitos armados, falta de con-servación, roubos, intereses ur-banísticos ou comerciais, cam-bios de gusto, falta de aprecio, etc. Afortunadamente, e sobre todo a partir dos danos ocasio-nados pola II Guerra Mundial, os países comezaron a tomar conciencia real da necesidade da súa protección e conser-vación, poñendo en marcha distintos mecanismos que po-sibilitaron, en boa medida, a erradicación destes atentados contra o noso patrimonio e a nosa identidade cultural.O antigo Castelo de Castro de Rei é un dos tantos exemplos desas nefastas perdas patrimo-niais, da cal conservamos a súa testemuña grazas ós restos ar-queolóxicos que nos quedaron, ás fontes e á memoria de tradi-ción oral que puido sobrevivir, permitindo comprender parte da amplísima riqueza patrimo-

nial e cultural deste Concello. O Castelo de Castro de Rei encontrábase no núcleo urba-no que hoxe coñecemos, con-cretamente onde se empraza a actual igrexa, ergueito durante a Baixa Idade Media sobre os restos dun xacemento castrexo posteriormente romanizado. Segundo as referencias de es-tudosos coma Vázquez Seijas, Castillo e Madoz, este recinto fortificado foi propiedade da Casa de Lemos e contaba cun-ha muralla que rodeaba a un núcleo de poboación, da cal se conservan muros soterrados de uns 2,7 metros de espesor, ademais dunha torre cadrada duns once metros de ancho e catorce de alto. A torre estaba construída mediante cachota-ría de lousa e grandes bloques de granito que reforzaban zo-nas estratéxicas, compactados mediante argamasa caliza. A fachada principal estaba pre-sidida por un escudo que, se-gundo os especialistas, rompe coa tipoloxía española e se acerca ós primeiros italianos, representando un campo deli-mitado por un cordón moldu-rado rematado en pico, a T dos Castroxeríz e os seis roeles dos

Castro de Lemos. Este escudo logrou chegar ós nosos días in-crustado na parede dun alpen-dre construído sobre as ruínas da fortaleza, recuperado e visi-

ble nas inmediacións da igrexa dende agosto de 2016.Danado polas revoltas irman-diñas e polo paso dos séculos o Castelo comezaría a súa fase

de decadencia irreversible, aproveitada polos veciños para a edificación ó amparo dos seus lenzos e o uso como can-teira de pedra tras o seu derru-

bamento o martes de carna-val de 1941, debido ós danos sufridos tras un forte temporal que afectou a Terra Chá. Nembargantes, aínda que pou-

cas evidencias materiais que-dan xa da súa existencia, para os habitantes de Castro de Rei é imposible esquecer este mo-numento, o cal presidiu duran-te tantos séculos a localidade e gañou o seu lugar coma sím-bolo capital da historia local, dando nome, blasón e escudo á vila, declarada Ben de Interese Cultural e Conxunto Histórico e Artístico dende 1971.O exemplo do Castelo de Cas-tro de Rei, entre tantos casos de perdas patrimoniais, invíta-nos a reflexionar sobre o valor intrínseco que teñen estes bens coma legado cultural e a perda que supón para a comunidade a súa destrución. Como apuntan os historiadores Tom Holland e Stphennie Mulder, en referen-cia ós recentes atentados patri-moniais realizados en Oriente Medio, “mutilar o pasado dun país destrúe tamén o seu futu-ro, non só están ameazadas un-has pedras milenarias”; “Non hai nada tan importante coma as vidas das persoas, pero o pa-trimonio é unha parte esencial de nós mesmos que nos axuda a entender quen somos coma seres humanos”.

Descubrindo o patrimonio chairegoCon Miriam Fernández

Castelo de Castro de Rei

Castelo de Castro de Rei.