Un mar de lendas

47

Transcript of Un mar de lendas

Page 1: Un mar de lendas
Page 2: Un mar de lendas

SEREASTeñen corpo de muller fermosa de longos cabelos e forma de peixe da cintura para abaixo. Levan un espello e un peite e vense sobre as rochas cantando e peiteando os seus longos cabelos. Atraen aos mariñeiros ou navegantes coa súa voz, sedúcennos e fannos afogar. Viven debaixo do mar en pazos de cristal cheos de riquezas.

Melania Agraso

Page 3: Un mar de lendas

SEREA DE FISTERRAÉ unha muller supervivente da cidade de Duio que se converteu en serea e atrae aos mariñeiros para perdelos. O Santo Cristo de Fisterra, o da barba dourada, protéxeos dela.

Fátima Cores Lois

Page 4: Un mar de lendas

MARIÑA-Muller mariña con escamas. Don Froián, un nobre galego, atopouna durmindo espida na beira do mar, captorouna e levouna á súa casa, bautizouna e púxose de nome Mariña (nacida do mar). Tivo con ela varios fillos. Mariña era muda e Froián fixo que tiraba un fillo ao lume, ela quixo berrar, e co esforzo saiulle un anaco de carne pola boca e de alí en diante falou.

Ilenia Parracho Rial

Page 5: Un mar de lendas

MARIÑA-Un mariñeiro de Lobeira atopou a unha serea, unha muller con cola de peixe. Dos seus fillos descenden os Mariños de Lobeira.

Escudo no pazo de Fefiñáns

Escudo nunha casa de Ribeira

Page 6: Un mar de lendas

MARUXAINA-Serea da Mariña de Lugo. Os mariñeiros, atraídos polos seus cantos melodiosos ou polos seus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dos Farallóns. Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar con ela. Unha noite escura saíron decididos a prendela e para constarrestar os seus berros tocaban cornos. Nas casas apagaron as luces. Atrapáronna e levárona a terra onde foi xulgada e condenada.

Page 7: Un mar de lendas

MARUXAINA-Unha Serea, Afogada ou Nereida, metade peixe e metade muller, que berra para avisar aos mariñeiros dun posible naufraxio. Vive nas covas dos Farallóns, debaixo do illote da Sombriza. É protectora dos mariñeiros e pasa o tempo fiando. Cando vai mal tempo sobe a un penedo e desde alí berra ou toca o corno para que non saian ao mar.

Miriam Núñez Serto

Page 8: Un mar de lendas

MARUXAINA-Maruxainas tamén se chaman os paxaros que veñen anunciar que non se pode saír ao mar porque ven mal tempo.

Page 9: Un mar de lendas

FURNA DAS SEREASEstá nas proximidades da Coruña. Desde ela as sereas cantan e atraen fatalmente aos mariñeiros. Díse que unha sereiña canta na enseada dos Pelamios nun lugar onde houbo moitos naufraxios (Urquiola, Aegen Sea…)

David Piñeiro Oubiña

Page 10: Un mar de lendas

AFOGADAÉ unha rapaza moi fermosa, de figura totalmente humana, loura, esvelta e pálida con longos cabelos enguedellados con algas e peitos grandes que aparece entre a escuma do mar nos días de mareira ou tempestade ou nas furnas, asomando só a cabeza ou camiñando ao lonxe sobre o mar. Non fala e emite chíos semellantes ás gaivotas. Comunica desgracias, é un ser benéfico que avisa da morte ou dos naufraxios.

Page 11: Un mar de lendas

HOMES MARIÑOS (TRITÓNS)Homes-peixe que andan polo mar e ás veces tocan terra para ter relación sexuais á forza coas mulleres. Da unión necen nenos semellantes aos humanos pero con escamas ou inclinación pola auga.

José Luís Suárez

Page 12: Un mar de lendas

HOMES MARIÑOS Contan que nalgunhas furnas da Coruña viron peixes con figura de homes, agás teren as mans e os pés un pouco tortos de tanto nadar. Na cabeza, peito e costas teñen unhas espiñas negras finas que semellan pelos. A súa presenza é presaxio de moita pesca, son amigos dos humanos e hai que darlles pan.

Poderían ser focas??

Page 13: Un mar de lendas

SERPE MARIÑA-Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñer os seus ovos unha serpe xigantesca que mide arredor de trinta metros. Ven de moi lonxe e durante a viaxe devora todo o que atopa. Enróscase arredor dos barcos e engule aos mariñeiros un por un comezando pola cabeza. Din que é de cor vermella brillante con grandes escamas que semellan cunchas de mexillón. Tamén pode desprazarse pola terra e alí é menos perigosa, aínda que hai que fuxir dela. Se alguén a espía perségueo ata devoralo con toda a súa familia e facenda.

GárgolasSantiago de Compostela

Page 14: Un mar de lendas

SERPE MARIÑANo Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver na mañán de San Xoán.

Pablo Álvarez Bugallo

Page 15: Un mar de lendas

DRAGÓNÉ unha serpe xigantesca con pés e ás. Algúns teñen cuncha enriba da cabeza e asubían como basiliscos. Son moi feros e voraces e moi lonxevos, e posúen o don da palabra. Cando lles chega a hora de marchar din:“Para Babilonia vouMal haxa quen me viu de novo e non me matou”.

Andrea Loureiro

Page 16: Un mar de lendas

BALEADin que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla as mulleres embarazadas corren grave perigo. A balea ven á terra a morrer e a súa filla substitúea. Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo do mal que aparece na Biblia.

Sergio Prieto Álvarez

Page 17: Un mar de lendas

BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAOApareceu nas praias de San Cibrao nos tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo. A balea berraba con tal potencia que se sentían a moita distancia. Os movementos da súa cola erguían ondas xigantes que pasaban por riba da Atalaia. A xente vivía asustada e os balleiros da zona non se atrevían a saír ao mar co medo. Cando soaban as campás acougaba e achegábase á praia e din que falaba na súa propia lingua con moito amor e dozura.

Chamaron ao bispo e cando puxo o pé na praia da Caosa apareceu a balea e falou con el. San Gonzalo pediu unha barca para achegarse á balea e só un rapaz de quince anos se atreveu a levalo. Cando se achegaron á balea, esta abriu a boca e Gonzalo meteuse dentro. Ao pouco tempo saiu cunha imaxe da Virxe na man. A balea desapareceu e nunca máis se soubo dela. A imaxe da Virxe venérase hoxe na igrexa de San Román de Vilaestrofe.

Noa Vieites Fernández

Page 18: Un mar de lendas

CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO)Can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escuras ouveando furiosamente. É aviso de morte. Tamén pode adoptar outras formas de can diferentes.Vive no Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar.

Laura Domínguez Otero

Page 19: Un mar de lendas

O BORRÓNLugar onde está o Can do Urco cando non está na Terra. Este país, que debe ser o outro mundo é de dificil localización. Como o Can do Urco adoita saír do mar suponse que ese lugar estará debaixo del.

Page 20: Un mar de lendas

BOI BRUÓN -É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vive debaixo da lagoa. Escóitase bruar algunhas noites. -Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para fondear a súa dorna viu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao soprar facía moito tronido. O mariñeiro colleu medo e fuxíu.

Dalila Domínguez Sineiro

Page 21: Un mar de lendas

PESCADAÉ un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia, bondade e fidelidade por María.

Víctor Álvarez Fariña

Page 22: Un mar de lendas

POLBO“Mentres canta o cuco, non comas raia nin pulpo”É un animal que nos gosta moito comer aos galegos. É forte, voraz e decidido e pode acadar un gran tamaño. Coas súas ventosas agarra a quen o ataca e arrástrao ao fondo do mar. Cando se come polbo non se debe beber auga, pois os anacos reúnense de novo no estómago e reconstrúen ao animal. Pódese mesmo estoupar e non hai remedio. Non se pode comer polbo os meses que non teñen erre (de maio a agosto). As embarazadas non poden comer polbo; se manchan a cara co aceite o neno nacerá con manchas na pel.

Pablo González Barreiro

Page 23: Un mar de lendas

FURNA DE MORAZÓN (COVA DA ANCA)Está na ría de Betanzos, por baixo da punta Fontán (Sada). Contan que nela se escoitban lamentos dunha lexión de trasnos que lle impedían aos humanos entrar no interior cun sopro máxico que apagaba as luces. Din que alguén coi moito valor entrou levando unha vela amarela de cera virxe e sobre unha pedra a xeito de ara viu un grande crucifixo co Cristo sangrando polas feridas e queixándose. Non había trasnos. Ao pousar a vela deixou de sangrar e calaron as queixas

César Gómez Pintos

Page 24: Un mar de lendas

BUSERANAÉ unha furna ao pé do monte Cachelmo, en Muxía. É unha das entradas do Inferno. Leva o nome de Buserán, un trobeiro namorado que amaba a Florinda, filla dun señor feudal da zona. O pai de Florinda non consentía a relación e ordeou á súa xente que tirase a Buserán naquela furna. Florinda toleou e vagou polos cantís ata que un día, envolto nunha onda, regresou Buserán a buscala e mergulláronse os dous para sempre na fonda escuridade das augas.

Adrián Falcón Martínez

Page 25: Un mar de lendas

O RONCUDOPunta rochosa na Costa da Morte que fai moito ruído e atrae aos mariñeiros ao naufraxio co seu monótono son. Para protexerse hai que tapar os oídos.

Page 26: Un mar de lendas

DUIO (DUGIUM)Era unha cidade que estaba entre os cabos Fisterra e Nave, posiblemente no lugar chamado As Brañas (San Vicenzo de Duio). Foi asolagada polo mar. Uns din que foi por catástrofe natural e outros que cando os discípulos do apóstolo Santiago trouxeron o seu corpo no século I (no tempo da Raíña Lupa) o gobernador Filotro asolagou a cidade. Outra versión di que houbo un incendio no século V, ordeado polo rei suevo Rechila, por seren os de Duio cristiáns e andar a destruír templos pagáns.Duio desapareceu e só quedaron dous bois, hoxe de pedra (os bois de Gures) e unha muller que sobreviviu transformada en serea (a Serea de Fisterra).

Jorge Leiro Dozo

Page 27: Un mar de lendas

REIRÍS (VALVERDE, MALVERDE)É unha cidade asolagada na lagoa de Carregal, en Corrubedo. Un rei mouro estranxeiro pretendía á filla do rei de Reirís, que era boa e servicial; pero ela non o quería. Tampouco o quería o seu pai, porque era escuro e meigo. Entón o rei mouro vingouse provocando un cataclismo que asolagou para sempre a cidade, pero el levou un castigo e quedou convertido no Boi Bruón. Contan que a princesa sobreviviu como serea e pode escoitarse a súa voz nalgunhas ocasións. Outros dín que o Boi brúa algunhas noites.

Paula Sanmartín Yuguero

Page 28: Un mar de lendas

CABO DO MUNDO O Cabo do Mundo é o lugar onde se acaba o mundo e só queda o mar: Fisterra,a Costa da Morte, A Coruña, Teixido… O sol morre nas augas despois da súa viaxe diurna. As almas seguen o mesmo camiño e diríxense ao máis alá na barca de Caronte. Por ese lugar hai que pasar necesariamente na viaxe ao Alén.

Fun ao santo San AndrésQue está no cabo do mundo,Solo por te ver meu santo,Tres días hai que non durmo.

Page 29: Un mar de lendas

TEIXIDO É un Cabo do Mundo no que remata o Camiño de Santo André. Alí está unha das entradas ao Outro Mundo, o porto no que as almas se embarcan para a súa viaxe ao Alén. É un lugar de peregrinación. Os animais que se ven polo camiño (lagartos, corvos, sapos, insectos…), as caveiras, as pedras ou as plantas poden ser almas que fan o camiño, porque alí van de mortos os que non foron de vivos.

“A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non vai de vivo”“Quen non vai de vivo unha vez, vai de morto tres”.

Page 30: Un mar de lendas

TEIXIDOO Santo André de Teixido naceu dunha mazá e chegou alí nunha barca de pedra. O sitio non lle agradaba por ser tan lonxe e inhóspito e Deus díxolle:“Quédate ahí Santo AndréQue de vivos ou de mortosTodos te virán a ver”.

Page 31: Un mar de lendas

COSTA DA MORTEÉ unha costa moi exposta que vai de Bergantiños a Fisterra, con altos e bravíos cantís, coídos e serras bravas que caen sobre o mar. Din que se chama así polos numerosos naufraxios que alí tiveron lugar.O nome de Costa da Morte ou Costa dos Mortos é moi antigo e fai referencia a ser un Cabo do Mundo, un lugar onde morre o sol e onde as ánimas esperan para pasar ao Alén.

Page 32: Un mar de lendas

FISTERRAO máis importante Cabo do Mundo. As peregrinacións a Santiago estiveron sempre moi vencelladas a Fisterra. Na lenda da descuberta do corpo do Apóstolo aparece a cidade de Duio que estaba en Fisterra e o seu rei que recibe aos apóstolos cando andaban á procula dun lugar para soterralo. Creese que en Fisterra se amorean as ánimas á espera de pasar ao outro mundo.

Page 33: Un mar de lendas

ILLA DE ONSÉ un dos lugares onde está a entrada do outro mundo (tamén na illa da Coruuña). Todas as noites a Compaña atravesa o mar desde A lanzada na procura da Illa de Ons na procura do Alén. As ánimas embarcan e cruzan o mar.Na Cova do Inferno hai un túnel que chega ata Chan de Arqueda (Moaña).

Page 34: Un mar de lendas

A LANZADANa praia da Lanzada fíxose desde sempre o rito do baño nas nove ondas para traer a fertilidade ou curar os males en xeral. Na mañán do día de San Xoán e do último domingo de agosto (día da festa da Virxe da Lanzada) as mulleres toman o baño para quedar preñadas. Tamén se pode facer o día da Ascensión, mulleres e homes, para curar todo tipo de enfermidades. Este rito tamén se fai no Val Miñor, na praia de Praceres (Marín) e en Santo André de Teixido.

Levei á miña mullerÁ Lanzada ás nove ondas,Leveina a desinfeitarE botar os demos fóra.

Miranda Lores

Page 35: Un mar de lendas

A LANZADANa capela da Lanzada venérase a Nosa Señora da Area. As solteiras van alí en busca de marido, as casadas en busca de fillos e os mariñeiros que se viron en perigo a agradecerlle á Virxe que os salvase.Da Lanzada saen as ánimas para a Illa de Ons na busca do Alén.

Page 36: Un mar de lendas

MUXÍAÉ outro Cabo do Mundo, situado na Costa da Morte. Alí estivo Santiago predicando sen moito éxito e apareceuselle a Virxe nunha barca de pedra tripulada por anxos para confortalo. A barca quedou varada e debaixo das pedras apareceu unha imaxe da Virxe á que lle lle fixo un santuario (A Virxe da Barca).

Andrea Gondar Cacabelos

Page 37: Un mar de lendas

MUXÍAOs restos da embarcación na que se aparecu a Virxe permanecen a carón do mar en forma de grandes pedras. O temón é a Pedra Abaladoira, que só se move baixo os pés dos que están en gracia. Moi preto está a pedra dos cadrís que ten un oco polo que pasan con dificultade os enfermos do ril e do lombo nun ritual para curarse.

Page 38: Un mar de lendas

NOIAFoi fundada por Noé. A arca parou no cume do monte Louro. Desde alí soltou un corvo e non volveu (hai o dito “Fixo ida de corvo”). Logo soltou unha pomba e volveu deseguida co ramiño de oliveira para facer o seu niño na arca.

Page 39: Un mar de lendas

ILLA DA CREBAConta a lenda que en Creba había mouros que tiñan un templo ao seu deus polo que os cristianos matáronos e deixaron só á filla do xefe. Esta invocou ao demo quen levantou unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa de terra. A moza convertiuse nunha serpe rodeada de feras que afundían os barcos. Os cristiáns bendeciron a illa e levantaron unha capela á Virxe.

Pablo Acha Serantes

Page 40: Un mar de lendas

O SERRIDO (SANTOMÉ-CAMBADOS) -“Desde o monte Oliveira (Lobeira) ata o areal dos Cabalos (O Serrido),Hai unha cadea de ouro que mantén a sete reinados.Só a pode descubrir, ou rodeira de carro, ou pata de ovella,Ou home que naza en mala estrela”Contan que hai moitos anos se atopaban restos de paus enterrados, porque cando era o tempo dos mouros o Serrido estaba en seco e alí plantábanse cepas.

Page 41: Un mar de lendas

A TORRE (SANTOMÉ) -Contan que a illa da Torre fixérona os mouros botando terra que acarrexaban en carros enriba das pedras que había no mar. Fixeron tamén o camiño de pasar e unha muralla de pedra con cunchas. -Debaixo da Torre hai un pasadizo segredo tapado con pedra. Tamén hai ouro enterrado.

Page 42: Un mar de lendas

O LUME DE SAN TELMO(Corpo Santo, fogo do Frade, Luz do Frade, Fogo de San Pedro González Telmo)

 “Cando olles a luz de San Telmo, non che faltarán desvelos”.Consiste na visión dunha luz de cor azulada que se aparece no mastro dos barcos nos días de tormenta. Hai varias lendas sobre a súa orixe:-San Telmo (chamado Erasmo) foi un bispo de Antioquía que vivíu entre os séculos II e IV. Sendo náufrago foi recollido por un capitán no seu barco e posto a salvo. El agradeceullo anunciándolle que cada vez que se aproximase unha treboada vería unha luz para avisalo. A continuación subiu ao ceo. Agora todos os barcos reciben o aviso.

Jorge LeiroAlberto Fernández

Page 43: Un mar de lendas

O LUME DE SAN TELMO-San Telmo ou San Pedro González Telmo era un de sete irmáns que caeu ao Miño e afogou. Non puideron recollelo ata que chegou a Tui onde San Domedio e San Fins viron unha luz que refulxía no seu corpo. Enterrárono en Tui, de onde é patrón.

Page 44: Un mar de lendas

FAROS-A Torre de Hércules é o faro máis antigo de Galicia, do tempo dos romanos. Hai varias lendas sobre a súa construción. Uns din que foi levantado por Breogán, outros que foi Hércules o que, despois de matar a Guerión, enterrouno no lugar da Torre.

Page 45: Un mar de lendas

FAROS

Illas Sisargas. No cume da Illa Grande houbo un templo (Ara Sextiana) levantado polo cónsul Sextio en honra ao emperador César Augusto.

Page 46: Un mar de lendas

FAROSIlla de Sálvora. Cando Pedro Roldán lle pideu ao Apóstolo Santiago un destino no que puidese repousar o seu espirito, este enviouno a Sálvora, por ser a illa do Salvador.

Page 47: Un mar de lendas

BIBLIOGRAFÍA“Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco“Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999“Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro

1º ESO CIES ASOREYCambadosAbril 2013